SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013




                                  PROPOSTA DIDÁCTICA PARA
                                  EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA
                                  E EDUCACIÓN NON FORMAL
ÍNDICE
Introdución                                                                1

    Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación
    Obxectivos xerais da proposta didáctica
    Consideracións xerais
    Para afondar...

Educación Infantil                                                         5

    Obxectivos e capacidades
    Actividade 1. A escola que queremos
    Actividade 2. A miña escola
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Primeiro Ciclo Educación Primaria                                          8

    Obxectivos e competencias
    Actividade 1. A aula feliz
    Actividade 2. O clásico da educación
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Ciclo Medio Educación Primaria                                            11

    Obxectivos e competencias
    Actividade 1. Mestras e mestres do mundo
    Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Ciclo Superior Educación Primaria                                         14

    Obxectivos e competencias
    Actividade 1. Mestras e mestres para lembrar
    Actividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro...
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Educación Non Formal (5-12 anos)                                          17

    Actividade 1. Escola do profesorado
    Actividade de mobilización. Pon profes no mapa

Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa                       21

Avaliación                                                                23




© Foto de portada: Sergi Cámara/Entreculturas
INTRODUCIÓN

         A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA
      FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN




                                                                                                                           © Caroline Thomas/ActionAid
      PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE
       ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
          (SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO
        PROFESORADO E NA IMPORTANCIA
              DE CONTAR CON DOCENTES
             COA ADECUADA FORMACIÓN,
         MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO.




O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en
2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os que
asisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca-
lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivir
xuntos e a ser”.

Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despois
de dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di-
versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe.

O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes-
tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educación
primaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos da
SAME en 2013.




                                                        Ben formado
                               Falta de                 Motivado
                               profesorado              Ben remunerado
                                                        Tratado como profesional e non
                                                        como persoa que presta servizos


Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidade
real. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con-
dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesión
docente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais,
é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas.

É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que en
ocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio-
lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade.




1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf


                                                                                                                      1
© ASDE




         Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundo
         baseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente e
         o entendemento internacional e intercultural.

         A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas.
         Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, a
         eliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acolle
         nenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida.

         Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investir
         en educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro-
         fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar co
         suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que
         destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal
         docente é un elemento fundamental do Dereito á Educación.

         Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso-
         rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces.
         En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán
         en tamaño maior.

         O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un
         dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver
         aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente
         nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no
         mundo.

         A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá,
         cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir
         e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñecer
         os valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais,
         en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe-
         rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver.




                          A CME/SAME                      a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividades
                            agradece                      desta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estas
                                                          suxestións e as poñen en marcha co seu alumnado.

                                                          Desta maneira confirman o seu compromiso coa
                                                          construción dun mundo mellor e co poder
                                                          transformador da educación.




         2
OBXECTIVO XERAL DA
                       SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL
                       POLA EDUCACIÓN

Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado,
remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira
urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas.




                       OBXECTIVOS XERAIS DA
                       PROPOSTA DIDÁCTICA

1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación
básica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito.

2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na Declaración
Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para
o desenvolvemento das persoas e as comunidades.

3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas
as persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade.




                        CONSIDERACIÓNS
                        XERAIS

* As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos de
educación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.).

* Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras,
facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal.

* Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser
realizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc.

* As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para ser
utilizadas con alumnado doutros niveis.

* O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función
das características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc.

* Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses de
xaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo o
mundo).

* Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas as
ligazóns que aparecen neste material.




                                                                                                                     3
PARA
                        AFONDAR...

Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro-
fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas.

Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividades
e materiais.

     Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores:




2012             2011             2010            2009              2008            2007            2006
Dereito          Dereito á        Financiamento   Alfabetización    Educación       Dereito á       Docentes
a unha           educación        da educación    de persoas        e exclusión     educación
educación        de mulleres                      novas e
temperá de       e nenas                          adultas
calidade



                                           Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain)
                                           podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema.

                                           Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre
                                           a importancia do profesorado.


Bibliografía complementaria:

    Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012.

    Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco.

    Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006.

    Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005.
    http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf

    A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004.
    http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdf

Películas que abordan o tema do profesorado:

    Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011                Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999

    La clase. Laurent Cantet. 2008                           Profesor Holland. Stephen Herek. 1995

    Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001




4
© Nicolas Axelrod/ActionAid
Obxectivos

1 Valorar a importancia da diversidade de recursos humanos e materiais na escola para optar a unha educación de
  calidade.

2 Sensibilizar, a partir da súa propia experiencia, sobre a importancia de aprender coa axuda dunha profesora ou profesor
  bo e poder ir á escola en boas condicións.

Capacidades

    Aprender a descubrir

    Aprender a pensar e a comunicar



Actividade 1. A escola que queremos

Para realizar a actividade suxíreselle ao profesorado que divida a clase en catro grupos e cada un deles se sitúe
nun espazo da aula. Se existe a opción, recoméndase poñer en práctica a actividade cando haxa desdobramento
de clase porque en grupo reducido será máis doado traballar e observar as reaccións do alumnado.




                          Grupo 1: non se lle dá material.

              Grupo 2: dánselle lapis de cores e follas de papel.

                   dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas.


    Grupo 4: dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas. Ademais, é o único grupo que pode
    interaccionar coa profesora ou profesor ao longo da actividade.




                                                                                                                      5
Posteriormente, o profesorado pídelle ao alumnado que debuxe o que máis lle gusta facer coa mestra ou mestre na
escola e lémbraselle que só o grupo 4 pode dirixirse á docente ou ao docente mentres se realiza a actividade.

Obsérvanse as reaccións do alumnado respecto das limitacións de recursos materiais e humanos nas que se atopan. Re-
coméndase non dar moito tempo xa que os grupos sen material poderían cansarse.

Para a posta en común xuntarase todo o grupo en círculo e formularanse aos nenos e nenas preguntas de reflexión. Su-
xírense as seguintes: Como o pasastes? Como vos sentistes? Que grupo credes que gozou máis? Que botastes de me-
nos? Faltouvos podervos comunicar coa profe ou co profe?

Unha vez rematada a conversa, a docente ou o docente reforza a idea da importancia de que na escola haxa variedade
de material en condicións para poder realizar unha maior diversidade de actividades e poder gozar delas. E que sen o
apoio docente, a aprendizaxe resulta menos gratificante.

* Todas as escolas son iguais? Teñen as mesmas cousas?

* Por que hai escolas que teñen menos cousas nas súas clases ou aulas?
Finalízase a actividade dando a todos os grupos o mesmo material que tiña o grupo 4 e facendo o debuxo que se pedira
ao principio.



Actividade 2. A miña escola

A docente ou o docente invita as nenas e nenos a formar un círculo sentando no chan, para observar a aula, no-
mear as cousas que máis lles gustan e para que as usan




6
A partir desta conversa tratarase de vincular os elementos citados coas aprendi-
                                         zaxes realizadas durante o curso facendo fincapé na figura da mestra ou mestre
                                         neste proceso.

                                         * Que aprendestes durante o curso? Con que? Con quen?

As respostas dos nenos e nenas iranse apuntando no encerado e comentando en grupo para ir salientando a importan-
cia de cada unha delas no proceso de aprendizaxe.

A continuación, divídese a clase en dous grupos e pídeselles que fagan un mural ou debuxo.

O primeiro grupo debuxará unha clase e incluirá no debuxo todas as cousas que sinalamos como importantes na lista
anterior.

O segundo grupo debuxará unha clase sen as cousas sinaladas na lista anterior.

Unha vez acabados os murais, realízase a posta en común a partir das seguintes preguntas suxeridas:

* Cal dos dous se parece máis á nosa escola? Por que?
Centrámonos na figura da mestra ou mestre Que pensades que pasaría se non houbese docentes na clase?

A docente ou o docente contaralles que no mundo hai moitos nenos e nenas que non poden ter clases nin escolas nas
mesmas condicións que as súas, e que algúns nin sequera poden ir porque onde viven non hai profesoras nin pro-
fesores.

Para ter presente durante todo o curso a importancia de poder ir á escola e de ter profesoras e profesores bos propoñerase
ao grupo de nenos e nenas realizar unha caixa de recordos. Nela alumnos, alumnas, mestres, mestras, pais e nais, poderán
ir engadindo os seus recordos deses bos momentos vividos cun mestre ou mestra na súa infancia.




                                       é que o alumnado e o persoal docente configuren ao longo do curso un diario
                      ou libro de bos recordos de momentos pasados xuntos.




Actividade de mobilización
                                                        Ver páxina 21




                                                                                                                        7
© Alboan
                              Obxectivos

                              1 Valorar a importancia de ir á escola, así como a de todos os actores que forman parte do proceso educativo.

                              2 Darse conta da importancia de ter un profesorado capacitado e as consecuencias diso no desenvolvemento individual
                                e colectivo.

                              Competencias

                                  Social e cidadá

                                  Aprender a aprender



                              Actividade 1. A aula feliz

                              Para empezar proponse observar fotos de dúas escolas diferentes, unha de España e outra dunha escola dun país
                              empobrecido.

                              Para iso organízanse grupos de 4 alumnos onde cada un desempeñará unha función: escritor ou escritora, portavoz,
                              gardián ou gardiá do silencio, animador ou animadora (controla que todas as persoas participen).
© Caroline Thomas/ActionAid




                                                                                                                                                 © Entreculturas




                                                     A actividade desenvolverase
                                                     en catro momentos




                              8
A escritora ou escritor anota nunha cartolina os elementos que o grupo nomea ao observar as devanditas fotos.

A portavoz ou o portavoz de cada grupo compartirá co resto da aula os resultados da ob-
servación. Tras esta posta en común o docente ou a docente ou outro alumno ou alumna,
segundo o curso, recollen o comentado nunha cartolina grande baixo o título VEXO.

A docente ou o docente formulará a seguinte pregunta para que, outra vez en grupos, afon-
den na reflexión sobre as imaxes observadas. Que diferenzas ven entre as dúas fotos? A
partir das respostas promoverase o pensamento sobre a realidade que hai nestas imaxes.
Que estarán aprendendo? Como están aprendendo eses nenos? Como cren que viven?
Terán libros e cadernos? Cantos nenos e nenas hai?

Vólvese facer unha posta en común e recóllese na cartolina grupal o resultado baixo o título
PENSO.

                               As preguntas que non tiveron resposta quedarán recollidas
                               noutra cartolina baixo o título PREGÚNTOME. (Suxírese que
                               esta cartolina teña continuidade durante o curso escolar para
                               manter o tema, agregando preguntas e encontrando res-
                               postas).

                               Aproveitando o traballado ata agora, a docente ou o docente centrará a reflexión final na
                               alegría de aprender e a importancia da figura da docente ou do docente nese proceso,
                               partindo da experiencia dos nenos e nenas a través das seguintes preguntas suxeridas:

Que teñen en común estas imaxes? Que se necesita para ter unha escola? Que nos gusta máis facer na escola? Que
me gusta máis das miñas profesoras ou profesores? Que me ensinan? Que facemos xuntos? Imaxínaste a clase sen
persoal docente? Como sería?

A partir deste punto poderíase iniciar un pequeno debate en gran grupo sobre como debe ser un bo profesor, que cali-
dades e formación debe ter..., e explicar que hai países que non poden ter un bo profesorado por falta de recursos e
estudos.

Para finalizar, propoñerase que cada un de forma individual ou grupal plasme, baixo o
título REFLEXIONO, o retrato dunha aula feliz, coa técnica que elixan (debuxo, collage,
modelaxe...).



Actividade 2. O clásico da educación


                                            Repártese a clase en 4 equipos de 6-7 membros.

                                            O mestre ou mestra explícalles o xogo, que consistirá en pasarse o balón coas
                                            mans intentado que o outro equipo non o quite ata lograr 10 pases seguidos.

                                            Como os bos equipos, cada grupo necesitará unha adestradora ou adestra-
                                            dor –unha persoa que se responsabilice de que cada xogador ou xogadora
                                            poida realizar o seu traballo o mellor posible– para seguir a técnica que lles
                                            marca.

                                            Despois desta explicación déixaselles decidir entre cada grupo quen vai ser
                                            adestrador ou adestradora, pero deben saber que a persoa que adestre non
                                            xoga, estará fóra do campo dando instrucións e ordes, fixándose en todo e
                                            animando para conseguir o obxectivo.

                                            Unha vez elixidos os adestradores ou adestradoras, farase un sorteo entre es-
                                            tas persoas, de forma que a metade delas teña un anaco previo para reunirse
                                            co profesor ou profesora. O resto quedará adestrando o seu equipo.




                                                                                                                        9
O profesor ou profesora explicaralles ás adestradoras e adestradores elixidos por sorteo as normas do xogo:

* Xogan dous equipos en medio campo cun balón. Unha persoa de cada equipo, elixida polo grupo, levará un peto e
será o comodín. Cada 3 veces que esta colla o balón o seu equipo conseguirá un punto extra.

* Non se pode avanzar co balón nas mans. Facelo significa falta e posesión para o outro equipo.
Os adestradores e adestradoras deberán compartilas cos xogadores e xogadoras do seu equipo.

Empeza o xogo enfrontando un equipo con adestrador ou adestradora que coñece as normas concretas contra o de
outro ou outra que só sabe as xerais. O tempo de cada partido será de 5 minutos e iranse contando os puntos que con-
segue cada equipo.

Posta en común


Tras rematar os partidos comentaranse en gran grupo os resultados.

Como foi? Que pasou? Como se sentiu o equipo menos informado? Como se sentiu o máis informado?

Analizaranse as vantaxes ou desvantaxes que tivo cada equipo, se é xusta ou non a desigualdade na información, as for-
mas de chegar a ela..., e reflexionarase, a través de preguntas guía, sobre a importancia de ter unha persoa que adestre,
de que sexa boa e coñeza ben as normas do xogo, que lles explique ben a técnica

Como debe ser un bo adestrador ou adestradora? Que debe saber?

Que pasaría se a persoa que adestra non está ben formada ou informada? Que consecuencias ten para o seu equipo?

Por último, farase unha analoxía entre esa situación e o que ocorre nunha clase na que a docente ou o docente non ten
os coñecementos suficientes para poder ensinar ben o seu alumnado.




                                      proponse simplificar o xogo sen a figura do comodín ou facendo que un dos
                     equipos xogue directamente sen ninguén que os adestre.




Actividade de mobilización
                                                        Ver páxina 21




10
© Educación Sin Fronteras
Obxectivos

1 Coñecer as condicións ás que se enfronta o profesorado nos países empobrecidos e o seu impacto na calidade da
  educación.

2 Comprender que a educación de calidade é un dereito fundamental para o bo desenvolvemento de todos os nenos
  e nenas e que necesita un profesorado ben preparado.

Competencias

   Comunicación lingüística

    Social e cidadá



Actividade 1. Mestras e mestres do mundo

                                         Propoñerase o reto de coñecer as diferentes realidades educativas que
                                         existen no mundo. Para iso, a modo de comezo, suxírese ver a película (ou
                                         algunha das súas partes): Taare Zameen
                                         http://www.youtube.com/watch?v=xRn5g7xocmg

                                         Como é a escola e a educación que nela se amosa? Parécese á nosa? Por
                                         que? Como é o neno protagonista? Como é a profesora?

                                         Para afondar nas diferentes realidades propoñerase ao alumnado buscar en
                                         periódicos, revistas, Internet, etc., imaxes que amosen clases de escola e que
                                         respondan a distintos contextos educativos, e analizalas.

* Que vemos en cada unha delas? En que se parecen e en que se diferencian?

* De que países ou rexións cremos que son? Que sabemos destas rexións?
Unha vez observadas e comentadas, divídese a clase en grupos de 4/5 nenos e nenas. Cada un deles escollerá unha
das imaxes e tratará de representar na clase a escena que a imaxe reflicte.

Como debe ser esa clase? Que ensinan? Como é a profesora ou profesor? Como son as alumnas ou alumnos? Que ma-
teriais usan? Que actividades fan?

Unha vez finalizada a dramatización de todos os grupos, a mestra repártelle a cada grupo a imaxe seleccionada.

Pedirase a cada grupo que busque información de contexto básica e sobre a situación da educación neste país, e que
prepare unha representación de teatro onde se poñan de manifesto as diferentes realidades educativas amosadas nas
fotografías.




                                                                                                                    11
Para guiar a dramatización e facilitar a posta en común posterior, enfatizarase a re-
                                  presentación de escenas de escola onde se reflicta o papel do persoal docente e o
                                  seu impacto no alumnado.

                                  Despois de cada representación comentarase en grupo a partir de preguntas como
                                  as seguintes.

                                  * Que nos mostra cada unha delas? Que cousas sobre o estado da educación sa-
                                  bemos agora destes países que antes non sabiamos?

                                  * Reflicten situacións semellantes ou diferentes á nosa realidade? Por que?

                                  * En cal parece que se pode aprender máis e mellor? Por que?

                                  * Que cousas son importantes para aprender? Como debe ser o docente ou a
                                  docente nese contexto? É importante a profesora ou o profesor á hora de aprender?
                                  Por que? Como sería unha clase sen profesor ou profesora?


Con estes novos datos debátese sobre as carencias educativas deses nenos e nenas, a necesidade de profes con boa
formación para unha educación de calidade, etc. Ademais, reflexiónase sobre a situación do profesorado no mundo
(hai datos na introdución desta unidade didáctica).

Para ampliar o efecto de sensibilización desta actividade proponse ofrecer ao alumnado a posibilidade de representar
as obras para o resto de compañeiros e compañeiras do centro, expoñéndolles as diferentes realidades educativas do
mundo e as súas consecuencias.


Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal

Divídese o grupo en dous e pídeselle a cada un deles que elabore un xogo de pistas. O obxectivo é conseguir as
pezas coas calidades da profe ou do profe ideal.




12
Cada grupo traballará en paralelo. En primeiro lugar e entre todas as persoas deberán definir que calidades debe reunir
unha profesora ou profesor ideal. Segundo o número de calidades resultantes deberán elaborar o mesmo número de
pistas.

Cada tarxeta terá escrita unha pista sobre onde está escondida a seguinte tarxeta e levará ademais escrita unha ca-
lidade para ser a profe ou o profe ideal.

Terminada a elaboración de tarxetas e pistas, dáse un tempo a cada equipo para que esconda as súas. Segundo o tipo
de espazo, pódese facer simultaneamente ou consecutivamente.

Cando un grupo empeza, elíxese alguén entre os seus integrantes para que debuxe un esquema ou mapa do espazo
(a aula ou o espazo elixido para a actividade) onde irán marcando as pistas que vaian encontrando así como as ca-
lidades que nelas descubran.

O punto de saída será o que marque cada grupo na elaboración do seu percorrido de pistas. Unha persoa do equipo
elaborador do circuíto será a encargada de dar a primeira pista (exemplo: desde a porta, 3 pasos á fronte, dous pasos
á esquerda, debaixo da cadeira verde para sentar).

Nese punto encontrarán a segunda pista e a primeira calidade para ser a profe ou o profe perfecto. Apuntarán no seu
mapa a calidade encontrada e seguirán a segunda pista. Así ata a última tarxeta.




                                pódense incluír “pistas falsas” ou en adiviña para facer o proceso máis
                     emocionante.


Unha vez que os dous grupos finalizasen o seu percorrido e encontrasen todas as calidades, farase a posta en común.
Que calidades ten a profesora ou profesor ideal que encontrastes?

As calidades encontradas por ambos os grupos escríbense no encerado en dúas columnas. Coinciden as caracte-
rísticas encontradas polos dous grupos? Cales si e cales non? Cales dependen da persoa (actitudes, estilo...)? Cales
do seu contexto (formación recibida, recursos dispoñibles...)?

Neste debate poñerase de manifesto a diversidade de profesores e profesoras e a importancia, en todo caso, de que o
profesorado estea ben formado e motivado, conte co material necesario e teña boas condicións de traballo para poder
dar unha educación de calidade.



Actividade de mobilización
                                                       Ver páxina 21




                                                                                                                    13
© Kari Collins/ActionAid
Obxectivos

1 Valorar a posibilidade de ter acceso a unha educación de calidade con docentes capacitados.

2 Coñecer a realidade do profesorado dos países empobrecidos e descubrir a importancia de traballar a nivel individual
  e colectivo para mellorar a educación neses países.

Competencias

     Social e cidadá

     Comunicación lingüística



Actividade 1. Mestras e mestres para recordar


                                                                   Para introducir o tema e a reflexión da
                                                                   importancia do profesorado na educación
                                                                   suxírese a visualización dos seguintes
                                                                   documentais:

                                                                   Pensando en los demás. 2004. Xapón. 55 min.
                                                                   (http://www.youtube.com/watch?v=f9WzX5Svi3k)

                                                                   Ser y tener. 2002. Francia. 104 min.



A partir da súa visualización e posterior reflexión sobre o tema exposto, propoñerase ao alumnado realizar entrevistas a
persoas do seu contorno familiar sobre unha mestra ou mestre do que garden un recordo especial (tanto bo como malo).

O grupo deberá obter testemuños de xente de diversa orixe e idade (gravado ou por escrito). Para iso dividirase o grupo
en tres: uns entrevistarán persoas da xeración dos seus avós e avoas; o segundo grupo, da xeración dos seus pais, o
terceiro grupo, da súa mesma xeración (amizades, irmáns e irmás).

As preguntas das entrevistas prepararanse e elaboraranse na mesma clase coa axuda do profesor ou profesora. A rea-
lización das entrevistas será individual ou por grupos e requirirá documentación previa sobre o contexto histórico, social,
político, económico das persoas entrevistadas...

Con toda a información recollida, cada alumno ou alumna fará a posta en común co seu grupo para, entre todas as
persoas, sacar conclusións (puntos comúns, particularidades...).

Posteriormente cada grupo compartiraas ofrecéndolle ao resto da clase un retrato das diferentes concepcións sobre a
figura da mestra ou mestre e a educación segundo as diferentes xeracións e testemuños.




14
* Que teñen en común estes recordos? Que os distingue?

* Coinciden as calidades positivas destacadas polos testemuños? E as negativas? Por que?

* Podemos definir unha mestra e mestre ideal? Por que?
Coa información recollida nas entrevistas e a posta en común na clase suxírese elaborar unha pequena publicación
ou revista de clase onde quede plasmado este traballo e poida ser distribuído polo mesmo centro ou incluso pola lo-
calidade.



Actividade 2. As nosas mestras e mestres, o noso futuro...


Lense en grupo os seguintes testemuños de nenos e nenas provenientes de diversas partes do mundo que poñen
de manifesto diferentes realidades educativas.



    Meena Amiri, 17 anos.
             Afganistán                   Meena tiña só 14 anos cando ela e as súas dúas irmás se viron
                                          obrigadas a deixar a escola cando o seu pai perdeu o seu traballo. Aínda
                                          recorda o triste que se sentía cando, durante todo un ano, tivo que
                                          quedar na casa mentres o seu irmán continuaba indo á escola.

                                          Tras todo un ano, seu pai por fin cedeu cando o director do centro
                                          comunitario local lle suplicou que permitise a Meena regresar á escola e
                                          se ofreceu a pagar os materiais básicos que ela necesitaba. Non
                                          obstante, as súas dúas irmás decidiron non volver á escola.


    Adolescente, 17 anos.
                   Congo                  Meu pai traballaba nas minas de ouro ata que caeu enfermo. Despois
                                          non tiñamos nada e tivemos que deixar a escola. Cando as tropas de
                                          Kabila de Catanga entraron na nosa aldea, saquearon todas as cabras e
                                          galiñas e fixéronnos cargar vultos pesados. Despois de ser saqueados
                                          tres veces, eu estaba anoxado e enroleime no exército para vingarme e
                                          para fuxir dos ataques. No exército pagábanme 100 dólares ao mes e
                                          sentíame moi feliz.


     Maua Juma, 11 anos.
               Tanzania                   Son moi feliz por volver á escola. Teño o uniforme do ano pasado que
                                          aínda me serve, pero miña nai non pode comprarme libros de exercicios.
                                          Sen os libros non poderei escribir, só ler, e tardarei máis en aprender. Vivo
                                          cos meus dous irmáns pequenos, miña avoa e miña nai. Meu pai morreu
                                          e miña nai non ten traballo.

                                          Hai días que non temos comida e iso é duro, non hai diñeiro para comprar
                                          nada. Ás veces vou á escola con fame, pero agora alí dannos dúas
                                          comidas gratis. As gachas da mañá e a comida do mediodía énchennos e
                                          así aprendemos moito mellor. A asistencia á escola aumentou moito.

                                          Na escola hai un club para rapazas onde vou os xoves. Adoitamos
                                          representar unha obra e ensínannos cousas. Aprendemos acerca do
                                          VIH/sida e como protexernos del. Tamén aprendemos os dereitos das
                                          nenas. Xa sei que teño dereito a ir á escola. Quero acabar a escola e
                                          realizar estudos superiores para ensinar a outros.




                                                                                                                     15
Rinku, 15 anos.
                 India                Cando acabe a escola quero ser profesora... Nunca viñera antes á escola
                                      porque meu pai non cría que as nenas debesen recibir unha educación. Incluso
                                      miña nai pensaba o mesmo, ela tampouco asistiu nunca á escola. Meus irmáns
                                      foron á escola porque se converterán en mans traballadoras. Meu pai di que eu
                                      só debo casar.

        Toni, 10 anos.
          Guatemala                   Toni ten 10 anos, e como a maioría dos seus compañeiros, desde os 5 anos
                                      combina a escola co traballo no campo para axudar os seus pais. A el gústalle
                                      moito ir á escola porque aprende moitas cousas, aínda que estea lonxe e non
                                      teña electricidade nin moito material. Só unhas cantas cadeiras e mesas para
                                      compartir, un encerado, lapis e caderno. Pero Toni non sabe se poderá seguir
                                      moitos anos máis na escola. A el gustaríalle ser médico, pero a súa familia ten
                                      pouco diñeiro e para poder saír adiante os fillos deben traballar...


De forma individual ou en pequenos grupos escollerán un dos testemuños lidos. A partir deste pediráselles que vertan
en formato de cómic a historia que conta o testemuño e que imaxinen como segue e acaba esta para a persoa prota-
gonista. Que se pode deducir do seu contexto a partir do relato? Como imaxinan o futuro da persoa protagonista do tes-
temuño escollido? Como inflúe no desenvolvemento desta persoa a calidade da formación recibida?

Para iso pediráselles que se informen do contexto sociopolítico e educativo do país do testemuño escollido e que traten
de reflectilo nas súas viñetas.

Para coñecer as diferentes realidades investigadas, cando acaben, cada grupo presentaralle ao resto da clase a historia
ilustrada expoñendo os datos básicos da educación nese país do testemuño escollido.

Na posta en común sinalaranse as semellanzas e diferenzas encontradas nos diferentes contextos expostos, facendo
fincapé na importancia da calidade do profesorado.

* A que responden as diferenzas encontradas?

* De que factores depende a calidade da educación?

* De que factores depende a formación do profesorado?
Cos traballos resultantes pódense montar murais de sensibilización baixo un lema que reivindique a importancia do
persoal docente na educación de calidade. Por exemplo: “As nosas mestras e mestres = o noso futuro”.



Actividade de mobilización
                                                       Ver páxina 21




16
© Andrew McConnell/ActionAid
Actividade 1. Escola de profesorado

Obxectivos

1 Recoñecer a importancia da figura do profesor ou profesora na educación de calidade de cada neno e nena.

2 Facer partícipes aos nenos e nenas da importancia de estender o dereito á educación de calidade para todas as
  persoas do mundo.

Contidos

    Conceptos: dereito á educación, desigualdade social, traballo en equipo, importancia da formación.

    Habilidades: análise de necesidades básicas, creatividade.

    Actitudes: participación e colaboración entre os membros do equipo, respecto cara aos educadores e educadoras
    e cara aos compañeiros e compañeiras.

Duración

2 horas

Desenvolvemento

Preséntase unha xincana ou gran
xogo de bases para reflexionar sobre
a importancia do profesorado
capacitado para unha educación de
calidade.

Tanto na introdución como nas probas
do xogo propóñense dúas adaptacións
segundo idades:

* Adaptación 1: de 5 a 7 anos

* Adaptación 2: de 8 a 12 anos
Introdúcese a xincana coa historia do
profesor Tomás, que servirá de fío
condutor, xustificando o paso polas
diferentes bases.




                                                                                                                  17
INTRODUCIÓN 1:
         de 5 a 7 anos




Tomás, o profesor


Érase unha vez unha escola pequena dun lugar moi pequeno do Pireneo aragonés que tiña un profesor moi bo e que
quería moito os seus alumnos. Chamábase Tomás, levaba moitos anos dando clases e era xa moi maior.

Unha mañá, o profesor Tomás chegou á escola e díxolles aos seus alumnos e alumnas: “Hoxe teño unha nova que darvos.
O vindeiro ano xa non darei clase nesta escola. Xa son moi maior e vou xubilarme. En lugar de darvos clase a vós, vou ir
a unha pequena escola en Senegal. É un país de África, con rapaces e rapazas coma vós pero con situacións moi di-
ferentes. Gustaríame que soubésedes que hai escolas no resto do mundo que non contan cos mesmos medios ca vós”.

Todos os nenos e nenas da clase se puxeron tristes e alegres á vez, e pedíronlle que non marchase, pero ao final enten-
deron que o profesor tiña que irse.

– Pero antes de irme tédesme que axudar!, pediu o profesor. E engadiu:

– Quero que veña substituírme un profesor e que el vos poida dar clase. Vós tédesme que dicir como queredes que sexa
ese novo profesor ou profesora.

– Queremos que sexa coma vostede!, dixo David.

– E como son eu?, dixo Tomás.

– Pois un bo profesor!, respondeu Pedrito.

– Acabo de ter unha idea, dixo o profesor Tomás. E engadiu:

– Hoxe imos facer unha xincana para poder ver como é un bo profesor.

– Ben! gritou toda a clase.

E todo o mundo se puxo moi contento a facer a xincana e poder axudar
así o profesor Tomás.




         INTRODUCIÓN 2:
         de 8 a 12 anos




Tomás, o profesor escondido


Unha mañá chegaron os alumnos e alumnas á escola. Todo o mundo sentou no seu asento como fixera sempre. Soou
o timbre para empezar a clase pero algo raro pasaba. O profesor Tomás non estaba no seu sitio. Non chegara aínda?
Os minutos pasaban e cada vez tiñan máis curiosidade.

– O profesor debe estar enfermo, dixo Juan.

– Se estivese enfermo xa viría alguén substituílo, dixo Leyre.




18
E ergueuse para ver se encontraba algunha pista na mesa do profesor. Enriba dela había un sobre que poñía: “Para os
meus alumnos e alumnas”.

Leyre abriu o sobre e leu en voz alta:

– Queridos alumnos! Hoxe decidín que fagamos todos xuntos unha xincana. Que vos parece? Escondinme nun lugar da
escola pero para encontrarme teredes que pasar unhas probas. En cada unha delas encontraredes unha pista para saber
onde me escondo. Así me encontraredes.

Cando acabaron de ler, repartíronse en grupos e empezaron a xincana para encontrar o profesor.

Despois de ler a historia dividirase o grupo en equipos de tres a seis persoas. O número de grupos terá que ser igual ou
menor ao número de probas establecidas (5).

Para poder finalizar a xincana cada grupo realizará unha serie de probas, para conseguir:

* pezas dun quebracabezas coa imaxe dun profesor que representan o elemento que traballan nas probas: corazón
(elemento afectivo), maletín (recursos persoais), sombreiro (ideas, coñecemento...), boca/labios (aptitudes e actitudes,
comunicación), libro (formación) . (Adaptación 1)

* letras que axudan a descubrir onde está Tomás: EST, OYEN, LABIB, LIOT e ECA. (Adaptación 2)

                        1. CORAZÓN (EST/AS SILUETAS)

                        Realizaranse dous ou máis grupos. Cada un elixirá unha persoa (procurando que a representa-
                        ción sexa paritaria) que se tombará enriba dun papel continuo. Coa axuda dos compañeiros
                        debuxarase a súa silueta no papel e esta servirá despois para verter as características que debe
                        ter unha profesora ou profesor bo.

* Adaptación 1: pódese partir do recordo dun profesor ou dunha profesora que lles gustase moito. Por exemplo, no peito
debuxarase un corazón grande se era unha persoa cariñosa, na cabeza unha lámpada se tiña grandes ideas, etc. Utili-
zarase material de revista e debuxos para que os nenos e nenas recorten e peguen.

* Adaptación 2: formúlase a mesma dinámica escribindo en post it as características.

                         2. A PIRÁMIDE (CARTEIRA/OYEN)

                         Darase ao grupo unha serie de cartolinas con frases escritas. Quen participe deberá construír
                         con elas unha pirámide segundo a importancia que considere que ten cada unha delas e explicar
                         o porqué da súa consideración. De igual modo, poderá descartar aquelas que non lle gusten
                         ou completalas se considera que lles falta algo imprescindible.

A complexidade das frases adaptarase á idade de cada grupo. Algúns exemplos son: ten sentido do humor, ten vocación,
gústalle o que fai, é simpático ou simpática, comunica ben, ten enerxía, ten paciencia, xestiona o grupo da aula, atende
as necesidades do alumnado, sabe motivar, ten boa formación de contidos, é creativo ou creativa, sabe ensinar, fomenta
valores, ten boa presenza, ten letra clara, é autoritario ou autoritaria, é estrito ou estrita, etc.


                        3. A ENTREVISTA (BOCA- LABIOS/LABIB)

                        Nesta proba quen participe deberá poñerse no lugar da directora ou director do colexio para
                        seleccionar un novo profesor ou profesora, preparando unha entrevista. Entre todas as persoas
                        consensuarán as preguntas para tratar de valorar e encontrar o profesor ou profesora ideal: Que
                        lle preguntariamos? Que é importante saber sobre el ou ela: gustos, afeccións, estudos? Á parte
                        de preguntas, poderase propoñer algunha proba tamén. Despois de preparar brevemente a entre-
                        vista, esta representarase.

Esta proba pódese adaptar ás diferentes idades, axudándolles ás nenas e nenos a preparar a entrevista e adaptando as
preguntas. Pode axudalos pensar en diferentes profesores ou profesoras e monitores ou monitoras que tiveron e recordar
que lles gustaba de cada unha desas persoas.




                                                                                                                     19
4. ESCOLA DE PROFES (LIBRO/LIOT)

                        Dividirase un papel ou cartolina en dúas columnas. Nunha delas, os nenos e nenas irán poñendo
                        a través de debuxos ou por escrito (segundo as idades) o que cren que debe aprender un profesor
                        ou profesora para formarse como profesional. Por exemplo: matemáticas, música, historia, con-
                        tos, debuxar, psicomotricidade, psicoloxía, etc., así como aptitudes como saber escoitar, saber
consolar, comprensión, etc. Na outra columna pediráselles que escriban ou debuxen como imaxinan que debería ser a es-
cola de profesores ou profesoras. Por exemplo: ter un gran ximnasio, unha gran biblioteca, sala de ordenadores, labo-
ratorio...

                        5. DE MAIOR QUERO SER PROFESOR OU PROFESORA DE...
                        (SOMBREIRO/ECA)

                        Propoñeráselles aos nenos e nenas que imaxinen que tipo de docente lles gustaría ser: de cien-
                        cias, de educación física, de debuxo, de lingua, de matemáticas, de informática, etc. Unha vez
                        decidido, pediráselles que o representen. Para a súa caracterización facilitaránselles materiais
                        (papel pinocho, pinturas…). Para rematar, realizarán un pequeno desfile ou exposición onde ex-
                        pliquen que pensan que debe facer cada profesor ou profesora para impartir ben cada materia.
                        O gran xogo finalizará cando, despois de superar todas as probas, todos os equipos:

* Complétase o seu quebracabezas coas 5 partes do debuxo do profesor ou profesora. (Adaptación 1)
* Descóbrese onde está Tomás. (Adaptación 2)
A partir de aquí proponse realizar unha pequena reflexión coas nenas e nenos sobre as calidades que debería ter unha
docente ou un docente bo, e sobre a importancia que estas persoas teñen na formación como o futuro do seu alumnado.
Para isto suxírense as seguintes preguntas: Como se sentiron xogando? Participaron? Cumpríronse os obxectivos pro-
postos? Pareceulles interesante? Que aprenderon?

Observacións para as educadoras ou educadores:

* É importante que o número de grupos sexa igual ou menor que o de probas establecidas (5) para que ningún grupo
quede parado.

* Será necesario imprimir tantos quebracabezas coa imaxe do profesor ou profesora cos elementos como subgrupos
haxa. É positivo que a imaxe poida mostrar a diversidade do profesorado: home, muller, persoa nova, maiores.

* Recoméndase que haxa tantos monitores e monitoras como probas, así como un monitor ou monitora que coordine
a rotación dos grupos ás probas que lles correspondan.


Actividade de mobilización
                                                       Ver páxina 21




20
Actividade para todos os niveis




Obxectivos:

1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos
  países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015.

2 Participar na actividade de mobilización mundial.




                                Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de
                                persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai
                                escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os
                                gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con
                                adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para
                                esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para
                                Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un
                                elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha
                                Educación de calidade.



COMO PARTICIPAR NA AULA?


Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilización
que se leva a cabo en todo o mundo.

O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha
ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver
aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente
nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no
mundo.




                                                                                                                  21
Paso 1                         Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa
                                    salientar logo de traballar o tema.


Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di-
ferentes.

Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di-
vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación,
a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante o
profesorado?

Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces.



                                    En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma
     Paso 2                         de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño
                                    maior.



Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili-
dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade.

A nube de palabras pode presentarse de dúas formas:

* En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa-
labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron.

Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centro
convocado polo equipo da campaña.

* En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org).


     Paso 3                         Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa.

                                    Como o facemos?

* En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás do
resto de centros e persoas que participen na SAME.

* En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primaria
que faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado que
elaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es).

Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes.




                      A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, como
                      docentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por iso
                      queremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentes
                      modos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...).

                      Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindible
                      que rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org




22
da proposta didáctica
                                                  de Educación Infantil
                                                  e Primaria e Educación
                                                  Non Formal
                                                 SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL
                                                 POLA EDUCACIÓN 2013




NOME DO CENTRO/GRUPO




ENDEREZO, CP, LOCALIDADE




CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO




QUE NIVEIS PARTICIPARON?

  EDUCACIÓN INFANTIL

  PRIMEIRO CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

  CICLO MEDIO EDUCACIÓN PRIMARIA

  CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN PRIMARIA

  GRUPO DE EDUCACIÓN NON FORMAL


CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS)




DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS


Nome                                    Enderezo electrónico




                                                                             23
PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS?




VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A
ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO.


Educación Infantil

–   Obxectivos                                                            1   2   3   4   5
–   Actividade 1. A escola que queremos                                   1   2   3   4   5
–   Actividade 2. A miña escola                                           1   2   3   4   5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                        1   2   3   4   5

Educación Primaria

Primeiro ciclo

–   Obxectivos                                                            1   2   3   4   5
–   Actividade 1. A aula feliz                                            1   2   3   4   5
–   Actividade 2. O clásico da educación                                  1   2   3   4   5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                        1   2   3   4   5

Ciclo medio

–   Obxectivos                                                            1   2   3   4   5
–   Actividade 1. Mestras e mestres do mundo                              1   2   3   4   5
–   Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal                 1   2   3   4   5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                        1   2   3   4   5

Ciclo superior

–   Obxectivos                                                            1   2   3   4   5
–   Actividade 1. Mestras ou mestres para recordar                        1   2   3   4   5
–   Actividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro...   1   2   3   4   5
–   Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                        1   2   3   4   5

Educación Non Formal

– Obxectivos                                                              1   2   3   4   5
– Actividade 1. Escola do profesorado                                     1   2   3   4   5
– Actividade de mobilización. Pon profes no mapa                          1   2   3   4   5


VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS


– Cantidade de materiais recibidos                                        1   2   3   4   5
– Data de recepción dos materiais                                         1   2   3   4   5
– Posibilidade de inclusión da proposta na programación
 do centro ou colectivo                                                   1   2   3   4   5
– Interese en traballar a SAME en vindeiros anos                          1   2   3   4   5


OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA




24
Queremos coñecer a opinión do
     alumnado sobre a SAME e os
     materiais. Anímaos a entrar en
     www.cme-espana.org e completar
     o cuestionario en liña.




Para a Campaña Mundial pola
Educación é moi importante coñecer
que persoas participaron na SAME.

Por iso che pedimos que rexistres a
participación do teu centro en
www.cme-espana.org

A vosa opinión é moi importante para
que poidamos seguir mellorando.
Completa este cuestionario e:

* envíao por fax ao 91 590 26 73

* ou complétao directamente na web.
* Rexistra a túa participación na SAME
           Entra en
                                                                 * Fai a túa nube de palabras e pon profes
           www.cme-espana.org                                    no mapa

                                                                 * Completa a avaliación dos materiais
                                                                 didácticos




A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:




Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:




Cofinancian:

                                                                                   Deseño e ilustracións: Maribel Vázquez
                                                                                   Traducións: Reverso

More Related Content

Viewers also liked

Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
satelite1
 
Crónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolaCrónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escola
satelite1
 
Silvia roca. asociación anti fronteras
Silvia roca. asociación anti fronterasSilvia roca. asociación anti fronteras
Silvia roca. asociación anti fronteras
satelite1
 
Crónica visita da clínica baviera
Crónica visita da clínica bavieraCrónica visita da clínica baviera
Crónica visita da clínica baviera
satelite1
 
Crónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da indiaCrónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da india
satelite1
 
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primariaFicha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
satelite1
 
Dd paz 14_15_1
Dd paz 14_15_1Dd paz 14_15_1
Dd paz 14_15_1
satelite1
 
Crónica carta pavani abril 2014
Crónica carta pavani abril 2014Crónica carta pavani abril 2014
Crónica carta pavani abril 2014
satelite1
 

Viewers also liked (20)

Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014
 
Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015
 
Crónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolaCrónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escola
 
Por cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_homePor cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_home
 
Test campode sanalberto_noia
Test campode sanalberto_noiaTest campode sanalberto_noia
Test campode sanalberto_noia
 
Iniciativa solidaria
Iniciativa solidariaIniciativa solidaria
Iniciativa solidaria
 
Crónica laboratorio radiofónico visita repsol
Crónica laboratorio radiofónico visita repsolCrónica laboratorio radiofónico visita repsol
Crónica laboratorio radiofónico visita repsol
 
Silvia roca. asociación anti fronteras
Silvia roca. asociación anti fronterasSilvia roca. asociación anti fronteras
Silvia roca. asociación anti fronteras
 
Publicidad sexista ficha de trabajo
Publicidad sexista   ficha de trabajoPublicidad sexista   ficha de trabajo
Publicidad sexista ficha de trabajo
 
Crónica diana rces
Crónica diana rcesCrónica diana rces
Crónica diana rces
 
Crónica visita da clínica baviera
Crónica visita da clínica bavieraCrónica visita da clínica baviera
Crónica visita da clínica baviera
 
Resumen xuntanza
Resumen xuntanzaResumen xuntanza
Resumen xuntanza
 
Crónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da indiaCrónica chegou un paquete da india
Crónica chegou un paquete da india
 
Libro repsol
Libro repsolLibro repsol
Libro repsol
 
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primariaFicha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
Ficha 25 lingua galega a prensa_3º ciclo primaria
 
Xornada RECES
Xornada RECESXornada RECES
Xornada RECES
 
Borja reflexión alejandro montero
Borja reflexión alejandro monteroBorja reflexión alejandro montero
Borja reflexión alejandro montero
 
Dd paz 14_15_1
Dd paz 14_15_1Dd paz 14_15_1
Dd paz 14_15_1
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvete
 
Crónica carta pavani abril 2014
Crónica carta pavani abril 2014Crónica carta pavani abril 2014
Crónica carta pavani abril 2014
 

Similar to Sen profes non hai escola primaria

Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
satelite1
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Grupo PREMIR
 

Similar to Sen profes non hai escola primaria (20)

Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
 
Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Ideario
IdearioIdeario
Ideario
 
Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectotic
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Sen profes non hai escola primaria

  • 1. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 22-28 de abril de 2013 PROPOSTA DIDÁCTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN NON FORMAL
  • 2. ÍNDICE Introdución 1 Obxectivo xeral da Semana de Acción Mundial pola Educación Obxectivos xerais da proposta didáctica Consideracións xerais Para afondar... Educación Infantil 5 Obxectivos e capacidades Actividade 1. A escola que queremos Actividade 2. A miña escola Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Primeiro Ciclo Educación Primaria 8 Obxectivos e competencias Actividade 1. A aula feliz Actividade 2. O clásico da educación Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Ciclo Medio Educación Primaria 11 Obxectivos e competencias Actividade 1. Mestras e mestres do mundo Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Ciclo Superior Educación Primaria 14 Obxectivos e competencias Actividade 1. Mestras e mestres para lembrar Actividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro... Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Educación Non Formal (5-12 anos) 17 Actividade 1. Escola do profesorado Actividade de mobilización. Pon profes no mapa Actividade para todos os niveis. Pon profes no mapa 21 Avaliación 23 © Foto de portada: Sergi Cámara/Entreculturas
  • 3. INTRODUCIÓN A SÓ DOUS ANOS DE 2015, A DATA FIXADA PARA LOGRAR A EDUCACIÓN © Caroline Thomas/ActionAid PARA TODOS E TODAS, A SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME) CÉNTRASE ESTE ANO NO PROFESORADO E NA IMPORTANCIA DE CONTAR CON DOCENTES COA ADECUADA FORMACIÓN, MOTIVACIÓN E RECOÑECEMENTO. O número total de nenos e nenas que non asisten á escola primaria ou secundaria reduciuse de máis de 200 millóns en 2000 a 132 millóns en 2010, pero as cifras seguen a ser elevadas e estancáronse desde 2008. Pero incluso para os que asisten á escola, este dereito non está garantido. Este dereito depende de que se lles proporcione unha educación de ca- lidade, que, como describe o Foro Mundial sobre a Educación no ano 2000 “inclúe aprender a coñecer, a facer, a vivir xuntos e a ser”. Ata tres cuartas partes dos nenos e nenas nos países de ingresos máis baixos non aprenderon a ler e escribir despois de dous ou tres anos de escolaridade obrigatoria, por non falar do desenvolvemento de habilidades máis complexas. Di- versos estudos apuntan a presenza na aula de docentes ben formados como o factor máis importante na aprendizaxe. O novo informe da Campaña Mundial pola Educación (CME), Todo neno e nena necesita un/unha mestre/mestra. Mes- tras e mestres preparados para todas e todos1, sinala que fan falta 1.700.000 docentes máis para asegurar a educación primaria universal para 2015. Esta é unha das razóns polas que os profesores e profesoras son o foco dos esforzos da SAME en 2013. Ben formado Falta de Motivado profesorado Ben remunerado Tratado como profesional e non como persoa que presta servizos Desde a CME queremos transmitir dúas premisas fundamentais que son necesarias para unha educación de calidade real. A primeira delas fai referencia á necesidade de contar con profesorado motivado, ben formado, con boas con- dicións de traballo. É un dereito de nenos, nenas, mocidade e persoas adultas. A segunda refírese a que a profesión docente e as profesoras e profesores son suxeitos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais, é moi importante que a profesión docente estea presente nos debates de toma de decisións sobre as políticas educativas. É necesario un profesorado formado capaz de manexar a diversidade na aula e os diferentes rangos de idade que en ocasións coinciden na aula (como ocorre nos países en situación de posconflito), de manexar posibles situacións de vio- lencia ou de apoiar as nenas e fomentar a equidade. 1 http://www.campaignforeducation.org/docs/reports/GCE%20ECNAT_A4_SPANISH_RGB.pdf 1
  • 4. © ASDE Ademais, a profesión docente é clave á hora de ensinarlle ao alumnado a dar sentido, participar e construír un mundo baseado en valores como a paz, a democracia, a creatividade, a solidariedade, a inclusión, o compromiso co ambiente e o entendemento internacional e intercultural. A CME, desde o seu inicio no ano 1999, contribuíu a facer grandes avances no logro da educación para todas as persoas. Algúns exemplos concretos dos avances son o establecemento dun salario mínimo para o persoal docente en Brasil, a eliminación das taxas escolares en Kenia ou a posta en marcha en Mozambique do programa “Escolinhas”, que acolle nenos e nenas de 3 a 5 anos de fogares sen recursos ou afectados pola sida. Pero a pesar de ser cada vez maior a conciencia dos elevados custos sociais e educativos que derivan de non investir en educación, os esforzos realizados son insuficientes. Por iso, baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un pro- fesorado formado e motivado, este ano a SAME quere recordarlles ás e aos gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental do Dereito á Educación. Para iso, a través de Pon profes no mapa resumiremos en 5 palabras as ideas clave sobre a importancia do profeso- rado, recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras, e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula, ou por grupos, formaremos unha nube de palabras, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior. O noso reto será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no mundo. A participación na SAME permitirá que nenos, nenas, mocidade e persoas adultas desenvolvan a competencia cidadá, cuxa definición fai referencia –entre outras cousas– a comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora, coñecer os valores do sistema democrático e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía. Ademais, en cada unha das actividades dirixidas aos diferentes niveis educativos no ámbito formal e non formal, faremos refe- rencia a outras competencias que contribuímos a desenvolver. A CME/SAME a todo o persoal docente e educador que elaborou as actividades agradece desta proposta didáctica e a todas as persoas que aceptan estas suxestións e as poñen en marcha co seu alumnado. Desta maneira confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor e co poder transformador da educación. 2
  • 5. OBXECTIVO XERAL DA SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN Sensibilizar a clase política e a opinión pública sobre a importancia de contar con profesorado ben formado, remunerado e motivado para alcanzar unha educación de calidade e sobre a necesidade de actuar de maneira urxente para o cumprimento do dereito a unha educación permanente de calidade para todas as persoas. OBXECTIVOS XERAIS DA PROPOSTA DIDÁCTICA 1 Coñecer a realidade na que viven millóns de nenos e nenas que non poden exercer o seu dereito á educación básica por falta de profesorado e de vontade política neste ámbito. 2 Valorar o dereito á educación como un dereito chave a outros dereitos, e que está recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e na Convención sobre os Dereitos do Neno como un elemento fundamental para o desenvolvemento das persoas e as comunidades. 3 Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte as situacións inxustas e comprender que todas as persoas podemos facer algo para cambialas e transformar esa realidade. CONSIDERACIÓNS XERAIS * As diferentes actividades están planificadas para ser realizadas tanto no ámbito formal como en espazos de educación non formal (grupos scouts, ludotecas, actividades de tempo libre, etc.). * Os termos “profesor”, “profesora” e “docente” utilizámolos para referirnos a educadores ou educadoras, facilitadores ou facilitadoras, monitores ou monitoras, etc., tanto no ámbito formal como no non formal. * Propoñemos para cada ciclo ou grupo de idade unha actividade de “reflexión” e outra de “acción” que pode ser realizada en titorías, recreos, actividades extraescolares, etc. * As actividades propostas están pensadas para diferentes grupos de idades, pero pódense adaptar para ser utilizadas con alumnado doutros niveis. * O tempo proposto para cada actividade é orientativo. Cada facilitador ou facilitadora poderá adaptalo en función das características do grupo, dispoñibilidade de tempo, etc. * Deixamos en mans de cada facilitador ou facilitadora a temporalización das actividades durante os meses de xaneiro (data na que recibirán as propostas didácticas) e abril (data na que se desenvolverá a SAME en todo o mundo). * Desde o PDF que encontrarás na nosa web (www.cme-espana.org) podes acceder directamente a todas as ligazóns que aparecen neste material. 3
  • 6. PARA AFONDAR... Nesta proposta ofrecémosche actividades para traballar o tema. Non obstante, o dereito á educación en xeral e o pro- fesorado en particular é un tema complexo que ten relación con outros moitos temas. Se queres traballalo co teu alumnado con máis profundidade, indicámosche algúns recursos onde encontrarás actividades e materiais. Na páxina web da campaña (www.cme-espana.org) podes encontrar as propostas didácticas de SAME anteriores: 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 Dereito Dereito á Financiamento Alfabetización Educación Dereito á Docentes a unha educación da educación de persoas e exclusión educación educación de mulleres novas e temperá de e nenas adultas calidade Na canle de Youtube da CME (http://www.youtube.com/user/CMEspain) podes encontrar vídeos de interese relacionados co tema. Tamén te animamos a ler os documentos e ver os vídeos seguintes sobre a importancia do profesorado. Bibliografía complementaria: Todo neno e nena necesita un mestre. Mestres preparados para todos. CME 2012. Informe de seguimento da EPT no mundo 2012. Unesco. Les enseignants et la qualité de l´éducation: suivi des besoins mondiaux d´ici 2015. Unesco 2006. Educación para todos. O imperativo da calidade. Unesco 2005. http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001373/137334s.pdf A cuestión do profesorado: atraer, capacitar e conservar profesores eficientes. OCDE 2004. http://www.oecd.org/education/preschoolandschool/34991371.pdf Películas que abordan o tema do profesorado: Profesor Lazhar. Philippe Falardeau. 2011 Ni uno menos. Zhang Yimou. 1999 La clase. Laurent Cantet. 2008 Profesor Holland. Stephen Herek. 1995 Ser y tener. Nicolas Philibert. 2001 4
  • 7. © Nicolas Axelrod/ActionAid Obxectivos 1 Valorar a importancia da diversidade de recursos humanos e materiais na escola para optar a unha educación de calidade. 2 Sensibilizar, a partir da súa propia experiencia, sobre a importancia de aprender coa axuda dunha profesora ou profesor bo e poder ir á escola en boas condicións. Capacidades Aprender a descubrir Aprender a pensar e a comunicar Actividade 1. A escola que queremos Para realizar a actividade suxíreselle ao profesorado que divida a clase en catro grupos e cada un deles se sitúe nun espazo da aula. Se existe a opción, recoméndase poñer en práctica a actividade cando haxa desdobramento de clase porque en grupo reducido será máis doado traballar e observar as reaccións do alumnado. Grupo 1: non se lle dá material. Grupo 2: dánselle lapis de cores e follas de papel. dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas. Grupo 4: dánselle lapis, follas de papel e fáiselles sentar nas mesas. Ademais, é o único grupo que pode interaccionar coa profesora ou profesor ao longo da actividade. 5
  • 8. Posteriormente, o profesorado pídelle ao alumnado que debuxe o que máis lle gusta facer coa mestra ou mestre na escola e lémbraselle que só o grupo 4 pode dirixirse á docente ou ao docente mentres se realiza a actividade. Obsérvanse as reaccións do alumnado respecto das limitacións de recursos materiais e humanos nas que se atopan. Re- coméndase non dar moito tempo xa que os grupos sen material poderían cansarse. Para a posta en común xuntarase todo o grupo en círculo e formularanse aos nenos e nenas preguntas de reflexión. Su- xírense as seguintes: Como o pasastes? Como vos sentistes? Que grupo credes que gozou máis? Que botastes de me- nos? Faltouvos podervos comunicar coa profe ou co profe? Unha vez rematada a conversa, a docente ou o docente reforza a idea da importancia de que na escola haxa variedade de material en condicións para poder realizar unha maior diversidade de actividades e poder gozar delas. E que sen o apoio docente, a aprendizaxe resulta menos gratificante. * Todas as escolas son iguais? Teñen as mesmas cousas? * Por que hai escolas que teñen menos cousas nas súas clases ou aulas? Finalízase a actividade dando a todos os grupos o mesmo material que tiña o grupo 4 e facendo o debuxo que se pedira ao principio. Actividade 2. A miña escola A docente ou o docente invita as nenas e nenos a formar un círculo sentando no chan, para observar a aula, no- mear as cousas que máis lles gustan e para que as usan 6
  • 9. A partir desta conversa tratarase de vincular os elementos citados coas aprendi- zaxes realizadas durante o curso facendo fincapé na figura da mestra ou mestre neste proceso. * Que aprendestes durante o curso? Con que? Con quen? As respostas dos nenos e nenas iranse apuntando no encerado e comentando en grupo para ir salientando a importan- cia de cada unha delas no proceso de aprendizaxe. A continuación, divídese a clase en dous grupos e pídeselles que fagan un mural ou debuxo. O primeiro grupo debuxará unha clase e incluirá no debuxo todas as cousas que sinalamos como importantes na lista anterior. O segundo grupo debuxará unha clase sen as cousas sinaladas na lista anterior. Unha vez acabados os murais, realízase a posta en común a partir das seguintes preguntas suxeridas: * Cal dos dous se parece máis á nosa escola? Por que? Centrámonos na figura da mestra ou mestre Que pensades que pasaría se non houbese docentes na clase? A docente ou o docente contaralles que no mundo hai moitos nenos e nenas que non poden ter clases nin escolas nas mesmas condicións que as súas, e que algúns nin sequera poden ir porque onde viven non hai profesoras nin pro- fesores. Para ter presente durante todo o curso a importancia de poder ir á escola e de ter profesoras e profesores bos propoñerase ao grupo de nenos e nenas realizar unha caixa de recordos. Nela alumnos, alumnas, mestres, mestras, pais e nais, poderán ir engadindo os seus recordos deses bos momentos vividos cun mestre ou mestra na súa infancia. é que o alumnado e o persoal docente configuren ao longo do curso un diario ou libro de bos recordos de momentos pasados xuntos. Actividade de mobilización Ver páxina 21 7
  • 10. © Alboan Obxectivos 1 Valorar a importancia de ir á escola, así como a de todos os actores que forman parte do proceso educativo. 2 Darse conta da importancia de ter un profesorado capacitado e as consecuencias diso no desenvolvemento individual e colectivo. Competencias Social e cidadá Aprender a aprender Actividade 1. A aula feliz Para empezar proponse observar fotos de dúas escolas diferentes, unha de España e outra dunha escola dun país empobrecido. Para iso organízanse grupos de 4 alumnos onde cada un desempeñará unha función: escritor ou escritora, portavoz, gardián ou gardiá do silencio, animador ou animadora (controla que todas as persoas participen). © Caroline Thomas/ActionAid © Entreculturas A actividade desenvolverase en catro momentos 8
  • 11. A escritora ou escritor anota nunha cartolina os elementos que o grupo nomea ao observar as devanditas fotos. A portavoz ou o portavoz de cada grupo compartirá co resto da aula os resultados da ob- servación. Tras esta posta en común o docente ou a docente ou outro alumno ou alumna, segundo o curso, recollen o comentado nunha cartolina grande baixo o título VEXO. A docente ou o docente formulará a seguinte pregunta para que, outra vez en grupos, afon- den na reflexión sobre as imaxes observadas. Que diferenzas ven entre as dúas fotos? A partir das respostas promoverase o pensamento sobre a realidade que hai nestas imaxes. Que estarán aprendendo? Como están aprendendo eses nenos? Como cren que viven? Terán libros e cadernos? Cantos nenos e nenas hai? Vólvese facer unha posta en común e recóllese na cartolina grupal o resultado baixo o título PENSO. As preguntas que non tiveron resposta quedarán recollidas noutra cartolina baixo o título PREGÚNTOME. (Suxírese que esta cartolina teña continuidade durante o curso escolar para manter o tema, agregando preguntas e encontrando res- postas). Aproveitando o traballado ata agora, a docente ou o docente centrará a reflexión final na alegría de aprender e a importancia da figura da docente ou do docente nese proceso, partindo da experiencia dos nenos e nenas a través das seguintes preguntas suxeridas: Que teñen en común estas imaxes? Que se necesita para ter unha escola? Que nos gusta máis facer na escola? Que me gusta máis das miñas profesoras ou profesores? Que me ensinan? Que facemos xuntos? Imaxínaste a clase sen persoal docente? Como sería? A partir deste punto poderíase iniciar un pequeno debate en gran grupo sobre como debe ser un bo profesor, que cali- dades e formación debe ter..., e explicar que hai países que non poden ter un bo profesorado por falta de recursos e estudos. Para finalizar, propoñerase que cada un de forma individual ou grupal plasme, baixo o título REFLEXIONO, o retrato dunha aula feliz, coa técnica que elixan (debuxo, collage, modelaxe...). Actividade 2. O clásico da educación Repártese a clase en 4 equipos de 6-7 membros. O mestre ou mestra explícalles o xogo, que consistirá en pasarse o balón coas mans intentado que o outro equipo non o quite ata lograr 10 pases seguidos. Como os bos equipos, cada grupo necesitará unha adestradora ou adestra- dor –unha persoa que se responsabilice de que cada xogador ou xogadora poida realizar o seu traballo o mellor posible– para seguir a técnica que lles marca. Despois desta explicación déixaselles decidir entre cada grupo quen vai ser adestrador ou adestradora, pero deben saber que a persoa que adestre non xoga, estará fóra do campo dando instrucións e ordes, fixándose en todo e animando para conseguir o obxectivo. Unha vez elixidos os adestradores ou adestradoras, farase un sorteo entre es- tas persoas, de forma que a metade delas teña un anaco previo para reunirse co profesor ou profesora. O resto quedará adestrando o seu equipo. 9
  • 12. O profesor ou profesora explicaralles ás adestradoras e adestradores elixidos por sorteo as normas do xogo: * Xogan dous equipos en medio campo cun balón. Unha persoa de cada equipo, elixida polo grupo, levará un peto e será o comodín. Cada 3 veces que esta colla o balón o seu equipo conseguirá un punto extra. * Non se pode avanzar co balón nas mans. Facelo significa falta e posesión para o outro equipo. Os adestradores e adestradoras deberán compartilas cos xogadores e xogadoras do seu equipo. Empeza o xogo enfrontando un equipo con adestrador ou adestradora que coñece as normas concretas contra o de outro ou outra que só sabe as xerais. O tempo de cada partido será de 5 minutos e iranse contando os puntos que con- segue cada equipo. Posta en común Tras rematar os partidos comentaranse en gran grupo os resultados. Como foi? Que pasou? Como se sentiu o equipo menos informado? Como se sentiu o máis informado? Analizaranse as vantaxes ou desvantaxes que tivo cada equipo, se é xusta ou non a desigualdade na información, as for- mas de chegar a ela..., e reflexionarase, a través de preguntas guía, sobre a importancia de ter unha persoa que adestre, de que sexa boa e coñeza ben as normas do xogo, que lles explique ben a técnica Como debe ser un bo adestrador ou adestradora? Que debe saber? Que pasaría se a persoa que adestra non está ben formada ou informada? Que consecuencias ten para o seu equipo? Por último, farase unha analoxía entre esa situación e o que ocorre nunha clase na que a docente ou o docente non ten os coñecementos suficientes para poder ensinar ben o seu alumnado. proponse simplificar o xogo sen a figura do comodín ou facendo que un dos equipos xogue directamente sen ninguén que os adestre. Actividade de mobilización Ver páxina 21 10
  • 13. © Educación Sin Fronteras Obxectivos 1 Coñecer as condicións ás que se enfronta o profesorado nos países empobrecidos e o seu impacto na calidade da educación. 2 Comprender que a educación de calidade é un dereito fundamental para o bo desenvolvemento de todos os nenos e nenas e que necesita un profesorado ben preparado. Competencias Comunicación lingüística Social e cidadá Actividade 1. Mestras e mestres do mundo Propoñerase o reto de coñecer as diferentes realidades educativas que existen no mundo. Para iso, a modo de comezo, suxírese ver a película (ou algunha das súas partes): Taare Zameen http://www.youtube.com/watch?v=xRn5g7xocmg Como é a escola e a educación que nela se amosa? Parécese á nosa? Por que? Como é o neno protagonista? Como é a profesora? Para afondar nas diferentes realidades propoñerase ao alumnado buscar en periódicos, revistas, Internet, etc., imaxes que amosen clases de escola e que respondan a distintos contextos educativos, e analizalas. * Que vemos en cada unha delas? En que se parecen e en que se diferencian? * De que países ou rexións cremos que son? Que sabemos destas rexións? Unha vez observadas e comentadas, divídese a clase en grupos de 4/5 nenos e nenas. Cada un deles escollerá unha das imaxes e tratará de representar na clase a escena que a imaxe reflicte. Como debe ser esa clase? Que ensinan? Como é a profesora ou profesor? Como son as alumnas ou alumnos? Que ma- teriais usan? Que actividades fan? Unha vez finalizada a dramatización de todos os grupos, a mestra repártelle a cada grupo a imaxe seleccionada. Pedirase a cada grupo que busque información de contexto básica e sobre a situación da educación neste país, e que prepare unha representación de teatro onde se poñan de manifesto as diferentes realidades educativas amosadas nas fotografías. 11
  • 14. Para guiar a dramatización e facilitar a posta en común posterior, enfatizarase a re- presentación de escenas de escola onde se reflicta o papel do persoal docente e o seu impacto no alumnado. Despois de cada representación comentarase en grupo a partir de preguntas como as seguintes. * Que nos mostra cada unha delas? Que cousas sobre o estado da educación sa- bemos agora destes países que antes non sabiamos? * Reflicten situacións semellantes ou diferentes á nosa realidade? Por que? * En cal parece que se pode aprender máis e mellor? Por que? * Que cousas son importantes para aprender? Como debe ser o docente ou a docente nese contexto? É importante a profesora ou o profesor á hora de aprender? Por que? Como sería unha clase sen profesor ou profesora? Con estes novos datos debátese sobre as carencias educativas deses nenos e nenas, a necesidade de profes con boa formación para unha educación de calidade, etc. Ademais, reflexiónase sobre a situación do profesorado no mundo (hai datos na introdución desta unidade didáctica). Para ampliar o efecto de sensibilización desta actividade proponse ofrecer ao alumnado a posibilidade de representar as obras para o resto de compañeiros e compañeiras do centro, expoñéndolles as diferentes realidades educativas do mundo e as súas consecuencias. Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal Divídese o grupo en dous e pídeselle a cada un deles que elabore un xogo de pistas. O obxectivo é conseguir as pezas coas calidades da profe ou do profe ideal. 12
  • 15. Cada grupo traballará en paralelo. En primeiro lugar e entre todas as persoas deberán definir que calidades debe reunir unha profesora ou profesor ideal. Segundo o número de calidades resultantes deberán elaborar o mesmo número de pistas. Cada tarxeta terá escrita unha pista sobre onde está escondida a seguinte tarxeta e levará ademais escrita unha ca- lidade para ser a profe ou o profe ideal. Terminada a elaboración de tarxetas e pistas, dáse un tempo a cada equipo para que esconda as súas. Segundo o tipo de espazo, pódese facer simultaneamente ou consecutivamente. Cando un grupo empeza, elíxese alguén entre os seus integrantes para que debuxe un esquema ou mapa do espazo (a aula ou o espazo elixido para a actividade) onde irán marcando as pistas que vaian encontrando así como as ca- lidades que nelas descubran. O punto de saída será o que marque cada grupo na elaboración do seu percorrido de pistas. Unha persoa do equipo elaborador do circuíto será a encargada de dar a primeira pista (exemplo: desde a porta, 3 pasos á fronte, dous pasos á esquerda, debaixo da cadeira verde para sentar). Nese punto encontrarán a segunda pista e a primeira calidade para ser a profe ou o profe perfecto. Apuntarán no seu mapa a calidade encontrada e seguirán a segunda pista. Así ata a última tarxeta. pódense incluír “pistas falsas” ou en adiviña para facer o proceso máis emocionante. Unha vez que os dous grupos finalizasen o seu percorrido e encontrasen todas as calidades, farase a posta en común. Que calidades ten a profesora ou profesor ideal que encontrastes? As calidades encontradas por ambos os grupos escríbense no encerado en dúas columnas. Coinciden as caracte- rísticas encontradas polos dous grupos? Cales si e cales non? Cales dependen da persoa (actitudes, estilo...)? Cales do seu contexto (formación recibida, recursos dispoñibles...)? Neste debate poñerase de manifesto a diversidade de profesores e profesoras e a importancia, en todo caso, de que o profesorado estea ben formado e motivado, conte co material necesario e teña boas condicións de traballo para poder dar unha educación de calidade. Actividade de mobilización Ver páxina 21 13
  • 16. © Kari Collins/ActionAid Obxectivos 1 Valorar a posibilidade de ter acceso a unha educación de calidade con docentes capacitados. 2 Coñecer a realidade do profesorado dos países empobrecidos e descubrir a importancia de traballar a nivel individual e colectivo para mellorar a educación neses países. Competencias Social e cidadá Comunicación lingüística Actividade 1. Mestras e mestres para recordar Para introducir o tema e a reflexión da importancia do profesorado na educación suxírese a visualización dos seguintes documentais: Pensando en los demás. 2004. Xapón. 55 min. (http://www.youtube.com/watch?v=f9WzX5Svi3k) Ser y tener. 2002. Francia. 104 min. A partir da súa visualización e posterior reflexión sobre o tema exposto, propoñerase ao alumnado realizar entrevistas a persoas do seu contorno familiar sobre unha mestra ou mestre do que garden un recordo especial (tanto bo como malo). O grupo deberá obter testemuños de xente de diversa orixe e idade (gravado ou por escrito). Para iso dividirase o grupo en tres: uns entrevistarán persoas da xeración dos seus avós e avoas; o segundo grupo, da xeración dos seus pais, o terceiro grupo, da súa mesma xeración (amizades, irmáns e irmás). As preguntas das entrevistas prepararanse e elaboraranse na mesma clase coa axuda do profesor ou profesora. A rea- lización das entrevistas será individual ou por grupos e requirirá documentación previa sobre o contexto histórico, social, político, económico das persoas entrevistadas... Con toda a información recollida, cada alumno ou alumna fará a posta en común co seu grupo para, entre todas as persoas, sacar conclusións (puntos comúns, particularidades...). Posteriormente cada grupo compartiraas ofrecéndolle ao resto da clase un retrato das diferentes concepcións sobre a figura da mestra ou mestre e a educación segundo as diferentes xeracións e testemuños. 14
  • 17. * Que teñen en común estes recordos? Que os distingue? * Coinciden as calidades positivas destacadas polos testemuños? E as negativas? Por que? * Podemos definir unha mestra e mestre ideal? Por que? Coa información recollida nas entrevistas e a posta en común na clase suxírese elaborar unha pequena publicación ou revista de clase onde quede plasmado este traballo e poida ser distribuído polo mesmo centro ou incluso pola lo- calidade. Actividade 2. As nosas mestras e mestres, o noso futuro... Lense en grupo os seguintes testemuños de nenos e nenas provenientes de diversas partes do mundo que poñen de manifesto diferentes realidades educativas. Meena Amiri, 17 anos. Afganistán Meena tiña só 14 anos cando ela e as súas dúas irmás se viron obrigadas a deixar a escola cando o seu pai perdeu o seu traballo. Aínda recorda o triste que se sentía cando, durante todo un ano, tivo que quedar na casa mentres o seu irmán continuaba indo á escola. Tras todo un ano, seu pai por fin cedeu cando o director do centro comunitario local lle suplicou que permitise a Meena regresar á escola e se ofreceu a pagar os materiais básicos que ela necesitaba. Non obstante, as súas dúas irmás decidiron non volver á escola. Adolescente, 17 anos. Congo Meu pai traballaba nas minas de ouro ata que caeu enfermo. Despois non tiñamos nada e tivemos que deixar a escola. Cando as tropas de Kabila de Catanga entraron na nosa aldea, saquearon todas as cabras e galiñas e fixéronnos cargar vultos pesados. Despois de ser saqueados tres veces, eu estaba anoxado e enroleime no exército para vingarme e para fuxir dos ataques. No exército pagábanme 100 dólares ao mes e sentíame moi feliz. Maua Juma, 11 anos. Tanzania Son moi feliz por volver á escola. Teño o uniforme do ano pasado que aínda me serve, pero miña nai non pode comprarme libros de exercicios. Sen os libros non poderei escribir, só ler, e tardarei máis en aprender. Vivo cos meus dous irmáns pequenos, miña avoa e miña nai. Meu pai morreu e miña nai non ten traballo. Hai días que non temos comida e iso é duro, non hai diñeiro para comprar nada. Ás veces vou á escola con fame, pero agora alí dannos dúas comidas gratis. As gachas da mañá e a comida do mediodía énchennos e así aprendemos moito mellor. A asistencia á escola aumentou moito. Na escola hai un club para rapazas onde vou os xoves. Adoitamos representar unha obra e ensínannos cousas. Aprendemos acerca do VIH/sida e como protexernos del. Tamén aprendemos os dereitos das nenas. Xa sei que teño dereito a ir á escola. Quero acabar a escola e realizar estudos superiores para ensinar a outros. 15
  • 18. Rinku, 15 anos. India Cando acabe a escola quero ser profesora... Nunca viñera antes á escola porque meu pai non cría que as nenas debesen recibir unha educación. Incluso miña nai pensaba o mesmo, ela tampouco asistiu nunca á escola. Meus irmáns foron á escola porque se converterán en mans traballadoras. Meu pai di que eu só debo casar. Toni, 10 anos. Guatemala Toni ten 10 anos, e como a maioría dos seus compañeiros, desde os 5 anos combina a escola co traballo no campo para axudar os seus pais. A el gústalle moito ir á escola porque aprende moitas cousas, aínda que estea lonxe e non teña electricidade nin moito material. Só unhas cantas cadeiras e mesas para compartir, un encerado, lapis e caderno. Pero Toni non sabe se poderá seguir moitos anos máis na escola. A el gustaríalle ser médico, pero a súa familia ten pouco diñeiro e para poder saír adiante os fillos deben traballar... De forma individual ou en pequenos grupos escollerán un dos testemuños lidos. A partir deste pediráselles que vertan en formato de cómic a historia que conta o testemuño e que imaxinen como segue e acaba esta para a persoa prota- gonista. Que se pode deducir do seu contexto a partir do relato? Como imaxinan o futuro da persoa protagonista do tes- temuño escollido? Como inflúe no desenvolvemento desta persoa a calidade da formación recibida? Para iso pediráselles que se informen do contexto sociopolítico e educativo do país do testemuño escollido e que traten de reflectilo nas súas viñetas. Para coñecer as diferentes realidades investigadas, cando acaben, cada grupo presentaralle ao resto da clase a historia ilustrada expoñendo os datos básicos da educación nese país do testemuño escollido. Na posta en común sinalaranse as semellanzas e diferenzas encontradas nos diferentes contextos expostos, facendo fincapé na importancia da calidade do profesorado. * A que responden as diferenzas encontradas? * De que factores depende a calidade da educación? * De que factores depende a formación do profesorado? Cos traballos resultantes pódense montar murais de sensibilización baixo un lema que reivindique a importancia do persoal docente na educación de calidade. Por exemplo: “As nosas mestras e mestres = o noso futuro”. Actividade de mobilización Ver páxina 21 16
  • 19. © Andrew McConnell/ActionAid Actividade 1. Escola de profesorado Obxectivos 1 Recoñecer a importancia da figura do profesor ou profesora na educación de calidade de cada neno e nena. 2 Facer partícipes aos nenos e nenas da importancia de estender o dereito á educación de calidade para todas as persoas do mundo. Contidos Conceptos: dereito á educación, desigualdade social, traballo en equipo, importancia da formación. Habilidades: análise de necesidades básicas, creatividade. Actitudes: participación e colaboración entre os membros do equipo, respecto cara aos educadores e educadoras e cara aos compañeiros e compañeiras. Duración 2 horas Desenvolvemento Preséntase unha xincana ou gran xogo de bases para reflexionar sobre a importancia do profesorado capacitado para unha educación de calidade. Tanto na introdución como nas probas do xogo propóñense dúas adaptacións segundo idades: * Adaptación 1: de 5 a 7 anos * Adaptación 2: de 8 a 12 anos Introdúcese a xincana coa historia do profesor Tomás, que servirá de fío condutor, xustificando o paso polas diferentes bases. 17
  • 20. INTRODUCIÓN 1: de 5 a 7 anos Tomás, o profesor Érase unha vez unha escola pequena dun lugar moi pequeno do Pireneo aragonés que tiña un profesor moi bo e que quería moito os seus alumnos. Chamábase Tomás, levaba moitos anos dando clases e era xa moi maior. Unha mañá, o profesor Tomás chegou á escola e díxolles aos seus alumnos e alumnas: “Hoxe teño unha nova que darvos. O vindeiro ano xa non darei clase nesta escola. Xa son moi maior e vou xubilarme. En lugar de darvos clase a vós, vou ir a unha pequena escola en Senegal. É un país de África, con rapaces e rapazas coma vós pero con situacións moi di- ferentes. Gustaríame que soubésedes que hai escolas no resto do mundo que non contan cos mesmos medios ca vós”. Todos os nenos e nenas da clase se puxeron tristes e alegres á vez, e pedíronlle que non marchase, pero ao final enten- deron que o profesor tiña que irse. – Pero antes de irme tédesme que axudar!, pediu o profesor. E engadiu: – Quero que veña substituírme un profesor e que el vos poida dar clase. Vós tédesme que dicir como queredes que sexa ese novo profesor ou profesora. – Queremos que sexa coma vostede!, dixo David. – E como son eu?, dixo Tomás. – Pois un bo profesor!, respondeu Pedrito. – Acabo de ter unha idea, dixo o profesor Tomás. E engadiu: – Hoxe imos facer unha xincana para poder ver como é un bo profesor. – Ben! gritou toda a clase. E todo o mundo se puxo moi contento a facer a xincana e poder axudar así o profesor Tomás. INTRODUCIÓN 2: de 8 a 12 anos Tomás, o profesor escondido Unha mañá chegaron os alumnos e alumnas á escola. Todo o mundo sentou no seu asento como fixera sempre. Soou o timbre para empezar a clase pero algo raro pasaba. O profesor Tomás non estaba no seu sitio. Non chegara aínda? Os minutos pasaban e cada vez tiñan máis curiosidade. – O profesor debe estar enfermo, dixo Juan. – Se estivese enfermo xa viría alguén substituílo, dixo Leyre. 18
  • 21. E ergueuse para ver se encontraba algunha pista na mesa do profesor. Enriba dela había un sobre que poñía: “Para os meus alumnos e alumnas”. Leyre abriu o sobre e leu en voz alta: – Queridos alumnos! Hoxe decidín que fagamos todos xuntos unha xincana. Que vos parece? Escondinme nun lugar da escola pero para encontrarme teredes que pasar unhas probas. En cada unha delas encontraredes unha pista para saber onde me escondo. Así me encontraredes. Cando acabaron de ler, repartíronse en grupos e empezaron a xincana para encontrar o profesor. Despois de ler a historia dividirase o grupo en equipos de tres a seis persoas. O número de grupos terá que ser igual ou menor ao número de probas establecidas (5). Para poder finalizar a xincana cada grupo realizará unha serie de probas, para conseguir: * pezas dun quebracabezas coa imaxe dun profesor que representan o elemento que traballan nas probas: corazón (elemento afectivo), maletín (recursos persoais), sombreiro (ideas, coñecemento...), boca/labios (aptitudes e actitudes, comunicación), libro (formación) . (Adaptación 1) * letras que axudan a descubrir onde está Tomás: EST, OYEN, LABIB, LIOT e ECA. (Adaptación 2) 1. CORAZÓN (EST/AS SILUETAS) Realizaranse dous ou máis grupos. Cada un elixirá unha persoa (procurando que a representa- ción sexa paritaria) que se tombará enriba dun papel continuo. Coa axuda dos compañeiros debuxarase a súa silueta no papel e esta servirá despois para verter as características que debe ter unha profesora ou profesor bo. * Adaptación 1: pódese partir do recordo dun profesor ou dunha profesora que lles gustase moito. Por exemplo, no peito debuxarase un corazón grande se era unha persoa cariñosa, na cabeza unha lámpada se tiña grandes ideas, etc. Utili- zarase material de revista e debuxos para que os nenos e nenas recorten e peguen. * Adaptación 2: formúlase a mesma dinámica escribindo en post it as características. 2. A PIRÁMIDE (CARTEIRA/OYEN) Darase ao grupo unha serie de cartolinas con frases escritas. Quen participe deberá construír con elas unha pirámide segundo a importancia que considere que ten cada unha delas e explicar o porqué da súa consideración. De igual modo, poderá descartar aquelas que non lle gusten ou completalas se considera que lles falta algo imprescindible. A complexidade das frases adaptarase á idade de cada grupo. Algúns exemplos son: ten sentido do humor, ten vocación, gústalle o que fai, é simpático ou simpática, comunica ben, ten enerxía, ten paciencia, xestiona o grupo da aula, atende as necesidades do alumnado, sabe motivar, ten boa formación de contidos, é creativo ou creativa, sabe ensinar, fomenta valores, ten boa presenza, ten letra clara, é autoritario ou autoritaria, é estrito ou estrita, etc. 3. A ENTREVISTA (BOCA- LABIOS/LABIB) Nesta proba quen participe deberá poñerse no lugar da directora ou director do colexio para seleccionar un novo profesor ou profesora, preparando unha entrevista. Entre todas as persoas consensuarán as preguntas para tratar de valorar e encontrar o profesor ou profesora ideal: Que lle preguntariamos? Que é importante saber sobre el ou ela: gustos, afeccións, estudos? Á parte de preguntas, poderase propoñer algunha proba tamén. Despois de preparar brevemente a entre- vista, esta representarase. Esta proba pódese adaptar ás diferentes idades, axudándolles ás nenas e nenos a preparar a entrevista e adaptando as preguntas. Pode axudalos pensar en diferentes profesores ou profesoras e monitores ou monitoras que tiveron e recordar que lles gustaba de cada unha desas persoas. 19
  • 22. 4. ESCOLA DE PROFES (LIBRO/LIOT) Dividirase un papel ou cartolina en dúas columnas. Nunha delas, os nenos e nenas irán poñendo a través de debuxos ou por escrito (segundo as idades) o que cren que debe aprender un profesor ou profesora para formarse como profesional. Por exemplo: matemáticas, música, historia, con- tos, debuxar, psicomotricidade, psicoloxía, etc., así como aptitudes como saber escoitar, saber consolar, comprensión, etc. Na outra columna pediráselles que escriban ou debuxen como imaxinan que debería ser a es- cola de profesores ou profesoras. Por exemplo: ter un gran ximnasio, unha gran biblioteca, sala de ordenadores, labo- ratorio... 5. DE MAIOR QUERO SER PROFESOR OU PROFESORA DE... (SOMBREIRO/ECA) Propoñeráselles aos nenos e nenas que imaxinen que tipo de docente lles gustaría ser: de cien- cias, de educación física, de debuxo, de lingua, de matemáticas, de informática, etc. Unha vez decidido, pediráselles que o representen. Para a súa caracterización facilitaránselles materiais (papel pinocho, pinturas…). Para rematar, realizarán un pequeno desfile ou exposición onde ex- pliquen que pensan que debe facer cada profesor ou profesora para impartir ben cada materia. O gran xogo finalizará cando, despois de superar todas as probas, todos os equipos: * Complétase o seu quebracabezas coas 5 partes do debuxo do profesor ou profesora. (Adaptación 1) * Descóbrese onde está Tomás. (Adaptación 2) A partir de aquí proponse realizar unha pequena reflexión coas nenas e nenos sobre as calidades que debería ter unha docente ou un docente bo, e sobre a importancia que estas persoas teñen na formación como o futuro do seu alumnado. Para isto suxírense as seguintes preguntas: Como se sentiron xogando? Participaron? Cumpríronse os obxectivos pro- postos? Pareceulles interesante? Que aprenderon? Observacións para as educadoras ou educadores: * É importante que o número de grupos sexa igual ou menor que o de probas establecidas (5) para que ningún grupo quede parado. * Será necesario imprimir tantos quebracabezas coa imaxe do profesor ou profesora cos elementos como subgrupos haxa. É positivo que a imaxe poida mostrar a diversidade do profesorado: home, muller, persoa nova, maiores. * Recoméndase que haxa tantos monitores e monitoras como probas, así como un monitor ou monitora que coordine a rotación dos grupos ás probas que lles correspondan. Actividade de mobilización Ver páxina 21 20
  • 23. Actividade para todos os niveis Obxectivos: 1 Recapitular o traballado sobre a importancia do profesorado e a necesidade do cumprimento do compromiso dos países para lograr a Educación para Todos e Todas en 2015. 2 Participar na actividade de mobilización mundial. Durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos baixo o lema Sen profes non hai escola! Por un profesorado formado e motivado para recordar as e os gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes con adecuada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para Todos e Todas sexa unha realidade o antes posible. O persoal docente é un elemento fundamental para o pleno cumprimento do Dereito a unha Educación de calidade. COMO PARTICIPAR NA AULA? Con esta actividade perseguimos recapitular o traballado ao longo das propostas didácticas e unirnos á mobilización que se leva a cabo en todo o mundo. O noso obxectivo será ter o máximo número de nubes posibles e poñelas nun mapa. Cada nube representará unha ou un dos docentes que faltan para lograr a Educación para Todos e Todas. Con todas as que logremos, farémoslles ver aos nosos representantes políticos a importancia de investir na formación, recursos e remuneración do persoal docente nos países en desenvolvemento e de destinar os recursos necesarios para incorporar 1.700.000 profes que fan falta no mundo. 21
  • 24. Paso 1 Cada participante resumirá en 5 palabras as ideas clave que desexa salientar logo de traballar o tema. Dependendo do nivel educativo no que esteamos, as preguntas motivadoras para chegar a esas 5 palabras serán di- ferentes. Por exemplo, para alumnado de infantil a pregunta pode ser: que che gusta máis da túa profe? Como é o teu profe? (di- vertida ou divertido, boa ou bo); en primaria, que valoras máis do teu profesorado? (a súa implicación, a súa formación, a súa proximidade), e en secundaria pode ser: que profe foi máis importante para ti? Por que? Por que é importante o profesorado? Recolleremos as respostas facendo unha listaxe de palabras e veremos cales son as que aparecen máis veces. En cada aula ou por grupos, formaremos unha nube de palabras con forma Paso 2 de docente, na que as palabras que saíron máis veces aparecerán en tamaño maior. Tamén pode facerse unha única nube coas palabras que aparecesen en todo o centro ou en todo o ciclo. As posibili- dades son múltiples e cada centro pode elixir como facer a actividade. A nube de palabras pode presentarse de dúas formas: * En papel, utilizando a silueta que vos proporcionamos no cartel e na web, na que escribiremos ou pegaremos as pa- labras que dixeron as persoas participantes, intentando que o tamaño reflicta a frecuencia coa que apareceron. Estas nubes servirannos para expoñelas na clase, poñelas no centro ou utilizalas nos actos nos que participe o centro convocado polo equipo da campaña. * En liña, utilizando a ferramenta que para isto encontraredes na web da campaña (www.cme-espana.org). Paso 3 Chegou o momento de poñer as profes e os profes no mapa. Como o facemos? * En liña: en www.cme-espana.org podedes engadirlle ao mapa o número de siluetas que elaborásedes e unilas ás do resto de centros e persoas que participen na SAME. * En papel: elaborade un mapamundi por clase ou no centro que sinale a cantidade de docentes de educación primaria que faltan en cada país do mundo. Podedes encontrar estes datos no mapamundi interactivo sobre profesorado que elaborou a Unesco (http://www.app.collinsindicate.com/uis-atlas-teachers/es-es). Así poderedes compartir co resto do centro e da comunidade educativa as conclusións do que traballastes. A Campaña Mundial pola Educación non sería o mesmo sen a vosa implicación, como docentes e educadoras e educadores comprometidos co dereito á educación. Por iso queremos agradecervos especialmente a vosa implicación na CME e na SAME de diferentes modos (elaboración de materiais, implicación dos vosos centros...). Recordámosvos que é moi importante que saibamos cantos somos. Para iso é imprescindible que rexistredes a participación dos vosos centros en www.cme-espana.org 22
  • 25. da proposta didáctica de Educación Infantil e Primaria e Educación Non Formal SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2013 NOME DO CENTRO/GRUPO ENDEREZO, CP, LOCALIDADE CORREO ELECTRÓNICO E PERSOA DE CONTACTO QUE NIVEIS PARTICIPARON? EDUCACIÓN INFANTIL PRIMEIRO CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA CICLO MEDIO EDUCACIÓN PRIMARIA CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN PRIMARIA GRUPO DE EDUCACIÓN NON FORMAL CANTAS PERSOAS PARTICIPARON? (ALUMNADO, PARTICIPANTES, DOCENTES, FAMILIAS) DOCENTES/EDUCADORES/EDUCADORAS IMPLICADOS/AS Nome Enderezo electrónico 23
  • 26. PARTICIPASTES CON ANTERIORIDADE NA SAME? EN QUE ANOS? VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) A PERTINENCIA DOS OBXECTIVOS FIXADOS E A ADECUACIÓN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA NIVEL EDUCATIVO. Educación Infantil – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. A escola que queremos 1 2 3 4 5 – Actividade 2. A miña escola 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Educación Primaria Primeiro ciclo – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. A aula feliz 1 2 3 4 5 – Actividade 2. O clásico da educación 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Ciclo medio – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Mestras e mestres do mundo 1 2 3 4 5 – Actividade 2. En busca da profesora ou profesor ideal 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Ciclo superior – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Mestras ou mestres para recordar 1 2 3 4 5 – Actividade 2. As nosas mestras e os nosos mestres, o noso futuro... 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 Educación Non Formal – Obxectivos 1 2 3 4 5 – Actividade 1. Escola do profesorado 1 2 3 4 5 – Actividade de mobilización. Pon profes no mapa 1 2 3 4 5 VALORA DO 1 (NIVEL MÍNIMO) AO 5 (NIVEL MÁXIMO) OS SEGUINTES ASPECTOS – Cantidade de materiais recibidos 1 2 3 4 5 – Data de recepción dos materiais 1 2 3 4 5 – Posibilidade de inclusión da proposta na programación do centro ou colectivo 1 2 3 4 5 – Interese en traballar a SAME en vindeiros anos 1 2 3 4 5 OBSERVACIÓNS, COMENTARIOS E PROPOSTAS DE MELLORA 24
  • 27. Queremos coñecer a opinión do alumnado sobre a SAME e os materiais. Anímaos a entrar en www.cme-espana.org e completar o cuestionario en liña. Para a Campaña Mundial pola Educación é moi importante coñecer que persoas participaron na SAME. Por iso che pedimos que rexistres a participación do teu centro en www.cme-espana.org A vosa opinión é moi importante para que poidamos seguir mellorando. Completa este cuestionario e: * envíao por fax ao 91 590 26 73 * ou complétao directamente na web.
  • 28. * Rexistra a túa participación na SAME Entra en * Fai a túa nube de palabras e pon profes www.cme-espana.org no mapa * Completa a avaliación dos materiais didácticos A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por: Organizacións que participan na SAME a nivel estatal: Cofinancian: Deseño e ilustracións: Maribel Vázquez Traducións: Reverso