SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 22
National Health Service:  ¿Camiño cara a privatización? ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Ramón Veras Castro.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object]
 
Gasto en asistencia sanitaria, expresados en porcentaxe do PIB, en 2004-2006, por países. ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
 
Tratado de Maastrich ,[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],Tratado de Maastrich
O Servizo Nacional de Saúde Británico (NHS) creouse en 1948 ,[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Oficinas rexionais do NHS (± 6 millóns de persoas)
O  NHS , no esquema básico, está estruturado dun modo similar ao español. Está máis descentralizado que aquí. Hai varias oficinas rexionais, que poderían corresponder ás Comunidades Autónomas.  Estas  Autoridades de Saúde Rexionais  están divididas en varias Autoridades Sanitarias de Distrito que virían sendo as Áreas de Saúde (que aquí non están organizadas, só parcialmente a de Ferrol). Nos  Distritos  hai equipos de atención primaria onde os médicos son profesionais autónomos, que establecen un contrato co NHS, son donos do local e o equipamento, e son os que contratan ao resto dos profesionais (enfermeiras e persoal administrativo e de xestión). Estes médicos agrúpanse en Grupos de Atención Primaria. Ademais hai unha  rede de servizos comunitarios  que non teñen nada que ver cos grupos de atención primaria, e son dependentes das autoridades de distrito: matronas, enfermeiras comunitarias, traballadores sociais,…
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Mercado Interno ,[object Object],[object Object],[object Object]
Seis pasos clave para lograr o mercado sanitario, mediante os Consorcios Público-Privados (CPPs)   ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
PFI: Iniciativa de Financiamento Privado ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],PFI: Iniciativa de Financiamento Privado
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],PFI: Iniciativa de Financiamento Privado
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],PFI: Iniciativa de Financiamento Privado
PFI: Iniciativa de Financiamento Privado ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],PFI: Iniciativa de Financiamento Privado
As PFI son un gran negocio que está hipotecando o futuro do NHS De todos modos, xa hai moitos elementos privatizadores en marcha e vai ser moi difícil volver a un modelo de provisión pública, sen interferencias dos intereses económicos e os negocios.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machinesstanl1ma
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machinesstanl1ma
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machinesstanl1ma
 
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter one
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter oneThe Clayworth Legacy - Generation One, Chapter one
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter onecholliebear
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machinesstanl1ma
 

Andere mochten auch (7)

Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machines
 
Centro saude marin
Centro saude marinCentro saude marin
Centro saude marin
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machines
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machines
 
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter one
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter oneThe Clayworth Legacy - Generation One, Chapter one
The Clayworth Legacy - Generation One, Chapter one
 
Simple Machines
Simple MachinesSimple Machines
Simple Machines
 
Song Choices
Song ChoicesSong Choices
Song Choices
 

Ähnlich wie Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012oscargaliza
 
Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011oscargaliza
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaÁlex Herrera Díaz
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011oscargaliza
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)plataformasanidadecangas
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011oscargaliza
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñooscargaliza
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024luarodalegre97
 
Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)oscargaliza
 
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?plataformasanidadecangas
 

Ähnlich wie Sistema Fpi Vigo E Pontevedra (20)

SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Lei de garantías galicia
Lei de garantías   galiciaLei de garantías   galicia
Lei de garantías galicia
 
Lei garantias sos
Lei garantias sosLei garantias sos
Lei garantias sos
 
Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011Nota de prensa 17112011
Nota de prensa 17112011
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
A saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocioA saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocio
 
Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En Marea
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
 
Ssergas
SsergasSsergas
Ssergas
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
Recortes.Sanidade.Maio.2012
Recortes.Sanidade.Maio.2012Recortes.Sanidade.Maio.2012
Recortes.Sanidade.Maio.2012
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)
 
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
 

Sistema Fpi Vigo E Pontevedra

  • 1.
  • 2.
  • 3.
  • 4.  
  • 5.
  • 6.  
  • 7.
  • 8.
  • 9.
  • 10.
  • 11. O NHS , no esquema básico, está estruturado dun modo similar ao español. Está máis descentralizado que aquí. Hai varias oficinas rexionais, que poderían corresponder ás Comunidades Autónomas. Estas Autoridades de Saúde Rexionais están divididas en varias Autoridades Sanitarias de Distrito que virían sendo as Áreas de Saúde (que aquí non están organizadas, só parcialmente a de Ferrol). Nos Distritos hai equipos de atención primaria onde os médicos son profesionais autónomos, que establecen un contrato co NHS, son donos do local e o equipamento, e son os que contratan ao resto dos profesionais (enfermeiras e persoal administrativo e de xestión). Estes médicos agrúpanse en Grupos de Atención Primaria. Ademais hai unha rede de servizos comunitarios que non teñen nada que ver cos grupos de atención primaria, e son dependentes das autoridades de distrito: matronas, enfermeiras comunitarias, traballadores sociais,…
  • 12.
  • 13.
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21. As PFI son un gran negocio que está hipotecando o futuro do NHS De todos modos, xa hai moitos elementos privatizadores en marcha e vai ser moi difícil volver a un modelo de provisión pública, sen interferencias dos intereses económicos e os negocios.
  • 22.

Hinweis der Redaktion

  1. O Sistema Nacional de Saúde inglés, o National Health Service ou NHS, foi sempre un exemplo de sistema sanitario equitativo, serio, profesional e eficiente. Antes da aparición da lei xeral de sanidade española de 1986 era a imaxe de Sistema de Saúde desexada pola esquerda sanitaria. Pero nos últimos anos, desde a chegada da Sra Thatcher, o NHS continúa a influír no mundo pero agora é a imaxe desexada pola dereita sanitaria. Sen dúbida, tendo en conta o goberno actual en Galiza, debemos estudar con detalle e estar moi atentos aos cambios neste país, Inglaterra, así como no resto de CCAA españolas, que avanzan tamén cara a privatización. Esquema do relatorio: Marco político-económico xeral Descrición sistema sanitario inglés sen entrar en valoracións do mesmo Analizar as Iniciativas de Financiamento Privado (FPI no Reino Unido)
  2. Crise económica nos anos 70, despois da crise do petróleo Desprestixio das teorías keynesianas como método de xestión macroeconómica. Avance dos defensores do mercado libre para solucionar os problemas do estado do benestar. Aparición política a neocon Thatcher e o seu compañeiro Reagan, que impulsaron a nivel mundial a Redución do gasto público Impulso ao libre mercado en todos os ámbitos, tamén no sanitario. En Inglaterra Thatcher limitou o crecemento dos custos das prestacións sociais e dos servizos do benestar. Tivo que crear o mesmo mercado porque os axentes económicos privados non serían capaces de competir co NHS. Creou as oportunidades de negocio e facilitou a aparición de axentes económicos propios e doutros países (sobre todo americanos) para poder operar no mercado. A OMC, FMI, Banco Mundial, Acordo sobre liberalización de servizos públicos: son instrumentos importantísimos no avance da liberlización dos servizos públicos a nivel mundial. Os mesmos FMI e Banco Mundial utilizaban como pre-requisito para dar cretos aos países en vías de desenvolvemento, a introdución do financiamento privado nos servizos públicos. Forzaban esa situación nos lugares máis desfavorecidos
  3. Parece que están conseguindo que o gasto sanitario se reduza en relación co PIB
  4. España incrementou o seu gasto sanitario pero porcentualmente incrementou máis o privado.
  5. Seguimos estando por debaixo da media da OCDE
  6. Co obxectivo de adaptar o mercado para o establecemento da moeda única 1. Impón unha disciplina orzamentaria para evitar o déficit excesivo, consistente en: Non sobrepasar o déficit público o 3% do PIB Non sobrepasar a débeda pública o 60% do PIB 2. Utiliza o artefacto e falsedade contable de non incluír, a efectos destes criterios de restrición de gasto, na contabilidade europea o endebedamento público das empresas públicas con xestión privada (SPI, Fundacións) ou o gasto por contratacións con empresas privadas, sempre que exista unha transferencia de riscos desde a administración ás empresas. 3. Finalmente se impulsa o Compromiso dos estados co Pacto de Estabilidade e Crecemento de lograr o equilibrio orzamentario A obrigatoriedade de respectar estes índices de déficit e endebedamento, xunto co argumento (creo eu que non demostrado) de que a empresa privada xestiona mellor, da máis calidade ao cliente e é máis eficiente, ou sexa, o que chaman os ingleses ‘value for money’ , dar máis valor polos mesmos cartos, son os motivos de que avancen progresivamente as Iniciativas de Financiamento Privado en Europa, e no mundo en xeral.
  7. O NHS creouse en 1948, na postguerra. O obxectivo era ofrecer unha asistencia sanitaria global, universal e gratuíta no momento da prestación Financiado polos impostos xerais e con Provisión pública A partir de 1952, introducíronse taxas para medicamentos, as gafas e os tratamientos dentais. A estrutura básica divídese en tres partes: servizos hospitalarios, servizos de saúde comunitaria (matronas, enfermeiras comunitarias, traballadoras sociais,…) e unha terceira formada polos médicos de familia e farmacéuticos (ámbolos dous como profesionais autónomos contratados polo NHS). Todos os pacientes teñen que inscribirse nun cupo de medicina xeral e son éstes a porta de entrada ao sistema.
  8. O NHS, no esquema básico, está estruturado dun modo similar ao español. Está máis descentralizado que aquí. Hai varias oficinas rexionais, que poderían corresponder ás Comunidades Autónomas. Estas Autoridades de Saúde Rexionais están divididas en varias Autoridades Sanitarias de Distrito que virían sendo as Áreas de Saúde (que aquí non están organizadas, só parcialmente a de Ferrol) Nos Distritos hai equipos de atención primaria onde os médicos son profesionais autónomos, que establecen un contrato co NHS, son donos do local e o equipamento, e son os que contratan ao resto dos profesionais (enfermeiras e persoal administrativo e de xestión). Estes médicos agrúpanse en Grupos de Atención Primaria. Ademais hai unha rede de servizos comunitarios que non teñen nada que ver cos grupos de atención primaria, e son dependentes das autoridades de distrito: matronas, enfermeiras comunitarias, traballadores sociais,…
  9. Durante os anos 80 Margaret Thatcher puxo en marcha un gran número de medidas provisorias dirixidas a aumentar a participación de empresas privadas: Recurríu a éstas para a prestación de servizos auxiliares nos hospitais tales como limpeza, alimentación, lavandería e mantemento Iniciouse o chamado xerencialismo, igual que aquí, cambiando xerentes para a direción dos hospitais e introducindo técnicas de xestión privada Privatizáronse sistemas de información Financiáronse con fondos públicos residencias e centros de enfermaría privados,… e O regalo de despedida de Thatcher ao NHS foi o que se chama Mercado interno sobre a base da separación da función de compra da función de provisión no sector sanitario. O NHS fai un reparto do presuposto entre as autoridades rexionais e de distrito. As autoridades de distrito e os grupos de atención primaria son os que teñen os presupostos (en función da poboación asignada) e son os que compran servizos aos hospitais. Os hospitais compiten entre eles polos pacientes e agora estase instaurando o pago por resultados, segundo o cal o hospital cobra en función do traballo realizado, co cal ten que facer propaganda e buscar clientes. Cando o médico de familia deriva un paciente ou desexa consultar cun profesional do hospital, o paciente pode escoller entre varios hospitais cos que o seu equipo de atención primaria ten concerto. Recibe información (estrelas) da lista de espera (6 meses para un tto desde que o decide o médico do hospital, 13 semanas para unha consulta ambulatoria), da limpeza do hospital, do número de cancelacións de intervencións cirúrxicas por problemas organizativos do hospital, opinións de pacientes e presenza de infeccións por MRSA
  10. Fragmentación do NHS en más de 300 empresas semiinde-pendentes (Fideicomisos ou “Trusts”), con estrutura empresarial, nas que se substitúe aos clínicos por xestores de negocios para que xestionen os hospitais. Estos fideicomisos convértense en ‘proveedores’ que ‘venden’ tratamentos aos ‘compradores’ do NHS, nun ‘mercado interno’. 2) Os edificios do NHS pasan a ser propiedade privada A Iniciativa de Financiamento Privada (PFI) – todos os hospitais novos constrúense con capital que aportan entidades privadas e alúgase aos fideicomisos hospitalarios, incluíndo os servizos de apoio non clínicos, por periodos de 30 a 60 anos. Os pagos do aluguer ás empresas privadas propietarias dos edificios proveñen do que ingresa o hospital polas súas actividades. Os centros de atención primaria constrúense e alúganse de maneira similar (Fideicomisos para Mellorar o Financiamento (LIFT– ‘PFIs locales’) 3) Fideocomisos de Fundacións (FT). En 2008, todos os fideicomisos do NHS tienen que convertirse en ‘Fideicomisos de fundaciones’ (FTs), entidades autofinanciadas y autobobernadas. As fundacións-trusts teñen liberdade para obter préstamos no mercado privado e para poñer en marcha negocios conxuntos con empresas privadas. 4) Aos hospitais se lles paga por cada tratamento e só despois de que realicen o traballo. Os enfermos elixen os hospitais para as consultas ou para a cirurxía programada. Para asegurarse os seus ingresos, os hospitais teñen que competir captando enfermos e ponse en marcha o “xogo” dos prezos. Empeza a propaganda cara os enfermos. Rexéitanse tratamentos que non son rendibles. 5) Creanse por axentes privados os Centros Sectoriais de Tratamento Independente (Os ISTC), unha privatización da asistencia hospitalaria, a quen se lles asegura desde o propio NHS unha carga de traballo durante 5 anos e a un prezo por acto un 11% superior ao que paga normalmente o NHS. Úsanse sobre todo para cirurxía electiva (prótesis de cadera ou cataratas por exemplo). As condicións inclúen, ademais de garantir enfermos durante 5 anos e a un prezo supeiror, que poden seleccionar pacientes de pouco risco e que poden contratar persoal do NHS. 6) A creación dos Trusts de atencíon primaria son o paso previo para a transferencia da atención primaria ás empresas privadas, igual que sucede cos servizos comunitarios.
  11. O PFI, Iniciativa de Financiamento Privado, É unha modalidade máis do coñecido como colaboración público privada (CPP), ou Public-Private Partnership (PPP). As colaboracións público-privada abarcan múltiples áreas: transportes, seguridade, xestión de resíduos, reforestación, distribución de auga ou de enerxía, sanidade, educación e outras. En Inglaterra case todas as infraestruturas novas creadas desde os anos 90 teñen a fórmula PFI. É o sistema utilizado polos trusts hospitalarios para realizar un novo hospital e todo cambio ou ampliación da súa infraestrutura, desde a ampliación do edificio hospitalario (os coñecidos aquí como Plans Directores) ata a renovación ou ampliación de unidades de diagnóstico e tratamento (diagnóstico por imaxe, radioterapia e outras). En Galiza poden empezar por Vigo e Pontevedra pero está pendente todo o plan de infraestruturas e o equipamento do hospital de Lugo. Hoxendía, o NHS é o maior cliente das PFI nese país. Ao mesmo tempo, o uso do PFI en sanidade é o que máis polémica produce en círculos académicos, profesionais e sindicais. En Escocia está parado e en Gales e Irlanda do Norte O obxectivo dos defensores desta modalidade: 1. Buscar financiamento privado para realizar infraestruturas 2. Buscar financiamento sen que a nova inversión compute como débeda pública a efectos do sistema europeo de contas de Eurostat, por haber unha transferencia de riscos ao sector privado 3. Aumentar a eficiencia e a calidade das prestacións polo suposto de que a empresa privada xestiona mellor. Máis value for money ou mellor custo-beneficio
  12. O NHS compra os servizos das PFI mediante concesión administrativa adxudicada a través de concurso público. O Consorcio que executa o PFI está normalmente formado por unha construtora, unha empresa financieira e unha empresa proveedora de servizos de mantemento. O PFI deseña, constrúe e explota as instalacións e as prestacións non clínicas (mantemento, servizos administrativos, limpeza, comunicacións, catering), ademais de ser o dono dos terreos durante o tempo de explotación, que ven sendo unha xeneración (30-60 anos), e pode dispoñer deles para o aluguer ou venta. No Reino Unido non hai ningún PFI no que o consorcio privado se faga cargo da atención sanitaria á poboación, a diferenza de España que xa hai varios: Alcira, Denia, Torrevieja e Valdemoro. Faise unha transferencia dos traballadores non sanitarios da antigua estrutura hospitalaria ao PFI. Os PFI buscan financiamento privado pero están avalados polo Goberno. O PFI, por lei, é o que primeiro cobra. Se hai calquera problema e o Trust hospitalario aumenta as necesidades orzamentarias ten que facer o axuste nas prestacións clínicas. O esquema do procedemento é: - O trust hospitalario establece os términos do posible acordo e invíta ao sector privado a participar. - Os consorcios privados presentan propostas. - O Trust fai unha evaluación previa (Public Sector Comparator) cos posibles custos se a infraestrutura se desenvolvera de modo tradicional. Se o PFI é beneficioso: contrátase durante 30-60 anos empezando o pago no momento de empezar a funcionar o hospital. A negociación destes contratos no RU dura anos, participan moitos economistas, asesores financieiros, avogados, clínicos, xerentes e son custes que se engaden ao proxecto (millóns de libras) O canon é unha carga unitaria formada pola tarifa de dispoñibilidade dos locais e a tarifa pola xestión do resto dos servizos. Se o PFI non cumpre o contrato é penalizado rebaixando o canon mentres non o cumpra.
  13. Os PFI son máis caros sempre. ATA TRES VECES MÁIS CAROS SEGUNDO ALGÚNS ESTUDOS. Só por unha valoración esaxerada da transferencia de riscos pode ter interese o PFI. Os riscos son os de ter construído e operativo o hospital no tempo contratado, e o mantemento e os servizos adecuados durante o tempo do contrato. Os PFI son máis caros porque os cretos que consiguen (tipo BBB) son máis caros que os que lograría a administración (tipo AAA) e porque teñen que xenerar beneficios. A fase de maior risco é a inicial de ter construído e equipado para ser operativo o hospital no tempo acordado. A partir de aí normalmente os trusts refinancian a débeda porque xa é un negocio seguro e os bancos cambian a valoración do creto a AAA. Co obtido polos refinanciamentos houbo varios escándalos e agora os beneficios destes refinanciamentos son ao 50% para a administración e para a empresa privada. No prezo pactado iba unha tarifa que contemplaba os intereses que lle cobran inicialmente os bancos, ao baixar os intereses a empresa gaña máis (porque ten que pagar menos) pero non se baixa o canon para a administración. Os PFI tamén son máis caros porque están obrigados a dar beneficios aos accionistas. Accionistas que ás veces é difícil coñecer xa que a débeda dos consorcios pódese vender a fondos de pensións ou outras entidades doutros países. Os PFI non xestionan mellor. Teñen tamén problemas de coordinación no propio consorcio debido á múltiple subcontratación que realizan e á difícil xestión de traballadores de diferentes empresas e con distinto tipo de contrato (estatutarios, laborais,…). No sistema sanitario as posibles vantaxes iniciais da xestión privada dos servizos non clínicos (fundamentalmente polo empeoramento dos salarios e condicións de traballo) xa se dan nos hospitais tradicionais polo que non houbo no NHS nin haberá nos PFI españois novas vantaxes. Hai varios estudos, algún dos propios Auditores do Goberno, que reflicten os problemas dos PFI: Ademais de caros: Houbo moitos problemas de deseño, con mala calidade dos materiais construtivos Menos camas e menos persoal sanitario e non sanitario Moita rixidez durante moito tempo (mínimo 30 anos) Todos os axustes son no campo ‘médico’ Cada cambio é unha modificación de contrato que encarece o PFI Non hai demostracións aínda de repercusións na mortalidade ou na taxa de enfermidade porque leva pouco tempo en marcha pero é probable que as haxa xa que se reducen os servizos clínicos.
  14. No Reino Unido hai grupos organizados en defensa do NHS. NOT FOR SALE, din eles. De todos modos, xa hai moitos elementos privatizadores en marcha e vai ser moi difícil volver a un modelo de provisión pública, sen interferencias dos intereses económicos e os negocios.
  15. O PP xa fixo varios intentos: LOSGA coa Rede Galega de Hospitais de Utilización Pública Fundacións sanitarias privadas (Romay e Feijoo en Galiza) Fundacións sanitarias públicas, o equivalente aos trusts hospitalarios ingleses, cando Feijoo era Presidente do INSALUD O PP xa está privatizando en Madrid, Valencia e Burgos Como vemos, a batalla supera o nivel local. É necesario dar unha resposta contundente, argumentada tecnicamente, mobilizadora e contínua para evitar a deterioración dos servizos sanitarios pero a guerra tamén debe ter un marco europeo e utilizar todas as institucións e aliados. Grazas pola súa atención