SlideShare a Scribd company logo
1 of 30
TEMA 6
GALICIA NA IDADE MEDIA

                  2º ESO
INTRODUCIÓN
●   No ano 714 os musulmáns chegaron á zona oriental de Galicia, onde permaneceron moi
    pouco tempo.
●   Desde finais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e
    seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razzias dos musulmáns ata o
    século X.
●   A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do
    comercio. Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades, grazas á chegada
    de grandes cantidades de peregrinos.
●   Nesta época construíronse en Galicia numerosos edificios relixiosos de estilo románico ao
    longo do Camiño de Santiago, como a catedral de Santiago de Compostela.
●   Pero no século XIV  Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu
    a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as chamadas guerras irmandiñas,
    consideradas as primeiras revoltas antiseñoriais de Europa.
1
DA INVASIÓN MUSULMÁ Á COROA DE CASTELA
A CHEGADA DOS MUSULMÁNS A GALICIA

●   Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da
    Península Ibérica en ningún momento.
●   A zona norte, por ser unha terra inhóspita para os musulmáns e de escaso
    rendemento agrícola, foi abandonada rapidamente.
●   As tropas musulmás de Musa ibn Nusayr chegaron entre o ano 713 e o
    714 ata Lugo.
●   A mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos
    enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns.
A INTEGRACIÓN NO REINO ASTUR-LEONÉS

●   Durante o reinado de Alfonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa
    asturiana.
●   Iniciouse un longo período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis
    da coroa ástur-leonesa.
●   Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varios ataques
    vikingos nos séculos IX e X.
●   No ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de
    Santiago.




                                Torres de Catoira. Reconstrución
Torres de Catoira actualidade                                      Almanzor en Santiago
GALICIA NOS SÉCULOS X E XI
●   Ao final do século IX, ao morrer o rei
    ástur-leonés Afonso III, repartiuse o
    reino entre os seus fillos.
●   O seu fillo Ordoño II recibiu Galicia, que
    se estendía ata ao Norte de Portugal,
    constituíndose por primeira vez como
    reino independente (910)
●   Ao longo dos séculos X e XI, Galicia
    manteríase en ocasións como reino
    independente ou unida ao reino de
    León.                                        Ordoño II
GALICIA, DA INDEPENDENCIA Á UNIÓN CON CASTELA
●   Alfonso VI de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados: Galicia e Portugal
    (este último convertirase nun reino independente).
●   No ano 1109, un grupo da nobreza galega encabezado polo conde de Traba e apoiados polo
    arcebispo Diego Xelmírez proclamou rei de Galicia a Alfonso Raimúndez (futuro Alfonso VII).
●   A posterior coroación de Alfonso Raimúndez como Alfonso VII, rei de Castela e León (1126),
    púxolle fin ao reino de Galicia que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa
    de Castela.
●   Impúxose o poder real sobre o nobiliario
●   Galicia perde peso político e sufre progresivamente unha política de castelanización.
2
SEÑORES E CAMPESIÑOS
SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS
 SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS
●   Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega e pagaron a súa fidelidade coa
    concesión de importantes extensións de terras e señoríos (FEUDOS).
●   Algunhas familias nobres recibiron o título de conde, o cal lles permitía desempeñar funcións
    militares, administrar xustiza e cobrar impostos. E o mesmo aconteceu cos abades dos mosteiros
    máis importantes e cos bispos que recibiron grandes extensións de terra.
●   En Galicia, coma no resto da Península, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, aos
    bispados e aos mosteiros.
●   Un dos trazos máis característicos da sociedade galega medieval foi a preponderancia dos
    bispos e abades, incluso máis poderosos que os nobres.
●   O arcebispado de Santiago convertiuse nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos
    cristiáns. O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros, como Sobrado, Samos ou
    Celanova. Outros: Oseira, Caaverio, Lourenzá ou Meira.
●   En Galicia existían campesiños donos de pequenas propiedades. Debido á inseguridade e o
    medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos a meirande parte destes
    campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección
    (convertíanse en servos), completándose así o proceso de FEUDALIZACIÓN.
●   Os campesiños seguiron a traballar a terra, pero estaban obrigados a lle entregar ao señor unha
    parte importante dos seus froitos.
●   Baixo a protección e a dependencia dun señor, os campesiños vivían agrupados en vilas,
    pequenos núcleos rurais, moi semellantes ás aldeas actuais .
●   Segundo foi medrando a poboación, caváronse novas terras de cultivo e naceron os vilares,
    pequenas vilas, e os casais, explotacións unifamiliares illadas. A agricultura era a principal
    actividade económica das vilas (cultivo de cereais=pan), caracterizada por ser moi primitiva e de
    baixos rendementos.
O CAMIÑO DE SANTIAGO
●   Alfonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se
    atopa a tumba do Apóstolo Santiago. A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos
    principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago.
●   Para atender as necesidades dos peregrinos construíronse casas de hóspedes, hospitais e
    igrexas. Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, que contribuíron ao
    florecemento das cidades do Camiño (Jaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León,
    Santiago...).
●   Por esta vía expandíronse na Península os novos estilos arquitectónicos (Románico e Gótico)
    que triunfaban en Europa, ideas, costumes, mercadorías,...
A CATEDRAL DE SANTIAGO
●   De estilo románico foi construída entre 1075 e 1128. As obras conclúen
    definitivamente en 1211.
●   A planta de cruz latina organízase en tres naves lonxitudinais de bóveda
    de canón, cruzadas por un transepto dividido tamén en tres naves.
●   A cabeceira organízase a través dun deambulatorio ou corredor con
    pequenas capelas radiais, que rodea o presbiterio.
●   No seu exterior impresionaba a súa complexa cabeceira e as dúas torres
    cadradas que flanqueaban o Pórtico da Gloria, xoia do Románico
    hispánico.
Alzado da Catedral de Santiago

                                       Peregrino




                                 Nunha sociedade
                                 profundamente cristiá, a
                                 peregrinación converteuse nun
                                 medio para facerse perdoar os
                                 pecados e reconciliarse con
                                 Deus.
3
ACTIVIDADES ECONÓMICAS
          NOS
    SÉCULOS XII E XIII
A AGRICULTURA. O FORO
●   O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a
    ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición
    doutras novas chamadas agora vilanovas.
●   O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide. Toda
    Galicia se poboou de viñedos.
●   No século XIII o nace o foro, un contrato agrario que perdurará ata o século XX.
●   Mediante este contrato os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades,
    cedíanlle terras a unha familia de campesiños a cambio dunha renda fixa ou
    proporcional, normalmente unha parte da colleita, e da prestación dalgúns servizos.
PESCA MARÍTIMA E SALGADURAS
●   Os séculos XII e XIII foron os do despegue da pesca marítima.
●   As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña.
●   Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada,
    cerco...) que aínda se empregan na actualidade.
●   A pesca marítima, e en especial a da sardiña, deu lugar a unha importante
    industria de salgaduras e á explotación de salinas na península do
    Salnés.
A ARTESANÍA. O COMERCIO
●   Nesta época xorden artesáns especialistas que asentan nas cidades.
●   Abundaban os toneleiros, os peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e
    zapateiros.
●   Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das
    salgaduras de peixe.
●   O aumento da produción agrícola, artesanal e o tráfico de peregrinos,
    reactivaron o comercio e mais a organización de feiras e mercados nas
    principais cidades galegas.
AS CIDADES
●   O apoxeo das peregrinacións e o
    desenvolvemento da artesanía e
    mais do comercio deron lugar ao
    nacemento     de    numerosas
    cidades galegas.
●   As vilas mariñeiras (Pontevedra,
    Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo,
    Viveiro...) medraron ao abeiro das
    actividades pesqueiras.
●   Ourense, Tui ou Mondoñedo
    debíanlle a súa importancia ao feito
    de seren sés episcopais.
4
CONFLITOS SOCIAIS
        NA
BAIXA IDADE MEDIA
        EN
     GALICIA
UNHA ÉPOCA DE PENURIAS E DIFICULTADES

●   Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do
    resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles.
●   Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles
    a peste (Peste Negra do ano 1348), que decimou a poboación de Galicia.
●   Iniciouse ademais a decadencia da peregrinación a Santiago.
●   Todo isto xerou unha serie de conflitos sociais que desembocaron, durante o
    século XV, nas chamadas guerras irmandiñas, que foron unhas das primeiras e
    máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.
AS IRMANDADES
●   O termo irmandiñas procede de irmandades, asociacións de xente das
    cidades, características do final da Idade Media.
●   Defendían os intereses comúns dos cidadáns fronte aos abusos dos
    señores e aseguraban o exercicio da xustiza.
●   Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os
    bispos, cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da
    artesanía.
●   Desde os comezos do século XV abundaron os conflitos nas principais
    cidades galegas contra os bispos. Ex: Santiago ou Ourense
AS GUERRAS IRMANDIÑAS
●   As irmandades estendéronse ao campo onde os nobres, cunhas rendas que
    diminuíran por mor da crise económica, cometían toda clase de delitos, atropelos e
    saqueos sobre os campesiños.
●   No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña.
    O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e
    Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, e estivo dirixida por Roi
    Xordo.




      Torre dos Andrade - Pontedeume
                                                    Torre dos Andrade - Vilalba
AS GUERRAS IRMANDIÑAS
●   Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña.
●   Esta revolta tivo un carácter de guerra civil, xa que se espallou por toda Galicia e
    nela se viron envoltos a meirande parte de grupos sociais.
●   Os líderes máis salientados foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de
    Lemos.
●   A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas. A meirande parte dos
    nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas.
●   Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de
    Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela, derrotaron as
    tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago.
●   Máis tarde, a oposición da nobreza galega ao novo Estado autoritario establecido
    polos Reis Católicos tivo como consecuencia a tráxica morte do
    mariscal Pardo de Cela.
5
A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA
A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA
●   Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia,
    debido ao Camiño de Santiago.
●   A Ribeira Sacra e tamén a Ribeira do Miño son as zonas que concentran un maior
    número de mosteiros, como os de Santo Estevo de Ribas de Sil, Carboeiro en
    Silleda ou San Clodio en Leiro.
●   Iniciouse a construción de importantes catedrais. Santiago de Compostela, San
    Martiño de Mondoñedo, Lugo ou Ourense.
●   En arquitectura civil salienta o Pazo arcebispal de Santiago de Compostela,
    levantado polo bispo Diego Xelmírez.
●   A catedral de Santiago foi tamén en escultura o principal foco artístico do Románico
    galego. Destaca a Portada de Praterías e o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.
●   Consérvanse notables exemplos de ilustración de códices: Libro das Horas de
    Fernando I e o Códice Calixtino ou Liber Sancti Jacobi.
Santo Estevo de Ribas do Sil




                                        Porta de Praterías
Pazo de Xelmírez
6
A ARTE GÓTICA EN GALICIA
ARQUITECTURA
●   A arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes
    mendicantes, concretamente a dos franciscanos e a dos dominicanos, que
    chegaron a Galicia no século XIII.
●   A simbiose entre Románico e Gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos
    mosteiros do císter, como os da Armenteira, Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero
    (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense).
●   As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas
    torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas,
    pero utilizaron amplamente os elementos góticos máis esenciais, como as bóvedas
    de cruzaría e o arco apuntado, como nas igrexas góticas de Betanzos (A Coruña).
Catedral de Tui       Igrexa do mosteiro de Meira




                     Igrexa de San Francisco - Betanzos
Mosteiro de Oseira
ESCULTURA
●   A decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período
    aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de
    Tui.
●   A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo
    progresivo entre a nobreza e o clero medio.
●   Durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos
    funerarios en igrexas, catedrais e conventos. Ex: sepulcro de Fernán Pérez de
    Andrade (Betanzos)
●   Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos,
    os retablos e as imaxes en madeira policromada.




          Portada Catedral de Tui               Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade
FIN

More Related Content

What's hot

2 al andalus y sus principales etapas
2  al andalus y sus principales etapas2  al andalus y sus principales etapas
2 al andalus y sus principales etapasjjsg23
 
RF Optimization Engineer Resume.docx
RF Optimization Engineer Resume.docxRF Optimization Engineer Resume.docx
RF Optimization Engineer Resume.docxMonsuru Okekunle
 
A reconquista cristã 1
A reconquista cristã 1A reconquista cristã 1
A reconquista cristã 1Carla Teixeira
 
Romanização da Península Ibérica
Romanização da Península IbéricaRomanização da Península Ibérica
Romanização da Península IbéricaCarlos Vieira
 
A valorização do mar português
A valorização do mar portuguêsA valorização do mar português
A valorização do mar portuguêsIga Almeida
 
Galicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaGalicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaSchool
 
Tema 7 los reinos cristianos
Tema 7 los reinos cristianosTema 7 los reinos cristianos
Tema 7 los reinos cristianospiraarnedo
 
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit O
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit OA FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit O
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit OSílvia Mendonça
 
História de portugal
História de portugalHistória de portugal
História de portugalana2643232
 
A história de portugal
A história de portugalA história de portugal
A história de portugaltelmascapelo
 
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)francisco gonzalez
 

What's hot (20)

Ficha de apoio
Ficha de apoioFicha de apoio
Ficha de apoio
 
2 al andalus y sus principales etapas
2  al andalus y sus principales etapas2  al andalus y sus principales etapas
2 al andalus y sus principales etapas
 
RF Optimization Engineer Resume.docx
RF Optimization Engineer Resume.docxRF Optimization Engineer Resume.docx
RF Optimization Engineer Resume.docx
 
Reconquista Cristã
Reconquista CristãReconquista Cristã
Reconquista Cristã
 
Agricultura
AgriculturaAgricultura
Agricultura
 
A reconquista cristã 1
A reconquista cristã 1A reconquista cristã 1
A reconquista cristã 1
 
Bloque 1 Hispania romana
Bloque 1 Hispania romanaBloque 1 Hispania romana
Bloque 1 Hispania romana
 
Romanização da Península Ibérica
Romanização da Península IbéricaRomanização da Península Ibérica
Romanização da Península Ibérica
 
A valorização do mar português
A valorização do mar portuguêsA valorização do mar português
A valorização do mar português
 
Trabajo Diapositiva de Portugal
Trabajo Diapositiva de PortugalTrabajo Diapositiva de Portugal
Trabajo Diapositiva de Portugal
 
Galicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaGalicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de Anita
 
PS Core Presentation
PS Core PresentationPS Core Presentation
PS Core Presentation
 
Portogallo
PortogalloPortogallo
Portogallo
 
Tema 7 los reinos cristianos
Tema 7 los reinos cristianosTema 7 los reinos cristianos
Tema 7 los reinos cristianos
 
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit O
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit OA FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit O
A FormaçãO De Portugal Trabalh O Ja Feit O
 
La spagna
La spagnaLa spagna
La spagna
 
Nokia 3G UTRAN
Nokia 3G UTRANNokia 3G UTRAN
Nokia 3G UTRAN
 
História de portugal
História de portugalHistória de portugal
História de portugal
 
A história de portugal
A história de portugalA história de portugal
A história de portugal
 
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)
Unidad 3 II Los núcleos de resisitencia cristianos ( 722 1035)
 

Viewers also liked

O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galizaMarlou
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosEncarna Lago
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosEncarna Lago
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicosrubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigorubempaul
 
O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus rubempaul
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesrubempaul
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiagorubempaul
 
Tema 1 O islam e Al Andalus
Tema 1 O islam e Al AndalusTema 1 O islam e Al Andalus
Tema 1 O islam e Al Andalusrubempaul
 
Roi xordo y los irmandiños
Roi xordo y los irmandiñosRoi xordo y los irmandiños
Roi xordo y los irmandiñosmiguelpv94
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
La crisis del s. xiv
La crisis del s. xivLa crisis del s. xiv
La crisis del s. xivanapcpiurbina
 

Viewers also liked (20)

O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galiza
 
Os Irmandiños
Os IrmandiñosOs Irmandiños
Os Irmandiños
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
Al-Ándalus.
Al-Ándalus.Al-Ándalus.
Al-Ándalus.
 
LA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODALA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODA
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
Os irmandiños
Os irmandiñosOs irmandiños
Os irmandiños
 
Idade Media
Idade MediaIdade Media
Idade Media
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
Tema 1 O islam e Al Andalus
Tema 1 O islam e Al AndalusTema 1 O islam e Al Andalus
Tema 1 O islam e Al Andalus
 
Roi xordo y los irmandiños
Roi xordo y los irmandiñosRoi xordo y los irmandiños
Roi xordo y los irmandiños
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
La crisis del s. xiv
La crisis del s. xivLa crisis del s. xiv
La crisis del s. xiv
 

Similar to Tema 6 Galicia na Idade Media

Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade mediadanielvereavazquez
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesrubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Eva Domínguez Cortiñas
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularescamposseijo
 
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de CastelaTema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castelamairequejo
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
Tema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medievalTema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medievalrubempaul
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.pptsaratoti
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaA Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaAgrela Elvixeo
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesDaniel Verea Vázquez
 
Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Fiz
 

Similar to Tema 6 Galicia na Idade Media (20)

Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
 
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de CastelaTema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
Tema 10. Do reino Astur ao reino de Castela
 
Maria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galegaMaria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galega
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos
 
Tema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medievalTema 3 A cidade medieval
Tema 3 A cidade medieval
 
Idade Media
Idade MediaIdade Media
Idade Media
 
Galicia un reino
Galicia un reinoGalicia un reino
Galicia un reino
 
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppttema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
tema5-osgrandesreinospeninsulares-120112145248-phpapp02.ppt
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos
 
Tema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade MadiaTema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade Madia
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaA Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
 
Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 

Tema 6 Galicia na Idade Media

  • 1. TEMA 6 GALICIA NA IDADE MEDIA 2º ESO
  • 2. INTRODUCIÓN ● No ano 714 os musulmáns chegaron á zona oriental de Galicia, onde permaneceron moi pouco tempo. ● Desde finais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razzias dos musulmáns ata o século X. ● A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do comercio. Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades, grazas á chegada de grandes cantidades de peregrinos. ● Nesta época construíronse en Galicia numerosos edificios relixiosos de estilo románico ao longo do Camiño de Santiago, como a catedral de Santiago de Compostela. ● Pero no século XIV  Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as chamadas guerras irmandiñas, consideradas as primeiras revoltas antiseñoriais de Europa.
  • 3. 1 DA INVASIÓN MUSULMÁ Á COROA DE CASTELA
  • 4. A CHEGADA DOS MUSULMÁNS A GALICIA ● Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da Península Ibérica en ningún momento. ● A zona norte, por ser unha terra inhóspita para os musulmáns e de escaso rendemento agrícola, foi abandonada rapidamente. ● As tropas musulmás de Musa ibn Nusayr chegaron entre o ano 713 e o 714 ata Lugo. ● A mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns.
  • 5. A INTEGRACIÓN NO REINO ASTUR-LEONÉS ● Durante o reinado de Alfonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa asturiana. ● Iniciouse un longo período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis da coroa ástur-leonesa. ● Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varios ataques vikingos nos séculos IX e X. ● No ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de Santiago. Torres de Catoira. Reconstrución Torres de Catoira actualidade Almanzor en Santiago
  • 6. GALICIA NOS SÉCULOS X E XI ● Ao final do século IX, ao morrer o rei ástur-leonés Afonso III, repartiuse o reino entre os seus fillos. ● O seu fillo Ordoño II recibiu Galicia, que se estendía ata ao Norte de Portugal, constituíndose por primeira vez como reino independente (910) ● Ao longo dos séculos X e XI, Galicia manteríase en ocasións como reino independente ou unida ao reino de León. Ordoño II
  • 7. GALICIA, DA INDEPENDENCIA Á UNIÓN CON CASTELA ● Alfonso VI de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados: Galicia e Portugal (este último convertirase nun reino independente). ● No ano 1109, un grupo da nobreza galega encabezado polo conde de Traba e apoiados polo arcebispo Diego Xelmírez proclamou rei de Galicia a Alfonso Raimúndez (futuro Alfonso VII). ● A posterior coroación de Alfonso Raimúndez como Alfonso VII, rei de Castela e León (1126), púxolle fin ao reino de Galicia que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa de Castela. ● Impúxose o poder real sobre o nobiliario ● Galicia perde peso político e sufre progresivamente unha política de castelanización.
  • 9. SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS SOCIEDADE FEUDAL GALEGA: SEÑORES (NOBRES, BISPOS E ABADES) E CAMPESIÑOS ● Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega e pagaron a súa fidelidade coa concesión de importantes extensións de terras e señoríos (FEUDOS). ● Algunhas familias nobres recibiron o título de conde, o cal lles permitía desempeñar funcións militares, administrar xustiza e cobrar impostos. E o mesmo aconteceu cos abades dos mosteiros máis importantes e cos bispos que recibiron grandes extensións de terra. ● En Galicia, coma no resto da Península, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, aos bispados e aos mosteiros. ● Un dos trazos máis característicos da sociedade galega medieval foi a preponderancia dos bispos e abades, incluso máis poderosos que os nobres. ● O arcebispado de Santiago convertiuse nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos cristiáns. O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros, como Sobrado, Samos ou Celanova. Outros: Oseira, Caaverio, Lourenzá ou Meira. ● En Galicia existían campesiños donos de pequenas propiedades. Debido á inseguridade e o medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos a meirande parte destes campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección (convertíanse en servos), completándose así o proceso de FEUDALIZACIÓN. ● Os campesiños seguiron a traballar a terra, pero estaban obrigados a lle entregar ao señor unha parte importante dos seus froitos. ● Baixo a protección e a dependencia dun señor, os campesiños vivían agrupados en vilas, pequenos núcleos rurais, moi semellantes ás aldeas actuais . ● Segundo foi medrando a poboación, caváronse novas terras de cultivo e naceron os vilares, pequenas vilas, e os casais, explotacións unifamiliares illadas. A agricultura era a principal actividade económica das vilas (cultivo de cereais=pan), caracterizada por ser moi primitiva e de baixos rendementos.
  • 10. O CAMIÑO DE SANTIAGO ● Alfonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago. A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago. ● Para atender as necesidades dos peregrinos construíronse casas de hóspedes, hospitais e igrexas. Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, que contribuíron ao florecemento das cidades do Camiño (Jaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Santiago...). ● Por esta vía expandíronse na Península os novos estilos arquitectónicos (Románico e Gótico) que triunfaban en Europa, ideas, costumes, mercadorías,...
  • 11. A CATEDRAL DE SANTIAGO ● De estilo románico foi construída entre 1075 e 1128. As obras conclúen definitivamente en 1211. ● A planta de cruz latina organízase en tres naves lonxitudinais de bóveda de canón, cruzadas por un transepto dividido tamén en tres naves. ● A cabeceira organízase a través dun deambulatorio ou corredor con pequenas capelas radiais, que rodea o presbiterio. ● No seu exterior impresionaba a súa complexa cabeceira e as dúas torres cadradas que flanqueaban o Pórtico da Gloria, xoia do Románico hispánico.
  • 12. Alzado da Catedral de Santiago Peregrino Nunha sociedade profundamente cristiá, a peregrinación converteuse nun medio para facerse perdoar os pecados e reconciliarse con Deus.
  • 13. 3 ACTIVIDADES ECONÓMICAS NOS SÉCULOS XII E XIII
  • 14. A AGRICULTURA. O FORO ● O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición doutras novas chamadas agora vilanovas. ● O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide. Toda Galicia se poboou de viñedos. ● No século XIII o nace o foro, un contrato agrario que perdurará ata o século XX. ● Mediante este contrato os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades, cedíanlle terras a unha familia de campesiños a cambio dunha renda fixa ou proporcional, normalmente unha parte da colleita, e da prestación dalgúns servizos.
  • 15. PESCA MARÍTIMA E SALGADURAS ● Os séculos XII e XIII foron os do despegue da pesca marítima. ● As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña. ● Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada, cerco...) que aínda se empregan na actualidade. ● A pesca marítima, e en especial a da sardiña, deu lugar a unha importante industria de salgaduras e á explotación de salinas na península do Salnés.
  • 16. A ARTESANÍA. O COMERCIO ● Nesta época xorden artesáns especialistas que asentan nas cidades. ● Abundaban os toneleiros, os peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e zapateiros. ● Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das salgaduras de peixe. ● O aumento da produción agrícola, artesanal e o tráfico de peregrinos, reactivaron o comercio e mais a organización de feiras e mercados nas principais cidades galegas.
  • 17. AS CIDADES ● O apoxeo das peregrinacións e o desenvolvemento da artesanía e mais do comercio deron lugar ao nacemento de numerosas cidades galegas. ● As vilas mariñeiras (Pontevedra, Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo, Viveiro...) medraron ao abeiro das actividades pesqueiras. ● Ourense, Tui ou Mondoñedo debíanlle a súa importancia ao feito de seren sés episcopais.
  • 18. 4 CONFLITOS SOCIAIS NA BAIXA IDADE MEDIA EN GALICIA
  • 19. UNHA ÉPOCA DE PENURIAS E DIFICULTADES ● Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles. ● Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a peste (Peste Negra do ano 1348), que decimou a poboación de Galicia. ● Iniciouse ademais a decadencia da peregrinación a Santiago. ● Todo isto xerou unha serie de conflitos sociais que desembocaron, durante o século XV, nas chamadas guerras irmandiñas, que foron unhas das primeiras e máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.
  • 20. AS IRMANDADES ● O termo irmandiñas procede de irmandades, asociacións de xente das cidades, características do final da Idade Media. ● Defendían os intereses comúns dos cidadáns fronte aos abusos dos señores e aseguraban o exercicio da xustiza. ● Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os bispos, cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da artesanía. ● Desde os comezos do século XV abundaron os conflitos nas principais cidades galegas contra os bispos. Ex: Santiago ou Ourense
  • 21. AS GUERRAS IRMANDIÑAS ● As irmandades estendéronse ao campo onde os nobres, cunhas rendas que diminuíran por mor da crise económica, cometían toda clase de delitos, atropelos e saqueos sobre os campesiños. ● No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, e estivo dirixida por Roi Xordo. Torre dos Andrade - Pontedeume Torre dos Andrade - Vilalba
  • 22. AS GUERRAS IRMANDIÑAS ● Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña. ● Esta revolta tivo un carácter de guerra civil, xa que se espallou por toda Galicia e nela se viron envoltos a meirande parte de grupos sociais. ● Os líderes máis salientados foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos. ● A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas. ● Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela, derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago. ● Máis tarde, a oposición da nobreza galega ao novo Estado autoritario establecido polos Reis Católicos tivo como consecuencia a tráxica morte do mariscal Pardo de Cela.
  • 23. 5 A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA
  • 24. A ARTE ROMÁNICA EN GALICIA ● Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia, debido ao Camiño de Santiago. ● A Ribeira Sacra e tamén a Ribeira do Miño son as zonas que concentran un maior número de mosteiros, como os de Santo Estevo de Ribas de Sil, Carboeiro en Silleda ou San Clodio en Leiro. ● Iniciouse a construción de importantes catedrais. Santiago de Compostela, San Martiño de Mondoñedo, Lugo ou Ourense. ● En arquitectura civil salienta o Pazo arcebispal de Santiago de Compostela, levantado polo bispo Diego Xelmírez. ● A catedral de Santiago foi tamén en escultura o principal foco artístico do Románico galego. Destaca a Portada de Praterías e o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. ● Consérvanse notables exemplos de ilustración de códices: Libro das Horas de Fernando I e o Códice Calixtino ou Liber Sancti Jacobi.
  • 25. Santo Estevo de Ribas do Sil Porta de Praterías Pazo de Xelmírez
  • 26. 6 A ARTE GÓTICA EN GALICIA
  • 27. ARQUITECTURA ● A arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes mendicantes, concretamente a dos franciscanos e a dos dominicanos, que chegaron a Galicia no século XIII. ● A simbiose entre Románico e Gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter, como os da Armenteira, Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense). ● As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero utilizaron amplamente os elementos góticos máis esenciais, como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado, como nas igrexas góticas de Betanzos (A Coruña).
  • 28. Catedral de Tui Igrexa do mosteiro de Meira Igrexa de San Francisco - Betanzos Mosteiro de Oseira
  • 29. ESCULTURA ● A decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de Tui. ● A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo progresivo entre a nobreza e o clero medio. ● Durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos funerarios en igrexas, catedrais e conventos. Ex: sepulcro de Fernán Pérez de Andrade (Betanzos) ● Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos, os retablos e as imaxes en madeira policromada. Portada Catedral de Tui Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade
  • 30. FIN