Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Similar a Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Similar a Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo(20)
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
1. 20/11/2016 Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI | …
http://lugo.gal/gl/novas/emprendedoresdelugorecibirandexeitogratuitoformacioneapoiointegralparacrearcon 1/3
Galego Español
Busca en toda a web Atópao!
Concello Áreas Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico
Alcaldía
Áreas
Benestar Social,
Igualdade e Inclusión
Concello e Cidadanía
Cultura, Turismo,
Xuventude e
Promoción da Lingua
Deportes e Medio Rural
Desenvolvemento
Sostible e Persoal
Economía, Emprego e
Desenvolvemento
Económico
Que facemos?
Centros e servizos
Publicacións
Preguntas frecuentes
Actualidade
Educación e
Infraestruturas
Urbanas
Órganos de goberno
Outros órganos
Corporación
Centros e servizos
municipais
Ordenanzas
municipais
Transparencia
Distincións
Tema Alcaldía, Emprego, Emprendemento, Políticas activas de emprego, Fomento do emprego
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e
apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do
Concello e a EOI
Compartir
Hoxe púxose en marcha para os vindeiros dous anos o Coworking de Lugo, froito dun acordo de colaboración entre o
Concello e a Escola de Organización Industrial, cofinanciado polo Fondo Social Europeo
A Alcaldesa e o Director de Innovación da EOI presentaron este programa, que acollerá o CEI-NDOUS, e cuxo obxectivo
é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de viabilidade e futuro dos proxectos emprendedores
Queda aberto ata o 28 de novembro o período de inscrición para os proxectos emprendedores de Lugo que desexen
participar nesta primeira convocatoria, a través da web www.lugo.gal ou en www.eoi.es
Luns, 07 de novembro de 2016 Fonte: Gabinete de Prensa
Emprendedores de Lugo poderán
recibir apoio integral para crear con
éxito novas empresas grazas ao espazo
coworking que se habilitou no Centro
de Empresas e Innovación (CEI-NOUS),
no marco dunha actuación impulsada
conxuntamente polo Concello e a
Escola de Organización Industrial (EOI),
coa cofinanciación do Fondo Social
Europeo (FSE). O programa terá lugar
nas instalacións do CEI-NODUS durante
dous anos e prevese que haberá catro
convocatorias sucesivas que se
desenvolverán ao longo de 5 meses
cada unha. Beneficiaranse uns 22
proxectos por convocatoria, de
calquera tipo de sector, premiándose o
cooperativismo e proxectos levados a
cabo por colectivos vulnerables,
participando en total nesta iniciativa uns 88 proxectos, nos que poderán tomar parte unhas 260 persoas, dado que cada
proxecto pode atender a 3 persoas.
A presentación do espazo coworking tivo lugar este luns, no Salón de Plenos, nun acto no que participaron a Alcaldesa de
Lugo, Lara Méndez, o director de Iniciativa Emprendedora, Innovación e PEMES da EOI, Miguel Sánchez, e o que será o
mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que coincidiron en destacar a importancia da
cooperación entre administracións e organizacións para darlle un impulso ao emprendemento, proporcionándolles a todos
os emprendedores os recursos precisos para que o seu proxecto sexa solvente, tanto espazos de traballo, como formación
ou titorización. Así mesmo, ambos os tres coincidiron en chamar á inscrición para participar nesta iniciativa, que consiste
nun acompañamento paso a paso para lanzar un proxecto con garantías de futuro. O prazo será ata o 28 de novembro, a
través da web www.lugo.gal ou en www.eoi.es.
CONCELLO SERVIZOS TURISMO E LECER INVESTIR EN LUGO
Actualidade
Escoitar
MENÚ
2. 20/11/2016 Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI | …
http://lugo.gal/gl/novas/emprendedoresdelugorecibirandexeitogratuitoformacioneapoiointegralparacrearcon 2/3
Identidade visual
Actualidade
Galerías
Durante o acto de presentación, a rexedora ensalzou a figura do emprendedor, “que deberíamos chamalo heroe”, ben sexa
por necesidade, o 73,5% dos emprendedores, ou por oportunidade, o 24,8%. “De todas formas, independentemente de por
necesidade ou oportunidade, o que está claro é que o Concello e EOI temos que garantir ese éxito e axudar a ese
emprendedor”, subliñou Lara Méndez, quen puxo en valor a importancia da actividade que levan a cabo os emprendedores
e as PEMES, que xeran preto do 70% do emprego do país, o que os sitúa como principal motor da economía.
“Para o goberno o emprego é algo fundamental, ao igual que inculcar e apoiar a cultura do emprendemento”, continuou a
Alcaldesa, ao tempo que lembrou outras medidas a favor do emprego levadas a cabo polo Concello, como o plan de
emprego 100% municipal, (Con) trato feito!, ou os obradoiros Emprega-TIC, que se suman, entre outros, ao Plan Mellora
Lugo.
A Alcaldesa tamén fixo fincapé neste Coworking como un revulsivo máis para o CEI-NODUS, e un reforzo para estas
instalacións que recentemente acolleron a sede de AJE Galicia, así como outras máis de 20 firmas que funcionan no seu
viveiro de empresas, cos que poderán crear sinerxías.
Un apoio asentado sobre 5 piares
Tal e como adiantou Sánchez, quen agradeceu a confianza da Alcaldesa neste proxecto, o Coworking aséntase sobre 5
piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos;
presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento.
Pola súa banda, Touza subliñou a dificultade para montar unha empresa, de aí a importancia de proxectos como o
Coworking, que inclúen asesoramento personificado e individualizado para sacar adiante proxectos, paso por paso,
centrándoo en aspectos como recursos humanos, competencias, comercialización ou xestión de equipos. Trátase de
aumentar a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores de Lugo nun período limitado de tempo,
identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento e facilitando a súa posta en marcha e consolidación.
Orzamento
Ao amparo do correspondente convenio de colaboración, o Coworking contará cun orzamento conxunto de 800.000 euros.
A EOI achega o 80%, é dicir, 640.000 euros –que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo- e o Concello, o 20% restante,
160.000 de fondos propios, 40.000 en cada unha das catro edicións.
O de Lugo é un dos máis de 50 Coworking que a EOI ten en España e un dos 11 en Galicia, para emprendedores, co
obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados.
Audio
Lara Méndez, sobre o Coworking de Lugo | Descargar mp3
Máis información
Folleto informativo Coworking de Lugo|Descargar pdf
Lugo Cultural
App Lugo Turismo
App liña verde
MIHL
Casa das Linguas
Xuventude & Lugo
Prevención Drogas
Deportes
Muralla Dixital
Espazo Lab
CEI-Nodus
Cemiterio San Froilán
Outras Webs
NOTICIAS RELACIONADAS
Domingo, 20 de novembro de
2016
Sábado, 19 de novembro de
2016
Venres, 18 de novembro de
2016
Aberto o prazo para
solicitar as axudas do
Concello para promover e
fomentar a práctica
deportiva
O Concello adquire material
laboral e de seguridade por
importe duns 11.000 euros
a cargo do bonus bueno
A Alcaldesa asiste ao acto
pola eliminación da
violencia contra as
mulleres, que tivo lugar na
Milagrosa