SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 19
Downloaden Sie, um offline zu lesen
E
CPIUXIONOVONEIRA(PedrafitadoCebreiro)
2019
PLANDEIGUALDADEDECENTRO
Elaborado seguindo a Instrución do 6 de setembro de 2019, da
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, para a elaboración de plans de igualdade
no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos
públicos de niveis non universitarios da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional
CPI UXIO NOVONEIRA
Estrada de Cervantes s/n 27670 Pedrafita
do Cebreiro
982 870633
982870634
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
1. Introdución…………..…………………………….……………………………2
2. Contextualización normativa e do centro……………………………………4
3. Análise da situación do centro en relación coa igualdade de xénero, coa
violencia de xénero e coa LGBTIfobia………………………………………8
4. Obxectivos coeducativos que se abordan no plan:
4.1. Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e
homes………………………………………………………………………….10
4.2. Prevención, detección e intervención en casos de violencia de
xénero…………………………………………………………………………11
4.3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual……….….12
4.4. Prevención, detección e intervención en casos de LGBTIfobia……12
5. Medidas concretas de actuación nos seguintes ámbitos:
5.1. Organización do centro………………………………………………...13
5.2. Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e
dos saberes………………………………………………………………..….14
5.3. Xestión dos espazos, dos recursos e as oportunidades de
realización vocacional de xeito inclusivo…………………………………..14
5.4. Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia
escolar…………………………………………………………………………15
6. Seguimento e avaliación……………………………………………………16
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
1. Introdución e contextualización do centro.
O CPI Uxío Novoneira emprazado na zona da montaña sur da provincia
de Lugo, a 65 km da capital, no centro da vila de Pedrafita do Cebreiro. O
alumnado que acolle o centro englóbase, na súa totalidade, dentro dun nivel
cultural e socioeconómico medio-baixo e emprega de forma casi exclusiva a
lingua galega nas súas interaccións diarias
Actualmente impártense no Centro as ensinanzas correspondentes á
Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, cun total de 32
alumnos/as distribuídos do seguinte xeito:
 Educación Infantil: 12 alumnos/as.
 Educación Primaria: 12 alumnos/as.
 Educación Secundaria Obrigatoria: 8 alumnos/as.
E o Claustro de profesores está composto por 15 profesores repartidos
entre as distintas etapas educativas.
A igualdade garante o respecto aos dereitos fundamentais de todos e todas e
contribúe a unha sociedade máis xusta, tendo o sistema educativo un papel
moi importante no asentamento deste principio desde os primeiros niveis de
escolarización. Pero non é igualitario tratar do mesmo modo a quen son
diferentes, nin obviar as diferenzas aplicando modelos. Con todo, ter o mesmo
valor non implica que teñan a mesma identidade nin que sexan uniformes, a
igualdade admite diferenzas, pero non desigualdades.
Dende o curso 2013-14 hai nomeada unha persoa no seo do Consello
Escolar responsable da materia de Igualdade. Ata o presente curso foi a Xefa
de Estudos e actual Directora, pero no curso 2020-21 haberá que nomear unha
nova persoa por concurso de traslados.
• Non hai un protocolo de intervención específico para abordar condutas
contrarias á convivencia por razón de xénero. Pero si está entre os
obxectivos do Proxecto Educativo a “Formar cidadanas e cidadáns
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
comprometidos coa igualdade de oportunidades de homes e mulleres,
activos na loita contra a desigualdade por razóns de xénero que permanece
en moitos ámbitos” e entre os valores e principios do centro está a igualdade
de xénero “como piar fundamental da convivencia e da xustiza social.
Fomentarase a implicación de todos os membros dos diferentes sectores da
comunidade educativa na loita activa contra a desigualdade e a violencia de
xénero” e a coeducación para traballar “pola eliminación de calquera tipo de
discriminación por razón de xénero e pola superación dos estereotipos e
roles tradicionais asociados a cada sexo”. Nos últimos 2 anos hai un forte
compromiso do centro en materia de igualdade que se estructurou en torno
aos Plans Proxecta de Igualdade (Donas de si, 365 días de igualdade, etc.)
e o PFPP do Centro centrado na mellora da convivencia e que se
implementou a través das titorías coordinadas dende o Departamento de
Orientación. Sen esquecer a celebración das datas conmemorativas como o
25 de Novembro ou o 8 de Marzo que ademáis de traballarse por titorías
tamén se fará unha actividade conxunta de todo o centro que proporcione
unha maior visibilidade a estas datas.
- En canto ao Protocolo de Identidade de Centro dende o curso 2018-19
realizánronse diversas actividades de sensiblización do alumnado por exemplo,
en relación con datas conmemorativas como o Día Mundial da Diversidade
Sexual, obradoiros en colaboración con fundacións que traballan en torno á
diversidade sexual como é ARELAS, etc. Ademáis no curso 19-20 inclúese a
formación do profesorado en relación coa diversidade sexual e a identidade de
xénero dentro do PFPP do centro. Tamén se adquiriu dende o ano 2019
material bibliográfico que reflicta esta diversidade
- Dentro da PXA a coeducación e a inclusión ocupan un dos principais obxectivos
do centro. Na PXA do presente curso 19-20 recóllese como obxectivo “Traballar
na consecución dun bo clima de convivencia do centro no marco dunha escola
COEDUCATIVA e conseguir a INCLUSIÓN de todos os membros da
comunidade escolar sen ningún tipo de discriminación, traballando
especialmente na eliminación de roles tradicionais de xénero, moi acentuados
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
neste tipo de contextos e na eliminación de prexuízos cara outras culturas como
é a árabe, coa que está tendo os primeiros contactos trala chegada de
alumnado procedente de Marrocos”.
- Dende o Departamento de Orientación, no marco do Plan de Acción Titorial e
do Plan de Habilidades Sociais, promoveranse cada curso actividades
encamiñadas a conseguir unha educación afectivo-sexual libre de estereotipos
colaborando coa Cruz Vermella ou outras entidades e coordinando ás diferentes
titorías e intentando promover sempre unha orientación profesional e laboral
libre de estereotipos de xénero proporcionando referentes de ambos sexos a
nenos e nenas dende as primeiras idades.
- Todas as actividades relacionadas coa coeducación e o fomento da igualdade
entre homes e mulleres, o respecto e valoración positiva da diversidade sexual
son difundidas a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro
e da revista.
2. Contextualización normativa
A lexislación comunitaria en materia de igualdade de xénero constitúe a base
fundamental da política de igualdade de oportunidades en Europa.
No Artigo 8 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea no eido
concreto da educación a Resolución do Parlamento Europeo, do 9 de xuño de
2015, sobre a estratexia da UE para a igualdade entre mulleres e homes,
despois de 2015, considera que os estereotipos de xénero seguen tendo unha
grande influencia no ámbito educativo e destácase o papel decisivo que
desempeña a educación e a capacitación na loita contra eses estereotipos e
para poñer fin á discriminación baseada no xénero, así como os seus efectos
positivos para as mulleres e para a sociedade e a economía en xeral.
Na mesma liña, a Constitución española promulga que somos iguais ante a
lei e ampara a igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación por
razón de orientación afectivo-sexual e identidade de xénero.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
A lei orgánica 8/2013, de 3 maio, de Educación contempla en varios
apartados o tema da igualdade entre homes e mulleres. Vexamos a
continuación algúns deles:
Non seu preámbulo establece que só un sistema educativo de calidade,
inclusivo, integrador e esixente, garante a igualdade de oportunidades e fai
efectiva a posibilidade de que cada alumno ou alumna desenvolva ao máximo
as súas potencialidades.
O artigo 1 establece que o sistema educativo debe favorecer o
desenvolvemento na escola dos valores que fomenten a igualdade efectiva
entre homes e mulleres, así como a prevención da violencia de xénero.
No artigo 17.d “Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as
diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes
e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade”. Este é un
dos obxectivos que se pretenden en Ed. Primaria.
Outro obxectivo, neste caso para a Educación Secundaria Obrigatoria, atópase
contemplado no Artigo 23. c “Valorar e respectar a diferenza de sexos e a
igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que
supoñan discriminación entre homes e mulleres”.
No Artigo 66.3.g contémplase “Prever e resolver pacificamente os conflitos
persoais, familiares e sociais. Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e
oportunidades entre homes e mulleres, así como analizar e valorar criticamente
as desigualdades entre eles”.
No Artigo 78. Normas de organización, funcionamento e convivencia: “Aquelas
condutas que atenten contra a dignidade persoal doutros membros da
comunidade educativa, que teñan como orixe ou consecuencia unha
discriminación ou acoso baseado no xénero, na orientación ou identidade
sexual, ou unha orixe racial, étnica, relixiosa, de crenzas ou de discapacidade,
ou que se realicen contra o alumnado máis vulnerable polas súas
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
características persoais, sociais ou educativas terán a cualificación de falta moi
grave e levarán asociada como medida correctora a expulsión, temporal ou
definitiva, do centro”.
No Artigo 84.3 “En ningún caso haberá discriminación por razón de nacemento,
raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia
persoal ou social”
No Capítulo III, sección primeira, o Consello Escolar, podemos atopar os
seguintes artigos relacionados con este tema:
Artigo 126.2 “Unha vez constituído o Consello Escolar do centro este designará
unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e
efectiva entre homes e mulleres”.
No Artigo 127.g “Promover medidas e iniciativas que favorezan a convivencia
no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de
conflitos entre todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social”.
Ademáis temos que ter presente o Protocolo aprobado pola Consellería de
Identidade de Xénero e a instrucción en base á que se desenvolve este Plan de
Igualdade da Dirección Xeral do 6 de setembro de 2019. Outra lexislación que
temos que ter presente tanto na elaboración deste Plan como na actuación
diaria nos centros educativos:
• Real Decreto1686/2000 do 6 de outubro: Creación do Observatorio de
Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
• Lei 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da
mención relativa ao sexo das persoas.
• Lei orgánica 3/2007 22 marzo para a igualdade efectiva de mulleres e
homes. Título IV: dereito ao traballo en igualdade de oportunidades. Artigo
23: A educación para a igualdade de mulleres e homes. Artigo 24.
Integración do principio de igualdade na política de educación.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
• Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e
mulleres.
• Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e tratamento integral
da violencia de xénero.
• Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais,
transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia (2014)
• Decreto 8/2015 de 8 de xaneiro: Convivencia e participación da
comunidade educativa
• Decreto lexislativo 2/2015 de 12 de febreiro. Capítulo IV: A educación e
a formación para a igualdade entre homes e mulleres
• Decreto 86/2015 do 25 de xuño: Currículo educación secundaria e
bacharelato
3. Análise da situación do centro en relación coa
igualdade de xénero, coa violencia de xénero e coa
LGTBIfobia.
No curso actual hai unha representación equilibrada entre homes e mulleres
nos órganos do centro: equipos directivos, xefaturas de departamento, etc.
Aínda que cabe destacar a presenza de figuras masculinas nas áreas de
ciencias e femininas nas de letras.
Entre o alumnado hai unha distribución desigual do espazo do patio a
partir de primaria. En infantil non é moi evidente pero a partir de Primaria
parte dos nenos ocupan a maior parte do patio con xogos de balón mentras
as rapazas e parte dos rapaces adoitan a xogar ao pilla-pilla, xogos
simbólicos, etc. Hai que ter en conta que en Primaria a maior parte do
alumnado son nenos, 8 fronte a 4 nenas.
En Secundaria, o habitual é que as rapazas estén sentadas e os rapaces
xoguen ao fútbol; na actualidade so hai 2 rapaces fronte a 6 rapazas. Dende
o departamento de Educación Física intenta dinamizarse a participación de
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
todos e todas en actividades deportivas facendo pequenos torneos internos
no tempo de lecer da mañá.
En relación coa temática do deporte dende o curso 2017-18 hai un
taboleiro no edificio de ESO onde se van colocando novas relacionadas
coa muller e o deporte visibilizando referentes para as nenas e rapazas.
Ademáis no curso 2018-2019 creouse a Biblioteca de Igualdade, que na
actualidade se atopa na entrada do centro, aínda que forma parte da
Biblioteca e que se dotou dun importante orzamento do centro para
conseguir unha boa cantidade de referencias bibliográficas tanto para
alumnado como para o profesorado. Ademais, por cada conmemoración
inténtase facer unha exposición de libros dende a temática da igualdade de
xénero: libros de escritoras galegas en Maio, Libros sobre mulleres
científicas no mes de febrero, etc.
Para fomentar o coñecemento dun glosario de igualdade, polo centro
están distribuidos carteis visibles para toda a comunidade educativa co
significado de termos importantes como sexismo, machismo, coeducación,
estereotipo de xénero, etc.
Entre o alumnado detéctase que o modelo de distribución das tarefas
domésticas é o tradicional, cargando o peso do fogar e do coidado dos
fillos e fillas nas mulleres; dende o centro inténtase traballar a
corresponsabilidade nas tarefas domésticas a través da distribución de roles
igualitario en momentos como o comedor, o coidado dos rapaces e rapazas
de Educación Infantil, actividades polo día da muller enfocados a que todos
e todas realicen as tarefas do fogar, etc.
Os libros de texto do centro seguen sen visibilizar as aportacións das
mulleres ao longo da historia, sen presenza do colectivo LGTBI e con pouca
diversidade de modelos de familias, polo que o profesorado é o responsable
de reflexionar sobre esto co seu grupo. O profesorado de varias áreas
(Ciencias Sociais, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua e Literatura
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
Galega e Plástica de Primaria) dende o curso 2018-2019 leva traballando
na visibilización das aportacións das mulleres nas súas materias:
táboa periódica de científicas, textos e lecturas de mulleres, proxectos de
plástica en torno a unha muller, etc.
Non se aprecia diferencia entre rapaces e rapazas nos itinerarios
escollidos pero a tipoloxía de centro non permite que se analice este
aspecto con facilidade, xa que o número de alumnado é moi baixo para
poder ter indicadores e o número de profesorado non permite ofertar todos
os itinerarios, senón que en 4º de ESO só se pode ofertar o itinerario
enfocado a BAC ou o de FP e todo o alumnado ten que optar polo mesmo.
Nos últimos anos case todo o alumnado se encamiñou a FP sen
diferenciación de xénero e no caso do alumnado que opta por BAC
tampouco se detecta esta diferenciación. No caso de optar por BAC
tampouco se diferenciaron por xénero, xa que na maioría dos casos o
alumnado optou polo Bacharelato de Ciencias, tanto rapaces como rapazas.
No tocante á convivencia escolar nos últimos anos non se poden extraer
datos significativos xa que a conflitividade é moi baixa. O único aspecto
relevante foi un Protocolo de Acoso Escolar aberto e pechado fai 3 cursos
no que todos os implicados eran rapaces.
Sendo un centro con alumnado en escolarización obrigatoria non podemos
analizar a continuidade dos estudos de rapaces e rapazas, ademáis a
práctica totalidade do alumnado titula en ESO. Nos últimos anos so cabería
destacar que o alumnado que se encamiñou cara a FP Básica foron
maioritariamente rapaces, pero as cifras son moi baixas para poder
establecer indicadores (3 rapaces e 1 rapaza nos últimos 5 anos) e so un
rapaz que permaneceu ata os 18 non titulou. Non se rexistra absentismo no
alumnado, polo que non merece análise en función do xénero.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
4. Obxectivos coeducativos desenvoltos a través do
plan en canto aos seguintes temas:
4.1. Promoción da igualdade de oportunidades entre homes
e mulleres.
a) Facer visible e recoñecer a contribución das mulleres nas distintas facetas
da historia, a ciencia, a política, a arte, a cultura, e o desenvolvemento da
sociedade.
b) Motivar ao alumnado para que adquira a formación adecuada para fomentar
a súa autonomía persoal e os coñecementos e habilidades para compartir
responsabilidades domésticas, familiares e de coidado, e contribuír a eliminar
comportamentos e actitudes sexistas.
c) Incorporar a aprendizaxe de métodos non violentos para a resolución de
conflitos e de modelos de convivencia baseados no respecto á diversidade e no
respecto á igualdade de mulleres e homes, e visualizar ante o alumnado aos
grupos de mulleres en situación de múltiple discriminación así como dos
colectivos tamén discriminados.
d) Fomentar a diversificación profesional como forma de promover unha
elección académica e profesional libre e como vía de eliminación progresiva da
segregación ocupacional vertical e horizontal.
e) Fomentar no profesorado a posta en práctica de actuacións ou proxectos de
igualdade
f) Promover o uso da linguaxe inclusiva en todos os ámbitos educativos e por
parte de toda a comunidade educativa que contribúa á visibilización das
mulleres e dos diversos xéneros na linguaxe.
g) Espertar o espírito crítico do alumnado sobre os estereotipos de xénero que
nos chegan a partir dos produtos culturais como a publicidade, os vídeo clips,
os videoxogos e o cinema.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
h) Desenvolver e traballar un novo modelo de masculinidade co alumnado.
i) Facilitar a utilización igualitaria de espazos no recreo para rapazas e rapaces.
4.2. Prevención, detección e intervención en casos de
violencia de xénero
- Fomentar a formación do profesorado en materia de violencia de xénero
a través do PFPP e de diferentes programas de innovación coma o
Quérote+.
- Visualizar o fenómeno da violencia de xénero para tomar conciencia
sobre el e actuar. Ter presente a importancia das redes sociais en relación
con este tipo de violencia.
- Realizar obradoiros co alumnado de ESO en colaboración con diferentes
entidades externas (Plan director, Asociacións locais, Cruz Vermella, etc.) e
a través do Plan de Acción Titorial sobre as sinais da violencia de xénero,
recursos para pedir axuda, consecuencias, etc.
- Traballar por titorías previamente e realizar actividades conxuntas con
todo o alumnado do centro co gallo de conmemoracións coma o 25 de
novembro. Estas actividades serán facilitadas e fomentadas dende o equipo
directivo e o equipo de actividades complementarias e extraescolares co
asesoramento do Departamento de Orientación.
- Elaborar circulares informativas dende o Departamento de Orientación
onde se proporcione información sobre sinais da violencia de xénero e onde
pedir axuda. Tamén serán claves as que desmonten os mitos do amor
romántico que moitas veces é o pretexto para tolerar “malos tratos” ou
violencia.
- Presenza no centro de carteis onde se visibilice a importancia de loitar
contra a violencia de xénero, sinais para detectala, onde pedir axuda, etc.
- Establecer canles de comunicación cos servicios sociais para
intercambiar información ou, se é preciso, intervir nos casos nos que sea
sexa necesario.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
4.3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual
a) Divulgar a toda a comunidade educativa a existencia do protocolo
educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade
de identidade de xénero a través do Claustro, CCP e Consello Escolar.
b) Fomentar no profesorado a posta en práctica de actuacións ou
proxectos de respecto á diversidade familiar e afectivo-sexual
c) Promover o respecto á libre orientación sexual e a identidade de xénero
e o rexeitamento a todo tipo de violencia ou agresión sexual.
d) Promover o uso da linguaxe inclusiva en todos os ámbitos educativos e
por parte de toda a comunidade educativa que contribúa á visibilización
dos diversos xéneros na linguaxe.
e) Espertar o espírito crítico do alumnado sobre os estereotipos de
orientación afectivo-sexual que nos chegan a partir dos produtos
culturais como a publicidade, os vídeo clips, os videoxogos e o cinema
f) Incorporar unha concepción de familia ampla e diversa, en consonancia
coa rica diversidade de estruturas familiares presentes na sociedade
(familias homoparentais o lesboparentais, familias monoparentais,
adoptivas, multiétnicas, multirraciais, transnacionais ou calquera outra
das moitas formas de familia que están presentes).
g) Asegurar que o alumnado «trans-» poida facer uso das instalacións do
centro, incluídos baños, conforme ao xénero elixido.
4.4. Prevención, detección e intervención en casos de
LGTBIfobia.
A) Establecer os mecanismos para que todo o persoal do centro trate ao
alumnado «trans-» conforme ao nome e ao xénero elixidos, sen
cuestionar ou negar a súa identidade nin en público nin en privado. Non
é responsabilidade do alumnado ter que comunicalo a cada un dos seus
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
docentes ou ao persoal non docente, senón que é o centro o que debe
asumir esta tarefa.
B) Fomentar unha actitude activa de rexeitamento a todo tipo de acoso
homofóbico, de non participación en situacións de acoso, de apoio e
defensa das persoas violentadas e de comunicación a calquera membro
do persoal docente, ao seu titor ou titora, ao Departamento de
Orientación ou ao Equipo directivo de situacións de violencia verbal o
física, agresión sexual, acoso escolar homofóbico ou accións de odio.
C) Aplicar o procedemento corrector das NOFC co agravante de
discriminación por motivos de identidade sexual, sexo ou xénero no caso
de ser necesario.
5. Medidas concretas de actuación nos seguintes
ámbitos
5.1 Organización do centro
• Nomear unha persoa no seo do consello escolar responsable de
igualdade, preferiblemente entre o profesorado, que impulse a posta en
marcha do Plan de Igualdade así como o seu seguimento e avaliación.
• Establecer unhas pautas de actuación comúns que supoñan un apoio á
igualdade de xénero e a promover un centro coeducativo e respectuoso
coa diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar.
• Facilitar e favorecer que se celebren efemérides específicas como o 17
de maio, Día Internacional contra a LGBTIfobia, etc.
• Usar e favorecer un uso da linguaxe non sexista nin heterosexista.
• Revisar e modificar, se procede, todos os documentos do centro, para
incorporar unha linguaxe non sexista nin que presupoña a
heterosexualidade da comunidade educativa nin das familias.
• Organizar actividades en efemérides concretas, tales como o 25 de
novembro, Día Internacional contra a Violencia cara á Muller; o 8 de
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
marzo, Día da Muller; o 26 de abril, Día da visibilidade Lésbica; o 17 de
maio, Día Internacional contra a Homofobia e Transfobia, etc.
• Promover que as actividades que se realicen no centro teñan en conta a
perspectiva do xénero a diversidade afectivo-sexual, de xénero e
familiar: o día das Letras Galegas, o Día da Paz, etc.
• Organización de obradoiros, charlas e actividades relacionadas coa
igualdade de xénero e contra a violencia sexista, así como contra a
LGTBIfobia.
• Difusión do Plan de Igualdade a través da páxina web, da guía que se
reparte ás familias a inicio de curso, do consello escolar, etc.
5.2 Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e
dos saberes
• Analizar se se fomenta a formación sobre diversidade sexual, familiar e
de identidade de xénero a todo o persoal do centro así como ao
alumnado e se se ofrece información ás familias.
• Fomentar a presenza de referentes positivos de diversidade afectivo-
sexual, familiar e de xénero no centro educativo, apoiando a visibilidade
da comunidade LGBTI.
• Facilitar dende o Departamento de Orientación e o Equipo directivo a
través da Xefatura de Estudos, material de apoio e de recursos
didácticos para que os/as titores/as e profesores/as poidan traballar a
igualdade e a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar na aula.
5.3 Xestión dos espazos, dos recursos e das oportunidades de realización
vocacional de xeito inclusivo
• Fomentar un taboleiro que recolla información de interese sobre a
igualdade de xénero e a diversidade afectivo-sexual, de xénero e
familiar, a parte do existente sobre mulleres e deporte.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
• Analizar se os carteis e imaxes colgados nos corredores o taboleiros das
aulas así como os materiais didácticos que se utilizan no centro mostran
a diversidade étnica, corporal, relixiosa, afectivo-sexual e de expresión
de xénero.
• Continuar coa adquisición de documentación e materiais de libre acceso
de temas de diversidade de orientación afectivo-sexual e de identidade
de xénero.
• Incrementar a biblioteca do centro con títulos, filmes e outro material
coeducativo e relativo á diversidade afectivo-sexual, familiar e de
identidade de xénero.
• Aproveitar temas de actualidade para traballar a necesidade de seguir
avanzando cara unha igualdade: as mulleres no mundo do deporte (o
fútbol é un tema representativo), series como “Sabrina”, “Creedme”, etc.
Enfocadas ao público xuvenil, referentes de instagram que representan
a diversidade sexual, etc.
• Reorganizar os espazos e a oferta de actividades do patio para
fomentar unha distribución do espazo igualitaria e favorecer a inclusión
de todo o alumnado.
• Evitar e previr a existencia de prexuizos relacionados co xénero na
orientación educativa e vocacional.
5.4 Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia escolar
• Responder inmediatamente aos comentarios, chistes e burlas sexistas
ou homófobas feitas polo alumnado ou polo persoal do centro, estean
dirixidos ou non a mulleres ou a persoas LGBTI presentes. O silencio e a
pasividade reforzan os comportamentos e actitudes de acoso sexista,
homófobico e transfóbico.
• Detectar posibles situacións de homofobia e transfobia que poidan darse
dentro da comunidade educativa, elaborando unha serie de indicadores
tales como: indicadores para detectar ao alumnado que é vítima ou
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
acosadora no recinto escolar por homofobia e transfobia; farase
extensivo ao persoal docente e non docente e ás familias.
• Realizar actividades que promovan a corresponsabilidade na realización
das tarefas e evitar asignar responsabilidades e tarefas, coma as de
forza aos rapaces, de coidado dos demais ás rapazas, etc. que
perpetúen os roles de xénero tradicionais, senón que esta asignación
ten que coidarse e asignarse independentemente de ser neno, nena,
rapaz ou rapaza.
6. Avaliación e seguimento
A avaliación terá carácter continuo e avaliaremos se os obxectivos propostos
en cada actividade se conseguiron ou non.
Avaliarase a participación activa de toda a comunidade educativa.
Así mesmo avaliarase a coordinación entre o profesorado, o grao de
participación de axentes externos (asociacións, familias…), a consecución de
obxectivos, os materiais empregados, a actitude do alumnado, a implicación do
claustro en materia de Igualdade…
Os instrumentos empregados serán: a observación, enquisas e cuestionarios
coa fin de valorar o grao de consecución dos obxectivos, etc.
Avaliarase anualmente a través da Comisión de Convivencia do Consello
Escolar en función dos seguintes indicadores:
- Número de indicentes relacionados coa convivencia entre xéneros, a identidade
sexual, a orientación sexual, etc.
- Número de actividades relacionadas coa igualdade entre homes e mulleres, a
identidade sexual e coa diversidade sexual co alumnado.
- Nivel de implicación do profesorado nestas actividades ou en actividades de
formación sobre esta temática.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
- Uso do espazo de recreo de rapaces e rapazas.
- Uso da linguaxe non sexista nos traballos do alumnado e na documentación do
centro.
- Recursos bibliográficos, gráficos e libros de texto en relación á diversidade
sexual e á igualdade entre homes e mulleres.
A partir dos resultados obtidos estableceranse propostas de mellora e accións
para conseguilo que se recollerán na PXA.
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982870633// 982 870634
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira
O plan de Igualdade foi revisado e recibe o visto bo en Claustro e Consello
Escolar o día 27 de novembro para ser aprobado pola dirección do centro.
Pedrafita, a 27 de novembro de 2019
A directora
Rocío Méndez Penela

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Slide (drogas no contexto escolar)
Slide (drogas no contexto escolar)Slide (drogas no contexto escolar)
Slide (drogas no contexto escolar)Fernnandaok
 
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdf
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdfDIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdf
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdflucianacarvalho
 
Apresentação as escolas são diferentes
Apresentação as escolas são diferentesApresentação as escolas são diferentes
Apresentação as escolas são diferentesLara M
 
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGD
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGDTRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGD
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGDEmanoele freitas
 
Educação inclusiva- Escola inclusiva
Educação inclusiva- Escola inclusivaEducação inclusiva- Escola inclusiva
Educação inclusiva- Escola inclusivaSimone Dias
 
Combate às drogas
Combate às drogasCombate às drogas
Combate às drogasascarlets
 

Was ist angesagt? (8)

Slide (drogas no contexto escolar)
Slide (drogas no contexto escolar)Slide (drogas no contexto escolar)
Slide (drogas no contexto escolar)
 
Cooperativo Colaborativo
Cooperativo ColaborativoCooperativo Colaborativo
Cooperativo Colaborativo
 
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdf
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdfDIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdf
DIFICULDADES DE APRENDIZAGEM TOD.pdf
 
Apresentação as escolas são diferentes
Apresentação as escolas são diferentesApresentação as escolas são diferentes
Apresentação as escolas são diferentes
 
Autismo e realidade
Autismo e realidadeAutismo e realidade
Autismo e realidade
 
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGD
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGDTRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGD
TRANSTORNO GLOBAL DO DESENVOLVIMENTO - TGD
 
Educação inclusiva- Escola inclusiva
Educação inclusiva- Escola inclusivaEducação inclusiva- Escola inclusiva
Educação inclusiva- Escola inclusiva
 
Combate às drogas
Combate às drogasCombate às drogas
Combate às drogas
 

Ähnlich wie Plan de igualdade pedrafita 2020

convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a webnosopos
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfDavidMSeoane
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoEva Rey
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...esthermatomendez
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 

Ähnlich wie Plan de igualdade pedrafita 2020 (20)

DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2DesLigaTe VOLUMEN 2
DesLigaTe VOLUMEN 2
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Borrador Decreto Nee
Borrador Decreto NeeBorrador Decreto Nee
Borrador Decreto Nee
 
Rede coeducativa
Rede coeducativaRede coeducativa
Rede coeducativa
 
Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuñoPlan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
 
Ideario
IdearioIdeario
Ideario
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Mehr von CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 

Plan de igualdade pedrafita 2020

  • 1. E CPIUXIONOVONEIRA(PedrafitadoCebreiro) 2019 PLANDEIGUALDADEDECENTRO Elaborado seguindo a Instrución do 6 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a elaboración de plans de igualdade no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional CPI UXIO NOVONEIRA Estrada de Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro 982 870633 982870634
  • 2. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 1. Introdución…………..…………………………….……………………………2 2. Contextualización normativa e do centro……………………………………4 3. Análise da situación do centro en relación coa igualdade de xénero, coa violencia de xénero e coa LGBTIfobia………………………………………8 4. Obxectivos coeducativos que se abordan no plan: 4.1. Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes………………………………………………………………………….10 4.2. Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero…………………………………………………………………………11 4.3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual……….….12 4.4. Prevención, detección e intervención en casos de LGBTIfobia……12 5. Medidas concretas de actuación nos seguintes ámbitos: 5.1. Organización do centro………………………………………………...13 5.2. Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e dos saberes………………………………………………………………..….14 5.3. Xestión dos espazos, dos recursos e as oportunidades de realización vocacional de xeito inclusivo…………………………………..14 5.4. Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia escolar…………………………………………………………………………15 6. Seguimento e avaliación……………………………………………………16
  • 3. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 1. Introdución e contextualización do centro. O CPI Uxío Novoneira emprazado na zona da montaña sur da provincia de Lugo, a 65 km da capital, no centro da vila de Pedrafita do Cebreiro. O alumnado que acolle o centro englóbase, na súa totalidade, dentro dun nivel cultural e socioeconómico medio-baixo e emprega de forma casi exclusiva a lingua galega nas súas interaccións diarias Actualmente impártense no Centro as ensinanzas correspondentes á Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, cun total de 32 alumnos/as distribuídos do seguinte xeito:  Educación Infantil: 12 alumnos/as.  Educación Primaria: 12 alumnos/as.  Educación Secundaria Obrigatoria: 8 alumnos/as. E o Claustro de profesores está composto por 15 profesores repartidos entre as distintas etapas educativas. A igualdade garante o respecto aos dereitos fundamentais de todos e todas e contribúe a unha sociedade máis xusta, tendo o sistema educativo un papel moi importante no asentamento deste principio desde os primeiros niveis de escolarización. Pero non é igualitario tratar do mesmo modo a quen son diferentes, nin obviar as diferenzas aplicando modelos. Con todo, ter o mesmo valor non implica que teñan a mesma identidade nin que sexan uniformes, a igualdade admite diferenzas, pero non desigualdades. Dende o curso 2013-14 hai nomeada unha persoa no seo do Consello Escolar responsable da materia de Igualdade. Ata o presente curso foi a Xefa de Estudos e actual Directora, pero no curso 2020-21 haberá que nomear unha nova persoa por concurso de traslados. • Non hai un protocolo de intervención específico para abordar condutas contrarias á convivencia por razón de xénero. Pero si está entre os obxectivos do Proxecto Educativo a “Formar cidadanas e cidadáns
  • 4. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira comprometidos coa igualdade de oportunidades de homes e mulleres, activos na loita contra a desigualdade por razóns de xénero que permanece en moitos ámbitos” e entre os valores e principios do centro está a igualdade de xénero “como piar fundamental da convivencia e da xustiza social. Fomentarase a implicación de todos os membros dos diferentes sectores da comunidade educativa na loita activa contra a desigualdade e a violencia de xénero” e a coeducación para traballar “pola eliminación de calquera tipo de discriminación por razón de xénero e pola superación dos estereotipos e roles tradicionais asociados a cada sexo”. Nos últimos 2 anos hai un forte compromiso do centro en materia de igualdade que se estructurou en torno aos Plans Proxecta de Igualdade (Donas de si, 365 días de igualdade, etc.) e o PFPP do Centro centrado na mellora da convivencia e que se implementou a través das titorías coordinadas dende o Departamento de Orientación. Sen esquecer a celebración das datas conmemorativas como o 25 de Novembro ou o 8 de Marzo que ademáis de traballarse por titorías tamén se fará unha actividade conxunta de todo o centro que proporcione unha maior visibilidade a estas datas. - En canto ao Protocolo de Identidade de Centro dende o curso 2018-19 realizánronse diversas actividades de sensiblización do alumnado por exemplo, en relación con datas conmemorativas como o Día Mundial da Diversidade Sexual, obradoiros en colaboración con fundacións que traballan en torno á diversidade sexual como é ARELAS, etc. Ademáis no curso 19-20 inclúese a formación do profesorado en relación coa diversidade sexual e a identidade de xénero dentro do PFPP do centro. Tamén se adquiriu dende o ano 2019 material bibliográfico que reflicta esta diversidade - Dentro da PXA a coeducación e a inclusión ocupan un dos principais obxectivos do centro. Na PXA do presente curso 19-20 recóllese como obxectivo “Traballar na consecución dun bo clima de convivencia do centro no marco dunha escola COEDUCATIVA e conseguir a INCLUSIÓN de todos os membros da comunidade escolar sen ningún tipo de discriminación, traballando especialmente na eliminación de roles tradicionais de xénero, moi acentuados
  • 5. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira neste tipo de contextos e na eliminación de prexuízos cara outras culturas como é a árabe, coa que está tendo os primeiros contactos trala chegada de alumnado procedente de Marrocos”. - Dende o Departamento de Orientación, no marco do Plan de Acción Titorial e do Plan de Habilidades Sociais, promoveranse cada curso actividades encamiñadas a conseguir unha educación afectivo-sexual libre de estereotipos colaborando coa Cruz Vermella ou outras entidades e coordinando ás diferentes titorías e intentando promover sempre unha orientación profesional e laboral libre de estereotipos de xénero proporcionando referentes de ambos sexos a nenos e nenas dende as primeiras idades. - Todas as actividades relacionadas coa coeducación e o fomento da igualdade entre homes e mulleres, o respecto e valoración positiva da diversidade sexual son difundidas a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro e da revista. 2. Contextualización normativa A lexislación comunitaria en materia de igualdade de xénero constitúe a base fundamental da política de igualdade de oportunidades en Europa. No Artigo 8 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea no eido concreto da educación a Resolución do Parlamento Europeo, do 9 de xuño de 2015, sobre a estratexia da UE para a igualdade entre mulleres e homes, despois de 2015, considera que os estereotipos de xénero seguen tendo unha grande influencia no ámbito educativo e destácase o papel decisivo que desempeña a educación e a capacitación na loita contra eses estereotipos e para poñer fin á discriminación baseada no xénero, así como os seus efectos positivos para as mulleres e para a sociedade e a economía en xeral. Na mesma liña, a Constitución española promulga que somos iguais ante a lei e ampara a igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación por razón de orientación afectivo-sexual e identidade de xénero.
  • 6. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira A lei orgánica 8/2013, de 3 maio, de Educación contempla en varios apartados o tema da igualdade entre homes e mulleres. Vexamos a continuación algúns deles: Non seu preámbulo establece que só un sistema educativo de calidade, inclusivo, integrador e esixente, garante a igualdade de oportunidades e fai efectiva a posibilidade de que cada alumno ou alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades. O artigo 1 establece que o sistema educativo debe favorecer o desenvolvemento na escola dos valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres, así como a prevención da violencia de xénero. No artigo 17.d “Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade”. Este é un dos obxectivos que se pretenden en Ed. Primaria. Outro obxectivo, neste caso para a Educación Secundaria Obrigatoria, atópase contemplado no Artigo 23. c “Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres”. No Artigo 66.3.g contémplase “Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, así como analizar e valorar criticamente as desigualdades entre eles”. No Artigo 78. Normas de organización, funcionamento e convivencia: “Aquelas condutas que atenten contra a dignidade persoal doutros membros da comunidade educativa, que teñan como orixe ou consecuencia unha discriminación ou acoso baseado no xénero, na orientación ou identidade sexual, ou unha orixe racial, étnica, relixiosa, de crenzas ou de discapacidade, ou que se realicen contra o alumnado máis vulnerable polas súas
  • 7. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira características persoais, sociais ou educativas terán a cualificación de falta moi grave e levarán asociada como medida correctora a expulsión, temporal ou definitiva, do centro”. No Artigo 84.3 “En ningún caso haberá discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social” No Capítulo III, sección primeira, o Consello Escolar, podemos atopar os seguintes artigos relacionados con este tema: Artigo 126.2 “Unha vez constituído o Consello Escolar do centro este designará unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres”. No Artigo 127.g “Promover medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos entre todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social”. Ademáis temos que ter presente o Protocolo aprobado pola Consellería de Identidade de Xénero e a instrucción en base á que se desenvolve este Plan de Igualdade da Dirección Xeral do 6 de setembro de 2019. Outra lexislación que temos que ter presente tanto na elaboración deste Plan como na actuación diaria nos centros educativos: • Real Decreto1686/2000 do 6 de outubro: Creación do Observatorio de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. • Lei 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas. • Lei orgánica 3/2007 22 marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Título IV: dereito ao traballo en igualdade de oportunidades. Artigo 23: A educación para a igualdade de mulleres e homes. Artigo 24. Integración do principio de igualdade na política de educación.
  • 8. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira • Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres. • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para prevención e tratamento integral da violencia de xénero. • Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia (2014) • Decreto 8/2015 de 8 de xaneiro: Convivencia e participación da comunidade educativa • Decreto lexislativo 2/2015 de 12 de febreiro. Capítulo IV: A educación e a formación para a igualdade entre homes e mulleres • Decreto 86/2015 do 25 de xuño: Currículo educación secundaria e bacharelato 3. Análise da situación do centro en relación coa igualdade de xénero, coa violencia de xénero e coa LGTBIfobia. No curso actual hai unha representación equilibrada entre homes e mulleres nos órganos do centro: equipos directivos, xefaturas de departamento, etc. Aínda que cabe destacar a presenza de figuras masculinas nas áreas de ciencias e femininas nas de letras. Entre o alumnado hai unha distribución desigual do espazo do patio a partir de primaria. En infantil non é moi evidente pero a partir de Primaria parte dos nenos ocupan a maior parte do patio con xogos de balón mentras as rapazas e parte dos rapaces adoitan a xogar ao pilla-pilla, xogos simbólicos, etc. Hai que ter en conta que en Primaria a maior parte do alumnado son nenos, 8 fronte a 4 nenas. En Secundaria, o habitual é que as rapazas estén sentadas e os rapaces xoguen ao fútbol; na actualidade so hai 2 rapaces fronte a 6 rapazas. Dende o departamento de Educación Física intenta dinamizarse a participación de
  • 9. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira todos e todas en actividades deportivas facendo pequenos torneos internos no tempo de lecer da mañá. En relación coa temática do deporte dende o curso 2017-18 hai un taboleiro no edificio de ESO onde se van colocando novas relacionadas coa muller e o deporte visibilizando referentes para as nenas e rapazas. Ademáis no curso 2018-2019 creouse a Biblioteca de Igualdade, que na actualidade se atopa na entrada do centro, aínda que forma parte da Biblioteca e que se dotou dun importante orzamento do centro para conseguir unha boa cantidade de referencias bibliográficas tanto para alumnado como para o profesorado. Ademais, por cada conmemoración inténtase facer unha exposición de libros dende a temática da igualdade de xénero: libros de escritoras galegas en Maio, Libros sobre mulleres científicas no mes de febrero, etc. Para fomentar o coñecemento dun glosario de igualdade, polo centro están distribuidos carteis visibles para toda a comunidade educativa co significado de termos importantes como sexismo, machismo, coeducación, estereotipo de xénero, etc. Entre o alumnado detéctase que o modelo de distribución das tarefas domésticas é o tradicional, cargando o peso do fogar e do coidado dos fillos e fillas nas mulleres; dende o centro inténtase traballar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas a través da distribución de roles igualitario en momentos como o comedor, o coidado dos rapaces e rapazas de Educación Infantil, actividades polo día da muller enfocados a que todos e todas realicen as tarefas do fogar, etc. Os libros de texto do centro seguen sen visibilizar as aportacións das mulleres ao longo da historia, sen presenza do colectivo LGTBI e con pouca diversidade de modelos de familias, polo que o profesorado é o responsable de reflexionar sobre esto co seu grupo. O profesorado de varias áreas (Ciencias Sociais, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua e Literatura
  • 10. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira Galega e Plástica de Primaria) dende o curso 2018-2019 leva traballando na visibilización das aportacións das mulleres nas súas materias: táboa periódica de científicas, textos e lecturas de mulleres, proxectos de plástica en torno a unha muller, etc. Non se aprecia diferencia entre rapaces e rapazas nos itinerarios escollidos pero a tipoloxía de centro non permite que se analice este aspecto con facilidade, xa que o número de alumnado é moi baixo para poder ter indicadores e o número de profesorado non permite ofertar todos os itinerarios, senón que en 4º de ESO só se pode ofertar o itinerario enfocado a BAC ou o de FP e todo o alumnado ten que optar polo mesmo. Nos últimos anos case todo o alumnado se encamiñou a FP sen diferenciación de xénero e no caso do alumnado que opta por BAC tampouco se detecta esta diferenciación. No caso de optar por BAC tampouco se diferenciaron por xénero, xa que na maioría dos casos o alumnado optou polo Bacharelato de Ciencias, tanto rapaces como rapazas. No tocante á convivencia escolar nos últimos anos non se poden extraer datos significativos xa que a conflitividade é moi baixa. O único aspecto relevante foi un Protocolo de Acoso Escolar aberto e pechado fai 3 cursos no que todos os implicados eran rapaces. Sendo un centro con alumnado en escolarización obrigatoria non podemos analizar a continuidade dos estudos de rapaces e rapazas, ademáis a práctica totalidade do alumnado titula en ESO. Nos últimos anos so cabería destacar que o alumnado que se encamiñou cara a FP Básica foron maioritariamente rapaces, pero as cifras son moi baixas para poder establecer indicadores (3 rapaces e 1 rapaza nos últimos 5 anos) e so un rapaz que permaneceu ata os 18 non titulou. Non se rexistra absentismo no alumnado, polo que non merece análise en función do xénero.
  • 11. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 4. Obxectivos coeducativos desenvoltos a través do plan en canto aos seguintes temas: 4.1. Promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. a) Facer visible e recoñecer a contribución das mulleres nas distintas facetas da historia, a ciencia, a política, a arte, a cultura, e o desenvolvemento da sociedade. b) Motivar ao alumnado para que adquira a formación adecuada para fomentar a súa autonomía persoal e os coñecementos e habilidades para compartir responsabilidades domésticas, familiares e de coidado, e contribuír a eliminar comportamentos e actitudes sexistas. c) Incorporar a aprendizaxe de métodos non violentos para a resolución de conflitos e de modelos de convivencia baseados no respecto á diversidade e no respecto á igualdade de mulleres e homes, e visualizar ante o alumnado aos grupos de mulleres en situación de múltiple discriminación así como dos colectivos tamén discriminados. d) Fomentar a diversificación profesional como forma de promover unha elección académica e profesional libre e como vía de eliminación progresiva da segregación ocupacional vertical e horizontal. e) Fomentar no profesorado a posta en práctica de actuacións ou proxectos de igualdade f) Promover o uso da linguaxe inclusiva en todos os ámbitos educativos e por parte de toda a comunidade educativa que contribúa á visibilización das mulleres e dos diversos xéneros na linguaxe. g) Espertar o espírito crítico do alumnado sobre os estereotipos de xénero que nos chegan a partir dos produtos culturais como a publicidade, os vídeo clips, os videoxogos e o cinema.
  • 12. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira h) Desenvolver e traballar un novo modelo de masculinidade co alumnado. i) Facilitar a utilización igualitaria de espazos no recreo para rapazas e rapaces. 4.2. Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero - Fomentar a formación do profesorado en materia de violencia de xénero a través do PFPP e de diferentes programas de innovación coma o Quérote+. - Visualizar o fenómeno da violencia de xénero para tomar conciencia sobre el e actuar. Ter presente a importancia das redes sociais en relación con este tipo de violencia. - Realizar obradoiros co alumnado de ESO en colaboración con diferentes entidades externas (Plan director, Asociacións locais, Cruz Vermella, etc.) e a través do Plan de Acción Titorial sobre as sinais da violencia de xénero, recursos para pedir axuda, consecuencias, etc. - Traballar por titorías previamente e realizar actividades conxuntas con todo o alumnado do centro co gallo de conmemoracións coma o 25 de novembro. Estas actividades serán facilitadas e fomentadas dende o equipo directivo e o equipo de actividades complementarias e extraescolares co asesoramento do Departamento de Orientación. - Elaborar circulares informativas dende o Departamento de Orientación onde se proporcione información sobre sinais da violencia de xénero e onde pedir axuda. Tamén serán claves as que desmonten os mitos do amor romántico que moitas veces é o pretexto para tolerar “malos tratos” ou violencia. - Presenza no centro de carteis onde se visibilice a importancia de loitar contra a violencia de xénero, sinais para detectala, onde pedir axuda, etc. - Establecer canles de comunicación cos servicios sociais para intercambiar información ou, se é preciso, intervir nos casos nos que sea sexa necesario.
  • 13. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira 4.3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual a) Divulgar a toda a comunidade educativa a existencia do protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero a través do Claustro, CCP e Consello Escolar. b) Fomentar no profesorado a posta en práctica de actuacións ou proxectos de respecto á diversidade familiar e afectivo-sexual c) Promover o respecto á libre orientación sexual e a identidade de xénero e o rexeitamento a todo tipo de violencia ou agresión sexual. d) Promover o uso da linguaxe inclusiva en todos os ámbitos educativos e por parte de toda a comunidade educativa que contribúa á visibilización dos diversos xéneros na linguaxe. e) Espertar o espírito crítico do alumnado sobre os estereotipos de orientación afectivo-sexual que nos chegan a partir dos produtos culturais como a publicidade, os vídeo clips, os videoxogos e o cinema f) Incorporar unha concepción de familia ampla e diversa, en consonancia coa rica diversidade de estruturas familiares presentes na sociedade (familias homoparentais o lesboparentais, familias monoparentais, adoptivas, multiétnicas, multirraciais, transnacionais ou calquera outra das moitas formas de familia que están presentes). g) Asegurar que o alumnado «trans-» poida facer uso das instalacións do centro, incluídos baños, conforme ao xénero elixido. 4.4. Prevención, detección e intervención en casos de LGTBIfobia. A) Establecer os mecanismos para que todo o persoal do centro trate ao alumnado «trans-» conforme ao nome e ao xénero elixidos, sen cuestionar ou negar a súa identidade nin en público nin en privado. Non é responsabilidade do alumnado ter que comunicalo a cada un dos seus
  • 14. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira docentes ou ao persoal non docente, senón que é o centro o que debe asumir esta tarefa. B) Fomentar unha actitude activa de rexeitamento a todo tipo de acoso homofóbico, de non participación en situacións de acoso, de apoio e defensa das persoas violentadas e de comunicación a calquera membro do persoal docente, ao seu titor ou titora, ao Departamento de Orientación ou ao Equipo directivo de situacións de violencia verbal o física, agresión sexual, acoso escolar homofóbico ou accións de odio. C) Aplicar o procedemento corrector das NOFC co agravante de discriminación por motivos de identidade sexual, sexo ou xénero no caso de ser necesario. 5. Medidas concretas de actuación nos seguintes ámbitos 5.1 Organización do centro • Nomear unha persoa no seo do consello escolar responsable de igualdade, preferiblemente entre o profesorado, que impulse a posta en marcha do Plan de Igualdade así como o seu seguimento e avaliación. • Establecer unhas pautas de actuación comúns que supoñan un apoio á igualdade de xénero e a promover un centro coeducativo e respectuoso coa diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar. • Facilitar e favorecer que se celebren efemérides específicas como o 17 de maio, Día Internacional contra a LGBTIfobia, etc. • Usar e favorecer un uso da linguaxe non sexista nin heterosexista. • Revisar e modificar, se procede, todos os documentos do centro, para incorporar unha linguaxe non sexista nin que presupoña a heterosexualidade da comunidade educativa nin das familias. • Organizar actividades en efemérides concretas, tales como o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara á Muller; o 8 de
  • 15. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira marzo, Día da Muller; o 26 de abril, Día da visibilidade Lésbica; o 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia e Transfobia, etc. • Promover que as actividades que se realicen no centro teñan en conta a perspectiva do xénero a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar: o día das Letras Galegas, o Día da Paz, etc. • Organización de obradoiros, charlas e actividades relacionadas coa igualdade de xénero e contra a violencia sexista, así como contra a LGTBIfobia. • Difusión do Plan de Igualdade a través da páxina web, da guía que se reparte ás familias a inicio de curso, do consello escolar, etc. 5.2 Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e dos saberes • Analizar se se fomenta a formación sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero a todo o persoal do centro así como ao alumnado e se se ofrece información ás familias. • Fomentar a presenza de referentes positivos de diversidade afectivo- sexual, familiar e de xénero no centro educativo, apoiando a visibilidade da comunidade LGBTI. • Facilitar dende o Departamento de Orientación e o Equipo directivo a través da Xefatura de Estudos, material de apoio e de recursos didácticos para que os/as titores/as e profesores/as poidan traballar a igualdade e a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar na aula. 5.3 Xestión dos espazos, dos recursos e das oportunidades de realización vocacional de xeito inclusivo • Fomentar un taboleiro que recolla información de interese sobre a igualdade de xénero e a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar, a parte do existente sobre mulleres e deporte.
  • 16. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira • Analizar se os carteis e imaxes colgados nos corredores o taboleiros das aulas así como os materiais didácticos que se utilizan no centro mostran a diversidade étnica, corporal, relixiosa, afectivo-sexual e de expresión de xénero. • Continuar coa adquisición de documentación e materiais de libre acceso de temas de diversidade de orientación afectivo-sexual e de identidade de xénero. • Incrementar a biblioteca do centro con títulos, filmes e outro material coeducativo e relativo á diversidade afectivo-sexual, familiar e de identidade de xénero. • Aproveitar temas de actualidade para traballar a necesidade de seguir avanzando cara unha igualdade: as mulleres no mundo do deporte (o fútbol é un tema representativo), series como “Sabrina”, “Creedme”, etc. Enfocadas ao público xuvenil, referentes de instagram que representan a diversidade sexual, etc. • Reorganizar os espazos e a oferta de actividades do patio para fomentar unha distribución do espazo igualitaria e favorecer a inclusión de todo o alumnado. • Evitar e previr a existencia de prexuizos relacionados co xénero na orientación educativa e vocacional. 5.4 Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia escolar • Responder inmediatamente aos comentarios, chistes e burlas sexistas ou homófobas feitas polo alumnado ou polo persoal do centro, estean dirixidos ou non a mulleres ou a persoas LGBTI presentes. O silencio e a pasividade reforzan os comportamentos e actitudes de acoso sexista, homófobico e transfóbico. • Detectar posibles situacións de homofobia e transfobia que poidan darse dentro da comunidade educativa, elaborando unha serie de indicadores tales como: indicadores para detectar ao alumnado que é vítima ou
  • 17. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira acosadora no recinto escolar por homofobia e transfobia; farase extensivo ao persoal docente e non docente e ás familias. • Realizar actividades que promovan a corresponsabilidade na realización das tarefas e evitar asignar responsabilidades e tarefas, coma as de forza aos rapaces, de coidado dos demais ás rapazas, etc. que perpetúen os roles de xénero tradicionais, senón que esta asignación ten que coidarse e asignarse independentemente de ser neno, nena, rapaz ou rapaza. 6. Avaliación e seguimento A avaliación terá carácter continuo e avaliaremos se os obxectivos propostos en cada actividade se conseguiron ou non. Avaliarase a participación activa de toda a comunidade educativa. Así mesmo avaliarase a coordinación entre o profesorado, o grao de participación de axentes externos (asociacións, familias…), a consecución de obxectivos, os materiais empregados, a actitude do alumnado, a implicación do claustro en materia de Igualdade… Os instrumentos empregados serán: a observación, enquisas e cuestionarios coa fin de valorar o grao de consecución dos obxectivos, etc. Avaliarase anualmente a través da Comisión de Convivencia do Consello Escolar en función dos seguintes indicadores: - Número de indicentes relacionados coa convivencia entre xéneros, a identidade sexual, a orientación sexual, etc. - Número de actividades relacionadas coa igualdade entre homes e mulleres, a identidade sexual e coa diversidade sexual co alumnado. - Nivel de implicación do profesorado nestas actividades ou en actividades de formación sobre esta temática.
  • 18. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira - Uso do espazo de recreo de rapaces e rapazas. - Uso da linguaxe non sexista nos traballos do alumnado e na documentación do centro. - Recursos bibliográficos, gráficos e libros de texto en relación á diversidade sexual e á igualdade entre homes e mulleres. A partir dos resultados obtidos estableceranse propostas de mellora e accións para conseguilo que se recollerán na PXA.
  • 19. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982870633// 982 870634 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://edu.xunta.gal/centros/cpiuxionovoneira O plan de Igualdade foi revisado e recibe o visto bo en Claustro e Consello Escolar o día 27 de novembro para ser aprobado pola dirección do centro. Pedrafita, a 27 de novembro de 2019 A directora Rocío Méndez Penela