SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Un museo
para todxs
entre todxs
A Área de Cultura da Deputación de Lugo a tra-
vés da Rede Museística Provincial organiza o II
Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración que
terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2015 nas
diferentes sedes da Rede Museística. Cada un dos
días corresponde a un dos bloques temáticos nos
que se artella o encontro: Xénero e Museos, Xé-
nero e Arte, e Xénero e Migración.
O rotundo éxito acadado na anterior edición, con
acreditacións e comunicacións chegadas de todas
partes do Estado, o amplo seguimento a través das
redes sociais, pero sobre todo polo convencemento
no labor de compromiso social que a Rede museís-
tica vén desenvolvendo, impulsan a esta institución
a levar a cabo este segundo congreso, no que se
engade, como piar necesario, a Migración.
As características especiais deste Congreso son
as seguintes:
1. Extensa rede de colaboradores.
Esta segunda edición conta co patrocinio científico das
tres universidades galegas, Santiago de Compostela,
Vigo e A Coruña, catro universidades estatais, Valla-
dolid, Zaragoza, Complutense e Autónoma de Madrid
máis unha internacional, Universidade de Leicester
(Gran Bretaña). Ademais o comité científico complé-
tase con ICOM España, organismo que agrupa todos
os museos estatais, o Observatorio de educación pa-
trimonial, EducaThyssen – Thyssen Bonemisza, Mu-
seo provincial de León, MUSAC, Fundación Jiménez-
Arellano de Valladolid, Maritim de Barcelona, Museo
Arqueológico de Cacabelos, a Red Española de Profe-
sionales de Museología social, Observatorio da Mariña
pola Igualdade, e Mujeres en las Artes Visuales (MAV)
así como outras plataformas de investigación, exhibi-
ción e difusión como o Festival Miradas de Mujeres,
Píkara Magazine e Isköo espazo multidisciplinar.
A extensa rede de colaboradores da Rede Museísti-
ca cubre deste xeito un espectro internacional, esta-
tal e local poñendo en valor o traballo e o compromi-
so desta institución coa museoloxía social
2. Novidade no Formato.
Esta segunda edición busca acadar unha estrutura
moito máis democrática e participativa, rachando o
esquema convencional de congreso. Convoca a par-
ticipación cidadá a través dunha plataforma de diálogo
no que público e poñentes interaccionan no mesmo
nivel. As intervencións serán moi curtas e concisas,
aportando dinamismo ó Congreso, e sendo o punto de
partida para o debate que será realmente o protago-
nista. A estrutura da mesa de diálogo incorpora a dous
comunicantes seleccionados por cada un dos bloques
a través dunha convocatoria aberta.
O formato elixido de comunicación é o vídeo, facili-
tando a colaboración de calquera persoa interesada
non importa onde se atope e ampliando o alcance
do propio Congreso.
3. Actas como punto de continuidade.
Ao contrario ó que pasa nun congreso clásico onde
as actas serven de punto de peche, nesta ocasión as
conclusións, que estarán dispoñibles na rede, convidan
á reflexión posterior ao encontro, permitindo a recep-
ción de novas comunicacións que manterán vivo o
debate. Este punto vén a fomentar a participación dun
público activo e o carácter democrático desta cita.
Trátase do primeiro Congreso que outorga igual im-
portancia ao debate ca intervención dos poñentes,
supoñendo a mesma duración ámbalas dúas partes.
4. Experiencia única.
A oportunidade de debater estas cuestións de xénero
con 38 profesionais chegados de toda España, e mes-
mo de Europa, especialistas que traballan neste eido
desde as institucións,a creación,a investigación,os mo-
vementos sociais, o asociacionismo, falando en primeira
persoa, converte esta cita nunha ocasión inigualable.
II CONGRESO
XENERO, MUSEOS,
ARTE E MIGRACION
Está aberta a inscrición das 50 prazas para asistir
a este Congreso, a través de formulario, na web
http://www.museolugo.org/IIGeneroMuseosArte/
portada.asp, así como as video-comunicacións
cuxo prazo remata o 13 de febreiro
ORGANIZACIÓN E ENTIDADES
COLABORADORAS
Este Congreso está organizado pola Rede Mu-
seística Provincial de Lugo e conta coa colabo-
ración de distintas institucións museísticas de
calado como ICOM España, Museo de León, Red
Española de Profesionales de Museología Social,
Museo Maritim de Barcelona, Museo de Arte
Contemporánea de León (MUSAC), Fundación
Jiménez-Arellano da Universidade de Valladolid,
Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueo-
lógico de Cacabelos; así como plataformas de
investigación, exhibición e difusión como o Ob-
servatorio de educación patrimonial en España,
Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine,
Isköo espazo multidisciplinar, Mujeres de las Ar-
tes Visuales (MAV) e o Observatorio da Mariña
pola Igualdade.
Conta, igualmente, co patrocinio científico das
Universidades de Zaragoza co Máster en Museos:
Educación e Comunicación, Valladolid, Santiago de
Compostela, A Coruña, Vigo, Universidade Com-
plutense e Universidade Autónoma de Madrid.
A Rede Museística Provincial encargarase da ex-
pedición dos certificados de asistencia.
ESTRUTURA E TEMÁTICA
O Congreso está estruturado en tres bloques te-
máticos: Xénero e Museos, Xénero e Arte, e Xé-
nero e Migración. Cada día do congreso correspon-
de a un destes bloques.
1.º BLOQUE:
XÉNERO E MUSEOS
Neste apartado afondaremos na presenza da mu-
ller desde en museos e coleccións de arte, tanto
en Galicia como en España, en institucións públi-
cas e privadas. Será interesante reflexionar sobre
a forma na que a cuestión de xénero está presente
no deseño dos seus programas e proxectos. Amo-
saremos modelos de actuación para xestionar con
e para todos e todas, dunha maneira responsable
e comprometida coa sociedade. Non podemos
deixar de lado, neste bloque o que a Universidade
pode ofrecernos, desde os seus estudos de xéne-
ro e cos seus exemplos de planeamento cultural
dirixido por mulleres.
2.º BLOQUE:
XÉNERO E ARTE
Esta segunda sesión versará sobre a posición que a
muller artista afronta no mercado da arte, cales son
as ferramentas que utiliza para superar as barreiras
de xénero, e como se saca o veo da invisibilidade
e da indefinición que a propia realidade lle impón.
Amosaremos como o traballo do Festival Miradas
de Mujeres impulsou a exhibición da representa-
ción artística en feminino, e compartiremos os
proxectos de diversas artistas plásticas que xiran
en torno á cuestión de xénero.
3.º BLOQUE:
XÉNERO E MIGRACIÓN
Facemos neste terceiro bloque unha ampliación so-
bre o congreso anterior. Incluímos a migración como
tema transcendente para falar de xénero como unha
realidade social patente nas nosas comunidades..
Neste punto navegaremos polas circunstancias que
marcan a integración, polos proxectos que traballan
coa interculturalidade, e como a muller é transmiso-
ra da identidade cultural.
COMUNICACIÓNS
Pódense enviar vídeo-comunicacións que acom-
pañen estes debates, realizando gravacións en ví-
deo que non superen os 5 min. Más información en
http://www.museolugo.org/IIGeneroMuseosArte/
comunicaciones.asp
Tras a realización do congreso e a publicación das
actas na web, poderán ser enviadas comunicacións
que recollan as reflexións destes días. Neste caso,
darase a posibilidade de ser presentadas como tex-
to. Unha selección dos documentos recibidos será
publicada en internet.
INCRICIÓNS
Para inscribirse ao Congreso (50 prazas) debe
completar o formulario da páxina web
Venres 6 marzo
Museo Provincial de Lugo
16:00 h.
Presentación do Congreso
Mario Outeiro (Delegado da Área
de Cultura da Deputación de Lugo)
Encarna Lago (Xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo e
coordinadora do Congreso)
Aurelia Balseiro(Directora do
Museo Provincial de Lugo)
Juan G. Sandoval e Pilar Sán-
chez Monje (Documentación e
coordinación do Congreso)
BLOQUE I:
XÉNERO E MUSEOS
16:30-18:30 h.
DIÁLOGOS
Diálogo 1. “Análise contextual da
presenza da muller nos museos
e coleccións de arte”
Diálogo 2. “Xénero e xestión. A
muller na universidade e na súa
xestión cultural”
18:30-20:00 h.
DEBATE
COORDINACIÓN E
DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo)
@encarnalago
Juan García Sandoval (Investiga-
dor accesibilidade social e xénero.
Conservador de Museos da CARM
e ex-Director do Museo de Belas
Artes de Murcia) @sandovalmuseo
Pilar Sánchez Monje (Coordi-
nadora do Congreso. Máster en
Servizos Culturais USC. Produ-
tora e comunicadora cultural)
@pilarsamon
PARTICIPAN
Nuria Rivero (Xerente de ICOM
España)
Teresa Soldevila (Responsable
área de Responsabilidade Social
do Museu Maritim de Barcelona)
@tsoldevila
Amelia Aguado (Directora do
Centro Buendía da UVA e di-
rectora da Fundación Arellano-
Alonso da Universidade de Valla-
dolid) @amaguado
Ana Moreno (Xefa Área de Edu-
cación do Museo Thyssen-Bor-
nemisza) @_ana_moreno_
Araceli Corbo (Responsable
de documentación do MUSAC)
@aracorbo
Olaia Fontal (Dra. en Ciencias
da Educación. Investigadora
principal do “Observatorio de
educación patrimonial en Espa-
ña”) @OEPEproyecto
Chus Martínez Domínguez (Crí-
tica de arte no suplemento Ba-
belia do xornal El País e comisa-
ria de exposicións) @mtnezchus
Mercedes Rosón (Subdirecto-
ra da Área de Cultura da USC)
@mrosonf
Victoria Falcó (Bolseira Wilson
no Máster do Centro Internal.
de Hª da Fotografía (DMU, Lei-
cester, Gran Bretaña); Xestora
cultural en museos españoles e
británicos) @ViquiFalco
Mª Ángeles Querol (Catedráti-
ca de Prehistoria. Coordinadora
do clúster de Patrimonio para a
Universidade Complutense de
Madrid) @CongresoBPPM
Josefina Cerviño (Catedrática
de Historia da Arte. Universidade
da Coruña)
Sábado 7 marzo
Museo Pazo de Tor
(Monforte de Lemos)
BLOQUE II:
XÉNERO E ARTE
09:30-12:30 h.
DIÁLOGOS
Diálogo 1. “Festival Miradas de
Mulleres”
Diálogo 2. “Proxectos artísticos
contedores de feminismos”
Diálogo 3. “Muller artista e mer-
cado da Arte”
12:30-14:00 h.
DEBATE
COORDINACIÓN E
DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo)
@encarnalago
Juan García Sandoval (Inves-
tigador accesibilidade social e
xénero. Conservador de Museos
da CARM e ex-Director do Mu-
seo de Belas Artes de Murcia)
@sandovalmuseo
Paula Cabaleiro (Xestora cultu-
ral. Directora de Directora Festi-
val Miradas de Mulleres 2014 en
Galicia) @PaulaCabaleiro
Pilar Sánchez Monje (Coordi-
nadora do Congreso. Máster en
Servizos Culturais USC. Produ-
tora e comunicadora cultural)
@pilarsamon
PARTICIPAN
Marián López Fernández-Cao
(Doutora en Belas Artes, profe-
sora titular da Universidade Com-
plutense de Madrid e presidenta
de MAV - Mujeres en las Artes
Visuales) @M_arteycultura
Silvia Blanco (Museo Arqueo-
lógico de Cacabelos. Profesora
Titular Historia da Arte.CA. Pon-
ferrada. UNED, Doutora en His-
toria da Arte) @marcamuseo
Mar Caldas (Docente da Facul-
tade de Belas Artes da UVigo,
artista visual e comisaria. Foi
coordinadora da Sala X)
Cristina Fernández Lamela
(Responsable de Isköo, espazo
multidisciplinar)
Carme Nogueira (Artista visual.
Investigadora en temas de iden-
tidade e de espazo doméstico)
Mónica Alonso (Artista plástica,
Doutora en Belas Artes)
Gema López (Artista plástica.
Máster en Arte Contemporáneo)
Bárbara G. Vilariño (Asesora de
comunicación, xornalista cultural
e con visión de xénero. Píkara
magazine) @gpuntovilarinho
Renata Otero (Artista multidis-
ciplinar e investigadora en femi-
nismos. Doutora cum laude de
Historia da Arte)
16:30-19:00 h.
Visita ás contornas do
Museo (NECESARIA
INSCRICIÓN PREVIA)
Domingo 8 marzo
Museo Provincial do Mar
en San Cibrao (Cervo)
BLOQUE III:
XÉNERO E MIGRACIÓN
09:30-12:00 h.
DIÁLOGOS
Diálogo 1. “Migracións en pers-
pectiva de xénero. O rol da mul-
ler no exilio”
Diálogo 2. “Migración e integra-
ción. Programas dentro e fóra
das institucións”
Diálogo 3. “Relato de identida-
des: culturas propias e alleas.
Interculturalidades”
12:00-13:30 h.
DEBATE
COORDINACIÓN E
DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede
Museística Provincial de Lugo)
@encarnalago
Juan García Sandoval (Inves-
tigador accesibilidade social e
xénero. Conservador de Museos
da CARM e ex-Director do Mu-
seo de Belas Artes de Murcia)
@sandovalmuseo
Silvia Fiallega (Técnica de di-
namización comunitaria. DEA
en Historia Contemporánea e
Historia de América. Educadora
en Museos. Comisaria e xestora
cultural)
Pilar Sánchez Monje (Coordi-
nadora do congreso. Máster en
Servizos Culturais USC. Produ-
tora e comunicadora cultural)
@pilarsamon
PARTICIPAN
Ángeles Carnacea Cruz (Licen-
ciada en CC. Políticas e Sociolo-
xía, antropóloga social, xestora
cultural, mediadora intercultural
e doutoranda en Antropoloxía
Social. Forma parte del Labora-
torio da diversidade do Museo
Thyssen-Bornemisza)
Mª Antonia Pérez Rodríguez
(Profesora titular de Humanida-
des da Universidade da Coruña.
Investigadora na recuperación
de textos escritos e o exilio entre
outros ámbitos)
Luzía Oca (Doutora en Antro-
poloxía Aplicada, responsable do
proxecto BogAvante de empo-
deramentodocolectivocabover-
diano, autora da tese “Cabover-
dianas en Burela (1978/2008):
migración, relación de xénero e
intervención social”(2014))
Iria Vázquez Silva (Formadora e
asesora en temas de xénero, co-
labora con proxectos de investi-
gación no campo da socioloxía
nas universidades de Vigo, A Co-
ruña e Rovira i Virgili. Autora da
tese “La inmigración senegalesa
en Galicia. Remesas y cuidados
en familias transnacionales”)
Mery País Domínguez (Artista
multidisciplinar, con proxectos
artísticos sobre muller realizados
en Tetuán (“El Paraíso de Lilith”,
“Medina, tela, cobre”), onde es-
tidiou Belas Artes)
Amal Ait Mohand (Muller ma-
rroquí de Lugo. Migración e xé-
nero) @amalaitmohand
Mª del Carmen Amigorena Te-
jeiro (Muller cubana da Mariña.
Migración e xénero)
Alina Pena Labrada (Muller cuba-
na da Mariña. Migración e xénero)
RocíoFernández(Rapazaarxenti-
na da Mariña. Migración e xénero)
13.30 h.
Conclusións do Congreso
16:30-19:00 h.
Visita ás contornas do
Museo (NECESARIA
INSCRICIÓN PREVIA)
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Á EXPOSICIÓN “OLLADAS” E
AO “II CONGRESO DE XÉNERO,
MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN”
En paralelo ao plan xeral de “A ARTE DE SER
MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0”,
nos catro museos da Rede Museística levaranse a
cabo diversas actividades didácticas sobre temas
de igualdade en base a tres ideas principais: Xé-
nero-Museos;  Xénero-Arte; e  Xénero-Migración.
Propostas que se deseñan tendo en conta o perfil
de cada museo: Muller rural en San Paio de Narla;
Muller e mar no Museo Provincial do Mar; Muller,
clases sociais e discapacidade no Museo Pazo
de Tor; e Muller e arte no Museo Provincial de
Lugo. Dirixidas ás comunidades coas que a Rede
leva tempo traballando, a proposta didáctica con-
crétase nas seguintes actividades:
PARA ESCOLARES:
CONCURSO OLLADAS A MIÑA FAMILIA ANTES
E AGORA (ver Bases na web da Rede)
CONCURSO MELLOR RELATO SOBRE RUEIROS
EN FEMININO (ver Bases na web da Rede)
PARA TOD@S:
MULLER E ARTE: Parladoiros con ....
MULLER E RELIXIÓN: Parladoiros con ....
MULLER E MIGRACIÓN: Mulleres de aquí e
dacolá. Os países de referencia serán desta volta
Uruguai, Perú, República Dominicana, Alemaña,
Marrocos, Brasil e Colombia.
ÁLBUM DE RECORDOS DE MULLERES
Club Senior (nos 4 museos da Rede)
A través do relato e de fotografías, as persoas par-
ticipantes poñerán en valor e recordaran o papel
que xogaron as mulleres nas súas vidas, manife-
stando os diversos roles que a muller asume na
sociedade actual e pasada: as mulleres como nais,
fillas, netas, avoas. Un recordo que ben pode ser
persoal, das propias mulleres, así como do recordo
que os homes teñen das mulleres que rodearon as
súas vidas. Mulleres en primeira persoa e mulleres
recordadas pero, en esencia, recordos vivenciais: a
infancia, o traballo, o amor, a migración, etc.
Para participar nesta actividade cada quen
achegará un par fotografías que sexan o fío con-
dutor dos nosos recordos. Con todas elas elabora-
rase un álbum de recordos que se irá completado
en futuros encontros. Serán testemuña das voces
das comunidades que rodean os nosos museos: a
muller rural en San Paio de Narla; a muller e mar no
Museo Provincial do Mar; a muller, clases sociais e
discapacidade no Museo Pazo de Tor; e a muller e
a arte no Museo Provincial de Lugo.
REDES DE MULLERES
Club Sénior (Museo Provincial do Mar)
A muller está ligada ao mar a través de minuciosas
redes tecidas ao longo da historia. O traballo das
mulleres redeiras está enraizado na sociedade ga-
lega, porén o mar está tradicionalmente vinculado
aos homes. Con este obradoiro queremos poñer en
valor e facer visible o traballo das mulleres do mar.
A actividade consistirá en crear unha pequena
instalación en forma de rede a partir do relato de
experiencias de mulleres do mar, para nun segundo
momento nutrir a rede de pequenos obxectos e
recordos que deixen ver o labor das mulleres do
mar.
#EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE
Club Ei! (4 museos da Rede)
Na sociedade actual existen numerosas redes so-
cias a través das cales homes e mulleres podemos
expresar as nosas ideas e inquedanzas. Partindo da
pregunta ¿que é para ti a igualdades? realizaremos
unha instalación móbil na que cada participante
terá que escribir nun tuit, 140 carácteres, expli-
cando a súa idea sobre a igualdade. A instalación
desenvolverase nos catro museos da rede e coa
que os visitantes poderán interactuar con novos
tuits, de maneira física ou virtual. Nun segundo
momento, os participantes deberán percorrer as
salas do museo e captar unha imaxe que exprese
igualdade.
O hastad creado en twitter recollerá todos os tuits
e fotografías, e perseguirá como meta manterse
activo ata o 25 de novembro, Día Internacional
contra a Violencia de Xénero no que se fará
unha exposición coas fotografías seleccionadas
que mellor representen a igualdade. Está elección
farana os propios participantes do club Ei!
MENSAXES POLA IGUALDADE
Club Ei! (4 museos da Rede)
A expresión artística non entendeu nin atendeu a
espazos, polo que historicamente os graffitis rep-
resentan a expresión máis libre de pensamento.
Neste obradoiro analizaranse os graffitis como
expresión artística e movemento reivindicativo,
para nun segundo momento facer unha insta-
lación propia. A partir de breves mensaxes que
as persoas participantes crearán sobre a igual-
dade, elaboraranse os modelos que logo trasla-
darán á instalación mural que estará exposta
durante un mes no museo e que tamén se publi-
carán periodicamente nas redes socias co hastag
#EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE.
O ANTEFACE DA IGUALDADE.
Club Pequeamig@s da Rede
De 4 a 7 anos (nos catro museos da Rede)
Imaxinas que existise un anteface que permitise
ver unha sociedade onde impera a igualdade? Con
este obxecto máxico queremos promover que as
nenas e nenos identifiquen situación de desigual-
dade por cuestións de xénero e expresen condutas
igualitarias entre homes e mulleres …
No obradoiro realizaremos un anteface da igual-
dade a través do cal observar o mundo con per-
spectiva de xénero.
STOP(motion) DESIGUALDADE
Club Pequeamigos
8-14 anos (MPLugo)
No obradoiro, a partir de diversas imaxes onde
se mostran situación de desigualdade, os
pequeamig@s falarán sobre a igualdade nos dere-
itos de homes e mulleres, manifestando as acti-
tudes de desigualdade e promovendo condutas de
igualdade a través da creación artística e do tra-
ballo en colaboración.
A partir de debuxos e recortes realizaremos unha
video-creación a través da técnica do STOP MO-
TION onde mostraremos unha mensaxe que reivin-
dique a igualdade efectiva de homes e mulleres.
DI(S)CAPACIDADE MULLER
Club Pequeamig@s
4-8 anos (Museo Pazo de Tor)
A Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapaci-
dade establece medidas contra a discriminación e
medidas de acción positiva co fin de garantir a igual-
dade de oportunidades ás persoas con discapaci-
dades. Neste ámbito a igualdade de xénero cobra
máis relevancia xa que é dobremente importante
reivindicar o papel da muller con discapacidade.
Para reivindicar o papel da muller con discapaci-
dade no obradoiro coñeceremos as iconas que
identifican as diversas discapacidades e faremos
una reinterpretación poñendo como protagonista
á muller para darlle visibilidade e sensibilizar sobre
a igualdade.
ORGANIZACIÓN
Comité organizador
e coordinación
xeral do Congreso
· Encarna Lago
· Aurelia Balseiro
· Juan García Sandoval
· Pilar Sánchez Monje
· Paula Cabaleiro
· Persoal da Rede
Museística Provincial de Lugo
Comité Científico
· Luis A. Grau
· Teresa Soldevila
· Amelia Aguado
· Araceli Corbo
· Ana Moreno
· Victoria Falcó
· Almudena Domínguez
· Carmen Delia Gregorio Navarro
· Paula Arias Abella
· Nuria Rivero
· Olaia Fontal
· Chus Martínez Domínguez
· Mercedes Rosón
· Mª Ángeles Querol
· Josefina Cerviño
· Marián López Fernández-Cao
· Silvia Blanco
· Cristina Fernández Lamela
· Carme Nogueira
· Mónica Alonso
· Gema López
· Bárbara G. Vilariño
· Renata Otero
· Mar Caldas
· Silvia Fiallega Lorenzo
· Ángeles Carnacea Cruz
· Mª Antonia Pérez Rodríguez
· Luzía Oca
· Iria Vázquez Silva
· Mery País Domínguez
· Amal Ait Mohand
· Mª del Carmen Amigorena Tejeiro
· Alina Pena Labrada
· Rocío Fernández
· Observatorio da Mariña pola Igualdade
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
T. 982 242 112
F. 982 240 240
info@museolugo.org
Museo Etnográfico
San Paio de Narla
Torre de Xiá
27220 Friol (Lugo)
T. 982 375 156
sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar
Avda. da Mariña s/n
27890 Cervo (Lugo)
T. 982 594 572
museodomar@museolugo.org
Pazo de Tor
San Xoán de Tor
Monforte de Lemos (Lugo)
T. 982 165 534
pazodetor@museolugo.org
www.museolugo.org

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Un museo para todos entre todos

IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoEncarna Lago
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOMredemuseisticalugo
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoAna Ferro Fernández
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Encarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Encarna Lago
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Encarna Lago
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOEncarna Lago
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 202320minutos
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 

Ähnlich wie Un museo para todos entre todos (20)

IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
 
XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)
 
Crea o teu museo
Crea o teu museoCrea o teu museo
Crea o teu museo
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 

Mehr von rmplugo

mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivarmplugo
 
Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 marrmplugo
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paiormplugo
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlarmplugo
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torrmplugo
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugormplugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivormplugo
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egiptormplugo
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marrmplugo
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paiormplugo
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torrmplugo
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museormplugo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticarmplugo
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museosrmplugo
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebookrmplugo
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesasrmplugo
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLArmplugo
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Airesrmplugo
 
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticaVisitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticarmplugo
 

Mehr von rmplugo (20)

mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
 
Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paio
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narla
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de tor
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivo
 
Egipto
EgiptoEgipto
Egipto
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egipto
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do mar
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paio
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de tor
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museística
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museos
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesas
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
 
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museísticaVisitantes xaneiro 2015 rede museística
Visitantes xaneiro 2015 rede museística
 

Un museo para todos entre todos

  • 2. A Área de Cultura da Deputación de Lugo a tra- vés da Rede Museística Provincial organiza o II Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración que terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2015 nas diferentes sedes da Rede Museística. Cada un dos días corresponde a un dos bloques temáticos nos que se artella o encontro: Xénero e Museos, Xé- nero e Arte, e Xénero e Migración. O rotundo éxito acadado na anterior edición, con acreditacións e comunicacións chegadas de todas partes do Estado, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo polo convencemento no labor de compromiso social que a Rede museís- tica vén desenvolvendo, impulsan a esta institución a levar a cabo este segundo congreso, no que se engade, como piar necesario, a Migración. As características especiais deste Congreso son as seguintes: 1. Extensa rede de colaboradores. Esta segunda edición conta co patrocinio científico das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, catro universidades estatais, Valla- dolid, Zaragoza, Complutense e Autónoma de Madrid máis unha internacional, Universidade de Leicester (Gran Bretaña). Ademais o comité científico complé- tase con ICOM España, organismo que agrupa todos os museos estatais, o Observatorio de educación pa- trimonial, EducaThyssen – Thyssen Bonemisza, Mu- seo provincial de León, MUSAC, Fundación Jiménez- Arellano de Valladolid, Maritim de Barcelona, Museo Arqueológico de Cacabelos, a Red Española de Profe- sionales de Museología social, Observatorio da Mariña pola Igualdade, e Mujeres en las Artes Visuales (MAV) así como outras plataformas de investigación, exhibi- ción e difusión como o Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine e Isköo espazo multidisciplinar. A extensa rede de colaboradores da Rede Museísti- ca cubre deste xeito un espectro internacional, esta- tal e local poñendo en valor o traballo e o compromi- so desta institución coa museoloxía social 2. Novidade no Formato. Esta segunda edición busca acadar unha estrutura moito máis democrática e participativa, rachando o esquema convencional de congreso. Convoca a par- ticipación cidadá a través dunha plataforma de diálogo no que público e poñentes interaccionan no mesmo nivel. As intervencións serán moi curtas e concisas, aportando dinamismo ó Congreso, e sendo o punto de partida para o debate que será realmente o protago- nista. A estrutura da mesa de diálogo incorpora a dous comunicantes seleccionados por cada un dos bloques a través dunha convocatoria aberta. O formato elixido de comunicación é o vídeo, facili- tando a colaboración de calquera persoa interesada non importa onde se atope e ampliando o alcance do propio Congreso. 3. Actas como punto de continuidade. Ao contrario ó que pasa nun congreso clásico onde as actas serven de punto de peche, nesta ocasión as conclusións, que estarán dispoñibles na rede, convidan á reflexión posterior ao encontro, permitindo a recep- ción de novas comunicacións que manterán vivo o debate. Este punto vén a fomentar a participación dun público activo e o carácter democrático desta cita. Trátase do primeiro Congreso que outorga igual im- portancia ao debate ca intervención dos poñentes, supoñendo a mesma duración ámbalas dúas partes. 4. Experiencia única. A oportunidade de debater estas cuestións de xénero con 38 profesionais chegados de toda España, e mes- mo de Europa, especialistas que traballan neste eido desde as institucións,a creación,a investigación,os mo- vementos sociais, o asociacionismo, falando en primeira persoa, converte esta cita nunha ocasión inigualable. II CONGRESO XENERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACION
  • 3. Está aberta a inscrición das 50 prazas para asistir a este Congreso, a través de formulario, na web http://www.museolugo.org/IIGeneroMuseosArte/ portada.asp, así como as video-comunicacións cuxo prazo remata o 13 de febreiro ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS Este Congreso está organizado pola Rede Mu- seística Provincial de Lugo e conta coa colabo- ración de distintas institucións museísticas de calado como ICOM España, Museo de León, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo Maritim de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Fundación Jiménez-Arellano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueo- lógico de Cacabelos; así como plataformas de investigación, exhibición e difusión como o Ob- servatorio de educación patrimonial en España, Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine, Isköo espazo multidisciplinar, Mujeres de las Ar- tes Visuales (MAV) e o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Valladolid, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Universidade Com- plutense e Universidade Autónoma de Madrid. A Rede Museística Provincial encargarase da ex- pedición dos certificados de asistencia. ESTRUTURA E TEMÁTICA O Congreso está estruturado en tres bloques te- máticos: Xénero e Museos, Xénero e Arte, e Xé- nero e Migración. Cada día do congreso correspon- de a un destes bloques. 1.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOS Neste apartado afondaremos na presenza da mu- ller desde en museos e coleccións de arte, tanto en Galicia como en España, en institucións públi- cas e privadas. Será interesante reflexionar sobre a forma na que a cuestión de xénero está presente no deseño dos seus programas e proxectos. Amo- saremos modelos de actuación para xestionar con e para todos e todas, dunha maneira responsable e comprometida coa sociedade. Non podemos deixar de lado, neste bloque o que a Universidade pode ofrecernos, desde os seus estudos de xéne- ro e cos seus exemplos de planeamento cultural dirixido por mulleres. 2.º BLOQUE: XÉNERO E ARTE Esta segunda sesión versará sobre a posición que a muller artista afronta no mercado da arte, cales son as ferramentas que utiliza para superar as barreiras de xénero, e como se saca o veo da invisibilidade e da indefinición que a propia realidade lle impón. Amosaremos como o traballo do Festival Miradas de Mujeres impulsou a exhibición da representa- ción artística en feminino, e compartiremos os proxectos de diversas artistas plásticas que xiran en torno á cuestión de xénero. 3.º BLOQUE: XÉNERO E MIGRACIÓN Facemos neste terceiro bloque unha ampliación so- bre o congreso anterior. Incluímos a migración como tema transcendente para falar de xénero como unha realidade social patente nas nosas comunidades.. Neste punto navegaremos polas circunstancias que marcan a integración, polos proxectos que traballan coa interculturalidade, e como a muller é transmiso- ra da identidade cultural. COMUNICACIÓNS Pódense enviar vídeo-comunicacións que acom- pañen estes debates, realizando gravacións en ví- deo que non superen os 5 min. Más información en http://www.museolugo.org/IIGeneroMuseosArte/ comunicaciones.asp Tras a realización do congreso e a publicación das actas na web, poderán ser enviadas comunicacións que recollan as reflexións destes días. Neste caso, darase a posibilidade de ser presentadas como tex- to. Unha selección dos documentos recibidos será publicada en internet. INCRICIÓNS Para inscribirse ao Congreso (50 prazas) debe completar o formulario da páxina web
  • 4. Venres 6 marzo Museo Provincial de Lugo 16:00 h. Presentación do Congreso Mario Outeiro (Delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo) Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e coordinadora do Congreso) Aurelia Balseiro(Directora do Museo Provincial de Lugo) Juan G. Sandoval e Pilar Sán- chez Monje (Documentación e coordinación do Congreso) BLOQUE I: XÉNERO E MUSEOS 16:30-18:30 h. DIÁLOGOS Diálogo 1. “Análise contextual da presenza da muller nos museos e coleccións de arte” Diálogo 2. “Xénero e xestión. A muller na universidade e na súa xestión cultural” 18:30-20:00 h. DEBATE COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) @encarnalago Juan García Sandoval (Investiga- dor accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Museo de Belas Artes de Murcia) @sandovalmuseo Pilar Sánchez Monje (Coordi- nadora do Congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produ- tora e comunicadora cultural) @pilarsamon PARTICIPAN Nuria Rivero (Xerente de ICOM España) Teresa Soldevila (Responsable área de Responsabilidade Social do Museu Maritim de Barcelona) @tsoldevila Amelia Aguado (Directora do Centro Buendía da UVA e di- rectora da Fundación Arellano- Alonso da Universidade de Valla- dolid) @amaguado Ana Moreno (Xefa Área de Edu- cación do Museo Thyssen-Bor- nemisza) @_ana_moreno_ Araceli Corbo (Responsable de documentación do MUSAC) @aracorbo Olaia Fontal (Dra. en Ciencias da Educación. Investigadora principal do “Observatorio de educación patrimonial en Espa- ña”) @OEPEproyecto Chus Martínez Domínguez (Crí- tica de arte no suplemento Ba- belia do xornal El País e comisa- ria de exposicións) @mtnezchus Mercedes Rosón (Subdirecto- ra da Área de Cultura da USC) @mrosonf Victoria Falcó (Bolseira Wilson no Máster do Centro Internal. de Hª da Fotografía (DMU, Lei- cester, Gran Bretaña); Xestora cultural en museos españoles e británicos) @ViquiFalco Mª Ángeles Querol (Catedráti- ca de Prehistoria. Coordinadora do clúster de Patrimonio para a Universidade Complutense de Madrid) @CongresoBPPM Josefina Cerviño (Catedrática de Historia da Arte. Universidade da Coruña) Sábado 7 marzo Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) BLOQUE II: XÉNERO E ARTE 09:30-12:30 h. DIÁLOGOS Diálogo 1. “Festival Miradas de Mulleres” Diálogo 2. “Proxectos artísticos contedores de feminismos” Diálogo 3. “Muller artista e mer- cado da Arte” 12:30-14:00 h. DEBATE COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) @encarnalago Juan García Sandoval (Inves- tigador accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Mu- seo de Belas Artes de Murcia) @sandovalmuseo Paula Cabaleiro (Xestora cultu- ral. Directora de Directora Festi- val Miradas de Mulleres 2014 en Galicia) @PaulaCabaleiro Pilar Sánchez Monje (Coordi- nadora do Congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produ- tora e comunicadora cultural) @pilarsamon PARTICIPAN Marián López Fernández-Cao (Doutora en Belas Artes, profe- sora titular da Universidade Com- plutense de Madrid e presidenta de MAV - Mujeres en las Artes Visuales) @M_arteycultura
  • 5. Silvia Blanco (Museo Arqueo- lógico de Cacabelos. Profesora Titular Historia da Arte.CA. Pon- ferrada. UNED, Doutora en His- toria da Arte) @marcamuseo Mar Caldas (Docente da Facul- tade de Belas Artes da UVigo, artista visual e comisaria. Foi coordinadora da Sala X) Cristina Fernández Lamela (Responsable de Isköo, espazo multidisciplinar) Carme Nogueira (Artista visual. Investigadora en temas de iden- tidade e de espazo doméstico) Mónica Alonso (Artista plástica, Doutora en Belas Artes) Gema López (Artista plástica. Máster en Arte Contemporáneo) Bárbara G. Vilariño (Asesora de comunicación, xornalista cultural e con visión de xénero. Píkara magazine) @gpuntovilarinho Renata Otero (Artista multidis- ciplinar e investigadora en femi- nismos. Doutora cum laude de Historia da Arte) 16:30-19:00 h. Visita ás contornas do Museo (NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA) Domingo 8 marzo Museo Provincial do Mar en San Cibrao (Cervo) BLOQUE III: XÉNERO E MIGRACIÓN 09:30-12:00 h. DIÁLOGOS Diálogo 1. “Migracións en pers- pectiva de xénero. O rol da mul- ler no exilio” Diálogo 2. “Migración e integra- ción. Programas dentro e fóra das institucións” Diálogo 3. “Relato de identida- des: culturas propias e alleas. Interculturalidades” 12:00-13:30 h. DEBATE COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) @encarnalago Juan García Sandoval (Inves- tigador accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Mu- seo de Belas Artes de Murcia) @sandovalmuseo Silvia Fiallega (Técnica de di- namización comunitaria. DEA en Historia Contemporánea e Historia de América. Educadora en Museos. Comisaria e xestora cultural) Pilar Sánchez Monje (Coordi- nadora do congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produ- tora e comunicadora cultural) @pilarsamon PARTICIPAN Ángeles Carnacea Cruz (Licen- ciada en CC. Políticas e Sociolo- xía, antropóloga social, xestora cultural, mediadora intercultural e doutoranda en Antropoloxía Social. Forma parte del Labora- torio da diversidade do Museo Thyssen-Bornemisza) Mª Antonia Pérez Rodríguez (Profesora titular de Humanida- des da Universidade da Coruña. Investigadora na recuperación de textos escritos e o exilio entre outros ámbitos) Luzía Oca (Doutora en Antro- poloxía Aplicada, responsable do proxecto BogAvante de empo- deramentodocolectivocabover- diano, autora da tese “Cabover- dianas en Burela (1978/2008): migración, relación de xénero e intervención social”(2014)) Iria Vázquez Silva (Formadora e asesora en temas de xénero, co- labora con proxectos de investi- gación no campo da socioloxía nas universidades de Vigo, A Co- ruña e Rovira i Virgili. Autora da tese “La inmigración senegalesa en Galicia. Remesas y cuidados en familias transnacionales”) Mery País Domínguez (Artista multidisciplinar, con proxectos artísticos sobre muller realizados en Tetuán (“El Paraíso de Lilith”, “Medina, tela, cobre”), onde es- tidiou Belas Artes) Amal Ait Mohand (Muller ma- rroquí de Lugo. Migración e xé- nero) @amalaitmohand Mª del Carmen Amigorena Te- jeiro (Muller cubana da Mariña. Migración e xénero) Alina Pena Labrada (Muller cuba- na da Mariña. Migración e xénero) RocíoFernández(Rapazaarxenti- na da Mariña. Migración e xénero) 13.30 h. Conclusións do Congreso 16:30-19:00 h. Visita ás contornas do Museo (NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA)
  • 6. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á EXPOSICIÓN “OLLADAS” E AO “II CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN” En paralelo ao plan xeral de “A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0”, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo diversas actividades didácticas sobre temas de igualdade en base a tres ideas principais: Xé- nero-Museos;  Xénero-Arte; e  Xénero-Migración. Propostas que se deseñan tendo en conta o perfil de cada museo: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo Provincial do Mar; Muller, clases sociais e discapacidade no Museo Pazo de Tor; e Muller e arte no Museo Provincial de Lugo. Dirixidas ás comunidades coas que a Rede leva tempo traballando, a proposta didáctica con- crétase nas seguintes actividades: PARA ESCOLARES: CONCURSO OLLADAS A MIÑA FAMILIA ANTES E AGORA (ver Bases na web da Rede) CONCURSO MELLOR RELATO SOBRE RUEIROS EN FEMININO (ver Bases na web da Rede) PARA TOD@S: MULLER E ARTE: Parladoiros con .... MULLER E RELIXIÓN: Parladoiros con .... MULLER E MIGRACIÓN: Mulleres de aquí e dacolá. Os países de referencia serán desta volta Uruguai, Perú, República Dominicana, Alemaña, Marrocos, Brasil e Colombia. ÁLBUM DE RECORDOS DE MULLERES Club Senior (nos 4 museos da Rede) A través do relato e de fotografías, as persoas par- ticipantes poñerán en valor e recordaran o papel que xogaron as mulleres nas súas vidas, manife- stando os diversos roles que a muller asume na sociedade actual e pasada: as mulleres como nais, fillas, netas, avoas. Un recordo que ben pode ser persoal, das propias mulleres, así como do recordo que os homes teñen das mulleres que rodearon as súas vidas. Mulleres en primeira persoa e mulleres recordadas pero, en esencia, recordos vivenciais: a infancia, o traballo, o amor, a migración, etc. Para participar nesta actividade cada quen achegará un par fotografías que sexan o fío con- dutor dos nosos recordos. Con todas elas elabora- rase un álbum de recordos que se irá completado en futuros encontros. Serán testemuña das voces das comunidades que rodean os nosos museos: a muller rural en San Paio de Narla; a muller e mar no Museo Provincial do Mar; a muller, clases sociais e discapacidade no Museo Pazo de Tor; e a muller e a arte no Museo Provincial de Lugo. REDES DE MULLERES Club Sénior (Museo Provincial do Mar) A muller está ligada ao mar a través de minuciosas redes tecidas ao longo da historia. O traballo das mulleres redeiras está enraizado na sociedade ga- lega, porén o mar está tradicionalmente vinculado aos homes. Con este obradoiro queremos poñer en valor e facer visible o traballo das mulleres do mar. A actividade consistirá en crear unha pequena instalación en forma de rede a partir do relato de experiencias de mulleres do mar, para nun segundo momento nutrir a rede de pequenos obxectos e recordos que deixen ver o labor das mulleres do mar. #EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE Club Ei! (4 museos da Rede) Na sociedade actual existen numerosas redes so- cias a través das cales homes e mulleres podemos expresar as nosas ideas e inquedanzas. Partindo da pregunta ¿que é para ti a igualdades? realizaremos unha instalación móbil na que cada participante terá que escribir nun tuit, 140 carácteres, expli- cando a súa idea sobre a igualdade. A instalación desenvolverase nos catro museos da rede e coa que os visitantes poderán interactuar con novos tuits, de maneira física ou virtual. Nun segundo momento, os participantes deberán percorrer as salas do museo e captar unha imaxe que exprese igualdade. O hastad creado en twitter recollerá todos os tuits e fotografías, e perseguirá como meta manterse activo ata o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero no que se fará unha exposición coas fotografías seleccionadas que mellor representen a igualdade. Está elección farana os propios participantes do club Ei! MENSAXES POLA IGUALDADE Club Ei! (4 museos da Rede) A expresión artística non entendeu nin atendeu a espazos, polo que historicamente os graffitis rep- resentan a expresión máis libre de pensamento. Neste obradoiro analizaranse os graffitis como expresión artística e movemento reivindicativo, para nun segundo momento facer unha insta- lación propia. A partir de breves mensaxes que as persoas participantes crearán sobre a igual- dade, elaboraranse os modelos que logo trasla- darán á instalación mural que estará exposta
  • 7. durante un mes no museo e que tamén se publi- carán periodicamente nas redes socias co hastag #EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE. O ANTEFACE DA IGUALDADE. Club Pequeamig@s da Rede De 4 a 7 anos (nos catro museos da Rede) Imaxinas que existise un anteface que permitise ver unha sociedade onde impera a igualdade? Con este obxecto máxico queremos promover que as nenas e nenos identifiquen situación de desigual- dade por cuestións de xénero e expresen condutas igualitarias entre homes e mulleres … No obradoiro realizaremos un anteface da igual- dade a través do cal observar o mundo con per- spectiva de xénero. STOP(motion) DESIGUALDADE Club Pequeamigos 8-14 anos (MPLugo) No obradoiro, a partir de diversas imaxes onde se mostran situación de desigualdade, os pequeamig@s falarán sobre a igualdade nos dere- itos de homes e mulleres, manifestando as acti- tudes de desigualdade e promovendo condutas de igualdade a través da creación artística e do tra- ballo en colaboración. A partir de debuxos e recortes realizaremos unha video-creación a través da técnica do STOP MO- TION onde mostraremos unha mensaxe que reivin- dique a igualdade efectiva de homes e mulleres. DI(S)CAPACIDADE MULLER Club Pequeamig@s 4-8 anos (Museo Pazo de Tor) A Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapaci- dade establece medidas contra a discriminación e medidas de acción positiva co fin de garantir a igual- dade de oportunidades ás persoas con discapaci- dades. Neste ámbito a igualdade de xénero cobra máis relevancia xa que é dobremente importante reivindicar o papel da muller con discapacidade. Para reivindicar o papel da muller con discapaci- dade no obradoiro coñeceremos as iconas que identifican as diversas discapacidades e faremos una reinterpretación poñendo como protagonista á muller para darlle visibilidade e sensibilizar sobre a igualdade. ORGANIZACIÓN Comité organizador e coordinación xeral do Congreso · Encarna Lago · Aurelia Balseiro · Juan García Sandoval · Pilar Sánchez Monje · Paula Cabaleiro · Persoal da Rede Museística Provincial de Lugo Comité Científico · Luis A. Grau · Teresa Soldevila · Amelia Aguado · Araceli Corbo · Ana Moreno · Victoria Falcó · Almudena Domínguez · Carmen Delia Gregorio Navarro · Paula Arias Abella · Nuria Rivero · Olaia Fontal · Chus Martínez Domínguez · Mercedes Rosón · Mª Ángeles Querol · Josefina Cerviño · Marián López Fernández-Cao · Silvia Blanco · Cristina Fernández Lamela · Carme Nogueira · Mónica Alonso · Gema López · Bárbara G. Vilariño · Renata Otero · Mar Caldas · Silvia Fiallega Lorenzo · Ángeles Carnacea Cruz · Mª Antonia Pérez Rodríguez · Luzía Oca · Iria Vázquez Silva · Mery País Domínguez · Amal Ait Mohand · Mª del Carmen Amigorena Tejeiro · Alina Pena Labrada · Rocío Fernández · Observatorio da Mariña pola Igualdade
  • 8. Museo Provincial de Lugo Praza da Soidade s/n 27001 Lugo T. 982 242 112 F. 982 240 240 info@museolugo.org Museo Etnográfico San Paio de Narla Torre de Xiá 27220 Friol (Lugo) T. 982 375 156 sanpaiodenarla@museolugo.org Museo Provincial do Mar Avda. da Mariña s/n 27890 Cervo (Lugo) T. 982 594 572 museodomar@museolugo.org Pazo de Tor San Xoán de Tor Monforte de Lemos (Lugo) T. 982 165 534 pazodetor@museolugo.org www.museolugo.org