EXPOSICIÓN REDEMUSEISTICA olladas de reinterpretación da obra de Julia Minguillón. As artistas e os artistas seleccionados son: David Cata, Veronica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martin Lestao, Patricia Arellano, Paulova, Jose Caamaño, Paz Vicente,Laura Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Dominguez ,Maria Xose Dominguez, Paco Pestana, Juan José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santin Ben, Maria Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos , Luz Darriba, Miguel Anxo Macia,José Reigosa,Mauro Leivas, Paula Noya Renata Otero Ramallal, Pilar BoullosaFelix Carpio
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaEncarna Lago
Programa IV Congreso Xeneros Museos Arte e Educación: Como Xerente Da RMP Gracias por tanto traballo especialmente no día de hoxe as secretarias técnicas do Congreso Pilar Sanchez, Noelia Gómez e Verónica Fernandez a tdxs xs compañeirxs que tedes algo que ver na organización grazas.

IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoEncarna Lago
Gracias por axudarme a coordinar este novo proxecto a todo o persoal da RMP e especialmente a Noelia Gómez, Pilar Sanches e Veronica Fernández así como a Ania González.
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educaciónrmplugo
A deputada delegada da área de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial os días 10,11 e 31 de marzo, e o 1 de abril. Cítanse neste congreso nas diferentes xornadas profesionais da museoloxía, a educación, a comunicación e a arte para facernos partícipes dos seus proxectos e provocar o debate público.
Debido ás características do formato deste congreso, dispoñemos dun aforo reducido. A reserva de prazas será por rigorosa orde de inscrición. O número de prazas será de 50 para o público en xeral. O prazo de inscricións comeza o 22 de febreiro de 2017.
Toda a información relativa a este IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación (Programa, relatores, calendario, horario, comunicacións e inscricións) pode consultala neste documento (VER).
Se precisa información adicional pode dirixirse a xenerosRMP@gmail.com / tfno..: 982242112
Con motivo das Jornadas Europeas de Patrimonio (JEP), consistentes nun programa de sensibilización sobre o patrimonio cultural cuxa orixe remontase ao ano 1984 coa celebración en Francia de Les Journées Portes ouvertes des monuments historiques. A súa internacionalización, no marco do Consello de Europa, ten lugar un año despois, celebrándose desde 1991 con este nome en acción conxunta coa Unión Europea.
En España, estas Xornadas están coordinadas polo Instituto del Patrimonio Cultural de España que, na edición de este año 2021 están dedicadas ao ‘Patrimonio Inclusivo’ (Heritage for All).
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo queremos manifestar a nosa satisfacción polo lema escollido este ano para a celebración das Xornadas Europeas do Patrimonio: “Patrimonio Inclusivo”. Preténdese con este lema reconsiderar e repensar a forma en que achegamos o patrimonio á cidadanía.
No ADN da RMPL está desde a súa creación no ano 2006 conseguir museos accesibles e inclusivos nos que ninguén quede fóra do acceso ao patrimonio por causas económicas, sociais, de xénero, culturais, …
E por iso que xa desde o ano 2007 contamos na Rede cun programa institucional inclusivo: https://es.slideshare.net/redemuseistica/programa-institucional-inclusivo-de-la-red-musestica-de-lugo. Logo de procurar facer que os nosos museos sexan accesibles tanto física como sensorial e cognoscitivamente e que as persoas que conforman a nosa plantilla estivesen formadas para a atención de todo tipo de públicos, buscamos que a nosa programación sexa inclusiva, permitindo a participación de toda a comunidade, feito que nós ten sido recoñecido con diversos premios entre os que sinalamos: premio Galicia Inclusión Anade en el 2017, premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI e premio ONCE Solidaridade en 2011. Estes recoñecementos nos serven de acicate para seguir poñendo ás persoas no centro, para continuar coa labor de que ninguén quede fóra do acceso ao noso patrimonio, contribuíndo así á súa participación e inclusión na sociedade.
Con motivo desta efeméride, a Rede Museística da Deputación de Lugo fixo público un manifesto de Proxectos Inclusivos realizados por esta Rede (do que se acompaña copia) ao longo da súa existencia, o que nos permite estar á vangarda dos museos neste tema. Por esta razón, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, foi convidada a participar no curso de formación sobre LA INCLUSIÓN EN LOS MUSEOS E SITIOS PATRIMONIALES, organizado pola Diputación Foral de Bizkaia que terá lugar os días 25 e 26 do vindeiro mes de outubro.
Análise xeral ofrecida por Luís Bará no marco do VI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística. Traballando en Lingua. Creatividade para a Lingua.
Carballo, 14-16 de xullo de 2010.
http://www.udc.es/snl/VI_cursoveran.html

20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
Governance and Leadership Models in the Provincial Museum Network of Lugo
Modelos de gobernanza y liderazgo en la Red Provincial de Museos de Lugo
https://intercom.mini.icom.museum/
El modelo de gestión y el liderazgo inspirador de la Red Museística será presentado en DOHA en DUBAI .
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
o VIII Congreso de Educación, Museos y
Patrimonio: Compartir, incluir e integrar para el futuro, organizado cada año por varias
organizaciones y liderado por CECA Chile, el que se realizaría el 25 y 26 de noviembre del
2019, en la ciudad de Valparaíso.Conferencia inaugural
La educación en la Red Museística
Provincial de Lugo: una apuesta para la
gestión humanizada del patrimonio por Encarna Lago González
Dice en su presentación Estebán Torres Hormazabal :
Presidente CECA CHILE :Consensuamos que Encarna Lago González, Gerenta de la Red de Museos de Lugo,
en España, era la adecuada para compartir su experiencia, conocimiento y afecto en
la charla magistral inaugural, dado su enfoque que pone en el centro de las prácticas
museológicas a las personas, en consecuencia, a las preocupaciones e intereses de
nuestra convocatoria.
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
“Xs nosxs maiores”, cantas veces escoitamos estas palabras nos últimos 3 anos?
Trala crise, a xente da terceira idade viuse afectada non só fisicamente polo agravamento das súas
doenzas e as novas enfermidades, senón que sentiron como algo moito máis importante se poñía
en perigo, a saúde mental.
O illamento deste grupo social, quen non mantén contacto social a través do gran fenómeno de
masas actual, as redes, agudizouse nestes tempos.
Débense revisar os coidados ás persoas maiores, non soamente a través do ámbito sanitario senón
colaborando toda unha sociedade non profesional do sector para mellorar o estado emocional e
psicolóxico deste colectivo.
Escoitar e sobre todo ser escoitados, verse valiosos, mestrxs do pasado, transportadorxs de
lembranzas, instigadorxs de proxectos, valedores de maxia, así deben sentirse “os nosos maiores”,
e por iso, dende a Rede Museística Provincial de Lugo, presentamos un programa de
acompañamento para contribuír na recuperación deste colectivo tan afectado trala pandemia.
Os museos acentúan o seu traballo social e traspasan os muros internos para achegarse a súa
comunidade.
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
A IMPORTANCIA DOS DATOS PARA ANALIZAR E COÑECER A NOSA COMUNIDADE.
No 2022 tivemos un aumento de 22.761 persoas. O que supón un porcentaxe do 55,6 % en relación as cifras do ano pasado.
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
O grupo de traballo e investigación impulsan estas xornadas organizadas por Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística. fo
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
A través das obras dos museos impresos e tintas ecoloxicas sobre sabanas de lenzo fixemos estos dorsais para poñer o foco nos ODS.
O grupo convertiuse na UNESCo bus
1. do 1 ao 3 de setembro do 2023 - A Coruña
Festival de artes inclusivas para a comunidade
2. HISTORIA
Artes pola Integración é un festival de
inclusión social a través das artes creado no
ano 2012. Desde o seu inicio, pretende
visibilizar proxectos e persoas con talentos
artísticos non comúns, a cotío excluídos
socialmente. Entre os seus objectivos
conseguidos está a creación dunha
plataforma, tanto formativa como de
programación profesional, que dá cabida a
persoas con talentos diferentes. Por outra
banda, este festival ou encontro crea ao longo
de toda a súa traxectoria diferentes sinerxias
colaborativas con outras entidades da
provincia, dando como resultado diferentes
exposicións colectivas, e especializándose na
mostra de proxectos interdisciplinares dentro
e fóra da comunidade que xuntan a persoas
con e sen diversidade funcional, favorecendo
a reinserción laboral de colectivos en risco de
exclusión social nas artes escénicas, visuais,
narrativas e plásticas. Un programa
conformado por proxectos locais, nacionais e
internacionais que fomenta as redes entre
diferentes persoas e espazos que se amosan
en conxunto, permitindo programar na cidade,
e en alianza con outros proxectos nacionais,
os espectáculos máis punteiros en inclusión
artística habitualmente programados noutros
circuítos. Cabe salientar a creación de
residencias artísticas estables previas ao
festival, como a da compañía 5S na Coruña e
Santiago de Compostela ou a Pequena
Bauhaus ou Mozas en Acción en Lugo e Ribeira
Sacra . O festival desde hai varios ano aposta
por chegar a público familiar para integralo en
proxectos formativos, expositivos e na súa
programación.
Artes pola integración é un proxecto que
comezou a súa andaina no ano 2011 como
festival, tras un traballo de inclusión social a
través da danza e o teatro nas prisións de
Galicia. Paralelamente, e xa desde o ano 2009,
nace ao compañía 5S para persoas con e sen
discapacidade, compañía residente do festival
que traballa pola creación de espectáculos que
integran profesionais do mundo das artes
escénicas e visuais e de danza e música . O
primeiro Festival de inclusión celebrouse na
Coruña en 2012 baixo o nome de I Encontro
Artes pola Integración e baixo a dirección
artística da coreógrafa, bailarina e experta en
artes inclusivas Carlota Pérez, que segue
exercendo este labor hoxe en día con mais de
15 espectáculos dirixidos desde o ano 2009.
3. OBXECTIVOS
Diversificar e visibilizar os espazos expositivos, integrando espazos excluídos non habituais para
as representacións artísticas. Entre as singularidades do festival destacamos:
Foi o primeiro festival de inclusión de Galicia e é o que leva máis edicións consecutivas. Os
espazos de creación e actuación, ademais dos tradicionais, son singulares e diferentes, espazos
invisibilizados como prisións, sedes de asociacións de diversidade funcional, hospitais, escolas,
centros de menores... Cada ano traballamos unha temática diferente. Este ano, con motivo da XII
edición, traballaremos unha mirada á Comunidade e ao territorio. A peza de danza inclusiva
creada anualmente neste festival ten aseguradas actuaciónes en festivais e encontros artísticos:
Festigual, Concello de Santiago, SacraFestival, Danza Móbile...
O Festival Artes pola Integración busca en todo momento propostas escénicas de calidade
seleccionando espectáculos programados en festivais destacados e en rede cos gañadores do
festival Escena Móbile, e co festival Fiver. Traballa con recoñecidos artistas en todo o seu
programa formativo. Normalmente, os encontros e festivais desta índole adoitan ter contidos
amateur, sen importar a calidade artística, sen consuntar artistas con e sen discapacidade e
comunidades disgregadas creando guetos. Desde Artes pola Integración escapamos deste tipo
de traxectorias e tentamos ofertar espazos artísticos alternativos onde conflúen e traballan os
artistas con e sen diversidade funcional, onde cada persoa achega o seu propio talento, creando
unha plataforma de estreas estable de gran calidade artística. As espectadoras e espectadores
aos que nos diriximos son diversos, desde un público especializado, culturalmente activo, ata
alumnados de colexios especiais, pasando por persoas usuarias das asociaciónes coas que
colaboramos, profesionais das artes escénicas, visuais e musicais, profesionais do mundo da
diversidade, persoas dos barrios onde desenvolvemos as actividades e cidadanía en xeral.
No festival dedicamos un apartado a xornadas de reflexión e relatorías, charlas, mesas redondas
e debates onde ampliamos a visión da discapacidade cun marco teórico que serve de formación
específica para profesionais da inclusión social e da integración a través da creación de proxectos
socioculturais. Dado o nivel da programación, da formación, das exposicións e ciclo de cinema do
festival, Artes pola Integración é un referente a nivel nacional e internacional. A Asociación
Diversos é convidada habitualmente en diferentes encontros especializados onde impartimos
obradoiros e conferencias sobre a nosa metodoloxía e mostramos o traballo de creación da
Compañía 5S como Zona 0 do congreso nacional de inclusión social e artes escénicas, Festival
Escena Móbile de Sevilla, Festival Visibles de Madrid, SacraFestival, Diversidarte, Festival de
Oviedo, Festival de Inclusión de México, e diferentes festivais da Unesco como os de Túnez,
Arxentina, Marrocos etc.... Todos estes lugares amplían o noso campo de actuación e posicionan
ao festival como un referente galego no marco nacional e internacional das artes inclusivas
creando unha marca propia. Tambien formamos parte da plataforma de visibilización Coruña
Diversa xunto con outros encontros especializados como o Festigual ou Diversidarte, creando
unha campaña de comunicación innovadora para a cidadanía.
� Visibilizar as persoas en risco de exclusión social a través das artes visuais, escénicas, musicais, etc
� Crear unha plataforma de formación de calidade de artes e diversidade.
� Xerar espazos de encontro e debate a través das conferencias e mesas redondas especializadas dirixidas a
profesionais e usuarias/os das entidades de inclusión e diversidade funcional en Galicia e a nivel nacional
� Programar espectáculos de artes inclusivas profesionais.
� Editar materiais e publicacións específicas de artes e comunidade desde a Editorial Inoxidable para a inclusión
como fotolibros, videocreacións, DVD, etc
4. PROGRAMA
VENRES 1 DE SETEMBRO
Lugar: Xardíns de Mendez Nunez
1900 HORAS
Presentación do festival
Mostra da peza “O meu lugar!”
Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago
Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez
“O meu lugar” inspírase en “A tempestade” de
Shakespeare, cuxo tema principal é a
usurpación. De lugar e de poder. E como
temas secundarios a vinganza e o perdón. A
obra do bardo sérvenos como escusa para
penetrar en varios temas que nos interesan
nun contexto de crise mundial dunha
sociedade materialista e competitiva, sobre
urbanizada e super poboada, cada vez máis
afastada da súa natureza e da súa esencia.
Unha natureza que se revolve cada vez con
máis intensidade, orixinando catástrofes
naturais que poñerán a proba a supervivencia
da especie humana (Distopía). A illa é unha
metáfora da terra no seu estado máis salvaxe
e paradisíaco. “O meu lugar” é a viaxe do
heroe (o heroe, neste caso, é representado
polo ser humano actual occidental) entendida
como unha viaxe en dous planos de
conciencia. Por unha banda, cando o mundo
ordinario do heroe se interrompe por un factor
externo, presentándose un desafio ou unha
misión que debe emprenderse. E xa no plano
interno, a viaxe que fai o ego cara ao máis
escuro do inconsciente para despois regresar
á esencia e ao ser.
Membros do grupo: Marisol Creo Prego, Clara
López Villar, Tito López Villar, Valle López
Villar, Adriana Paulos Viñas, Elvis García
Torres, Marlon Steven Rincón, Renato Beiroa
Troiteiro, Harry Arreieta García, Paula Rendo Muñoz, Elena García López, Mariña Rey, Lua Duplá
Rodriguez (equipo directivo e docente).
5. Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Peréz
(coreógrafa, bailarina e historiadora del arte) traballando na creación e organización de
proxectos culturais e festivais internacionais de teatro de rua . Inicia su andatura como
coreógrafa levando a cabo o seu primeiro espectaculo de danza contemporánea " A
escondidas" gañador do primer premio de novos creadores de Povoa do Varzim. Dende esa
data ata hoxe colaboraron na compañía diferentes bailarines: Armando Marten, Blanca
Blanco, Alexis Fernández, David Loira, Caterina Valera e codirecciòns coreográficas con Jordi
Cortés, Damian Muñoz, Gema Diaz, Chevy Muraday, Leodan Rodríguez, Alexis Delgado e cos
productores musicales e músicos profesionais como: Banda Municipal de música de A Coruña
, La montagne e Pico Amperio , Rebeca Ponte e Óscar Ramone, Pascal Kleima.
Carlota Pérez desenvolveú durante os últimos 15 anos numerosos espectáculos de danza inclusiva e
proxectos comunitarios.
Ademais, é directora do Encontro Artes pola Integración que se celebra anualmente na Coruña e do
festival de Artes para unha paisaxe de artes, SacraFestival, que tamén é celebrada como cita anual
na Ribeira Sacra Lucense.
Esta peza nace tras a creación da peza “Non Me Toques o Segredo” con Pio López, Clara López e
Carlota Pérez. Tras este traballo, os tres intérpretes comezan a crear unha peza de maior formato para
salas e teatros alternativos que se estreará na Ribeira Sacra na programación ampliada do
SacraFestival e, agora e tras este adianto, estrearase no festival Artes pola Integración.
A peza fala de todas esas carencias e potencialidades sen desenvolver que, se sabemos
transformalas, fannos moi fortes e traspasan todas as barreiras da nosa inspiración.
Carlota Pérez desenvolveu durante os últimos 15 anos numerosos espectáculos de danza inclusiva e
proxectos comunitarios e é directora do Encontro Artes pola Integración que se celebra anualmente na
Coruña e do festival das artes na natureza SacraFest, que tamén é celebrada como cita anual na
Ribeira Sacra Lucense.
Esta peza nace tras a creación da peza Non me toques o segredo con Pio López, Clara López e Carlota
Pérez. Tras este traballo, os tres intérpretes comezan a crear unha peza de maior formato para salas e
teatros alternativos que se estreará na Ribeira Sacra na programación ampliada do SacraFestival e,
agora e tras este adianto, estrearase no festival Artes pola Integración.
A peza fala de todas esas carencias e potencialidades sen desenvolver que, se sabemos transformalas,
fannos moi fortes e traspasan todas as barreiras da nosa inspiración.
2000 HORAS
Experimenta danza
Tuétano
“Tempo de soñar”
6. Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos
labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela
dia a día as formas dos nosos corpos e a nosa vida.
Somos palabras, somos danza, somos música, somos corpo, somos presenza e somos xustizas,
somos outra verdade posible. E estamos vivas, e estamos aquí- Vimos co compromiso de apostar por
vidas, que den mais ganas que medo, mais garra que silencio, mais aire que lamento.
2100 HORAS
Mordiendo la verdad
Recuperando a memoria das mulleres
Teatro, música, danza e poesía visual
7. 2200 HORAS
Encontro de videodanzas e diversidade
Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación
Berde.
“Fiver sempre foi e segue sendo un territorio
mutante, diverso, experimental, acolledor e
transformador, pero o mundo cambiou moito
nestes últimos tempos e sentimos que para
seguir sendo aquilo que nos identificou
desde o noso nacemento debemos apertar o
botón de restablecer, crear novas estruturas
sobre as mesmas bases, ser inspiradores e
sostibles en todos os aspectos, repensar
fórmulas contemporáneas de gobernanza e
relación coas institucións, seguir a nosa
intuición, facer maxia e abrazar o cambio de
paradigma para bailar con el. Sentímolo así.
Non deixamos nin un só día de mirar e
escoitar o que pasa ao noso ao redor, cos
ollos e os oídos ben abertos, cos nosos e cos
vosos, sen deixar de preguntarnos como ser
útiles, como axudar aos que están e aos que
aínda non están, como apoiar mellor os
procesos, o traballo en rede, a formación en espazos híbridos, a creación de territorios transdisciplinares e
un longo etcétera de necesidades do sector artístico actual.
Por ese motivo, movemos o foco e tras 10 anos xa non seguiremos co modelo de festival anual nin co dos
premios e a competición internacional. Desde a nosa primeira edición tomamos ese modelo do mundo do
cinema e usámolo como ferramenta de apoio económico ao xénero e aos e as creadoras de danza en
pantalla e danza/tecnoloxía; isto posibilitounos entregar 50.000 euros nestas 10 edicións, pero creounos
sempre demasiados compromisos e dependencia coa administración e un debate interno en canto a
modelo de apoio piramidal. A partir de agora potenciaremos os concepto de plataforma, proxecto, espazo,
laboratorio etc”.
Samuel Retortillo – Dirección Fiver
Fiver foi apoiado desde a súa creación por
Teatros del Canal, Naves Matadero, Conde
Duque, La Casa Encendida, Filmoteca de
Madrid, Instituto Cervantes, Acción Cultural
Española, Bienal de las Artes del Cuerpo,
Imagen y Movimiento de Madrid BAC, ICAA,
INJUVE, Gobierno de La Rioja, Festival Actual,
Red Iberoamericana de Videodanza REDIV e
diversas embaixadas e axencias de
cooperación internacional, entre outras
institucións.
Ofreceremos cea e bebidas para a xente que
acuda a toda a programación
8. SÁBADO 2 DE SETEMBRO
Lugar: Centro Ágora
Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e
formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude
de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor.
Esta exposición está composta por fotografías, artes plásticas e videocreacións creadas e montadas
polos seus propios mozos e mozas do proxecto e expostas durante 15 días no Centro Ágora.
1600 HORAS
Inauguració Expo
AMOCIDADE CREA
9. XORNADA SAÚDE E MUSEOS
Os nosos museos como espazos e
referencias terapéuticas, lugares onde
redescubrimos antropoloxicamente a
idea do eu, o autocoñecemento a
través da experiencia artística non só
dende a observación, senón tamén a
través da creación xunto ao espazo
museístico e as propias coleccións
como ordes de traballo. Os nosos
museos continentes e contidos como
espazos e puntos de partida, como
ferramentas esenciais para a resilien-
cia individual e colectiva da saúde
comunitaria.
Coordinación da xornada: Rebeca
Ponte
Poñentes:
Rebeca Ponte
Especialista en Artes Terapéuticas, pioneira en Galicia no deseño e implantación de proxectos arteter-
apéuticos nos hospitais. (Oncoloxía, Hematoloxía, Coidados Paliativos...) Docente e dinamizadora en
proxectos de Artes pola Inclusión, Artes Plásticas e Artes Escénicas coa Asociación Diversos.
Juan García Sandoval.
Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Región de Murcia. Director Artístico do Museo
Regional de Arte Moderno de la Región de Murcia. Conservador de Museos e Faculty Member. Proxecto:
“Arteterapia en el Museo”.
Karen Lund Orbeta.
Arteterapeuta especialista en Arte y Museos. Pioneira na implantación de proxectos arteterapéuticos
inclusivos en museos a nivel nacional co Museo de Bellas Artes de Bilbao. Proyecto “Incluímos eMuseo”
Encarna Lago.
Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, descatando o seu labor en Nova Muxeoloxía con
proyectos Inclusivos, sociais e colaborativos.
Doutora Alexandra Gerstain
Curadora de Escultura e Artes Decorativas do CourtLaud Museum de Londres. Isabel Hendley e Danny
Kitchener arteterapeutas da Universidade de RoadHampton.ProXecto: “Illuminating Objects”, do Court-
Laud Museum.
Peche da Xornada Taller Experiencial
ASAMBLEA DIVERSA
De 1430 a 2000 HORAS
1640 a 2000 HORAS
ASAMBLEA DIVERSA
10. "The Sound of the Void" tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en
aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida.
Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente?
Yurdance créase no ano 2014, nace da necesidade de aceptar e convivir creativamente coas singu-
laridades do corpo. Fundaméntase na experimentación dos corpos non normativos e traduce esas
singularidades en ferramentas de creación e expresión.
O obxeto das pezas e xerar no espectador unha reflexión, unha revisión das ideas preconcebidas e
estereotipadas sobre a maneira de mirar e valorar o outro .
Yurdance actuou en diferentes festivais como TAC Valladolid, KIADA (Seúl), Per amor a l’Hart (Hospi-
talet), Danza metropolitana (Barcelona), Cuadernos Escénicos (Garachico-Tenerife) e en MAC La
Mercè (Barcelona), entre outros.
MIRIAM AGUILERA
Miriam, participoú de distintas disciplinas das artes escénicas, teatro, performance, audiovisuales,
pero sobre todo se centra no mundo da danza . Dende o ano 2012 traballa con Jordi Cortés, Gloria
José, Ramon Roig, Artur Villalba, Carles Bigorra, Emil Corral, Gerda Konig e Medhi Faraipour.
Participa en producións de direrentes creadores.
E membro do colectico Linat la Troca dende o ano 2012.
RITA NOUTEL
Rita e unha bailarina, intérprete, performer e coreógrafa. Empezó a bailar có colectivo Linat la Troca
dende o ano 2009 e dende ahí ven traballando profesionalmente xunto a directores como Jordi
Cortés , Gloria José, Adam Benjamin, Ramon Roig, Ariadna Monfort, Arthur Roosvelt, Janis Parker,
Thomas Metler, Pere Faura y Gerda Konig entre otros.
Algunhas das suas participacións como bailarina incluen a obra Fósil, de Jordi Cortés, a video danza,
Brick skin e a participación como videoartista en Fuck in Progress que recibiú o premio a Mellor
coreografía 2017. No ano 2021 xunto a José Maldonado crean Bailes extraños, unha fusión entre
flamenco e contemporáneo.
2000 HORAS
Yurdance
“The Sound of the Void”
Danza
11. Basket Beat: movemento, arte, educación e acción social
Josep M. Aragay Borràs
Basket Beat é unha metodoloxía que utiliza a pelota de baloncesto, o corpo e o xogo para acceder a
experiencias artísticas de calidade e adestrar habilidades para a vida cunha mirada crítica de transfor-
mación social.
Nesta maridaxe (arte + transformación) reside a innovación do proxecto. Trátase —inseparable-
mente— de: a) promover a participación física, intelectual e social na vida cultural desde o convence-
mento e a confianza de que todos temos a capacidade de formar parte e crear a cultura actual (Hold-
en, 2008); e b) xerar cambios significativos, especialmente os que se refiren á mellora da calidade de
vida e do pensamento crítico, nos individuos, grupos, comunidades e sociedade.
O proxecto conta xa con sete anos de experiencia nos que cada día xeramos máis contidos nos
ámbitos da educación, a acción social e a arte.
Do mesmo xeito que fai a investigación-acción participativa, avanzamos e pensamos no que pasa para
seguir facendo. Neste sentido, o noso éxito consiste en estar en contacto coa realidade social do noso
país. E é que cada semana, en organizacións e estruturas tan diversas como colexios, institutos,
cárceres, prazas, residencias, universidades ou entidades do terceiro sector (tamén de fóra de Cata-
luña), acompañamos a máis dun cento de persoas que forman parte diso que o Estado de Benestar
chama "colectivos en risco".
2030 HORAS
Big Band Basket Beat
12. DOMINGO 3 DE SETEMBRO
Lugar: Praza da Constitución
1700 HORAS
Recepcion de Publico
1700 A 2000 HORAS
Concurso de pezas para a comunidade
PROXECTO PATROCINADO POR
Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de
propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración
máxima de 15 minutos, un xurado de expertos seleccionará dúas pezas que recibirán 500 euros
cada unha e unha peza que será a gañadora do premio do público que estará presente durante o
certame. Para o concurso seleccionaranse un máximo de 10 pezas e tres delas serán gañadoras.