SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 11
O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir
Meu pai celebraba o día primeiro de abril. Cando era pequena
mandábame que fose buscar a pedra de afiar as aghullas ao
xastre, este mandábame despois a casa de "José o Mexón" e
este ao mesmo tempo mandábame ao de "Aghulla" que era o
xastre do Señal. Dende o peirao, onde eu vivía, ata o "Señal" a
distancia é grande. Meu pai e os seus compañeiros ríanse moito
de min.
Outras veces o pai dábame un paquete cun rato vivo para que o
levase á da Soutela que era unha muller que tiña unha taberna e
cando eu chegaba alí e abría toda contenta o paquete, que
levaba un lazo e todo, subiamos todas ás mesas co susto de
ver saír o rato.
Josefina Rodríguez Gil
Un día do 1º de abril miña nai mandoume ir a casa do meu irmán.
Tiña que ir buscar unha chaqueta e poñela. Eu puxen a chaqueta e
detrás tiña un boneco pegado. Todos se riron de min. Eu enfadeime e
púxenme a chorar polo enfado que tiña.
Teresa Costas
O conto dunha cativa
Cando eu era cativa, na nosa aldea un
señor que podía ser meu pai poñíanos a
andar a todos dun lado para outro. Pero
nós, aínda que cativos, tamén llas
faciamos ao primeiro que atopabamos,
algúns non se recordaban do día que era
e caían na inocentada do 1º de abril.
-Manuel vai ao agro, que tes o burro ceivo!
E cando Manuel viña de volta botaba
diaños pola boca. A min tamén me fixeron
as miñas.
JDT
O conto da raia
Entre as pescantinas tamén se facían esta broma dos
rabos de raia unhas ás outras.
Un día do mes de abril fomos unhas cantas nenas á
praza de pescado e pedímoslle a unha señora uns rabos
de raia. Como tiñan pinchos nos viñeron moi ben.
As mulleres da aldea cando viñan comprar traían unhas
tocas tapando as costas. Como estas tiñan buratos, nós
buliamos a correr e colgabámoslles os ditos rabos.
Aquilo era de risa. Os homes que estaban na barbería
esmendrellábanse de rir.
Josefa Barreiro
O 1º de abril é unha tradición de fai moitos anos en
Galicia. Agora celébrase o 28 de decembro "o día dos
inocentes". É unha bonita tradición porque se contan
mentiras.
De pequena lembro que coas miñas amigas
mandabamos a alguén facer un recado -como dicirlle
que a profesora mandouno xunto á directora, cousa que
non era verdade, ou era verdade- ou tamén a miña filla
díxolles ás súas amigas que lle tocara a primitiva.
As tradicións galegas non deben de perderse nunca e a
única forma de que así sexa é seguir facéndono,
grandes e pequenos.
Nieves Rodas
Na alameda
Un día polo primeiro de abril, cando era unha nena pero non tan nena,
tiñamos por constume poñernos na Alameda Vella eu e mais as miñas
compañeiras. Os vellos estaban sentados e nós iamos por atrás e
colocabamos un burro.
Unha vez, cando se levantaron nós estabamos detrás do palco da
música escondidas. Empezaron entre eles a culparse uns a outros, tanto
que saíron incomodados e nós todas disfrutando do primeiro de abril que
van os burros a onde non deben de ir.
Carmen Vilariño
Festas de San Salvador
Sendo eu pequena, nas festas do Patrón "mamá" mandoume á
tenda por fariña. Díxome que correra xa que lle facía falta. Fun,
pero ao vir de volta empezaron cos "fogos da Procesión". Eu, co
medo que lles tiña, non sabía onde meterme e fun correndo para
ampararme (nin máis nin menos ao lado do fogueteiro). Non me
movín do seu carón mentres que non terminaron os fogos.
Cando cheguei a casa xantei e ceei todo xunto da man de "mamá"
que me deu uns escobasos por chegar tarde.
Mª Josefa Rúa Miranda
O conto do gato
Hai moitos anos, sendo unha rapaza, eu e mailo meu irmán pequeno
decidimos facer unha trasnada. Collimos o gato e empaquetámolo
dentro dunha caixa. Era o primeiro de abril e díxenlle ao meu irmán:
"colle a caixa e lévalla á nosa tía". O pobriño levoulla.
A tía chamábase Ermitas e tiña un xenio da rabia. Cando meu irmán
chegou xunto a ela, a tía díxolle "Que me traes?" "Este paquete, que é
para vostede".
Vaia paliza que levamos e el con moita gracia díxolle: foi a Cari. E
andivo todo día así dun lado para outro o pobre do gato.
Francisca Santos Giráldez
O conto das pitas
Hai uns anos que fixemos unha trasnada. Entre unha pandilla de
amigos mandamos un paquete cun agasallo e dixémoslle ao peón
que o levaba eran un par de pitas dentro. Cando foron abrir para
ver que tiña dentro decatáronse que lle faltaban as pitas.
Luisa Martínez
O tractor
Díxolle o meu marido a Julio: "Son capaz de facerlle unha broma ao teu
pai" e el contestoulle: "Non es capaz".
O meu marido chamou ao seu pai facéndose pasar por un xefe de tráfico
de Pontevedra dicindo que tal día o tractor con tales números de placa ía
a unha velocidade de 80 km/h pola estrada de Cela. O pai de Julio, todo
preocupado contestoulle moi educado "Non se preocupe vostede que
mañá o meu fillo e eu presentámonos en Pontevedra".
O fillo, ao ver que o seu pai crérao díxolle que se fixase no día que era e
o pai botouse a reir pois se deu conta nese momento que era unha
broma.
María González Molanes
O peixe de abril
Unha lenda moi antiga conta a historia dunha tradición da Idade Media cando as xentes
desa época tiñan por costume cada día un do mes de abril pasar o dito día gastándose
bromas uns a outros.
Ao parecer na Idade Media o papa Gregorio XIII decidíu cambiar a data do ano novo do día
un de abril ao día un de xaneiro.
A moita xente das vilas este cambio colleunos de sorpresa e como tardaron moito en
decatarse do cambio do calendario foron motivo de moitas bromas e burlas.
Por iso o do día dos inocentes.
Tamén dicir que o calendario gregoriano foi chamado así en recordo do papa Gregorio XIII,
que foi quen o cambiou polo calendario xuliano que se utilizaba dende a época dos
romanos e levaba o nome en memoria do emperador Xulio César. Este calendario xuliano
tiña once minutos e catorce segundos máis ca o ano solar o que causaba problemas
estacionais, facendo que a primavera se adiantase.
Os franceses chamábanlle a este cambio de datas o dia do "peixe de abril" ou "poisson
d'avril". Antigamente facían festas e celebrábano o día un de abril. Quen recibía as bromas
eran chamados peixes de abril e hai quen di que o día dos inocentes era tamén este día
debido a que a chegada da primavera traía a ledicia e despreocupacións ás xentes e que
de tanta ledicia todos acababan gastándose bromas entre eles para pasalo mellor.
En Galiza tamén era chamado o "Día dos Enganos" ou o "Día dos Burros".
Manuel Ramírez

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (20)

O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
Alba Silvia
Alba SilviaAlba Silvia
Alba Silvia
 
O samaín (a rata Luisa)
O samaín (a rata Luisa)O samaín (a rata Luisa)
O samaín (a rata Luisa)
 
Coplas 2016
Coplas 2016Coplas 2016
Coplas 2016
 
Coplas 17
Coplas 17Coplas 17
Coplas 17
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Artigos contraccións
Artigos contracciónsArtigos contraccións
Artigos contraccións
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Presentación as avoas
Presentación as avoasPresentación as avoas
Presentación as avoas
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
NO PATRÓN?
NO PATRÓN?NO PATRÓN?
NO PATRÓN?
 
Pipoemargarida
PipoemargaridaPipoemargarida
Pipoemargarida
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
POEMANUARIOS VERMELLOS DE 3º
POEMANUARIOS VERMELLOS DE 3ºPOEMANUARIOS VERMELLOS DE 3º
POEMANUARIOS VERMELLOS DE 3º
 

Andere mochten auch

Historia del jiu jitsu
Historia del jiu jitsuHistoria del jiu jitsu
Historia del jiu jitsusani1991
 
Laedadmedia 140806104024-phpapp01
Laedadmedia 140806104024-phpapp01Laedadmedia 140806104024-phpapp01
Laedadmedia 140806104024-phpapp01Paty Vega Daniells
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"cenlf
 
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seat
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seatiaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seat
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seatIaetsd Iaetsd
 
Guía nadal 2016 cara a
Guía nadal 2016 cara aGuía nadal 2016 cara a
Guía nadal 2016 cara arosaliagrove
 
Actividades económicas
Actividades económicasActividades económicas
Actividades económicasPablo Ruiz
 
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015tudense
 
Censo 2008- Provincia de córdoba
Censo 2008- Provincia de córdobaCenso 2008- Provincia de córdoba
Censo 2008- Provincia de córdobaPablo Ruiz
 
Fechas historia (temas cortos)
Fechas historia (temas cortos)Fechas historia (temas cortos)
Fechas historia (temas cortos)etorija82
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artestudense
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemascenlf
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalBibliotecaRevoltas
 
Tema 5. El Prerrománico II
Tema 5. El Prerrománico IITema 5. El Prerrománico II
Tema 5. El Prerrománico IIIES Las Musas
 
Tema 8. el arte románico
Tema 8. el arte románicoTema 8. el arte románico
Tema 8. el arte románicoMarta López
 

Andere mochten auch (18)

Historia del jiu jitsu
Historia del jiu jitsuHistoria del jiu jitsu
Historia del jiu jitsu
 
Laedadmedia 140806104024-phpapp01
Laedadmedia 140806104024-phpapp01Laedadmedia 140806104024-phpapp01
Laedadmedia 140806104024-phpapp01
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
 
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seat
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seatiaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seat
iaetsd Economic analysis and re design of driver’s car seat
 
Guía nadal 2016 cara a
Guía nadal 2016 cara aGuía nadal 2016 cara a
Guía nadal 2016 cara a
 
Actividades económicas
Actividades económicasActividades económicas
Actividades económicas
 
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
 
Censo 2008- Provincia de córdoba
Censo 2008- Provincia de córdobaCenso 2008- Provincia de córdoba
Censo 2008- Provincia de córdoba
 
Fechas historia (temas cortos)
Fechas historia (temas cortos)Fechas historia (temas cortos)
Fechas historia (temas cortos)
 
Decálogo del emprendedor en Castilla y León
Decálogo del emprendedor en Castilla y LeónDecálogo del emprendedor en Castilla y León
Decálogo del emprendedor en Castilla y León
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artes
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
 
Marmelo
MarmeloMarmelo
Marmelo
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
 
Tema 5. El Prerrománico II
Tema 5. El Prerrománico IITema 5. El Prerrománico II
Tema 5. El Prerrománico II
 
Tema 8. el arte románico
Tema 8. el arte románicoTema 8. el arte románico
Tema 8. el arte románico
 
El cine powerpoint
El cine powerpointEl cine powerpoint
El cine powerpoint
 
UD1. El Relieve
UD1. El RelieveUD1. El Relieve
UD1. El Relieve
 

Ähnlich wie 1º de abril contos

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onteelvira3
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)MonContos
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e CrocoO tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e Crocoxoaquín freixeiro
 
A sereiña copia
A sereiña   copiaA sereiña   copia
A sereiña copiamavemave
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitospaulaif
 
Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)orientacionsf
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 

Ähnlich wie 1º de abril contos (20)

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e CrocoO tesouro de Ton, Pincho e Croco
O tesouro de Ton, Pincho e Croco
 
A sereiña copia
A sereiña   copiaA sereiña   copia
A sereiña copia
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 

Mehr von quendadeira

Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoquendadeira
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...quendadeira
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cachoquendadeira
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casaresquendadeira
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chavequendadeira
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoquendadeira
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froitaquendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundariaquendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantilquendadeira
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celtaquendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésquendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiagoquendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirquendadeira
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOquendadeira
 

Mehr von quendadeira (20)

25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cacho
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
 

1º de abril contos

  • 1. O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir Meu pai celebraba o día primeiro de abril. Cando era pequena mandábame que fose buscar a pedra de afiar as aghullas ao xastre, este mandábame despois a casa de "José o Mexón" e este ao mesmo tempo mandábame ao de "Aghulla" que era o xastre do Señal. Dende o peirao, onde eu vivía, ata o "Señal" a distancia é grande. Meu pai e os seus compañeiros ríanse moito de min. Outras veces o pai dábame un paquete cun rato vivo para que o levase á da Soutela que era unha muller que tiña unha taberna e cando eu chegaba alí e abría toda contenta o paquete, que levaba un lazo e todo, subiamos todas ás mesas co susto de ver saír o rato. Josefina Rodríguez Gil
  • 2. Un día do 1º de abril miña nai mandoume ir a casa do meu irmán. Tiña que ir buscar unha chaqueta e poñela. Eu puxen a chaqueta e detrás tiña un boneco pegado. Todos se riron de min. Eu enfadeime e púxenme a chorar polo enfado que tiña. Teresa Costas
  • 3. O conto dunha cativa Cando eu era cativa, na nosa aldea un señor que podía ser meu pai poñíanos a andar a todos dun lado para outro. Pero nós, aínda que cativos, tamén llas faciamos ao primeiro que atopabamos, algúns non se recordaban do día que era e caían na inocentada do 1º de abril. -Manuel vai ao agro, que tes o burro ceivo! E cando Manuel viña de volta botaba diaños pola boca. A min tamén me fixeron as miñas. JDT
  • 4. O conto da raia Entre as pescantinas tamén se facían esta broma dos rabos de raia unhas ás outras. Un día do mes de abril fomos unhas cantas nenas á praza de pescado e pedímoslle a unha señora uns rabos de raia. Como tiñan pinchos nos viñeron moi ben. As mulleres da aldea cando viñan comprar traían unhas tocas tapando as costas. Como estas tiñan buratos, nós buliamos a correr e colgabámoslles os ditos rabos. Aquilo era de risa. Os homes que estaban na barbería esmendrellábanse de rir. Josefa Barreiro
  • 5. O 1º de abril é unha tradición de fai moitos anos en Galicia. Agora celébrase o 28 de decembro "o día dos inocentes". É unha bonita tradición porque se contan mentiras. De pequena lembro que coas miñas amigas mandabamos a alguén facer un recado -como dicirlle que a profesora mandouno xunto á directora, cousa que non era verdade, ou era verdade- ou tamén a miña filla díxolles ás súas amigas que lle tocara a primitiva. As tradicións galegas non deben de perderse nunca e a única forma de que así sexa é seguir facéndono, grandes e pequenos. Nieves Rodas
  • 6. Na alameda Un día polo primeiro de abril, cando era unha nena pero non tan nena, tiñamos por constume poñernos na Alameda Vella eu e mais as miñas compañeiras. Os vellos estaban sentados e nós iamos por atrás e colocabamos un burro. Unha vez, cando se levantaron nós estabamos detrás do palco da música escondidas. Empezaron entre eles a culparse uns a outros, tanto que saíron incomodados e nós todas disfrutando do primeiro de abril que van os burros a onde non deben de ir. Carmen Vilariño
  • 7. Festas de San Salvador Sendo eu pequena, nas festas do Patrón "mamá" mandoume á tenda por fariña. Díxome que correra xa que lle facía falta. Fun, pero ao vir de volta empezaron cos "fogos da Procesión". Eu, co medo que lles tiña, non sabía onde meterme e fun correndo para ampararme (nin máis nin menos ao lado do fogueteiro). Non me movín do seu carón mentres que non terminaron os fogos. Cando cheguei a casa xantei e ceei todo xunto da man de "mamá" que me deu uns escobasos por chegar tarde. Mª Josefa Rúa Miranda
  • 8. O conto do gato Hai moitos anos, sendo unha rapaza, eu e mailo meu irmán pequeno decidimos facer unha trasnada. Collimos o gato e empaquetámolo dentro dunha caixa. Era o primeiro de abril e díxenlle ao meu irmán: "colle a caixa e lévalla á nosa tía". O pobriño levoulla. A tía chamábase Ermitas e tiña un xenio da rabia. Cando meu irmán chegou xunto a ela, a tía díxolle "Que me traes?" "Este paquete, que é para vostede". Vaia paliza que levamos e el con moita gracia díxolle: foi a Cari. E andivo todo día así dun lado para outro o pobre do gato. Francisca Santos Giráldez
  • 9. O conto das pitas Hai uns anos que fixemos unha trasnada. Entre unha pandilla de amigos mandamos un paquete cun agasallo e dixémoslle ao peón que o levaba eran un par de pitas dentro. Cando foron abrir para ver que tiña dentro decatáronse que lle faltaban as pitas. Luisa Martínez
  • 10. O tractor Díxolle o meu marido a Julio: "Son capaz de facerlle unha broma ao teu pai" e el contestoulle: "Non es capaz". O meu marido chamou ao seu pai facéndose pasar por un xefe de tráfico de Pontevedra dicindo que tal día o tractor con tales números de placa ía a unha velocidade de 80 km/h pola estrada de Cela. O pai de Julio, todo preocupado contestoulle moi educado "Non se preocupe vostede que mañá o meu fillo e eu presentámonos en Pontevedra". O fillo, ao ver que o seu pai crérao díxolle que se fixase no día que era e o pai botouse a reir pois se deu conta nese momento que era unha broma. María González Molanes
  • 11. O peixe de abril Unha lenda moi antiga conta a historia dunha tradición da Idade Media cando as xentes desa época tiñan por costume cada día un do mes de abril pasar o dito día gastándose bromas uns a outros. Ao parecer na Idade Media o papa Gregorio XIII decidíu cambiar a data do ano novo do día un de abril ao día un de xaneiro. A moita xente das vilas este cambio colleunos de sorpresa e como tardaron moito en decatarse do cambio do calendario foron motivo de moitas bromas e burlas. Por iso o do día dos inocentes. Tamén dicir que o calendario gregoriano foi chamado así en recordo do papa Gregorio XIII, que foi quen o cambiou polo calendario xuliano que se utilizaba dende a época dos romanos e levaba o nome en memoria do emperador Xulio César. Este calendario xuliano tiña once minutos e catorce segundos máis ca o ano solar o que causaba problemas estacionais, facendo que a primavera se adiantase. Os franceses chamábanlle a este cambio de datas o dia do "peixe de abril" ou "poisson d'avril". Antigamente facían festas e celebrábano o día un de abril. Quen recibía as bromas eran chamados peixes de abril e hai quen di que o día dos inocentes era tamén este día debido a que a chegada da primavera traía a ledicia e despreocupacións ás xentes e que de tanta ledicia todos acababan gastándose bromas entre eles para pasalo mellor. En Galiza tamén era chamado o "Día dos Enganos" ou o "Día dos Burros". Manuel Ramírez