Anzeige

Boletín PSOE Bergondo 2019

13. May 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Anzeige
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Anzeige
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Anzeige
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
Anzeige
Boletín PSOE Bergondo 2019
Nächste SlideShare
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
Wird geladen in ... 3
1 von 20
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

Boletín PSOE Bergondo 2019

  1. Unha candidatura para continuar o traballo comezado hai 20 anos A lejandra Pérez Máquez volve a encabezar a can- didatura dos socialistas de Bergondo para as eleccións municipais do 26 de maio. Faino coa máxima ilusión II Apostando polos Servizos Sociais P. 4-5 II Desenvolvemento urbanístico para San Cidre P. 6 II Esforzo para lograr unha edu- cación universal P. 8 II Investimento para mellorar o municipio P. 12-15 II Xestión impeca- ble para unhas contas saneadas P. 16 e co firme propósito de continuar implementando as políticas que caracterizan aos socialistas de Bergondo desde hai 20 anos: unha decidida aposta polas pro- postas educativas e sociais pero tamén tendo en conta o firme obxectivo de aumentar os servi- zos e mellorar as infraestrutu- ras. O Bergondo que queremos é un Bergondo en continuo crece- mento. Lidera unha lista que une mocidade e veteranía, sinónimo de experiencia na xestión e de coñecemento das necesidades e os problemas do día a día das súas veciñas e veciños, algo que outros non poden ofrecer.
  2. 2 C A R T A Estimado veciño: Estimada veciña: 2 O vindeiro domingo 26 de maio celébranse eleccións municipais, nas que me presento á reelección como alcaldesa de Bergondo polo PSdeG-PSOE. Ante todo, quero animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque a administración mu- nicipal é a máis próxima á cidadanía, a que se ocupa dos problemas cotiáns da xente. Así o entendemos os socialistas e por iso durante os últimos anos centramos os es- forzos do goberno municipal que presido en facer de Bergondo un lugar mellor para vivir. Entre as numerosas accións que desenvolve- mos neste mandato conseguimos algúns lo- gros importantes para o noso concello como a ampliación da rede de saneamento, a me- llora da maior parte da rede de camiños mu- nicipais, a mellora dos equipamentos depor- tivos e de ensino, os avances no Plan Xeral, a creación de novos modelos de asentamento e tamén de novas posibilidades de comercio... Pero sobre todo, sempre pensamos en go- bernar para a xente. Por iso aumentamos o investimento nos diferentes programas de Servizos Sociais; reforzamos a nosa aposta por un sistema de bolsas educativas centrado en apoiar ás familias, mantemos os progra- mas de axudas ás asociacións, empresas, de- portistas... En definitiva, intentamos ser fieis ao noso compromiso de atender as principais necesidades das nosas veciñas e veciños. Somos conscientes de que aínda é moito o que queda por facer, moitos os retos que nos agardan para o futuro. A nosa xestión dos recursos está a traducirse nunhas contas económicas en moi bo estado, o que nos vai permitir afrontar os retos que nos veñen por diante. Por iso, elaboramos un ambicioso programa electoral, que queremos que sexa o noso compromiso contigo para os vindeiros catro anos. Un programa para seguir avan- zando, que incorpora moitas das ideas que os veciños nos fixestes chegar durante os últimos anos no día a día ou a través dos no- sos mecanismos de participación para seguir mellorando o noso concello e que podere- des consultar en bergondo.psdeg-psoe.org. Para que o Bergondo que queremos sexa unha realidade necesitamos o voso apoio, un apoio maioritario que nos permita apli- car o noso modelo de goberno. Pola nosa experiencia destes 20 anos sabemos que un goberno estable é garantía de progre- so. Por ti e por Bergondo, necesitámos- te. Espero e desexo poder contar co teu voto e a túa confianza para facelo posible. Pola miña parte, comprométome a seguir traballando coa mesma ilusión do primeiro día para construír, entre todos, un Bergondo mellor e para todas e todos. - Alejandra Pérez Máquez Alcaldesa de Bergondo
  3. 3O B X E C T I V O S P R I O R I T A R I O S 3 Dotaremos a San Cidre de equipamentos, espazo comercial e zonas verdes 1. Editaremos publicacións sobre a historia de Bergondo 2. Impulsaremos actividades para a mocidade na Casa da Xuventude 3. Deseñaremos programas de deporte en coordinación cos centros de saúde 5. Continuaremos levando a cabo programas de formación gratuíta para desempregados 7. Creación dun complexo deportivo na Senra 6. Dotación de beirarrúas na AC-214, no límite de Guísamo con Cambre 9. Continuaremos coa renovación da iluminación con tecnoloxía LED 10. Creación do Centro Interxeracional de Bergondo: centro socio-comunitario e ludoteca 11. Recuperación da Praia do Regueiro e reordenación do espazo do Pedrido 12. Potenciaremos accións de igualdade a través da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero 4. Creación do Paseo Fluvial do Río Maior, que está en tramitación 8.
  4. 4 Programassociaisparacontinuar gobernandoparaaspersoas O departamento de Servizos Sociais foi un dos máis activos desta lexislatura. O noso compromiso de gobernar para as persoas é inelu- dible e, por iso, destinamos ano tras ano nos orzamentos munici- pais importantes partidas econó- micas para esta área. Levamos a cabo programas deseñados para cubrir as necesidades das nosas veciñas e veciños. Os programas de axuda ás familias, o apoio e o coidado dos maiores ou a formación son piares básicos da nosa forma de gobernar para as persoas. O noso compromiso é firme. Por iso continuaremos destinando esforzos e recursos para desenvolver esta área. Desde o 2015 un total de 126 familias en situación de precarie- dade económica beneficiáronse a través de 386 prestacións do programa municipal de apoio á cobertura dalgunha das súas necesidades básicas. Cobertura de necesidades básicas B E N E S T A R S O C I A L APOIAMOS ÁS FAMILIAS Regulamos o programa de reparto de alimentos derivados dos excedentes de produción entre 418 persoas catalogadas como poboación vulnerable. Programa de alimentos de Cruz Vermella Desenvolvéronse unha serie de accións específicas dirixidas a mellorar a empregabilidade de diferentes colectivos en risco de exclusión social nas que participaron 52 persoas. Risco de exclusión social Unha media de 800 participantes ao ano participan nas di- ferentes actividades organizadas no programa de Envelle- cemento Activo, a través de obradoiros, accións deportivas, festas, roteiros ou saídas socioculturais. Programa de Envellecemento Activo ESTAMOS COS NOSOS MAIORES Foron 59 as mulleres coidadoras ou familiares que participa- ron no programa Cuidadanas, que ten o obxectivo de aliviar o estrés, o illamento e a sobrecarga emocional que van asocia- dos ó traballo dos coidados non profesionais. Programa Cuidadanas PENSAMOS NOS QUE COIDAN Un curso formativo para familiares de persoas con demencia que comezou no 2018 e no que participaron un total de 17 familiares ou profesionais. Xuntos nos Coidados No CPI Cruz do Sar leváronse a cabo unha serie de obradoiros dirixidos a todo o alumnado con distintos fins: de educación afectivo sexual, para a igualdade e de prevención de drogas. Obradoiros de prevención FORMAMOS ÁS PERSOAS Nesta lexislatura tamén se organizaron xornadas formativas específicas en colaboración con entidades como Anhida Coru- ña, TP Galicia ou Dismacor dirixidas a familias e profesionais nas que participaron 222 persoas Outras xornadas formativas
  5. 5B E N E S T A R S O C I A L Estenderemos o Servizo de Axuda no Fogar para ten- tar cubrir a totalidade dos demandantes. Analizaremos diferentes accións de fomento da con- ciliación. Potenciaremos accións de igualdade a través da Mesa Local Contra a Violencia de Xénero. Estudaremos a implantación de programas como Xantar na Casa. Implantaremos novas propostas no programa de maiores Envellecemento Activo a través de xornadas lúdicas nas zonas de lecer do municipio. Continuaremos co programa Xuntos nos Coidados, coa unidade de memoria. O Programa de Integración Laboral de persoas con discapacidade continuará crecendo, así como as ac- tividades deportivas e de lecer para persoas con dis- capacidade e mobilidade reducida. Impulsaremos o encontro entre xeracións a través do Plan Municipal de Actuación Interxeracional, que fomentará coñecemento e educará contra estereoti- pos. Creación dun centro sociocomunitario e ludoteca con actividades para os nosos maiores e para rapaces. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Apostapola inclusiónnun UniversoDiverso O Concello de Bergondo desenvolve desde hai anos o programa Uni- verso Diverso, dirixido ás O programa busca promover a autonomía de persoas con diversidade funcional persoas con diversidade funcio- nal do municipio. O seu obxectivo é promover a súa autonomía e integración a través de proxectos de todo tipo ao longo do ano. Desde o ano 2015 o número de beneficiarios directos e indi- rectos deste programa ao que dedicamos máis de 50.000 euros anuais foi aumentando, pasando de 54 a 62 rexistrados no pasado ano 2018. A Escola infantil, servizo necesario En Bergondo contamos desde o ano 2005, momento no que a inauguramos oficialmente, cunha escola infantil municipal. Un servizo moi necesario para as nosas familias, que favore- ce a conciliación e beneficia o desenvolvemento individual dos menores. Cada ano adicamos máis de 90.000 euros para a renovación dun servizo que consideramos esencial para os nosos veciños e veciñas. Máis de 40 nenas e nenos de 0 a 3 anos matrículan- se todos os cursos a través dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo. Ademais durante o ano 2018 levamos a cabo, utilizando unha das axudas dos fondos europeos FEDER, a instalación de varios elementos no patio exterior das instalacións. Colocáronse toldos de fachada para mello- rar o espazo do parque infantil e protexer así aos menores da exposición solar. Visita ao Dolmen de Dombate Exterior da Escola Infantil Municipal
  6. 6 Equipamentos, zonas verdes e espazo comercial para San Cidre O proxecto de reordenación da zona de San Cidre continúa en marcha, co obxectivo de reforzar e completar a súa trama urbana, dotándoo de equipamentos, es- pazo comercial, zonas verdes e mellorando o seu trazado viario ademais de propoñer un novo modelo de vivenda que responde Plano da modificación puntual para a zona de San Cidre ás necesidades actuais. É unha oportunidade para des- envolver urbanísticamente estes Continúa a tramitación da modificación das normas para reforzar o núcleo sen agardar polo Plan Xeral Crearase un novo equipamento que funcionará como Biblioteca e Arquivo O PXOM continúa a cumprir os trámites Paso a paso, cumprindo coas obrigas que estipula a normativa legal, o Plan Xeral de Bergondo continúa a queimar etapas e trámites para chegar ao noso obxectivo final: a súa aprobación definitiva. Actualmente, atopámonos na fase de aprobación inicial do bo- rrador, que xa foi remitido á Xun- ta de Galicia, que o validou e soli- citou unha serie de modificacións para adaptarse á normativa. U R B A N I S M O terreos sen agardar polo PXOM. Así, San Cidre contaría cun novo equipamento que funciona- rá como Biblioteca e Arquivo, un parque verde co triplo de super- ficie co actual, dúas zonas para vivendas colectivas en altura con posibilidade de baixos comer- ciais e unha superficie comercial de 2.700 metros cadrados. BORRADOR DO PLAN 1. APROBACIÓN INICIAL 2. PROPOSTA DE PXOM E AVALIACIÓN AMBIENTAL 3. APROBACIÓN PROVISIONAL 4. APROBACIÓN DEFINITIVA 5. PUBLICACIÓN NO DOG E NO BOP 6.
  7. 7U R B A N I S M O Continuaremos coa tramitación do PXOM, un Plan Xeral sostible e moi necesario que permitirá o cre- cemento de Bergondo, a creación de novos modelos de vivenda máis asequibles e adaptados aos novos tempos, ademais da xeración de zonas verdes, equi- pamentos e solo industrial. Seguiremos, mentres tanto, coa tramitación da mo- dificación das normas subsidiarias para ampliar os usos e favorecer as opcións de negocio e emprende- mento. Dotaremos a San Cidre de equipamentos, espazo co- mercial e zonas verdes a través da modificación pun- tual. Estudaremos a implantación do modelo de vivenda colectiva. Modificamos as normas para crear oportunidades de negocio A pesar de que avanza nos prazos marcados pola le- xislación, somos conscien- tes de que a tramitación do Plan Xeral é un proceso longo. Por iso, foi necesario actualizar as normas subsidiarias, que rexen o planeamento municipal desde o ano 1992 e que nalgúns puntos necesitaban dunha serie de modificacións para adaptalas á normativa vixente e para co- rrixir algúns puntos que agora permitirán novas oportunidades de negocio para Bergondo. Así, nos meses de xaneiro e fe- breiro, desde o goberno levamos a pleno as modificacións pun- tuais sexta é sétima das normas subsidiarias. A primeira, centra- da na precisión das condicións de ordenación que antes resultaban de difícil aplicación por parte dos técnicos municipais, permitiu que non existan inconcrecións ou A actualización das regras favorece tamén unha lóxica e mellor xestión municipal As modificacións aprobáronse por unanimidade en sesións plenarias contradicións entre as diversas ordenanzas de solo urbano ur- banizable e núcleo rural. A nor- mativa permite ampliar os usos, algo que as normas subsidiarias non permitían, e que significará a posibilidade de crear segun- das oportunidades a naves que estaban fora de ordenación. Por outra banda, a modificación sétima é de interese público e afecta a toda a cidadanía xa que- NO BERGONDO QUE QUEREMOS... se refire á corrección de erros que dificultaban a aplicación de determinados artigos, xerando inseguridade xurídica. Esta mo- dificación permitiu simplificar e facilitar os procesos.
  8. 8 C U L T U R A , E D U C A C I Ó N E X U V E N T U D E Crearemos puntos de intercambio de libros e unha biblioteca municipal dixital. Editaremos publicacións sobre a nosa historia. Continuaremos incrementando o programa de bol- sas a estudantes así como o banco de libros de texto. Estableceremos o premio literario Filomena Dato, po- tenciando a súa figura e o papel da muller. Continuaremos coa Escola de Pais-Nais online. Dotaremos de máis recursos ás escolas de música e xadrez levadas a cabo pola ANPA. Faremos proxectos nos colexios sobre: feminismo e violencia de xénero; e sobre medos e violencia. Impulsaremos actividades para a mocidade a través da Casa da Xuventude e traballaremos para recupe- rar os intercambios de estudantes. Máisde30.000eurosen axudasáescolarización A educación é un dos piares fundamentais da socieda- de. Unha das premisas de goberno da alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e é que a educación debe ser libre Das subvencións ao desprazamento benefícianse máis de 100 persoas ao ano e das de libros máis de 300 do que se beneficiaron 634 me- nores dun total de 466 familias. Outra das liñas, dotada con 43.080 euros nesta lexislatura, ten que ver coa subvención ao desprazamento aos centros, destinado ás etapas que non contan con servizos públicos de transporte, e que contou con 471 beneficiarios en catro anos. A terceira pata das axudas educativas é a que se refire aos libros de texto. O alumnado de 1º e 2º de primaria recibe deste xeito libros gratuítos e os cursos restantes poden optar ao présta- mo de exemplares. e gratuíta e perseguindo este obxectivo, o Partido Socialista, no Concello de Bergondo des- envolve unha serie de progra- mas e actuacións concretas. O sistema de axudas mu- nicipais busca responder ás necesidades das familias nas diferentes etapas de ensino. Así, existen as axudas á escola- rización de menores, dirixidas ás familias de Bergondo que se atopen nunhas condicións económicas e sociais desfavo- rables. Nos últimos catro anos destináronse 33.103 euros a este programa de subvencións Éxitodasactividadesculturais Un total de 1.395 persoas parti- ciparon nas actividades culturais municipais que levou a cabo o Concello de Bergondo desde o ano 2015. Opcións como os cursos de cociña, os de encaixe de bolillos, os campamentos urbanos ou as acampadas son as máis solicita- das entre os usuarios. O PSOE de Bergondo está con- vencido de que os programas que levan a cabo as asociacións e as comisións de festas son de interese xeral para todos os veciños e veciñas, xa que fun- cionan como complemento á oferta municipal e do resto das administracións públicas. Por iso, para apoiar a súa acti- vidade, durante esta lexislatura destinou 32.500 euros ás sub- vencións as comisións de festas e 47.857 euros como subvención ás entidades sen ánimo de lucro. 80.000 euros para entidades e comisións Desde o 2009 desénvolvese o programa ‘Madruga’, de fomen- to da conciliación a través da apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo. Durante todo o ano 30 nenos e nenas al- morzan na Senra desde ás 7:30 horas antes de entrar á clase, co obxectivo de dar resposta ás ne- cesidades horarias das familias facilitando o acceso ao mercado laboral dos proxenitores. Programa Madruga para a conciliación NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Momento dunha acampada
  9. 9F O R M A C I Ó N , P R O M O C I Ó N E C O N Ó M I C A E E M P R E G O Formaciónparamellorar aempregabilidade O método máis efectivo para loitar contra o desemprego, e un dos poucos nos que ten Máis dun milleiro de persoas participaron en medio cento de cursos formativos municipais competencias a administración municipal, é a formación. Por iso, desde o Concello de Bergondo deséñase ano tras ano un completo programa de cursos formativos gratuítos no que nesta lexislatura chegaron a participar ata o momento 1.100 persoas, divididas nun total de 62 cursos, adquirindo compe- tencias demandadas no mercado laboral como o curso de carre- tilla elevadora, manipulador de O obxectivo primordial do PSOE de Bergondo é favorecer os intereses da veciñanza. Por iso o Concello uniuse a outros municipios da comarca para levar a cabo, conxuntamente, un obradoiro de emprego que conta coas modalidades de fru- ticultura e xardinaría e no que participan 4 bergondeses. Obradoirosde fruticulturae xardinaría O proceso de busca de empre- go é máis sinxelo se se conta coas ferramentas necesarias e se coñecen os camiños que se deben seguir. Para iso, a figura do orientador laboral é impres- cindible. O Concello de Bergondo, na busca de ofrecer as mellores posibilidades aos seus veciños e veciñas, puxo en marcha este servizo de xeito mancomunado con Abegondo e, desde o 2015, a orientadora laboral concertou un total de 1.096 citas nas de- pendencias municipais do Polí- gono Industrial de Bergondo. Orientación para a busca de emprego alimentos, monitor de tempo libre ou cursos de inglés. Estas accións formativas permitiron mellorar a empre- gabilidade dos usuarios, o que redundou no descenso da cifra de desempregados en Ber- gondo nos últimos catro anos, pasando de contar con 517 persoas desempregadas en 2015 a rexistrarse 367 persoas en situación de desemprego no mes de abril de 2019. Crearemos o programa Deseñando o Meu Futuro: pri- meiro contacto entre empresas e estudantes. Comprometémonos a continuar coa programación formativa gratuíta municipal para desempregados. Continuaremos apostando polo servizo de orienta- ción laboral. Buscaremos a colaboración das institucións para a creación dun Viveiro de Empresas. Crearemos a Escola de Emprendedores para guiar no proceso de constitución de novas empresas, forma- ción en emprendemento e vías de axuda. Elaboraremos unha guía local de gastronomía e co- mercio de Bergondo. Sumarémonos a plans que potencien a promoción do noso solo industrial NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Os cursos que oferta o Concello adaptánse ás demandas do mercado
  10. 10 C A N D I D A T U R A ALEJANDRA PÉREZ MÁQUEZ CANDIDATA Á ALCALDÍA DE BERGONDO Como se definiría Alejandra? Defínome como unha persoa traballadora, ilusionada co que fai e que ten claros os proxectos que lle gustaría que se levasen a cabo no municipio de Bergondo. Que expectativas tes para as eleccións? Queremos mellorar o resul- tado das pasadas eleccións municipais, e cremos que te- mos razóns para conseguilo. O que precisa o concello de Bergondo é estabilidade para Que balance fas dos anos na alcaldía? Os dous primeiros anos foron difíciles por ter que botar man de proxectos que eu non xestionaba directamente. O mandato de 2011-2015 tamén foi complicado. Neste último houbo máis flexibilidade en canto á normativa estatal. Ademais, a estabilidade do go- berno permitiunos facer moi- tas máis cousas polos veciños e veciñas. Como é o teu día a día como candidata? Intentaremos chegar á maior parte de veciños e veciñas como adoitamos facer sem- pre. Iso si, sen deixar de ocu- par o cargo que ocupo. Temos obrigas como pode ter calque- ra outra persoa no seu traba- llo privado. Esas ocupacións obríganme a non esquecerme de que sigo sendo a alcaldesa de Bergondo e que non podo deixar de atender o Concello polo feito de ser tamén candi- data. Como foi elaborar a candidatura? Foi un proceso que empezou a xurdir a través do equipo que xa tiñamos conformado Cal é o Bergondo que queres? Quero un Bergondo para as familias, o que inclúe recursos para os nenos e nenas, para os mozos e mozas, para os maio- res e, por suposto, para fomen- tar o emprego. Estamos nunha zona moi privilexiada tanto polas conexións viarias como pola proximidade á cidade da Coruña. Bergondo é un punto estratéxico onde se poden des- envolver moitas actividades comerciais e empresariais, e iso sempre vai redundar no beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio. Quero un Bergondo onde poidan vivir no- vas familias, do que os mozos e mozas non teñan que marchar. En definitiva, quero seguir avanzando por Bergondo, con sentidiño, para que siga sendo un concello sostible e un lugar atractivo para vivir. Por que os veciños deben votarvos? Porque o noso proxecto futuro para Bergondo mestura ilu- sión e experiencia. Malia que non o pareza, a experiencia nun goberno é moi impor- tante. Os veciños e veciñas precisan dun goberno que coñeza á perfección o funcio- namento da administración local. Está demostrado que cando hai gobernos estables e con maiorías, os Concellos avanzan. Nós temos propostas e proxectos e, agora, o que necesitamos son votos para levalos a cabo. “OnosoproxectoparaBergondo mesturailusióneexperiencia” que os proxectos que o muni- cipio necesita saian adiante. Por esa razón, confiamos en que os bergondeses e ber- gondesas nos dean o seu voto e a súa confianza para poder mellorar os resultados con respecto ás últimas eleccións municipais. desde hai catro anos. Algúns son compañeiros que xa nos acompañaron nos últimos anos. 1.
  11. 11C A N D I D A T U R A UN EQUIPO PARA GOBERNAR BERGONDO MARÍA BEGOÑA CALVIÑO DORADO 4. JUAN FRANCISCO SÁNCHEZ LÓPEZ 5. SANTIAGO FRANCO BLANCO 6. JOSÉ ARTURO GÓMEZ MATOS 7. GERARDO LOURO GESTAL 8. ANA MARÍA MIÑO MÉNDEZ 9. MARÍA CARMEN GARCÍA FERNÁNDEZ 10. IRIA BELLO FERREIRO 11. VALENTÍN DOPAZO FERNÁNDEZ 12. EVA GARCÍA LÓPEZ 13. MARÍA MARGARITA CORRAL GÓMEZ 14. BRAIS VICENTE PÉREZ 15. 11 PATRICIA MARÍA VÁZQUEZ FIGUEROA 2. JOSÉ RAMÓN LORENZO CAROU 3.
  12. 12 I N F R A E S T R U T U R A S Mellora da rede viaria en todas as parroquias A mellora da seguridade viaria e da calidade de vida dos veciños e veciñas de Bergondo foi unha teima constante da alcaldesa, Alejan- dra Pérez Máquez. Nos últimos catro anos exe- cutáronse diferentes plans de asfaltados, en aglomerado ou en rega asfáltica, que permitiron que 121 camiños do municipio xa estén asfaltados ou, en todo Nos últimos catro anos executáronse diferentes plans en aglomerado ou en rega asfáltica caso, aprobados para asfaltar inminentemente. A mellora da rede viaria afecta a todas as parroquias por igual Asfaltado do camiño de Loureda Os camiños que se asfaltaron ou que están aprobados para pavimentar suman un total de 121 e continuará a levarse a cabo ao longo do ano, xa que é un traballo constante, establecendo desde o Concello a orde de prioridade segundo as características da vía en cuestión e o seu estado actual. O saneamento é un servizo básico para a poboación. Por iso, lexislatura tras lexislatura, un dos obxectivos prioritarios do PSOE de Bergondo é aumentar a rede de saneamento para chegar ao maior número de vivendas posibles. Así, nos últimos catro anos ins- taláronse un total de 11.482,35 metros de tubaxes correspon- dentes ao colector de Moru- xo-Fiobre, e aos saneamentos en Reboredo, o acceso á praia de Gandarío e Mesoiro; Santa Marta e Rois, Vixoi e San Victorio, A La- goa e Guísamo San Paio. Estas novas infraestruturas permitiron dotar de saneamento a 235 vivendas de Reboredo, A rede de saneamento esténdese para chegar ao maior número de vivendas A Depuradora de Gandarío ampliará o saneamento a Ouces e Lubre Asfaltado dunha pista en Moruxo Mesoiro, Vilanova, A Lagoa, Guí- samo e San Paio que antes non dispoñían deste servizo. O obxectivo é continuar es- tendendo a rede de saneamento por todo o municipio. Para iso, a curto prazo será importante a creación do Paseo Fluvial do Río Maior que levaremos a cabo proximamente, xa que se atopa actualmente en tramitación e inclúe a instalación do sanea- mento. Tamén é imprescindible que se fagan efectivas todas as conexións dos particulares á nova depuradora de Gandarío así como no resto de depuradoras que están pendentes, co que tamén conseguiremos a elimina- ción de verquidos.
  13. 13I N F R A E S T R U T U R A S O PSOE esixe unha actuación urxente na N-VI en Cortiñán P ara a alcaldesa, Alejandra Pérez, a situación da Na- cional VI ao seu paso por Cortiñán é “insostible” e por iso lle transmitiu ao Minis- terio de Fomento a urxencia de acelerar as obras neste punto. Para a candidata á alcaldía O mal estado das vías e o despintado das liñas dificulta a circulación polo PSOE “a solución non pode agardar máis” xa que o mal estado das vías e o despintado das liñas dificulta a circulación, sobre todo pola noite. Por outra banda a remode- lación do cruce de Ferrol en Guísamo, outro punto negro do tráfico na Nacional VI, por parte de Fomento continúa a cumplir trámites. Actualmente, o Ministerio está a modificar o proxecto inicial para adaptalo ás alegacións presentadas polo Concello, particulares, empre- sas e colectivos afectados. OpolideportivoCruz doSarestreaimaxe No ano 2016 remataron as obras de mellora no polideporti- vo do CPI Cruz do Sar, necesa- rias para incrementar as pres- tacións da práctica deportiva e mellorar o desenvolvemento das clases do centro educativo e da actividade dos clubes deportivos bergondeses. Os traballos consistiron na re- novación do firme, a creación de novos accesos máis seguros e o pintado exterior e interior das paredes e as gradas. A inauguración da obra de mellora levouse a cabo no ano 2016 Plan municipal de cubrición de pistas O fomento dunha vida saudable a través da práctica deportiva entre os veciños e veciñas é unha das máximas do PSOE de Bergondo. Por iso, se deseñou un plan de cubrición das pistas deportivas nas parroquias que comezou en Lubre e continou pola de San Cidre. Estas pistas cubertas permi- ten que os usuarios e usuarias poidan usalas durante todo o ano, sen depender das incle- mencias meteorolóxicas. A Nacional VI ao seu paso por Corti- ñán require unha actuación urxente A cuberta da pista de Lubre permite ampliar o seu uso durante todo o ano
  14. 14 I N F R A E S T R U T U R A S Crearemos o Centro Interxeracional de Bergondo, para actividades para os maiores e os pequenos. Continuaremos coa mellora da eficiencia enerxética. Completaremos o saneamento onde sexa viable. In- mediatos: Cortes, Tatín e o proxecto do Río Maior. Dotaremos de beirarrúas á AC-214, no límite de Guí- samo a Cambre, e a melloraremos as de Carrio. Continuaremos coa mellora da estrada de Cortiñán a Vixoi, inclúe saneamento, iluminación e beirarrúas. Seguiremos mellorando a rede, viaria nas parroquias e dotaremos de máis recursos ás zonas verdes. Arranxaremos os cemiterios de Lubre e Bergondo. Renovaremos o Campo da Feira en Guísamo polo seu centenario, mantendo a súa natureza. Reordenaremos o espazo do Pedrido, con inversións na zona verde e equipamentos. Esixiremos a mellora da N-VI en Cortiñán, así como accións de mellora do tráfico para Guísamo. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Logramos financiamento para modernizar a iluminación P roximamente máis do 60% da iluminación pública do municipio estará renova- da grazas aos diferentes Cámbianse por LED as antigas lámpadas de vapor de sodio plans que xa se executaron ou está a punto de executarse. Fai uns meses o Concello de Bergondo acadou unha subven- ción do Instituto para la Diversi- ficación y el Ahorro de Energía (IDAE) valorada en 800.000 euros para cofinanciar co Concello, que aportará 200.000 euros, un proxecto de renovación de 1.961 puntos de luz no municipio que permitirá acadar un aforro dun 81%, o que economicamente significará 120.000 euros ao ano. Esta modernización do siste- ma, sumada a outros plans leva- dos a cabo anteriormente nesta lexislatura e que permitiron renovar preto de 500 luminarias, é unha aposta clara do PSOE de Bergondo pola eficiencia enerxé- tica. As novas lámpadas son de tipo LED e substitúen ás antigas luminarias de vapor de sodio, máis contaminantes. Ademais, o gasto do LED é moito menor polo que o aforro será considerable e permitirá que os cartos se desti- nen a atender outras necesida- des dos veciños e veciñas. Mellorouse o pavimento, acondicionouse unha zona de paso para peóns apta para aparcadoiros e asfaltáronse dous camiños Renovación da contorna do parque de Ouces Rehabilitouse un edificio inutilizado en San Cidre para crear un es- pazo no que levar a cabo diferentes accións dirixidas á xuventude Creación da Casa da Mocidade
  15. 15I N F R A E S T R U T U R A S ALGUNHAS DAS OBRAS FEITAS •• Reparación e adecuación do polideportivo do CPI Cruz do Sar •• Adecuación dos parques de Fiobre, Tatín, Vixoi, centro de saúde de Guísamo, Praza da Cultura, Bergondo, Lubre, Cortiñán, Rois e Guísamo •• Cuberta das pista polidepor- tivas de Lubre e San Cidre •• Creación da Casa da Moci- dade •• Arranxo de humidades en edificios muni- cipais •• Pintado das escolas unita- rias •• Asfaltado da pista traseira do CPI Cruz do Sar EN EQUIPAMENTOS •• Ampliación da rede de Miodelo •• Saneamento en San Paio •• Saneamento en A Lagoa •• Saneamento en Reboredo, Mesoiro e no acceso á praia de Gandarío •• Rede de pluviais na Lagoa •• Colector para Moruxo - Fiobre •• Adecuación da depuradora do Polígono de Bergondo •• Rede de pluvias en A Brea •• Plan de Sanea- mento para Vixoi - San Victorio •• Plan de Sa- neamento para Santa Marta - Rois EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO •• Renovación e mellora enerxé- tica da N-VI •• Renovación da iluminación no Pedrido •• Mellora de luminarias en Pedras Bran- cas, Baldomir, O Vilar, Corral da Igrexa, Urbanización Os Xirasoles, Loureda e Peteiro •• Mellora da iluminación no Polígono •• Iluminación na N-VI ao seu paso por Armuño e Bos •• Substitución de luminarias en Cortiñán de abaixo •• Asfaltado DP0810 de Guiliade a Guísamo •• Reparación da DP0810 no límite con Abegondo •• Aglomerados en Bos, Pisón, Outeiro, Sobre da Igrexa, Lagoa, Mesoiro, Vixoi, Babío •• Mellora das vías do Polígono •• Mellora e asfal- tado de camiños en Guísamo e Babío •• Plans de mello- ra de camiños mediante regos asfálticos (2017) •• Mellora do Camiño de Mariñán •• Pavimentación do camiño de Loureda •• Mellora de camiños con aglomerado en Bergondo, Babío, Ouces e Moruxo •• Acondicio- namento da contorna do parque de Ouces •• Mellora da seguridade viaria na antiga AC170 e na vía de acceso á autoestrada •• Construción dun muro na parada de bus de San Paio EN ESPAZOS PÚBLICOS •• Arranxo de pistas deportivas en Lubre, Rois e Cortiñán •• Mellora de parques e prazas •• Mellora de fontes e lavadoiros •• Pintado do CPI Cruz do Sar •• Peche de pistas de Ouces e Fiobre EN EQUIPAMENTOS •• Rede de pluviais e pavimentación na vía de Gandarío EN SANEAMENTO E ABASTECEMENTO •• Canalizacíon da iluminación de Guísamo •• Renovación do 60% da ilumi- nación pública •• Substitución de 144 luminarias •• Arranxo dos cemiterios de Lubre e Bergondo •• Aglomerado de Peteiro a Sobre da Igrexa EN ESPAZOS PÚBLICOS •• Renovación das beirarrúas en Guísamo •• Aglomerado en Moruxo, Ou- ces, Bergondo, Lubre, Babío e Guísamo •• Mellora de beirarrúas en Carrio •• Instalación de redutores de velocidade e sinalización ALGUNHAS DAS OBRAS EN TRÁMITE E PRÓXIMAS •• Mellora de camiños en Ouces, Moruxo, Babío, Rois, San Salvador, Bergondo, Vixoi e Lubre •• Reordenación viaria da praza de Santa Marta •• Plan de asfal- tado en regas e aglomerado do 2019 •• Paseo Fluvial do Río Maior
  16. 16 A boa xestión dos recursos permite novos investimentos As contas económicas do Con- cello de Bergondo son, desde hai moitos anos, unhas das que teñen mellores resultados na comarca. Grazas a unha impecable xestión municipal non existe débeda e, por exemplo, ao peche do último exercicio correspondente ao ano 2018 as arcas municipais amo- saron un resultado orzamentario positivo de 1.877.791,74 euros e un remanente de tesourería de 6.857.797,71 euros. Grazas ao control do gasto efectuado polo goberno local, este superávit permitirá levar a Aínda así as restricións do Estado limitan ao Concello O remanente de tesourería pechouse en 6.857.797,71 euros no último exercicio correspondente ao 2018 P A R T I C I P A C I Ó N E X E S T I Ó N M U N I C I P A L Modernizaremos a páxina web Estudaremos melloras no transporte público colabo- randocoas administracións e axentes implicados. Seguiremos mellorando os sistemas de participación a través dos servizos móbiles, redes sociais e do con- sello de relacións veciñais. Traballaremos coas diferentes empresas e adminis- tracións para a implantación da banda ancha. Implantaremos WIFI nas prazas públicas progresiva- mente. Formaremos parte das figuras de unión que se creen para dotar de mellores servizos á veciñanza. Bergon- do é un Concello importante dentro da área metropo- litana. Colaboraremos coa Igrexa para a recuperación da reitoral de Guísamo e Lubre e para acondicionar os adros de Santa Marta, Rois e Vixoi. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Os bergondeses poden participar activamente no desenvolve- mento do seu municipio a través das ferramentas de participación habilitadas: a app de incidencias Bergondo Contigo, o Whatsapp municipal, as redes sociais e os Orzamentos Participativos. Múltiples canles de participación veciñal Co obxectivo de implicar aos veciños no día a día da xestión mu- nicipal, desde o Concello impulsouse un grupo de voluntariado que permite chegar aínda a máis veciños a través de actividades, roteiros, obradoiros... Creación dun grupo de Voluntariado Municipal cabo diferentes investimentos que respondan a algunhas das necesidades do municipio e dos seus veciños e veciñas. O desexo do Concello, como o doutras administracións que están na súa mesma situación, sería dispoñer destes cartos para cubrir todas as necesidades da veciñanza pero o Estado polo momento non o permite e limita moito o tipo de investimentos que se poden levar a cabo cos remanentes. Agardamos que o Goberno amplíe o ábanico para o investimento dos Concellos.
  17. 17S E G U R I D A D E C I D A D Á Crearemos programas de protección de maiores en coordinación coa Garda Civil e os equipos de emer- xencia. Colaboraremos nas campañas da Dirección Xeral de Tráfico. Temos ampliado a plantilla da Policía Local e mellora- do os seus recursos. Seguiremos mellorando a dota- ción de materiais. Máis medios, máis axilidade. Impulsaremos o Plan de Educación Viaria en colabo- ración coa comunidade educativa e as entidades. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Investimos preto de 100.000 euros para a adquisición dun tractor que permitiu doblar o alcance do servizo de roce de camiños Duplicando o servizo de roce Auméntase progresivamente a dotación de equipamentos para o uso da Policía Local e Protección Civil de Bergondo Equipamentos para os corpos de seguridade Mellora da seguridade dos peóns coa campaña Distínguete O bsesionado con mellorar a seguridade dos peóns, o PSOE de Bergondo dese- ñou a campaña Distínguete para concienciar tanto aos máis maiores como á mocidade da importancia do uso de materiais reflectores. Para iso, repartíron- se 2.000 chalecos entre a veci- ñanza e tamén se levaron a cabo accións formativas nos centros educativos. Repartíronse 2.000 chalecos e tamén se levaron a cabo accións formativas Membros do goberno entregaron os chalecos reflectores á veciñanza
  18. 18 D E P O R T E Apostaremos polas carreiras populares. Incrementaremos as axudas a entidades e deportis- tas individuais. Crearemos o complexo deportivo da Senra. Instauraremos un viaxe municipal á neve destinado a escolares. Continuaremos coa mellora da rede de equipamen- tos deportivos ao aire libre. Cubriremos as pistas onde sexa posible. Apostaremos polos programas de deporte en coordi- nacíon cos centros de saúde. Potenciaremos os deportes relacionados co mar. NO BERGONDO QUE QUEREMOS... Actividades deportivas para todas as idades Máis de 3.500 persoas participaron nalgunha das opcións da oferta deportiva municipal O deporte como elemento dinamizador da sociedade. Esta é unha máxima com- partida polo PSOE de Ber- Apoioádedicacióndosnososdeportistas Comezar unha carreira depor- tiva en solitario é complicado, e mantela aínda o é máis. Por iso, o Concello de Bergondo creou unha liña de axudas destinada aos deportistas individuais em- padronados no municipio, pre- tendendo fomentar e incentivar a súa actividade á vez que apoiar o esforzo e a dedicación dos depor- tistas da terra. gondo e, por iso, todos os anos elabora unha oferta deportiva municipal para todos os gustos e adaptada a todas as idades, modelando as propostas según as peticións dos usuarios. Desde o 2015 foron 3.588 os veciños e as veciñas que partici- paron nalgunha das opcións que inclúe a programación deportiva, como pode ser o atletismo, a ximnasia, ioga, taichí, zumba, taekwondo... A festa de clausura congrega a un gran número de veciños todos os anos No ano 2016 implantouse este sistema do que, ata o de agora, xa se beneficiaron 26 deportistas bergondeses, que recibiron un total de 6.908,56 euros para axu- dalos a continuar coa súa traxec- toria e que o económico non sexa impedimento para cumplir os seus soños. Cada ano publícase a corres- pondente convocatoria, na que se beneficiaria son 500 euros, en función da puntuación obtida se- gundo os criterios marcados nas bases. A través desta subvención os deportistas poden xustificar diferentes gastos como os des- prazamentos ás competicións, os aloxamentos, o mantemento do seu portal web e a adquisición de material e roupa deportiva, entre outros. Desde o ano 2016 beneficiáronse das axudas un total de 26 persoas establece, entre outros requisi- tos a cumprir, que o máximo que pode recibir cada beneficiario ou
  19. 19M E D I O A M B I E N T E , T U R I S M O E P A T R I M O N I O O noso patrimonio natural e histórico debe ser preservado Nova ruta de sendeirismo que leva desde a Marisma de Betanzos ata un bosque de ribeira ao longo do río Callou Ruta do Rego Callou Óbtivéronse óptimos resulta- dos nas últimas analíticas que se fixeron en todas praias do Boa calidade da auga nas praias Encargouse un documento no que se identifican os bens de interese patrimonial do municipio co obxectivo de poñelos en valor Plan Arqueolóxico Municipal Instaláronse paneis para sinalar algúns espazos em- blemáticos do municipio: no mosteiro de Bergondo, Mari- ñán, nas praias... Paneis de información turística Crearemos o Paseo Fluvial no Río Maior en Lubre, que xa está en tramitación. Recuperaremos de xeito inmediato todas as fontes e lavadoiros. Crearemos un parque natural e de ocio na contorna do Monte da Fame. Poñeremos en valor os bens patrimoniais a través do Plan Arqueolóxico Municipal. Deseñaremos novas rutas de sendeirismo, como a de O Regueiro - Gandarío, Miodelo e Santa Marta. Loitaremos pola conservación dos restos do Pazo de Baldomir en Guísamo. Trataremos de buscar acordos entre entidades para mellorar a igrexa de San Salvador de Bergondo Control dos verquidos a través de campañas, orde- nanzas... Realización dunha auditoria ambiental: diagnose e plan de acción. Proxectos medioambientais coa Reserva de Biosfera Recuperación da praia do Regueiro a través do proxec- to de tratamento ambiental xa redactado por Costas Rutas ambientais nos espazos naturais do Concello en colaboración co Voluntariado Xornadas de formación en educación ambiental NO BERGONDO QUE QUEREMOS...
  20. O BERGONDO QUE FIXEMOS · 20 ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA · PSOE Bergondo @psdeg_bergondo http://bergondo.psdeg-psoe.org Cuberta do patio exterior do CPI Cruz do Sar Parque de Santa Marta A Senra - Inauguración A Senra - Obras A Senra - Antes Celtas Cortos no Guísamo FolkObras no CPAP Inauguración do Edificio de Servizos Sociais Inauguración da Escola Infantil
Anzeige