Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Contos con clase 3
Contos con clase 3
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 40 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Andere mochten auch (20)

Anzeige

Ähnlich wie Poesía (20)

Aktuellste (20)

Anzeige

Poesía

  1. 1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que hai quen pense o contrario, non é aburrida , nin romanticona , nin ridícula , nin difícil.
  2. 2. Test de afectividade: a literatura e ti 1 . Recordas onde coñeciches o último libro do que te namoraches? a. Claro. b. E ten que ser o último? c. Puff... 2 . Se o teu mozo ou moza che pide que lle leas un poema... a. Que guai. b. Prefires outro tipo de vicios... c. Cambias de mozo ou moza.
  3. 3. Test de afectividade: a literatura e ti 4 . Que palabra elixirías para rimar nun soneto con poeta? a. Peta. b. Caldeireta. c. Ornitorrinco. 3 . É certo que os varóns que len habitualmente teñen mais espermatozoides per capita? a. Si. b. Non. c. Ns. / nc.
  4. 4. Test de afectividade: a literatura e ti 5 . Podes facer cola durante unha hora antes de que empecen as rebaixas... a. Diante dunha libraría. b. Diante dunha tenda de roupa. c. Nunca. 7 . Que significa en éuscaro “ Kulturan sakonago orduan eta askeago” ? a. Sé cult@ para ser libre. b. Quérote, meu amor. c. Un pincho de tortilla, por favor. 6 . As mulleres len máis que os homes... a. Como moitas outras cousas. b. Así lles vai (aos homes) c. Pero saben menos de fútbol.
  5. 5. Test de afectividade: a literatura e ti 8 . Na túa mesiña de noite non pode faltar... a. Un libro. b. Condóns. c. Unha postal da virxe María. 9 . Canto tempo les ao día... a. Menos do que gustaría. b. Máis do que gustaría. c. Máis ou menos . 10 . Tiveches algunha experiencia sexual con algún libro na mao? a. Si. b. Non. c. Eink ?
  6. 6. RESULTADO: 1. Maioría de a : Parabéns!, os libros e ti sodes a parella perfecta! Por moitos anos! 2. Maioría de b : En fin, podía ser mellor... Os libros e ti tédesvos cariño aínda que, seguramente a raíz dalgunha mala experiencia, existen pequenos problemas entre vós que tal vez deberiades solucionar. 3. Maioría de c : Existen moitas desavinzas entre a literatura e mais ti, tedes que dialogar e descubrir os vosos problemas. Deberías pór mais da túa parte se non queres ser un desgraciado lector, ou lectora, o resto da túa vida. Non esquezas que sempre hai un libro agardando por ti. SECHU SENDE Infoxove número 4, agosto de 2006
  7. 10. A poesía serve para ler , cantar , gritar , recitar , rapear , musicar , declararse , rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente rumorear suave ao oído.
  8. 13. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo
  9. 17. O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala , senón saber gozala, sentila, e intuíla.
  10. 20. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario
  11. 22. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos
  12. 25. Yolanda Castaño Modesto Fraga Estevo Creus María do Cebreiro Miro Villar Cristal Méndez Queizán María Lado Rafa Villar Pilar Pallarés Olga Novo nOVAS vOCES dA pOESÍA
  13. 26. O XOGO DE ESCRIBIR POEMAS Cando podes voar coa poesía Once máis quince
  14. 27. Son Ana Romaní, Celso Fernández Sanmartín, Enma Couceiro, Yolanda Castaño, María do Cebreiro Rábade, Marta Dacosta, Martín Veiga, Olga Novo e Rafa Villar. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo Marilar Aleixandre , Xesús Alonso Montero , Manuel Álvarez Torneiro , Anxo Angueira , Carmen Blanco , Xurxo Borrazás , Darío Xohán Cabana , Marica Campo , Xosé Carlos Caneiro , Ramón Caride Ogando , Arturo Casas , Francisco Castro , Marta Dacosta , Isaac Díaz Pardo , X. Antón L. Dobao , Estíbaliz Espinosa , Francisco X. Fernández Naval , Salvador García-Bodaño , Bieito Iglesias , Arcadio López-Casanova , María do Cebreiro , Paco Martín , Franck Meyer , Xosé M. Millán Otero , Xosé Neira Vilas , Isidro Novo , Olga Novo , Pilar Pallarés , Chus Pato , Emma Pedreira , Antón Riveiro Coello , Manoel Riveiro Loureiro , Elvira Riveiro Tobío , Claudio Rodríguez Fer , Xulio L. Valcárcel , Eva Veiga , Manuel Veiga , Miro Villar Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero Marilar Aleixandre , Marica Campo , Yolanda Castaño , Emma Couceiro , Marta Dacosta , Lupe Gómez , Margarita Ledo , María do Cebreiro , Chus Pato , Ana Romaní , Marga do Val , Helena Villar Janeiro Espiral Maior-Secretaría Xeral da Igualdade Ano de publicación: 2006 Lugar de publicación: Culleredo (A Coruña) ISBN: 84-96475-23-9
  15. 28. Dun poema que me pasou e debo unha vez máis queimar os barcos, Non vou mudar de pel: a miña lingua Canta ben o meu doce desencanto, Pero tamén aquilo que esperamos, Soñadores diurnos do que debe Comprenderse coa luz do partisano. RAMIRO FONTE
  16. 29. Cando escribo eu esa palabra Rosa, Unha flor de verdade Nesta páxina abrolla. Cando eu escribo esa palabra Melro, Un paxariño negro alzo o seu voo Desde a pola dun verso
  17. 30. (INTENCIÓNS) Non levo té nas palmas pero teño unhas xemas que poden rebentar en calquera momento. Asisto á prehistoria das raíces e os meus dedos ensaian a caricia só porque non te poden rabuñar. Con auga da traída preparo unha infusión de finísimas herbas e o verde leva un nome proscrito de muller, de maría, de min. Tamén quero casar pero non teño roupa. Por iso ás veces penso no xabrón do lagarto, nas eventualidades, miña nai: enxugar outra vez a saia coa que andaba perdida por aí (igual que a carolina íspome polos pés). Primeiro eu almorzaba malas herbas ata un fondo chamado última gota e logo así fregaba a louza, así, así, mesturando na lingua memoria con desexo. Imito a voz de isolda, lamento o meu destino moito máis torpemente que luísa insisto (sempre insisto) en preguntar, coas miñas mans tan brancas sumidas nos cacharros máis profundos. Podía demorarme en refregar a carne contra tódolos concos para apañar os restos dun pouso tan acedo como inútil. Pedín xogar a bico, verdade ou consecuencia pero non me deixaron. Así pasaba o ferro, así, así coa traizón dos outros incendiándome o pulso, e emprendía reformas nese cuarto que por desgracia todos levamos dentro ou tapaba as goteiras dun faiado que ardera sendo eu inmediatamente anterior na orde do tránsito. O braseiro e a decadencia son case a mesma cousa. Sorprendeume entre os dedos o espertar do remol Porque me souben lúcida pero sentimental despois de todo. Así berrei por fin, así, así, solicitando asilo, pedra pómez, calquera circunstancia respirábel. O estadio do espello, 1998

×