SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 23
A REPÚBLICA ROMANA (509-27 a.C.) Loitas entre patricios e plebeios (509-287 a.C.) Guerras contra os latinos e os etruscos (507-396 a.C.) Saqueo de Roma polos galos (390 a.C.) Conquista de Italia: guerras contra os samnitas (343-290 a.C.) e os tarentinos (282-272 a.C.) 509-264 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS ATA AS GUERRAS PÚNICAS
Na República, os patricios arrogáronse todos os dereitos políticos, sen permitírenlles ós plebeios participar na vida pública. Estes retiráronse ó outeiro do Aventino coa intención de fundar unha nova comunidade (494 a.C.). Os patricios, minoritarios, permitiron ós plebeios que elixisen un maxistrado co poder de vetar as leis perxudiciais para eles: o tribuno da plebe. Máis adiante, os plebeios conseguiron que se redactase un código legal: as Leis das Doce Táboas (451 a.C.). Pouco a pouco, os plebeios foron conseguindo a igualdade de dereitos cos patricios, nun proceso que durou ata o s. III a.C., aínda que co tempo produciuse unha alianza entre as antigas familias patricias e os plebeios ricos Leges XII Tabularum
A República empregou os seus primeiros 100 anos en consolidarse política e territorialmente: Roma someteu ós etruscos e ós diversos pobos do Lacio. Os historiadores romanos contan abondosas anécdotas que exaltan o heroísmo e a capacidade de sacrificio dos seus concidadáns desta época. Unha delas relata cómo, en 458 a.C., o pobo elixiu dictador  a Lucio Quinctio Cincinato para liderar ó exército fronte ós ecuos. Cincinato recibe a nova mentres está arando e, despois de vencer ó inimigo en 16 días, rexeita o poder e todo tipo de honores para volver traballar na súa propiedade.
Roma sufriu un grande perigo coa invasión dos celtas (que os romanos chamaban galos) en 390 a.C. A cidade foi saqueada mentres soldados e maxistrados se refuxiaron no outeiro do Capitolio, resistindo un asedio. Solicitando negociar cos galos, estes esixiron unha compensación concreta: colocaron no prato dunha balanza un peso de ferro que os romanos deberían igualar con ouro. Cando así se fixo, Breno, o líder dos galos, depositou a súa espada no prato para desequilibrar a balanza, pronunciando a frase “Vae victis!” (“¡Ai dos vencidos!”). Á fin, Roma foi liberada por Marco Furio Camilo, un romano que fora exiliado e que acudiu ó rescate cun exército de latinos. Vae victis!
Entre os anos 343 e 290 a.C., os romanos conquistaron o centro de Italia sometendo ós samnitas, que foron uns inimigos moi duros. Foron tres guerras sucesivas, e na segunda delas tivo lugar un episodio humillante para os romanos: logo de ser derrotados preto da vila de Caudio, os soldados superviventes foron obrigados a pasar por baixo dun xugo. Aínda hoxe se emprega a expresión “pasar polas forcas caudinas” para aludir a unhas condicións inaceptables que nos vemos obrigados a aturar. As Forcas Caudinas
Unha consecuencia directa das guerras samnitas foi a construcción da primeira calzada de importancia, e que inauguraba un xeito de actuar característico dos romanos: o trazado dunha densa rede de camiños amplos que facilitasen unha rápida intervención armada nunha zona de conflicto e, asemade, favorecesen os intercambios comerciais. A Via Appia chamouse así en honra do seu impulsor, o censor Apio Claudio, no ano 312 a.C. Trazado da Via Appia Via Appia
A última fase da conquista de Italia rematou co sometemento das cidades da Magna Grecia, no sur de Italia. Todas aceptaron a hexemonía de Roma excepto Tarento, que contratou como defensor a Pirro, rei do Epiro, que desembarcou en Italia co seu exército, no que se incluían 20 elefantes. Aterrados, os romanos foron derrotados en dúas ocasións, aínda que con grandes perdas para Pirro: de aí a expresión “victoria pírrica”. Coas forzas de Pirro xa minguadas, os romanos loitaron con el unha terceira vez, asustando ós elefantes con fachos acesos. Pirro marchou de Italia e Tarento someteuse: Toda Italia era romana. Pirro en Italia Pirro
264-241: I Guerra Púnica 218-201: II Guerra Púnica 197: Organización de Hispania en provincias 149-146: III Guerra Púnica 264-146 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS AS GUERRAS PÚNICAS Os dominios romano (vermello) e cartaxinés (azul)
Roma e Cartago, potencias mediterráneas, estaban condenadas a enfrontarse. A primeira guerra comezou pola posesión da illa de Sicilia, parcialmente ocupada polos cartaxineses e apetecida polos romanos debido ó seu potencial agrícola. Roma vence, gracias á súa adaptación á guerra no mar, e anexiona Sicilia. Mais na costa do levante hispano, tamén cartaxinesa, Amílcar Barca fixera xurar ó seu fillo Aníbal odio eterno ós romanos. Aníbal Xuramento de Aníbal
Aníbal, tras atacar Sagunto para provocar ós romanos, encamíñase cara Italia, cun exército provisto de elefantes, atravesando os Pirineos e os Alpes. Os romanos, abraiados e aterrados, envían exércitos para deter a súa marcha no norte de Italia. Aníbal cruza os Alpes Traxecto de Aníbal
Aníbal derrota sucesivamente en tres batallas ós romanos: Ticino, Trebia e Trasimeno. A maior victoria tivo lugar no sur, en Cannas, onde os romanos sufriron 25.000 baixas. Tras esta victoria Aníbal tén case abertas as portas de Roma. A partir de agora esforzarase por romper a lealdade das cidades italianas a Roma, mentres os romanos cavilan cómo poderán desfacerse de tan grande perigo. Batallas de Aníbal en Italia
O xeneral Publio Cornelio Escipión decide atacar a Aníbal noutro campo: embarca un exército cara Cartago, no norte de África. Cartago pide axuda a Aníbal, que abandona Italia. A batalla decisiva tén lugar en Zama en 202 a.C. Aníbal é derrotado, e Roma anexiona parte do Imperio Cataxinés: o sur e este de Hispania. Batalla de Zama Escipión o Africano
Case de inmediato, Roma loita contra Filipo de Macedonia en vinganza pola súa alianza con Aníbal. Nese empeño, Roma recibiu o apoio de non poucas cidades gregas, descontentas co dominio de Filipo. Así, logo de varios anos, en 168 a.C. toda Grecia converteuse en provincia romana. A non tardar, engadiríanse territorios en Asia Menor (actual Turquía).
DELENDA EST CARTHAGO Durante estes anos, Cartago estaba moi diminuída na súa forza polas condicións do tratado de paz co que se pechou a II Guerra Púnica. Sen embargo, había voces en Roma que pedían a súa destrucción. Unha delas era a do censor Catón, que sempre remataba os seus discursos no Senado coa frase “Cartago debe ser destruída”. En 149 a.C. Cartago sublevouse contra Roma, e esta enviou un exército que conseguiu unha doada victoria. A cidade de Cartago foi aniquilada e as súas ruínas sementadas con sal. Roma anexionou o norte de África. Remataba así a existencia do que foi un pesadelo para Roma durante case un século. Catón o Censor
132 e 121: Asesinatos dos irmáns Gracos 91-89: Guerras contra os aliados italianos (Guerras Sociais) 63: Conspiración de Catilina 60: Primeiro Triunvirato (César-Pompeio-Craso) 59-51: César conquista a Galia 49: I Guerra Civil (César contra Pompeio) 44: Asasinato de César 43: Segundo Triunvirato (Octavio-Marco Antonio-Lépido) 32-30: II Guerra Civil (Octavio contra Marco Antonio) 27: Octavio recibe o título de Augusto 146-27 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS CRISE DA REPÚBLICA
Roma era no s. II a.C. un estado moi próspero, mais a riqueza non estaba ben repartida, sobre todo no que toca á priopiedade das terras. No último tercio do século, os irmáns Graco, tribunos da plebe, propuxeron unha serie de reformas agrarias que inclúian a declaración como terreo público dunha boa parte de Italia, e o reparto das terras resultantesentre os máis desfavorecidos, confiscando grande parte dos latifundios. Estas actuacións ían en contra dos intereses da grande nobreza terratenente. Varios senadores conspiraron e, nun intervalo de dez anos, os dous irmáns foron asasinados e as súas reformas quedaron sen efecto. Tiberio e Gaio Sempronio Graco
A principios do s. I a.C., moitas cidades italianas rebeláronse contra Roma solicitando a igualdade de dereitos de cidadanía: foi a chamada Guerra Social (de  socii , “aliados”), entre o 91 e o 88 a.C. A pesar de que foron derrotadas, nos anos posteriores a cidadanía romana foi extendida a toda Italia. O xeneral vencedor da Guerra Social foi Sila, quen tiña un poderoso rival en Mario. Os dous encarnaban os intereses respectivos dos máis ricos ( optimates ) e dos menos ricos ( populares ). Chegouse a un enfrontamento, no que Sila venceu a Mario e se autoproclamou dictador, para abandonar o poder voluntariamente no 79 a.C. As institucións republicanas continuaron, pero o camiño a un goberno autoritario baseado no exército estaba iniciado. Gaio Mario Publio Cornelio Sila
I TRIUNVIRATO Pasando por riba do réxime, no 60 a.C. estes tres homes decidiron exercer o poder real na sombra, mediante as súas influencias: Pompeio no exército, Craso mediante a súa inmensa riqueza, e César a través do seu prestixio social. As maxistraturas eran exercidas por persoas afíns a eles e escollidas por eles mesmos. Marco Licinio CRASO Gneo POMPEIOMagno Gaio Xulio CÉSAR
Entre o 59 e o 50 a.C. César decide adquirir prestixio militar conquistando un grande teritorio: a Galia. Durante a conquista, César ía redactando un diario de guerra que era enviado con certa frecuencia a Roma, realizando así un hábil labor de propaganda encamiñado a converterse no dono do goberno romano. Eses comentarios aínda se conservan hoxe, co título de  De bello Gallico  ( A guerra das Galias ).
A morte de Craso nunha campaña en Oriente desequilibra o triunvirato, que se vai resolver na rivalidade entre César e Pompeio. Á volta de conquistar a Galia, César debía licenciar ó seu exército, mais refusa facelo e, ó cruzar o río Rubicón (fronteira militar no norte de Italia) pronuncia a famosa frase  Alea iacta est  (“A sorte está botada”). O Senado declárao inimigo público e Pompeio sae a enfrontárselle. A batalla de Farsalia outorga a victoria a César, que se proclamará dictador perpetuo. Río Rubicón
Un grupo de senadores, temendo que César tivese en mente restaurar a Monarquía, conspiran contra el. Á cabeza dos conxurados están Casio e Bruto, fillo adoptivo de César. Fixan a data do magnicidio para os idus (15) de marzo do 44 a.C. Ese día, no edificio da Curia, no Foro Romano, onde se reunía o Senado, César é acoitelado polo grupo de conspiradores. A tradición dinos que Bruto foi quen lle cravou o derradeiro puñal, mentres escoitaba estas palabras de César:  Tu quoque, fili mi  (“Ti tamén, meu fillo”). Bruto Casio César é asasinado na Curia
II TRIUNVIRATO Dous lugartenentes de César (Marco Antonio e Lépido) e un sobriño-neto e fillo adoptivo seu (Octavio) asinan en 43 a.C. un pacto para vingar a morte de César. Comeza unha nova guerra civil, que rematará coa morte dos asasinos de César na batalla de Filipos (42 a.C.). Os triunviros reparten o poder entre eles, ordeando a morte dun bo número de opositores á súa política. O sistema republicano está ferido de morte. Marco Antonio Gaio Octavio Marco Lépido
Igual que sucedera co primeiro, o II Triunvirato desfaise coa morte dun dos seus membros, neste caso Lépido. Octavio e Antonio camiñan cara un enfrontamento, motivado pola connivencia do segundo coa raíña exipcia Cleopatra. No 32 a.C. Os dous bandos enfróntanse na batalla naval de Actium, coa victoria de Octavio. Marco Antonio e Cleopatra suicídanse. Octavio asume o poder supremo, aínda que en apariencia retírase da vida pública. Mais a súa influencia síntese nos nomeamentos de senadores, maxistrados, gobernadores, etc. No 27 a.C. O Senado concédelle o título de  Augustus , que simboliza o seu ascendente sobre o réxime. Á súa morte, en 14 d.C., o pobo tiña asumido que se buscaría un sucesor dentro da súa familia. Comezaba o Principado. Localización de Actium Octavio Augusto

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanosroberto
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 
As orixes de roma
As orixes de romaAs orixes de roma
As orixes de romaenpadi
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteSanti Pazos
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteSanti Pazos
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeAlfonso Blanco
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoAlfonso Blanco
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiAlfonso Blanco
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016roberto
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaAgrela Elvixeo
 
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaUnidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaAgrela Elvixeo
 
Historia De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaHistoria De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaAlfonso Blanco
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodosdudashistoria
 

Was ist angesagt? (19)

14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanos
 
Hispania romana. Lidia
Hispania romana. LidiaHispania romana. Lidia
Hispania romana. Lidia
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
As orixes de roma
As orixes de romaAs orixes de roma
As orixes de roma
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parte
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis Romae
 
Historia De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O PrincipadoHistoria De Roma (3) O Principado
Historia De Roma (3) O Principado
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani Imperii
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
RoMa
RoMaRoMa
RoMa
 
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaUnidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
 
Os Irmandiños
Os IrmandiñosOs Irmandiños
Os Irmandiños
 
Historia De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaHistoria De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A Monarquía
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 

Ähnlich wie Historia De Roma (2) A República

La Hispania Romana
La Hispania RomanaLa Hispania Romana
La Hispania Romanacamposseijo
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroBrais24
 
Pax in roma
Pax in romaPax in roma
Pax in romatudense
 
Presentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaPresentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaCalamo currente
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
Tema XIII A Hispania Romana
Tema XIII A Hispania RomanaTema XIII A Hispania Romana
Tema XIII A Hispania RomanaSanti Pazos
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Romadomenechino
 
Historia De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaHistoria De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaAlfonso Blanco
 
A Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio RomanoA Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio Romanoelvinha
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 

Ähnlich wie Historia De Roma (2) A República (20)

Os romanos. Por Uxía
Os  romanos. Por UxíaOs  romanos. Por Uxía
Os romanos. Por Uxía
 
Roma
RomaRoma
Roma
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
La Hispania Romana
La Hispania RomanaLa Hispania Romana
La Hispania Romana
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
 
Fin da idade antiga
Fin da idade antigaFin da idade antiga
Fin da idade antiga
 
Hispania romana. Lidia.
Hispania romana. Lidia.Hispania romana. Lidia.
Hispania romana. Lidia.
 
Hispania romana. lidia.
Hispania romana. lidia.Hispania romana. lidia.
Hispania romana. lidia.
 
Pax in roma
Pax in romaPax in roma
Pax in roma
 
Presentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaPresentación rexións de italia
Presentación rexións de italia
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema XIII A Hispania Romana
Tema XIII A Hispania RomanaTema XIII A Hispania Romana
Tema XIII A Hispania Romana
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Roma
 
Historia De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A MonarquíaHistoria De Roma (1) A Monarquía
Historia De Roma (1) A Monarquía
 
A Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio RomanoA Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio Romano
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 

Mehr von Alfonso Blanco

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Alfonso Blanco
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínAlfonso Blanco
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanaeAlfonso Blanco
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAlfonso Blanco
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasAlfonso Blanco
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasAlfonso Blanco
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 

Mehr von Alfonso Blanco (20)

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos Caraveis
 
O asasinato de JFK
O asasinato de JFKO asasinato de JFK
O asasinato de JFK
 
René Maltête
René MaltêteRené Maltête
René Maltête
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-AndradeValentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
 
Poetizando as aulas
Poetizando as aulasPoetizando as aulas
Poetizando as aulas
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
Os libros máis caros
Os libros máis carosOs libros máis caros
Os libros máis caros
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas Latín
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanae
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas Flexivas
 
Etimoloxías Latinas
Etimoloxías LatinasEtimoloxías Latinas
Etimoloxías Latinas
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica Gregas
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 

Historia De Roma (2) A República

  • 1. A REPÚBLICA ROMANA (509-27 a.C.) Loitas entre patricios e plebeios (509-287 a.C.) Guerras contra os latinos e os etruscos (507-396 a.C.) Saqueo de Roma polos galos (390 a.C.) Conquista de Italia: guerras contra os samnitas (343-290 a.C.) e os tarentinos (282-272 a.C.) 509-264 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS ATA AS GUERRAS PÚNICAS
  • 2. Na República, os patricios arrogáronse todos os dereitos políticos, sen permitírenlles ós plebeios participar na vida pública. Estes retiráronse ó outeiro do Aventino coa intención de fundar unha nova comunidade (494 a.C.). Os patricios, minoritarios, permitiron ós plebeios que elixisen un maxistrado co poder de vetar as leis perxudiciais para eles: o tribuno da plebe. Máis adiante, os plebeios conseguiron que se redactase un código legal: as Leis das Doce Táboas (451 a.C.). Pouco a pouco, os plebeios foron conseguindo a igualdade de dereitos cos patricios, nun proceso que durou ata o s. III a.C., aínda que co tempo produciuse unha alianza entre as antigas familias patricias e os plebeios ricos Leges XII Tabularum
  • 3. A República empregou os seus primeiros 100 anos en consolidarse política e territorialmente: Roma someteu ós etruscos e ós diversos pobos do Lacio. Os historiadores romanos contan abondosas anécdotas que exaltan o heroísmo e a capacidade de sacrificio dos seus concidadáns desta época. Unha delas relata cómo, en 458 a.C., o pobo elixiu dictador a Lucio Quinctio Cincinato para liderar ó exército fronte ós ecuos. Cincinato recibe a nova mentres está arando e, despois de vencer ó inimigo en 16 días, rexeita o poder e todo tipo de honores para volver traballar na súa propiedade.
  • 4. Roma sufriu un grande perigo coa invasión dos celtas (que os romanos chamaban galos) en 390 a.C. A cidade foi saqueada mentres soldados e maxistrados se refuxiaron no outeiro do Capitolio, resistindo un asedio. Solicitando negociar cos galos, estes esixiron unha compensación concreta: colocaron no prato dunha balanza un peso de ferro que os romanos deberían igualar con ouro. Cando así se fixo, Breno, o líder dos galos, depositou a súa espada no prato para desequilibrar a balanza, pronunciando a frase “Vae victis!” (“¡Ai dos vencidos!”). Á fin, Roma foi liberada por Marco Furio Camilo, un romano que fora exiliado e que acudiu ó rescate cun exército de latinos. Vae victis!
  • 5. Entre os anos 343 e 290 a.C., os romanos conquistaron o centro de Italia sometendo ós samnitas, que foron uns inimigos moi duros. Foron tres guerras sucesivas, e na segunda delas tivo lugar un episodio humillante para os romanos: logo de ser derrotados preto da vila de Caudio, os soldados superviventes foron obrigados a pasar por baixo dun xugo. Aínda hoxe se emprega a expresión “pasar polas forcas caudinas” para aludir a unhas condicións inaceptables que nos vemos obrigados a aturar. As Forcas Caudinas
  • 6. Unha consecuencia directa das guerras samnitas foi a construcción da primeira calzada de importancia, e que inauguraba un xeito de actuar característico dos romanos: o trazado dunha densa rede de camiños amplos que facilitasen unha rápida intervención armada nunha zona de conflicto e, asemade, favorecesen os intercambios comerciais. A Via Appia chamouse así en honra do seu impulsor, o censor Apio Claudio, no ano 312 a.C. Trazado da Via Appia Via Appia
  • 7. A última fase da conquista de Italia rematou co sometemento das cidades da Magna Grecia, no sur de Italia. Todas aceptaron a hexemonía de Roma excepto Tarento, que contratou como defensor a Pirro, rei do Epiro, que desembarcou en Italia co seu exército, no que se incluían 20 elefantes. Aterrados, os romanos foron derrotados en dúas ocasións, aínda que con grandes perdas para Pirro: de aí a expresión “victoria pírrica”. Coas forzas de Pirro xa minguadas, os romanos loitaron con el unha terceira vez, asustando ós elefantes con fachos acesos. Pirro marchou de Italia e Tarento someteuse: Toda Italia era romana. Pirro en Italia Pirro
  • 8. 264-241: I Guerra Púnica 218-201: II Guerra Púnica 197: Organización de Hispania en provincias 149-146: III Guerra Púnica 264-146 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS AS GUERRAS PÚNICAS Os dominios romano (vermello) e cartaxinés (azul)
  • 9. Roma e Cartago, potencias mediterráneas, estaban condenadas a enfrontarse. A primeira guerra comezou pola posesión da illa de Sicilia, parcialmente ocupada polos cartaxineses e apetecida polos romanos debido ó seu potencial agrícola. Roma vence, gracias á súa adaptación á guerra no mar, e anexiona Sicilia. Mais na costa do levante hispano, tamén cartaxinesa, Amílcar Barca fixera xurar ó seu fillo Aníbal odio eterno ós romanos. Aníbal Xuramento de Aníbal
  • 10. Aníbal, tras atacar Sagunto para provocar ós romanos, encamíñase cara Italia, cun exército provisto de elefantes, atravesando os Pirineos e os Alpes. Os romanos, abraiados e aterrados, envían exércitos para deter a súa marcha no norte de Italia. Aníbal cruza os Alpes Traxecto de Aníbal
  • 11. Aníbal derrota sucesivamente en tres batallas ós romanos: Ticino, Trebia e Trasimeno. A maior victoria tivo lugar no sur, en Cannas, onde os romanos sufriron 25.000 baixas. Tras esta victoria Aníbal tén case abertas as portas de Roma. A partir de agora esforzarase por romper a lealdade das cidades italianas a Roma, mentres os romanos cavilan cómo poderán desfacerse de tan grande perigo. Batallas de Aníbal en Italia
  • 12. O xeneral Publio Cornelio Escipión decide atacar a Aníbal noutro campo: embarca un exército cara Cartago, no norte de África. Cartago pide axuda a Aníbal, que abandona Italia. A batalla decisiva tén lugar en Zama en 202 a.C. Aníbal é derrotado, e Roma anexiona parte do Imperio Cataxinés: o sur e este de Hispania. Batalla de Zama Escipión o Africano
  • 13. Case de inmediato, Roma loita contra Filipo de Macedonia en vinganza pola súa alianza con Aníbal. Nese empeño, Roma recibiu o apoio de non poucas cidades gregas, descontentas co dominio de Filipo. Así, logo de varios anos, en 168 a.C. toda Grecia converteuse en provincia romana. A non tardar, engadiríanse territorios en Asia Menor (actual Turquía).
  • 14. DELENDA EST CARTHAGO Durante estes anos, Cartago estaba moi diminuída na súa forza polas condicións do tratado de paz co que se pechou a II Guerra Púnica. Sen embargo, había voces en Roma que pedían a súa destrucción. Unha delas era a do censor Catón, que sempre remataba os seus discursos no Senado coa frase “Cartago debe ser destruída”. En 149 a.C. Cartago sublevouse contra Roma, e esta enviou un exército que conseguiu unha doada victoria. A cidade de Cartago foi aniquilada e as súas ruínas sementadas con sal. Roma anexionou o norte de África. Remataba así a existencia do que foi un pesadelo para Roma durante case un século. Catón o Censor
  • 15. 132 e 121: Asesinatos dos irmáns Gracos 91-89: Guerras contra os aliados italianos (Guerras Sociais) 63: Conspiración de Catilina 60: Primeiro Triunvirato (César-Pompeio-Craso) 59-51: César conquista a Galia 49: I Guerra Civil (César contra Pompeio) 44: Asasinato de César 43: Segundo Triunvirato (Octavio-Marco Antonio-Lépido) 32-30: II Guerra Civil (Octavio contra Marco Antonio) 27: Octavio recibe o título de Augusto 146-27 a.C. ACONTECEMENTOS ANOS CRISE DA REPÚBLICA
  • 16. Roma era no s. II a.C. un estado moi próspero, mais a riqueza non estaba ben repartida, sobre todo no que toca á priopiedade das terras. No último tercio do século, os irmáns Graco, tribunos da plebe, propuxeron unha serie de reformas agrarias que inclúian a declaración como terreo público dunha boa parte de Italia, e o reparto das terras resultantesentre os máis desfavorecidos, confiscando grande parte dos latifundios. Estas actuacións ían en contra dos intereses da grande nobreza terratenente. Varios senadores conspiraron e, nun intervalo de dez anos, os dous irmáns foron asasinados e as súas reformas quedaron sen efecto. Tiberio e Gaio Sempronio Graco
  • 17. A principios do s. I a.C., moitas cidades italianas rebeláronse contra Roma solicitando a igualdade de dereitos de cidadanía: foi a chamada Guerra Social (de socii , “aliados”), entre o 91 e o 88 a.C. A pesar de que foron derrotadas, nos anos posteriores a cidadanía romana foi extendida a toda Italia. O xeneral vencedor da Guerra Social foi Sila, quen tiña un poderoso rival en Mario. Os dous encarnaban os intereses respectivos dos máis ricos ( optimates ) e dos menos ricos ( populares ). Chegouse a un enfrontamento, no que Sila venceu a Mario e se autoproclamou dictador, para abandonar o poder voluntariamente no 79 a.C. As institucións republicanas continuaron, pero o camiño a un goberno autoritario baseado no exército estaba iniciado. Gaio Mario Publio Cornelio Sila
  • 18. I TRIUNVIRATO Pasando por riba do réxime, no 60 a.C. estes tres homes decidiron exercer o poder real na sombra, mediante as súas influencias: Pompeio no exército, Craso mediante a súa inmensa riqueza, e César a través do seu prestixio social. As maxistraturas eran exercidas por persoas afíns a eles e escollidas por eles mesmos. Marco Licinio CRASO Gneo POMPEIOMagno Gaio Xulio CÉSAR
  • 19. Entre o 59 e o 50 a.C. César decide adquirir prestixio militar conquistando un grande teritorio: a Galia. Durante a conquista, César ía redactando un diario de guerra que era enviado con certa frecuencia a Roma, realizando así un hábil labor de propaganda encamiñado a converterse no dono do goberno romano. Eses comentarios aínda se conservan hoxe, co título de De bello Gallico ( A guerra das Galias ).
  • 20. A morte de Craso nunha campaña en Oriente desequilibra o triunvirato, que se vai resolver na rivalidade entre César e Pompeio. Á volta de conquistar a Galia, César debía licenciar ó seu exército, mais refusa facelo e, ó cruzar o río Rubicón (fronteira militar no norte de Italia) pronuncia a famosa frase Alea iacta est (“A sorte está botada”). O Senado declárao inimigo público e Pompeio sae a enfrontárselle. A batalla de Farsalia outorga a victoria a César, que se proclamará dictador perpetuo. Río Rubicón
  • 21. Un grupo de senadores, temendo que César tivese en mente restaurar a Monarquía, conspiran contra el. Á cabeza dos conxurados están Casio e Bruto, fillo adoptivo de César. Fixan a data do magnicidio para os idus (15) de marzo do 44 a.C. Ese día, no edificio da Curia, no Foro Romano, onde se reunía o Senado, César é acoitelado polo grupo de conspiradores. A tradición dinos que Bruto foi quen lle cravou o derradeiro puñal, mentres escoitaba estas palabras de César: Tu quoque, fili mi (“Ti tamén, meu fillo”). Bruto Casio César é asasinado na Curia
  • 22. II TRIUNVIRATO Dous lugartenentes de César (Marco Antonio e Lépido) e un sobriño-neto e fillo adoptivo seu (Octavio) asinan en 43 a.C. un pacto para vingar a morte de César. Comeza unha nova guerra civil, que rematará coa morte dos asasinos de César na batalla de Filipos (42 a.C.). Os triunviros reparten o poder entre eles, ordeando a morte dun bo número de opositores á súa política. O sistema republicano está ferido de morte. Marco Antonio Gaio Octavio Marco Lépido
  • 23. Igual que sucedera co primeiro, o II Triunvirato desfaise coa morte dun dos seus membros, neste caso Lépido. Octavio e Antonio camiñan cara un enfrontamento, motivado pola connivencia do segundo coa raíña exipcia Cleopatra. No 32 a.C. Os dous bandos enfróntanse na batalla naval de Actium, coa victoria de Octavio. Marco Antonio e Cleopatra suicídanse. Octavio asume o poder supremo, aínda que en apariencia retírase da vida pública. Mais a súa influencia síntese nos nomeamentos de senadores, maxistrados, gobernadores, etc. No 27 a.C. O Senado concédelle o título de Augustus , que simboliza o seu ascendente sobre o réxime. Á súa morte, en 14 d.C., o pobo tiña asumido que se buscaría un sucesor dentro da súa familia. Comezaba o Principado. Localización de Actium Octavio Augusto