SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 12
Downloaden Sie, um offline zu lesen
A MONARQUÍA EN ROMA (753-509 a.C.) 1º rei: Rómulo (753-720 a.C.) 2º rei: Numa Pompilio (715-672 a.C.) 3º rei: Tulo Hostilio (671-641 a.C.) 4º rei: Anco Marcio (640-616 a.C.) 5º rei: Tarquinio o Vello (616-579 a.C.) 6º rei: Servio Tulio (578-535 a.C.) 7º rei: Tarquinio o Soberbio (535-509 a.C.) Chegada de Eneas ó Lacio (?) Os 12 reis de Alba Longa (?) Usurpación de Amulio e nacemento de Rómulo e Remo (?) Fundación de Roma (753 a.C.) ACONTECEMENTOS
Segundo unha lenda coñecida no Mediterráneo na Antigüidade, Eneas, un dos líderes de Troia, escapou da ruína da cidade, xunto co seu pai e o seu fillo, para emprender unha longa e accidentada viaxe polo mar ata chegar, afrontando aventuras en Cartago e Sicilia (entre outros lugares), ó Lacio. Viaxe de Eneas (resumida) Troia Cartago Sicilia O Lacio
Unha vez alí, pide asilo ó rei Latino, que lle ofrece como esposa á súa filla Lavinia. Mais ela estaba prometida a Turno, xefe dos rútulos, pobo veciño dos latinos. A ruptura do compromiso desencadea unha guerra na que Eneas e o rei Latino vencen. O heroe troiano aséntase no Lacio e o seu fillo Ascanio Xulio fundará a cidade de Alba Longa, que coñecerá doce reis ata chegar a Procas, quen nomea herdeiro ó seu fillo Numítor. Eneas  vence  a Turno Eneas ante Latino
Mais Amulio, irmán de Numítor, derroca a este para logo matar ó seu fillo varón e obrigar á súa filla Rea Silvia a manter a virxinidade. Pero o deus Marte, namorado da moza, enxendra nela dous xemelgos: Rómulo e Remo. Amulio ordea asasinar ós nenos, mais os seus soldados só teñen carraxe para abandoalos. Axiña, mentres son amamantados por unha loba, son atopados por Fáustulo, que os criará como fillos seus. Ó alcanzar a maioría de idade, matan a Amulio e recuperan o trono para o seu avó Numítor, pedíndolle en troques que lles permita fundar unha nova cidade. Amulio entrega á súa filla ás virxes Vestais
Viaxando cara o norte, atopan un lugar que lles parece axeitado e piden a axuda dos deuses para saber quen será o fundador e primeiro rei. Sube cadaquén a un outeiro e agardan a aparición dos primeiros paxaros. Chegan seis voitres onda Remo e doce onda Rómulo: éste di que gaña el por ver o dobre, mais Remo di que o primeiro en albiscalos foi el. Rómulo comeza a trazar o rego que servirá de límite da nova cidade, mais Remo písallo. Segue unha pelexa, na que Remo morre a mans de Rómulo: el será o fundador e primeiro rei de Roma, pois así se chamará a fundación: é o 21 de abril do 753 a.C. Rómulo e Remo discuten polos sinais A pelexa dos irmáns
Para axudarse no goberno, Rómulo escolleu a cen dos máis vellos dos primeiros poboadores: constitúen o Senado, unha asamblea de notables chamada a ser a institución máis perdurable do goberno romano. A escaseza de mulleres obriga a Rómulo a idear unha estrataxema: invita ós sabinos, un pobo veciño, a unha festa a Roma. No medio da celebración, os romanos secuestran ás mulleres sabinas. Os sabinos declaran a guerra, mais as mulleres raptadas impoñen unha tregua, que se resolve coa integración dos sabinos en Roma. O rapto das sabinas O Senado
Rómulo morre máis tarde (algúns cren que asasinado polos senadores) e é divinizado co nome de Quirino. O Senado elixe sucesor a Numa Pompilio (715-672 a.C.). A tradición atribúe a este rei a fundación da relixión nacional romana. Entre outras cousas, establece os  collegia  (asociacións) de sacerdores, e erixe templos en honra dos deuses. Augur Busto do deus Xano
Logo de Numa Pompilio, o Senado elixe rei a Tulo Hostilio (671-641 a.C.), quen destaca pola súa ansia guerreira: declarou a guerra a Alba Longa, a vila orixinaria de Rómulo e Remo. Cóntase que a guerra rematou despois dunha loita entre tres irmáns albanos –os Curiacios- e tres romanos –os Horacios-. Ó primeiro, os Curiacios matan a dous dos Horacios; o terceiro destes comeza a fuxir deles mantendo certa distancia: deste xeito cansounos e, asemade, puido loitar con cada un deles por separado, evitando a pelexa contra os tres. Á fin, o romano venceu, e Alba Longa quedou sometida a Roma. A loita entre os Horacios e os Curiacios
O reinado de Anco Marcio (640-616 a.C.) estivo marcado polas guerras contra os pobos veciños do Lacio e polas obras públicas de importancia. Consecuencia do primeiro foi a fortificación do Capitolio como outeiro defensivo; resultado do segundo foron a construcción dunha ponte sobre o Tíber e o establecemento do porto de Ostia, sito na desembocadura do río, 12 km ó suroeste de Roma. O Capitolio fortificado O porto de Ostia A Ponte Sublicia
Con Tarquinio o Vello (616-579 a.C.) comeza un período de influencia estrusca sobre Roma, caracterizado por unha tendencia dos reis a impoñerse sobre o Senado, que era quen os elixía. Este monarca continuou as obras públicas, mais quíxoas de maior magnitude: canalizáronse parte das augas fecais da cidade nun gran colector e construíuse un moi amplo recinto (400x150 m) destinado a acoller espectáculos para grandes multitudes Cloaca Maxima  (aínda en uso) Circo Máximo
Servio Tulio (578-535 a.C.) chegou ó poder e abandonouno de forma violenta, como resultado de dúas conspiracións. ,[object Object],[object Object],[object Object],Trazado da muralla serviana
O derradeiro rei de Roma foi Tarquinio o Soberbio (535-509 a.C.), quen gobernou, segundo parece, de xeito despótico. Foi a nobreza a que conspirou para derrocalo, aínda que os historiadores antigos xunguen a este feito outro de carácter máis épico. O fillo de rei, Sexto Tarquinio violou a Lucrecia, esposa de Lucio Tarquinio Colatino, primo do rei. A muller, ademais, suicídase. Aproveitando a ausencia do monarca, que se atopaba en campaña, prodúcese un golpe de Estado liderado por Colatino e outro primo seu, Lucio Xuño Bruto: proclámase a República. O rei busca aliados entre o resto dos pobos latinos etruscos para recuperar o poder, mais en poucos anos fracasa. O crime dos Tarquinios e a expulsión dos reis

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (14)

Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A República
 
Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A República
 
Viri historiae romanae
Viri historiae romanaeViri historiae romanae
Viri historiae romanae
 
Cidades de Italia
Cidades de ItaliaCidades de Italia
Cidades de Italia
 
A Fundación de Roma. Rómulo e Remo
A Fundación de Roma. Rómulo e RemoA Fundación de Roma. Rómulo e Remo
A Fundación de Roma. Rómulo e Remo
 
A ROMA ANTIGA
A ROMA ANTIGAA ROMA ANTIGA
A ROMA ANTIGA
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Roma
 
RoMa
RoMaRoMa
RoMa
 
"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina
 
Guía de lectura; Eutropius I
Guía de lectura; Eutropius IGuía de lectura; Eutropius I
Guía de lectura; Eutropius I
 
Hispania romana. Lidia
Hispania romana. LidiaHispania romana. Lidia
Hispania romana. Lidia
 
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
Conquista de Italia e mediterráneo occidental (2012)
 

Andere mochten auch

Andere mochten auch (16)

Leyendas
LeyendasLeyendas
Leyendas
 
Leyenda
LeyendaLeyenda
Leyenda
 
El Rapto De Las Sabinas.Ppt1
El Rapto De Las Sabinas.Ppt1El Rapto De Las Sabinas.Ppt1
El Rapto De Las Sabinas.Ppt1
 
Leyenda
LeyendaLeyenda
Leyenda
 
05 La Muerte
05 La Muerte05 La Muerte
05 La Muerte
 
Libros del antiguo testamento representados en imágenes
Libros del antiguo testamento representados en imágenesLibros del antiguo testamento representados en imágenes
Libros del antiguo testamento representados en imágenes
 
Modelo estratrgico 2
Modelo estratrgico 2Modelo estratrgico 2
Modelo estratrgico 2
 
Modelo estructural
Modelo estructuralModelo estructural
Modelo estructural
 
Trabajo libro terapia breve
Trabajo libro terapia breveTrabajo libro terapia breve
Trabajo libro terapia breve
 
Modelo Estructural Exposicion
Modelo Estructural ExposicionModelo Estructural Exposicion
Modelo Estructural Exposicion
 
Metodo De Intervencion
Metodo De IntervencionMetodo De Intervencion
Metodo De Intervencion
 
La leyenda
La leyendaLa leyenda
La leyenda
 
LA MUERTE
LA MUERTELA MUERTE
LA MUERTE
 
Que es la muerte
Que es la muerteQue es la muerte
Que es la muerte
 
Zecharia sitchin. el codigo cosmico
Zecharia sitchin. el codigo cosmicoZecharia sitchin. el codigo cosmico
Zecharia sitchin. el codigo cosmico
 
El Secreto de Las Estrellas Oscuras - Version 3
El Secreto de Las Estrellas Oscuras - Version 3El Secreto de Las Estrellas Oscuras - Version 3
El Secreto de Las Estrellas Oscuras - Version 3
 

Ähnlich wie Historia De Roma (1) A Monarquía

Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Romadomenechino
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroBrais24
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanosroberto
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaAgrela Elvixeo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
Presentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaPresentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaCalamo currente
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteSanti Pazos
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016roberto
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 

Ähnlich wie Historia De Roma (1) A Monarquía (20)

Os romanos. Por Uxía
Os  romanos. Por UxíaOs  romanos. Por Uxía
Os romanos. Por Uxía
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Roma
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
 
Imperio Romano
Imperio RomanoImperio Romano
Imperio Romano
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanos
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Presentación rexións de italia
Presentación rexións de italiaPresentación rexións de italia
Presentación rexións de italia
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 

Mehr von Alfonso Blanco

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Alfonso Blanco
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínAlfonso Blanco
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAlfonso Blanco
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasAlfonso Blanco
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasAlfonso Blanco
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 

Mehr von Alfonso Blanco (20)

A Revolución dos Caraveis
A Revolución dos CaraveisA Revolución dos Caraveis
A Revolución dos Caraveis
 
O asasinato de JFK
O asasinato de JFKO asasinato de JFK
O asasinato de JFK
 
René Maltête
René MaltêteRené Maltête
René Maltête
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-AndradeValentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade
 
Poetizando as aulas
Poetizando as aulasPoetizando as aulas
Poetizando as aulas
 
Inventos e inventores
Inventos e inventoresInventos e inventores
Inventos e inventores
 
Os libros máis caros
Os libros máis carosOs libros máis caros
Os libros máis caros
 
Mitoloxía galega
Mitoloxía galegaMitoloxía galega
Mitoloxía galega
 
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12Recomendacións vacacións inverno 2011 12
Recomendacións vacacións inverno 2011 12
 
Lecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas LatínLecturas recomendadas Latín
Lecturas recomendadas Latín
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Expresións Latinas
Expresións LatinasExpresións Latinas
Expresións Latinas
 
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma AntigasAspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
Aspectos Da Vida Cotiá Na Grecia E Roma Antigas
 
Linguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas FlexivasLinguas Romances, Linguas Flexivas
Linguas Romances, Linguas Flexivas
 
Etimoloxías Latinas
Etimoloxías LatinasEtimoloxías Latinas
Etimoloxías Latinas
 
Ciencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica GregasCiencia e Técnica Gregas
Ciencia e Técnica Gregas
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 

Historia De Roma (1) A Monarquía

  • 1. A MONARQUÍA EN ROMA (753-509 a.C.) 1º rei: Rómulo (753-720 a.C.) 2º rei: Numa Pompilio (715-672 a.C.) 3º rei: Tulo Hostilio (671-641 a.C.) 4º rei: Anco Marcio (640-616 a.C.) 5º rei: Tarquinio o Vello (616-579 a.C.) 6º rei: Servio Tulio (578-535 a.C.) 7º rei: Tarquinio o Soberbio (535-509 a.C.) Chegada de Eneas ó Lacio (?) Os 12 reis de Alba Longa (?) Usurpación de Amulio e nacemento de Rómulo e Remo (?) Fundación de Roma (753 a.C.) ACONTECEMENTOS
  • 2. Segundo unha lenda coñecida no Mediterráneo na Antigüidade, Eneas, un dos líderes de Troia, escapou da ruína da cidade, xunto co seu pai e o seu fillo, para emprender unha longa e accidentada viaxe polo mar ata chegar, afrontando aventuras en Cartago e Sicilia (entre outros lugares), ó Lacio. Viaxe de Eneas (resumida) Troia Cartago Sicilia O Lacio
  • 3. Unha vez alí, pide asilo ó rei Latino, que lle ofrece como esposa á súa filla Lavinia. Mais ela estaba prometida a Turno, xefe dos rútulos, pobo veciño dos latinos. A ruptura do compromiso desencadea unha guerra na que Eneas e o rei Latino vencen. O heroe troiano aséntase no Lacio e o seu fillo Ascanio Xulio fundará a cidade de Alba Longa, que coñecerá doce reis ata chegar a Procas, quen nomea herdeiro ó seu fillo Numítor. Eneas vence a Turno Eneas ante Latino
  • 4. Mais Amulio, irmán de Numítor, derroca a este para logo matar ó seu fillo varón e obrigar á súa filla Rea Silvia a manter a virxinidade. Pero o deus Marte, namorado da moza, enxendra nela dous xemelgos: Rómulo e Remo. Amulio ordea asasinar ós nenos, mais os seus soldados só teñen carraxe para abandoalos. Axiña, mentres son amamantados por unha loba, son atopados por Fáustulo, que os criará como fillos seus. Ó alcanzar a maioría de idade, matan a Amulio e recuperan o trono para o seu avó Numítor, pedíndolle en troques que lles permita fundar unha nova cidade. Amulio entrega á súa filla ás virxes Vestais
  • 5. Viaxando cara o norte, atopan un lugar que lles parece axeitado e piden a axuda dos deuses para saber quen será o fundador e primeiro rei. Sube cadaquén a un outeiro e agardan a aparición dos primeiros paxaros. Chegan seis voitres onda Remo e doce onda Rómulo: éste di que gaña el por ver o dobre, mais Remo di que o primeiro en albiscalos foi el. Rómulo comeza a trazar o rego que servirá de límite da nova cidade, mais Remo písallo. Segue unha pelexa, na que Remo morre a mans de Rómulo: el será o fundador e primeiro rei de Roma, pois así se chamará a fundación: é o 21 de abril do 753 a.C. Rómulo e Remo discuten polos sinais A pelexa dos irmáns
  • 6. Para axudarse no goberno, Rómulo escolleu a cen dos máis vellos dos primeiros poboadores: constitúen o Senado, unha asamblea de notables chamada a ser a institución máis perdurable do goberno romano. A escaseza de mulleres obriga a Rómulo a idear unha estrataxema: invita ós sabinos, un pobo veciño, a unha festa a Roma. No medio da celebración, os romanos secuestran ás mulleres sabinas. Os sabinos declaran a guerra, mais as mulleres raptadas impoñen unha tregua, que se resolve coa integración dos sabinos en Roma. O rapto das sabinas O Senado
  • 7. Rómulo morre máis tarde (algúns cren que asasinado polos senadores) e é divinizado co nome de Quirino. O Senado elixe sucesor a Numa Pompilio (715-672 a.C.). A tradición atribúe a este rei a fundación da relixión nacional romana. Entre outras cousas, establece os collegia (asociacións) de sacerdores, e erixe templos en honra dos deuses. Augur Busto do deus Xano
  • 8. Logo de Numa Pompilio, o Senado elixe rei a Tulo Hostilio (671-641 a.C.), quen destaca pola súa ansia guerreira: declarou a guerra a Alba Longa, a vila orixinaria de Rómulo e Remo. Cóntase que a guerra rematou despois dunha loita entre tres irmáns albanos –os Curiacios- e tres romanos –os Horacios-. Ó primeiro, os Curiacios matan a dous dos Horacios; o terceiro destes comeza a fuxir deles mantendo certa distancia: deste xeito cansounos e, asemade, puido loitar con cada un deles por separado, evitando a pelexa contra os tres. Á fin, o romano venceu, e Alba Longa quedou sometida a Roma. A loita entre os Horacios e os Curiacios
  • 9. O reinado de Anco Marcio (640-616 a.C.) estivo marcado polas guerras contra os pobos veciños do Lacio e polas obras públicas de importancia. Consecuencia do primeiro foi a fortificación do Capitolio como outeiro defensivo; resultado do segundo foron a construcción dunha ponte sobre o Tíber e o establecemento do porto de Ostia, sito na desembocadura do río, 12 km ó suroeste de Roma. O Capitolio fortificado O porto de Ostia A Ponte Sublicia
  • 10. Con Tarquinio o Vello (616-579 a.C.) comeza un período de influencia estrusca sobre Roma, caracterizado por unha tendencia dos reis a impoñerse sobre o Senado, que era quen os elixía. Este monarca continuou as obras públicas, mais quíxoas de maior magnitude: canalizáronse parte das augas fecais da cidade nun gran colector e construíuse un moi amplo recinto (400x150 m) destinado a acoller espectáculos para grandes multitudes Cloaca Maxima (aínda en uso) Circo Máximo
  • 11.
  • 12. O derradeiro rei de Roma foi Tarquinio o Soberbio (535-509 a.C.), quen gobernou, segundo parece, de xeito despótico. Foi a nobreza a que conspirou para derrocalo, aínda que os historiadores antigos xunguen a este feito outro de carácter máis épico. O fillo de rei, Sexto Tarquinio violou a Lucrecia, esposa de Lucio Tarquinio Colatino, primo do rei. A muller, ademais, suicídase. Aproveitando a ausencia do monarca, que se atopaba en campaña, prodúcese un golpe de Estado liderado por Colatino e outro primo seu, Lucio Xuño Bruto: proclámase a República. O rei busca aliados entre o resto dos pobos latinos etruscos para recuperar o poder, mais en poucos anos fracasa. O crime dos Tarquinios e a expulsión dos reis