O 27 de agosto de 2013 inaugurouse no Pazo de Tor a exposición "Arte e Natureza", unha mostra que se engloba dentro do programa Enredarte da Rede Museística Provincial. A mostra ven precedida dun simposio que se celebrou os días 28 e 29 de xullo e no que participaron artistas e expertos do landart coma Fernando Casás, Ruth Montiel, Alberto Ruiz de Samaniego, etc... A segunda parte do proxecto foi unha residencia artística no que participaron 11 proxectos para convivir e crear en Tor durante unha semana. As obras formaron parte da paisaxe de Tor e algunha delas acabou por ser integrada pola propia natureza.