BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 199 - Xuño 2017
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
VODAS DE OURO SACERDOTAIS
Ter un párroco con 28 anos de antigüidade supón que máis dunha xeneración
de fregueses conviviu con el no proceso de constitución dunha comunidade
e de avanzar nunha experiencia de fe adulta e comprometida.
Todo o proceso de fe que se realiza nos sacramentos de iniciación chegáron-
nos da súa man, a iniciación na oración con sentido comunitario tamén, e as
celebracións eucarísticas dominicais, coa súa secuencia cíclica, enriquecidas
co seu maxisterio, seguramente marcaron a nosa experiencia relixiosa e de
familia crente. Pero hai máis, ter dirixido e cooperado na construción do tem-
plo e complexo parroquial foi tamén algo decisivo desde unha visión máis
material, pero se a isto engadimos que conviviu con todos dentro da mesma
urbanización aínda resalta máis unha dedicación integrada e próxima, pouco
frecuente nestes tempos.
Por iso dedicamos especialmente a edición deste boletín a D. Benjamín,
transcribindo o seu saúdo e o relato da súa historia persoal como pastor, con
variadas experiencias pastorais, e como párroco.
Congratulámonos, na celebración das súas Vodas de Ouro sacerdotais, co seu
servizo e entrega. Grazas, moitas grazas, e que o Señor o recompense.
Queridos fregueses e veciños da parroquia dos Tilos. Quero facervos partí-
cipes, neste último boletín do curso 2016-2017, dunha pequena semblanza
dos meus cincuenta anos de sacerdote. Desexo que todos sexades coñecedo-
res dos meus comezos no Seminario de Belvís ata o día de hoxe. Esta é unha
pequena contribución para unha revista que a nosa promoción sacerdotal
(1967-2017) editará con motivo das vodas de ouro sacerdotais:
PARROQUIA VIVA
4.- XXI Aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial.
Confirmacións. Logo da misa de 12, festa do compartir. Os alimentos deben
traerse antes das 11:30.
8.- Pleno do Consello pastoral parroquial ás 20:30.
10.- Excursión parroquial das familias de catequese e da parroquia.
17.- Celebración comunitaria do perdón ás 18:00.
18.- Festa do Corpus Christi. Día nacional da Caridade.
25.- Primeiras Comuñóns ás 12 da mañá.
28.- Reunión do grupo de Cáritas ás 20:30.
SETEMBRO:
16.- Asemblea parroquial para o novo curso.
ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Martín Gil SanMiguel, de Senén e Isabel (07-05-2017)
David Hortas Rodríguez, de Javier e Mª Carmen (07-05-2017)
Confirmacións:
María Tomé Castro
Paula García López
Carolina Gómez Martínez
María Lete Blanco
Alejandro da Silva Sueiro
Francisco López Lamas
Santiago Golpe Sánchez
Ian Alonso Neira
Juan Ramón Blanco Ferreiro
Zaira Fernández Lea
Sandra María Soneira Pérez
Sara Seoane Mata
Fabián Rodríguez Costa
Defuncións:
Mª del Carmen Criado Abeal (18-05-2017)
e Urquijo coa mediación da familia
López Calo, puiden seguir no
Seminario; rematada a etapa humanís-
tica en Belvís, pasamos ao Seminario
Maior para seguir coa formación filo-
sófica e teolóxica. Non quero porme-
norizar nin nos formadores nin nos
profesores nin, sequera, na alimenta-
ción; aspectos que, vistos desde hoxe,
son un argumento máis para afirmar
que a presenza e a graza do Señor se fai
viva e presente en circunstancias, per-
soas e situacións moi dispares.
Acabada a etapa formativa, chega, o 23
de xullo do ano 1967, a ordenación
sacerdotal. Miras o presente e, sobre
todo, miras o futuro dun sacerdote
novo, sen ser moi consciente do que
vai implicar para un, para a Igrexa e
para a sociedade, o Concilio Vaticano
II, recentemente concluído. Ao mesmo
tempo, quizais sen darlle a importancia
que logo tivo, vai pasar coa revolución
estudantil do ano 1968. No nivel perso-
al, ambos os dous acontecementos van
marcar as miñas inquedanzas de cura e
crego recentemente ordenado.
Fun enviado a unha parroquia (S.
Cosme de Oíns) do concello de Arzúa,
onde redescubrín a bondade, a relixio-
sidade e a proximidade da xente desta
parroquia.
Dous anos despois destináronme como
coadxutor a S. Martín de Noia, outra
experiencia distinta e que me esixía
Hoxe, ante a óptica dun crente en
Xesús, e mirando cara atrás, non cin-
cuenta anos senón sesenta e dous, debo
facer un público recoñecemento: na
miña vida todo o considero graza,
incluso cando, en varios momentos
deste montón de anos non o sentía así.
Repito todo é graza: nacín no seo
dunha familia humilde, nunha aldea
(Vilacoba, no concello de Lousame);
xunto cos meus pais (Heliodoro e
Teresa) nacemos e medramos cinco
irmáns (dos cales só tres seguimos
peregrinando). A escola e a igrexa
parroquial conformaron, xunto coa
familia, unha trindade dun neno que,
aos dez anos, é invitado a ir ao
Seminario como única oportunidade de
seguir estudando e como sementeiro de
vocacións sacerdotais. Alí, en Belvís,
lonxe de tódalas vivencias da miña
nenez, encontreime cun montón de
rapaces e non tan rapaces que, dirixido
por un grupo de cregos (non creo que
fose equipo sacerdotal), nos instaba a
formarnos en catro actitudes: piedade,
disciplina, urbanidade e aplicación.
Endexamais escoitara semellantes ter-
mos pero, hoxe, non daquela, son cons-
ciente da súa grande importancia na
formación e crecemento persoal. Así,
nun clima de multitude, fómonos
modelando como persoas e, incluso, na
incipiente vocación sacerdotal. Pasan
tres anos, e grazas a D. Lucas de Oriol
unha presenza máis actualizada cun
novo tipo emerxente de mocidade
(falo dos anos setenta). Sete anos des-
pois, previa petición, fun enviado a
Ordoeste e Barcala, engadindo logo
Corneira (todas no concello da Baña).
Ao mesmo tempo matriculeime na
facultade de Psicoloxía co único inte-
rese de formarme, e de sentirme, con
32 anos, mozo entre mozos/as de 18
anos. Tras rematar Psicoloxía, fun
enviado a Roma e, á volta, encargá-
ronme a Pastoral Familiar na Diocese
xunto coa adscrición a S. Xoán de
Calo. Catro anos despois (1989) pro-
puxéronme crear unha parroquia
nova, como comunidade canónica,
pois como tal comunidade cristiá xa
nacera anos antes; e aquí sigo hoxe.
Esta é a parroquia de S. Francisco de
Asís dos Tilos, no concello de Teo.
Cincuenta anos despois, vexo todo
isto como don e como graza; máis que
dar recibín moitas ensinanzas que me
foron forxando para ir corrixindo
aspectos e integrándoos na vida per-
soal e sacerdotal; cincuenta anos nos
que, xunto as cruces diarias sempre
atopei “cireneos”, expresión da pre-
senza do Señor Xesús na tarefa dun
cristián sacerdote.
A súa compaña sempre foi para min
apoio e estímulo para seguir adiante.
Dende hai vinte anos que resido no
complexo parroquial de S. Francisco
de Asís dos Tilos, sempre tiven dous
veciños, irmáns sacerdotes, Luis e José
Antonio Seoane Ares, pero, en todo
momento, e quero confesalo con toda
humildade, teño un amigo, día e noite,
ao que cando estou a punto de quedar
durmido lle digo: “Xesús, amigo e
veciño, quedas de garda”, ao mesmo
tempo que lle pido graza e perdón.
Asegúrovos que non falla.
Deixo para o final un recordo especial e
entrañable para os compañeiros de pro-
moción, sacerdotes e segrares: grazas
por estar sempre aí; grazas pola vosa
amizade; grazas, pois a vosa constancia
fixo e fai posible que durante estes anos
nos xuntásemos para rezar, para cele-
brar e para fortalecer a nosa amizade.
Grazas, grazas, grazas.
P.D. Non sei o que o Señor nos ten gar-
dado, pero o que me gustaría é que
agora fose toda a xente da parroquia
dos Tilos: unha comunidade como era
a dos anos 90; comunidade viva, comu-
nidade profética (que denunciaba os
males e carencias e, que ao mesmo
tempo, loitou para que aquela veciñan-
za fose tamén unha comunidade cristiá
(chegando a constituírse en parro-
quia); que a nosa parroquia fose un fiel
reflexo da primeira comunidade dos
apóstolos: na fracción do pan, na
escoita da Palabra e na oración.
Neste primeiro domingo de xuño, día
de Pentecoste, o Señor envíanos o seu
Espírito; só fai falla a nosa vontade
de facer realidade este proxecto de
comunidade.
TODO É GRAZAS A DEUS