Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

As bases da herdanza.pptx

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Como hemos cambiado
Como hemos cambiado
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 15 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Aktuellste (20)

Anzeige

As bases da herdanza.pptx

  1. 1.  Todos os seres vivos, salvo os virus, teñen dous tipos de ácidos nucleicos: o ADN e o ARN.  O ADN é o encargado de levar a información xenética, pero para que esa información poida expresarse é necesario que interveñan varios tipos de ARN. Estas biomoléculas están formadas polos seguintes elementos químicos: C, H, O, N e P.
  2. 2. Os ác. nucleicos son macromoléculas formadas pola unión de moléculas pequenas denominadas nucleótidos. •Cada nucleótido consta de: –Un Acido Fosfórico. –Un azucre (desoxirribosa ou ribosa). –Unha base nitrogenada (compostos cíclicos que conteñen nitróxeno) que poden ser unha das seguintes: »Adenina (A) » Timina. (T) »Guanina. (G) » Citosina. (C) » Uracilo (U)
  3. 3.  O ADN é un ácido nucleico (acido desoxirribonucléico), portador da información xenética e responsable das características biolóxicas dun organismo.  Durante a Interfase atópase disperso dentro do núcleo, formando a cromatina.  Na División celular, a cromatina condénsase ata formar os cromosomas.
  4. 4. Os nucleótidos do ADN só se diferencian na base nitroxenada. No ADN só hai 4 bases nitroxenadas : Adenina , Timina, Guanina e Citosina , polo que só hai 4 tipos posibles de nucleótidos que se van diferenciar na base
  5. 5.  Unión dos nucleótidos: como se indica na figura: únese a desoxirribosa dun nucleótido co ácido fosfórico do seguinte, formando así longas cadeas de nucleótidos (polinucleótidos) que se diferencian na secuencia (orde) das bases, e na cal está contida a información xenética
  6. 6.  Segundo o modelo de Watson e Crick, a molécula de ADN está formada por dúas cadeas antiparalelas de polinucleótidos unidas de forma complementaria por ligazóns entre as bases.  As bases están cara ao interior da cadea e as de cada cadea apareadas (unidas) ás da outra cadea según este patrón: Adenina – Timina Citosina – Guanina O que implica que a secuencia de bases dunha cadea determina a secuencia de bases da outra, polo que se di que son complementarias
  7. 7.  O ADN está formado por dúas cadeas de nucleótidos, enroladas ao redor dun eixo imaxinario, formando unha dobre hélice de 2 nm de diâmetro  As bases nitroxenadas atópanse no interior da dobre hélice e o esqueleto de azucar-fosfato cara ao exterior  Existe complementariedade entre ambas as cadeas. A adenina únese á timina e a guanina á citosina  As bases nitroxenadas están enfrontadas formando pontes de hidróxeno entre elas
  8. 8. Rosalind Franklin (1920-1958), naceu en Inglaterra. Estudiou biofísica e adicou gran parte do seu labor investigador á aplicación da difracción de Raios X ao estudo de estructuras moleculares. En 1953 realizou unha publicación na que aparecía a denominada fotografía 51, unha imaxe de difracción de raios X, que serviu de respaldo experimental para que Watson e Crick estableceran a hipótese da "doble hélice”, pola que recibiron o Premio Nobel en Fisioloxía e Medicina en 1963, xunto co científico Maurice Wilkins.
  9. 9. Na nosa lingua, podemos escribir innumerables palabras, frases, libros… Para elo necesitamos as 28 letras del abecedario: A B C D E F G H … H O L A Na linguaxe xenética, con catro “letras” constrúense innumerables xenes ATTCCGGATCCTAGGCTATA….. Xene color ollos Na linguaxe informática, un arquivo é unha sucesión de ceros e uns 001010100010101011101000… Shakira.mp3 Ordenando letras construimos palabras As catro “letras do abecedario xenético”
  10. 10.  O ADN é o portador da información xenética, controla o funcionamento da célula e é o responsable das características fisiolóxicas e anatómicas dun organismo. Almacena e transmite esta información.
  11. 11.  Se puideses estender a molécula de ADN, notarias que as súas hebras alcanzan unha lonxitude próxima aos dous metros. Como é posible que o material xenético estea almacenado ao interior dun pequeno núcleo celular? Nos eucariontes o ADN atópase asociado a unhas proteínas formando a cromatina. Estas proteínas, denominadas histonas, permiten a compactación do material xenético, de tal forma que se poida aloxar no interior do núcleo.Na célula procariota atópase no citoplasma.  Na célula eucariota atópase no núcleo, de dúas formas posibles:  CROMATINA: a molécula de ADN está estirada, formando una maraña de fíos no núcleo. Obsérvase na célula en repouso (Interfase)  CROMOSOMAS: a molécula de ADN está enrolada, formando ovillos.Obsérvanse cando a célula se divide.

×