1. PRONUNCIAMENTOCONTRA A REFORMA LABORAL
Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos
traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, o Comité de
Empresa do Parador de Turismo Conde de Gondomar de
Baiona,
ACORDA APOIAR O PROCESO DE MOBILIZACIÓN CONTRA A
REFORMA LABORAL, QUE SE INICIA COAS MANIFESTACIÓNS
CONVOCADAS PARA O 19 DE FEBREIRO DE 2012, ESIXÍNDOLLE
AO GOBERNO UN CAMBIO DE POLÍTICA QUE SUPOÑA:
• A retirada dunha reforma laboral que:
o Non vai servir para crear emprego.
o Non vai reducir a dualidade do mercado laboral.
o Facilita e abarata o despedimento.
o Reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de
traballo.
o Privatiza a xestión do desemprego.
• Defender a negociación colectiva como marco de protección das
condicións de traballo, fronte aos intentos de lles atribuír ás empresas a
capacidade de incumpriren os acordos alcanzados de forma unilateral.
• Defender os servizos públicos como dereitos da cidadanía, e pór fin aos
recortes orzamentarios e ao desmantelamento que están a padecer.
• Unha política que reduza o déficit público mediante o incremento dos
ingresos e non só mediante a redución do gasto.
• Unha nova política fiscal que reforce a estrutura de ingresos do Estado,
recuperando impostos suprimidos e apostando por unha maior recadación
baseada na progresividade fiscal.
Baiona, 17 de Febreiro de 2012
Ado. JORGE CARNEIRO PENEDO
Secretario do Comité de Empresa