IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
O galego entre_1900_e_1936
1. Adrián Pérez, Darcin Hombre,
Juan José Batalla, Luis Miguel Chouza,
Pablo Sanchiño 2ºA BACH.
2.
3. O esquema expositivo que imos seguir será o seguinte:
- Contexto demográfico, económico e social da época.
- Contexto político
- Situación da lingua.
- Iniciativas normalizadoras: As Irmandades da Fala, a
Igrexa e o Partido Galeguista.
5. A emigración
Durante o século XIX comeza a emigración
masiva de galegos dirixida cara países
americanos de cultura ibérica. Os destinos
preferentes foron Cuba e Arxentina. Entre 1836
e 1960 saíron case 2 millóns de galegos, o que
supuxo a perda masiva de poboación nova.
5
6. • A agricultura segue
sendo o sector onde
traballaba a maioría
da xente.
• Fortalécese a
burguesía industrial e
financieira gracias a
construción de
buques de pesca,
conservas, ao tráfico
de gando, etc.
7. Na década de 1920 comeza cun
transvasamento de traballadores do sector
primario á industria e aos servizos (éxodo
rural).
Sector
primario
Sector
secundario
8.
9. Comprende esencialmente o goberno
constitucional de Alfonso XIII, e constitúe
unha época moi turbulenta, debido á crise
da sociedade española tralo desastre do
98 e a corrupción política. É a época de
creba do sistema canovista (sen
democracia, quenda pacífica)
10. Comeza tralo golpe de estado dado polo
xeneral Primo de Rivera a raíz do desastre
de Annual e apoiado polo propio monarca, e
constitúe unha pequena mellora nas
condicións de vida da poboación debido ó
lixeiro crecemento
económico (felices
anos vinte) ainda que
caerá o réxime debido
a presión de todos os
grupos e as continuas
protestas.
11. Trala perda de popularidade de
Primo de Rivera e o fracaso
de outras iniciativas
autoritarias, instáurase a
República. Está será unha
época de auxe social,
artístico e económico que
sen embargo verase cortado
polo estoupido da Guerra
Civil Española en 1936.
12. O agrarismo é un
movemento social histórico
galego, que buscaba a
defensa dos intereses do
campesiñado. Este
movemento estará
capitaneado por Basilio
Álvarez e contará con
poetas que o respaldan,
entre os que destaca
Ramón Cabanillas. En canto
a institucións destaca
Acción Gallega. Os
agraristas conseguiron
melloras como:
13. • Redención de foros (1926).
• Repartición de montes á man común.
• Modernización da produción.
• Especialización gandeira.
14. Un dos fenónemos máis característicos desta
época é a aparición dos sindicatos, que responden
á expansión dos ideais marxistas e comunistas
entre os obreiros e campesiños. Como
consecuencia en Galicia, surxirán sindicatos como
UXT, CNT-CRG que convocarán folgas, entre as
que se destaca a primeira folga xeral de 1932, en
aopio ós estaleiros de Ferrol.
15.
16. Corrente intelectual que buscaba a
distinción política e cultural de Galicia,
debido á súa condición de nación.
Estará defendido principalmente por
escritores como Castelao ou Vicente
Risco.
17. Denuncia do atraso económico, cultural
e político.
Defensa da modernización no sector
agrario.
Proclama da autonomía integral de
Galicia.
Federalismo ibérico.
18. Recuperación do galego como idioma
literario, cultural e histórico.
A lingua galega non conta cun modelo
padrón pero empezan a nacer iniciativas
normalizadoras
En 1906 é funadada a Real Academia
Galega da Lingua por Manuel Murguía.
Vinculación do nacionalismo ao idioma
como esencia de identidade colectiva.
Creación das Irmandades da Fala e do
grupo Nós, destacan as figuras de Risco,
Cuevillas, Pedrayo e Castelao.
19. En 1922 Lugrís Freire creou a gramática do idioma
galego
Incorporación do galego aos estudos científicos e
creación do Seminario de Estudos Galegos, fundada por
Bouza Brey e Filgueira Valverde.
Xeración do 25, destacan Manuel Antonio, Bouza Brey,
Amado Carballo, que repercutiron positivamente na
literatura galega, enfrontandose coas formas
tradicionais da literatura.
Nos medios de comunicación non destacaba o uso do
galego, agás nas publicacións galeguistas.
En 1931, creouse o Partido Galeguista, que promove a
aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en
1936.
Recoñécese por primeira vez o galego como lingua
oficial.
20. No primeiro terzo do século XX, o
galego foi pouco a pouco, e grazas as
iniciativas normalizadoras das que
falaremos posteriormente, gañando
prestixio e expandíndose dende o nivel
popular a novos estratos da sociedade.
21. Entre 1900 e 1936 houbo
unha perda progresiva de
falantes galegos debido
ao desprazamento da
poboación aos principais
ámbitos urbáns e as
vilas, os cales comezaron
a ter unha gran
tendencia a
castelanización.
22. Nesta época todavía seguen presentes
moitos dos prexuízos estendidos
durante os Séculos Escuros, que
identificaban o galego co ruralismo e o
atraso. Porén, as iniciativas
normalizadoras intentarán combatelos
dándolle vixencia en novos campos da
sociedade ó galego (destacará a
importancia do galego na pedagoxía)
23. › Dentro deste contexto social, político e
lingüístico, danse principalmente tres
correntes normalizadoras do galego:
24.
25. › A publicación en 1922 da primeira revista
infantil na nosa lingua (As roladas)
› A creación na Coruña en 1924 das
Escolas de Insiño Galego, promovidas
por Ánxel Casal pero de escaso éxito.
› Confección de ensaios pedagóxicos en
galego, como por exemplo, Método de
lectura (1932) ou Nosos problemas
educativos (1918).
26. Tamén a Igrexa contribuíu lixieramente
á normalización da lingua galega,
mediante o seu emprego para escribir
poesía en galego (Lago González,
Paulino Pedret ou Xesús Carro) ou a
tradución dalgúns textos litúrxicos e o
seu emprego nalgunhas cerimonias.
27. Debido ó carácter federalista da
Segunda República, o Partido
Galeguista gozará de liberdade legal e
elaborará o primeiro Estatuto de
Autonomía Galego (aprobado en
plebiscito en 1936) que recollía as
principais teses galeguistas. Porén,
este non sería aplicado debido ó golpe
de estado franquista.
28. As principais trazas deste documento son:
- Definición territorial da comunidade autónoma de
Galicia, e a súa distribución en comarcas e
parroquias.
- Recoñecemento de símbolos: a bandeira, o himno
e o escudo.
- Recoñecemento do galego como lingua propia de
Galicia e cooficialidade co castelán.
29.
30. O primeiro terzo do século XX foi unha
época convulsa, que sen embargo
manifestou un pequeno crecemento
económico.
Neste período dase un progresivo avance
na conciencia galeguista e unha
continuación dos ideais do Rexurdimento
do século XIX.
31. As principais iniciativas normalizadoras
desta época veñen de parte das
Irmandades da Fala, a Igrexa e o
Partido Galeguista.
Desta época data a elaboración do
Estatuto de Autonomía Galego, cuxa
aprobación será a base da posterior
denominación de Galicia como
nacionalidade histórica.