1. CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Este libro de contos foi escrito por Xabier P. Docampo
(Rábade, Lugo en 1946). É mestre, escritor, conta
contos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e
cultura galega, ademais de animador e experto en
bibliotecas escolares. A súa tarefa pedagóxica intégrase
na chamada “Nova Escola Galega”. En 1997 obtivo o
premio Nacional de literatura infantil e xuvenil polo libro
Cando petan na porta pola noite, seleccionado así
mesmo coma unha das mellores obras do século XX
español segundo a Fundación Xermán Sánchez
Ruipérez.
En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao
cine da súa novela A casa da luz, publicada por Xerais,
en galego, e por Anaya, en castelán. A película dirixida
por Carlos Amil, está rodada en galego e gravouse nas
localidades de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíron
algúns nenos do colexio Vales Villamarín (Betanzos).
2. Escribiu moitas máis obras, entre elas:
- O misterio das badaladas.
- Cun ollo aberto e co outro sen pechar.
- A chave das noces.
- O pazo baleiro.
Neste libro Xabier inténtanos transmitir algo de medo e, á
vez, de curiosidade.
O libro está dividido en catro partes, en cada parte
nárrase unha historia diferente, o único que teñen en
común é que o protagonista principal vai de camiño a un
lugar e pola noite ten que buscar acubillo nunha casa
allea na que hai persoas moi raras que nun principio o
coidan moi ben, pero logo en todas elas acontece algo
sobrenatural que foi que o protagonista acabe mal
parado, agás na última na que Xabier nos quixo deixar
con bo sabor de boca.
Na primeira historia o propio protagonista cóntanos a
historia. Nesta historia hai un ferreiro malvado e no final
fálanos duns personaxes secundarios que son o fillo do
ferreiro, a muller e un cliente habitual da ferrería.
Na segunda historia os protagonistas principais son o
Tixolas e a vella e como secundarios os dous amigos do
Tixolas o neno o que seu pai lle contaba a historia e,
polo tanto, o pai tamén. A historia está contada en
terceira persoa.
Na terceira historia é Silvestre o protagonista e tamén hai
unha loba malvada chamada Isaura. A historia contoulla
unha vella ao pai do escritor, quen á súa vez lla contou
ao fillo, o escritor, o narrador. Máis personaxes
secundarios son un matrimonio con dous fillos
adolescentes. Os secundarios da historia que lle conta a
vella son os pais, avós e a muller de Silvestre, por outro
lado están os pais de Isaura.
3. Na cuarta e última historia o protagonista principal é un
home do que non se dan datos. Como personaxes
secundarios están unha muller e un camareiro e, como
antagonista, unha muller cun abrigo azul que lle manda
as cartas de aviso da morte. Está contada en terceira
persoa.
En todas as historias hai algo de descrición do lugar no
que se encontran e do aspecto dalgúns personaxes.
Todas suceden en casas illadas en pequenas vilas, e
pódese deducir polos medios de transporte e polos de
comunicación que non son historias da actualidade,
excepto a última que é máis recente que as outras.
A min a linguaxe en xeral foime doada, excepto algunhas
palabras de obxectos antigos que consultei na casa e a
familia coñecía. Polo demais a min o libro gustoume, creo
que se poderían ampliar algo as historias e podían estar
relacionadas.
María González Iglesias, 2º ESO A.