1. Cando petan na porta pola
noite
Xabier P. Docampo
OBRA: Cando petan na porta pola noite
AUTOR: Xabier P. DoCampo
COLECCIÓN: Xerais, Fóra de Xogo
Xabier P. DoCampo naceu en 1946 en Rábade, Lugo. É mestre,
escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e
cultura galega. En 1995 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil por Cando petan na porte pola noite. Outras obras súa son: Cun
ollo aberto e outro sen cerrar, O país durminte, Beogán, O misterio das
badaladas, ...
Cando petan na porte pola noite son catro relatos que seguen a
tradición do conto oral de medo.
2. 1º relato: “O espello do viaxeiro”.
Conta a misteriosa historia dun home que comete un crime contra
outro idéntico a el e ten unha condena un tanto peculiar...
Está narrado en primeira persoa e conta con dous personaxes, un
protagonista e outro antagonista. O espazo localízase no medio dun
monte e no tempo no que aínda non eran frecuentes os automóbiles e a
xente empregaba os cabalos ou ían a pé para desprazarse.
2º relato: “O Fornadas”.
Narra o asunto do Fornadas, un home que matou unha vella moi ruín
e foi torturado polo espíritu desta ata morrer e quedar ligada a ela no
inferno para sempre.
Está narrado en primeira persoa por un personaxe secundario. O
espazo localízase en Xermar, Lugo e aparecen outros topónimos reais
como O Castro de Rei, Roás ou Triabá. O tempo non se especifica, pero
non está situado nun pasado remoto.
Conta con dous protagonistas, a vella e o Fornadas, e con varios
personaxes secundarios como a familia do Fornadas.
3º relato: “A Loba”
Conta a historia dun home malcriado e mullereiro que deixa en estado
a Isaura, unha muller que se vingou moi duramente coa axuda de lobos,
coverténdose nunha deles.
Neste relato hai dous narradores ben diferenciados: un narrador
inicial en 1ª persoa que abre e pecha o relato e conta un episodio que
lle aconteceu a seu pai cando ía a cabalo entre a Granda de Xermar e a
Reborica e é sorprendido por unha nevada e ten que refuxiarse nunha
casa. O segundo narrador é unha vella que conta unha historia
acontecida xa hai moitos anos. Ela actúa como narrador omnisciente.
Sitúase en primeiro lugar polos anos trinta, pero a historia contada é
moi anterior.
Conta con varios personaxes, algúns deles lobos. O protagonista é
Silvestre (o home malcriado) e a antagonista é Isaura, pero tamén hai
3. outros como os pais e a muller de Silvestre.
4º relato: “O cumpremortes”
Narra a historia dun home que recibe unhas cartas moi estrañas coa
data da súa morte. El tratará de loitar contra o seu destino, pero
lograrao?
Está narrado por un narrador omnisciente e conta con moi poucos
personaxes. O tempo é actual e o espazo non se especifica, soamente
sabemos que se trata de dúas cidades e unha vila.
Dos catro relatos o meu favorito foi "O cumpremortes", porque nos
ensinou que andar sempre na mesma rutina non é bo.
"Entón , todo canto estaba escrito no teu destino foise esborranchando
primeiro e esvaéndose despois, a túa vida volveuse unha páxina en
branco. Por iso non se cumpriu o que era o teu destino, porque os
homes, se se comportan como tales, invéntano e escríbeno eles
mesmos."
Alba Viqueira Nouche