SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 9
Downloaden Sie, um offline zu lesen
PROXECTO VOZ NATURA
                            2011-
                      CURSO 2011-2012




 “A SEMENTE DO FUTURO”
               FUTURO”




            C.P.R. Mª INMACULADA
                 VERIN - OURENSE
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                         CPR Mª INMACULADA - VERIN




1. INTRODUCCIÓN


2. OBXECTIVOS

 2.1. OBXECTIVOS XERAIS
 2.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS



3. DESCRIPCIÓN DO PROXECTO

 3.1. Deseño de actividades.
 3.2. Establecemento de contactos con outras entidades
 3.3. Traballo de campo
 3.4. Elaboración da información
 3.5. Realización doutras actividades
 3.6. Avaliación do proxecto


4. ACTIVIDADES


5. DESTINATARIOS


6. TEMPORALIZACIÓN
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                         CPR Mª INMACULADA - VERIN

             TITULO: “ A SEMENTE DO FUTURO”
1.- INTRODUCCIÓN
1.-


       Os bosques son unha das principais riquezas naturais do noso planeta: depuran o aire,
regulan os ciclos da auga, conservan o chan e facilitan a vida de plantas e animais. Non obstante,
cada ano desaparecen no planeta máis de 16 millóns de hectáreas arboradas. Co obxecto de
chamar a atención sobre os perigos que axexan a estes privilexiados espazos, a ONU declarou 2011
como Ano Internacional dos Bosques.

Galicia conta cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa
o 48% de todo o territorio, cifra que se eleva ata case o 69% se temos en conta o monte
desarborado. Outro dato significativo dos nosos bosques é que máis de 120.000 hectáreas
corresponden a superficie forestal certificada.

Entre as características dos bosques galego destaca a interfase ou contacto entre os bosques de
tipo mediterráneo, con predominio do rebirlo, como os que hai en Ourense, e os de tipo atlántico
que se dan no resto de Galicia, onde abundan carballos e bidueiros ou carballos e castiñeiros.

As formacións autóctonas son aqueles ecosistemas en que as especies arbóreas orixinarias da zona
en que se encontran ou perfectamente adaptadas a ela durante séculos; caso contrario son os
denominados alóctonos. As especies arbóreas que conforman os bosques, así como os bosques en
conxunto, están suxeitos a unha dinámica continua que os pode facer pasar dunha a outra
denominación. Exemplos característicos desta realidade son o piñeiro silvestre e o castaño.

Os bosques teñen unha incidencia directa e decisiva sobre todos os elementos ambientais. Como
beneficios máis directos podemos destacar:


- Liberación de osíxeno. Fixación do CO2
- Depuran o aire: reteñen as partículas en suspensión da atmosfera.
- Redución dos efectos erosivos producidos pola auga e o vento, favorecendo a creación de
chan.
- Regulación dos niveis hídricos, participando decisivamente no ciclo hidrolóxico: reteñen a auga
de chuvia e regulan as canles dos ríos
- Regulación do clima: atenúan os rigores climáticos, favorecen a existencia de chuvias, reducen a
evaporación, manteñen o nivel de humidade ambiental e evitan a sequidade.
- Reducen os impactos acústicos.
- Depuran as augas e os chans contaminados.
- Posibilitan o sostemento dunha maior diversidade de especies vexetais e animais: reducen o risco
de incendios e a aparición de pragas e enfermidades.
- Serven de corredor biolóxico nas rutas de desprazamento de diversos animais.
- Fertilizan o terreo cos seus restos e os dos animais que o habitan.
- Son fonte de recursos para o home (económicos, recreativos, culturais, científicos, etc)...


Esta infinidade de beneficios son os que deben facer entender o bosque como o elemento
necesario para asegurar a correcta calidade de vida de todas as persoas. É difícil imaxinar a
existencia do home sen o bosque.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                      CPR Mª INMACULADA - VERIN

O lume é un elemento natural que forma parte dos fenómenos que modelan a paisaxe.
Precisamente, gran parte da nosa vexetación está adaptada á acción do lume, con estratexias
rebrotadoras ou de xerminación tralo incendio.

Pero a actual situación non ten nada que ver con fenómenos naturais. A intensidade e recorrencia
dos incendios forestais está tendo efectos dramáticos sobre o noso chan, con efectos irreversibles
nalgúns casos. O lume reiterado provoca unha merma na capacidade da vexetación para
recolonizar o terreo ou tapizar o chan. As elevadas pendentes aumentan ademais a erosión
xerando chans cada vez menos produtivos. Avenidas, inundacións, colmatación de embalses e
desertización son consecuencia do paso repetido do lume polos nosos ecosistemas.


A actual magnitude do fenómeno dos incendios forestais débese a factores estruturais importantes,
entre os que destacan:

   •    O abandono drástico das actividades agrosilvopastorales que se produciu en apenas
        corenta anos debido ao éxodo rural, cun incremento da biomasa nos ecosistemas que os
        fai facilmente combustibles

   •    A permanencia da cultura do lume (queima de rastrollos e pastos) nunha parte importante
        da poboación rural.

   •    A loita contra os incendios forestais centrouse case exclusivamente na extinción,
        esquecendo a prevención e unha correcta planificación forestal, enmarcada nunha boa
        ordenación do territorio. Pero o certo é que na actualidade os maiores investimentos en
        materia forestal están destinadas á extinción de incendios, a construción de infraestruturas
        asociadas a estes: rede de devasas, rede de pistas forestais, puntos de auga, etc. e
        reforestación de terreos incendiados.



        A conclusión mais importante que podemos sacar de todo isto, é a importancia dunha
reforestación e recuperación das zonas degradas polos incendios forestais que asolan a nosa
Comunidade.


       Por iso, o noso Proxecto : “A SEMENTE DO FUTURO”, pretende abarcar, varios aspectos
fundamentais na educación en valores medioambientais dos nosos rapaces/as; os eixos sobre o
que se xirará o Proxecto poden resumirse en:


   1.   COÑECEMENTO, tanto da flora como da fauna dos nosos montes e bosques. Estudo da
        problemática actual dos nosos espazos verdes asi como tecnicas para actuar sobre o
        propio medio. Traballo na aula.

   2.   ACTUACIÓN DIRECTA sobre o medio, localizando zonas degradadas dos nosos montes
        para poder iniciciar a sua recuperación. Limpeza desas zonas e preparacion do terreo
        para a sua reforestacion.

   3.   SEMENTANDO A SOLUCCIÓN, dentro da cal levaremos a cabo varias plantacións das
        zonas mais problematicas e axeitadas para unha repoboacion escolar.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                    CPR Mª INMACULADA - VERIN
2.-
2.- OBXECTIVOS


2.1.- Obxectivos Xerais:


        Recentemente o Consello Galego de Medio Ambiente aprobou un documento que debe
servirnos como referente, a Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Os obxectivos xerais
correspóndense cos propostos neste documento:


a) Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente, dos seus
problemas e dos riscos que comporta o seu deterioro para o conxunto da humanidade, así como
para a diversidade e calidade de vida.



b) Adquirir coñecementos significativos para unha comprensión complexa e globalizada do medio
ambiente, dos diferentes factores e procesos (físico-naturais, socioeconómicos, e culturais) que o
definen, favorecendo a súa aplicabilidade na análise, interpretación e avaliación das realidades
ambientais, así como nas actuacións que sexa, preciso adoptar para prever ou resolver problemas
nos planos local, rexional, nacional e/ou planetario.



c) Desenvolver aptitudes acordes cunha concepción integral e sistemática do ambiente,
mediante a que se posibilite unha comprensión básica das principias cuestións ambientais, da súa
natureza interdisciplinaria e complexa.



d) Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun
pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza
social.



e) Habilitar e desenvolver competencias relativas a estilos de vida sostibles, posibilitando a súa
concreción en iniciativas e prácticas cotiza respectuosas cos dereitos ambientais e sociais, en
diferentes contextos e de modo autónomo.



f) Incentiva-la participación social, nos planos individual e colectivo, incrementando
substantivamente os niveis de información e corresponsabilidade cidadás en cuestións ambientais,
cun protagonismo e unha capacidade de decisión asustada ó pleno exercicio dos dereitos civís e
democráticos.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                        CPR Mª INMACULADA - VERIN

2.2.- Obxectivos Especificos:

       A adquisición destes obxectivos, levarase a cabo mediante unha formación didáctica na
propia aula, ademais de saídas de campo para adquirir técnicas e valores medioambientais.



• Coñecemento e identificación das especies arbóreas mais importantes da nosa Comarca.

• Recoñecer a importancia que teñen os bosque e montes no noso Concello, elaborando material

escolar. Traballos persoais e gripais.

• Coñecemento da fauna mais característica do noso Concello, relacionando a súa presencia

coa flora presente.

• Adquisición de conceptos climatolóxicos para entender as distintas relacións que se establecen

nos ecosistemas dos nosos bosques.

• Valores ambientais, de coidado e protección dos nosos bosques e montes.

• Importancia dos incendios forestais, na perda de masa arbórea e conseguinte degradación do

medio forestal.

• Adquisición de mediadas preventivas contra os incendios forestais.

• Coñece,memnto dos períodos de semente das novas especies.

• Técnicas de plantación de especies arbóreas.

• Importancia da limpeza dos nosos montes.

• Consecuencias do mal uso dos nosos montes.

• Adquisición de valores de respeto, coidado e protección do medio que rodea o alumno/a, e a

importancia de tomalo como un préstamo, e non unha posesión.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                          CPR Mª INMACULADA - VERIN
3.-
3.- DESCRIPCIÓN DO PROXECTO

3.1.- Deseño de actividades

       É importante que o colectivo de profesores/as e alumnos/as participantes se impliquen en
profundidade dende o primeiro momento, e é por iso que se propón a participación de todos/as
na fase de deseño do programa a seguir.

       Traballaranse diversos aspectos:
          Elaboración da ficha base, que será utilizada nas actividades de campo.
          Obtención dos mapas e planos do Concello, sobre os que se traballará.
          Distribución do traballo de localización de zonas problermaticas nos nosos montes.


3.2.- Establecemento de contactos con outras entidades

        Contactarase con numerosas entidades para colaborar no desenvolvemento do proxecto,
co fin de sensibilizar e implicar a un maior número de persoas:
            Administración Local e Autonómica.
          Asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres rurais, etc...
          Protección Civil, etc...


3.3.- Traballo de campo

        En proxectos de anos anteriores levouse a cabo a tarefa de Localizar e caracterizar os
vertedoiros incontrolados do Concello de Verín. O traballo fíxose en pequenos grupos, encargados
de localizalos puntos de vertido en determinadas zonas, establecidas na fase de deseño. Utilizouse
unha ficha de campo e obtivéronse tamén varias fotografías. Basándonos nesas fichas que
localizan esas zonas degradas, procederemos a recuperalas mediante a sembra de árbores
autóctonos.
        Así mesmo centrarémonos nas zonas mais afectadas polos incendios forestais, para logo
podelas recuperar mediante plantacións de especies arbóreas.

3.4.- Elaboración da información

       Coa información recollida elaboraranse:
          Unha memoria informativa, na que se recollerá todo o relativo ós incendios e os
          principias impactos sobre fauna, flora, solo, auga, atmosfera, espacios naturais e
          poboacións humanas. Dita memoria será asinada por tódolos colectivos participantes e
          entregada ós representantes das Administracións Local e Autonómica.
          Elaboración de material didáctico, sobre toda a informacion biolóxica e cultural da flora
          e fauna do Concello de Verín. Este material quedará dispoñible na Biblioteca do Centro.
          Artigos para os medios de comunicación (prensa escrita, radio,...), coa fin de difundir ó
          máximo a información.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                      CPR Mª INMACULADA - VERIN

3.5.- Realización doutras actividades

       Desenvolveranse outras actividades relacionadas coa problemática dos residuos:
          Obradoiros de elaboración de papel reciclado.
           Obradoiros de elaboración de xoguetes con materiais de refugallo.
           Exposición cos materiais elaborados.



3.6.- Avaliación do proxecto

        O proxecto será avaliado durante o proceso: cada actividade será avaliada polos
participantes e coordinadores, modificándose segundo sexa necesario.

      Para finalizar, farase unha avaliación de todo o proceso e de cada actividade por
separado.




4.-
4.- ACTIVIDADES

       Establecemento de contactos e coordinación das actuacións.

       Localización e caracterización de puntos de interese.

       Realizacion de obradoiros de semente na propia aula. Ed. Infantial e 1º ciclo de E.Primaria.

       Elaboración duna memoria.

       Entrega da memoria os responsables das Administracións.

       Realizacion de saidas de campo para limpar e repoboar zonas degradadas dos nosos
       montes. 2º ciclo de primaria e E. Secundaria.

       Elaboración de traballos-murais onde os alumnos/as e por niveis iran plasmando os
       coñecementos ou vivencias adquiridas.

       Elaboración de paneis, recollendo a información máis interesante, para unha exposición en
       diferentes locais do Concello.

       Realización de obradoiros: papel reciclado e xoguetes con materiais de refugallo.

       Exposición dos materiais elaborados nos obradoiros.

       Difusión da información a través dos medios de comunicación.

       Avaliación do proxecto.
PROXECTO VOZ NATURA 2011/12
                                                                     CPR Mª INMACULADA - VERIN
5.-
5.- DESTINATARIOS

       En primeira instancia, os destinatarios do proxectos son os membros da comunidade
escolar.

      En segundo lugar, as persoas colaboradoras das diversas entidades coas que se
colaborará.

     En terceiro lugar, os responsables das Administracións Públicas, ós que se entregará a
memoria do proxecto, e cos que se colaborará na limpeza de determinadas zonas.

       Por último, o resto da poboación do Concello de Verín, ós que se chegará coas exposicións
elaboradas e a través dos medios de comunicación.


6.- TEMPORALIZACIÓN
6.-




                                                         OCT NOV DEC XAN FEB           MAR
                    ACTIVIDADES
                                                         2011 2011 2011 2012 2012
                                                         2011 2011 2011 2012 2012      2012
                                                                                       2012
   Establecemento de contactos                          XXXX
   Estudio das fichas elaboradas en cursos anteriores         XXXX XXXX XXXX XXXX     XXXX
   Obradoiros de Semente                                           XXXX XXXX XXXX     XXXX
   Charlas-Coloquio                                                XXXX      XXXX
   Obradoiros                                           XXXX




                                                  ABR MAI XUN XULL AGO SET
                    ACTIVIDADES
                                                  2012 2012 2012 2012 2012 2012
                                                  2012 2012 2012 2012 2012 2012
        Repoboación das zonas degradadas          XXXX
        Elaboración de paneis                          XXXX
        Realización da exposición                           XXXX XXXX
        Obradoiros                                XXXX           XXXX
        Exposicións dos materias dos obradoiros                       XXXX XXXX
        Avaliación final do proxecto                                       XXXX


NOTA:          As saidas de campo, tanto para localizar, limpar como
para repoboar distribuiranse ao longo do curso, en funcion das
condicions climatoloxicas, da época de plantación de cada especie
asi como da dispoñibilidade das especies.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (17)

Tema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
 
Apaisaxe e os Residuos
Apaisaxe e os ResiduosApaisaxe e os Residuos
Apaisaxe e os Residuos
 
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Boletin 1
Boletin 1Boletin 1
Boletin 1
 
Tema 8. impactos abientais
Tema 8. impactos abientaisTema 8. impactos abientais
Tema 8. impactos abientais
 
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º esoPaisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
Paisaxes. Proxecto interdisciplinar 1º eso
 
6 Cambios nos ecosistemas
6 Cambios nos  ecosistemas6 Cambios nos  ecosistemas
6 Cambios nos ecosistemas
 
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactosTema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
 
Tarefa4 raquel bahillo
Tarefa4 raquel bahilloTarefa4 raquel bahillo
Tarefa4 raquel bahillo
 
6 cambios nos ecosistemas
6 cambios nos  ecosistemas6 cambios nos  ecosistemas
6 cambios nos ecosistemas
 
Tema 11 CMC
Tema 11 CMCTema 11 CMC
Tema 11 CMC
 
Os ecosistemas e a biodiversidade
Os ecosistemas e a biodiversidadeOs ecosistemas e a biodiversidade
Os ecosistemas e a biodiversidade
 
5 ecosistemas 2
5 ecosistemas 25 ecosistemas 2
5 ecosistemas 2
 
1 humanidade e medio ambiente
1 humanidade e medio ambiente1 humanidade e medio ambiente
1 humanidade e medio ambiente
 
O solo ainara-l
O solo ainara-lO solo ainara-l
O solo ainara-l
 
O Desenvolvemento
O DesenvolvementoO Desenvolvemento
O Desenvolvemento
 
Tarefa4 manuel angelrodriguez
Tarefa4 manuel angelrodriguezTarefa4 manuel angelrodriguez
Tarefa4 manuel angelrodriguez
 

Andere mochten auch

11 redu ang al prmier cuadrante
11 redu ang al prmier cuadrante11 redu ang al prmier cuadrante
11 redu ang al prmier cuadrantemontx189
 
Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling
 Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling
Ertragsteigerung durch RapidBusinessModelingHans-Gerlach Woudboer
 
Señalética para personas no videntes
Señalética para personas no videntesSeñalética para personas no videntes
Señalética para personas no videntesskernot
 
estrategias de aplicacion de pruebas
estrategias de aplicacion de pruebasestrategias de aplicacion de pruebas
estrategias de aplicacion de pruebasViana Dzrjs
 
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und Tablets
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und TabletsMobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und Tablets
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und TabletsTWT
 
Couponing im Affiliate Marketing
Couponing im Affiliate MarketingCouponing im Affiliate Marketing
Couponing im Affiliate MarketingTWT
 
La normal en su centenario
La normal en su centenarioLa normal en su centenario
La normal en su centenarioPipee Ppareds
 
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & Event
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & EventTWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & Event
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & EventTWT
 
TWT Interactive: Unsere Prinzipien
TWT Interactive: Unsere PrinzipienTWT Interactive: Unsere Prinzipien
TWT Interactive: Unsere PrinzipienTWT
 
Google Enterprise Best Practice
Google Enterprise Best PracticeGoogle Enterprise Best Practice
Google Enterprise Best PracticeTWT
 
Call to Action für eine bessere Response by TWT
Call to Action für eine bessere Response by TWTCall to Action für eine bessere Response by TWT
Call to Action für eine bessere Response by TWTTWT
 
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...mariamoorek
 
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von Unternehmen
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von UnternehmenRapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von Unternehmen
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von UnternehmenHans-Gerlach Woudboer
 

Andere mochten auch (20)

11 redu ang al prmier cuadrante
11 redu ang al prmier cuadrante11 redu ang al prmier cuadrante
11 redu ang al prmier cuadrante
 
Mapa conceptual quikmaps
Mapa conceptual quikmapsMapa conceptual quikmaps
Mapa conceptual quikmaps
 
Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling
 Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling
Ertragsteigerung durch RapidBusinessModeling
 
Señalética para personas no videntes
Señalética para personas no videntesSeñalética para personas no videntes
Señalética para personas no videntes
 
estrategias de aplicacion de pruebas
estrategias de aplicacion de pruebasestrategias de aplicacion de pruebas
estrategias de aplicacion de pruebas
 
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und Tablets
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und TabletsMobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und Tablets
Mobilität in Zahlen: Die Welt der Smartphones und Tablets
 
Couponing im Affiliate Marketing
Couponing im Affiliate MarketingCouponing im Affiliate Marketing
Couponing im Affiliate Marketing
 
La normal en su centenario
La normal en su centenarioLa normal en su centenario
La normal en su centenario
 
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & Event
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & EventTWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & Event
TWT iBeacon Services – Branchenfokus Messe & Event
 
TWT Interactive: Unsere Prinzipien
TWT Interactive: Unsere PrinzipienTWT Interactive: Unsere Prinzipien
TWT Interactive: Unsere Prinzipien
 
Google Enterprise Best Practice
Google Enterprise Best PracticeGoogle Enterprise Best Practice
Google Enterprise Best Practice
 
Reseña Mapas
Reseña MapasReseña Mapas
Reseña Mapas
 
Fidae press brief v 9
Fidae press brief v 9Fidae press brief v 9
Fidae press brief v 9
 
Sistemas adaptativos
Sistemas adaptativosSistemas adaptativos
Sistemas adaptativos
 
¿QUE ES UN BLOG?
¿QUE ES UN BLOG?¿QUE ES UN BLOG?
¿QUE ES UN BLOG?
 
Call to Action für eine bessere Response by TWT
Call to Action für eine bessere Response by TWTCall to Action für eine bessere Response by TWT
Call to Action für eine bessere Response by TWT
 
Los triángulos
Los triángulosLos triángulos
Los triángulos
 
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...
Unidad Curricular Nº 2: Educar en la sociedad de la información, del conocimi...
 
Facebook
FacebookFacebook
Facebook
 
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von Unternehmen
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von UnternehmenRapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von Unternehmen
RapidBusinessModeling ErtragsSteigerung von Unternehmen
 

Ähnlich wie Proxecto voz natura 11 12

Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanpaulaif
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisDudas-Historia
 
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptx
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptxUd3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptx
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptxAbelExpsito
 
Plantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadePlantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadeaurorarra
 
Plantación primaria2013 arcade
Plantación  primaria2013 arcadePlantación  primaria2013 arcade
Plantación primaria2013 arcadeaurorarra
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Mª José Presa Tomé
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalJuan Santolino
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeRosacidgalante
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e Maríaguesta313896
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e Maríaguesta313896
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaguesta313896
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasirenetraba
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema albinonunez
 
Problemas Medioambientais En EspañA
Problemas Medioambientais En EspañAProblemas Medioambientais En EspañA
Problemas Medioambientais En EspañAguest417724e2c
 

Ähnlich wie Proxecto voz natura 11 12 (20)

Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izan
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
 
Floresta2
Floresta2Floresta2
Floresta2
 
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptx
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptxUd3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptx
Ud3. Tratamentos silviculturais das masas forestais e ordenación de montes.pptx
 
Plantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcadePlantación 2013 arcade
Plantación 2013 arcade
 
Plantación primaria2013 arcade
Plantación  primaria2013 arcadePlantación  primaria2013 arcade
Plantación primaria2013 arcade
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambiental
 
Biodiversidad
BiodiversidadBiodiversidad
Biodiversidad
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maría
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A contaminación e a sobreexplotación
A contaminación e a sobreexplotaciónA contaminación e a sobreexplotación
A contaminación e a sobreexplotación
 
Problemas Medioambientais En EspañA
Problemas Medioambientais En EspañAProblemas Medioambientais En EspañA
Problemas Medioambientais En EspañA
 

Mehr von montx189

Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213montx189
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celulamontx189
 
Tema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretorTema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretormontx189
 
Boletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicaBoletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicamontx189
 
Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 esoApuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 esomontx189
 
Tema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terraTema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terramontx189
 
Formulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosFormulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosmontx189
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratoriomontx189
 
Leyes gases
Leyes gasesLeyes gases
Leyes gasesmontx189
 
Fisica blog2
Fisica blog2Fisica blog2
Fisica blog2montx189
 
Fisica blog
Fisica blogFisica blog
Fisica blogmontx189
 
Blog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesBlog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesmontx189
 
Blog ruffini
Blog ruffiniBlog ruffini
Blog ruffinimontx189
 
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13montx189
 
Preguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terraPreguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terramontx189
 
Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13montx189
 
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)montx189
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasmontx189
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanomontx189
 

Mehr von montx189 (20)

Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213Xenetica 4eso 1213
Xenetica 4eso 1213
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula
 
Tema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretorTema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretor
 
Boletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamicaBoletín no ii dinamica
Boletín no ii dinamica
 
Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 esoApuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso
 
Fuerzas
FuerzasFuerzas
Fuerzas
 
Tema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terraTema 3 a hist da terra
Tema 3 a hist da terra
 
Formulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicosFormulacion compuestos inorganicos
Formulacion compuestos inorganicos
 
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorioTema 3 ap dixestivo e respiratorio
Tema 3 ap dixestivo e respiratorio
 
Leyes gases
Leyes gasesLeyes gases
Leyes gases
 
Fisica blog2
Fisica blog2Fisica blog2
Fisica blog2
 
Fisica blog
Fisica blogFisica blog
Fisica blog
 
Blog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 movilesBlog fisica 2 moviles
Blog fisica 2 moviles
 
Blog ruffini
Blog ruffiniBlog ruffini
Blog ruffini
 
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13Boletín nº 1 tema 2 2102 13
Boletín nº 1 tema 2 2102 13
 
Preguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terraPreguntas exame da hª da terra
Preguntas exame da hª da terra
 
Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13Teoria idades da terra 2012 13
Teoria idades da terra 2012 13
 
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
Boletín nº 1 física 4º eso cinemática (ii)
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas
 
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humanoTema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
Tema 1 bx3 eso a organización do corpo humano
 

Proxecto voz natura 11 12

  • 1. PROXECTO VOZ NATURA 2011- CURSO 2011-2012 “A SEMENTE DO FUTURO” FUTURO” C.P.R. Mª INMACULADA VERIN - OURENSE
  • 2. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 1. INTRODUCCIÓN 2. OBXECTIVOS 2.1. OBXECTIVOS XERAIS 2.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 3. DESCRIPCIÓN DO PROXECTO 3.1. Deseño de actividades. 3.2. Establecemento de contactos con outras entidades 3.3. Traballo de campo 3.4. Elaboración da información 3.5. Realización doutras actividades 3.6. Avaliación do proxecto 4. ACTIVIDADES 5. DESTINATARIOS 6. TEMPORALIZACIÓN
  • 3. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN TITULO: “ A SEMENTE DO FUTURO” 1.- INTRODUCCIÓN 1.- Os bosques son unha das principais riquezas naturais do noso planeta: depuran o aire, regulan os ciclos da auga, conservan o chan e facilitan a vida de plantas e animais. Non obstante, cada ano desaparecen no planeta máis de 16 millóns de hectáreas arboradas. Co obxecto de chamar a atención sobre os perigos que axexan a estes privilexiados espazos, a ONU declarou 2011 como Ano Internacional dos Bosques. Galicia conta cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de todo o territorio, cifra que se eleva ata case o 69% se temos en conta o monte desarborado. Outro dato significativo dos nosos bosques é que máis de 120.000 hectáreas corresponden a superficie forestal certificada. Entre as características dos bosques galego destaca a interfase ou contacto entre os bosques de tipo mediterráneo, con predominio do rebirlo, como os que hai en Ourense, e os de tipo atlántico que se dan no resto de Galicia, onde abundan carballos e bidueiros ou carballos e castiñeiros. As formacións autóctonas son aqueles ecosistemas en que as especies arbóreas orixinarias da zona en que se encontran ou perfectamente adaptadas a ela durante séculos; caso contrario son os denominados alóctonos. As especies arbóreas que conforman os bosques, así como os bosques en conxunto, están suxeitos a unha dinámica continua que os pode facer pasar dunha a outra denominación. Exemplos característicos desta realidade son o piñeiro silvestre e o castaño. Os bosques teñen unha incidencia directa e decisiva sobre todos os elementos ambientais. Como beneficios máis directos podemos destacar: - Liberación de osíxeno. Fixación do CO2 - Depuran o aire: reteñen as partículas en suspensión da atmosfera. - Redución dos efectos erosivos producidos pola auga e o vento, favorecendo a creación de chan. - Regulación dos niveis hídricos, participando decisivamente no ciclo hidrolóxico: reteñen a auga de chuvia e regulan as canles dos ríos - Regulación do clima: atenúan os rigores climáticos, favorecen a existencia de chuvias, reducen a evaporación, manteñen o nivel de humidade ambiental e evitan a sequidade. - Reducen os impactos acústicos. - Depuran as augas e os chans contaminados. - Posibilitan o sostemento dunha maior diversidade de especies vexetais e animais: reducen o risco de incendios e a aparición de pragas e enfermidades. - Serven de corredor biolóxico nas rutas de desprazamento de diversos animais. - Fertilizan o terreo cos seus restos e os dos animais que o habitan. - Son fonte de recursos para o home (económicos, recreativos, culturais, científicos, etc)... Esta infinidade de beneficios son os que deben facer entender o bosque como o elemento necesario para asegurar a correcta calidade de vida de todas as persoas. É difícil imaxinar a existencia do home sen o bosque.
  • 4. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN O lume é un elemento natural que forma parte dos fenómenos que modelan a paisaxe. Precisamente, gran parte da nosa vexetación está adaptada á acción do lume, con estratexias rebrotadoras ou de xerminación tralo incendio. Pero a actual situación non ten nada que ver con fenómenos naturais. A intensidade e recorrencia dos incendios forestais está tendo efectos dramáticos sobre o noso chan, con efectos irreversibles nalgúns casos. O lume reiterado provoca unha merma na capacidade da vexetación para recolonizar o terreo ou tapizar o chan. As elevadas pendentes aumentan ademais a erosión xerando chans cada vez menos produtivos. Avenidas, inundacións, colmatación de embalses e desertización son consecuencia do paso repetido do lume polos nosos ecosistemas. A actual magnitude do fenómeno dos incendios forestais débese a factores estruturais importantes, entre os que destacan: • O abandono drástico das actividades agrosilvopastorales que se produciu en apenas corenta anos debido ao éxodo rural, cun incremento da biomasa nos ecosistemas que os fai facilmente combustibles • A permanencia da cultura do lume (queima de rastrollos e pastos) nunha parte importante da poboación rural. • A loita contra os incendios forestais centrouse case exclusivamente na extinción, esquecendo a prevención e unha correcta planificación forestal, enmarcada nunha boa ordenación do territorio. Pero o certo é que na actualidade os maiores investimentos en materia forestal están destinadas á extinción de incendios, a construción de infraestruturas asociadas a estes: rede de devasas, rede de pistas forestais, puntos de auga, etc. e reforestación de terreos incendiados. A conclusión mais importante que podemos sacar de todo isto, é a importancia dunha reforestación e recuperación das zonas degradas polos incendios forestais que asolan a nosa Comunidade. Por iso, o noso Proxecto : “A SEMENTE DO FUTURO”, pretende abarcar, varios aspectos fundamentais na educación en valores medioambientais dos nosos rapaces/as; os eixos sobre o que se xirará o Proxecto poden resumirse en: 1. COÑECEMENTO, tanto da flora como da fauna dos nosos montes e bosques. Estudo da problemática actual dos nosos espazos verdes asi como tecnicas para actuar sobre o propio medio. Traballo na aula. 2. ACTUACIÓN DIRECTA sobre o medio, localizando zonas degradadas dos nosos montes para poder iniciciar a sua recuperación. Limpeza desas zonas e preparacion do terreo para a sua reforestacion. 3. SEMENTANDO A SOLUCCIÓN, dentro da cal levaremos a cabo varias plantacións das zonas mais problematicas e axeitadas para unha repoboacion escolar.
  • 5. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 2.- 2.- OBXECTIVOS 2.1.- Obxectivos Xerais: Recentemente o Consello Galego de Medio Ambiente aprobou un documento que debe servirnos como referente, a Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Os obxectivos xerais correspóndense cos propostos neste documento: a) Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente, dos seus problemas e dos riscos que comporta o seu deterioro para o conxunto da humanidade, así como para a diversidade e calidade de vida. b) Adquirir coñecementos significativos para unha comprensión complexa e globalizada do medio ambiente, dos diferentes factores e procesos (físico-naturais, socioeconómicos, e culturais) que o definen, favorecendo a súa aplicabilidade na análise, interpretación e avaliación das realidades ambientais, así como nas actuacións que sexa, preciso adoptar para prever ou resolver problemas nos planos local, rexional, nacional e/ou planetario. c) Desenvolver aptitudes acordes cunha concepción integral e sistemática do ambiente, mediante a que se posibilite unha comprensión básica das principias cuestións ambientais, da súa natureza interdisciplinaria e complexa. d) Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social. e) Habilitar e desenvolver competencias relativas a estilos de vida sostibles, posibilitando a súa concreción en iniciativas e prácticas cotiza respectuosas cos dereitos ambientais e sociais, en diferentes contextos e de modo autónomo. f) Incentiva-la participación social, nos planos individual e colectivo, incrementando substantivamente os niveis de información e corresponsabilidade cidadás en cuestións ambientais, cun protagonismo e unha capacidade de decisión asustada ó pleno exercicio dos dereitos civís e democráticos.
  • 6. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 2.2.- Obxectivos Especificos: A adquisición destes obxectivos, levarase a cabo mediante unha formación didáctica na propia aula, ademais de saídas de campo para adquirir técnicas e valores medioambientais. • Coñecemento e identificación das especies arbóreas mais importantes da nosa Comarca. • Recoñecer a importancia que teñen os bosque e montes no noso Concello, elaborando material escolar. Traballos persoais e gripais. • Coñecemento da fauna mais característica do noso Concello, relacionando a súa presencia coa flora presente. • Adquisición de conceptos climatolóxicos para entender as distintas relacións que se establecen nos ecosistemas dos nosos bosques. • Valores ambientais, de coidado e protección dos nosos bosques e montes. • Importancia dos incendios forestais, na perda de masa arbórea e conseguinte degradación do medio forestal. • Adquisición de mediadas preventivas contra os incendios forestais. • Coñece,memnto dos períodos de semente das novas especies. • Técnicas de plantación de especies arbóreas. • Importancia da limpeza dos nosos montes. • Consecuencias do mal uso dos nosos montes. • Adquisición de valores de respeto, coidado e protección do medio que rodea o alumno/a, e a importancia de tomalo como un préstamo, e non unha posesión.
  • 7. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 3.- 3.- DESCRIPCIÓN DO PROXECTO 3.1.- Deseño de actividades É importante que o colectivo de profesores/as e alumnos/as participantes se impliquen en profundidade dende o primeiro momento, e é por iso que se propón a participación de todos/as na fase de deseño do programa a seguir. Traballaranse diversos aspectos: Elaboración da ficha base, que será utilizada nas actividades de campo. Obtención dos mapas e planos do Concello, sobre os que se traballará. Distribución do traballo de localización de zonas problermaticas nos nosos montes. 3.2.- Establecemento de contactos con outras entidades Contactarase con numerosas entidades para colaborar no desenvolvemento do proxecto, co fin de sensibilizar e implicar a un maior número de persoas: Administración Local e Autonómica. Asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres rurais, etc... Protección Civil, etc... 3.3.- Traballo de campo En proxectos de anos anteriores levouse a cabo a tarefa de Localizar e caracterizar os vertedoiros incontrolados do Concello de Verín. O traballo fíxose en pequenos grupos, encargados de localizalos puntos de vertido en determinadas zonas, establecidas na fase de deseño. Utilizouse unha ficha de campo e obtivéronse tamén varias fotografías. Basándonos nesas fichas que localizan esas zonas degradas, procederemos a recuperalas mediante a sembra de árbores autóctonos. Así mesmo centrarémonos nas zonas mais afectadas polos incendios forestais, para logo podelas recuperar mediante plantacións de especies arbóreas. 3.4.- Elaboración da información Coa información recollida elaboraranse: Unha memoria informativa, na que se recollerá todo o relativo ós incendios e os principias impactos sobre fauna, flora, solo, auga, atmosfera, espacios naturais e poboacións humanas. Dita memoria será asinada por tódolos colectivos participantes e entregada ós representantes das Administracións Local e Autonómica. Elaboración de material didáctico, sobre toda a informacion biolóxica e cultural da flora e fauna do Concello de Verín. Este material quedará dispoñible na Biblioteca do Centro. Artigos para os medios de comunicación (prensa escrita, radio,...), coa fin de difundir ó máximo a información.
  • 8. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 3.5.- Realización doutras actividades Desenvolveranse outras actividades relacionadas coa problemática dos residuos: Obradoiros de elaboración de papel reciclado. Obradoiros de elaboración de xoguetes con materiais de refugallo. Exposición cos materiais elaborados. 3.6.- Avaliación do proxecto O proxecto será avaliado durante o proceso: cada actividade será avaliada polos participantes e coordinadores, modificándose segundo sexa necesario. Para finalizar, farase unha avaliación de todo o proceso e de cada actividade por separado. 4.- 4.- ACTIVIDADES Establecemento de contactos e coordinación das actuacións. Localización e caracterización de puntos de interese. Realizacion de obradoiros de semente na propia aula. Ed. Infantial e 1º ciclo de E.Primaria. Elaboración duna memoria. Entrega da memoria os responsables das Administracións. Realizacion de saidas de campo para limpar e repoboar zonas degradadas dos nosos montes. 2º ciclo de primaria e E. Secundaria. Elaboración de traballos-murais onde os alumnos/as e por niveis iran plasmando os coñecementos ou vivencias adquiridas. Elaboración de paneis, recollendo a información máis interesante, para unha exposición en diferentes locais do Concello. Realización de obradoiros: papel reciclado e xoguetes con materiais de refugallo. Exposición dos materiais elaborados nos obradoiros. Difusión da información a través dos medios de comunicación. Avaliación do proxecto.
  • 9. PROXECTO VOZ NATURA 2011/12 CPR Mª INMACULADA - VERIN 5.- 5.- DESTINATARIOS En primeira instancia, os destinatarios do proxectos son os membros da comunidade escolar. En segundo lugar, as persoas colaboradoras das diversas entidades coas que se colaborará. En terceiro lugar, os responsables das Administracións Públicas, ós que se entregará a memoria do proxecto, e cos que se colaborará na limpeza de determinadas zonas. Por último, o resto da poboación do Concello de Verín, ós que se chegará coas exposicións elaboradas e a través dos medios de comunicación. 6.- TEMPORALIZACIÓN 6.- OCT NOV DEC XAN FEB MAR ACTIVIDADES 2011 2011 2011 2012 2012 2011 2011 2011 2012 2012 2012 2012 Establecemento de contactos XXXX Estudio das fichas elaboradas en cursos anteriores XXXX XXXX XXXX XXXX XXXX Obradoiros de Semente XXXX XXXX XXXX XXXX Charlas-Coloquio XXXX XXXX Obradoiros XXXX ABR MAI XUN XULL AGO SET ACTIVIDADES 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 Repoboación das zonas degradadas XXXX Elaboración de paneis XXXX Realización da exposición XXXX XXXX Obradoiros XXXX XXXX Exposicións dos materias dos obradoiros XXXX XXXX Avaliación final do proxecto XXXX NOTA: As saidas de campo, tanto para localizar, limpar como para repoboar distribuiranse ao longo do curso, en funcion das condicions climatoloxicas, da época de plantación de cada especie asi como da dispoñibilidade das especies.