O Pazo e finca de Lourizán están situados no lugar de Herbalonga da parroquia de Lourizán (Pontevedra), mirando cara á ría.
A finca conta con 52 hectáreas de xardín, leira e arboredo no que se aprecian os distintos usos que tivo ao longo do tempo: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.
O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN foi creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa. Complétase co antigo Xardín do Pazo onde se conservan numerosas especies ornamentais, plantadas na súa maior parte, na época de Montero Ríos.
2. O Pazo e finca de Lourizán están situados no lugar de Herbalonga
da parroquia de Lourizán (Pontevedra), mirando cara á ría.
3. A finca conta con 52 hectáreas de xardín, leira e arboredo no que se aprecian os
distintos usos que tivo ao longo do tempo: granxa, xardín señorial e centro de
investigacións forestais.
O edificio do pazo é de estilo romántico con influencia modernista e foi obra de
Genaro de la Fuente Domínguez. Foi construído por Montero Ríos, xunto co
invernadoiro e os xardíns entre finais do século XIX e comezos do XX.
Complétase cun invernadoiro de vidro con estrutura de ferro, unha grande mesa
de granito dunha peza, un pombal, un hórreo cunha eira, un lavadoiro, varias
fontes (A Cuncha, Os Tres Canos, O Patio e A Gruta dos Espellos) covas e fervenzas
artificiais e varias estatuas e outros elementos decorativos.
19. HISTORIA
A finca de Lourizán foi
habilitada como granxa
(“Granxa da Serra”) no século
XV e desta época conserva o
pombal, o hórreo e a eira.
No século XIX pertenceu a
Buenaventura Marcó del
Pont e máis tarde
convertiuse en casa
residencial e lugar de
veraneo do político galego
Montero Ríos.
20. A Deputación de Pontevedra adquire o inmoble en 1941 mercándollo á Caixa de
Aforros Provincial de Pontevedra e á marquesa viúva de Alhucema.
En 1943 a Deputación firma un convenio co Ministerio de Educación cedendo as
instalacións para Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias
Forestais. En 1946 convértese en Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de
Montes. Actualmente está integrado na estrutura do Centro de
Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente.
21. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten
por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do
patrimonio forestal de Galiza.
-DEPARTAMENTO DE SILVICULTURA E MELLORA
-DEPARTAMENTO DE PROTECCIÓN FORESTAL (incendios, cambio climático, pragas...)
-DEPARTAMENTO DE ECOSISTEMAS
22. CENTRO DE
FORMACIÓN
EXPERIMENTACIÓN
AGROFORESTAL DE
LOURIZÁN
-Ciclo superior de formación
profesional: Xestión e
Organización dos Recursos
Naturais e Paisaxísticos
-Ciclo medio de formación
profesional: Traballos
Forestais e de Conservación do
Medio Natural.
Ademais de cursos, congresos,
conferencias, publicacións...
25. Conta con diferentes áreas especializadas:
COLECCIÓN DE CASTIÑEIROS (CASTANETUM) (1)
Hai rodais do castiñeiro xaponés (Castanea crenata) e castiñeiro chinés (Castanea
mollissima), bancos clonais de híbridos entre especies, fundamentalmente C. crenata × C.
sativa, e unha colección de variedades tradicionais galegas (Castanea sativa) enxertadas.
COLECCIÓN DE EUCALIPTOS (EUCALYPTETUM) (2)
56 especies coa finalidade de coñecer como se desenvolven no territorio. Foron plantados
a partir de 1949.
COLECCIÓN DE CONÍFERAS (CONIFERETUM) (3)
O obxectivo desta colección é coñecer as posibilidades de introdución dos distintos
xéneros e especies en áreas forestais do clima atlántico. As distintas especies deste gran
grupo proceden das súas principais áreas de biodiversidade: América do Norte, Caribe,
Asia e Europa. Hai 118 taxóns (61 do xénero pinus).
FLORA DE TAIWAN (4)
Por intercambio con xardíns botánicos de Taiwan, obtivéronse sementes de varias especies
que son raras en Galiza e incluso en Europa.
PARQUE DAS AUTONOMÍAS (5)
Inaugurado con motivo do 1º Congreso Forestal Español-Lourizán 1993. Conta con plantas
procedentes das distintas comunidades autónomas españolas. Destaca a Tetraclinis
auriculata, que na Península Ibérica medra só nas provincias de Murcia e Almeria; os
exemplares existentes seguramente corresponden ós máis altos da Península.
62. Araucaria do Brasil,
piñeiro do Paraná
(Araucaria angustifolia)
-33 m de altura, 3,62 m de perímetro.
Plantada en 1889
63. Cedro do Líbano
(Cedrus libani)
-32,3 m de altura; 5,45 m de
perímetro. Ten uns 150 anos.
Incluído no Catálogo de árbores
senlleiras da Xunta de Galiza.
64. Criptomeria
Cedro do Xapón
(Cryptomeria japonica)
-3,12 m de perímetro.
Dous exemplares plantados en 1887
Incluída no Catálogo de árbores senlleiras
da Xunta de Galiza.