3. 1. Estrutura do sistema educativo canadense: sistema educativo en Quebec e sistema
educativo nas demais provincias canadenses.
• Canadá defínese como unha confederación de dez provincias e tres territorios.
• Segundo a constitución canadense (Constitution Act), o sistema educativo en Canadá atópase baixo a xurisdicción de
cada unha das dez provincias e tres territorios que compoñen o país.
• O desenvolvemento do plan de estudos, os estándares e os mecanismos de avaliación, son desenvolvidos centralmente
polo ministerio ou en común cos distritos escolares, usando xeralmente comités integrados por varios expertos en
materia educativa. Non hai un plan de estudos nacional nin hai estándares nacionais para a educación.
4. • A educación en Canadá é gratuíta e obrigatoria desde o grao 1 de educación primaria ata o final da secundaria
(normalmente ata os 18 anos. En Quebec ata os 16).
• O sistema educativo canadense comprende escolas públicas (financiadas con fondos públicos), e privadas (17% dos
estudiantes), desde o xardín de infancia ata o nivel preuniversitario.
• O ensino impártese en inglés ou francés e en algúns casos nas dúas linguas (programas de inmersión).
• Os distritos escolares son os responsables da administración das escolas primarias e secundarias.
• O goberno federal prové fondos para axudar á educación postsecundaria, formación de adultos para o mercado laboral
e para o ensino das dúas linguas oficiais. Ademais, ten competencias en educación nos tres territorios do Norte, nas
reservas indias, nos cárceres e nas escolas do Ministerio de Defensa tanto en Canadá como no estranxeiro.
5. • Cada provincia ten un sistema lixeiramente diferente das demais pero todas ofrecen tres niveis de educación: primaria,
secundaria e postsecundaria.
7. • Preescolar (Pre-elementary/Pre-school):
– En Quebec dura dous anos, de 4 a 6 anos (na maioría de provincias canadenses dura 1 ano).
– Prepara ao alumnado para a escola primaria
– Non é obrigatorio pero a maioría dos nenos/as admisibles a este nivel de ensino son inscritos nel.
• Primaria (Elementary. Graos 1- 6)
– Consta de 3 ciclos de dous anos. Dos 6 aos 11 anos.
– A maioría das escolas públicas son mixtas, ofrecen ensino laico e teñen horario matutino.
– A escola primaria ten como obxectivo o desenvolvemento progresivo da autonomía do neno/a e o prepara para o
ingreso na escola secundaria.
8. • Secundaria (Secondary)
Hai un apartado especial creado para falar da secundaria.
• Universidade
– Requírense 13 anos de estudo para ir a universidade (no resto de Canadá 12 anos).
– Os estudiantes do resto de Canadá que queiran estudar na universidade en Quebec deben facer un ano
suplementario.
– Hai tres niveis:
• Bachelor (licenciado, enxeñeiro,...). As carreiras duran, en xeral, 3 - 4 anos.
• Master
• Doutorado
• *Escolas de acollida/benvida (Welcome schools)
– Para as familias inmigrantes que chegan cos fillos.
– Papel fundamental na incorporación social do neno inmigrante ao novo país.
– Facilita o acceso do estudante á sociedade de acollida, proporciona o coñecemento básico da lingua oficial (en
Quebec só para francés), e, en xeral, facilita a integración do estudante.
9. _ ESCOLA SECUNDARIA (SECONDARY SCHOOL)
• Dura cinco anos e está dividida en dous ciclos. No resto de Canadá son 6, divididos en dous ciclos de 3 anos cada un.
• Estes dous ciclos son:
– Ciclo I - Junior high (graos 7- 8)
– Ciclo II - Senior high (graos 9 – 11. Ata o 12 no resto de Canadá).
• O estudante ingresa, normalmente, aos 12 anos de idade.
• A partir do terceiro ano, a formación xeral enriquécese con materias opcionais.
• Ao final dos cinco anos, os/as alumnos/as obteñen un diploma de estudios secundarios (DES) que lles permite
traballar nalgúns sectores ou que lles brinda acceso ao primeiro nivel do ensino superior nun Cégep (Colexio de Ensino
Preuniversitario Xeral e Técnico – Profesional).
• A partir de 3º/4º pódense dirixir á formación profesional - Diplôme d’études professionnelles (DEP).
• Se non completan o ensino secundario e teñen 18 anos, poden ir a Escola de Adultos para obter o DES.
10. _1.2 Obxectivos do Programa Educativo Quebec (PEQ) para a Educación Secundaria
• Os tres obxectivos tratan de axudar aos estudantes
– Na construcción da súa visión do mundo
– Na construcción da súa identidade
– A fortalecerse.
– Estes obxectivos serven como directrices para o
desenvolvemento do programa, exprésanse explicitamente
nos obxectivos educativos das grandes áreas de
aprendizaxe e lógranse a través do desenvolvemento das
competencias transversais e específicas do tema.
• Orientacións para unha acción adecuada
– Éxito para todos
– Educación que se centra no desenvolvemento das
competencias
– Avaliación que promove a aprendizaxe
– Aprendizaxe integrada
11. 1.3. Elementos básicos do Programa Educativo de Quebec
• Áreas de aprendizaxe (Broad areas of Learning)
• Competencias transversais (cross-curricular competencies). Na LOMCE competencias clave.
• Áreas de estudo (Subject areas).
12. • Áreas de aprendizaxe (Broad Areas of Learning)
Saúde e benestar, planificación da carreira laboral e iniciativa empresarial, conciencia medioambiental e dereitos e
responsabilidades dos consumidores, alfabetización, cidadanía e vida comunitaria
• As competencias transversais
Intelectual (utiliza a información; resolve os problemas; exercita o xuízo crítico; utiliza a creatividade), Metodolóxica
(adopta métodos de traballo eficaces; utiliza a información e as tecnoloxías da comunicación), Persoal e social
(alcanza o seu potencial; coopera cos outros) e Referentes á comunicación (: é capaz de comunicarse
apropiadamente.
• Áreas de estudo
Idiomas,Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias sociais, Educación Artística, Desenvolvemento Persoal e
Desenvolvemento Profesional (2º ciclo
de secundaria).
Proxecto Integrador (en Secundaria V).
• Estas áreas determinan as materias
que se adaptan a diferentes itinerarios:
13.
14. *Formación Orientada ao Traballo permite a incorporación ao mercado laboral bastante rápido, capacitarse nun oficio
semicualificado, entrar na Formación Profesional ou continuar estudos na Educación Xeral.
*Educación Xeral e Educación Xeral Aplicada: acceso a outros estudios en Formación Profesional, educación
Preuniversitaria (College education) ou a Universidade.
15. • Cada itinerario combina materias obrigatorias e opcionais e proporciona un núcleo educativo común para todos os
estudantes e unha educación máis especializada correspondente aos diversos intereses, aptitudes ou talentos.
• Hai flexibilidade para moverse entre itinerarios.
• Os seguintes diagramas mostran as características de cada itinerario, baseados nos tres elementos do PEQ.
16.
17.
18. • Nos centros educativos de Quebec ofértanse materias extracurriculares (deportes escolares, clubs de ciencia e
natureza, organizacións musicais (bandas e coros), periódico escolar, grupos de arte e teatro e clubs de linguas, etc.
Participación moi valorada por universidades e empresas.
• CEGEP (Colexio de Ensino Preuniversitario Xeral e Técnica-Profesional)
– Exclusivo de Quebec.
– Entre a educación secundaria e obrigatoria e a educación universitaria.
– Programas de formación técnica e preuniversitaria (para calquera maior de 16 anos).
– Os programas de formación preuniversitaria duran dous anos para facer unha carreira universitaria.
– Os programas de formación técnica duran 3 anos: mercado laboral ou, nalgúns programas, estudios universitarios.
– Diploma de estudios colexiais (DEC).
– As condicións de admisión varían en función do CEGEP no que se quere ingresar.
• En todos os casos os estudiantes deberán ter un DES, máis do 75 % nas notas dos dous últimos anos
escolares e ter completado Matemáticas, Filosofía, Ciencias e Francés de 4º e 5º ano de secundaria. Tamén
deben pasar certos exames de inglés e francés para saber se son aptos para estudar unha carreira ou non.
– Os residentes en Quebec pagan uns 130 dólares por semestre (nun CEGEP privado 2500 dólares trimestrais)
19. • Os criterios e estándares de avaliación veñen marcados polo Ministerio e polos distritos.
• En Quebec, a nota mínima para aprobar é o 60% (50% no resto de Canadá).
• Sistema de cualificación é o seguinte:
– A: Sobresaliente (Excellent) - 90 a 100
– B: Notable (Good) - 80 a 89
– C: Ben (Average/fair) - 70 a 79
– D: Suficiente (Poor) - 60 a 69
– F: Insuficiente (Fail) – Menos de 60
1.4. Avaliación
20. *Requisitos para obter o Diploma de Estudos Secundarios
(DES)
• Para obter o DES o estudante debe obter:
– Un mínimo de 180 unidades/créditos acumulados nos
5 anos de educación secundaria. Un crédito equivale a
25 horas de actividade.
– Como mínimo, 54 créditos no 4º e 5º cursos de
secundaria. 20 destes créditos deben obterse no 5º
ano de secundaria.
– Ademais, o estudante ten que aprobar as seguintes
materias dos seguintes cursos:
• Secundaria V: Lingua de ensino
• Secundaria V: Ética e Cultura Relixiosa ou
Educación Física e Saúde.
• Secundaria IV: Matemáticas
• Secundaria IV: Historia e Educación para a
Cidadanía
• Secundaria IV: Educación Artística
• No 4º e 5º ano de secundaria hai que ter en conta para a nota
final, os exames de certificación elaborados polo Ministerio
de Educación.
21. * INFORMES DE AVALIACIÓN (Boletín de notas)
• Os pais/nais reciben 3 informes de avaliación ao longo do curso, que inclúen:
– As competencias específicas de cada materia. Cada competencia específica ten unha ponderación específica que
aparece no informe para axudar a comprender como se acadan os resultados.
– Notas de cada materia.
• Ao final de cada curso farase un informe para determinar o grao de adquisición das competencias básicas por parte do
alumnado en cada materia.
• A nota final do curso para cada materia, comunicada no último boletín, calcularase tendo en conta os resultados das
tres avaliacións como segue:
– Os resultados da 1ª avaliación contarán o 20% da nota final.
– Os resultados da 2ª avaliación contarán o 20% da nota final.
– Os resultados da 3ª avaliación contarán o 60% da nota final.
• Tamén serán tidas en conta as notas dos exames ministeriais na cualificación final.
• Aquí temos un exemplo de como se calculan os resultados en Matemáticas:
24. * EXAMES NACIONAIS E INTERNACIONAIS
A avaliación dos estudantes é unha responsabilidade compartida polo Ministerio de Educación e polos distritos
escolares ou escolas privadas.
En Quebec, están establecidos os seguintes tipos de exames:
– EXAMES DE CERTIFICACIÓN (Uniform examinations):
• Para Secundaria IV e V. Obrigatorios para a certificación de estudos e realízanse en xuño (case todos),
agosto (suspensos en xuño) e xaneiro (nas poucas escolas nas que o curso escolar se divide en semestres).
• Contribúen ata un 50% das notas finais dos alumnos.
• O diploma emitido ten o mesmo valor para todos os estudantes de Quebec.
• O Ministerio de Educación é responsable do desenvolvemento destes exames.
• Os elaboran profesores, conselleiros escolares e consultores educativos dos sectores franceses e ingleses.
25. – EXAMES OBRIGATORIOS (Compulsory examinations).
• Para avaliar a aprendizaxe en algunhas materias que non son necesarias para a certificación de estudos.
• O Ministerio é responsable do desenvolvemento destes exames en xuño.
• As escolas son responsables de corrixir os exames e do tratamento dos resultados. Para este curso son:
– Elementaria 4 : Francés, lingua de ensino (lectura e escritura)
– Elementaria 6 : Francés ou Inglés, como linguas de ensino (lectura, audición e escritura), e
Matemáticas.
– Secundaria II : Francés, lingua de ensino (escritura)
– EXAMES COMPLEMENTARIOS (Complementary examinations).
• Avaliar a aprendizaxe en materias obrigatorias ou opcionais. Só para a sesión de xuño.
• Corrixidos polas escolas. Estes exames son preparados
26. – EXAMES REXIONAIS (Regional examinations)
Desenvolvidos polo distrito escolar.
– EXAMES LOCAIS (Local examinations)
Preparados polos profesores e desenvolvidos polas escolas. Data determinada polo director da escola.
– PROBAS ESTANDARIZADAS (Standardized tests –CAT)
Distrito escolar as fai só para recoller datos sobre o rendemento xeral dos alumnos en comparación coas
normas nacionais.
– PROBAS INTERNACIONAIS
Canadá participa no Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes (PISA)
27. 1.5. Formación do profesorado
• Os requisitos e a normativa para ser profesor en Canadá varían en cada provincia.
• En Quebec
– Posuír unha licenza (teaching diploma) emitida polo Ministerio de Educación. Non fai falta licencia para ensinar
nos CEGEPs e universidades.
– Posuír unha licenciatura en preescolar e ensino primario. Os profesores ensinan case todas as disciplinas do
currículo (excepto segunda lingua, educación física e educación artística).
– O profesorado de secundaria:
• Debe posuír un grao universitario en Educación que inclúa, como mínimo 45 créditos na materia que se quere
impartir ou unha formación equivalente.
• Debe completar un mínimo de 700 horas de prácticas.
• Pode ensinar unha única materia ou varias.
– Deben pasar un exame de francés ou inglés obrigatorio recoñecido polo Ministerio.
– Entregar un certificado de penais.
– A contratación e asignación de profesores corresponde aos distritos escolares.
– Os profesores con licencia solicitan unha praza de profesor ao departamento de recursos humanos da dirección da
escola da súa elección. Non hai oposición.
28. 2.Ensino bilingüe (inglés/francés) en Quebec e no resto de Canadá.
• Canadá declarouse país oficialmente bilingüe inglés - francés en 1969.
• Só o 18% dos canadenses pode falar con fluidez tanto inglés como francés.
• Só New Brunswick é oficialmente bilingüe e Quebec declarase exclusivamente francófona. As demais provincias
decláranse anglófonas e nos Territorios son linguas oficiais algunhas linguas indíxenas da First Nation (os indios).
2.1. Lingua nas escolas
• As escolas en inglés e en francés existen por todo o país, incluso onde un idioma se fala moito máis que o outro.
• En 1974, Quebec declarouse territorio francófono, e en 1977 o Decreto da Lingua Francesa (Bill 101) establece que
todos os nenos e nenas debían ser escolarizados exclusivamente en francés ata o fin da educación secundaria (incluso
os fillos de inmigrantes).
29. • Existen algunhas excepcións que permiten acudir a escolas inglesas:
– Os fillos de pais de ascendencia británica,
– Rapaces/as cuxos proxenitores sexan cidadáns canadenses e fixeran a maioría dos seus estudos en inglés en
calquera parte de Canadá.
– Rapaces/as que fixeron todos ou a maioría dos seus estudos de primaria e secundaria en inglés en calquera parte
de Canadá e cuxos proxenitores sexan cidadáns canadenses.
– Rapaces/as que teñen un irmán ou unha irmá que recibiu a maioría da súa educación en inglés en calquera parte
de Canadá e cuxos proxenitores sexan cidadáns canadenses.
. Estas normas non se aplican aos residentes temporais en Quebec nin aos nenos da First Nation.
• Desde 2006, o Inglés ensínase como segunda lingua nas escolas francesas desde o Grado 1 en diante. Unhas poucas
escolas francesas ofrecen tamén programas de inmersión en Inglés para estudantes avanzados.
30. • O sistema escolar inglés ofrece una ampla gama de programas que inclúen o Francés como segunda lingua,
inmersión en Francés, e os programas bilingües que ensinan Inglés e Francés como primeiras linguas.
• Escola Primaria (Elemental). Hai tres programas:
• Bilingüe: no grao 6 aproximadamente o 50% da instrucción é en Inglés e aproximadamente o 50% é en
Francés.
• Inmersión temperá:
– No grao 2, aproximadamente o 85 % da instrucción é en Francés e aproximadamente o 15% é en
Inglés.
– Nos graos 3 – 6, aproximadamente o 50% da instrucción é en Inglés e aproximadamente o 50% é en
Francés.
– Francés + :
– No grao 4, aproximadamente o 85 % da instrucción é en Francés e aproximadamente o 15% é en
Inglés.
– Nos graos 5 – 6, aproximadamente o 50% da instrucción é en Inglés e aproximadamente o 50% é en
Francés.
31. • Escola Secundaria. Hai tres programas:
• Nivel básico Graos 7 – 11 (Secundaria I – V). Clase de Francés como segunda lingua e todas as demais
materias en Inglés.
• Inmersión Graos 7 – 11. Unha ou máis materias en Francés ademais de Francés como segunda lingua.
• Enriquecido Graos 7 – 11. Cada instituto ofrece un programa enriquecido. Por exemplo, o Bacharelato
Internacional, Sports Études (para estudantes bos en deportes. Parte da xornada fan deporte e a parte
académica dáse nas primeiras horas do día),....
32. 2.3.Organización do centro educativo "Pierrefonds Comprehensive High School" (PCHs).
2.3.1. “The Lester B. Pearson School Board” (LBPSB)
• Distrito escolar ao que pertence o instituto.
• Hai 72 distritos escolares en Quebec.
• LBPSB pertence a Illa de Montreal e é un distritos escolares inglés.
• Responsable das escolas de lingua inglesa desde Verdun, pola Illa Oeste e Ile Perrot e territorios continentais ao oeste
da fronteira con Ontario.
• É o único distrito escolar de Canadá que conta cun grupo consultivo de estudantes.
• Controla:
– 39 escolas de primaria
– 12 escolas de secundaria
– 2 centros de educación de adultos
– 4 centros de formación profesional (vocational training)
– 20000 alumnos.
33. 2.3.2. "Pierrefonds Comprehensive High School" (PCHs) – To Strive To Seek To Find. 1971
• Centro educativo cun alumnado multiétnico e de diversa orixe socioeconómica.
• Persoal:
– 1 directora e 2 vicedirectores, con dedicación exclusiva. Foron profesores como mínimo 5 anos.
– Persoal docente, bibliotecaria profesional, 3 secretarios, dous técnicos de laboratorio, un equipo de Servizos ao
estudante, recepcionista, conserxes, etc.
– Consello Escolar.
• Programas de:
– Orientación ao Traballo: permite aos alumnos prepararse para o mercado de traballo.
– Inglés: permite aos alumnos graduarse cun Diploma de Estudos Secundarios (DES).
– Inmersión en Francés: aprenden algunhas materias en francés.DES en inmersión en francés.
– Bacharelato Internacional (IB): aprenden diferentes materias en francés, completan un proxecto persoal e
cumpren horas de servizo comunitario. Diploma de IB + DES con inmersión en francés.
• Este curso non hai materias extracurriculares debido ás protestas e folga dos profesores.
34. • Pierrefonds Comprehensive High School ten:
– Un forte equipo de Servizos ao Estudante composto por
• Traballador social
• Enfermeira
• Animador espiritual
• Psicólogo
• Orientador
• “Planning room technician “: entre outras cousas, asiste aos estudantes que teñen
comportamentos disruptivos que poden causar a súa expulsión das clases. Ademais, lles axuda a
crear un plan para reintegrarse e continuar con éxito en clase.
– Dúas bandas de música (senior e junior), periódico escolar, radio, club de ciclismo, grupo de teatro,
deportes (con competicións interescolares), etc...
35. • Instalacións:
– 60 aulas grandes dedicadas a materias, equipadas con ordenadores e pizarras electrónicas. As aulas non teñen
ventás (só neste centro).
– Auditorio/Teatro profesional con 600 asentos.
– 2 aulas de música (ademais de 4 aulas de prácticas) e 3 de arte.
– Varios ximnasios, campos de béisbol, fútbol americano e europeo, 6 pistas de tenis, aula de ximnasia, etc.
– 11 laboratorios de ciencias.
– Dúas salas de informática, cada unha con 34 ordenadores.
– Biblioteca espaciosa (máis de 175 asentos), automatizada, con 17 ordenadores, 2 impresoras láser, un escáner,
un SmartBoard, e-readers libros en inglés, francés e español, revistas, etc.
– Cafetería, atrio e corredores moi espaciosos.
– Etc.
40. ASPECTOS DESTACABLES DA ORGANIZACIÓN DO CENTRO
• Aulas ben equipadas (ordenador, pizarra dixital e biblioteca de aula) e deseñadas de acordo coa materia que ensina o
profesor (Aulas de ciencias teñen mesas de laboratorio).Móvense os alumnos.
• O servidor de Internet é moi potente, rápido e seguro.
• Utilizan a rede social Edmodo para comunicarse cos alumnos (datas de exame, tarefas,...)
• Hai dúas técnicos de laboratorio: axudan na preparación e realización das prácticas.
• Mesas con números. Cada número corresponde a un alumno.
• Dous timbres. Co primeiro timbre acaba a clase ou o recreo e os rapaces móvense á seguinte aula. Cando soa o 2º
timbre xa teñen que estar sentados na aula correspondente.
• Préstamo universal de libros.
• Todo o material (presentacións, prácticas, actividades, etc. ...) entréganse aos alumnos en fotocopias.
• No hai profesores titores. Os profesores teñen un grupo asignado para dar avisos, documentación, controlar estado
das taquillas,... 8 minutos ao día (Advisory group – Tag teacher).
• Ao non haber titores os pais piden cita para falar co profesor que lle interesa.
• Os profesores non fan gardas de transporte, nin de aulas nin de recreo. Só gardas durante a comida.
• Se os profesores faltan un día (incluso 1 hora), o instituto chama a un substituto.
41. • Faltas: o profesor entra en internet co ordenador da aula e marca a falta na lista de alumnos. Os alumnos ensinan os
xustificantes aos profesores e despois os entregan en recepción para xustificalas.
• Hai un profesor de apoio na aula co alumno que o precisa.
• Contar co equipo de Servizos ao Estudante.
• Figura do PEER tutor. Alumnos con boas do 2º ciclo de secundaria notas son titores de alumnos que teñen
problemas con algunhas materias. Cobran 10 dólares/hora.
• Cada alumno ten a súa taquilla para gardar o seu material.
• Megafonía nas aulas para avisos.
• Biblioteca con bibliotecaria profesional.
• Os estudantes do BI posúen un ordenador portátil. Os adquire o instituto pero os proxenitores pagan unha certa
cantidade de diñeiro cada ano e ao final dos 5 anos de estudos, os rapaces quedan co ordenador en propiedade.
Eles mesmos se encargan do seu mantemento.
42. • HORARIO E CALENDARIO ESCOLAR
– Horario de 7:50 h a 14:30 h
– Rotación dos períodos lectivos en ciclos de 9 días. Cada período lectivo dura 75 minutos. O meu horario era:
44. • 18 Professional Days (PED days). 11 son en período lectivo e os alumnos non van a clase. Soen ser os venres ou os
luns. Eses días os profesores, o orientador, o traballador social e o psicólogo reúnense para tratar cuestións
pedagóxicas.
• LATE ENTRY. 9 días en que os alumnos entran as 10:00 h (1 cada mes).O horario cambia e os períodos duran 48
minutos. Unha desas xornadas foi o 14 de outubro e tiven a oportunidade de asistir a unha reunión de profesores na
biblioteca e despois a unha reunión do departamento de ciencias á que tamén asistiu a asesora de ciencias do distrito
escolar. Nesta reunión analizáronse os resultados dos exames ministeriais de certificación para o 4º curso de
secundaria.
• Períodos de descanso de 8 – 10 minutos entre clases e 50 minutos para comer.
• Curriculum night. Reunión a principios de curso para explicar aos pais o curriculum das materias.
• Axenda co calendario escolar onde aparecen marcados todos os acontecementos que inflúen na vida educativa (días
de entrada tarde, PED days, exames, horario, etc.). Para profes e alumnos.
45. 2.4.Estratexias metodolóxicas
• No aprendín nada novo de cómo impartir clase en inglés como segunda lingua (CLIL) pois a profesora que me
asignaron daba clases en inglés como primeira lingua.
• Metodoloxía de ensino é bastante semellante á nosa pero dispoñen de máis recursos e medios tecnolóxicos, o que
favorece unha mellor aprendizaxe.
• Constante interacción cos alumnos, facéndolles múltiples preguntas, adaptándose as súas necesidades e ao seu
nivel de aprendizaxe.
• Existe un equilibrio entre as estratexias expositivas e estratexias didácticas de indagación. Dótase ao alumnado de
ferramentas que lles permiten iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación e elaboración de
proxectos de investigación utilizando fundamentalmente as novas tecnoloxías.
• Uso moi estendido de material multimedia. O uso de vídeos, animacións, realización de traballos de investigación vese
claramente favorecido por contar cun servidor de Internet moi potente que permite utilizar as novas tecnoloxías sen
problema. Isto é algo que boto de menos no meu instituto á hora de dar clase porque a conexión a Internet é moi
deficiente o que non permite realizar este tipo de actividades.
• Todo o material en fotocopias co que os alumnos non teñen que coller apuntes. Centros educativos con maior
dotación económica que en Galicia.
• Actividades: correlación entre os fenómenos estudados e os da vida cotiá mediante a análise de situacións concretas,
comentarios de novas de actualidade, etc..., combinadas cos informes ou traballos específicos.
• Foméntase o traballo tanto a nivel individual, como por parellas e en pequenos grupos en clase (perfeccionamento
persoal e social).
46. • Actividades prácticas interesantes que permite aos alumnos utilizar a súa imaxinación
para expresar as súas opinións. Moitas destas prácticas non as podería realizar co meu
alumnado debido á insuficiente dotación económica outorgada ao departamento. Hai
dúas técnicos de laboratorio preparar e axudar na realización das prácticas. Así, non
dependen de profesores de desdobre de laboratorio cos que nós, moitas veces, non
podemos contar debido á reducción do profesorado nos centros (FOTOS).
• Uso da rede social educativa EDMODO onde se plantexan actividades que os alumnos
fan e corrixen eles mesmos e/ou comentan en clase (Flipped classroom – darlle á volta
ás clases). A privacidade e seguridade dos alumnos está asegurada porque se usa un
grupo pechado con contrasinal de acceso proporcionada polo profesor.
• Na clase pode haber máis dun profesor para atender dentro da aula a nenos con
necesidades educativas especiais ou para relacionar os saberes aprendidos es distintas
materias (actividades de integración).
• Finalmente, comentar que fan varios test en cada trimestre, un exame final en cada
trimestre e outro ao final de curso. Os exames ministeriais inflúen moitísimo na maneira
de impartir clase. Profesores e alumnos condicionados.
PRÁCTICAS
48. 3.2.5.Experiencia persoal no programa de inmersión
- Asistín a clase tódolos días de 7:50 a 14:30 e tamén a todas as actividades preparadas para nós: reunión cos
representantes do distrito, dous seminarios e tres excursións.
– Acompañei á profesora Vanessa Amar, que impartía as seguintes materias:
• Science & Tech/Environment (SCE) a dous grupos (01/02) grade 10
• Science General (SCG) grade 9
• Biology – grade 11, Psychology (PSY) grade 11.
• Science & Tech/Environment (Ciencias, Tecnoloxía e Medio Ambiente) e Science General (Ciencias Xerais)
inclúe contidos do currículo Tecnoloxía e de Física e Química.
– Tamén visitei clases doutros profesores e estiven con grupos de todos os cursos e tamén do Bacharelato
Internacional:
• Inglés (2 profesoras diferentes), Español, Matemáticas,Historia (en francés), Química, Ciencias Forenses,
Bioloxía e Ciencias Xerais de todos os profesores do departamento de Ciencias.
• Participei activamente na realización das prácticas de laboratorio coa profesora asignada e co resto de profesores do
departamento de ciencias.Tamén interviña nas clases facendo observacións, resolvendo dúbidas dos alumnos cando
mo pedían e axudando na corrección de tarefas.
• Nas clases que non estaban relacionadas coa miña materia (Bioloxía e Xeoloxía), asistín só como observadora
excepto nas de Español, onde axudaba ao profesor.
• Non puiden asistir a ningunha materia extracurricular porque este curso no hai ningunha debido ás protestas e folga
dos profesores. Os profesores limitábanse a cumprir as súas funcións lectivas, non participando nestas tarefas.
49. 2.5.1. Aspectos positivos e negativos do sistema educativo canadense e da organización dos centros
- Positivos:
• O profesorado do nivel secundario pode ensinar unha única materia ou varias e deben posuír un grao universitario en
Educación que inclúa, como mínimo 45 créditos na materia que se quere impartir ou unha formación equivalente.
• Equipo directivo con dedicación exclusiva ao cargo. Considero moi complicado compaxinar a xestión dun centro e
impartir clase.
• Os profesores non teñen que facer as programacións didácticas pois todo o material relacionado (currículo,
obxectivos, contidos, estándares de aprendizaxe e avaliación, etc....) o proporcionan o Ministerio e os distritos
escolares. En lugar de perder o tempo con toda esta burocracia o profesor dedícase ao que debe, que é a preparación
das unidades didácticas e a creación/busca de recursos educativos.
• Aulas/materia. O profesor ten a súa aula, ben equipada. Permite poder traballar nos ocos do horario.
• Welcome schools. Facilitan o acceso do estudante á sociedade de acollida, proporciona o coñecemento básico da
lingua oficial, e, en xeral, facilita a súa integración.
• Bibliotecaria profesional. Permite ter a biblioteca sempre aberta e actualizada.
• A presencia de técnicos de laboratorio fai que non se dependa de desdobres que, moitas veces, non se conceden
debido á reducción do profesorado nos centros.
• Non hai titores. As horas dedicadas polos titores a pasar faltas e todo tipo de burocracia relacionada coa titoría
reduciríase e permitiría dar máis horas de clase. Para substituír a labor dos titores contan co equipo de servizo ao
estudante, recepcionista, máis administrativos,...
50. • Ter enfermeiro/a. Atende aos alumnos ante unha urxencia e tamén imparte obradoiros sobre sexualidade, hábitos
alimenticios saudables,...
• Acceso máis temperán a ciclos de formación profesional ou a programas de orientación ao traballo. Con isto
diminúese o fracaso escolar.
• Boa conexión a Internet. Permite traballar coas novas tecnoloxías.
• Substitucións incluso por horas. Permite diminuír o desemprego e ter ao alumnado atendido. Se se fixese aquí
evitaríamos os problemas que xorden cando non hai suficiente profesorado de garda e, ademais, o profesorado disporía
de máis horas para dar clases ou para preparalas.
• Non hai gardas de autobús en secundaria (non sei en primaria). Enténdese que se os alumnos poden estar solos
antes de entrar ou ao saír de clase, igual que o resto do día, cando non están no instituto.
• Maior número de profesores de apoio. Positivo porque así poden acompañar dentro da aula aos alumnos que o
precisen.
• Existencia dos PED days, onde os profesores se reúnen para tratar cuestións pedagóxicas.
• A maior inversión económica para desenvolver outro tipo de actividades e poder entregar máis material ao alumnado.
Negativos:
• A educación en Canadá é gratuíta e obrigatoria só ata o final da secundaria. Creo que deberían incluír tamén os Cegep.
• Os exames de certificación para graduarse en secundaria. Considero que non valoran a aprendizaxe dunha persoa e
ademais, son unha proba adicional a una esixencia xa superada pois o profesor xa avalía e pon notas aos alumnos.
• Duración das clases no PCHs: 75 minutos paréceme excesivo, sobre todo para o primeiro ciclo da Educación
Secundaria.
51. 2.5.2. Aspectos positivos e negativos da miña participación no programa
Positivos:
– Trato exquisito por parte da profesora que me asignaron (Vanessa Amar), como por parte do resto dos profesores
que coñecín durante a miña estadía en PCHs. Tratáronme coma se fora unha profesora máis do instituto, o que
fixo que a miña estadía no centro fora moi cómoda e gratificante.
– A profesora, Vanessa Amar, utiliza metodoloxía similar á miña. Compartimos material e temos pensado seguir
colaborando entre nós no futuro.
– Puiden asistir a clases doutros profesores sen ningún problema.
– Moi bo recibimento por parte do alumnado. Tratáronme moito respecto e dirixíanse a min para preguntar dúbidas.
– Coñecer a organización, metodoloxía e avaliación dun centros de secundaria de Quebec.
– Pouco tempo de desprazamento entre a casa de acollida e o centro (10 minutos en autobús). Algúns dos meus
compañeiros galegos que me acompañaron nesta experiencia tiveron que desprazarse máis dunha hora (algún
1:40 h) e utilizando máis dun autobús.
– Mellora da competencia lingüística e pedagóxica e nas relacións interculturais
– Familia de acollida de fala inglesa e condicións hixiénico - sanitarias adecuadas. Moi bo trato, comodidade e boa
alimentación.
52. Negativos
• No aprendín ningunha metodoloxía sobre cómo impartir clase en inglés como segunda lingua (o que equivale ao CLIL)
pois a profesora que me asignaron daba clases en inglés como primeira lingua (lingua materna). Igual que aquí co
galego ou o castelán.
• Área pouco axeitada para un programa de inmersión en inglés. Integración en inglés parcial. No instituto e na casa
falaban en inglés pero a contorna era case totalmente francófona (carteis, radios en taxis, etc…). Quebec é unha zona
francófona, co francés como primeira lingua e na que o idioma ten un forte contido identitario que a miúdo se traduce en
hostilidade cara ao inglés.
• A Consellería de Educación non xestionou adecuadamente a miña substitución. A estadía desenvolveuse entre o
26 de setembro e o 24 de outubro. O nomeamento da miña substituta foi o día 1 de outubro e presentou unha baixa por
enfermidade o día 2. Solicitouse outro substituto e non se atendeu a petición co que os alumnos estiveron sen profesor
ata o 25 de outubro.
• Deficiente organización por parte da empresa adxudicataria en:
– Horarios e plan de viaxe. Especialmente á volta, onde se ignorou o dereito ao descanso do profesorado.
Chegamos ao aeroporto de A Coruña no último voo e cheguei a miña casa as 2:10 da madrugada do luns despois
de 25 horas de viaxe. Entraba a traballar as 9:20 h.
– Incidente de dúas horas con inmigración do aeroporto de Montreal.
– Non se avisou ás familias con antelación: o día antes da nosa chegada (ese foi o meu caso) e moitas familias
non tiñan solicitado participar.
53. – Información sobre as familias e o centro educativo proporcionada a última hora. No meu caso, recibín a
información o día anterior. Outros ao chegar.
– No día da chegada a Montreal, ás 10 de noite, había 10 persoas sen familia que as viñera a recoller. Por fortuna,
non foi o meu caso.
– Ausencia dun programa de integración e atención ao profesorado participante nos centros educativos. Non
houbo propostas concretas de participación e colaboración na aula. Os profesores dos centros educativos
sinalaron que non tiveron comunicación algunha ata a semana anterior á nosa chegada, que descoñecían ademais
cales eran as condicións da nosa estadía.
– Falta de actividades comúns e puntos de encontro entre o profesorado, que dificultou a creación de vínculos
entre o profesorado CLIL de cara ao establecemento de redes de colaboración futuras.
– Elixiuse constantemente a opción máis barata sen ter en conta criterios de comodidade, seguridade ou
maior aproveitamento da experiencia para o profesorado. Así, o traslado desde e cara ao aeroporto realizouse
en autobuses escolares que carecían de compartimento para a equipaxe e en condicións que non son compatibles
coa máis elemental seguridade viaria.
– Etc.