1. CANCIÓN DO CARNAVAL
Este ano no colexio
Imos todos celebrar
O Enterro da Sardiña
Que ben ímolo pasar.
Si, si, si… é Entroido xa,
Si, si, si… é Entroido xa.
Con turbante e saba branca
Abelorios e demais
Cantaremos, bailaremos
Nesta festa singular.
Si, si, si… é Entroido xa,
Si, si, si… é Entroido xa.
Queimaremos a sardiña
Outro ano volverá
Pois sen ela o Entroido
Non se pode celebrar.
Si, si, si… é Entroido xa,
Si, si, si… é Entroido xa.
A MAXIA DO ENTROIDO
Xa está aquí, xa chegou
O Enterro da Sardiña
Unha festa moi querida
En toda a Mariña.
O Entroido en Viveiro,
Rematamos esta festa
Coa queima da sardiña
Aló na Praza Maior.
Desfilamos polas rúas
Ao son das nosas cantigas,
Viva o Entroido en Viveiro!
Coa xente de Celeiro!
BIS TODO
SE TE QUERES DIVERTIR
Se te queres divertir
Non tes máis que vir
O Entroido a Viveiro
Aquí terás que levar
Túnica, antifaz,
Bigote e pandeiro.
E as penas has de deixar
Co baile e o cantar
Que a vida é unha broma,
Danzar, meniños, danzar,
Pra pena olvidar
Que la mar me coma!
RETROUSO
Cantemos, cantemos
Démoslle o ribeiro
Que non hai Entroido
Como o de Viveiro
Que anque hoxe a sardiña
Vamos a enterrar
Tiremos da liña
Para resucitar,
Se non é sardiña
Parrocha será.