1. CERTAME DE POSTAIS E POESÍA
NADAL 2009
Con motivo das festas do Nadal a
ANPA do CEIP “Antonio Pedrosa Latas”,
CONVOCA os concursos de:
POSTAIS para Infantil - Primaria
POESÍA para o 2º e 3º Ciclo de Primaria.
BASES
1ª) Para o Concurso de postais:
as técnicas e materiais de traballo a empregar son libres.
Para o Concurso de poesía:
Tamén queda a libre elección dos alumnos/as e según a
orientación do seu titor/a.
2ª) Cada traballo FIRMARASE cun pseudónimo ou
número pola parte traseira; o mestre/a gardará a lista dos
nomes correspondentes a cada alumno/a.
3ª) Outorgarase un premio por curso para cada
unha das especialidades.
4ª) O prazo de entrega de traballos remata o
venres, 11 de decembro. Todos os traballos serán expostos
no colexio e posteriormente na Igrexa de Celeiro, onde se
entregarán os premios, nun acto onde tamén actuará o coro
do colexio.
Celeiro, 1 de decembro de 2009