A Cova da Terra é una ONG dedicada ó coidado do comercio xusto e o consumo
responsable.
Foi fundada en 1995, abrindo en Lugo a primeira tenda de comercio xusto de
Galicia.
Traballa en varios campos, incluíndo a concienciación da sociedade mediante
obradoiros en centros escolares e distintas campañas.
Pode ser voluntario calquera persoa, enviando o formulario na súa páxina web
oficial.
A súa sede está situada na provincia de Lugo
Teñen una tenda de comercio xusto onde venden dende alimentos ata discos
musicais, todo grazas ó comercio xusto. Está na rúa Nóreas nº 12 (Provincia de
Lugo
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios é unha ONG dedicada á
sensibilización da sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos nos
países en vías de desenvolvemento e en España.
AGARESO busca servir de anunciante ó traballo que levan realizado distintas
entidades. Traballou nos últimos anos na República Dominicana, O Salvador,
Guatemala, Ecuador, Honduras, Nicaragua e Marrocos xunto a outras ONGD
como Asemblea de Cooperación pola Paz, Amigos da Terra e Amarante- Setem.
Tenta impulsar a conciencia solidaria da sociedade mediante un repertorio de
exposicións, publicacións, cursos e conferencias para achegar ó público os
proxectos que se levan a cabo en dita ONG. Nós fumos os afortunados que
recibimos tres visitas deles.
Conta con un voluntariado repartido entre Galicia e os países do Sur.
Amigos da Terra é unha ONG dedicada ó fomento dunha sociedade máis
respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
Desenvolve proxectos e campañas catalogadas nas áreas de cambio climático,
residuos, consumo sustentable, conservación e usos da terra e cooperación
nas que se incorporan a activosmo-presión política e a educación ambiental.
Naceu no ano 1997
Aposta por un proxecto vanguardista, orientada á formación dunha nova
cultura ambiental.
Xestiona o Centro de Educación Ambiental as Corcerizas.
Arquitectos Sen Fronteiras é una ONG dedicada principalmente á construcción
de hogares dignos nos países menormente desenvolvidos.
Foi fundada no ano 1992 e declarada de utilidade pública no ano 1999.
Traballa no marco dos ODM, especialmente en relación coa superación das
causas da pobreza e a mellora da educación.
É un membro da Coordinadora de ONG para o desenvolvemento de España, e
das coordinadoras autonómicas de Euskadi, Navarra, Galicia, Extremadura,
Cataluña, Comunidad Valenciana, Comunidade de Aragón e Madrid.
Axuda en Acción é una organización non gubernamental de desenvolvemento
(ONGD) independente e aconfesional (non fai a separación por relixións).
Ten como principal obxectivo mellorar as condicións de vida das familias e as
comunidades dos países en peores condicións de América, Asia e África.
AeA traballa dende Galicia e con financiamento galego en procesos de
desenvolvemento a través de proxectos de cooperación. Dende 1991 traballa
nun proxecto entre Perú e Ecuador e en procesos de mellora educativa en
Bolivia.
Forma parte da Campaña Mundial pola Educación xunto con outras ONGD
galegas.
AeA conta con sete grupos de voluntariado (1 por cidade) en Galicia.
Funcionan autonomamente, realizando actividades na súa propia cidade.
Entreculturas é una ONGD promovida pola Compañía de Xesús, que fomenta a
solidariedade coas persoas máis desfavorecidas e a educación como instrumento
de cambio social
Naceu no ano 2000
Traballa en tres campos:
1. Sensibilización e educación para o desenvolvemento
2. Mobilización social e incidencia
3. Colaboración con outras institucións sociais, empresariais e
relixiosas
Realiza varias actividades en centros escolares, incluíndo os famosos
encontros solidarios nos que se educan ás novas xeracións en temas onde a
solidariedade está presente.
É una ONG xesuita
Enxeñería sen Fronteiras (ESF) é unha ONG que propón acercar á tecnoloxía ó
desenvolvemento humano.
É unha asociación interdisciplinaria, aconfesional e non partidista
Enxeñería sen Fronteiras leva a cabo actividades de sensibilización e
educación para o desenvolvemento (campañas, cursos e foros).
O seu obxectivo é a creación dunha cidadanía global, activa e responsable a
través do pensamento crítico e o compromiso persoal coa sociedade.
Ten como base o voluntariado.
Soliedariedade Galega é unha ONGD (Organización Non Gubernamental para o
Desenvolvemento) de carácter independente.
Foi creada no ano 1997, a causa da preocupación dun grupo de profesionais
galegos da sanidade polos países do Sur
Actúa en tres campos:
•
•
•
Envío de equipos médicos (quirúrxicos,
pediátricos, oftalmolóxicos…) ós países
do Sur.
Formación de profesionais da sanidade en
América Latina
Realización de campañas de
concienciamento para o desarrollo en
Galicia.
En cada proxecto participan arredor de 11 voluntarios de diferentes
especialiddades médicas e enfermería
Noticia negativa:
O réxime sirio bloquea os alimentos e
medicinas para 200.000 civiles.
Cando un mesmo lee este tipo de noticias, non pode facer outra cousa que poñerse
triste. Triste polo mundo polo que vivimos. Triste polo sufrimento dos habitantes de
Siria. Moitos problemas poden resolverse mediante o simple uso do diálogo, sen
embargo, non toda a xente está de acordo con esta solución. O problema reside en
que o ser humano é un espécimen autoritario, que tende a impoñer os seus propios
ideais a outros seres da mesma especie. Isto é o que crea os conflitos entre os
distintos grupos sociais. É una mágoa que agora esas 200.000 persoas non poidan
recibir alimentos nin coidados médicos de ningún tipo porque a un grupo de persoas
non lles gustan os ideais do gobernó de turno. É moi crudo imaxinar a 200.000 persoas
morrendo lentamente de fame. Esas persoas poderían representar os 4/5 da
poboación da Coruña, o que non deixa de ser un dato escalofriante. Como solución eu
propoño que algún dos dous bandos crave a bandeira branca no chan, e que empecen
a falar do que quere cada un para chegar a una solución común e favorable para os
cidadáns de Siria.
Fonte: elpais.com
Noticia positiva:
Doar a golpe de emoción
Según o xornal “El País”, Médicos sin Fronteras recibiu 750000 euros en
doativos de españois preocupados polo tifón en Filipinas. Nós tamén
axudamos con todas as nosas forzas vendendo as decoracións de nadal feitas
con feltro. É importante que a xente se conciencie de que hai persoas moito
máis desfavorecidas, e que axudar a quen o necesita é algo que todo o
mundo debería facer, fose quen fose. Debería darnos igual a raza, a relixión,
a cultura, a educación… As persoas son persoas, e iso significa que hai que
tratalas como tales. Sen embargo, parece estar moi arraigado por estas
terras a filosofía de vida de “cada tolo có seu tema”, pois é algo que se vive
actualmente nas vilas e nas aldeas de Galicia.
Fonte: elpais.com
Adeus!
E con isto concluimos o traballo. ¡Esperamos que vos gustara!
FIN