SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 39
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

                                                                         TÉCNICA-FÚTBOL
1.- TÉCNICA:

Son aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e dirixindo o balón con todalas superficies de contacto que permite o
regulamento. Si é en baneficio propio, coñecese como técnica individual. Si é en beneficio do conxunto, refírese á técnica colectiva.

Bases da técnica:

Unha boa técnica está baseada nos seguintes pontos:
a.- Adecuada situación do xogador sobre a traxectoria do balón, intuindo a súa dirección, velocidade e posibles efectos.
b.- Concentración sobre o balón, sen perdelo de vista, para asegurar un bó contacto no momento e lugares precisos e coa forza adecuada para
unha boa acción.
c.- Coordinación de movimentos, dominio do corpo, relaxación e equilibrio sobre o pé de apoio.
d.- Destreza na execución.

- Técnica individual: Aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e xogando o balón en beneficio propio, rematando unha
xogada sen a intervención doutros compañeiros do seu equipo.

- Técnica colectiva: Son as accións que consiguen enlazar dous ou máis xogadores dun equipo, buscando sempre o beneficio do conxunto
mediante unha eficaz finalización da xogada.


TÉCNICA INDIVIDUAL OFENSIVA:

2.- GOLPEO CO PÉ:

Concepto:

Enténdese como golpeo, o lanzamento do balón conscientemente nunha dirección, con algunha parte do pé.


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                    Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 1
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

Desde o ponto de vista máis técnico, entendémolo como o golpeo consciente do balón que se realiza cunha determinada superficie de contacto,
buscando unha dirección, altura e velocidade determinadas, dacordo coas intencións fixadas de antemán.

Mecanismos do toque de balón:

Podemos dividilo nas seguintes partes:
- Colocación do pé de apoio ó lado do balón.
- Balanceo da perna que executa o golpeo.
- Posición do corpo con respecto ó balón.
- O golpeo do balón. (traslación da forza).
- Acompañamento posterior do balón co pé.
Os compoñentes deste mecanismo cambian en función de que partes do pé executan o golpeo. Tamén varían en función dunha acción táctica que
se pretenda realizar. Nembargantes, en esencia, poden atoparse sempre as cinco fases en toda clase de toques; sexa parado ou en movimento o
balón ou dunha acción a balón parado ou correndo hacia o balón.


Aspectos e consideracións a ter en conta no toque do balón:

a.- A dirección do balón:
O sentido que este toma no espazo, que vai ser diferente según diversos factores.

         - A zona donde reciba o contacto:
         Si o golpeo se fai no seu centro da gravidade, o sentido estará determinado pola prolongación do eixo do pé de apoio.
         Si se fai o golpeo á esquerda do CDG, o sentido desprazarase á dereita.
         Si o golpeo se fai á dereita, o sentido desprazarase á esquerda.

         - A superficie de golpeo:
         As distintas superficies de de golpeo son empregadas para dar ó balón as direccións desexadas coa máxima seguridade; e cada superficie
         é indicada para un tipo especial de golpeo.


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                        Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 2
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         - Movimento do balón:
         Si o balón está en movimento, hai que ter presente o sentido que trae para realiza-lo golpeo, de forma que siga a traxectoria desexada por
         nós e coa máxima seguridade. Desta maneira, entre o sentido de movimento do balón e o plano de superficie de contacto formarase o
         ángulo desexado para que reciba o sentido que queremos darlle.
         - O eixo lonxitudinal do pé de apoio:
         O sentido do balón estará determinado pola dirección do eixo lonxitudinal do pé, excepto para os balóns golpeados con efecto ou laterais.

         - O eixo da superficie de contacto:
         É un complemento ó factor anterior. Con estes elementos, pódese conquerir que, ainda realizando o golpeo coa mesma superficie de
         contacto, o balón reciba un sentido diferente; podendo se a dirección:
         1.- En línea recta:
                 - Cando o golpeo re fai no centro de gravidade.
                 - Cando o golpeo é perpendicular ó sentido que trae o balón.
         2.- En línea curva:
                 - Cando o golpeo se fai a un lado do centro de gravidade.
                 - Cando o golpeo se fai lateralmente e o balón trae unha inclinación determinada con respecto ó eixo do pé.
         Este tipo de golpeos con efecto son moi útiles, para resolver situacións forzadas; podendo rebasar ó contrario cun pase a un compañeiro
         situado por detrás.

b.- A velocidade do balón:
A velocidade do balón é consecuencia dun lanzamento máis ou menos forte e, que estará en función de:

         - A superficie de contacto:
         O obxecto que se golpea pode ser máis ou menos duro según a superficie de contacto que se empregue. Si esta presenta unha dureza
         máxima, a forza trasmitida será maior; un balón non recibe a mesma forza si se golpea co muslo ou co empeine. Tamén canto máis fixa
         esté a articulación no momento do golpeo, a velocidade vai ser maior.

         - A velocidade da superficie que golpea:
         A velocidade da superficie de golpeo, é a verdadeira causa dunha maior ou menor velocidade. A maior velocidade de superficie de
         golpeo, a velocidade do balón será maior.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                           Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 3
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


         - O peso corporal:
         A maior peso corporal, a velocidade do balón ó ser golpeado será maior. No momento de golpeo, toda a enerxía do corpo en movimento
         concéntrase na perna de golpeo, co cal, a potencia acumulada será maior según o peso corporal. Si a potencia aumenta, a velocidade do
         balón golpeado será maior.

         - A velocidade do balón no momento do golpeo:
         O sentido do balón antes do golpeo pode ser moi variado e, sempre estará en función da nova dirección que toma despois do golpeo.
         O golpeo pode realizarse:
                1.- No mesmo sentido que trae o balón: Entón prodúcese unha suma de velocidades. Á velocidade que trae o balón, súmaselle a
                producida polo golpeo do mesmo.
                2.- En sentido distinto ó que trae o balón.


         - Dirección que leve o balón antes do golpeo:
         Hai unha maior forza de desprazamento canto máis no CDG golpeemos o balón, por eso moitas veces adoptamos a nosa posición corporal
         ó sentido que traiga e ás características do golpeo.

         - Elasticidade, Peso e resistencia ó aire:
         Anque o estado dos balóns, ven a ser moi similar, cando hai cambios de balós a súa elasticidade varía. En función dela pódense orixinar
         diferentes velocidades. Si o balón está pouco inchado, o golpeo penetra no momento do contacto e prodúcese un amortiguamento. Por
         tanto, canto máis inchado esté a velocidade será maior.
         Si está máis inchado pesa máis, polo tanto anque teña menos elasticidade é máis pesado.
         A resistencia ó aire é a mesma sempre, pero os factores metereolóxicos, como pode ser o vento, pode aumentar ou disminuir a velocidade
         do balón.

c.- A altura do balón:
A altura do balón ven determinada polo tipo de golpeo, lugar donde recibe o contacto.
As causa que o orixinan son:


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                         Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 4
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         - Superficie de contacto:
         As diferentes superficies de golpeo, ocasionan que a altura do balón sexa diferente .
         Exemplo:
         A balón parado, a superficie que lle dá maior atura é o empeine interior, ó introducir dita superficie por debaixo do centro xeométrico.
         Polo tanto as superficies que maior e mellor metan o golpeo por debaixo do centro xeométrico, son as que maior altura darán.

         - Zona donde recibe o contacto:
         Para mellor comprensión vamos a analizar o sentido no que se move o balón despois do contacto.
         . Balón golpeado no seu centro xeométrico: O movimento que recibe o balón no golpeo coincide coa prolongación da forza aplicada.
         . O contacto realízase por debaixo do seu centro xeométrico: Neste caso elévase con respecto ó plano horizontal.
         . O contacto realízase por enriba do centro xeométrico: Neste caso o sentido do balón é por debaixo do plano horizontal.

         - Altura que traiga o balón antes do golpeo:
         Si o balón está no chan, a perpendicular do CDG do mesmo está en contacto co chan.
         Si o balón está no aire, o golpeo poderá realizarse por debaixo do CDG, polo que a elevación podería chegar atá vertical.

         Superficies de golpeo co pé:

         É a acción que fai un xogador cando entra en contacto co balón e se desprende do mesmo a través dun golpeo.

         Os golpeos, en función da intensidade, poden ser:
                - Suaves: Conducir, pasar corto ou autopase.
                - Fortes: Pase longo, despexar ou tirar a gol.

         SUPERFICIES DE GOLPEO CO PÉ:

                  - Interior:
                  Realizado coa cara interna do pé. Golpe de seguridade, moi importante na iniciación. Moi utilizado para pases cortos, tiros de
                  máxima seguridade desde distancia corta.


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                              Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 5
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

                  - Empeine total:
                  Golpeo realizado coa parte anterior do empeine. Require certo grao de práctica e dificultade de execución. Moi utilizado en pases
                  a longa distancia, saques de portería, faltas directas, golpeos de volea.

                  - Empeine exterior:
                  Realízase coa parte externa do pé. Require certa práctica por ser de gran complexidade, xa que se precisa gran coordinación polas
                  posturas antinaturais do xeonllo. Empregado en pases e tiros que necesiten traxectorias curvas.

                  - Empeine interior:
                  Golpeo efectuado coa parte interna e anterior do pé. É un golpeo de dificultade media. Moi utilizado nos pases longos e medios,
                  que necesitan de sortear algún obstáculo; en saques de esquina, libres directos, penaltis.

                  - Punteira, planta, talón, muslo e xeonllo:
                  Son golpeos sorpresivos que se utilizan como recurso, excepto os tiros a gol coa punteira en situacións favorables.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                              Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 6
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

PROCESO TÉCNICO DURANTE O GOLPEO DO PÉ CO EMPEINE:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 7
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 8
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 9
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 10
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

3.- GOLPEO COA CABEZA:

Zonas de golpeo de cabeza, no ensino inicial:

A zona na que se inician os golpeos de cabeza, é a parte frontal, por varias razóns:
      - A parte frontal é máis resistente os choques.
      - Na zona frontal o choque do balón non ocasiona dolor.
      - É unha superficie plana e ampla.
      - Acompañamos a visión do balón que nos chega.
      - Controlamos a visión periférica, ademais da do balón.
      - Maior exactitude na dirección do golpeo.

Superficies de contacto no golpeo de cabeza:
      - Frontal: para dar potencia e dirección.
      - Frontal-lateral: Ó mesmo, pero con xiro do pescozo.
      - Posterior: Coa coronilla, para efectuar prolongacións.

Clasificación dos golpeos de cabeza, en función da posición do xogador:
       - Parado.
       - Parado con salto vertical.
       - Carreira sen salto.
       - Carreira con salto.
       - En plancha, de parado ou en carreira.

Funcións do golpeo de cabeza:
      - Ofensivas: Pases, desvíos, remates, controles e prolongacións.
      - Defensivas: Despexes, desvíos e anticipacións.

Finalidades do golpeo de cabeza:


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 11
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         -    Desvíos: Cambio de dirección e traxectoria do balón. Terá un sentido ou outro en función de que a finalidade sexa ofensiva ou
              defensiva.
         -    Prolongacións: Sempre que o balón cambie de altura e non de traxectoria.
         -    Despexes: Acción defensiva de alonxar o balón da portería.
         -    Remates: Acción de introducir o balón na portería contraria.

Consideracións sobre o golpeo de cabeza:
      - Superficie de golpeo: Frontal, parietal ou occípital dependendo de donde veña o balón. É recomendable utilizar, sempre que sexa
      posible, o frontal.
      - Movimento de cabeza: Inclinar hacia atrá antes de golpear, levandoa adiante na toma de contacto.
      - Movimento do corpo: Abrir as pernas, arquear o corpo e axudar cos brazos. Total atención sobre o balón.

         4.- CONTROLES DE BALÓN:

Concepto de control:
É a acción de facerse co balón, dominalo e deixalo en posición e condicións para unha acción posterior inmediata.

Factores que condicionan o control:

         a.- Superficie de contacto que utilice o xogador:
                - Pé.
                - Perna.
                - Muslo.
                - Tronco.
                - Cabeza.

         b.- Traxectoria que posúe o balón ó chegar ó xogador:
                - Rectilínea.
                - Parabólica.
                - Raso.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                            Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 12
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

                  - A media altura.
                  - Alta.

         c.- Presencia do opoñente:
                 - Frontal, lateral ou posterior.
                 - Próxima ou alonxada.

         d.- A finalidade técnica perseguida:
                 - Regates, conduccións ou tiros.
                 - Pases.


Clases de control:

         1.- Controles clásicos: Parada, semiparada e amortiguamento.
         2.- Controles orientados: Control orientado, dobles controles, control fintado, control picado.


1.- Controles clásicos:

         a.- Paradas: Accción que realiza un xogador a través dun contacto, na que acada que o balón quede dominado de forma estática.

         Este tipo de acción caracteriza un fútbol lento. A superficie máis empregada é a planta do pé; é o máis fácil e comunmente utilizado na
         iniciación. Pode realizarse ante balóns rodados ou aéreos con traxectoria descendente. Te está desterrada, excepto para iniciación e en
         algunha acción moi específica.

         A execución con outras partes do corpo, poden considerarse como atípicas.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                         Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 13
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




         b.- Semiparada: Cando conseguimos a través dun toque ou recepción, frear o movimento do balón, pero sin paralo totalmente.

         Xeralmente úsase con balóns raseados ou rebotados, que deran un ou varios botes con anterioridade. As superficies coas que se realiza
         xeralmente a planta do pé, o interior, peito, cabeza e a parte da perna. A semiparada, axuda a rebaixar a forza do balón, deixando cun
         pequeno movimento e nunha zona dominable polo xogador. Esta acción non para dunha forma total o xogo, permitindo dar máis
         velocidade ó deixar o balón preparado para a acción seguinte.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                        Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 14
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




         c.- Amortiguamento: É a acción de reducir a velocidade mediante o retroceso da parte do corpo que se emprega. Este xesto precisa dunha
         gran coordinación. Realízase un movimento de ir a buscar o balón para logo retroceder a superficie de contacto e disminuir a velocidade.

         As partes máis comúns que se utilizan, son o pé na súa parte interior e empeine, muslo, peito e parte anterior da cabeza.

         A súa utilización fanna os xogadores con boa técnica, coa finalidade de poñer o balón nunha boa orientación e disposición para unha
         acción posterior.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                           Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 15
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 16
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 17
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

2.- Controles orientados:

a.- Control orientado: É a acción pola que un xogador cun só toque, recibe e controlo o balón, poñendo en situación para aplicación doutra acción
técnica. É o control máis dinámico que esiste, eliminando paradas no xogo; tamén é o de maior utilización. Os pases, tiros, regates, etc, a través
dun control orientado van ter maiores posibilidades de exito na súa execución.
Os controles orientados, van estar condicionados por:
- As traxectorias dos balóns:
        - Rectos (rasos ou horizontais ó chan).
        - Parabólicos: (balóns aéreos).
- Presencia de opoñentes:
        - A colocación (frontal, lateralou posterior).
        - A distancia (media ou moi próxima).
- Acción técnica a desenrolar posteriormente:
        - Conduccións, regates, tiros, pases, etc.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                          Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 18
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




b.- Doble control: Acción pola cal un xogador efectúa máis dun control de forma continuada.
Exemplos gráficos de controles:

a.- Control co interior e exterior do mesmo pé: b.- Control co interior e a planta do pé:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 19
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




b.- Control co interior e a planta do pé:




c.- Control co peito e exterior do pé:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 20
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




d.- Doble control e tiro:




c.- Control fintado: Son aqueles controles executados tras unha acción de finta de control.

Realízanna xogadores de gran técnica e forzados moitas veces pola presencia moi proxima dun rival.

Exemplos gráficos de controles fintados:




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 21
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




d.- Control picado: Son aquelas accións nas que se pica o balón para acadar unha alteración da traxectoria, velocidade e dirección.Utilízanse
principalmente en balóns rasos. As superficies máis utilizadas son a punteira, empeine exterior e interior.
I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 22
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


Exemplos gráficos de controles picados:




Principios básicos dun bó control:

         -    Atacar o balón en lugar de esperalo.
         -    Ofrecer seguridade na parte do corpo que intervenía.
         -    Relaxamento total no momento do contacto.
         -    Orientarse antes do control da súa posición e da do adversario.


5.- CONDUCCIÓN DO BALÓN:

Concepto e xeneralidades da conducción:

A conducción é aquela acción técnica pola que o xogador despraza o balón rodando polo chan, a través de sucesivos contactos co pé.

A pesar de ser unha acción non moi rápida, é aconsellable o seu dominio. É moi empregado polo xogador cando é o encargado de orientar o xogo
de ataque.

Clasificación das conduccións:
       - Atendendo ás superficies de contacto co pé:
              - Empeine interior.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                       Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 23
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

                 - Empeine exterior.
                 - Empeine total.
         - Atendendo ó emprego dos dous pés:
                 - Cos dous interiores.
                 - Cos dous exteriores.
                 - Cos dous empeines.
         - Pola combinación de superficies e pés.

Aspectos fundamentais para unha boa conducción:

         1.- Boa técnica de carreira: A técnica será a apropiada en función da velocidade e o sentido da conducción. Fundamentalmente, estaremos
         nunha situación de perfecto equilibrio.

         2.- Control permanente do balón: Procuraremos que o balón non se alonxe en exceso, tendo en conta a forza do golpeo e a distancia dos
         adversarios.

         3.- Control permanente da situación: Hai que elexir sempre as solucións máis favorables en cada situación. Necesidade de protección do
         balón.

         4.- Visión perfecta do balón, compañeiros e contrarios: Visión repartida entre compañeiros, contrarios e balón. Visión periférica.

         5.- Conducción con ámbolos dous pés: O principio da aprendizaxe será realizar a conducción cos dous pés; para o que traballar sobre
         unha extensa variedade de formas de ejecución.

         6.- Perfecta cobertura do balón: Sempre debemos ter o balón ó máis lonxe posible, situándonos entre o contrario. Debemos evitar darlle o
         fronte.
         7.- Velocidade de conducción: Esta vai depender da velocidade propia do executante, da situación dos contrarios e da precisión dos
         golpeos.



I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                             Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 24
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         8.- Cambios de ritmo na conducción: Saber adaptalos a cada situación é fundamental para obter resultados positivos; podendo así
         desequilibrar ó adversario.


         Posición corporal na conducción co empeine interior:

         - O eixo do pé de apoio vai na dirección da conducción.
         - A punteira do pé que conduce, xira hacia afora antes de tocar o balón.
         - A articulación do nocello nos estará tensa.
         - O tronco estará lixeiramente inclinado hacia adiante.
         - O balanceo dos brazos, de forma natural como nunha carreira.
         - O balón non se alonxará máis dun metro.
         - Os xeonllos lixeiramente flexionados.


         Posición corporal na conducción co empeine total:

         -    O golpeo realízase co empeine estirado hacia abaixo.
         -    O xeonllo queda nun plano paralelo á lonxitude do corpo.


         Posición corporal na conducción co empeine exterior:

         - O eixo longitudinal do corpo, diríxese adentro no momento do golpeo.
         - O xeonllo acércase ó eixo lonxitudinal do corpo.
         - O pé relaxado e dirixido hacia adentro.


         Erros máis importantes da conducción:


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                  Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 25
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         - Golpear o balón, en lugar de empurralo.
         - O nocello tenso no momento do toque.
         - Que o balón se alonxe demasiado no momento do toque.
         - Manter o tronco ríxido, sen ningunha inclinación anterior.
         - Non utilizar adecuadamente os dous pés.
         - Mirar de forma contínua o balón, perdendo a visión periférica.


         Factores positivos da conducción:

         - O que conduce, mantén a iniciativa do xogo e é dono do mesmo.
         - Permite o desmarque dos compañeiros.
         - Hai unha progresión ofensiva no terreo de xogo.
         - Permite unha perda de tempo, si o partido o aconsella.
         - Permite a recuperación posicional dos compañeiros.

         Factores negativos da conducción:

         - Aumenta o cansanzo en quen na fai.
         - O balón é máis rápido que o xogador.
         - Da lentitude ó xogo.
         - O xogador que conduce, está máis exposto a entradas e lesións.
         - Durante a conducción, redúcense os espazos libres do campo.

         Consellos para unha boa conducción:

         -    Familiarizarse co balón e as superficies de conducción.
         -    Desprazamento co balón e todalas direccións, variando a forma e a velocidade.
         -    Buscar maior velocidade na conducción, pero manter o dominio da carreira.
         -    Buscar o sentido da conducción hacia zonas máis favorables para o xogo.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 26
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


6.- FINTAS:

Concepto:

Son movimentos e accións realizadas polo xogador co propósito de enganar, confundir ou distraer ó adversario da verdadeira acción que se
pretende. É o movimento que se fai, con ou sen balón. É un elemento que forma parte do regate.

Clases de fintas:
       a.- Fintas de control: Son as que se fan cun movimento do corpo, deixando seguir ó balon a súa traxectoria, acompañandoo despois de
       realizada a finta para protexelo.
       b.- Fintas clásicas: Unha vez realizada a finta desequilibrando ó adversario, contrólase o balón saindo na mesma dirección de procedencia
       do mesmo.
       c.- Fintas orientadas: Realízase primeiro a finta, para logo, controlar o balón e saindo en sentido contrario ó que se atopa o adversario.
       d.- Fintas simples: As que facemos co corpo para enganar ó adversario, sen intervención do balón, para que o balón siga a súa traxectoria
       e quede en beneficio dun compañeiro. Fintas en beneficio dun compañeiro.

7.- REGATES:

Concepto:

É a acción técnica que nos permite avanzar co balón, conservandoo e desbordando ó adversario para que non interveña no xogo.



Clasificación dos regates:

         a.- Regates de velocidade: Son os que se realizan cunha aceleración brusca na nosa velocidade no momento de enfrontarnos ó adversario.
         b.- Regates de seguridade: Son os que se realizan protexendo dunha forma contínua a posesión do balón ante a presencia do contrario,
         mediante unha boa cobertura.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                          Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 27
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

         c.- Regates de engano: Son so que se realizan mediante unha série de movimentos, para evitar e desprazar ó adversario.

División dos regates según a forma de realización:

- Regates simples: Son aqueles regates que tan só necesitan un toque de balón para rebasar ó contrario. Non se necesitan dobles contactos nen
fintas previas.
        Tipos de regates simples:
                - Con cambio de velocidade: O xogador con velocidade lenta, ante a proximidade do contrario, cambia a velocidade con toque de
                balón.
                - Paso do balón por enriba do contrario: Rebasar ó contrario con balón alto ou baixo. Por enrriba da cabeza ou do empeine.
                - Ponte pequeño: Pasar o balón por entre as pernas. Túnel.
                - Ponte grande: O balón pasa por un lado e o xogador por outro.
                - Desborde co empeine interior: Cambio de dirección ó entrarlle o contrario co empeine.
                - Parada: Ante a velocidade parella do contrario, para do balón para que o opoñente continúe, e cambio de dirección.
                - Recorte: Cambion de dirección cun toque do exterior do pé.
                - Recorte protexido: Ante a entrada do contrario co empeine interior, rebasámolo cun toque do empeine exterior e interpoñemos o
                corpo.
- Regates compostos: Son aqueles que se necesita máis dunha acción para realizalo.
        Tipos de regates compostos:
                - Dobles regates: Os que son necesarios máis dun toque para rebasar ó contrario.
                Formas de dobles regates:
                        a.- Doble contacto co interior (tamén co exterior): Golpeo cun pé hacia o outro e saída polo dirección inicial.
                        b.- Interior-exterior do mesmo pé: Toca hacia adentro co interior, para volver na mesma dirección co exterior.
                        c.- Pisada e saída lateral: Sobre a velocidade paramos o balón, para saír lateralmente.
                        d.- Con caixón ou por detrás: Despois de parada da velocidade, pisando o balón, pasámolo por detrás da perna adiantada
                        coa parte interna do talón.
                        e.- Parada-impulso: Parada da velocidade coa planta, impulsando de novo coa mesma planta.
                        f.- Volta protectora: Parada coa planta, medio xiro co corpo, protexendo coa espalda, saír coa outra perna.
                - Regates con finta: So os regates que ós que antes se lle efectuou unha finta.
                Forma de regate con finta:

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                        Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 28
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

                             a.- Finta e regate co exterior. Finta hacia un lado, saindo co exterior polo outro.
                             b.- Pasar por enriba do balón e gran ponte: Pasa os dous pés hacia un lado, golpeando co exterior por un lado e saír polo
                             outro.
                             c.- Finta e saída co empeine interior: Finta sobre a dereita e saída co empeine pola esquerda.
                             d.- Doble finta e saída co empeine interior: Pasar os dous pés hacia un lado do balón, volverá cun pé hacia o outro e saída
                             co empeine interior.
                             e.- Regate atravesado: Pasará os pés hacia un lado, saíndo co exterior hacia o outro e co empeine interior da outra conduce.


8.- O TIRO:

Concepto:

É a acción técnica consistente no envío consciente do balón sobre a portería contraria. É a acción máxima do fútbol, na que calquer superfície é
válida, si están dentro de regulamento.

Superfícies de contacto:

a.- Pés:
        - Empeine total: Para golpeos fortes e longos, imprimindo velocidade e precisión ó balón.
        - Empeine (exterior e interior): Para tiros con efecto. Son golpeos de gran precisión.
        - Punteira, planta e talón: Golpeos de sorpresa ou recurso.
b.- Cabeza:
         - Frontal e frontal lateral: Para dar potencia e precisión.
         - Parietal: Para desvíos.
         - Occipital: Para as prolongacións.

Independientemente destas superfícies, hai outras que se utilizan en menor ocasións, como poden ser: tibia, xeonllo, talón, peito, muslo, etc.

Aspectos a ter en conta para o tirador:

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                                  Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 29
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


- Superfície reducida de portería.
- Situación do porteiro.
- Densidade dos adversarios.
- Situación dos compañeiros.
- Distancia do tiro.
- Ángulo de tiro.
- Zona de tiro: Espacio de mellor domínio polo tirador.

Cando é aconsellable o tiro:

         - Cando as posibilidades de golpeo o permiten con éxito.
         - Cando o ángulo e a distancia son favorables.
         - Cando non haxa que facer antes outra acción técnica que poida dar lugar a unha intervención dun adversario.

Cando non é aconsellable o tiro:

         -    Cando un compañeiro se atopa en mellores condicións.
         -    Cando se carece de ángulo apropiado.
         -    Cando o balón ven en malas condicións.
         -    Cando non estamos a distancia adecuada.




TÉCNICA INDIVIDUAL DEFENSIVA:


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                               Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 30
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________

Acción técnica que trata de apoderarse do balón en posesión do adversario.

Factores condicionantes das técnicas defensivas:
- Cando o defensor toma contacto co balón:
       - Corte:
       - Entradas:
               - O adversario está en posesión do balón.
       - Desvíos:
       - Anticipacións:
               - O adversario está en situación de recibir o balón.
- Cando o defensor non chega a tomar contacto co balón:
       - Carga.
       - Acoso.
       - Repliegue.

Formas de executar unhas ou outras técnicas defensivas:
- Según os tipos de balóns:
       - Rodados: Cortes, entradas, desvíos, despexes, anticipacións, carga, acoso e repliegue ante o ponente en posesión do balón.
       - Aéreos a media altura: Desvíos, despexes e anticipacións.
       - Aéreos descendentes: Desvíos, despexes e anticipacións.
- Chegada frontal do xogador co balón rodado: Corte, entrada, acoso e repliegue.
- Chegada lateral do xogador co balón rodado: Entrada, carga, acoso e repliegue.

9.- CORTE:

Concepto:
Acción realizada coa intención de apoderarse do balón do adversario que ven de fronte. É aconsellable nos momentos que se aprecia que o balón
non está a posesión en total control do adversario.

Realizarase coa contracción dos músculos do nocello que permita aguantar o choque co adversario.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                            Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 31
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




10.- ENTRADAS:


Concepto:

Acción pola que o xogador trata de tocar o balón en posesión do contrario, cando non se pode aplicar outra técnica defensiva.

Faise cando o xogador en posesión do balón está un tanto alonxado do defensor.

Direccións das entradas:

         -    Frontais.
         -    Laterais.
         -    Por detrás.



I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 32
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 33
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


11.- DESVÍOS: (Despexes)

Concepto:

Acción pola que o defensor tratará de interceptar a traxectoria desviandoa, despexandoa ou rechazandoa.

Realízase con todalas partes do corpo permitidas. Pódese utilizar ante todo tipo de balóns: rodados, a media altura, aéreos. Útilízase anta balóns
laterais, frontais e posteriores.


12.- ANTICIPACIÓNS:

Concepto:

Acción pola que o defensor trata de impedir que o balón chegue ó opoñente, poniendo no seu poder.

Fanse sobre todo tipo de balóns, tanto rodados como aéreos, e tamén con partes típicas do corpo como o pé, peito e cabeza. En canto a dirección
das anticipacións poden ser laterais, frontais ou posteriores.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                          Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 34
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________




13.- CARGAS:

Concepto:

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                      Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 35
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


Acción técnica pola que un xogador trata de interceptar ou apoderarse do balón por medio dunha carga sobre o ombreiro do adversario.

Anque é unha acción típicamente defensiva, tamén a utilizan os atacantes como protección. Faise ante balóns rodados.




14.- ACOSO:

Concepto:

Acción pola que o defensor sae ó paso do que conduce o balón, ocupando o paso pola dirección que trae; polo que lle obriga a cambiar de
dirección.


I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                       Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 36
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


Nesta acción o defensor non trata de sacarlle o balón ó opoñente, encamiñando a lugares máis beneficiosos para os defensores. É moi utilizada
nas accións defensivas colectivas, tratando de cambiar as orientacións dos ataques a zonas favorables.


15.- REPLIEGUE:

Concepto:

A acción na que o defensor se coloca fronte ó opoñente en posesión do balón, retrocedendo sen facerlle entrada, pero sen deixar de darlle o fronte
e non deixando que o rebase por medio dun regate.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                           Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 37
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________



TÉCNICA COLECTIVA:

O PASE:

Concepto:

É a acción técnica que permite establecer unha relación entre dous ou máis compoñentes dun equipo, mediante a trasmisión do balón por un
toque. É o principio do xogo colectivo.

Superficies de contacto no pase:

         -    Pé (en todalas súas partes).
         -    Muslo.
         -    Peito.
         -    Cabeza.

O PORTEIRO:

1.- Técnica defensiva:

Concepto:

É a forma máis convinte de utilizar todalas partes do corpo para dominar ou desviar un balón e realizar con eficacia cada unha das accións que se
requiren.

a.- Paradas ou blocaxes: É a suxección do balón coas mans. En función da traxectoria do balón, poden ser:
        - Frontal: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza.
        - Lateral: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza.

I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                          Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 38
Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas
                  Módulo: Actividades Físicas de Equipo
                 _________________________________________________________________________________________________________


Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada.

b.- Desvíos: É o feito de cambiar a traxectoria do balón. Fanse coas mans ou cos pés.

Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada; por ambos lados e por enriba da portería.

c.- Despexes: É a acción de golpear o balón para alonxalo da portería.

Utilízanse os puños, pés, muslos, antebrazos e tamén a cabeza.

2.- Técnica ofensiva:

a.- Pases: É o lanzamento que se efectúa a un compañeiro coas mans ou cos pés, cando o balón se atopa en xogo. Considérase como o principio
do ataque.

b.- Saques: É todo lanzamento que efectúa o porteiro cando o balón etá parado.




I.E.S. Río Cabe – Monforte                                                                                                    Curso 2008-09
                                                                                    Páxina 39

Weitere ähnliche Inhalte

Empfohlen

Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Applitools
 

Empfohlen (20)

Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
 

Apuntes Técnica Fútbol

  • 1. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ TÉCNICA-FÚTBOL 1.- TÉCNICA: Son aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e dirixindo o balón con todalas superficies de contacto que permite o regulamento. Si é en baneficio propio, coñecese como técnica individual. Si é en beneficio do conxunto, refírese á técnica colectiva. Bases da técnica: Unha boa técnica está baseada nos seguintes pontos: a.- Adecuada situación do xogador sobre a traxectoria do balón, intuindo a súa dirección, velocidade e posibles efectos. b.- Concentración sobre o balón, sen perdelo de vista, para asegurar un bó contacto no momento e lugares precisos e coa forza adecuada para unha boa acción. c.- Coordinación de movimentos, dominio do corpo, relaxación e equilibrio sobre o pé de apoio. d.- Destreza na execución. - Técnica individual: Aquelas accións que é capaz de desenrolar un xogador dominando e xogando o balón en beneficio propio, rematando unha xogada sen a intervención doutros compañeiros do seu equipo. - Técnica colectiva: Son as accións que consiguen enlazar dous ou máis xogadores dun equipo, buscando sempre o beneficio do conxunto mediante unha eficaz finalización da xogada. TÉCNICA INDIVIDUAL OFENSIVA: 2.- GOLPEO CO PÉ: Concepto: Enténdese como golpeo, o lanzamento do balón conscientemente nunha dirección, con algunha parte do pé. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 1
  • 2. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Desde o ponto de vista máis técnico, entendémolo como o golpeo consciente do balón que se realiza cunha determinada superficie de contacto, buscando unha dirección, altura e velocidade determinadas, dacordo coas intencións fixadas de antemán. Mecanismos do toque de balón: Podemos dividilo nas seguintes partes: - Colocación do pé de apoio ó lado do balón. - Balanceo da perna que executa o golpeo. - Posición do corpo con respecto ó balón. - O golpeo do balón. (traslación da forza). - Acompañamento posterior do balón co pé. Os compoñentes deste mecanismo cambian en función de que partes do pé executan o golpeo. Tamén varían en función dunha acción táctica que se pretenda realizar. Nembargantes, en esencia, poden atoparse sempre as cinco fases en toda clase de toques; sexa parado ou en movimento o balón ou dunha acción a balón parado ou correndo hacia o balón. Aspectos e consideracións a ter en conta no toque do balón: a.- A dirección do balón: O sentido que este toma no espazo, que vai ser diferente según diversos factores. - A zona donde reciba o contacto: Si o golpeo se fai no seu centro da gravidade, o sentido estará determinado pola prolongación do eixo do pé de apoio. Si se fai o golpeo á esquerda do CDG, o sentido desprazarase á dereita. Si o golpeo se fai á dereita, o sentido desprazarase á esquerda. - A superficie de golpeo: As distintas superficies de de golpeo son empregadas para dar ó balón as direccións desexadas coa máxima seguridade; e cada superficie é indicada para un tipo especial de golpeo. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 2
  • 3. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Movimento do balón: Si o balón está en movimento, hai que ter presente o sentido que trae para realiza-lo golpeo, de forma que siga a traxectoria desexada por nós e coa máxima seguridade. Desta maneira, entre o sentido de movimento do balón e o plano de superficie de contacto formarase o ángulo desexado para que reciba o sentido que queremos darlle. - O eixo lonxitudinal do pé de apoio: O sentido do balón estará determinado pola dirección do eixo lonxitudinal do pé, excepto para os balóns golpeados con efecto ou laterais. - O eixo da superficie de contacto: É un complemento ó factor anterior. Con estes elementos, pódese conquerir que, ainda realizando o golpeo coa mesma superficie de contacto, o balón reciba un sentido diferente; podendo se a dirección: 1.- En línea recta: - Cando o golpeo re fai no centro de gravidade. - Cando o golpeo é perpendicular ó sentido que trae o balón. 2.- En línea curva: - Cando o golpeo se fai a un lado do centro de gravidade. - Cando o golpeo se fai lateralmente e o balón trae unha inclinación determinada con respecto ó eixo do pé. Este tipo de golpeos con efecto son moi útiles, para resolver situacións forzadas; podendo rebasar ó contrario cun pase a un compañeiro situado por detrás. b.- A velocidade do balón: A velocidade do balón é consecuencia dun lanzamento máis ou menos forte e, que estará en función de: - A superficie de contacto: O obxecto que se golpea pode ser máis ou menos duro según a superficie de contacto que se empregue. Si esta presenta unha dureza máxima, a forza trasmitida será maior; un balón non recibe a mesma forza si se golpea co muslo ou co empeine. Tamén canto máis fixa esté a articulación no momento do golpeo, a velocidade vai ser maior. - A velocidade da superficie que golpea: A velocidade da superficie de golpeo, é a verdadeira causa dunha maior ou menor velocidade. A maior velocidade de superficie de golpeo, a velocidade do balón será maior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 3
  • 4. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - O peso corporal: A maior peso corporal, a velocidade do balón ó ser golpeado será maior. No momento de golpeo, toda a enerxía do corpo en movimento concéntrase na perna de golpeo, co cal, a potencia acumulada será maior según o peso corporal. Si a potencia aumenta, a velocidade do balón golpeado será maior. - A velocidade do balón no momento do golpeo: O sentido do balón antes do golpeo pode ser moi variado e, sempre estará en función da nova dirección que toma despois do golpeo. O golpeo pode realizarse: 1.- No mesmo sentido que trae o balón: Entón prodúcese unha suma de velocidades. Á velocidade que trae o balón, súmaselle a producida polo golpeo do mesmo. 2.- En sentido distinto ó que trae o balón. - Dirección que leve o balón antes do golpeo: Hai unha maior forza de desprazamento canto máis no CDG golpeemos o balón, por eso moitas veces adoptamos a nosa posición corporal ó sentido que traiga e ás características do golpeo. - Elasticidade, Peso e resistencia ó aire: Anque o estado dos balóns, ven a ser moi similar, cando hai cambios de balós a súa elasticidade varía. En función dela pódense orixinar diferentes velocidades. Si o balón está pouco inchado, o golpeo penetra no momento do contacto e prodúcese un amortiguamento. Por tanto, canto máis inchado esté a velocidade será maior. Si está máis inchado pesa máis, polo tanto anque teña menos elasticidade é máis pesado. A resistencia ó aire é a mesma sempre, pero os factores metereolóxicos, como pode ser o vento, pode aumentar ou disminuir a velocidade do balón. c.- A altura do balón: A altura do balón ven determinada polo tipo de golpeo, lugar donde recibe o contacto. As causa que o orixinan son: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 4
  • 5. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Superficie de contacto: As diferentes superficies de golpeo, ocasionan que a altura do balón sexa diferente . Exemplo: A balón parado, a superficie que lle dá maior atura é o empeine interior, ó introducir dita superficie por debaixo do centro xeométrico. Polo tanto as superficies que maior e mellor metan o golpeo por debaixo do centro xeométrico, son as que maior altura darán. - Zona donde recibe o contacto: Para mellor comprensión vamos a analizar o sentido no que se move o balón despois do contacto. . Balón golpeado no seu centro xeométrico: O movimento que recibe o balón no golpeo coincide coa prolongación da forza aplicada. . O contacto realízase por debaixo do seu centro xeométrico: Neste caso elévase con respecto ó plano horizontal. . O contacto realízase por enriba do centro xeométrico: Neste caso o sentido do balón é por debaixo do plano horizontal. - Altura que traiga o balón antes do golpeo: Si o balón está no chan, a perpendicular do CDG do mesmo está en contacto co chan. Si o balón está no aire, o golpeo poderá realizarse por debaixo do CDG, polo que a elevación podería chegar atá vertical. Superficies de golpeo co pé: É a acción que fai un xogador cando entra en contacto co balón e se desprende do mesmo a través dun golpeo. Os golpeos, en función da intensidade, poden ser: - Suaves: Conducir, pasar corto ou autopase. - Fortes: Pase longo, despexar ou tirar a gol. SUPERFICIES DE GOLPEO CO PÉ: - Interior: Realizado coa cara interna do pé. Golpe de seguridade, moi importante na iniciación. Moi utilizado para pases cortos, tiros de máxima seguridade desde distancia corta. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 5
  • 6. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Empeine total: Golpeo realizado coa parte anterior do empeine. Require certo grao de práctica e dificultade de execución. Moi utilizado en pases a longa distancia, saques de portería, faltas directas, golpeos de volea. - Empeine exterior: Realízase coa parte externa do pé. Require certa práctica por ser de gran complexidade, xa que se precisa gran coordinación polas posturas antinaturais do xeonllo. Empregado en pases e tiros que necesiten traxectorias curvas. - Empeine interior: Golpeo efectuado coa parte interna e anterior do pé. É un golpeo de dificultade media. Moi utilizado nos pases longos e medios, que necesitan de sortear algún obstáculo; en saques de esquina, libres directos, penaltis. - Punteira, planta, talón, muslo e xeonllo: Son golpeos sorpresivos que se utilizan como recurso, excepto os tiros a gol coa punteira en situacións favorables. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 6
  • 7. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PROCESO TÉCNICO DURANTE O GOLPEO DO PÉ CO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 7
  • 8. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 8
  • 9. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 9
  • 10. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ PARTICULARIDADES DO GOLPEO DO BALÓN CO PÉ COAS DIFERENTES PARTES DO EMPEINE: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 10
  • 11. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 3.- GOLPEO COA CABEZA: Zonas de golpeo de cabeza, no ensino inicial: A zona na que se inician os golpeos de cabeza, é a parte frontal, por varias razóns: - A parte frontal é máis resistente os choques. - Na zona frontal o choque do balón non ocasiona dolor. - É unha superficie plana e ampla. - Acompañamos a visión do balón que nos chega. - Controlamos a visión periférica, ademais da do balón. - Maior exactitude na dirección do golpeo. Superficies de contacto no golpeo de cabeza: - Frontal: para dar potencia e dirección. - Frontal-lateral: Ó mesmo, pero con xiro do pescozo. - Posterior: Coa coronilla, para efectuar prolongacións. Clasificación dos golpeos de cabeza, en función da posición do xogador: - Parado. - Parado con salto vertical. - Carreira sen salto. - Carreira con salto. - En plancha, de parado ou en carreira. Funcións do golpeo de cabeza: - Ofensivas: Pases, desvíos, remates, controles e prolongacións. - Defensivas: Despexes, desvíos e anticipacións. Finalidades do golpeo de cabeza: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 11
  • 12. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Desvíos: Cambio de dirección e traxectoria do balón. Terá un sentido ou outro en función de que a finalidade sexa ofensiva ou defensiva. - Prolongacións: Sempre que o balón cambie de altura e non de traxectoria. - Despexes: Acción defensiva de alonxar o balón da portería. - Remates: Acción de introducir o balón na portería contraria. Consideracións sobre o golpeo de cabeza: - Superficie de golpeo: Frontal, parietal ou occípital dependendo de donde veña o balón. É recomendable utilizar, sempre que sexa posible, o frontal. - Movimento de cabeza: Inclinar hacia atrá antes de golpear, levandoa adiante na toma de contacto. - Movimento do corpo: Abrir as pernas, arquear o corpo e axudar cos brazos. Total atención sobre o balón. 4.- CONTROLES DE BALÓN: Concepto de control: É a acción de facerse co balón, dominalo e deixalo en posición e condicións para unha acción posterior inmediata. Factores que condicionan o control: a.- Superficie de contacto que utilice o xogador: - Pé. - Perna. - Muslo. - Tronco. - Cabeza. b.- Traxectoria que posúe o balón ó chegar ó xogador: - Rectilínea. - Parabólica. - Raso. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 12
  • 13. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - A media altura. - Alta. c.- Presencia do opoñente: - Frontal, lateral ou posterior. - Próxima ou alonxada. d.- A finalidade técnica perseguida: - Regates, conduccións ou tiros. - Pases. Clases de control: 1.- Controles clásicos: Parada, semiparada e amortiguamento. 2.- Controles orientados: Control orientado, dobles controles, control fintado, control picado. 1.- Controles clásicos: a.- Paradas: Accción que realiza un xogador a través dun contacto, na que acada que o balón quede dominado de forma estática. Este tipo de acción caracteriza un fútbol lento. A superficie máis empregada é a planta do pé; é o máis fácil e comunmente utilizado na iniciación. Pode realizarse ante balóns rodados ou aéreos con traxectoria descendente. Te está desterrada, excepto para iniciación e en algunha acción moi específica. A execución con outras partes do corpo, poden considerarse como atípicas. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 13
  • 14. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Semiparada: Cando conseguimos a través dun toque ou recepción, frear o movimento do balón, pero sin paralo totalmente. Xeralmente úsase con balóns raseados ou rebotados, que deran un ou varios botes con anterioridade. As superficies coas que se realiza xeralmente a planta do pé, o interior, peito, cabeza e a parte da perna. A semiparada, axuda a rebaixar a forza do balón, deixando cun pequeno movimento e nunha zona dominable polo xogador. Esta acción non para dunha forma total o xogo, permitindo dar máis velocidade ó deixar o balón preparado para a acción seguinte. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 14
  • 15. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ c.- Amortiguamento: É a acción de reducir a velocidade mediante o retroceso da parte do corpo que se emprega. Este xesto precisa dunha gran coordinación. Realízase un movimento de ir a buscar o balón para logo retroceder a superficie de contacto e disminuir a velocidade. As partes máis comúns que se utilizan, son o pé na súa parte interior e empeine, muslo, peito e parte anterior da cabeza. A súa utilización fanna os xogadores con boa técnica, coa finalidade de poñer o balón nunha boa orientación e disposición para unha acción posterior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 15
  • 16. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 16
  • 17. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 17
  • 18. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 2.- Controles orientados: a.- Control orientado: É a acción pola que un xogador cun só toque, recibe e controlo o balón, poñendo en situación para aplicación doutra acción técnica. É o control máis dinámico que esiste, eliminando paradas no xogo; tamén é o de maior utilización. Os pases, tiros, regates, etc, a través dun control orientado van ter maiores posibilidades de exito na súa execución. Os controles orientados, van estar condicionados por: - As traxectorias dos balóns: - Rectos (rasos ou horizontais ó chan). - Parabólicos: (balóns aéreos). - Presencia de opoñentes: - A colocación (frontal, lateralou posterior). - A distancia (media ou moi próxima). - Acción técnica a desenrolar posteriormente: - Conduccións, regates, tiros, pases, etc. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 18
  • 19. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Doble control: Acción pola cal un xogador efectúa máis dun control de forma continuada. Exemplos gráficos de controles: a.- Control co interior e exterior do mesmo pé: b.- Control co interior e a planta do pé: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 19
  • 20. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ b.- Control co interior e a planta do pé: c.- Control co peito e exterior do pé: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 20
  • 21. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ d.- Doble control e tiro: c.- Control fintado: Son aqueles controles executados tras unha acción de finta de control. Realízanna xogadores de gran técnica e forzados moitas veces pola presencia moi proxima dun rival. Exemplos gráficos de controles fintados: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 21
  • 22. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ d.- Control picado: Son aquelas accións nas que se pica o balón para acadar unha alteración da traxectoria, velocidade e dirección.Utilízanse principalmente en balóns rasos. As superficies máis utilizadas son a punteira, empeine exterior e interior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 22
  • 23. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Exemplos gráficos de controles picados: Principios básicos dun bó control: - Atacar o balón en lugar de esperalo. - Ofrecer seguridade na parte do corpo que intervenía. - Relaxamento total no momento do contacto. - Orientarse antes do control da súa posición e da do adversario. 5.- CONDUCCIÓN DO BALÓN: Concepto e xeneralidades da conducción: A conducción é aquela acción técnica pola que o xogador despraza o balón rodando polo chan, a través de sucesivos contactos co pé. A pesar de ser unha acción non moi rápida, é aconsellable o seu dominio. É moi empregado polo xogador cando é o encargado de orientar o xogo de ataque. Clasificación das conduccións: - Atendendo ás superficies de contacto co pé: - Empeine interior. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 23
  • 24. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Empeine exterior. - Empeine total. - Atendendo ó emprego dos dous pés: - Cos dous interiores. - Cos dous exteriores. - Cos dous empeines. - Pola combinación de superficies e pés. Aspectos fundamentais para unha boa conducción: 1.- Boa técnica de carreira: A técnica será a apropiada en función da velocidade e o sentido da conducción. Fundamentalmente, estaremos nunha situación de perfecto equilibrio. 2.- Control permanente do balón: Procuraremos que o balón non se alonxe en exceso, tendo en conta a forza do golpeo e a distancia dos adversarios. 3.- Control permanente da situación: Hai que elexir sempre as solucións máis favorables en cada situación. Necesidade de protección do balón. 4.- Visión perfecta do balón, compañeiros e contrarios: Visión repartida entre compañeiros, contrarios e balón. Visión periférica. 5.- Conducción con ámbolos dous pés: O principio da aprendizaxe será realizar a conducción cos dous pés; para o que traballar sobre unha extensa variedade de formas de ejecución. 6.- Perfecta cobertura do balón: Sempre debemos ter o balón ó máis lonxe posible, situándonos entre o contrario. Debemos evitar darlle o fronte. 7.- Velocidade de conducción: Esta vai depender da velocidade propia do executante, da situación dos contrarios e da precisión dos golpeos. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 24
  • 25. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 8.- Cambios de ritmo na conducción: Saber adaptalos a cada situación é fundamental para obter resultados positivos; podendo así desequilibrar ó adversario. Posición corporal na conducción co empeine interior: - O eixo do pé de apoio vai na dirección da conducción. - A punteira do pé que conduce, xira hacia afora antes de tocar o balón. - A articulación do nocello nos estará tensa. - O tronco estará lixeiramente inclinado hacia adiante. - O balanceo dos brazos, de forma natural como nunha carreira. - O balón non se alonxará máis dun metro. - Os xeonllos lixeiramente flexionados. Posición corporal na conducción co empeine total: - O golpeo realízase co empeine estirado hacia abaixo. - O xeonllo queda nun plano paralelo á lonxitude do corpo. Posición corporal na conducción co empeine exterior: - O eixo longitudinal do corpo, diríxese adentro no momento do golpeo. - O xeonllo acércase ó eixo lonxitudinal do corpo. - O pé relaxado e dirixido hacia adentro. Erros máis importantes da conducción: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 25
  • 26. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Golpear o balón, en lugar de empurralo. - O nocello tenso no momento do toque. - Que o balón se alonxe demasiado no momento do toque. - Manter o tronco ríxido, sen ningunha inclinación anterior. - Non utilizar adecuadamente os dous pés. - Mirar de forma contínua o balón, perdendo a visión periférica. Factores positivos da conducción: - O que conduce, mantén a iniciativa do xogo e é dono do mesmo. - Permite o desmarque dos compañeiros. - Hai unha progresión ofensiva no terreo de xogo. - Permite unha perda de tempo, si o partido o aconsella. - Permite a recuperación posicional dos compañeiros. Factores negativos da conducción: - Aumenta o cansanzo en quen na fai. - O balón é máis rápido que o xogador. - Da lentitude ó xogo. - O xogador que conduce, está máis exposto a entradas e lesións. - Durante a conducción, redúcense os espazos libres do campo. Consellos para unha boa conducción: - Familiarizarse co balón e as superficies de conducción. - Desprazamento co balón e todalas direccións, variando a forma e a velocidade. - Buscar maior velocidade na conducción, pero manter o dominio da carreira. - Buscar o sentido da conducción hacia zonas máis favorables para o xogo. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 26
  • 27. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 6.- FINTAS: Concepto: Son movimentos e accións realizadas polo xogador co propósito de enganar, confundir ou distraer ó adversario da verdadeira acción que se pretende. É o movimento que se fai, con ou sen balón. É un elemento que forma parte do regate. Clases de fintas: a.- Fintas de control: Son as que se fan cun movimento do corpo, deixando seguir ó balon a súa traxectoria, acompañandoo despois de realizada a finta para protexelo. b.- Fintas clásicas: Unha vez realizada a finta desequilibrando ó adversario, contrólase o balón saindo na mesma dirección de procedencia do mesmo. c.- Fintas orientadas: Realízase primeiro a finta, para logo, controlar o balón e saindo en sentido contrario ó que se atopa o adversario. d.- Fintas simples: As que facemos co corpo para enganar ó adversario, sen intervención do balón, para que o balón siga a súa traxectoria e quede en beneficio dun compañeiro. Fintas en beneficio dun compañeiro. 7.- REGATES: Concepto: É a acción técnica que nos permite avanzar co balón, conservandoo e desbordando ó adversario para que non interveña no xogo. Clasificación dos regates: a.- Regates de velocidade: Son os que se realizan cunha aceleración brusca na nosa velocidade no momento de enfrontarnos ó adversario. b.- Regates de seguridade: Son os que se realizan protexendo dunha forma contínua a posesión do balón ante a presencia do contrario, mediante unha boa cobertura. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 27
  • 28. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ c.- Regates de engano: Son so que se realizan mediante unha série de movimentos, para evitar e desprazar ó adversario. División dos regates según a forma de realización: - Regates simples: Son aqueles regates que tan só necesitan un toque de balón para rebasar ó contrario. Non se necesitan dobles contactos nen fintas previas. Tipos de regates simples: - Con cambio de velocidade: O xogador con velocidade lenta, ante a proximidade do contrario, cambia a velocidade con toque de balón. - Paso do balón por enriba do contrario: Rebasar ó contrario con balón alto ou baixo. Por enrriba da cabeza ou do empeine. - Ponte pequeño: Pasar o balón por entre as pernas. Túnel. - Ponte grande: O balón pasa por un lado e o xogador por outro. - Desborde co empeine interior: Cambio de dirección ó entrarlle o contrario co empeine. - Parada: Ante a velocidade parella do contrario, para do balón para que o opoñente continúe, e cambio de dirección. - Recorte: Cambion de dirección cun toque do exterior do pé. - Recorte protexido: Ante a entrada do contrario co empeine interior, rebasámolo cun toque do empeine exterior e interpoñemos o corpo. - Regates compostos: Son aqueles que se necesita máis dunha acción para realizalo. Tipos de regates compostos: - Dobles regates: Os que son necesarios máis dun toque para rebasar ó contrario. Formas de dobles regates: a.- Doble contacto co interior (tamén co exterior): Golpeo cun pé hacia o outro e saída polo dirección inicial. b.- Interior-exterior do mesmo pé: Toca hacia adentro co interior, para volver na mesma dirección co exterior. c.- Pisada e saída lateral: Sobre a velocidade paramos o balón, para saír lateralmente. d.- Con caixón ou por detrás: Despois de parada da velocidade, pisando o balón, pasámolo por detrás da perna adiantada coa parte interna do talón. e.- Parada-impulso: Parada da velocidade coa planta, impulsando de novo coa mesma planta. f.- Volta protectora: Parada coa planta, medio xiro co corpo, protexendo coa espalda, saír coa outra perna. - Regates con finta: So os regates que ós que antes se lle efectuou unha finta. Forma de regate con finta: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 28
  • 29. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ a.- Finta e regate co exterior. Finta hacia un lado, saindo co exterior polo outro. b.- Pasar por enriba do balón e gran ponte: Pasa os dous pés hacia un lado, golpeando co exterior por un lado e saír polo outro. c.- Finta e saída co empeine interior: Finta sobre a dereita e saída co empeine pola esquerda. d.- Doble finta e saída co empeine interior: Pasar os dous pés hacia un lado do balón, volverá cun pé hacia o outro e saída co empeine interior. e.- Regate atravesado: Pasará os pés hacia un lado, saíndo co exterior hacia o outro e co empeine interior da outra conduce. 8.- O TIRO: Concepto: É a acción técnica consistente no envío consciente do balón sobre a portería contraria. É a acción máxima do fútbol, na que calquer superfície é válida, si están dentro de regulamento. Superfícies de contacto: a.- Pés: - Empeine total: Para golpeos fortes e longos, imprimindo velocidade e precisión ó balón. - Empeine (exterior e interior): Para tiros con efecto. Son golpeos de gran precisión. - Punteira, planta e talón: Golpeos de sorpresa ou recurso. b.- Cabeza: - Frontal e frontal lateral: Para dar potencia e precisión. - Parietal: Para desvíos. - Occipital: Para as prolongacións. Independientemente destas superfícies, hai outras que se utilizan en menor ocasións, como poden ser: tibia, xeonllo, talón, peito, muslo, etc. Aspectos a ter en conta para o tirador: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 29
  • 30. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ - Superfície reducida de portería. - Situación do porteiro. - Densidade dos adversarios. - Situación dos compañeiros. - Distancia do tiro. - Ángulo de tiro. - Zona de tiro: Espacio de mellor domínio polo tirador. Cando é aconsellable o tiro: - Cando as posibilidades de golpeo o permiten con éxito. - Cando o ángulo e a distancia son favorables. - Cando non haxa que facer antes outra acción técnica que poida dar lugar a unha intervención dun adversario. Cando non é aconsellable o tiro: - Cando un compañeiro se atopa en mellores condicións. - Cando se carece de ángulo apropiado. - Cando o balón ven en malas condicións. - Cando non estamos a distancia adecuada. TÉCNICA INDIVIDUAL DEFENSIVA: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 30
  • 31. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Acción técnica que trata de apoderarse do balón en posesión do adversario. Factores condicionantes das técnicas defensivas: - Cando o defensor toma contacto co balón: - Corte: - Entradas: - O adversario está en posesión do balón. - Desvíos: - Anticipacións: - O adversario está en situación de recibir o balón. - Cando o defensor non chega a tomar contacto co balón: - Carga. - Acoso. - Repliegue. Formas de executar unhas ou outras técnicas defensivas: - Según os tipos de balóns: - Rodados: Cortes, entradas, desvíos, despexes, anticipacións, carga, acoso e repliegue ante o ponente en posesión do balón. - Aéreos a media altura: Desvíos, despexes e anticipacións. - Aéreos descendentes: Desvíos, despexes e anticipacións. - Chegada frontal do xogador co balón rodado: Corte, entrada, acoso e repliegue. - Chegada lateral do xogador co balón rodado: Entrada, carga, acoso e repliegue. 9.- CORTE: Concepto: Acción realizada coa intención de apoderarse do balón do adversario que ven de fronte. É aconsellable nos momentos que se aprecia que o balón non está a posesión en total control do adversario. Realizarase coa contracción dos músculos do nocello que permita aguantar o choque co adversario. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 31
  • 32. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 10.- ENTRADAS: Concepto: Acción pola que o xogador trata de tocar o balón en posesión do contrario, cando non se pode aplicar outra técnica defensiva. Faise cando o xogador en posesión do balón está un tanto alonxado do defensor. Direccións das entradas: - Frontais. - Laterais. - Por detrás. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 32
  • 33. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 33
  • 34. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 11.- DESVÍOS: (Despexes) Concepto: Acción pola que o defensor tratará de interceptar a traxectoria desviandoa, despexandoa ou rechazandoa. Realízase con todalas partes do corpo permitidas. Pódese utilizar ante todo tipo de balóns: rodados, a media altura, aéreos. Útilízase anta balóns laterais, frontais e posteriores. 12.- ANTICIPACIÓNS: Concepto: Acción pola que o defensor trata de impedir que o balón chegue ó opoñente, poniendo no seu poder. Fanse sobre todo tipo de balóns, tanto rodados como aéreos, e tamén con partes típicas do corpo como o pé, peito e cabeza. En canto a dirección das anticipacións poden ser laterais, frontais ou posteriores. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 34
  • 35. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ 13.- CARGAS: Concepto: I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 35
  • 36. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Acción técnica pola que un xogador trata de interceptar ou apoderarse do balón por medio dunha carga sobre o ombreiro do adversario. Anque é unha acción típicamente defensiva, tamén a utilizan os atacantes como protección. Faise ante balóns rodados. 14.- ACOSO: Concepto: Acción pola que o defensor sae ó paso do que conduce o balón, ocupando o paso pola dirección que trae; polo que lle obriga a cambiar de dirección. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 36
  • 37. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Nesta acción o defensor non trata de sacarlle o balón ó opoñente, encamiñando a lugares máis beneficiosos para os defensores. É moi utilizada nas accións defensivas colectivas, tratando de cambiar as orientacións dos ataques a zonas favorables. 15.- REPLIEGUE: Concepto: A acción na que o defensor se coloca fronte ó opoñente en posesión do balón, retrocedendo sen facerlle entrada, pero sen deixar de darlle o fronte e non deixando que o rebase por medio dun regate. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 37
  • 38. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ TÉCNICA COLECTIVA: O PASE: Concepto: É a acción técnica que permite establecer unha relación entre dous ou máis compoñentes dun equipo, mediante a trasmisión do balón por un toque. É o principio do xogo colectivo. Superficies de contacto no pase: - Pé (en todalas súas partes). - Muslo. - Peito. - Cabeza. O PORTEIRO: 1.- Técnica defensiva: Concepto: É a forma máis convinte de utilizar todalas partes do corpo para dominar ou desviar un balón e realizar con eficacia cada unha das accións que se requiren. a.- Paradas ou blocaxes: É a suxección do balón coas mans. En función da traxectoria do balón, poden ser: - Frontal: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza. - Lateral: Raso, a media altura ou por enriba da cabeza. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 38
  • 39. Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas Módulo: Actividades Físicas de Equipo _________________________________________________________________________________________________________ Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada. b.- Desvíos: É o feito de cambiar a traxectoria do balón. Fanse coas mans ou cos pés. Poden realizarse de parados, en salto ou en estirada; por ambos lados e por enriba da portería. c.- Despexes: É a acción de golpear o balón para alonxalo da portería. Utilízanse os puños, pés, muslos, antebrazos e tamén a cabeza. 2.- Técnica ofensiva: a.- Pases: É o lanzamento que se efectúa a un compañeiro coas mans ou cos pés, cando o balón se atopa en xogo. Considérase como o principio do ataque. b.- Saques: É todo lanzamento que efectúa o porteiro cando o balón etá parado. I.E.S. Río Cabe – Monforte Curso 2008-09 Páxina 39