Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Plan de traballo literatura creativa
1. CONTEXTO LINGÜISTICO – LITERARIO PLAN DE TRABALLO
RECANTO LITERATURA CREATIVA
TÍTULO: SAN MIGUEL DE DEIRO, LUGAR DE INCRIBLES HISTORIAS.
PASOS A SEGUIR:
Ao igual que fixo Carlos Casares en “A galiña azul” onde lle conta á súa amiga Ana
acontecementos que sucederon na vila onde eles vivirón cando eran pequenos,
dende o Xornal “O PAPAGAIO” solicitan a nosa colaboración porque precisan
historias, lendas ou curiosidades relacionadas con San Miguel de Deiro. Poden ser
verdadeiras, fantásticas ou históricas. Teñen que adpatarse a 1.600 caracteres e
terían que ir acompañadas dunha ilustración realizada na metade dun folio (A5)..
1.- En primeiro lugar tedes que ler a carta que nos enviaron dende o Xornal “O
PAPAGAIO”.
2.- Lembrando o que vos contaron na casa ou a historia que queredes contar, tedes
que escribir un borrador nun folio que recollas as ideas, sucesos, personaxes,
lugares... que vai ter a vosa historia.
3.- Unha vez escrita a historia no borrador, tedes que pasala a ordenador coidando
que non existan erros gramaticais e ortográficos. Non se publicarán traballos que
non respecten as normas ortográficas e gramaticais.
4.- Rematada a historia, enviádella ao mestre por correo electrónico. O debuxo
teredes que elaboralo nas vosas casas e entregalo a medida que poidades. Con
todas as historias creadas e debuxos elaborados realizaremos unha exposición na
nova biblioteca do noso centro.