SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños.   Ap. 15, E-36380 Gondomar.   Tel 686 98 90 08

                           O LOBO MARIÑO “NARIGA”,
                    SUPERA A PRIMEIRA FASE DA RECUPERACIÓN

          O lobo mariño NARIGA recollido pola Rede de Varamentos de Galicia
                         en Malpica recupérase a boa marcha.

      Os lobos marinos cincentos (Halichoerus grypus) nacen entre setembro e outubro nas
costas de Irlanda e chegan ata as costas galegas a partir de principios de ano. Desde o ano
1999 a Coordinadora para o Estudio dos mamíferos Mariños, (CEMMA) é a entidade
responsable diante da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do rexistro,
asistencia, recuperación e liberación das tartarugas e mamíferos mariños varados ou
capturados accidentalmente por interacción con artes de pesca. Este traballo atópase
enmarcado na colaboración que ambas entidades levan adiante para o establecemento da
Rede de Varamentos de Galicia coordinada pola CEMMA.

       Entre o ano 1990 e 2011 a CEMMA leva rexistrando un total de 107 lobos mariños,
pertencentes sobre todo a dúas especies, lobo mariño cincento e lobo mariño de capelo
(Cystophora cristata), máis raramente rexístrase a presenza do lobo mariño común (Phoca
vitulina) e do lobo mariño anelado (Phoca hispida). Case a metade dos exemplares foron
localizados con vida, o 45%, e sobre os cales son susceptibles de levar a cabo labores de
rehabilitación. Despois da recuperación, a CEMMA conseguiu devolver ao seu medio o 60%
dos lobos mariños cincentos recollidos con vida, unha das cifras máis altas na recuperación da
fauna salvaxe.

      A súa chegada a Galicia
      Na madrugada do 14 de xaneiro os percebeiros de Corme detectaron a presenza dun
lobo mariño nas pedras da Punta Nariga. Ao mencer o exemplar permanecía no mesmo lugar,
xa sen posibilidade de voltar ao mar pois a marea baixa impedíalle chegar ao auga entre as
rochas. O animal non facía ningún intento de fuxir, por iso puxérono en coñecemento da Rede
de Varamentos que se dispuxo a recoller ao exemplar. Alá foi a Unidade Móbil da CEMMA con
base en Ferrol, contando co apoio de membros da Policía Local, Protección Civil e Sociedade
Galega de Historia Natural-Ferrol.

      Neste momento atopámonos en plena tempada de lobos mariños. Estes exemplares
nacen nas augas irlandesas entre setembro e outubro, dispersándose despois do destete,
motivo polo cal chegan ás costas galegas de xaneiro a marzo. A rede de varamentos
portuguesa xa nos advertira da presenza dun lobo mariño nos Açores e desde Asturias
CEPESMA comunicáranos tamén unhas semanas antes a presenza doutro exemplar.


      A Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol
      A CEMMA conta coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural que pon a
súa disposición a Unidade de Recepción de Fauna e Coidados Intensivos de Ferrol onde
unha vez transladado o lobo mariño, superará as primeiras fases da recuperación.

      Os primeiros momentos, logo da recollida, foron angustiosos dado que o estado do
animal non permitía demasiadas esperanzas, a ausencia de forzas, a deshidratación e o
esgotamento minaba os ánimos do equipo de asistencia que agardaba un triste desenlace. A
asistencia do equipo veterinario dende o primeiro momento marcaba as pautas do rescate e a
rehabilitación.

      Unha vez instalado na Unidade de Coidados Intensivos, nas novas instalacións do
Museo da Natureza, NARIGA superaba a primeira noite con éxito, na mañá seguinte a toma de
datos, o diagnóstico e a primeira aplicación do tratamento melloraba o seu aspecto e situación.
Día tras días NARIGA foi gañando forza e aprendendo a comer, cousa que conseguiu el
absolutamente só. Neste tempo tratóuselle a lixeira luxación articular da súa aleta pectoral
dereita e alimentouse debidamente. A primeira fase da rehabilitación está rematando e nun par
de semanas chegará ao seu fin.

      A segunda fase no Acuario de O Grove
      A segunda fase do proceso de rehabilitación será levada a cabo no Acuario de O Grove,
donde se habilitou unha instalación específica para acoller ó lobo mariño, que conta cunha
piscina de 7x7 metros, perfectamente illada, onde poderá exercitar a súa musculatura e gañar
peso. O desprazamento dende a Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol ao acuari
oefectuarase mañá domingo pola mañá.
       O Acuario de O Grove leva acollendo animais en recuperación dende hai máis de dez
anos, e durante ese tempo funcionou como unidade de recuperación na que foron atendidos un
total de 30 tartarugas mariñas, 20 lobos mariños e 3 cetáceos. A maior parte destes
exemplares superaron a fase de recuperación e foron devoltos ó seu medio.

      Necesidades de instalación de recuperación
      Dende hai anos a Xunta leva xestionando o proxecto de construcción dun Centro de
Recuperación para a Fauna Mariña que está previsto que sexa instalado en terreos da
Comunidade de Montes de Baredo, en Baiona.
      O Centro de Recuperación para a Fauna Mariña permitiría mellorar e centralizar as
labores de asistencia e recuperación dos exemplares, xa que evitaría os desprazamentos dos
animais dun lugar a outro a medida que van superando as diferentes fases do proceso de
recuperación, tal e como acontece na actualidade. A CEMMA colaborou na supervisión e
asesoramento do proxecto de construción deste centro, considerando que dará un forte
impulso ás labores de conservación da fauna mariña.
      A presenza reiterada de animais varados na costa de Galicia, moitos deles vivos, e polo
tanto con necesidade de recibir asistencia e precisar actuacións de recuperación acrecenta a
necesidade desta instalación, dende a CEMMA solicitamos que o proxecto se manteña e se
leve a cabo tal e como estaba previsto.

A súa chegada ao Acuario do Grove, está prevista para mañá domingo 26 de
febreiro ás 11:30 horas. Deixarase un tempo no acuario, entre 11:30 e 12:00
para as reportaxes gráficas de prensa, evitando molestias nos momentos
posteriores para que se poida adaptar o animal ás súas novas circunstancias.
Trataremos de enviar algún material fotográfico posteriormente se tede
interese. Para calquera dúbida contactar no teléfono de coordinación.


                                                                        Nigrán 25/02/2012
                                                  Departamento de comunicación da CEMMA
                                                                               686989008

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Andere mochten auch (9)

Παιδική Φτώχεια
Παιδική ΦτώχειαΠαιδική Φτώχεια
Παιδική Φτώχεια
 
Cum sa ai un blog de succes
Cum sa ai un blog de succesCum sa ai un blog de succes
Cum sa ai un blog de succes
 
Manual de Marca Ikiru Sushi
Manual de Marca Ikiru SushiManual de Marca Ikiru Sushi
Manual de Marca Ikiru Sushi
 
Tourism Planning and Development - Assessment 1
Tourism Planning and Development - Assessment 1Tourism Planning and Development - Assessment 1
Tourism Planning and Development - Assessment 1
 
US Presentation, CAFB Feb-10
US Presentation, CAFB Feb-10US Presentation, CAFB Feb-10
US Presentation, CAFB Feb-10
 
Screenshot of Desktop System Application Complete
Screenshot of Desktop System Application CompleteScreenshot of Desktop System Application Complete
Screenshot of Desktop System Application Complete
 
Los números en español
Los números en españolLos números en español
Los números en español
 
Cv 2015 october update
Cv  2015 october updateCv  2015 october update
Cv 2015 october update
 
andy resume
andy resumeandy resume
andy resume
 

Ähnlich wie Nariga2

Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaPrimeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaMartiño Cabana
 
Tema 32 2011-espazos protexidos
Tema 32 2011-espazos protexidosTema 32 2011-espazos protexidos
Tema 32 2011-espazos protexidosbienesgalicia
 
Espazos naturais protexidos
Espazos naturais protexidosEspazos naturais protexidos
Espazos naturais protexidossexamoscuriosos
 
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11albertopastoriza
 
A contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioA contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioencarnavilla
 
SÁ L V O R A
SÁ L V O R ASÁ L V O R A
SÁ L V O R Acalcetin5
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australianaiesasorey
 
Tríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpiTríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpiMarlou
 
Parques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaParques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaCharoAlonsoFdez
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEmarichoni
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaclimanticarzua Cl. Arz
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eumelabartos
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume iesasorey
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobradomonadela
 
Natureza. A píllara das dunas...........
Natureza. A píllara das dunas...........Natureza. A píllara das dunas...........
Natureza. A píllara das dunas...........martafp
 

Ähnlich wie Nariga2 (20)

Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaPrimeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
 
Tema 32 2011-espazos protexidos
Tema 32 2011-espazos protexidosTema 32 2011-espazos protexidos
Tema 32 2011-espazos protexidos
 
Espazos naturais protexidos
Espazos naturais protexidosEspazos naturais protexidos
Espazos naturais protexidos
 
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11
Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11
 
A contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioA contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonio
 
SÁ L V O R A
SÁ L V O R ASÁ L V O R A
SÁ L V O R A
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australiana
 
As dunas de corrubedo
As dunas de corrubedoAs dunas de corrubedo
As dunas de corrubedo
 
Tríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpiTríptico A Coruña pcpi
Tríptico A Coruña pcpi
 
O Intermareal
O IntermarealO Intermareal
O Intermareal
 
Parques Nacionais en España
Parques Nacionais en EspañaParques Nacionais en España
Parques Nacionais en España
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUME
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eume
 
Ecosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgadaEcosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgada
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobrado
 
Proxecto auga
Proxecto augaProxecto auga
Proxecto auga
 
Natureza. A píllara das dunas...........
Natureza. A píllara das dunas...........Natureza. A píllara das dunas...........
Natureza. A píllara das dunas...........
 

Mehr von iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

Mehr von iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Nariga2

  • 1. Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños. Ap. 15, E-36380 Gondomar. Tel 686 98 90 08 O LOBO MARIÑO “NARIGA”, SUPERA A PRIMEIRA FASE DA RECUPERACIÓN O lobo mariño NARIGA recollido pola Rede de Varamentos de Galicia en Malpica recupérase a boa marcha. Os lobos marinos cincentos (Halichoerus grypus) nacen entre setembro e outubro nas costas de Irlanda e chegan ata as costas galegas a partir de principios de ano. Desde o ano 1999 a Coordinadora para o Estudio dos mamíferos Mariños, (CEMMA) é a entidade responsable diante da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do rexistro, asistencia, recuperación e liberación das tartarugas e mamíferos mariños varados ou capturados accidentalmente por interacción con artes de pesca. Este traballo atópase enmarcado na colaboración que ambas entidades levan adiante para o establecemento da Rede de Varamentos de Galicia coordinada pola CEMMA. Entre o ano 1990 e 2011 a CEMMA leva rexistrando un total de 107 lobos mariños, pertencentes sobre todo a dúas especies, lobo mariño cincento e lobo mariño de capelo (Cystophora cristata), máis raramente rexístrase a presenza do lobo mariño común (Phoca vitulina) e do lobo mariño anelado (Phoca hispida). Case a metade dos exemplares foron localizados con vida, o 45%, e sobre os cales son susceptibles de levar a cabo labores de rehabilitación. Despois da recuperación, a CEMMA conseguiu devolver ao seu medio o 60% dos lobos mariños cincentos recollidos con vida, unha das cifras máis altas na recuperación da fauna salvaxe. A súa chegada a Galicia Na madrugada do 14 de xaneiro os percebeiros de Corme detectaron a presenza dun lobo mariño nas pedras da Punta Nariga. Ao mencer o exemplar permanecía no mesmo lugar, xa sen posibilidade de voltar ao mar pois a marea baixa impedíalle chegar ao auga entre as rochas. O animal non facía ningún intento de fuxir, por iso puxérono en coñecemento da Rede de Varamentos que se dispuxo a recoller ao exemplar. Alá foi a Unidade Móbil da CEMMA con base en Ferrol, contando co apoio de membros da Policía Local, Protección Civil e Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol. Neste momento atopámonos en plena tempada de lobos mariños. Estes exemplares nacen nas augas irlandesas entre setembro e outubro, dispersándose despois do destete, motivo polo cal chegan ás costas galegas de xaneiro a marzo. A rede de varamentos portuguesa xa nos advertira da presenza dun lobo mariño nos Açores e desde Asturias CEPESMA comunicáranos tamén unhas semanas antes a presenza doutro exemplar. A Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol A CEMMA conta coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural que pon a súa disposición a Unidade de Recepción de Fauna e Coidados Intensivos de Ferrol onde unha vez transladado o lobo mariño, superará as primeiras fases da recuperación. Os primeiros momentos, logo da recollida, foron angustiosos dado que o estado do animal non permitía demasiadas esperanzas, a ausencia de forzas, a deshidratación e o esgotamento minaba os ánimos do equipo de asistencia que agardaba un triste desenlace. A asistencia do equipo veterinario dende o primeiro momento marcaba as pautas do rescate e a rehabilitación. Unha vez instalado na Unidade de Coidados Intensivos, nas novas instalacións do Museo da Natureza, NARIGA superaba a primeira noite con éxito, na mañá seguinte a toma de datos, o diagnóstico e a primeira aplicación do tratamento melloraba o seu aspecto e situación.
  • 2. Día tras días NARIGA foi gañando forza e aprendendo a comer, cousa que conseguiu el absolutamente só. Neste tempo tratóuselle a lixeira luxación articular da súa aleta pectoral dereita e alimentouse debidamente. A primeira fase da rehabilitación está rematando e nun par de semanas chegará ao seu fin. A segunda fase no Acuario de O Grove A segunda fase do proceso de rehabilitación será levada a cabo no Acuario de O Grove, donde se habilitou unha instalación específica para acoller ó lobo mariño, que conta cunha piscina de 7x7 metros, perfectamente illada, onde poderá exercitar a súa musculatura e gañar peso. O desprazamento dende a Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol ao acuari oefectuarase mañá domingo pola mañá. O Acuario de O Grove leva acollendo animais en recuperación dende hai máis de dez anos, e durante ese tempo funcionou como unidade de recuperación na que foron atendidos un total de 30 tartarugas mariñas, 20 lobos mariños e 3 cetáceos. A maior parte destes exemplares superaron a fase de recuperación e foron devoltos ó seu medio. Necesidades de instalación de recuperación Dende hai anos a Xunta leva xestionando o proxecto de construcción dun Centro de Recuperación para a Fauna Mariña que está previsto que sexa instalado en terreos da Comunidade de Montes de Baredo, en Baiona. O Centro de Recuperación para a Fauna Mariña permitiría mellorar e centralizar as labores de asistencia e recuperación dos exemplares, xa que evitaría os desprazamentos dos animais dun lugar a outro a medida que van superando as diferentes fases do proceso de recuperación, tal e como acontece na actualidade. A CEMMA colaborou na supervisión e asesoramento do proxecto de construción deste centro, considerando que dará un forte impulso ás labores de conservación da fauna mariña. A presenza reiterada de animais varados na costa de Galicia, moitos deles vivos, e polo tanto con necesidade de recibir asistencia e precisar actuacións de recuperación acrecenta a necesidade desta instalación, dende a CEMMA solicitamos que o proxecto se manteña e se leve a cabo tal e como estaba previsto. A súa chegada ao Acuario do Grove, está prevista para mañá domingo 26 de febreiro ás 11:30 horas. Deixarase un tempo no acuario, entre 11:30 e 12:00 para as reportaxes gráficas de prensa, evitando molestias nos momentos posteriores para que se poida adaptar o animal ás súas novas circunstancias. Trataremos de enviar algún material fotográfico posteriormente se tede interese. Para calquera dúbida contactar no teléfono de coordinación. Nigrán 25/02/2012 Departamento de comunicación da CEMMA 686989008