SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 14
TOURO Touro , municipio español pertencente a  provincia de A Coruña, en Galicia, na comarca Terra de Santiago, limitado o sur polo río Ulla. Na súa economía destaca a agricultura (millo, patacas y viñedo), o ganado vacún e a manufactura da madeira. Poboación (2001), 4.776 habitantes  e o seu municipio é Arzúa.
Non se coñecen demasiadas referencias sobre a historia do Concello de Touro. Que se saiba, non foi escenario de  batallas históricas  nin que houbera palacios importantes onde viviran   reis   ou persoeiros ilustres nin conventos ou castelos feudais nin outros acontecementos importantes que fagan de Touro un nome histórico; aínda que se pode asegurar, pola toponimia e polos restos romanos e  castrexos , que estivo habitada dende tempos moi pretéritos. A historia de Touro está intimamente ligada á  historia de Galicia ; mais co seu carácter local. Camiños de Touro foron e son parte do  Camiño de Santiago , igrexas en tódalas parroquias, algunha de nova planta, denotan o alto grao de  paganismo  existente en Touro, como en Galicia, convertido hoxe en ritos relixiosos. Por exemplo, nun dos lugares máis elevados do concello, en Bañobre, na parroquia de Beleño, celébrase unha festa nunha  carballeira  nunha  capela  e no nome de Santa Sabela, acompañada de ritos populares. Cóntase que as mulleres preñadas deben coller unha tella dunha capela que se garda baixo os carballos, a capela. Isto é por motivos, suponse, páganos.
En Brandelos,  Prevediños , unha fonte cicha augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha  carballeira , onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao  Conde de Altamira , en Noaio, na mesma parroquia; cun trazo  católico  que non tiña na súa orixe. No monte de Caroceiros, en  Novefontes  existen restos dun antigo templo ou monumento que habería que investigar para saber algo do seu pasado. Din os paisanos da parroquia que incluso viñan os da outra bando do  río Ulla  facer aquí  enterramentos . No  Códice Calixtino , que fora promovido polo arcebispo  Diego Xelmírez  no  século XII , aparecen nomeadas as terras que actualmente constitúen o concello de Touro. É dicir, que existen moitas poboacións milenarias, onde moita da súa historia será cada vez máis lonxana ao coñecemento, mais tendo en conta que aí están as raíces dos galegos. A súa historia foi transcorrendo entre aldeas, entre labregos, coa economía de subsistencia e coas fames da xente galega, coa emigración, co atraso tecnolóxico (había "electricidade" nos cincuenta polas aldeas de  Arzúa  a Touro chegaría posteriormente), con pobres infraestruturas (hoxe en día moitos campos entre montes non poboados quedan abandonados pois o seu acceso tense que facer con maquinaria especializada, e nas ribeiras do río Ulla a súa propia orografía xa requiría máquinas especiais que se empregan) e tamén a  emigración  ao estranxeiro, aínda hoxe moi acusada. Emigraron tanto pobres coma ricos, e escasos retornos houbo e hai, polo que, aínda que haxa outras bisbarras que lideren con máis dereito a negra lista dos emigrados, estamos a falar que de Touro saíron miles( miles ) de homes e mulleres para vivir noutros puntos do globo.
A realización de certas actividades sobre o medio do concello poden provocar desequilibrios ecolóxicos que teñen efectos negativos denominados como  problemas medio ambientais . Estas actividades tamén poden afectar a comunidades animais e vexetais podendo chegar incluso ao  ser humano . Actualmente para a realización de calquera actividade no medio é necesario realizar un estudo de impacto ambiental desa actividade na zona, para poder tratar e paliar os efectos ambientais e os danos que poidan producir. Dentro do concello de Touro débense destacar os impactos que producen: Problemas derivados dos procesos extractivos da  Mina de cobre de Río Tinto , que permaneceu aberta case unha década. Tivo repercusións na fertilidade do solo e na calidade das augas, mais dado a ausencia de contaminación de industria densa no concello, esta contaminación séguese consentindo hoxe en día. Que eu saiba, despois de rematar co  cobre  da mina non se fixo absolutamente nada con esta e deixouse a man de deus, incluso facendo de camposanto para a maquinaria enferruxada que alí traballaba. A súa contaminación foi remitindo cos lavados das augas dos tempos e non se sabe quen ten a responsabilidade. A totalidade da mina abrangue un pequeno cacho de  Bama ,  Loxo  e tamén chega ao  concello do Pino ; polo que a situación incerta da mina axudou ao seu abandono. Mais, hai que dicir, e este respecto, que se pode esquecer de todo isto, dos cheiros de Loxo, do dano ao río Lañas e ao Brandelos, e ao Ulla, pois o novo fin do territorio vai constar dunha urbanización de 1.2OO vivendas; e segundo o proxecto aprobado, construíndo previamente un campo de  golf .
Problemas derivados da actividade agraria e gandeira. O emprego de fertilizantes e pesticidas sen control poden causar contaminación nas augas e no solo, e chegar os elementos tóxicos ao organismo humano. Tamén pode causar problemas os xurros e os procesos de ensilado, tanto polos elementos prexudiciais destes e do cheiro que producen. Recórdese tamén que o leite é moi contaminante.  Problemas derivados dos vertidos incontrolados: bastante abundantes no concello, aínda tendo servicio de recollida, dirixindo o lixo a  SOGAMA . Son aproveitados os ocos das vellas canteiras para meter, por exemplo electrodomésticos, e nalgún tempo, camposanto de vacas. O concello define este problema como inexistente, cando non é imposíbel ollar un frigorífico ao pé da sinalización.  Problemas derivados da deforestación. Os incendios da zona poderíanse definir como relativamente baixos, mais son un problema nacional como no resto de Galiza. Outra preocupación a este respecto é o da contaminación de especies arboreas como o  eucalipto , que diminúe a calidade do solo e a súa posterior repoboación. Tamén dicir que problemas de deforestacións tenos a  , non Touro, que posúe tamén as súas zonas arbóreas de calidade.
Entre os  pazos , o máis comercial actualmente é o Pazo de Andeade, de gran importancia, tanto na mesma parroquia de  Andeade , como en parte da bisbarra. Este pazo foi fundado a comezos do  século XVIII  por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. O pazo, tamén chamado a Casa Grande de Andeade, ten tódolos elementos de pazo: escudo, capela... Un dos pazos máis antigos é o de Mince, situado en  Prevediños , rodeado de casas veciñais, pero que conserva tódolos elementos arquitectónicos dun pazo. En  Calvos  está o Pazo de Rosende. Preto do pazo aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para o dono do pazo. O pazo, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha edificación anterior ó  século XVIII . Estivo ocupado durante longas décadas polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na [[fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e por suposto, os Hermida. Conta con  hórreo  restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur vése máis alá do  Ulla , e son dunha beleza mística. O Pazo de Dioño, en  Santiso , é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. Na entrada da casa está o  escudo coas armas  dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha ideas da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados deste  pasado século , da que dificilmente se foi sobrepoñendo, se temos tamén en conta que o sector agrícola e gandeiro deixou de ser rendible, as ganancias foron indo a menos, tanto neste coma noutros pazos.
En Lobaqueiras, na parroquia de  Bendaña , xa no límite do concello de Touro co de  Boqueixón  hai unha casa ou pazo que algúns non a catalogan como pazo, aínda que ten case tódolos elementos dun pazo. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de  eucaliptos  centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos  caseiros  e a dereita está a  capela , que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a  auga bendita . Detrás da capela está o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hai longas pedras cunha cruz na pedra superior. Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de  Caldas de Reis  de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence os herdeiros de Juan Fenollera Velón. Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o  pombal , cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun  hórreo  de pequenas dimensións o que nos indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo, que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Din os paisanos que antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdicións da  provincia de Santiago  levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.
Tradicionalmente o sector agrícola e gandeiro foi o sustento principal da economía tourense, ao igual que nos veciños terreos, mais na actualidade son poucos os mozos que se incorporan directamente nestes labores; existen parroquias de escasa densidade de explotacións gandeiras. Caben destacar a persistencia das  hortas , como provedoras de alimentos dos fogares galegos, sendo poucas empregadas para xerar riqueza directamente; ou a  matanza do porco , tan peculiar na  cultura galega ; ou por conseguinte tamén crianza de galiñas, ovellas, coellos. Unha actividade notable actualmente é a elaboración dos  queixos de Arzúa , nas queixarías de Murgás, en Turces, e en Bama. Ademais, a  queixaría de Murgás  ten incorporada unha queixaría-escola. Outro sector importante foi o da minaría, as explotacións mineiras de  Río Tinto , xa fechadas, ofreceron emprego a moita xente deste concello e doutros. No concello non hai grandes empresas nin fábricas que dean emprego, a xente desprázase a outros lugares para buscar traballo. No núcleo urbano de Fonte Días é onde se desenvolve a maior actividade, xa que é aquí onde se concentran a maior parte dos servizos tanto públicos como privados.  Hai algo de pesca no  río Ulla  o nos seus diversos afluentes que regan distintas parroquias. Tamén existe algo de caza.
O centro principal de educación é o ( CPI ) de  Fonte Díaz , que se acha na rúa de Sabela II, ao lado da casa do concello; impártese nel o 2º ciclo de Educación Infantil (3 – 6 anos), Primaria e Secundaria Obrigatoria (6 - 16 anos). Antes existían escolas unitarias en case tódalas parroquias, mais na actualidade só seguen funcionando as escolas de  EEI das Goritas  ( Loxo ), que ten o 2º ciclo de Educación Infantil e o  CEIP de Turces  no que se dá o 2º ciclo de Infantil e o 1º ciclo de Primaria (de 3 a 8 anos).
En  1835 ,  Sabela II  crea o  Ayuntamiento de Touro , nunha reestruturación administrativa do  Estado español , nunha das crises do modelo de españa, por ese motivo o escudo tourense leva un  i grego  e un  dous en números romanos . Antes desta data, as dezanove parroquias do concello estaban repartidas en cinco  xurisdicións : Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha; e había dous  municipios : o de Touro e o de San Miguel de Vilar, pertencentes ó  partido xudicial de Sar , desaparecido.
Un  camiño real , de orixe  prerromana , usado e mellorado polo  imperio romano  foi a vía de comunicación máis importante das terras do actual concello. Esta vía unía, supostamente,  Santiago  con  Lugo , mais este camiño sufría moitas ramificacións e intercomunicaba moitas zonas. Na parroquia de  Vilar  atópase un pequeno  cruceiro  que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
No inventario Histórico-Artístico do concello, figura a  igrexa parroquial  de  Quión , ao igual que a  igrexa  de  Loxo , que pertencía antes aos  dominicos  de Santiago. Outras igrexas destacadas, aínda que en todas se realiza o mesmo, son á de  Fao , co seu  campanario  inclinado; e a de  Foxás , que tiña unha campá facendo soar as horas. Fálase en antigas escrituras do  século XII  dun  mosteiro  chamado  Argentario  que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro,  Loxo .
Os restos arqueolóxicos son abundantes, como na maioría do  pobo galego , moitos sen catalogar, como poderían ser restos  castrexos .  Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en  Touro , o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un  castelo , e na zona dos Torreis, en  Loxo  poderían imaxinarse unhas  fortificacións . En  Foxás  hai varios lugares co nome de  Castro . O concello está cheo de  muíños , moitos deles abandonados. Un exemplo de muíño restaurado é o muíño de Rozas, en  Quión .
FIN

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaceipdeandrade4
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiromonadela
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 

Was ist angesagt? (20)

Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Panton
PantonPanton
Panton
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 

Andere mochten auch

CaracteríSticas Dun Blogue
CaracteríSticas Dun BlogueCaracteríSticas Dun Blogue
CaracteríSticas Dun BlogueNacho Noya
 
World Logistics - Network
World Logistics - Network World Logistics - Network
World Logistics - Network wlm
 
preguntas a 3er año
preguntas a 3er añopreguntas a 3er año
preguntas a 3er añojordan lopez
 
Guia argentina de tratamiento de la EPOC
Guia argentina de tratamiento de la EPOCGuia argentina de tratamiento de la EPOC
Guia argentina de tratamiento de la EPOCAlejandro Videla
 
Activism x Technology
Activism x TechnologyActivism x Technology
Activism x TechnologyWebVisions
 
How to Battle Bad Reviews
How to Battle Bad ReviewsHow to Battle Bad Reviews
How to Battle Bad ReviewsGlassdoor
 

Andere mochten auch (11)

CaracteríSticas Dun Blogue
CaracteríSticas Dun BlogueCaracteríSticas Dun Blogue
CaracteríSticas Dun Blogue
 
SuperLabel 2009
SuperLabel 2009SuperLabel 2009
SuperLabel 2009
 
Iris
IrisIris
Iris
 
World Logistics - Network
World Logistics - Network World Logistics - Network
World Logistics - Network
 
Velosystem
VelosystemVelosystem
Velosystem
 
San Isidro
San IsidroSan Isidro
San Isidro
 
preguntas a 3er año
preguntas a 3er añopreguntas a 3er año
preguntas a 3er año
 
Projekt: Ekstern Webkommunikation
Projekt: Ekstern WebkommunikationProjekt: Ekstern Webkommunikation
Projekt: Ekstern Webkommunikation
 
Guia argentina de tratamiento de la EPOC
Guia argentina de tratamiento de la EPOCGuia argentina de tratamiento de la EPOC
Guia argentina de tratamiento de la EPOC
 
Activism x Technology
Activism x TechnologyActivism x Technology
Activism x Technology
 
How to Battle Bad Reviews
How to Battle Bad ReviewsHow to Battle Bad Reviews
How to Battle Bad Reviews
 

Ähnlich wie Touro

Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A CostaMonContos
 
Rianxo
RianxoRianxo
RianxoMarlou
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costamonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
portas
portasportas
portasalbela
 
Portas
PortasPortas
Portasalbela
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nósA MARALEIXA
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 

Ähnlich wie Touro (20)

Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costa
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
portas
portasportas
portas
 
Portas
PortasPortas
Portas
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 

Touro

  • 1. TOURO Touro , municipio español pertencente a provincia de A Coruña, en Galicia, na comarca Terra de Santiago, limitado o sur polo río Ulla. Na súa economía destaca a agricultura (millo, patacas y viñedo), o ganado vacún e a manufactura da madeira. Poboación (2001), 4.776 habitantes e o seu municipio é Arzúa.
  • 2. Non se coñecen demasiadas referencias sobre a historia do Concello de Touro. Que se saiba, non foi escenario de batallas históricas nin que houbera palacios importantes onde viviran reis ou persoeiros ilustres nin conventos ou castelos feudais nin outros acontecementos importantes que fagan de Touro un nome histórico; aínda que se pode asegurar, pola toponimia e polos restos romanos e castrexos , que estivo habitada dende tempos moi pretéritos. A historia de Touro está intimamente ligada á historia de Galicia ; mais co seu carácter local. Camiños de Touro foron e son parte do Camiño de Santiago , igrexas en tódalas parroquias, algunha de nova planta, denotan o alto grao de paganismo existente en Touro, como en Galicia, convertido hoxe en ritos relixiosos. Por exemplo, nun dos lugares máis elevados do concello, en Bañobre, na parroquia de Beleño, celébrase unha festa nunha carballeira nunha capela e no nome de Santa Sabela, acompañada de ritos populares. Cóntase que as mulleres preñadas deben coller unha tella dunha capela que se garda baixo os carballos, a capela. Isto é por motivos, suponse, páganos.
  • 3. En Brandelos, Prevediños , unha fonte cicha augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira , onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira , en Noaio, na mesma parroquia; cun trazo católico que non tiña na súa orixe. No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento que habería que investigar para saber algo do seu pasado. Din os paisanos da parroquia que incluso viñan os da outra bando do río Ulla facer aquí enterramentos . No Códice Calixtino , que fora promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII , aparecen nomeadas as terras que actualmente constitúen o concello de Touro. É dicir, que existen moitas poboacións milenarias, onde moita da súa historia será cada vez máis lonxana ao coñecemento, mais tendo en conta que aí están as raíces dos galegos. A súa historia foi transcorrendo entre aldeas, entre labregos, coa economía de subsistencia e coas fames da xente galega, coa emigración, co atraso tecnolóxico (había "electricidade" nos cincuenta polas aldeas de Arzúa a Touro chegaría posteriormente), con pobres infraestruturas (hoxe en día moitos campos entre montes non poboados quedan abandonados pois o seu acceso tense que facer con maquinaria especializada, e nas ribeiras do río Ulla a súa propia orografía xa requiría máquinas especiais que se empregan) e tamén a emigración ao estranxeiro, aínda hoxe moi acusada. Emigraron tanto pobres coma ricos, e escasos retornos houbo e hai, polo que, aínda que haxa outras bisbarras que lideren con máis dereito a negra lista dos emigrados, estamos a falar que de Touro saíron miles( miles ) de homes e mulleres para vivir noutros puntos do globo.
  • 4. A realización de certas actividades sobre o medio do concello poden provocar desequilibrios ecolóxicos que teñen efectos negativos denominados como problemas medio ambientais . Estas actividades tamén poden afectar a comunidades animais e vexetais podendo chegar incluso ao ser humano . Actualmente para a realización de calquera actividade no medio é necesario realizar un estudo de impacto ambiental desa actividade na zona, para poder tratar e paliar os efectos ambientais e os danos que poidan producir. Dentro do concello de Touro débense destacar os impactos que producen: Problemas derivados dos procesos extractivos da Mina de cobre de Río Tinto , que permaneceu aberta case unha década. Tivo repercusións na fertilidade do solo e na calidade das augas, mais dado a ausencia de contaminación de industria densa no concello, esta contaminación séguese consentindo hoxe en día. Que eu saiba, despois de rematar co cobre da mina non se fixo absolutamente nada con esta e deixouse a man de deus, incluso facendo de camposanto para a maquinaria enferruxada que alí traballaba. A súa contaminación foi remitindo cos lavados das augas dos tempos e non se sabe quen ten a responsabilidade. A totalidade da mina abrangue un pequeno cacho de Bama , Loxo e tamén chega ao concello do Pino ; polo que a situación incerta da mina axudou ao seu abandono. Mais, hai que dicir, e este respecto, que se pode esquecer de todo isto, dos cheiros de Loxo, do dano ao río Lañas e ao Brandelos, e ao Ulla, pois o novo fin do territorio vai constar dunha urbanización de 1.2OO vivendas; e segundo o proxecto aprobado, construíndo previamente un campo de golf .
  • 5. Problemas derivados da actividade agraria e gandeira. O emprego de fertilizantes e pesticidas sen control poden causar contaminación nas augas e no solo, e chegar os elementos tóxicos ao organismo humano. Tamén pode causar problemas os xurros e os procesos de ensilado, tanto polos elementos prexudiciais destes e do cheiro que producen. Recórdese tamén que o leite é moi contaminante. Problemas derivados dos vertidos incontrolados: bastante abundantes no concello, aínda tendo servicio de recollida, dirixindo o lixo a SOGAMA . Son aproveitados os ocos das vellas canteiras para meter, por exemplo electrodomésticos, e nalgún tempo, camposanto de vacas. O concello define este problema como inexistente, cando non é imposíbel ollar un frigorífico ao pé da sinalización. Problemas derivados da deforestación. Os incendios da zona poderíanse definir como relativamente baixos, mais son un problema nacional como no resto de Galiza. Outra preocupación a este respecto é o da contaminación de especies arboreas como o eucalipto , que diminúe a calidade do solo e a súa posterior repoboación. Tamén dicir que problemas de deforestacións tenos a , non Touro, que posúe tamén as súas zonas arbóreas de calidade.
  • 6. Entre os pazos , o máis comercial actualmente é o Pazo de Andeade, de gran importancia, tanto na mesma parroquia de Andeade , como en parte da bisbarra. Este pazo foi fundado a comezos do século XVIII por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. O pazo, tamén chamado a Casa Grande de Andeade, ten tódolos elementos de pazo: escudo, capela... Un dos pazos máis antigos é o de Mince, situado en Prevediños , rodeado de casas veciñais, pero que conserva tódolos elementos arquitectónicos dun pazo. En Calvos está o Pazo de Rosende. Preto do pazo aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para o dono do pazo. O pazo, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha edificación anterior ó século XVIII . Estivo ocupado durante longas décadas polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na [[fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e por suposto, os Hermida. Conta con hórreo restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur vése máis alá do Ulla , e son dunha beleza mística. O Pazo de Dioño, en Santiso , é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. Na entrada da casa está o escudo coas armas dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha ideas da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados deste pasado século , da que dificilmente se foi sobrepoñendo, se temos tamén en conta que o sector agrícola e gandeiro deixou de ser rendible, as ganancias foron indo a menos, tanto neste coma noutros pazos.
  • 7. En Lobaqueiras, na parroquia de Bendaña , xa no límite do concello de Touro co de Boqueixón hai unha casa ou pazo que algúns non a catalogan como pazo, aínda que ten case tódolos elementos dun pazo. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de eucaliptos centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos caseiros e a dereita está a capela , que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a auga bendita . Detrás da capela está o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hai longas pedras cunha cruz na pedra superior. Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de Caldas de Reis de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence os herdeiros de Juan Fenollera Velón. Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o pombal , cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun hórreo de pequenas dimensións o que nos indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo, que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Din os paisanos que antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdicións da provincia de Santiago levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.
  • 8. Tradicionalmente o sector agrícola e gandeiro foi o sustento principal da economía tourense, ao igual que nos veciños terreos, mais na actualidade son poucos os mozos que se incorporan directamente nestes labores; existen parroquias de escasa densidade de explotacións gandeiras. Caben destacar a persistencia das hortas , como provedoras de alimentos dos fogares galegos, sendo poucas empregadas para xerar riqueza directamente; ou a matanza do porco , tan peculiar na cultura galega ; ou por conseguinte tamén crianza de galiñas, ovellas, coellos. Unha actividade notable actualmente é a elaboración dos queixos de Arzúa , nas queixarías de Murgás, en Turces, e en Bama. Ademais, a queixaría de Murgás ten incorporada unha queixaría-escola. Outro sector importante foi o da minaría, as explotacións mineiras de Río Tinto , xa fechadas, ofreceron emprego a moita xente deste concello e doutros. No concello non hai grandes empresas nin fábricas que dean emprego, a xente desprázase a outros lugares para buscar traballo. No núcleo urbano de Fonte Días é onde se desenvolve a maior actividade, xa que é aquí onde se concentran a maior parte dos servizos tanto públicos como privados. Hai algo de pesca no río Ulla o nos seus diversos afluentes que regan distintas parroquias. Tamén existe algo de caza.
  • 9. O centro principal de educación é o ( CPI ) de Fonte Díaz , que se acha na rúa de Sabela II, ao lado da casa do concello; impártese nel o 2º ciclo de Educación Infantil (3 – 6 anos), Primaria e Secundaria Obrigatoria (6 - 16 anos). Antes existían escolas unitarias en case tódalas parroquias, mais na actualidade só seguen funcionando as escolas de EEI das Goritas ( Loxo ), que ten o 2º ciclo de Educación Infantil e o CEIP de Turces no que se dá o 2º ciclo de Infantil e o 1º ciclo de Primaria (de 3 a 8 anos).
  • 10. En 1835 , Sabela II crea o Ayuntamiento de Touro , nunha reestruturación administrativa do Estado español , nunha das crises do modelo de españa, por ese motivo o escudo tourense leva un i grego e un dous en números romanos . Antes desta data, as dezanove parroquias do concello estaban repartidas en cinco xurisdicións : Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha; e había dous municipios : o de Touro e o de San Miguel de Vilar, pertencentes ó partido xudicial de Sar , desaparecido.
  • 11. Un camiño real , de orixe prerromana , usado e mellorado polo imperio romano foi a vía de comunicación máis importante das terras do actual concello. Esta vía unía, supostamente, Santiago con Lugo , mais este camiño sufría moitas ramificacións e intercomunicaba moitas zonas. Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
  • 12. No inventario Histórico-Artístico do concello, figura a igrexa parroquial de Quión , ao igual que a igrexa de Loxo , que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas, aínda que en todas se realiza o mesmo, son á de Fao , co seu campanario inclinado; e a de Foxás , que tiña unha campá facendo soar as horas. Fálase en antigas escrituras do século XII dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo .
  • 13. Os restos arqueolóxicos son abundantes, como na maioría do pobo galego , moitos sen catalogar, como poderían ser restos castrexos . Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en Touro , o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un castelo , e na zona dos Torreis, en Loxo poderían imaxinarse unhas fortificacións . En Foxás hai varios lugares co nome de Castro . O concello está cheo de muíños , moitos deles abandonados. Un exemplo de muíño restaurado é o muíño de Rozas, en Quión .
  • 14. FIN