3. O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos , de Rosalía de Castro. O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento [Fonte: Galipedia]
5. Rosalía de Castro (1837-1885) Cava, lixeiro, cava, xigante pensamento, cava un fondo burato onde a memoria do pasado enterremos. ¡Á terra cos difuntos! ¡Cava, cava lixeiro! E por lousa daraslle o negro olvido i a nada lle darás por simiterio (“O toque da alba”, en Follas Novas ) 1963
6. Cando eu andaba no estudio era un mozo das romerías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non aparecese danzando como un trompo esgarabelleiro. ¡Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas, aquelas polcas e aquelas habaneras! Entón o agarradiño aínda era un pecado venial, e bailabamos con tino, para que os vellos non refungasen. (“Sabela”, en Retrincos ) Alfonso D. R. Castelao (1886-1950) 1964
7. Eduardo Pondal (1835-1917) Volveo a nai antiga naquel val saudoso en donde o seu nativo, amado río, correndo pouco a pouco, da peregrinación antiga súa e do longo traballo acha repouso Que diga o mariñeiro rudo fillo do Osmo, ó entrar pola Barra, volvendo o escuro rostro: “ ¡Alí xaz o que fora noutro tempo cantor do eido noso” (“Cando xazan do cisne”, en Queixumes dos pinos e outros poemas ) 1965
8. Francisco Añón (1812-1870) Coido ver esas rias serenas, Escumando con barcos veleiros, E cantares oir feiticeiros, Q’en ningúres tan doces oin. Inda creo sentir as labercas, Que pineiran n’os aires cantando, Cando o sol vay as nubes pintando D’amarelo, de lume e carmin. (“A Galicia”, en Vida e obra de Francisco Añón ) 1966
9. M. Curros Enríquez (1851-1908) Como ti vas para lonxe i eu vou para vello, un adiós, Mariquiña, mandarche quero, que a morte é o diaño i anda rondando as tellas do meu tellado. Cando deixes as costas da nosa terra nin lus nin poesía quedará nela. Cando te vaias vaise contigo o ánxel da miña garda (“Despedida”, en Poesía galega completa ) 1967
10. V. Lamas Carvajal (1859-1906) Fillos d’esta nobre patria, gallegos qu’aló en América tristemente sospirádes por vir eixiña para ela; os que tedes eiquí fixas as ilusións lisonxeiras, os pracenteiros recordos, as esperanzas máis ledas: volvéde logo, volvéde a respirar n’as aldeas istes airiños lixeiros qu’as nosas frentes refrescan (“Os aires d’a miña terra”, en Espiñas, follas e frores ) 1972
11. Xoán M. Pintos (1811-1876) Xa fai tempo que estou eu, o Gaiteiro , falando solo e decindo para min: ¿Qué terá, Señor, esta fala gallega para ser tan refugada aínda polos mesmos fillos de Galicia ? ¿Será tan buxán de termos que non se poida por ela desfogar o entendimento con craridade? ¿Estará amaldizoada? ¿Terá algún feitizo? ¿Botaríanlle algunha pauliña para que se desbandase e esmigallase de maneira que non se pudese axuntar xamais […]? (Pregón de A Gaita Gallega ) 1975
12. Ramón Cabanillas (1876-1959) Camiño, camiño longo. A choiva, a neve e as silvas enchéronme de friaxe, cubríronme de feridas… ¡camiño longo da miña vida! Vereda, vereda fonda de fontes triste, sen auga; sen carballos que den sombra, nin chouzas que den pousada… ¡vereda fonda, ti cando acabas! (“Camiño longo”, en Vento mareiro ) 1976
13. Manuel Antonio (1900-1930) Escoitábamos o vento rindo-se malévolo debaixo d’o seu disfraz E tamén contou o barco a hestoria d’o piloto a d’o gavieiro e a d’o rapaz Vós xa sabedes todo Eso que dín as estampas d’o libro de Simbad Pero él contou-nos o resto “ Estreaba o horizonte unha largacía audaz”… (“Balada d’o pailebote branco”, en De catro a catro ) 1979
14. Luís Amado Carballo (1901-1927) Os berros dos mazaricos rachan as sedas do mar, no carro das mouras nubens ven do sur o temporal. Nas barras e nos peiraos rompen as foulas cristadas de lóstregos azuados das estrelas afogadas. Púxose o ceo de loito pol-os que van afogar. As centellas como trallas baten no lombo do mar. (“Canzón do temporal”, en Proel ) 1982
15. M. Leiras Pulpeiro (1854-1912) Unha tardiña de Agosto, das en que a xente se asa, andando ao sol, e se afogan os que na sombra traballan, cargado de herva para o gando, e non ¡pardiola! de chanza, subía o Brais da Caxiga polo camiño que pasa a carón dunha camposa de Colasiña do Aña; […] alupóu por un boqueiro que nela alindaba as vacas a roxa que el tiña tola, a nena que el cortexaba. (“E mais non llo digo”, en Poesías ) 1983
16. A. Losada Diéguez (1884-1924) Dous rapaciños rifaron, i estábanse batendo cegos. Un diles san e rexo, i o outro un malpocadiño que choraba. Dúas mulleres apartáronos e levaron ó meniño dos choros dándolle bicos. O outro, o san e forte, soilo, vermello de vergonza, quedaba sin agarimo, cheo de tristura, e foise indo paseniño. (“Conto”, en Antoloxía ) 1985
17. Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) Señor Dios ten piedá dos probes parvos que non sabemos ren de xeometría i embobados da música celeste esquecemos a fórmula do binomio de Newton. Imos andando a trancas e barrancas adeprendendo as cousas tristemente por iste mundo adiante que fixeches en sete días só, según os libros. Eu son un pouco parvo, ben comprendo. Nunca poiden saber para qué sirven moitas cousas escuras que consintes. (“Oración polos parvos”, en O soño sulagado ) 1989
18. Luís Pimentel (1895-1958) Os brancos cabalos do estío polas portas en sombra das nosas murallas entran. Nas tenras rosas dos meus altares, a néboa dos ríos. Grito en punta, diamante, vencellos negros cortan o ceo terso. Dareiche a miña alegre bandeira prá torre da miña praza. (“Vrao”, en Sombra do aire na herba ) 1990
19. F. Bouza Brey (1901-1973) Refenda das sete naos ben ouviredes contar… Elas seran sete naos todas de enxebre cristal -sete bágoas orfas de ollos que as quixeran derramar-, que cun paxaro prisado por un mar témero van -cada paxaro unha trova virxe de beizo mortal (“Trova das sete naos”, en Nao senlleira ) 1992
20. E. Blanco Amor (1897-1979) Chegamos de volta a Auria sendo eu de once anos dempois de finar mi padre, que sairamos de alí sendo eu moi cativo, que eu non nascera en Auria sinón en Ponte Barxa na raia seca de Portugal sendo meu pai carabinero como foi até o cabo dos seus días; a miña irmá Alexandrina si, que aló quedou, ós sete, das vixigas en Calahonda, e meu irmao Alixio tamén que era o meirande e fuxiu con gitanos. ( Os biosbardos ) 1993
21. Luís Seoane (1936-1979) Espandiu o saltimbanqui no meio da Praza do Toural o humilde tapiz envellecido de fleques prateados, onde el, e a moza vestida de rosa de cabelos como de ouro colado, facían os seus brincos perigosos (“O tapiz”, en Na brétema Sant-iago ) 1994
22. Rafael Dieste (1899-1981) ¿Por onde andará aquel home? Quizais nos sotillóns dalgún cargueiro, alá na Habana, axudando ós negros a estivar sacos de azucre. Quizais viaxando no curuto dunha morea de carbón, nunha desas vagonetas a onde o revisor non chega. Ou lavando vaixela a vapor nun xigantesco hotel neoyorkino. Ou aplacando a fame dos fornos coa pa dos fogoeiros… (“Na ponte de ferro”, en Dos arquivos do trasno ) 1995
23. Ánxel Fole (1903-1986) Inanque lle pareza mentira, o señor de Sabarei falaba moitas veces comigo, mao a mao, coma se fora do meu igoal. Era o home máis cómpito do mundo. Contoume isto en Lugo, nunca tasca de Mosqueira. Gostáballe moito andar polas tascas, por moi ben traxeado que fose. Moi prantado il, resbusto e sanguíneo. Sempre viña a Lugo montado nun cabalo branco. ( Á lus do candil ) 1997
24. Martín Códax (Idade Media) Ondas do mar de Vigo se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado. se vistes meu amado? E ay Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amigo, e por que eu suspiro? E ay Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amado, por que ey gran coidado? E ay Deus, se verrá cedo! ( Ondas do mar de Vigo ) 1998
25. Textos extraídos de De Rosalía a Sarmiento , Xunta de Galicia, 2002 AUTOR: Alfonso Blanco MÚSICA: Romance de Triacastela , por Milladoiro