Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Resumo t7 naturais_6

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 1 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Anzeige

Aktuellste (20)

Anzeige

Resumo t7 naturais_6

  1. 1. RESUMO TEMA 7 NATURAIS A materia é todo aquilo que ten masa e volume. Está formada por átomos (a-sin tomos-división) (partículas microscópicas) Recordade: os átomos son a parte máis pequena na que podemos dividir a materia. A materia preséntase en tres estados diferentes: *sólido: forma propia; manteñen o volume. *líquido: non teñen forma propia; manteñen o volume. *gasoso: non teñen forma propia; non manteñen o volume constante. A materia ten propiedades xerais (masa e volume) e características (densidade, dureza, solubilidade, condutividade térmica). A materia cambia. Estes cambios poden ser: Fermentación: reacción química realizada por seres vivos en ausencia de osíxeno. O zume da uva fermenta, converténdose en viño. Oxidación: unha substancia combínase co osíxeno para formar outras substancias. Combustión: reacción química que desprende luz e calor (quéimase algo). Cambios de estado: Chamamos forza a toda causa capaz de deformar ou modificar o estado de movemento ou repouso dun corpo. Non podemos velas, pero si os seus efectos. A forza mídese en Newtons. Segundo as deformacións, os corpos poden ser: - Elásticos: defórmanse pero recuperan a forma cando cesa a forza (goma do pelo) - Plásticos: defórmanse pero non recuperan a forma (plastilina, papel dobrado...) - Ríxidos: non se deforman; se a forza é grande, rompen (cerámica, vidro...) A materia pode ser... substancias puras (non se poden separar noutras) ou mesturas (formadas por dúas ou máis substancias: auga do mar) As mesturas poden ser homoxéneas ou disolucións (non se observan os compoñentes a simple vista .- auga salgada) e heteroxéneas (vense os compoñentes a simple vista .- arroz con chícharos; granito) Disolvente: substancia máis abundante dunha disolución. Soluto: menos abundante Para separar as mesturas podemos empregar filtracións (mestura heteroxénea dun líquido cun sólido .-auga con arroz); evaporación (mestura homoxénea dun líquido cun sólido.- auga con sal); destilación (mestura homoxénea de dous líquidos.- alambique). A enerxía pode ser...Mecánica.- relacionada coa posición e movemento. Lumínica.- corpos que emiten luz. Eléctrica.- electricidade. Térmica.- pasa dun corpo quente a outro máis frío. Química.- a que se dá cando hai reaccións químicas. A luz é unha forma de enerxía. Viaxa en todas as direccións, en liña recta e a enorme velocidade (300.000 km/s). Reflexión da luz: a luz choca contra unha superficie lisa e rebota (espellos, auga...). Refracción da luz: ao pasar dun medio a outro, a luz cambia velocidade e dirección. O son é unha forma de enerxía. Viaxa en todas as direccións, en liña recta e a gran velocidade, variando segundo o medio (340 m/s no aire). Ten varias características: ton (agudo ou grave); intensidade (débil ou forte); timbre (permite diferenciar as voces); duración (tempo que tarda). Cambios Segundo natureza Segundo permanencia Reversibles: a materia pode recuperar estado inicial xeo pasa a auga e pode volver a xeo. Irreversibles: a materia non recupera estado inicial cinsa non pode volver a ser madeira Físicos: a materia non cambia de composición dilatación/contracción; cambios de estado Químicos: a materia cambia de composición. fermentación, oxidación ou combustión

×