Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Escarlatina, a cociñeira defunta

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Unha historia do rato Pérez
Unha historia do rato Pérez
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 2 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Ähnlich wie Escarlatina, a cociñeira defunta (20)

Anzeige

Aktuellste (20)

Escarlatina, a cociñeira defunta

  1. 1. Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s Ser cociñeiro, cando tes dez anos e moita fame o 85 % do tempo, non é nada fácil. Eu trato de seguir as instrucións do libro de cociña con todas as miñas forzas, pero as cousas nunca son tan sinxelas cando te pos mans á obra. Volveume pasar coas madalenas. Despois de bater, engadir os ingredientes e encher os sombreiriños brancos, acabei coa camisa e co pelo todo enlarafuzado de crema amarela. Un auténtico noxo! Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas advertíndomo: Desta volta ninguén ía librarme de que mamá me metese directamente na lavadora. Levaba semanas advertíndomo: - Román, calquera día vas para a lavadora con roupa e todo! Mamá é guai pero ás veces enfádase. A min iso de estar dando voltas no tambor da lavadora setenta e cinco minutos, que é o que dura o ciclo para manchas difíciles, non me fai moita graza. Un día metín a Dodoto, o meu gato. Tratei de explicarlle que era polo ben dos dous e tal vez de toda a humanidade. Botei deterxente e suavizante con recendo a amorodo. E deille ao botón de acendido. Xusto cando a lavadora empezou a facer o ruído, apareceu mamá como por arte de maxia. Ás veces penso que leva un radar incorporado na cabeza! Enfadouse moitísimo. Púxoselle a cara vermella como un tomate frito, sacou a Dodoto inmediatamente da lavadora e chamoume cousas moi feas. _Es un inconsciente, un imprudente, un descerebradooooo!! Que me chamase esas cousas que rematan en –ente non me importou, porque estou afeito. Pero que me dixese que son un descerebrado púxome triste. Porque un descerebrado é alguén que non ten cerebro, e se non tés cerebro non podes pensar, nin lembrarte das cousas felices. Como lle pasa á veciña Manola, que esqueceu ata o nome dos seus netos. Iso é unha traxedia realmente tráxica. Por iso prometín non volver a usar a Dodoto nos meus experimentos, para non perder o meu cerebro e conservar a memoria, as lembranzas felices e non esquecer o nome das persoas que quero. O resultado da receita das madalenas foi regular. Paseime ao botar a masa nos moldes, e a metade delas, cando empezaron a medrar no forno, saíron para fóra e convertéronse en monstros de varias cabezas. Houbo outras con mellor pinta pero quedaron algo crúas por dentro, e as tres que se salvaron papeinas antes de que arrefriasen, e nin mamá nin papá puideron probar o ricas que estaban. Xa vos dixen que ser cociñeiro cando tes dez anos, non é cousa fácil. A pesar destas dificultades, eu quero ser cociñeiro. Ou chef, que é máis profesional aínda. Por iso lles pedín aos meus pais un curso de cociña como agasallo de aniversario, que é o 2 de novembro, o Día de Defuntos, a festa dos mortos. [...] Pero o momento de escoitar o timbre foi o máximo. Corrín a abrir a porta e... sorpresa! Atopei unha caixa algo máis pequena ca min, envolta en papel de regalo violeta decorado con vermes, morcegos, cascudas e outros bechos de moitas cores. Iso si: do mensaxeiro nin rastro. [...] ...fun directo ao agasallo. Arrinquei o papel de bechos e levei un susto de marca maior. A caixa non era unha caixa normal. Era unha caixa de mortos. Un cadaleito, un ataúde, un féretro e todos os sinónimos que se vos ocorran para referirvos a algo con palabras distintas pero que significan a mesma cousa. _Unha caixa de mortos? –díxenlle a Dodoto, que miraba para min con cara de sorpresa-. Seguro que o agasallo vén neste tipo de paquete porque hoxe é defuntos. Unha especie de detalle da tenda onde mamá e papá encargaron o agasallo –razoei-. Si, ten que ser iso! Nisto caín na conta de que no medio do papel de bechos que acababa de arrincar había un sobre negro. Coa emoción do momento nin me decatara. _Ten o meu nome escrito! É unha carta para min, Dodoto. Mira, aquí o pon ben clariño: “Á atención do chef Román.”
  2. 2. Escarlatina, a cociñeira defunta Ed. Xerais L e d i c i a C o s t a s 1.- Busca tambor no dicionario da RAG. Cal dos moitos significados é o que lle acae neste texto? Copia a definición. 2.- Na RAG a mesma palabra tamén ten o significado dunha parte do corpo. Cal? 3.- Por que cres que a nai lle tiña dito... “calquera día vas para a lavadora con roupa e todo”. 4.- Quen é Dodoto? Que fixo en certa ocasión con Dodoto? 5.- Cal das “cousas moi feas” que lle chamou a súa nai o puxo triste? Por que? 6.- Que lle aconteceu á metade das madalenas que fixo? 7.- Que día é o aniversario do protagonista? Que se celebra ese día? 8.- Que agasallo lles pedira aos pais? 9.- Como viña envolto o paquete que lle deixaron na porta? 10.- A caixa non era unha caixa normal. Que era? 11.- Que sinónimos desa caixa aparecen no texto? 12.- Entre os papeis que envolvía a caixa, que atopou? De que cor era? 13.- Que poñía no sobre? 14.- Escribe o que cres que pode poñer o sobre que lle chegou en tan singular paquete de agasallo. 15.- Procura información na web sobre a autora do libro e fai unha pequena biografía: cando e onde naceu, que estudou, de que traballa, cando comezou a escribir, que obras ten publicadas, que premios recibiu... Mira o seguinte enderezo: http://www.xerais.es/autores.php Busca a autora na letra C (apelido Costas)

×