Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige
Anzeige

CIENTÍFICAS/OS

  1. Palabra grega que significa “descubrino” Esta coñecida palabra é atribuída ao matemático grego Arquímedes. A historia conta que a pronunciou tras descubrir que o volume de auga que ascende nun recepente é igual ao volume do corpo mergullado. Isto permitía coñecer o volume de corpos irregulares. Conta a historia que este achado o fixo mentres se atopaba mergullado tomando un baño. Din que foi tal a súa ledicia que saiu correndo espido á rúa gritando Eureka! Biblioteca CEP Pilar Maestú Sierra A Pobra do Caramiñal
  2. Kepler Johannes Kepler (1571-1630). Foi un astrónomo e matemático alemán. Descubriu as leis sobre o movemento dos planetas. A primeira destas leis di que “todos os planetas se desprazan ao redor do Sol describindo órbitas elípticas”. No campo da óptica mellorou o telescopio. É tal a importancia deste científico, que se lle puxo o seu nome a:  un cráter en Marte  un asteroide  unha supernova  un telescopio espacial  ... Iván BlázquezAgrelo
  3. Marie Salomea Sklodowska Curie (1867-1934) Física e química de Polonia, aínda que nacionalizada francesa. Foi pioneira no campo da radioactividade, sendo a primeira muller en recibir un Premio Nobel. Ata o de agora é a unica persoa en recibir o Nobel en dúas categorías científicas distintas (física –química). Primeira muller en ser profesora na Universidade de París. Descubriu dous elementos químicos: polonio (en honor ao seu país de nacemento) e o radio (pola grande radioactividade que presentaba. Marie Curie Marcos Filgueira Mariño
  4. Hipatia naceu en Alexandría (Exipto) no ano 370 morreu no ano 415. Foi científica, filosofa e mestra que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e astronomía da época. Foi líder da escola neoplatónica de Alexandría Naquela época era difícil encontrar mulleres científicas. Hipatia Morreu asasinada tras unha campaña na súa contra. Denís Fernández Domínguez
  5. Jocelyn Bell Jocelyn Bell Burnell Naceu no ano 1943 en Belfast (Irlanda do Norte). É unha astrofísica que descubriu o primeiro radiosinal dun púlsar. A pesar de que non obtivo o premio Novel xunto con Hewish polo seu descubrimento,foi galardoada por moitas outras organizacións. Recente gañadora (2018) do premio especial Breaktrough en Física Fundamental, dotado con 3 millóns de euros, vai destinar estes cartos a axudar ás mulleres, minorías étnicas e refuxiadas que queiran ser investigadoras. AlexandreRedondo Boo
  6. Rosalind Franklin Rosalind Franklin naceu en Londres no ano 1920 morreu en 1958 . Esta química e cristalógrafa dedicouse á bioloxía molecular. Colaborou na comprensión da estrutura do ADN, grazas ás súas fotos do mesmo usando a difracción dos raios X. Unha enfermidade acabou moi nova coa súa vida. Hugo Redondo Pardavila
  7. Stephen Hawking STEPHEN HAWKING Stephen Hawking (1942- 2018) naceu en Oxford (Reino Unido). Foi un físico teórico e cosmólogo. Descubriu que os buratos negros emiten radiación, chamada radiación de Hawking. A súa enfermidade, ELA (esclerose lateral amiotrófica) non lle impediu ser un dos máis grandes científicos do século XX. Tamén traballou no desenrolo da Teoría da Relatividade de Einstein. Cristian SoutoTorres
  8. Albert Einstein Naceu no ano 1879 e faleceu no ano 1955. Foi un físico alemán recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A súa formula E= m . c2 é a máis famosa do mundo. Saúl García Pouso
  9. Galileo Galilei Naceu no 1564 e morreu no 1642. Foi astrónomo, filósofo e físico Italiano. Mellorou o telescopio e a primeira lei do movemento. É considerado como o pai da astronomía e da física moderna. Fixo apuntamentos sobre diversos inventos relacionados coa tecnoloxía. Foi xulgado pola Inquisición por manter a teoría heliocéntrica (os planetas xiran arredor do Sol), tendo que renegar de tal teoría para salvar a súa vida. E hai un cráter na Lúa e outro en Marte que se chama Galileai, e tamén un asteroide. Juan BuiturónSuárez
  10. Charles Darwin Charles Darwin naceu no ano 1809 e morreu no ano 1882. Foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés. Con 22 anos embarcouse nunha viaxe arredor do mundo nun barco científico, grazas ao cal observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucio- naron a partir dun único antecesor común. No reino Unido, unha edición especial da moeda de dúas libras mostra o retrato de Darwin en fronte dun simio, rodeados pola inscrición “DARWIN 2009”, cun texto ao bordo que reza “A orixe das especies 1859”. Aldara Olveira Ríos
  11. Mª Goeppert-Mayer Nada de xuño de 1906 e finada en 1972. Foi unha física estadounidense de orixe alemá que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963 pola proposta do modelo nuclear de capas do núcleo atómico. Foi a segunda muller en recibir este premio, tras Marie Curie. Graduada pola Universidade de Gotinga, escribiu o seu doutoramento sobre a teoría da posible absorcíon de dous fotóns dos átomos. SandyVidalAbuín
  12. Jane Goodall Naceu en 1934. Foi primatóloga, etóloga e antropólaga inglesa. Está considerada como a maior experta en chimpancés do mundo. Estudou durante moitos anos aos chimpancés en liberdade no Parque Nacional Gombe Stream, en Tanzania (África). Fundou o instituto Jane Goodall para protexer aos chimpancés. Recibiu numerosos premios e reco- ñecementos ao longo da súa vida e publicou gran cantidade de libros. Álvaro PazGil
  13. Isaac Newton Isaac Newton, (1643-1727) foi un físico, matemático e astrónomo inglés. A súa contribución máis notable foi a lei da gravitación universal. Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores xunto con Leibniz, do cálculo infinitesimal. Tamén foi descubridor de varias leis da física, coma as 3 leis da dinámica. A segunda destas leis enunciase mediante a fórmula ... F = m . a Iria Luisa Nimo López
  14. A. Fleming Alexander Fleming naceu en Escocia (1881-1955) foi un científico británico. Pasou á historia ao descubrir os efectos antibióticos da penicilina, coa que logrou salvar millóns de vidas. Con este descubrimento iniciouse na medicina a era dos antibióticos. Por este descubrimento déronlle o Premio Nobel de Medicina en 1945. Un cráter da cara oculta da Lúa leva o seu apelido. NaímRodríguez Boo
  15. Alfred Nobel Alfred Nobel (1833-1896), foi un químico, enxeñeiro e inventor sueco, famoso pola invención da dinamita. Como inventor rexistrou 355 patentes. Chegou a amasar unha fortuna, coa que instaurou os famosos Premios Nobel (Literatura, Medicina, Física, Química e Paz), que se conceden anualmente a persoas que destaquen neses eidos. Na súa honra levan o seu apelido un asteroide, un cráter da Lúa e un elemento químico (Nobelio). Andrea Suárez Moledo
  16. Leonardo da Vinci Leonardo da Vinci (1452-1519). Foi pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico Italiano. Desenrolou ideas adiantadas ao seu tempo, como o helicóptero, o tanque, o submarino ou o automóbil (que naquela época eran imposibles de construír). Fixo progresar moito a anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e hidrodinámica. Como pintor, destacar as súas obras A Mona Lisa ( tamén coñecida como A Gioconda) ou A última cea. O Home de Vitrubio O Codex Leicester, un libro de notas seu, foi vendido por máis de 30 millóns de dólares. José Manuel Remesal García
  17. S. Ramón y Cajal Naceu en Navarra en 1852 e morreu en 1934. Foi medico español especialista en histoloxía e anatomía patolóxica. É o autor da teoría neuronal, pola cal recibiu o Premio Nobel de Medicina no ano 1906. Creou e desenrolou distintas técnicas de tinguidura do sistema nervioso. A súa cara apareceu nun billete das antigas pesetas. Eloi VázquezVázquez
  18. Nicola Tesla Nicola Tesla (1856-1943) foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio- estadounidense. Fixo numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Está considerado como o inventor da industria eléctrica e da radio. Fixo innumerables inventos e descubrimentos: lámpada fluorescente, automóbil electrico sen baterías, control remoto, portas lóxicas,… Non gañou o premio Nobel a pesar de estar nominado. Leva o seu nome a unidade de medida de campo magnético. MaríaSantiago Boo
  19. Autoría Esta presentación foi feita polo alumnado de 5º nivel do CEP Pilar Maestú Sierra (A Pobra do Caramiñal), para o proxecto da Biblioteca do curso 2018-19. Dito proxecto leva por título “Eureka” e trata sobre a ciencia, os científicos e os avances que trouxeron para a humanidade. Cada alumna/o buscou unha sinxela información sobre dunha científica/o na Galipedia. Con ela elaborouse cada unha das diapositivas do presente traballo.
Anzeige