1. Pierre Étaix
N: 23 de novembro de 1928, Roanne (Francia)
M: 14 de outubro de 2016, Paris (Francia)
2. Naceu en Roanne (Loira) no seo
dunha familia burguesa. Formouse
como deseñador gráfico e
estableceuse en París, onde
exerceu como ilustrador ao tempo
que participaba en espectáculos de
cabaret e variedades.
En 1954 coñece a Jacques Tati e
colabora con el inventando gags na
preparación do Mon Oncle, na que
traballou logo como axudante de
dirección. O mítico cartel do filme é
tamén da súa autoría.
3. De Jacques Tati aprende a creación
dunha comicidade especificamente
cinematográfica, baseada na precisa
coreografía dos movementos de
cámara, o uso do son (e a súa
ausencia) e os efectos de montaxe.
Coa súa primeira curtametraxe,
Rupture, inicia a colaboración co
guionista Jean-Claude Carrière.
Obtén o Oscar de Hollywood á
mellor curtametraxe de ficción en
1963 co seu segundo filme, Heureux
anniversaire.
4. A súa filmografía complétase con cinco
longametraxes máis: Le soupirant
(1962), Yoyo (1965), Tant qu'on a la
santé (1966), Le Grand Amour (1969) e
Pays de cocagne (1971).
El pretendiente acada certa difusión en
España; Yoyo, porén, móvese cuns anos
de retraso no circuíto de arte e ensaio.
6. ABC, 10 de xuño de 1969, páxina 81
ABC, 5 de maio de 1970, páxina 83
7. E aí remata todo... case.
Dedícase ao circo coa súa esposa,
Annie Fratellini. Escribe varios
proxectos cinematográficos que non
saen adiante e participa no filme
“oculto” de Jerry Lewis, The Day the
Clown Cried (1972). Tamén aparece
como actor en I Clowns (Fellini,
1971), Max mon amour (Oshima,
1985) ou Le Havre (Kaurismäki,
2011).
Nos 80 dirixe para TV a adaptación
dunha peza de teatro, L'âge de
Monsieur est avancé, e un encargo
conmemorativo do bicentenario da
Revolución Francesa, J'écris dans
l'espace.
8. Durante moitos anos os seus filmes apenas
foron vistos, por culpa de disputas arredor da
propiedade dos dereitos. O conflito resolveuse
logo dun longo litixio en 2009, cando o
Tribunal de Grande Instance de París lle deu
a razón a Pierre Étaix.
Iniciouse entón un proceso de restauración
das copias que posibilitou unha nova vida
para os filmes, hoxe dispoñíbeis en boas
edicións. Pierre Étaix goza agora dun xusto
recoñecemento polos cinéfilos máis novos, os
que non tiveron ocasión de descubrir a súa
estimulante obra no tempo en que foi feita.