SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 16
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Na primavera de 1981 comezaron a
circular rumores nos Estados Unidos
sobre unha enfermidade “nova e
exótica” que circulaba entre a
comunidade gay.
O 5 de xuño de 1981 o Morbidity and
Mortality Weekly Report do CDC
(Centers for Disease Control and
Prevention) daba conta de cinco casos,
“5 young men, all active homosexuals”,
diagnosticados con pneumonía por
Pneumocystis carini, asociada a persoas
que teñen severamente afectado o seu
sistema inmunitario. Era o inicio dunha
catástrofe global, se ben nesa altura os
sinais de alarma parecían lonxanos.
Imaxe: micrografía electrónica do VIH-1 (en verde) nun cultivo de
linfocitos. Fonte: CDC [Wikipedia]. Dominio público.
Na actualidade asúmese que houbo casos
de SIDA máis de dúas décadas antes;
estudos retrospectivos identifican os
síntomas da enfermidade en pacientes dos
anos 60 e 70. A hipótese máis aceptada é
que a enfermidade se orixinou en
chimpancés na África central atlántica e
que se transmitiu ao ser humano a
comezos do século XX (como pouco). É un
caso máis de zoonose.
Imaxe: chimpancé común, Parque Nacional Kibale, Uganda.
Autor: Charles J. Sharp., CC BY-SA 4.0. Fonte: Wikipedia.
O primeiro ano a comunidade médica non empregou
un nome específico para a enfermidade. Na prensa fixo
fortuna o acrónimo GRID, Gay-Related Immune
Deficiency. Máis adiante o CDC popularizou a referencia
aos “4 H”: persoas homosexuais, consumidoras de
heroína, doentes de hemofilia e naturais de Haití.
Nun encontro científico celebrado o 27 de xullo de 1982
introduciuse finalmente un termo moito máis atinado
fronte á lóxica reducionista do “cáncer gay”: AIDS,
acquired immunodeficiency syndrome, que en galego
é a SIDA, a síndrome da inmunodeficiencia adquirida.
Imaxe: primeiro artigo sobre o “estraño cancro” entre a poboación homosexual no New York
Times, 3 de xullo de 1981.
En 1983 dous grupos de investigación, un francés (liderado por Françoise Barré-
Sinoussi e Luc Montagnier) e outro americano (con Robert Gallo á fronte),
presentaron por separado o seu descubrimento dun retrovirus como posíbel
causa da infección. Françoise e Luc recibiron en 2008 o Nobel de Medicina polo
seu achado.
Segundo as estatísticas de UNAIDS /
ONUSIDA (Programa conxunto das
Nacións Unidas para a SIDA), desde o
comezo da pandemia houbo 36 millóns de
mortes relacionadas coa enfermidade (13
veces a poboación de Galiza) e arredor de
79 millóns de persoas contaxiadas. En
2020 houbo 1,5 millóns de novos casos de
SIDA e 680 mil falecementos. O leste e o
sur de África son hoxe as rexións máis
afectadas e concentran o 45% das novas
infeccións.
Póster creado polo Center for Attitudinal
Healing (California, EEUU.) en 1987.
O cinema non tardou en facerse eco
da SIDA con obras que serviron,
tamén, para retratar a comunidade
homosexual lonxe dos tópicos e
prexuízos daquela aínda vivos nas
producións da grande industria. E
nese camiño foi un autor
fundamental Arthur J. Bressan Jr,
(1943-1987), pioneiro do cinema gay
independente cunha filmografía
que inclúe unha ficción romántica
con escenas de sexo explícito,
Passing Strangers (1974), o exultante
documental Gay U.S.A. (1978), retrato
da vitalidade das marchas do
orgullo en diversos puntos dos
Estados Unidos, e varias películas de
porno gay nos 80.
Imaxe: The Bressan Prject, https://bressanproject.wixsite.com/website
En 1985 estrea a maxistral Buddies, o
primeiro grande filme que fala
abertamente da SIDA a través da
amizade entre un enfermo terminal
(Geoff Edholm) e o “buddy”, o colega
que o acompaña no hospital de
forma voluntaria (David Schachter).
Arthur J. Bressan Jr morreu por
complicacións derivadas da SIDA o 29
de xullo de 1987.
A primeira película sobre a SIDA que tivo
unha ampla difusión foi unha estupenda
produción televisiva, An Early Frost, dirixida
por John Erman e cun memorábel elenco:
Aidan Quinn, Gena Rowlands, Ben Gazzara.
Sylvia Sidney, D. W. Moffett, John Glover e
Terry Quinn. Programada pola NBC o 11 de
novembro de 1985, foi vista por 34 millóns
de persoas.
Parting Glances (Bill Sherwood, 1986)
reflectía con naturalidade e toques de
comedia un día na vida dunha parella
gay (John Bolger, Richard Ganoung). A
pandemia facíase explícita por medio
dun carismático personaxe portador do
virus ao que daba vida Steve Buscemi.
A SIDA acabou coa vida do director Bill
Sherwood en 1990, aos 37 anos.
Longtime Companion (1989) é unha
película coral estruturada en nove
capítulos que se corresponden con
nove datas entre xullo de 1981 (co artigo
do “gay cancer” no New York Times) e
xullo de 1989. Dirixida por Norman René
con guión do seu colaborador habitual
Craig Lucas, ten no seu espléndido
elenco a Campbell Scott, Stephen
Caffrey, Mary Louise Parker, Patrick
Cassidy, Dermot Mulroney e Bruce
Davidson, que foi candidato ao Oscar
como mellor actor secundario.
Norman René morreu en 1996 a
consecuencia da SIDA.
Common Threads: Stories from the Quilt (Rob
Epstein e Jeffrey Friedman, 1989) válese do
monumental "quilt" que recorda as miles de
vítimas da enfermidade como escusa para
recoller as testemuñas de persoas que
perderon parellas, fillos e amigos. Obtivo o
Oscar á mellor longametraxe documental.
Cineasta, poeta e activista, Marlon Riggs
analizou con audacia a idea da raza e
identidade sexual nos Estados Unidos a
través da “performance” e a “spoken word”
en filmes como Tongues Untied (1989),
onde a SIDA tamén está presente. Marlon
Riggs faleceu por culpa desta enfermidade
en 1994.
Máis coñecida como compositora, cantante e artista de “performance”, Meredith
Monk é tamén autora de dous filmes sensacionais: a curta Ellis Island (1982) e a
longametraxe Book of Days (1989), que debuxa paralelismos entre o tempo
presente e unha Idade Media marcada por conflitos raciais e relixiosos, a ameaza
dunha enfermidade contaxiosa (a peste) e o medo á destrución da humanidade.
Unha obra mestra, en suma, de permanente actualidade.
Figura capital do cinema británico do
último terzo do século XX con filmes
como Sebastiane (1976), Jubilee (1978),
The Tempest (1979), Caravaggio (1986),
War Requiem (1989), Edward II (1991) ou
Wittgenstein (1993), Derek Jarman
perdeu a visión por problemas derivados
da SIDA. A súa resposta artística foi tan
radical como emotiva: Blue (1993), un
fotograma azul como imaxe única para
unha traballada e elexíaca banda sonora.
Finou en 1994 aos 52 anos.

Weitere ähnliche Inhalte

Mehr von filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arznerfilmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupinofilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesfilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 

Mehr von filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 

A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas

  • 1.
  • 2. Na primavera de 1981 comezaron a circular rumores nos Estados Unidos sobre unha enfermidade “nova e exótica” que circulaba entre a comunidade gay. O 5 de xuño de 1981 o Morbidity and Mortality Weekly Report do CDC (Centers for Disease Control and Prevention) daba conta de cinco casos, “5 young men, all active homosexuals”, diagnosticados con pneumonía por Pneumocystis carini, asociada a persoas que teñen severamente afectado o seu sistema inmunitario. Era o inicio dunha catástrofe global, se ben nesa altura os sinais de alarma parecían lonxanos. Imaxe: micrografía electrónica do VIH-1 (en verde) nun cultivo de linfocitos. Fonte: CDC [Wikipedia]. Dominio público.
  • 3. Na actualidade asúmese que houbo casos de SIDA máis de dúas décadas antes; estudos retrospectivos identifican os síntomas da enfermidade en pacientes dos anos 60 e 70. A hipótese máis aceptada é que a enfermidade se orixinou en chimpancés na África central atlántica e que se transmitiu ao ser humano a comezos do século XX (como pouco). É un caso máis de zoonose. Imaxe: chimpancé común, Parque Nacional Kibale, Uganda. Autor: Charles J. Sharp., CC BY-SA 4.0. Fonte: Wikipedia.
  • 4. O primeiro ano a comunidade médica non empregou un nome específico para a enfermidade. Na prensa fixo fortuna o acrónimo GRID, Gay-Related Immune Deficiency. Máis adiante o CDC popularizou a referencia aos “4 H”: persoas homosexuais, consumidoras de heroína, doentes de hemofilia e naturais de Haití. Nun encontro científico celebrado o 27 de xullo de 1982 introduciuse finalmente un termo moito máis atinado fronte á lóxica reducionista do “cáncer gay”: AIDS, acquired immunodeficiency syndrome, que en galego é a SIDA, a síndrome da inmunodeficiencia adquirida. Imaxe: primeiro artigo sobre o “estraño cancro” entre a poboación homosexual no New York Times, 3 de xullo de 1981.
  • 5. En 1983 dous grupos de investigación, un francés (liderado por Françoise Barré- Sinoussi e Luc Montagnier) e outro americano (con Robert Gallo á fronte), presentaron por separado o seu descubrimento dun retrovirus como posíbel causa da infección. Françoise e Luc recibiron en 2008 o Nobel de Medicina polo seu achado.
  • 6. Segundo as estatísticas de UNAIDS / ONUSIDA (Programa conxunto das Nacións Unidas para a SIDA), desde o comezo da pandemia houbo 36 millóns de mortes relacionadas coa enfermidade (13 veces a poboación de Galiza) e arredor de 79 millóns de persoas contaxiadas. En 2020 houbo 1,5 millóns de novos casos de SIDA e 680 mil falecementos. O leste e o sur de África son hoxe as rexións máis afectadas e concentran o 45% das novas infeccións.
  • 7. Póster creado polo Center for Attitudinal Healing (California, EEUU.) en 1987.
  • 8. O cinema non tardou en facerse eco da SIDA con obras que serviron, tamén, para retratar a comunidade homosexual lonxe dos tópicos e prexuízos daquela aínda vivos nas producións da grande industria. E nese camiño foi un autor fundamental Arthur J. Bressan Jr, (1943-1987), pioneiro do cinema gay independente cunha filmografía que inclúe unha ficción romántica con escenas de sexo explícito, Passing Strangers (1974), o exultante documental Gay U.S.A. (1978), retrato da vitalidade das marchas do orgullo en diversos puntos dos Estados Unidos, e varias películas de porno gay nos 80. Imaxe: The Bressan Prject, https://bressanproject.wixsite.com/website
  • 9. En 1985 estrea a maxistral Buddies, o primeiro grande filme que fala abertamente da SIDA a través da amizade entre un enfermo terminal (Geoff Edholm) e o “buddy”, o colega que o acompaña no hospital de forma voluntaria (David Schachter). Arthur J. Bressan Jr morreu por complicacións derivadas da SIDA o 29 de xullo de 1987.
  • 10. A primeira película sobre a SIDA que tivo unha ampla difusión foi unha estupenda produción televisiva, An Early Frost, dirixida por John Erman e cun memorábel elenco: Aidan Quinn, Gena Rowlands, Ben Gazzara. Sylvia Sidney, D. W. Moffett, John Glover e Terry Quinn. Programada pola NBC o 11 de novembro de 1985, foi vista por 34 millóns de persoas.
  • 11. Parting Glances (Bill Sherwood, 1986) reflectía con naturalidade e toques de comedia un día na vida dunha parella gay (John Bolger, Richard Ganoung). A pandemia facíase explícita por medio dun carismático personaxe portador do virus ao que daba vida Steve Buscemi. A SIDA acabou coa vida do director Bill Sherwood en 1990, aos 37 anos.
  • 12. Longtime Companion (1989) é unha película coral estruturada en nove capítulos que se corresponden con nove datas entre xullo de 1981 (co artigo do “gay cancer” no New York Times) e xullo de 1989. Dirixida por Norman René con guión do seu colaborador habitual Craig Lucas, ten no seu espléndido elenco a Campbell Scott, Stephen Caffrey, Mary Louise Parker, Patrick Cassidy, Dermot Mulroney e Bruce Davidson, que foi candidato ao Oscar como mellor actor secundario. Norman René morreu en 1996 a consecuencia da SIDA.
  • 13. Common Threads: Stories from the Quilt (Rob Epstein e Jeffrey Friedman, 1989) válese do monumental "quilt" que recorda as miles de vítimas da enfermidade como escusa para recoller as testemuñas de persoas que perderon parellas, fillos e amigos. Obtivo o Oscar á mellor longametraxe documental.
  • 14. Cineasta, poeta e activista, Marlon Riggs analizou con audacia a idea da raza e identidade sexual nos Estados Unidos a través da “performance” e a “spoken word” en filmes como Tongues Untied (1989), onde a SIDA tamén está presente. Marlon Riggs faleceu por culpa desta enfermidade en 1994.
  • 15. Máis coñecida como compositora, cantante e artista de “performance”, Meredith Monk é tamén autora de dous filmes sensacionais: a curta Ellis Island (1982) e a longametraxe Book of Days (1989), que debuxa paralelismos entre o tempo presente e unha Idade Media marcada por conflitos raciais e relixiosos, a ameaza dunha enfermidade contaxiosa (a peste) e o medo á destrución da humanidade. Unha obra mestra, en suma, de permanente actualidade.
  • 16. Figura capital do cinema británico do último terzo do século XX con filmes como Sebastiane (1976), Jubilee (1978), The Tempest (1979), Caravaggio (1986), War Requiem (1989), Edward II (1991) ou Wittgenstein (1993), Derek Jarman perdeu a visión por problemas derivados da SIDA. A súa resposta artística foi tan radical como emotiva: Blue (1993), un fotograma azul como imaxe única para unha traballada e elexíaca banda sonora. Finou en 1994 aos 52 anos.