SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 13
Downloaden Sie, um offline zu lesen
A Segunda Guerra Mundial deixounos
aínda máis claro, por se non o estaba
xa, que a ciencia que nos axuda a vivir
mellor tamén pode ser empregada
para provocar un dano inmenso. As
bombas de Hiroshima e Nagasaki
foron unha demostración práctica e
brutal do poder destrutor da enerxía
atómica domesticada polo equipo
científico do proxecto Manhattan.
O misterioso e invisíbel poder dos
procesos atómicos abriu unha porta
colosal á imaxinación, nun tempo que
politicamente se volvía a complicar coa
división do planeta en dous bloques
liderados polos EEUU e a URSS e o
comezo desa Guerra Fría que tivo ao
planeta en tensión durante varias
décadas.
Nube da bomba de Hiroshima. Imaxe: George R. Carson.
Dominio público.
Na mesma altura penetra na cultura
popular o acrónimo OVNI, obxecto
voador non identificado, termo
introducido en 1953 pola Forza Aérea
estadounidense. O concepto do
“flying saucer” empeza a ser asociado
a supostas naves extraterrestres a
través de diversas publicacións
pseudocientíficas.
Temos, pois, un caldo de cultivo
idóneo para a ciencia-ficción. O medo
ao inimigo que vén do espazo exterior
alimenta unha longa serie de
invasións extraterrestres, sobre todo
marcianas. É o caso de The War of the
Worlds, a adaptación que dirixiu en
1953 Byron Haskin da fabulosa novela
de H. G. Wells que en 1938 foi obxecto
dunha mítica versión radiofónica a
cargo de Orson Welles.
Invaders from Mars (William Cameron
Menzies, 1953) introducía unha idea
perversa: os extraterrestres controlaban
os cerebros da xente sen alterar a súa
aparencia, de xeito que ninguén, nin a
familia máis cercana, era de fiar.
En It Came From Outer Space (Jack
Arnold, 1953) a posesión dos corpos é a
fórmula que empregan os extraterrestres
para mesturarse entre a poboación sen
aterrala mentres reparan a súa nave
estropeada.
Nas frases finais, o protagonista expón
un tópico do momento: “Non era o
momento axeitado para entrarmos en
contacto. Mais haberá outras noites... e
outras estrelas para observarmos.
Regresarán”.
Moi interesante é The Space Children
(Jack Arnold, 1958), na que os
extraterrestres se valen dos nenos e
nenas de todo o planeta para
provocar a destrución do armamento
en diferentes países.
Un tema habitual na ciencia ficción
dos anos 50 é o pánico á enerxía
atómica, os ensaios nucleares e os
efectos da radiación, que parecían
pavorosamente imprevisíbeis.
Un exemplo canónico é Gojira (Ishirō
Honda, 1954), primeira entrega cun
monstro de longuísima fortuna
cinematográfica.
A radiación atómica provocaba o
crecemento desmedido das formigas
na sensacional Them! [La humanidad
en peligro] de Gordon Douglas, que
contaba, ademais, cun personaxe
feminino de científica.
“-Se a primeira bomba atómica
produciu estes monstros... que
resultará das seguintes?
-Non o sei. Iso non o sabe ninguén,
Robert. A era atómica abriu unha
porta a un novo mundo e ninguén
pode predicir que nos depara ese novo
mundo”.
En The Incredible Shrinking Man, dirixido
por Jack Arnold en 1957 (e con Richard
Matheson como guionista a partir da súa
propia novela), acontece todo o contrario.
Scott Carey, o personaxe principal, empeza
a perder peso e altura de maneira
alarmante. Logo de facerlle todo tipo de
probas, os médicos dan coa causa: a
progresiva miniaturización do personaxe
débese ao afecto combinado da radiación
coa dos pesticidas, un combo perfecto uns
anos antes que Rachel Carson publicara
un libro fundamental, Silent Spring, en
1962.
Outra liña interesante é o dos filmes que
falan, literalmente, da apocalipse nuclear.
O filme fundacional é unha produción
independente, Five de Arch Oboler (1951).
Os cinco do título son os sobreviventes
dun holocausto nuclear que conflúen
nunha casa illada, que ademais ten
especial interese para os afeccionados á
arquitectura: era do director e estaba
deseñada por Frank Lloyd Wright.
Chea de estrelas está On the Beach
(Stanley Kramer, 1959), un filme estraño
no que logo dunha guerra nuclear a
maior parte do planeta quedou arrasado
e só queda xente viva en puntos illados
do sur. En Australia os personaxes do
filme agardan a chegada da nube
radioactiva, así que o filme é, en efecto,
unha conta atrás. Se algún espectador
agarda a que se salven Gregory Peck,
Fred Astaire, Ava Gardner ou un noviño
Anthony Perkins, que perda toda
esperanza. Ese filme acaba con toda a
humanidade.
Tres eran (polo menos) os sobreviventes
de The World, the Flesh and the Devil de
Ranald MacDougall (1959): Mel Ferrer,
Inger Stevens e o por moitas razóns
admirábel Harry Belafonte, actor
principal dun filme fascinante que non
omite, por suposto, a inxustiza da
discriminación racial.
Na obra mestra de Robert Wise The
Day the Earth Stood Still (1951), un
filme esencial para estudar a
representación da ciencia no cinema,
o extraterrestre Klaatu visitábanos
para expresar en voz alta unha
advertencia: a inestabilidade e os
ánimos belicosos no noso planeta eran
unha ameaza intolerábel para o
conxunto do universo e de seguirmos
así non lles quedaría máis remedio
que aniquilarnos. E a mensaxe lánzaa,
isto é o importante, ante unha
audiencia de figuras da ciencia, o
pensamento e a relixión, porque nesa
altura do filme a Klaatu xa non lle
quedaba gana ningunha de falar con
autoridades políticas.

Weitere ähnliche Inhalte

Mehr von filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arznerfilmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupinofilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesfilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 

Mehr von filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 

A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50

  • 1.
  • 2. A Segunda Guerra Mundial deixounos aínda máis claro, por se non o estaba xa, que a ciencia que nos axuda a vivir mellor tamén pode ser empregada para provocar un dano inmenso. As bombas de Hiroshima e Nagasaki foron unha demostración práctica e brutal do poder destrutor da enerxía atómica domesticada polo equipo científico do proxecto Manhattan. O misterioso e invisíbel poder dos procesos atómicos abriu unha porta colosal á imaxinación, nun tempo que politicamente se volvía a complicar coa división do planeta en dous bloques liderados polos EEUU e a URSS e o comezo desa Guerra Fría que tivo ao planeta en tensión durante varias décadas. Nube da bomba de Hiroshima. Imaxe: George R. Carson. Dominio público.
  • 3. Na mesma altura penetra na cultura popular o acrónimo OVNI, obxecto voador non identificado, termo introducido en 1953 pola Forza Aérea estadounidense. O concepto do “flying saucer” empeza a ser asociado a supostas naves extraterrestres a través de diversas publicacións pseudocientíficas. Temos, pois, un caldo de cultivo idóneo para a ciencia-ficción. O medo ao inimigo que vén do espazo exterior alimenta unha longa serie de invasións extraterrestres, sobre todo marcianas. É o caso de The War of the Worlds, a adaptación que dirixiu en 1953 Byron Haskin da fabulosa novela de H. G. Wells que en 1938 foi obxecto dunha mítica versión radiofónica a cargo de Orson Welles.
  • 4. Invaders from Mars (William Cameron Menzies, 1953) introducía unha idea perversa: os extraterrestres controlaban os cerebros da xente sen alterar a súa aparencia, de xeito que ninguén, nin a familia máis cercana, era de fiar.
  • 5. En It Came From Outer Space (Jack Arnold, 1953) a posesión dos corpos é a fórmula que empregan os extraterrestres para mesturarse entre a poboación sen aterrala mentres reparan a súa nave estropeada. Nas frases finais, o protagonista expón un tópico do momento: “Non era o momento axeitado para entrarmos en contacto. Mais haberá outras noites... e outras estrelas para observarmos. Regresarán”.
  • 6. Moi interesante é The Space Children (Jack Arnold, 1958), na que os extraterrestres se valen dos nenos e nenas de todo o planeta para provocar a destrución do armamento en diferentes países.
  • 7. Un tema habitual na ciencia ficción dos anos 50 é o pánico á enerxía atómica, os ensaios nucleares e os efectos da radiación, que parecían pavorosamente imprevisíbeis. Un exemplo canónico é Gojira (Ishirō Honda, 1954), primeira entrega cun monstro de longuísima fortuna cinematográfica.
  • 8. A radiación atómica provocaba o crecemento desmedido das formigas na sensacional Them! [La humanidad en peligro] de Gordon Douglas, que contaba, ademais, cun personaxe feminino de científica. “-Se a primeira bomba atómica produciu estes monstros... que resultará das seguintes? -Non o sei. Iso non o sabe ninguén, Robert. A era atómica abriu unha porta a un novo mundo e ninguén pode predicir que nos depara ese novo mundo”.
  • 9. En The Incredible Shrinking Man, dirixido por Jack Arnold en 1957 (e con Richard Matheson como guionista a partir da súa propia novela), acontece todo o contrario. Scott Carey, o personaxe principal, empeza a perder peso e altura de maneira alarmante. Logo de facerlle todo tipo de probas, os médicos dan coa causa: a progresiva miniaturización do personaxe débese ao afecto combinado da radiación coa dos pesticidas, un combo perfecto uns anos antes que Rachel Carson publicara un libro fundamental, Silent Spring, en 1962.
  • 10. Outra liña interesante é o dos filmes que falan, literalmente, da apocalipse nuclear. O filme fundacional é unha produción independente, Five de Arch Oboler (1951). Os cinco do título son os sobreviventes dun holocausto nuclear que conflúen nunha casa illada, que ademais ten especial interese para os afeccionados á arquitectura: era do director e estaba deseñada por Frank Lloyd Wright.
  • 11. Chea de estrelas está On the Beach (Stanley Kramer, 1959), un filme estraño no que logo dunha guerra nuclear a maior parte do planeta quedou arrasado e só queda xente viva en puntos illados do sur. En Australia os personaxes do filme agardan a chegada da nube radioactiva, así que o filme é, en efecto, unha conta atrás. Se algún espectador agarda a que se salven Gregory Peck, Fred Astaire, Ava Gardner ou un noviño Anthony Perkins, que perda toda esperanza. Ese filme acaba con toda a humanidade.
  • 12. Tres eran (polo menos) os sobreviventes de The World, the Flesh and the Devil de Ranald MacDougall (1959): Mel Ferrer, Inger Stevens e o por moitas razóns admirábel Harry Belafonte, actor principal dun filme fascinante que non omite, por suposto, a inxustiza da discriminación racial.
  • 13. Na obra mestra de Robert Wise The Day the Earth Stood Still (1951), un filme esencial para estudar a representación da ciencia no cinema, o extraterrestre Klaatu visitábanos para expresar en voz alta unha advertencia: a inestabilidade e os ánimos belicosos no noso planeta eran unha ameaza intolerábel para o conxunto do universo e de seguirmos así non lles quedaría máis remedio que aniquilarnos. E a mensaxe lánzaa, isto é o importante, ante unha audiencia de figuras da ciencia, o pensamento e a relixión, porque nesa altura do filme a Klaatu xa non lle quedaba gana ningunha de falar con autoridades políticas.