Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.
UNIDADE DIDÁCTICA 4:
A PLANIFICACIÓN
EDUCATIVA
ÍNDICE
1.Para non perder o norte: o currículo como
expresión das intencións educativas
1.1. Concepto de currículo
1.2. Ele...
O termo “currículo” provén do latín
O termo “currículo” provén do latín
“currículum”, que significa “carreira”.
“currículu...
1. O CURRÍCULO COMO EXPRESIÓN
DAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS

1.1. Concepto de currículo (I)
Definición

de currículo

A) Conx...
1.1. Concepto de currículo (II)
 Fontes

do currículo*

O currículo fundaméntase nas seguintes bases teóricas:
Base socio...
1.2. Elementos do currículo (I)
 De

acordo coa definición “A”

1. Que ensinar?

Selección de obxectivos e contidos.

2. ...
1.2. Elementos do currículo (II)
Imos centrarnos na definición “B”...
1. Obxectivos
◦ Son os fins que dirixen a intervenci...
1.2. Elementos do currículo (III)
2. Competencias básicas*
◦ Son as aprendizaxes que se consideran imprescindibles para qu...
1.2. Elementos do currículo (IV)
3. Contidos
◦ Son as aprendizaxes que debe realizar o alumnado para acadar os obxectivos....
1.2. Elementos do currículo (V)
4. Métodos pedagóxicos*
◦ Son as estratexias utilizadas na intervención educativa para
fav...
1.3. Niveis de concreción curricular (I)
O

currículo debe ser aberto e flexible, é dicir, debe
permitir que os centros e...
1.3. Niveis de concreción curricular (II)
 Un

currículo aberto vaise concretando do xeral ao particular,
dando lugar a t...
CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN
INFANTIL
2. O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL


Existe certa asimetría no currículo LOE do 1º ciclo e do 2º ciclo de
Educación Inf...
DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (I)*


Consti...
DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (II)*


O Dec...
A PROPOSTA PEDAGÓXICA…
E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (I)


A proposta pedagóxica
◦ A proposta pedagóxica (anteriormente...
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (II)


O proxecto educativo do centro (PEC)*
◦ O PEC é o documento...
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (III)


Outros documentos do centro*
◦ Regulamento de réxime inter...
- Poder ías dicir me, por f avor , que camiño
debo t omar par a saír de aquí?
- I so depende en gr an par t e do sit io ao...
4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (I)


A educación non formal tamén precisa dunha planificación.



O proceso ...
4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (II)


En liñas xerais, un proxecto debe conter os seguintes elementos:
ELEMEN...
MÁIS ALÁ!
NORTE E
RUMBO AO
Nächste SlideShare
Wird geladen in …5
×

Unidade Didáctica 4

449 Aufrufe

Veröffentlicht am

  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

Unidade Didáctica 4

  1. 1. UNIDADE DIDÁCTICA 4: A PLANIFICACIÓN EDUCATIVA
  2. 2. ÍNDICE 1.Para non perder o norte: o currículo como expresión das intencións educativas 1.1. Concepto de currículo 1.2. Elementos do currículo 1.3. Niveis de concreción curricular 2.O currículo da Educación Infantil 3.A proposta pedagóxica e outros documentos do centro 4.A planificación na educación non formal
  3. 3. O termo “currículo” provén do latín O termo “currículo” provén do latín “currículum”, que significa “carreira”. “currículum”, que significa “carreira”.
  4. 4. 1. O CURRÍCULO COMO EXPRESIÓN DAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS 1.1. Concepto de currículo (I) Definición de currículo A) Conxunto de decisións relativas ao proceso educativo sobre que, cando e como ensinar e que, cando e como avaliar. B) Conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación (definición da LOE).* OLLO: A LOMCE define o currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe, incluíndo os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación.* Funcións do currículo ◦ Facer explícitas as intencións do sistema educativo. ◦ Servir como guía para orientar a práctica pedagóxica.
  5. 5. 1.1. Concepto de currículo (II)  Fontes do currículo* O currículo fundaméntase nas seguintes bases teóricas: Base sociolóxica: demandas sociais acerca do sistema educativo Base pedagóxica: factores favorecedores do ensino-aprendizaxe CURRÍCULO Base filosófica: ideas sobre que é o mellor para o ser humano Base epistemolóxica: coñecementos sobre as distintas áreas ou materias curriculares Base psicolóxica: procesos de desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado
  6. 6. 1.2. Elementos do currículo (I)  De acordo coa definición “A” 1. Que ensinar? Selección de obxectivos e contidos. 2. Cando ensinar? Secuencia de obxectivos e contidos. 3. Como ensinar? Metodoloxía. 4. Que, cando e como avaliar?  De Avaliación. acordo coa definición “B” (LOE)* 1. Obxectivos. 2. Competencias básicas. 3. Contidos. 4. Métodos pedagóxicos. 5. Criterios de avaliación.
  7. 7. 1.2. Elementos do currículo (II) Imos centrarnos na definición “B”... 1. Obxectivos ◦ Son os fins que dirixen a intervención educativa. ◦ Describen as capacidades que se espera que adquira o alumnado como consecuencia do proceso educativo. ◦ Os currículos de Educación Infantil poden incluír tres tipos de obxectivos:  OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (período 0-6).  OBXECTIVOS DO CICLO (0-3 ou 3-6).  OBXECTIVOS DE ÁREA (para cada área curricular).
  8. 8. 1.2. Elementos do currículo (III) 2. Competencias básicas* ◦ Son as aprendizaxes que se consideran imprescindibles para que unha persoa acade un adecuado desenvolvemento persoal, escolar e social. ◦ Están asociadas ao ensino básico (Primaria e Secundaria), aínda que a Educación Infantil tamén debe contribuír ao seu desenvolvemento. ◦ Non se desenvolven só a través da educación formal, senón tamén a través da educación non formal e informal. ◦ Son 8: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía persoal.
  9. 9. 1.2. Elementos do currículo (IV) 3. Contidos ◦ Son as aprendizaxes que debe realizar o alumnado para acadar os obxectivos. ◦ Poden ser de 3 tipos:  CONTIDOS CONCEPTUAIS (saber cousas)  CONTIDOS PROCEDIMENTAIS (saber facer)  CONTIDOS ACTITUDINAIS (saber ser) OLLO: Na LOE non aparecen definidos estes tres tipos de contidos, pero todos eles deben estar presentes no currículo.* ◦ Outros contidos que cómpre mencionar son os denominados “TEMAS TRANSVERSAIS”: contidos esencialmente actitudinais que pola súa relevancia social non se traballan como áreas específicas senón que impregnan toda a intervención educativa Educación cívica e moral, educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para a saúde, educación ambiental, educación do consumidor/a, educación sexual, educación vial. OLLO: Na LOE os temas transversais aparecen como “educación en valores”.*
  10. 10. 1.2. Elementos do currículo (V) 4. Métodos pedagóxicos* ◦ Son as estratexias utilizadas na intervención educativa para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe. ◦ Trátase dun elemento referido á práctica docente. 5. Criterios de avaliación* ◦ Son normas de referencia para valorar a consecución dos obxectivos por parte do alumnado.
  11. 11. 1.3. Niveis de concreción curricular (I) O currículo debe ser aberto e flexible, é dicir, debe permitir que os centros e os educadores/as adapten as decisións curriculares ás características do contexto educativo e do alumnado.  Desde esta perspectiva, pódense momentos distintos no currículo: diferenciar dous ◦ DESEÑO DO CURRÍCULO: plan xeral que guía as accións educativas. ◦ DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO: posta en práctica dese proxecto, coas necesarias adecuacións á realidade.
  12. 12. 1.3. Niveis de concreción curricular (II)  Un currículo aberto vaise concretando do xeral ao particular, dando lugar a tres niveis de concreción:
  13. 13. CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL
  14. 14. 2. O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL  Existe certa asimetría no currículo LOE do 1º ciclo e do 2º ciclo de Educación Infantil: ◦ No 2º ciclo, 1630/2006, do mínimas do 2º establecen os mínimas. o Goberno fixa as ensinanzas mínimas (Real Decreto 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas ciclo de Educación Infantil) e as Comunidades Autónomas seus respectivos currículos respectando esas ensinanzas ◦ No 1º ciclo, en cambio, o Goberno non dispón as ensinanzas mínimas e son as Comunidades Autónomas as que determinan os “contidos educativos”. Polo tanto, existe unha realidade plural nos distintos territorios do Estado español en canto aos “contidos educativos” ou currículo para o período 0-3.  O currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia vén establecido nun Decreto único que completa as ensinanzas mínimas fixadas a nivel estatal para o 2º ciclo e determina os principais elementos curriculares do 1º ciclo: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.*
  15. 15. DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (I)*  Constitúe o 1º nivel de concreción curricular da Educación Infantil en Galicia (Decreto do currículo ou “Deseño Curricular Base”, DCB).  Contén unha serie de disposicións xerais para o conxunto da etapa de Educación Infantil: principios xerais, fins, obxectivos, áreas de coñecemento, distribución horaria, avaliación, atención á diversidade, etc. (ver artigos 2 a 13).  Tanto o currículo do 1º ciclo como o do 2º ciclo estrutúranse arredor de tres áreas de coñecemento, entendidas como ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil que deben abordarse de forma interrelacionada a través de actividades globalizadas que teñan interese e significado para as nenas e os nenos: 1. Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. 2. Coñecemento do contorno. 3. Linguaxes: comunicación e representación.
  16. 16. DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (II)*  O Decreto inclúe tanto elementos de carácter prescritivo como de carácter orientador: ◦ Son elementos de carácter prescritivo: os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación das áreas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo). Os contidos organízanse en bloques: ◦ Son elementos de carácter orientador: as orientacións metodolóxicas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo) e as contribucións ás competencias básicas (ver Anexo II). Algunhas orientacións metodolóxicas: ambiente agradable, estimulante e flexible que lles permita ás crianzas sentirse cómodas e explorar; relación fluída coas familias e co contorno; globalización da aprendizaxe; individualización da atención educativa; desenvolvemento das potencialidades das nenas e nenos a través da axuda doutras persoas, o movemento e o xogo; creación de situacións de interacción social nun contexto afectuoso...
  17. 17. A PROPOSTA PEDAGÓXICA… E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO
  18. 18. 3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (I)  A proposta pedagóxica ◦ A proposta pedagóxica (anteriormente chamada “proxecto curricular”) constitúe o 2º nivel de concreción currricular (adaptación do Decreto do currículo ao contexto do centro). ◦ Debe ser un instrumento vivo e revisable que recolla as decisións de todo o equipo educativo. A LOE sinala que a elaboración e seguimento da proposta pedagóxica do 1º ciclo de Educación Infantil está baixo a responsabilidade dun profesional co título de mestre/a de Educación Infantil ou equivalente, pero o conxunto do equipo educativo de ciclo debe participar, facer achegas, establecer acordos e finalmente aprobar o documento co fin de dotar de coherencia e unidade á práctica educativa.* ◦ Tomando como referencia o que a Comunidade Autónoma de Galicia fixa para o 2º ciclo de Educación Infantil (Orde do 25 de xuño de 2009), pode incluír aspectos como os seguintes: adecuación dos obxectivos xerais da Educación Infantil ao contexto do centro; aspectos xerais para a elaboración das programacións (tendo en conta os obxectivos, contidos e criterios de avaliación das áreas dispostos no currículo); decisións sobre metodoloxía, agrupamento do alumnado e planificación dos espazos, materiais e tempo; educación en valores; atención á diversidade; decisións sobre a avaliación; accións para a colaboración coas familias; proxecto lingüístico; planificación do período de adaptación...* ◦ Forma parte do proxecto educativo do centro e debe basearse no establecido nel.
  19. 19. 3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (II)  O proxecto educativo do centro (PEC)* ◦ O PEC é o documento que expresa as intencións da comunidade educativa con respecto aos principios rectores, as opcións educativas e as características esenciais do centro, dando coherencia a todas as accións que se desenvolven nel e reflectindo a súa singularidade. ◦ Dá resposta ás seguintes preguntas: ◦ Quen somos? Sinais de identidade. ◦ Que pretendemos? Obxectivos. ◦ Como nos organizamos? Estrutura organizativa. ◦ Na elaboración do PEC deben participar os distintos sectores da comunidade educativa, baixo a coordinación da dirección do centro. A aprobación do PEC correspóndelle ao Consello Escolar do centro. OLLO: Na LOMCE, a aprobación do PEC correspóndelle ao director/a.
  20. 20. 3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (III)  Outros documentos do centro* ◦ Regulamento de réxime interior: conxunto de normas de organización e funcionamento do centro. ◦ Proxecto de xestión: documento no que se plasma a xestión económica e a administración dos recursos do centro. ◦ Programación xeral anual: documento que concreta todos os plans de actuación acordados para un curso académico. ◦ Memoria anual: avaliación das actuacións previstas na programación xeral anual que se realiza ao finalizar o curso académico co fin de identificar e corrixir posibles incidencias.
  21. 21. - Poder ías dicir me, por f avor , que camiño debo t omar par a saír de aquí? - I so depende en gr an par t e do sit io ao que queir as chegar - dixo o gat o. - Non me impor t a moit o o sit io - dixo Alicia. - Daquela t ampouco impor t a moit o o camiño que t omes -r espondeu o gat o. (“Alicia no país das mar abillas”, Lewis Car r oll) A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL
  22. 22. 4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (I)  A educación non formal tamén precisa dunha planificación.  O proceso de planificación na educación non formal prodúcese en distintos niveis, dando lugar aos seguintes niveis de planificación: NIVEIS DE PLANIFICACIÓN Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Planificación estratéxica Planificación táctica Planificación operativa PLAN PROGRAMA PROXECTO -Grandes liñas de actuación para un territorio ou sector da poboación a medio/longo prazo. -Aplicación do plan a unha realidade concreta nun prazo de tempo máis limitado. -Intervención concreta que dá resposta ás intencións dun programa. -Concreta os obxectivos do plan, sinala prioridades e determina os recursos. -Especifica o proceso que se vai levar a cabo con detalle. -Establece os obxectivos xerais, sinala as actuacións máis representativas e prevé o financiamento. -Pode ser de ámbito europeo, nacional, autonómico... -Soe ser desenvolvido por administracións máis próximas ao cidadán (autonómica ou local). -É responsabilidade do equipo de traballo que o vai poñer en práctica.
  23. 23. 4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (II)  En liñas xerais, un proxecto debe conter os seguintes elementos: ELEMENTOS DUN PROXECTO 1. Que? NATUREZA DO PROXECTO Denominación e presentación. 2. Por que? XUSTIFICACIÓN Necesidades que resolve. 3. A quen? DESTINATARIOS Persoas ás que vai dirixido. 4. Para que? OBXECTIVOS Metas concretas que se perseguen. 5. Como? METODOLOXÍA E ACTIVIDADES Como se vai levar a cabo. 6. Cando? TEMPORALIZACIÓN Duración e cronograma. 7. Onde? LOCALIZACIÓN Lugar e espazos que se van empregar. 8. Con quen? RECURSOS HUMANOS Persoal que o leva a cabo. 9. Con que? RECURSOS MATERIAIS E ECONÓMICOS Materiais necesarios e orzamento. 10. Como valoralo? AVALIACIÓN Valoración de todo o proceso. OLLO: é preciso que os elementos do proxecto teñan coherencia e lóxica interna.
  24. 24. MÁIS ALÁ! NORTE E RUMBO AO

×