2. San Sadurniño é un municipio de Coruña,
de unhos 3.000 habitantes.
É un lugar tranquilo, idoneo para
relaxarse ou ir de vacacións, xa que hai
moitos lugares que se deberían coñecer.
4. En verán pódese acudir á piscina municipal, na
cal hai vixiancia durante todo o tempo.
6. Se queres relaxarte podes visitar o Forgoselo, un
lugar en donde atoparás tranquilidade e estarás
afastado do resto do mundo.
7. Esta imaxe correspondese coa Capela de San
Cristobo, na parroquia de Ferreira, en donde o mes
de xullo se celebra unha festa.
8. Esta é a cama de San Vicente, situada no Pico de Ferreira. Existe unha lenda que
fala sobre ela.
San Vicente tiña unha ermida no Pico de Ferreira, un día os veciños baixárono
para a igrexa parroquial pero este non se sentía agusto e decidiu ir durmir á
“Cama de San Vicente” no Pico. Os veciños que o tiñan que ir buscar todos os días,
un día cansos, decidiron encadealo. A xente hai uns anos acudía a ese lugar para
curar as doenzas que tiñan. O ritual di que hai que dar cinco voltas ó arredor do
sártego mollando a parte que queremos que sae na auga que que está alí
depositada a causa da choiva.
Antigamente o 25 de maio tamén se acendían velas naquel lugar.
10. O castelo de Narahío son os restos de un antigo
castelo medieval. Dende o ano 1994 esta edificación
está considerada como un Ben de Interés Cultural
dentro dos monumentos do patrimonio histórico de
España.
O lado do castelo hai un río no que se pode bañar a
xente e un parque para que poidan disfrutar dunha
tarde de xogo os máis pequenos.
11. Se te queres divertir, podes ir ao
Festival do Río Castro
12. O festival do Río Castro é unha festa tradicional
que se celebra en Narahío a principios de Xuño
ó carón do Río Castro.
Alí a xente vai de acampada e pola tarde
realízanse xogos populares para que tanto
nenos como maiores poidan disfrutar. Á noite
pódese gozar dun fantástico espectáculo de
música.
13. Tamén podes acudir ao San Pipote, outra festa tradicional da parroquia
de Bardaos, que atrae todos os anos unha morea de xente.
Son tres días de festa, pero o último é o día grande, no que se chegaron a xuntar
ata 6.000 persoas. Pola tarde realízanse xogos populares e, pola noite, chega o
que todo o mundo espera. Consiste en sacar a San Pipote, que é un barril cheo de
200 litros de calimocho. Sácase en procesión polo campo da festa e vestidos con
faldas escocesas e con boinas.