Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

25 n yolanda garcía ferradás

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 1 Anzeige
Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Anzeige

Ähnlich wie 25 n yolanda garcía ferradás (19)

Anzeige

Aktuellste (20)

25 n yolanda garcía ferradás

  1. 1. A quen lle interese: Cada día que pasa creo que teño menos vida. Vivo nun inferno permanente onde non existe a piedade para a miña alma. Sinto medrar o medo e as angustias dun final que descoñezo, son unha boneca rota en metade dun océano de novas “Barbies”, sobrevivo quieta e soa ao borde da loucura. Non podo evitar ter medo do meu futuro, nunca pensei en escapar ata agora, coa miña cara magoada dos golpes dese insensato. Pode que esta sexa a última carta que escriba, pode que a miña inesperada fuga non saia coa precisión do previsto. Teño que intentalo. Non podo ficar nesta casa cunha persoa que non me quere, ter medo de relacionarme con calquera para que non me golpeen máis. Síntome perdida. Asustada. Agora mesmo necesito un cachiño de terra onde aferrarme coa seguridade que nunca tiven. Levo catro días sen derramar bágoa ningunha, o meu maior récord. Estou segura de que esta é tan só unha historia máis, que se alguén dá con esta carta non cambiará o que millóns de mulleres sofren e teñen sufrido cada minuto da súa existencia. Eu sei coa certeza do maior sabio do mundo o que se sente: cando o primeiro golpe chega, culpabilízaste. Cando un tempo despois os golpes se repíten, non podes crelo, é remotamente imposible. Comezas a desculpar todas as accións de quen te maltrata. O que vén despois é o peor. Decátaste de que non te quere e intentas remedialo por todos os medios posibles. Tamén sei con certeza que esta é a última fase que ocorre sempre, a continuación hai dúas opcións: a total ignorancia e a fuxida. As miñas maletas descansan na porta da entrada. Non tiven o valor de denuncialo, porque o quixen, e, ás veces, cando recupero os recordos do pasado, quéroo. Sempre estiven equivocada e non o puiden ver. Eu non sei a razón de por que seguín apostando por el. Supoño que cando alguén se namora perde o sentidiño. Rapazas, nenas, mulleres e señoras do mundo: non deixedes que ninguén sexa o dono da vosa vida. Sodes como sodes e ninguén ten dereito a controlarvos. Se confiades en min, marcharemos xuntas; ficaremos nun lugar onde ninguén nos moleste e prométovos que sempre coidaremos as unhas das outras e que nunca voltaremos a sentirnos soas. Temos unha historia en común que sempre nos unirá cun fío de quilómetros. Tan só o amor cura. A rabia, o sentimento de culpa e o medo só conseguen afastarte das túas verdadeiras capacidades. Non pechedes os vosos corazóns, amade e deixarvos amar por alguén que o faga de verdade. Non pechedes o libro, só pasade páxina, aínda que custe. Quérovos, miñas princesas. Demostrade que nós tamén podemos levantar a voz e berrar. E se a algunha lle falta a voz, a nós sóbrannos palabras. Asinado: Unha valente máis.

×