1. Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. De Randufe
Nº 2 abril de 2006
Na fala galega vive
a alma da nosa terra;
a redención de Galicia
nos seus acentos latexa.
Polo que o seu verbo esquece
é traidor á natureza;
como irmáns todos falemos
a nobre fala galega
(Manuel Lugrís Freire)
Humor Anaina dos soños
(II de Helena Villar Janeiro, IV de María do Ce-
breiro, I, III e V de Lourdes Maceiras)
I
¿Como será esa nena
que vive nos nosos soños?
Ela está xa aquí connosco
cos seus risos e os seus xogos.
II
Viña
Mariña
coa súa cestiña
de Carapuchiña
cargada de mel
¡Ven por el!
III
¿Como será a nosa rula?
¿Como será o seu cantar?
¿Onde fará o seu niño?
¿Onde buscará o xantar?
IV
Gardei unha moeda de prata
no fondo do mar
ao mencer atopeina
entre a escuma
e levaba o teu nome
V
É unha fermosa serea
chea de dozura e sol
que apareceu coa marea
e cun aire morno e mol.
2. O sal Faga o favor de pasarme o sal
O leite Gústame tomar o leite morno
O mel O mel éche moi bo para a gorxa
O nariz Antía colocouse un ariño no nariz
O talle Ramón usa o talle XXL
O legume Lentellas, garavanzos e fabas son legumes
O costume O Xocas ten o costume de durmir no sofá
O sangue Co sangue do porco facemos filloas
O sorriso Paula ten un sorriso que engaiola
O sinal Nesa rúa hai un sinal de dirección prohibida
O fin O fin da medicina é curar e aliviar
A fin Ninguén se moveu até a fin da película
A árbore O carballo é unha árbore moi fermosa
A arte A arte renacentista naceu en Italia
A ponte A Ponte sobre o río Louro é medieval
A reuma Dóenlle as pernas pola reuma
A suor Moitas suores levou o meu pai
A calor Tanta calor vai amouchar as plantas
A auga Tomou unha auga de Mondariz sen gas
A viaxe A miña avoa fixo unha viaxe por Suíza
(todas as palabras rematadas en –axe son femininas
agás traxe, paxe, garaxe. Personaxe admite os dous
xéneros)