SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 80
ILLA DE SÁLVORA
A illa de Sálvora é unha illa do
océano Atlántico, que se atopa
na bocana da ría de Arousa,
Galiza, España.
Separada de terra firme por
unha distancia duns 3 km polo
Norte. Ocupa unha superficie
preto de 190 hectáreas, e ten
unha cota máxima de 71m.
Case todo o perímetro da illa é
zona rocosa, a excepción de
tres praias de branca e fina
area. Dende o ano 2001 está
integrada no Parque Nacional
das Illas Atlánticas de Galiza.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O FARO DE SÁLVORA
O faro de Sálvora,
servido por personal e
adscrito ao Ministerio
de Obras Públicas ata
1992 continúa habitado
na
actualidade,
dependendo
da
Autoridade Portuaria de
Vilagarcía de Arousa.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O TURISMO EN SÁLVORA
Pódese visitar a illa
realizando a ``Ruta de
Auga´´. A bordo dun
veleiro antigo
recórrense as illas de
Ons, Arousa e Sálvora;
trátase dunha ruta
guiada que inclúe a
proyección dun vídeo e
recorrido polas tres
illas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO
Conservar os hábitats e ecosistemas mariños
é de vital importancia para Galicia. Dous
son os principais perigos que ameazan a
integridade das costas: a contaminación e
a sobreexplotación.
Os vertidos de orixe urbana e industrial son
os de maior impacto nas nosas costas,
tanto pola súa potencial nocividade como
pola súa distribución na beiramar. As
consecuencias da degradación da calidade
da auga afectan, en diferente grao, ós
organismos plactónicos, peláxicos e
bentónicos, padecendo estes últimos, as
maiores contaminacións.
Outros motivos de alteración son: as
actividades de transporte por mar, a
contaminación atmosférica, a ocupación
desordenada do dominio litoral por
construccións e recheos, a regulación
hidrolóxica, a extracción de area e tamén
algunhas prácticas deportivas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO
Para poder mante-lo nivel de producción
e mellora-la productividade de calquer
espazo natural hai que preserva-las súas
boas condicións e correxi-los seus
problemas.
Na nosa ría, un dos sistemas naturais máis
productivos e ricos do mundo, como
consecuencia da grande densidade de
poboación e a dispersión, a actividade e
productividade económica e o alto nivel
de vida ten como consecuencia que as
causas e niveis ``normais´´ de agresión
ecolóxica sexan moi intensos.
Para combatelos sería necesario dotar de
servizos de recollida e mellora-los
existentes, fomentar o reciclado e instalar
e poñer en funcionamento medidas
correctoras e depuradoras.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
SOBREEXPLOTACIÓN E FURTIVISMO
A falta de respeto ás normas
establecidas por parte dos furtivos,
traballadores do mar e intrusos
ocasionais provocan a interrupción
dos ciclos naturais de
desenvolvemento das especies, coa
captura de inmaduros ou adultos en
época de reproducción, o que impide
a repoboación dos bancos e orixina
un descenso da súa productivide.
Para evitalo sería necesario fomentala investigación, ampliar e diversificala oferta económica, desenvolver
novas fontes de recursos, ofrecer
información e busca-la
concienciación necesaria para
establecelo respeto ás tallas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Mazarico Galego
• Mide 41 cm e ten o rabo estreito e
a cabeza con bandas de cor escura
e crara. O peteiro e o pescozo son
curtos. Aliméntase de insectos e
vexetais. En Galicia vese nos pasos
migratorios como invernante.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Gaivota Escura
A cor das ás e do lombo e gris tirando a
negro coas beiras brancas. No inverno ten
a cabeza con manchas. Vive en toda
Europa e inverna na Península Ibérica.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Píllara Papuda
Mide 15 cm. O macho e branco co lombo castaño craro e
unhas manchas negras arredor dos ollos. A femia e mais
crara cas manchas castañas. Vive en zonas de dunas e
praias donde se alimentan de vermes, crustáceos,
moluscos e insectos. Aniña en pequenas depresións de
area a partir de maio. Pon 2/3 ovos. En Galicia esta en
perigo xa que so aniñan unhas 50 parellas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Covo Mariño Real
Mide 90 cm de lonxitude e 140 cm de envergadura. A
cor é totalmente negra. Vive no mar pero tamén
frecuenta as lagoas costeiras, esteiros e encoros. Vive
no sur de Europa, Asia, África e Oceanía. En Galicia
aparece de setembro a marzo nos pasos migratorios.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Mergo Cristado
Mide 58 cm. Os machos teñen a cabeza negra verdosa
con dúas cristas na caluga. As femias teñen a parte
superior da cabeza castaña, fazulas e pescozo brancos, lombo, costas e peito grises.
Vive nas rías e aliméntase de peixes. Aniña no norte de
Europa e en Galicia é invernante regular de novembro
a marzo. É abundante na Ría de Arousa.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Pilro Curlibico
Corpo oval groso co pescozo e o rabo curtos e as
patas e o peteiro longas. Mide 17/19cm. A cor é
branca polo abdome e polo resto castaña-gris.
Vive nas marismas e areais e aliméntase de
miñocas, moluscos e crustáceos. É a ave acuática
máis abundan-te na Enseada do Umia con grupos
de máis de 5.000 individuos.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Gaivota Patiamarela
Corpo cuberto de plumas, de cor branca coa parte
superior do lombo gris prateada e as ás da mesma cor
cunhas manchas negras nas puntas.
Pode medir ata 55 cm de lonxitude e 1,50 m de
envergadura. Habitan en toda a zona costeira e zonas de
basureiros. No inverno vense pouco xa que emigran cara ó
Sur. Distribúense en toda Europa, norte de África e parte
de Asia ata Mongolia.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Gaivota Chorona
A cor é branca coa cabeza marrón escura cun
anel branco arredor do ollo, lombo e ás gris
crara. As patas e o peteiro son encarnadas.
Mide de 35 a 38cm. Aliméntase de pequenos
peixes e outros animais, restos de comida…
Reprodúcese no Norte de Europa e inverna na
Península Ibérica.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Carrán
Corpo branco coa parte superior da cabeza e a caluga
negras, as ás son longas e estreitas, grises coas puntas
máis escuras. O peteiro é longo e aguzado, de cor
encarnada coa punta negra. No inverno redúcese o
tamaño da mancha da cabeza deixando a frente
branca e o ollo descuberto. Mide ata 35cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Pardela Furabunchos
Corpo escuro, case negro polo dorso (cabeza,
lombo e parte superior das ás e rabo) e branco
por debaixo. Mide 35cm de lonxitude. Aliméntase
de peixes, especialmente sardiñas. En Galicia vese
frecuentemente de maio a outubro primeiro as
mediterráneas, a partir de xullo.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Corvo Mariño Cristado
Corpo alongado e vertical co pescozo, ás e rabo longos.
Peteiro longo, forte e ganchudo no extremo, de cor
amarela. Mide uns 76 cm de lonxitude. Aliméntase de
peixes que captura mergullándose. É característico velos a
secar enriba dos cons ou en illotes coas ás abertas xa que
a súa plumaxe non é impermeable. En Galicia é común e
sedentario. Cría na illa de Ons, Cies e outras.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Arao dos cons
Corpo alongado e vertical coas patas situadas atrás e ás
pequenas. A cor é negra na cabeza, pescozo e lombo e
branca no peito e abdome. Mide 42cm de lonxitude e
70cm de envergadura. Aliméntase de animais mariños
que pesca buceando. En Galicia é sedentario e pouco
abundante e ademáis invernan exemplares europeos. É
unha especie en perigo de extinción en Galicia.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Pato cullerete
Mide 51cm. Ten o peteiro grande e aplanado, máis
ancho na punta.
O macho ten a cabeza verde, peito branco, costas e
adome castaños.
A femia é castaña a pintas co espellete e unha franxa
azul nas ás. Alimentáse de prantas acuáticas e
pequenos animais. Vive nas rías, esteiros e lagoas. En
Galicia é invernante habitual de setembro a febreiro

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Parrulo cristado
Mide 43 cm.O macho ten costas e ventre brancos
e o resto do corpo negros. A femia ten a cor
castaña coas costas máis craras e a crista máis
pequena. Vive nas auga litorais, lagoas costeiras
e encoros. En Galicia é invernante.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Camaron- palaemon serratus
Animal de corpo blando
cuberto dun caparazón
articulado, longo e
comprimido
lateralmente, de cor
castaña clara,
translúcida
con puntos e liñas
encarnadas. Pode medir
ata 10cm de lonxitude
sin contar as antenas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Cangrexo-Carcinus maenas
Animal de corpo
brando cuberto por
un esqueleto
externo duro e
articulado de cor
parda, verde oliva ou
verde oscura e mais
amarela por debaixo
que pode medir ata
30/50mm. De
lonxitude.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Santiaguiño- scyllarus arctus
• Ten o corpo aplastado,
groso, curto e rugoso.A
cor é castaña oscura
con machas azuis e
alaranxadas. Na parte
dianteira destacan unha
prolongación aplanadas
na base das antenas. As
patas rematan todas en
unllas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Langosta-palinurus elephas
• Ten un cacho de cor
castaña, robusto e
de superficie
espiñenta do que
saen unhas antenas
longas e grosas. O
abdome remata nun
telsón ancho e forte.
Chega a medir 50cm.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Pateiro-Polybius henslowi
• Cacho redondeado e
moi veludo por
debaixo. De cor
parda clara a
encarnada e máis
clara nas patas.
Catro pares de patas
coa punta aplanada,
e as primeiras en
pinza forte.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Saltón-Talitrus saltator
• Corpo moi comprimido e
abdome corto con tres
pares de pleópodos
dirixidos cara atrás e tres
pares de patas
saltadoras. Cabeza
achatada con antenas
longas. A segunda pata
torática remata en garra.
A cor é branca ou crema
traslúcida. Pode medir
ata 1´6cm.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Boi-Cancer pagurus
Cacho oval, ancho,
festoneado a beira e
finalmente granulado
na superficie, de cor
pardo-alaranxada.
Pinzas moi robustas e
o resto das patas mais
ben cortas, peludas e
rematadas en ulla.
Pode medir ata
30cm.de ancho.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Arañas-Macropodia…(a)Inachus…(b)
• Pequenos cangrexos
de cacho triangular e
espiñento e patas
moi longas
xeralmente aparecen
cubertos de algas e
esponxas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Centolo/Rabuda Maja squinado
• Cacho convexo de forma
oval na parte posterior e
triangular na de diante
rematada en dúás espiñas
fortes. Todo el está
cuberto de espiñas e pelos
duros e ganchudos ós que
suxeitan algas para
camuflarse
Patas
tamén peludas e
rematadas en unllas fortes
agás as pinzas. A cor e
pardo-encarnado, mide
ata 18cm.de longo.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Nécora/Nocra Nécora púber.
• Ten o cacho aplanado,
mais ancho que longo,
de forma case exagonal
e cor castaña oscura con
franxas azuis nas pinzas
e moi veluda. Na parte
dianteira do cacho ten
cinco dentes a cada lado
dos ollos. Pode medir
ata mais de 7’5cm.e
pesar 250 gramos sendo
máis grandes os machos
que as femias.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Araña- Galaeta strigosa
• Corpo aplanado e
rostro rematado en
punta. As patas son
fortes, espiñentas e
peludas. Abdome
grande e replegado.
Cor encarnada con
estrías pardas e raias
azuis. Vive a bastante
fondura en zonas con
pedras e refuxios para
agocharse.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Percebe-Pollicipes cornucopia
• A cabeza atópase en
parte no interior do pé e
só quedan restos das
primeiras antenas
transformadas na
gándula cementaria que
fixa ó animal contra a
rocha. A rexión torácica
forma a maior parte do
corpo xa que o abdome
practicamente non
existe.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Lumbrigante-Homarus
gammarus

• Ten o cacho cilíndro e
liso e o abdome moi
desenvolvido e
rematado nun amplo
telson .É de cor negra
azulada. Os tres
primeiros pares de
patas rematan en
pinzas sendo moi
grandes as primeiras.
Mide ata 50 cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
ESTRELAMAR-CHANTAXE
As follas son de forma
lanceolada moi fendidas
en seccións lineais agudas;
miden ata 8cm. É de cor
escura. Teñen flores con
espigas cun longo
pedúnculo cilíndrico,
completas e pouco
visibles. Ten froitos en
cápsulas de 2mm.
Florece de abril a outubro.
Hábitat: zonas costeiras
como areas de praias e rochas.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
UNLLA DE LEÓN
Planta perenne,herbácea
co talo algo leñoso e moi
carnosa. Follas opostas de
sección triangular e
curvadas de ata 13cm.
Flores grandes (8-10).
Florece de maio a agosto.
Hábitat: cantís e zonas
de praia . É unha especie
orixinaria de Sudáfrica que
aparece nas nosas costas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
ALELHÍ DO MAR
Planta herbácea bianual ou
case perenne , rexa de ata 60
cm. É de cor verde-gris. As
flores son hermafroditas con
catro sépalos internos. O froito
é unha silicua comprimida de
ata 50 a 150mm. Florece de
maio a xullo .
Hábitat: praias e dunas
costeiras.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
MOLUSCOS

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
A NAVALLA
Cuncha fina, rectangular,
longa e algo curvada nun
estremo.
O pé está moi desembolvido. Vive enterrada en
posición vertical en
fondos
de area fina dende infralitoral ata 40m.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O BERBERECHO
Cuncha globosa formada
por dúas valvas iguais co
contorno redondeado de
tamaño entre 2,5 e 3,5
cm . A superficie externa
presenta as costelas
radiais ben marcadas e
cruzadas polas estrías de
crecemento . A cor varía
de branca a castaña con
manchas escuras.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O LONGUEIRÓN
Máis recto e
inclinado e de cor
branca-crema
manchada. Pode
medir ata 15cm. de
lonxitude. Vive
dentro das rias e
captúranse a pé con
fisga.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O BERBERECHO BRAVO
Vive en fondos de
area a partir dos
10cm. de
profundidade. Ten
pouco valor
comercial. Hai outras
especies moi
similares : a
tubertulat e a
acualeta.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
O MEXILÓN
Valvas iguais,
sólidas, de forma
oval-triangular coa
superficie sulcada.
Pode medir ata 15
cm. Ten o pé moi
reducido cunha
glándula do viso e
non ten sifóns.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
A AROLA
Cuncha sólida de dúas
valvas iguais de
contorno alíptico ata
13cm. de lonxitude. Ten
dous sifóns moi longos
e as valvas non pechan
de todo.
Viven en zonas de area
ou fango-areosas dende
a zona infralitorial ata
uns 100 m de fondura.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
A AMEIXA XAPONESA
De recente introducción
comparte
características e hábitat
coa ameixa fina da que
a diferenza a cuncha
lixeiramente máis
redondeada, máis
escura e ten os sifóns
máis apegados case ata
o extremo.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
A AMEIXA BABOSA
Máis alongada, coas
estrías verticais menos
marcadas, de cor crara
ás veces con bandas ou
manchas escuras. Vive
no infralitorial ata 40m.
de fondura e soporta
mal os cambios de
temperatura e
salinidade.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
A VIEIRA
Cuncha formada por
dúas valvas desiguais de
contorno redondeado
excepto na parte
posterior que son rectas
e cunha prolongación a
xeito as súas orellas. A
cor e castaña. Pode
medrar ata 15cm. e o
pe está moi reducido.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CULTIVOS

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Bateas.
Estructuras flotantes de
forma cadrada ou
rectangular construídas
a base de trabes e
pontóns de madeira
formando un enreixado
sostido por un número
variable de flotadores

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Cultivos do mexillón
• Prepáranse as cordas cos
palillos(varetas ou plástico de
30-35 cm). Entre Decembro e
abril encórdase a cría(0,5 a
2cm.) Pasados 4-5 meses (por
maio-xullo) faise o
desdobramento. Cando o
mexillón alcanza a talla
comercial (aprox.7cm.) faise a
colleita. Nunha batea pode
haber ata 500 cordas de
mexilón cun rendemento de
150 a 200 kg por corda.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
Viveiros
• Parcelas acoutadas de
terreo xeralmente situadas
na zona intermareal que
reúnen as condicións
axeitadas para o
desenvolvemento de
especies de moluscos de
interés comercial (ameixas
e berberechos). Estas
parcelas son concesións
das administracións a
particulares ou a
agrupacións de
productores.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
PEIXES

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
XURELO
É nadador rápido e
xeralmente vive en
grandes manadas.
Aliméntase de pequenos
peixes, crustáceos,
molucos…
Pode medir ata 50cm.de
lonxitude.
Vive en mar aberto
aproximándose máis á
costa nos meses de
verán.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
RAIA
• Poden medir ata
70cm.de lonxitude os
machos, e as femias
125cm.
• Aliméntase de
crustáceos, pequenos
peixes, moluscos,
vermes,
equinodermos…
• Viven en fondos de
area e fango.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CAN DO MAR
• Mide ata 70 cm.de
lonxitude.
• Vive en zonas
areosas con algas.
• Aliméntase de
pequenos animais
de fondo.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
DOURADA
• Unha soa aleta dorsal
longa, aleta caudal
grande co perfil cóncavo.
• Pode medir ata 70cm. de
lonxitude.
• Vive en augas pouco
profundas en fondos de
pedras ou areas
formando grupos
pequenos.
• Manténse de crustáceos
e moluscos.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
FANECA BARBUDA
• Corpo longo e fino
con dúas aletas
dorsais.
• A cor é castaña
crara.
• Vive entre as pedras
e aliméntase
fundamentalmente
de cangrexos.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
SAN MARTIÑO
• Ten dúas aletas anais.
• Acor é castaña cunha
mancha redonda a
cada costado.
• Pode medir ata 50cm.
• Vive dende a beiramar
ata os 200m.de
fondura.
• É solitario e
aliméntase doutros
peixes.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CÓNGARO
• Pode chegar ata 2
m.de lonxitude.
• Vive en zonas de
pedras con fendas e
covas. É nocturno e
aliméntase
fundamentalmente
de polbos. De
pequeno chámase
anguiacho.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
AGULLA
• O corpo é fusiforme e
alongado e pode
chegar a medir 50cm.
• Os machos incuban os
ovos na súa bolsa
abdominal.
• Vive en fondos
fangosos ou areosos e
resiste ben as augas
salobres. É moi común
dentro das rías.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
ROBALIZA
• Corpo alongado.
• Pode medir ata 1m. e
pesar 12kg.
• Aliméntase de xoubas,
bolos, muxes,
crustáceos, moluscos…
• Viven formando bandos
nos esteiros e ó
facérense grandes (máis
de 3kg.de peso)
alónxanse máis da costa
e son máis solitarios.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CABALIÑO DO MAR
• Pode medir ata 15cm.de
lonxitude.
• Vive en augas pouco
profundas entre algas e
sebas ás que se agarra
co rabo.
• Aliméntase de pequenos
animais (especialmente
crustáceeos e larvas de
peixes) que aspira coa
súa pequena boca.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
FANECA
• Corpo fusiforme,
comprimido
lateralmente e alto.
Debaixo da mandíbula
inferior ten unha
barbicha. Ten tres
aletas dorsais e dúas
anais. Aliméntase de
animais pequenos.
Pode medir ata
40cm.de lonxitude.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
OLLOMOL
• Pode medir ata 50cm.
de lonxitude e vivir 15
anos.
• Aliméntase de
crustáceos, molucos e
peixes pequenos.
• Vive en fondos de
fango e cascallo,
zonas de rochas…ata
500m.de fondura.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
SARGO
• Vive fundamentalmente
sobre fondo de rochas e
algas, de 2 a 50m.de
fondura.
• Aliméntase de crustáceos,
moluscos (arrinca os
mexillóns e lapas das
pedras cos dentes),
equinodermos e algas.
• Pode medir ata 45cm.e
sobrepasa-los 2 kg de
peso.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
MUXE
• Pode medir ata 60cm.de
lonxitude.
• Aliméntase de pequenos
crustáceos, moluscos e
algas que raspan das
pedras ou de residuos
orgánicos.
• Vive en toda a costa
dende as augas limpas
ata os peiraos e resite
ben as augas de pouca
salinidade.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
PIARDA
• Pode medir ata
15cm.de lonxitude.
• Vive perto das costas
formando bandos.
• Aliméntase de
pequenos
crustáceos, larvas de
peixes…
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
MARAGOTA
• Mide ata 60cm.de
lonxitude.
• Aliméntase de
crustáceos e
pequenos molucos.
• Abundante en
fondos de algas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
VELLO
• Pode medir ata 25
cm.
• Aliméntase de
pequenos crustáceos
e moluscos.
• Vive en zonas de
algas e pedras perto
da costa.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
DONCELLA
• Vive preto das costas
en contínuo
movemento en
zonas de algas e
rochas e ó chega-la
noite entérrase na
area.
• Aliméntase de
moluscos,
crustáceos,
equinodermos…

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
XARDA
• Vive en augas profundas,
lonxe da costa cando é
adulto e na primavera e
verán forman grandes
manadas que se
aproximan á costa.
• Aliméntanse de peixes
pequenos (sardiñas,
tranchos…) e no inverno
vaise a augas fondas e
deixas de comer.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
LORCHO
• Pode medir ata 15cm.
• Vive na zona costeira
ata 50m.de fondura e
lugares fangosos e con
sebas.
• Aliméntase de
pequenos crustáceos,
moluscos, vermes,
peixes pequenos e
algas
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
SARDIÑA
• Pode medir ata 25cm.de
lonxitude.
• Aliméntase na superficie
a base de crustáceos
plantónicos, ovos e
larvas doutros peixes.
• Vive nas augas costeiras
na primavera e verán e
máis fondas no inverno.
Vive na zona de
plataforma continental
ata 150m.de fondura.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
ESCARCHO
• Pode medir ata 75cm.de
lonxitude.
• Aliméntase de peixes e
pequenos crustáceos.
• Vive en fondos de area,
cascallo ou fango entre
os 5 e os 300 m.de
profundidade e pode
camiñar apoiandose nas
espiñas libres das aletas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
CURUXO
• Pode medir ata
70cm.de lonxitude.
• A cor é castaña crara
ou verdosa con
pequenas manchas
negras espalladas
irregularmente.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
LENGUADO
• Pode medir ata
60cm.con 20 anos de
idade.
• Vive nos fondos e
sae pola noite en
busca de alimento
(pequenos animais).

C.E.I.P. COIRÓN 6º B
SOLLA
• Pode medir ata 50cm.
• Vive dende os esteiros
dos ríos ata mar aberto a
50m.de fondura.
• Aliméntase de moluscos,
crustáceos e outros
animais de fondo.
• Na primavera desova en
zonas profundas e de
alta salinidade.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B
RABADA
• Pode medir ata
1,98m.de lonxitude.
• Vive en fondos de fango
e area dende 18 ata
500m.de profundidade.
• Aliméntase de pequenos
peixes que captura coa
súa gran boca
camuflándose no fondo
e movendo o primeiro
radio dorsal a xeito de
engado.
C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie ILLA DE SÁLVORA

O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)candeadosalnes
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaCLMNTK2015
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelachusclimantica
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemabiblionova
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemabiblionova
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)candeadosalnes
 
Aves do ortegal
Aves do ortegalAves do ortegal
Aves do ortegalTamaraSV
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula ppilarfzx
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australianaiesasorey
 
Percebes, arneiróns e outros cirrípedos
Percebes, arneiróns e outros cirrípedosPercebes, arneiróns e outros cirrípedos
Percebes, arneiróns e outros cirrípedosiesasorey
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 

Ähnlich wie ILLA DE SÁLVORA (20)

O porco
O porcoO porco
O porco
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistema
 
O eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistemaO eo e o seu ecosistema
O eo e o seu ecosistema
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Aves do ortegal
Aves do ortegalAves do ortegal
Aves do ortegal
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Os equinodermos g3 1ºc
Os equinodermos g3 1ºcOs equinodermos g3 1ºc
Os equinodermos g3 1ºc
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula p
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australiana
 
Percebes, arneiróns e outros cirrípedos
Percebes, arneiróns e outros cirrípedosPercebes, arneiróns e outros cirrípedos
Percebes, arneiróns e outros cirrípedos
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 

Mehr von ceipcoiron

Los volcanes-en-primaria-guia-didactica
Los volcanes-en-primaria-guia-didacticaLos volcanes-en-primaria-guia-didactica
Los volcanes-en-primaria-guia-didacticaceipcoiron
 
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguel
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguelMicrosoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguel
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguelceipcoiron
 
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambiente
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambienteUd y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambiente
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambienteceipcoiron
 
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016Gañadores do Concurso de Cabazas 2016
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016ceipcoiron
 
Centrais xeotermicas
Centrais xeotermicasCentrais xeotermicas
Centrais xeotermicasceipcoiron
 
Central hidroelectrica
Central hidroelectricaCentral hidroelectrica
Central hidroelectricaceipcoiron
 
Centrais térmicas
Centrais  térmicasCentrais  térmicas
Centrais térmicasceipcoiron
 
Mural dos vertebrados
Mural dos vertebradosMural dos vertebrados
Mural dos vertebradosceipcoiron
 
As nosas mascotas
As nosas mascotasAs nosas mascotas
As nosas mascotasceipcoiron
 
Presentación ourizos
Presentación ourizosPresentación ourizos
Presentación ourizosceipcoiron
 
Diario de un perro
Diario de un perroDiario de un perro
Diario de un perroceipcoiron
 
Can de palleiro
Can de palleiroCan de palleiro
Can de palleiroceipcoiron
 
Libro pitiños
Libro pitiñosLibro pitiños
Libro pitiñosceipcoiron
 
Animais con plastilina
Animais con plastilinaAnimais con plastilina
Animais con plastilinaceipcoiron
 

Mehr von ceipcoiron (20)

Los volcanes-en-primaria-guia-didactica
Los volcanes-en-primaria-guia-didacticaLos volcanes-en-primaria-guia-didactica
Los volcanes-en-primaria-guia-didactica
 
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguel
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguelMicrosoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguel
Microsoft prueba inicial-escritura_1c2ba_instrucciones_miguel
 
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambiente
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambienteUd y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambiente
Ud y rúbrica de la tarea 3 la tecnología y su influencia en el medio ambiente
 
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016Gañadores do Concurso de Cabazas 2016
Gañadores do Concurso de Cabazas 2016
 
Números
NúmerosNúmeros
Números
 
Centrais xeotermicas
Centrais xeotermicasCentrais xeotermicas
Centrais xeotermicas
 
A biomasa
A biomasaA biomasa
A biomasa
 
Central hidroelectrica
Central hidroelectricaCentral hidroelectrica
Central hidroelectrica
 
Centrais térmicas
Centrais  térmicasCentrais  térmicas
Centrais térmicas
 
Mural dos vertebrados
Mural dos vertebradosMural dos vertebrados
Mural dos vertebrados
 
Prensa escola
Prensa escolaPrensa escola
Prensa escola
 
Os mouchos
Os mouchosOs mouchos
Os mouchos
 
As nosas mascotas
As nosas mascotasAs nosas mascotas
As nosas mascotas
 
Presentación ourizos
Presentación ourizosPresentación ourizos
Presentación ourizos
 
Manuel maría
Manuel maríaManuel maría
Manuel maría
 
Animalario
AnimalarioAnimalario
Animalario
 
Diario de un perro
Diario de un perroDiario de un perro
Diario de un perro
 
Can de palleiro
Can de palleiroCan de palleiro
Can de palleiro
 
Libro pitiños
Libro pitiñosLibro pitiños
Libro pitiños
 
Animais con plastilina
Animais con plastilinaAnimais con plastilina
Animais con plastilina
 

ILLA DE SÁLVORA

  • 1. ILLA DE SÁLVORA A illa de Sálvora é unha illa do océano Atlántico, que se atopa na bocana da ría de Arousa, Galiza, España. Separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo Norte. Ocupa unha superficie preto de 190 hectáreas, e ten unha cota máxima de 71m. Case todo o perímetro da illa é zona rocosa, a excepción de tres praias de branca e fina area. Dende o ano 2001 está integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 2. O FARO DE SÁLVORA O faro de Sálvora, servido por personal e adscrito ao Ministerio de Obras Públicas ata 1992 continúa habitado na actualidade, dependendo da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 3. O TURISMO EN SÁLVORA Pódese visitar a illa realizando a ``Ruta de Auga´´. A bordo dun veleiro antigo recórrense as illas de Ons, Arousa e Sálvora; trátase dunha ruta guiada que inclúe a proyección dun vídeo e recorrido polas tres illas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 4. CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO Conservar os hábitats e ecosistemas mariños é de vital importancia para Galicia. Dous son os principais perigos que ameazan a integridade das costas: a contaminación e a sobreexplotación. Os vertidos de orixe urbana e industrial son os de maior impacto nas nosas costas, tanto pola súa potencial nocividade como pola súa distribución na beiramar. As consecuencias da degradación da calidade da auga afectan, en diferente grao, ós organismos plactónicos, peláxicos e bentónicos, padecendo estes últimos, as maiores contaminacións. Outros motivos de alteración son: as actividades de transporte por mar, a contaminación atmosférica, a ocupación desordenada do dominio litoral por construccións e recheos, a regulación hidrolóxica, a extracción de area e tamén algunhas prácticas deportivas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 5. CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO Para poder mante-lo nivel de producción e mellora-la productividade de calquer espazo natural hai que preserva-las súas boas condicións e correxi-los seus problemas. Na nosa ría, un dos sistemas naturais máis productivos e ricos do mundo, como consecuencia da grande densidade de poboación e a dispersión, a actividade e productividade económica e o alto nivel de vida ten como consecuencia que as causas e niveis ``normais´´ de agresión ecolóxica sexan moi intensos. Para combatelos sería necesario dotar de servizos de recollida e mellora-los existentes, fomentar o reciclado e instalar e poñer en funcionamento medidas correctoras e depuradoras. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 6. SOBREEXPLOTACIÓN E FURTIVISMO A falta de respeto ás normas establecidas por parte dos furtivos, traballadores do mar e intrusos ocasionais provocan a interrupción dos ciclos naturais de desenvolvemento das especies, coa captura de inmaduros ou adultos en época de reproducción, o que impide a repoboación dos bancos e orixina un descenso da súa productivide. Para evitalo sería necesario fomentala investigación, ampliar e diversificala oferta económica, desenvolver novas fontes de recursos, ofrecer información e busca-la concienciación necesaria para establecelo respeto ás tallas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 8. Mazarico Galego • Mide 41 cm e ten o rabo estreito e a cabeza con bandas de cor escura e crara. O peteiro e o pescozo son curtos. Aliméntase de insectos e vexetais. En Galicia vese nos pasos migratorios como invernante. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 9. Gaivota Escura A cor das ás e do lombo e gris tirando a negro coas beiras brancas. No inverno ten a cabeza con manchas. Vive en toda Europa e inverna na Península Ibérica. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 10. Píllara Papuda Mide 15 cm. O macho e branco co lombo castaño craro e unhas manchas negras arredor dos ollos. A femia e mais crara cas manchas castañas. Vive en zonas de dunas e praias donde se alimentan de vermes, crustáceos, moluscos e insectos. Aniña en pequenas depresións de area a partir de maio. Pon 2/3 ovos. En Galicia esta en perigo xa que so aniñan unhas 50 parellas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 11. Covo Mariño Real Mide 90 cm de lonxitude e 140 cm de envergadura. A cor é totalmente negra. Vive no mar pero tamén frecuenta as lagoas costeiras, esteiros e encoros. Vive no sur de Europa, Asia, África e Oceanía. En Galicia aparece de setembro a marzo nos pasos migratorios. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 12. Mergo Cristado Mide 58 cm. Os machos teñen a cabeza negra verdosa con dúas cristas na caluga. As femias teñen a parte superior da cabeza castaña, fazulas e pescozo brancos, lombo, costas e peito grises. Vive nas rías e aliméntase de peixes. Aniña no norte de Europa e en Galicia é invernante regular de novembro a marzo. É abundante na Ría de Arousa. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 13. Pilro Curlibico Corpo oval groso co pescozo e o rabo curtos e as patas e o peteiro longas. Mide 17/19cm. A cor é branca polo abdome e polo resto castaña-gris. Vive nas marismas e areais e aliméntase de miñocas, moluscos e crustáceos. É a ave acuática máis abundan-te na Enseada do Umia con grupos de máis de 5.000 individuos. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 14. Gaivota Patiamarela Corpo cuberto de plumas, de cor branca coa parte superior do lombo gris prateada e as ás da mesma cor cunhas manchas negras nas puntas. Pode medir ata 55 cm de lonxitude e 1,50 m de envergadura. Habitan en toda a zona costeira e zonas de basureiros. No inverno vense pouco xa que emigran cara ó Sur. Distribúense en toda Europa, norte de África e parte de Asia ata Mongolia. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 15. Gaivota Chorona A cor é branca coa cabeza marrón escura cun anel branco arredor do ollo, lombo e ás gris crara. As patas e o peteiro son encarnadas. Mide de 35 a 38cm. Aliméntase de pequenos peixes e outros animais, restos de comida… Reprodúcese no Norte de Europa e inverna na Península Ibérica. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 16. Carrán Corpo branco coa parte superior da cabeza e a caluga negras, as ás son longas e estreitas, grises coas puntas máis escuras. O peteiro é longo e aguzado, de cor encarnada coa punta negra. No inverno redúcese o tamaño da mancha da cabeza deixando a frente branca e o ollo descuberto. Mide ata 35cm. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 17. Pardela Furabunchos Corpo escuro, case negro polo dorso (cabeza, lombo e parte superior das ás e rabo) e branco por debaixo. Mide 35cm de lonxitude. Aliméntase de peixes, especialmente sardiñas. En Galicia vese frecuentemente de maio a outubro primeiro as mediterráneas, a partir de xullo. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 18. Corvo Mariño Cristado Corpo alongado e vertical co pescozo, ás e rabo longos. Peteiro longo, forte e ganchudo no extremo, de cor amarela. Mide uns 76 cm de lonxitude. Aliméntase de peixes que captura mergullándose. É característico velos a secar enriba dos cons ou en illotes coas ás abertas xa que a súa plumaxe non é impermeable. En Galicia é común e sedentario. Cría na illa de Ons, Cies e outras. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 19. Arao dos cons Corpo alongado e vertical coas patas situadas atrás e ás pequenas. A cor é negra na cabeza, pescozo e lombo e branca no peito e abdome. Mide 42cm de lonxitude e 70cm de envergadura. Aliméntase de animais mariños que pesca buceando. En Galicia é sedentario e pouco abundante e ademáis invernan exemplares europeos. É unha especie en perigo de extinción en Galicia. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 20. Pato cullerete Mide 51cm. Ten o peteiro grande e aplanado, máis ancho na punta. O macho ten a cabeza verde, peito branco, costas e adome castaños. A femia é castaña a pintas co espellete e unha franxa azul nas ás. Alimentáse de prantas acuáticas e pequenos animais. Vive nas rías, esteiros e lagoas. En Galicia é invernante habitual de setembro a febreiro C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 21. Parrulo cristado Mide 43 cm.O macho ten costas e ventre brancos e o resto do corpo negros. A femia ten a cor castaña coas costas máis craras e a crista máis pequena. Vive nas auga litorais, lagoas costeiras e encoros. En Galicia é invernante. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 23. Camaron- palaemon serratus Animal de corpo blando cuberto dun caparazón articulado, longo e comprimido lateralmente, de cor castaña clara, translúcida con puntos e liñas encarnadas. Pode medir ata 10cm de lonxitude sin contar as antenas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 24. Cangrexo-Carcinus maenas Animal de corpo brando cuberto por un esqueleto externo duro e articulado de cor parda, verde oliva ou verde oscura e mais amarela por debaixo que pode medir ata 30/50mm. De lonxitude. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 25. Santiaguiño- scyllarus arctus • Ten o corpo aplastado, groso, curto e rugoso.A cor é castaña oscura con machas azuis e alaranxadas. Na parte dianteira destacan unha prolongación aplanadas na base das antenas. As patas rematan todas en unllas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 26. Langosta-palinurus elephas • Ten un cacho de cor castaña, robusto e de superficie espiñenta do que saen unhas antenas longas e grosas. O abdome remata nun telsón ancho e forte. Chega a medir 50cm. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 27. Pateiro-Polybius henslowi • Cacho redondeado e moi veludo por debaixo. De cor parda clara a encarnada e máis clara nas patas. Catro pares de patas coa punta aplanada, e as primeiras en pinza forte. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 28. Saltón-Talitrus saltator • Corpo moi comprimido e abdome corto con tres pares de pleópodos dirixidos cara atrás e tres pares de patas saltadoras. Cabeza achatada con antenas longas. A segunda pata torática remata en garra. A cor é branca ou crema traslúcida. Pode medir ata 1´6cm. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 29. Boi-Cancer pagurus Cacho oval, ancho, festoneado a beira e finalmente granulado na superficie, de cor pardo-alaranxada. Pinzas moi robustas e o resto das patas mais ben cortas, peludas e rematadas en ulla. Pode medir ata 30cm.de ancho. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 30. Arañas-Macropodia…(a)Inachus…(b) • Pequenos cangrexos de cacho triangular e espiñento e patas moi longas xeralmente aparecen cubertos de algas e esponxas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 31. Centolo/Rabuda Maja squinado • Cacho convexo de forma oval na parte posterior e triangular na de diante rematada en dúás espiñas fortes. Todo el está cuberto de espiñas e pelos duros e ganchudos ós que suxeitan algas para camuflarse Patas tamén peludas e rematadas en unllas fortes agás as pinzas. A cor e pardo-encarnado, mide ata 18cm.de longo. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 32. Nécora/Nocra Nécora púber. • Ten o cacho aplanado, mais ancho que longo, de forma case exagonal e cor castaña oscura con franxas azuis nas pinzas e moi veluda. Na parte dianteira do cacho ten cinco dentes a cada lado dos ollos. Pode medir ata mais de 7’5cm.e pesar 250 gramos sendo máis grandes os machos que as femias. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 33. Araña- Galaeta strigosa • Corpo aplanado e rostro rematado en punta. As patas son fortes, espiñentas e peludas. Abdome grande e replegado. Cor encarnada con estrías pardas e raias azuis. Vive a bastante fondura en zonas con pedras e refuxios para agocharse. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 34. Percebe-Pollicipes cornucopia • A cabeza atópase en parte no interior do pé e só quedan restos das primeiras antenas transformadas na gándula cementaria que fixa ó animal contra a rocha. A rexión torácica forma a maior parte do corpo xa que o abdome practicamente non existe. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 35. Lumbrigante-Homarus gammarus • Ten o cacho cilíndro e liso e o abdome moi desenvolvido e rematado nun amplo telson .É de cor negra azulada. Os tres primeiros pares de patas rematan en pinzas sendo moi grandes as primeiras. Mide ata 50 cm. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 37. ESTRELAMAR-CHANTAXE As follas son de forma lanceolada moi fendidas en seccións lineais agudas; miden ata 8cm. É de cor escura. Teñen flores con espigas cun longo pedúnculo cilíndrico, completas e pouco visibles. Ten froitos en cápsulas de 2mm. Florece de abril a outubro. Hábitat: zonas costeiras como areas de praias e rochas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 38. UNLLA DE LEÓN Planta perenne,herbácea co talo algo leñoso e moi carnosa. Follas opostas de sección triangular e curvadas de ata 13cm. Flores grandes (8-10). Florece de maio a agosto. Hábitat: cantís e zonas de praia . É unha especie orixinaria de Sudáfrica que aparece nas nosas costas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 39. ALELHÍ DO MAR Planta herbácea bianual ou case perenne , rexa de ata 60 cm. É de cor verde-gris. As flores son hermafroditas con catro sépalos internos. O froito é unha silicua comprimida de ata 50 a 150mm. Florece de maio a xullo . Hábitat: praias e dunas costeiras. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 41. A NAVALLA Cuncha fina, rectangular, longa e algo curvada nun estremo. O pé está moi desembolvido. Vive enterrada en posición vertical en fondos de area fina dende infralitoral ata 40m. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 42. O BERBERECHO Cuncha globosa formada por dúas valvas iguais co contorno redondeado de tamaño entre 2,5 e 3,5 cm . A superficie externa presenta as costelas radiais ben marcadas e cruzadas polas estrías de crecemento . A cor varía de branca a castaña con manchas escuras. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 43. O LONGUEIRÓN Máis recto e inclinado e de cor branca-crema manchada. Pode medir ata 15cm. de lonxitude. Vive dentro das rias e captúranse a pé con fisga. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 44. O BERBERECHO BRAVO Vive en fondos de area a partir dos 10cm. de profundidade. Ten pouco valor comercial. Hai outras especies moi similares : a tubertulat e a acualeta. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 45. O MEXILÓN Valvas iguais, sólidas, de forma oval-triangular coa superficie sulcada. Pode medir ata 15 cm. Ten o pé moi reducido cunha glándula do viso e non ten sifóns. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 46. A AROLA Cuncha sólida de dúas valvas iguais de contorno alíptico ata 13cm. de lonxitude. Ten dous sifóns moi longos e as valvas non pechan de todo. Viven en zonas de area ou fango-areosas dende a zona infralitorial ata uns 100 m de fondura. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 47. A AMEIXA XAPONESA De recente introducción comparte características e hábitat coa ameixa fina da que a diferenza a cuncha lixeiramente máis redondeada, máis escura e ten os sifóns máis apegados case ata o extremo. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 48. A AMEIXA BABOSA Máis alongada, coas estrías verticais menos marcadas, de cor crara ás veces con bandas ou manchas escuras. Vive no infralitorial ata 40m. de fondura e soporta mal os cambios de temperatura e salinidade. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 49. A VIEIRA Cuncha formada por dúas valvas desiguais de contorno redondeado excepto na parte posterior que son rectas e cunha prolongación a xeito as súas orellas. A cor e castaña. Pode medrar ata 15cm. e o pe está moi reducido. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 51. Bateas. Estructuras flotantes de forma cadrada ou rectangular construídas a base de trabes e pontóns de madeira formando un enreixado sostido por un número variable de flotadores C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 52. Cultivos do mexillón • Prepáranse as cordas cos palillos(varetas ou plástico de 30-35 cm). Entre Decembro e abril encórdase a cría(0,5 a 2cm.) Pasados 4-5 meses (por maio-xullo) faise o desdobramento. Cando o mexillón alcanza a talla comercial (aprox.7cm.) faise a colleita. Nunha batea pode haber ata 500 cordas de mexilón cun rendemento de 150 a 200 kg por corda. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 53. Viveiros • Parcelas acoutadas de terreo xeralmente situadas na zona intermareal que reúnen as condicións axeitadas para o desenvolvemento de especies de moluscos de interés comercial (ameixas e berberechos). Estas parcelas son concesións das administracións a particulares ou a agrupacións de productores. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 55. XURELO É nadador rápido e xeralmente vive en grandes manadas. Aliméntase de pequenos peixes, crustáceos, molucos… Pode medir ata 50cm.de lonxitude. Vive en mar aberto aproximándose máis á costa nos meses de verán. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 56. RAIA • Poden medir ata 70cm.de lonxitude os machos, e as femias 125cm. • Aliméntase de crustáceos, pequenos peixes, moluscos, vermes, equinodermos… • Viven en fondos de area e fango. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 57. CAN DO MAR • Mide ata 70 cm.de lonxitude. • Vive en zonas areosas con algas. • Aliméntase de pequenos animais de fondo. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 58. DOURADA • Unha soa aleta dorsal longa, aleta caudal grande co perfil cóncavo. • Pode medir ata 70cm. de lonxitude. • Vive en augas pouco profundas en fondos de pedras ou areas formando grupos pequenos. • Manténse de crustáceos e moluscos. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 59. FANECA BARBUDA • Corpo longo e fino con dúas aletas dorsais. • A cor é castaña crara. • Vive entre as pedras e aliméntase fundamentalmente de cangrexos. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 60. SAN MARTIÑO • Ten dúas aletas anais. • Acor é castaña cunha mancha redonda a cada costado. • Pode medir ata 50cm. • Vive dende a beiramar ata os 200m.de fondura. • É solitario e aliméntase doutros peixes. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 61. CÓNGARO • Pode chegar ata 2 m.de lonxitude. • Vive en zonas de pedras con fendas e covas. É nocturno e aliméntase fundamentalmente de polbos. De pequeno chámase anguiacho. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 62. AGULLA • O corpo é fusiforme e alongado e pode chegar a medir 50cm. • Os machos incuban os ovos na súa bolsa abdominal. • Vive en fondos fangosos ou areosos e resiste ben as augas salobres. É moi común dentro das rías. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 63. ROBALIZA • Corpo alongado. • Pode medir ata 1m. e pesar 12kg. • Aliméntase de xoubas, bolos, muxes, crustáceos, moluscos… • Viven formando bandos nos esteiros e ó facérense grandes (máis de 3kg.de peso) alónxanse máis da costa e son máis solitarios. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 64. CABALIÑO DO MAR • Pode medir ata 15cm.de lonxitude. • Vive en augas pouco profundas entre algas e sebas ás que se agarra co rabo. • Aliméntase de pequenos animais (especialmente crustáceeos e larvas de peixes) que aspira coa súa pequena boca. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 65. FANECA • Corpo fusiforme, comprimido lateralmente e alto. Debaixo da mandíbula inferior ten unha barbicha. Ten tres aletas dorsais e dúas anais. Aliméntase de animais pequenos. Pode medir ata 40cm.de lonxitude. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 66. OLLOMOL • Pode medir ata 50cm. de lonxitude e vivir 15 anos. • Aliméntase de crustáceos, molucos e peixes pequenos. • Vive en fondos de fango e cascallo, zonas de rochas…ata 500m.de fondura. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 67. SARGO • Vive fundamentalmente sobre fondo de rochas e algas, de 2 a 50m.de fondura. • Aliméntase de crustáceos, moluscos (arrinca os mexillóns e lapas das pedras cos dentes), equinodermos e algas. • Pode medir ata 45cm.e sobrepasa-los 2 kg de peso. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 68. MUXE • Pode medir ata 60cm.de lonxitude. • Aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos e algas que raspan das pedras ou de residuos orgánicos. • Vive en toda a costa dende as augas limpas ata os peiraos e resite ben as augas de pouca salinidade. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 69. PIARDA • Pode medir ata 15cm.de lonxitude. • Vive perto das costas formando bandos. • Aliméntase de pequenos crustáceos, larvas de peixes… C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 70. MARAGOTA • Mide ata 60cm.de lonxitude. • Aliméntase de crustáceos e pequenos molucos. • Abundante en fondos de algas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 71. VELLO • Pode medir ata 25 cm. • Aliméntase de pequenos crustáceos e moluscos. • Vive en zonas de algas e pedras perto da costa. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 72. DONCELLA • Vive preto das costas en contínuo movemento en zonas de algas e rochas e ó chega-la noite entérrase na area. • Aliméntase de moluscos, crustáceos, equinodermos… C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 73. XARDA • Vive en augas profundas, lonxe da costa cando é adulto e na primavera e verán forman grandes manadas que se aproximan á costa. • Aliméntanse de peixes pequenos (sardiñas, tranchos…) e no inverno vaise a augas fondas e deixas de comer. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 74. LORCHO • Pode medir ata 15cm. • Vive na zona costeira ata 50m.de fondura e lugares fangosos e con sebas. • Aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos, vermes, peixes pequenos e algas C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 75. SARDIÑA • Pode medir ata 25cm.de lonxitude. • Aliméntase na superficie a base de crustáceos plantónicos, ovos e larvas doutros peixes. • Vive nas augas costeiras na primavera e verán e máis fondas no inverno. Vive na zona de plataforma continental ata 150m.de fondura. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 76. ESCARCHO • Pode medir ata 75cm.de lonxitude. • Aliméntase de peixes e pequenos crustáceos. • Vive en fondos de area, cascallo ou fango entre os 5 e os 300 m.de profundidade e pode camiñar apoiandose nas espiñas libres das aletas. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 77. CURUXO • Pode medir ata 70cm.de lonxitude. • A cor é castaña crara ou verdosa con pequenas manchas negras espalladas irregularmente. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 78. LENGUADO • Pode medir ata 60cm.con 20 anos de idade. • Vive nos fondos e sae pola noite en busca de alimento (pequenos animais). C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 79. SOLLA • Pode medir ata 50cm. • Vive dende os esteiros dos ríos ata mar aberto a 50m.de fondura. • Aliméntase de moluscos, crustáceos e outros animais de fondo. • Na primavera desova en zonas profundas e de alta salinidade. C.E.I.P. COIRÓN 6º B
  • 80. RABADA • Pode medir ata 1,98m.de lonxitude. • Vive en fondos de fango e area dende 18 ata 500m.de profundidade. • Aliméntase de pequenos peixes que captura coa súa gran boca camuflándose no fondo e movendo o primeiro radio dorsal a xeito de engado. C.E.I.P. COIRÓN 6º B