SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 36
Revista escolar
ORBALLO
CURSO 2021-2022
CEE A BARCIA
O
SON
DO
noso
CAMIÑO
LIMIAR
O SON DO NOSO CAMIÑO REPRESENTA O RITMO DAS NOSAS VIDAS, NESTA VIAXE CHEA DE
APRENDIZAXES QUE DURANTE TODO UN CURSO FOMOS METENDO NA NOSA EQUIPAXE DE
COÑECEMENTOS E EXPERIENCIAS. UN SON QUE QUIXEMOS FACER NOSO ESTE ANO E QUE NOS
ACOMPAÑOU A TRAVÉS DE ANDAINAS DIARIAS.
UN SON QUE NOS ACOMPAÑA TODA A VIDA ESCOLAR NESTE O NOSO SEGUNDO FOGAR, O CEE A
BARCIA. UN SON QUE AMOSAMOS AO MUNDO E MESMO RESOOU NA PRAZA DO OBRADOIRO.
ESTE CAMIÑO, CON MOITAS LUCES E ALGUNHAS SOMBRAS, TRATAMOS DE ILUMINALO COA ILUSIÓN
QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PON NO SEU TRABALLO E NO SEU CAMIÑAR DÍA A DÍA.
NO CAMIÑO ATOPARÉMONOS E ALÍ COÑECERÉMONOS.
NESTA VIAXE, QUEREMOS DAR A COÑECER UN GALEGO QUE SUMA. SUMA NO COÑECEMENTO DA NOSA
LINGUA, DA NOSA CULTURA, DAS NOSAS PAISAXES, DOS NOSOS COSTUMES, DA NOSA GASTRONOMÍA,
DAS NOSAS FESTAS, DA NOSA XENTE…
UN GALEGO ABERTO Ó MUNDO, QUE COMPARTA A SÚA RIQUEZA E MEDRE EN IGUALDADE, EN
SOLIDARIEDADE E COLABORACIÓN.
UN GALEGO QUE ENTRE POLOS OLLOS E CHEGE AO CORAZÓN.
UN GALEGO MÁIS VISUAL QUE NUNCA.
O GALEGO SUMA.
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
EDLG 2021-2022
contido
citas culturais 4
SENSIBELMENTE 14
MANS Á OBRA 10
música mestre! 18
ROSALÍA DE CASTRO 5
LAXEIRO 7
FLORENCIO DELGADO 8
AULA MULTISENSORIAL 15
TERAPIA CANINA 16
TEMPO DE XOGO 20
Infórmate 21
UNHA MILLA DIARIA 22
ALIMÉNTATE BEN 25
DE TROULA! 28
citas culturais
ROSALÍA
Día de Rosalía de Castro (23 de Febreiro)
“Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento”.
FLORENCIO DELGADO G.
Día das Letras Galegas 2022 (17 de Maio)
“No outo,
tamén a lúa sai a ruar coas estrelas;
anda de troula a trasnoita
mais o sol virá por ela…”.
LAXEIRO
Día das Artes Galegas 2022 (1 de Abril)
“Estarei sempre pintando
e tervos contentos”.
2022
4
ROSALÍA DE CASTRO
Novas investigacións documentaron que o día do
nacemento real da nosa poeta máis célebre foi o
día 23 de febreiro (e non o 24 coma se tiña
pensado ata o de agora).
Este ano preparámoslle
unha FESTA DE ANIVERSARIO
a modo de exposición con
luz negra na nosa
BIBLIOTECA.
Unha festa cun montón de
sorpresas nos diferentes
recunchos...
Ilusións ópticas
Poemas con pictogramas
Tarta de cumpre
Mensaxes para Rosalía Cancións
23 Febr
5
ROSALÍA DE CASTRO
Nesta cita tan visual, ata
participaron convidados de renome
na literatura galega...
QUERES VER A NOSA EXPOSICIÓN?
23 Febr
6
LAXEIRO
Este ano 2022, o DÍA DAS ARTES GALEGAS (1 de
abril) foi adicado a LAXEIRO, un artista que
nos sorprendeu moito pola súa vangarda e
polo uso dunhas cores moi visuais.
Desfrutamos coñecendo a súa obra, así que
decidimos transformarnos en pequenos
Laxeiros por un día para facer as nosas
versións dalgunhas das súas creacións.
Para saber máis sobre Laxeiro…
MERGÚLLATE NA REDE!
Con todas as nosas obras
de arte fixemos unha
súper exposición no
cole.
Veña, anímate a visitar a
nosa GALERÍA de xeito
virtual…
1 Abril
7
FLORENCIO DELGADO
GURRIARÁN
17 Maio
Este ano, o Día das Letras
Galegas (17 de maio) foi adicado
ao valdeorrés Florencio Delgado
Gurriarán.
Como cada ano, participamos no
Concurso-Exposición das Letras
Galegas 2022 organizado pola
Secretaría Xeral de Política
Lingüística, a través da
creación de carteis e unha guía
didáctica nos que se recollen os
fitos máis importantes da súa
vida e obra.
A exposición gañadora do
concurso na categoría
destinada aos centros de
educación infantil e
primaria, foi a creada polo
CEIP Plurilingüe Virxe do
Camiño (Rubiá, Ourense).
PARABÉNS PARA ELES!
Se queres ollar polo miúdo os nosos
carteis e actividades relacionadas…
MERGÚLLATE NA REDE!
Se queres saber máis…
MERGÚLLATE NA REDE!
8
OS ENCAIXES DE FLORENCIO
Queres saber máis
sobre mín? Bule,
escoita a entrevista
que me fixeron na
Barcia…
17 Maio
9
MANS Á OBRA
No centro traballamos respectando os diferentes ritmos
de aprendizaxe, explorando a través de experiencias
vivenciais e multisensoriais, xogando e coñecendo en
primeira man a nosa contorna… Aquí deixamos un resumo
gráfico dalgunhas das actividades realizadas ao longo do
curso nas diferentes aulas e espazos do centro…
10
APRENDIZAXE SENSORIAL…
11
ARTE E CULTURA…
PRENSA…
12
COCIÑA…
CONTOS…
13
NÚMEROS E LETRAS…
NATUREZA…
E MOITO MÁIS…
SENSÍBELMENTE…
Nesta sección recóllense algunhas das
actividades que desenvolvemos no noso
centro con sensibilidade, para e por o
noso alumnado.
Isto tradúcese nun BENESTAR colectivo e
nunha aprendizaxe a través das emocións.
Sabes con que termos define a RAG a
SENSIBILIDADE?
sensación
AFECTO harmonía
EMOCIÓN
reacción
14
aula multisensorial
a estimulación basal e
multisensorial mellora
as nosas capacidades
sensorio - perceptivas e
o noso benestar.
na barcia temos unha
aula adicada a ofrecer
experiencias de
exploración a través dos
sentidos e das
sensacións corporais.
queres ver como
traballamos nela?
15
Este ano retomáronse as visitas dos nosos amigos máis
peludiños… Volveu a terapia canina ao cole, grazas ao
equipo de Candamín!
Cada venres preparáronnos un montón de sorpresas coas
que traballamos a nosa comunicación, autorregulación e
relaxación. Non só desfrutamos con eles a través do
tacto, senón que aprendemos a peitealos, darlles de
comer e a xogar xuntos dende o agarimo e respecto
polos animais. Esperamos poder telos de novo connosco!
terapia canina
PINCHA NOS VÍDEOS PARA
VERNOS EN ACCIÓN!
16
Minuto 02:30
A NOSA ENTREVISTA
17
Non te perdas a
entrevisa que lle
fixeron ao noso
equipo no cole.
Achegaraste un
pouquiño máis á
nosa labor…
música mestre!
Non é ningún segredo que nos encanta a música e este curso
seguimos aprendendo sobre ela. Mira, mira…
COÑECEMOS E TOCAMOS INSTRUMENTOS…
CREAMOS OS NOSOS PROPIOS CON MATERIAL DE
REFUGALLO…
18
E SE FAI BO TEMPO, FACEMOS CONCERTOS NO PATIO!
19
TEMPO DE XOGO
Sabemos da importancia do xogo e dos momentos de ocio.
Procuramos que os nosos recreos e tempo de lecer sexan un
chisquiño máis dinámicos, compartidos, divertidos… E tamén
os aproveitamos para facer algo de exercicio.
20
InFÓRMATE
Este ano estivemos formándonos a través do
Contrato Programa (CPInnova) de
EDUSAÚDE, co cal dinamizamos e
fomentamos hábitos saudables no noso día a
día, baseándonos tanto nunha alimentación
equilibrada, un pouco de exercicio físico
diario e unha boa ocupación do noso tempo
libre e de ocio.
QUERES SABER QUE FIXEMOS?
Non te perdas nesta sección toda a
información sobre dous Programas Proxecta
nos que participamos…
UNHA MILLA
DIARIA
ALIMÉNTATE
BEN
21
Durante todo o curso promovimos a actividade física,
como parte dun estilo de vida saudable, camiñando
nada máis e nada menos que…
UNHA MILLA DIARIA!
Para facelo dun xeito ordeado, deseñamos dous
percorridos para camiñar polo centro: un para os días
de bo tempo e outro para os días de chuvia, aos que
tiñamos que dar 10 voltas…
UNHA MILLA DIARIA
22
Xa que estamos en Ano Santo, decidimos percorrer O Camiño de Santiago
a través da milla diaria. Sabes como? Día a día sumamos todas as
millas realizadas no centro para ir avanzando no Camiño. Pero ollo,
que co motivados que estabamos completamos ata 3 camiños: o Camiño
francés, o Primitivo e o Inglés.
Creamos a sinalización do noso camiño do centro e ata puxemos cunchas
“Conta voltas”.
UNHA MILLA DIARIA
23
Fixemos exposicións, paneis informativos sobre cada un dos nosos
camiños, mapas para guiarnos xeográficamente nas diferentes etapas e
ata un xogo da oca temático…
Coñecemos diferentes
mascotas do Camiño e
creamos a nosa
propia…
Ola! Son Paco
Cansado, a mascota do
camiño barciano.
UNHA MILLA DIARIA
24
Se queres ver máis información
sobre o noso proxecto e coñecer
moitas curiosidades sobre o
Camiño…
Pero o mellor de todo foi facer a
última etapa do Camiño fóra do
centro. O 15 de xuño, un grupo do
cole percorreu o camiño dende o
Monte do Gozo ata a Catedral de
Santiago…
E sabes que? Despois de tanto
esforzo e constancia no noso
camiño…
concedéronnos a
COMPOSTELA!
SAÍMOS NA PRENSA!
Preme nos enlaces se
queres ler as novas…
TVG
(minuto 01:02:04)
La Voz de
Galicia
MERGÚLLATE NA REDE!
El Correo Gallego
ALIMÉNTATE BEN
25
Para ter unha boa saúde é imprescindible levar unha
alimentaión equilibrada. Co programa Aliméntate ben
promovimos bos hábitos no noso centro, a través dunha
morea de accións diarias e actividades específicas.
TOMA NOTA!
MERENDAS SAUDABLES
(froita e leite)
TRABALLo COAS FROITAS
26
plantación no invernadoiro e
no carriño de cultivo
tarefas de mantemento
recolleita dos froitos
27
RECEITAS SAUDABLES
Brochetas de froita e chocolate
atole de mandarina
torta de mazá
COMPOTA DE MAZÁ
BATIDO DE AMORODOS E PLÁTANO
ATOLE DE MANDARINA (versión 2)
BISCOITO DE CASTAÑAS
BATIDO DE CASTAÑAS
compota de mazá (versión 2)
Anímate a
probar algunha
das nosas
receitas!
Preme sobre o nome
da que máis che
apeteza. Están
saborosas…
Queres ver o ben que o pasamos na
festa do Samaín? Pincha neste vídeo e
accederás a un resumo das actividades
tan divertidas que fixemos…
Anímate a ver o contaconto con
teatro de sombras “Un vampiro
peligrozo”
E non todo ía ser traballar… No noso centro esforzámonos arreo día
a día por aprender e mellorar, pero tamén temos tempo para
desfrutar do ocio e organizar unhas boas troulas. Aquí vos
ensinamos algunhas das máis destacadas deste curso…
SAMAÍN 29 outubro
Vaia festa organizamos na Barcia para celebrar o Samaín!
Tivemos unha xornada moi completa na que contamos con…
Exposición de libros. Equipo de
Biblioteca
Disfraces de
medo
apócemas de
bruxa
contaconto
“un vampiro
peligrozo”
photocall de
contos de
medo
DE TROULA!
28
Anímate a ver todo o que fixemos no Magosto,
pinchando neste vídeo…
ENTROIDO 25 febreiro
29 outubro MAGOSTO
MAGOSTO NA BARCIA!
Este ano o Equipo de
Actividades Complementarias e
Extraescolares organizou unha
festa do Magosto con moitas
actividades…
● Asamos e degustamos castañas
● Fixemos xogos no ximnasio
● Elaboramos colares con landras
● Plantamos landras en macetas
E sabes que?
As landras que plantamos
ese día foron medrando ata
converterse en pequenos
carballos, que a final de
curso levamos para as nosas
casas así de decorados…
QUERES LER O CONTO ILUSTRADO QUE
FIXO O ALUMNADO POLO MAGOSTO?
Aquí tes…
“A castaña que rebentou de risa”
O lema da BIBLIOTECA do cole neste curso foi “Imos contar un conto”, así que
decidimos que a temática para disfrazarnos na nosa festa de Entroido tiña que
estar especialmente ambientada para a ocasión.
RECOÑECES AS PERSONAXES DO CONTO DO
QUE NOS DISFRAZAMOS?
O certo é que tanto os porquiños
como os lobos (que resultaron ser
menos feroces que no conto) o
pasaron xenial facendo un desfile e
bailando na festa que argallamos…
Durante a semana do Entroido tamén houbo espazo para
outros disfraces do máis orixinais…
29
FESTA FIN DE CURSO 16 XUÑO
2 XUÑO CONCERTO GRUPO DE T@PAS
Este ano, Afundación Obra Social Abanca,
organizou un programa de microconcertos nos
Centros de Educación Especial denominado…
“MÚSICA A FLOR DE PIEL”
Grazas a esta iniciativa, o Grupo de música
tradicional De T@apas (da Fundación
IgualArte) fíxonos unha visita cargadiña de
ritmo e son.
Divertímonos un montón descubrindo os seus
instrumentos, escoitando as súas pezas,
cantando con eles… GRAZAS POLA VOSA VISITA!
E para rematar o curso, que mellor que unha gran festa de
despedida con…
HINCHABLES
30
31
XOGOS POPULARES
32
FESTA DA ESCUMA
33
Mira o ben que o pasamos…
A nosa revista pretende ser un resumo dos
acontecementos máis relevantes de todo o
curso. Porén, se queres profundizar máis
nalgunha das nosas seccións, convidámoste a
pinchar cada vez que vexas o noso
apartardo…
…e así accederás a contido complementario e
enlaces de interese sobre as diferentes
temáticas, ou tamén en…
…para ver os nosos vídeos resumo.
E non esquezas visitar o noso blog do cole
no que contamos todas estas historias e
moitas máis!
http://ceeabarcia.blogspot.com/
SE QUEDACHE CON GAÑAS DE MÁIS…
MERGÚLLATE NA REDE!
AGRADECEMENTOS
Non queremos despedir o curso sen enviar
un especial agradecemento a toda a
comunidade educativa, por facer posible
que pasiño a pasiño o noso centro medre, e
nós con el.
A cada un de vós, grazas por acompañarnos
no noso CAMIÑO!
Os símbolos pictográficos usados son propiedade do Goberno de Aragón e foron
creados por Sergio Palao para ARASAAC (https://arasaac.org/), que os
distribúe baixo Licencia Creative Commons BY-NC-SA.
REVISA ESCOLAR ORBALLO
CEE A BARCIA
CURSO 2021-2022

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf

La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Sofán News. Febreiro
Sofán News. FebreiroSofán News. Febreiro
Sofán News. FebreiroPrensasofan
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015biblionova
 
XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021Prensasofan
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blogmafebesada
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiroPrensasofan
 
Carta puca5.marzo
Carta puca5.marzoCarta puca5.marzo
Carta puca5.marzomaria
 

Ähnlich wie ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf (20)

Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
EDUSAUDE.pdf
EDUSAUDE.pdfEDUSAUDE.pdf
EDUSAUDE.pdf
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Sofán News. Febreiro
Sofán News. FebreiroSofán News. Febreiro
Sofán News. Febreiro
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Xaneiro 2021
Xaneiro 2021Xaneiro 2021
Xaneiro 2021
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
MAIO 2022-1.pdf
MAIO 2022-1.pdfMAIO 2022-1.pdf
MAIO 2022-1.pdf
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
Carta puca5.marzo
Carta puca5.marzoCarta puca5.marzo
Carta puca5.marzo
 

Mehr von ceeabarcia

21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf
21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf
21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdfceeabarcia
 
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetes
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetesRECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetes
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetesceeabarcia
 
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdf
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdfESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdf
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdfceeabarcia
 
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdf
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdfDIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdf
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdfceeabarcia
 
BOCA SAUDABLE.pdf
BOCA SAUDABLE.pdfBOCA SAUDABLE.pdf
BOCA SAUDABLE.pdfceeabarcia
 
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdfSECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdfceeabarcia
 
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdfSECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdfceeabarcia
 
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdfRECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdfceeabarcia
 
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdf
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdfLETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdf
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdfceeabarcia
 
Habitos de vida
Habitos de vidaHabitos de vida
Habitos de vidaceeabarcia
 
Compota de mazá
Compota de mazáCompota de mazá
Compota de mazáceeabarcia
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siceeabarcia
 
La alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoLa alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoceeabarcia
 
O noso monstro rosa
O noso monstro rosaO noso monstro rosa
O noso monstro rosaceeabarcia
 
MOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOMOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOceeabarcia
 
Unha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionUnha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionceeabarcia
 

Mehr von ceeabarcia (20)

21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf
21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf
21 MARZO DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES.pdf
 
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetes
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetesRECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetes
RECOMENDACIONS XOGUETES. Consellos para mercar xoguetes
 
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdf
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdfESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdf
ESTIMULACIÓN SENSORIAL CPEMOCIONA-T .pdf
 
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdf
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdfDIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdf
DIPTICO DESPRAZAMONOS SEGUROS.pdf
 
BOCA SAUDABLE.pdf
BOCA SAUDABLE.pdfBOCA SAUDABLE.pdf
BOCA SAUDABLE.pdf
 
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdfSECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES.pdf
 
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdfSECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdf
SECUENCIA LAVADO DE DENTES 5cm.pdf
 
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdfRECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
RECEITAS SAUDABLES EDUSAUDE ALIMENTATE BEN.pdf
 
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdf
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdfLETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdf
LETRAS GALEGAS 2022 CEE A BARCIA.pdf
 
Habitos de vida
Habitos de vidaHabitos de vida
Habitos de vida
 
Compota de mazá
Compota de mazáCompota de mazá
Compota de mazá
 
Xela arias ud
Xela arias udXela arias ud
Xela arias ud
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou si
 
La alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gustoLa alegria a traves del gusto
La alegria a traves del gusto
 
Alimentos
AlimentosAlimentos
Alimentos
 
O noso monstro rosa
O noso monstro rosaO noso monstro rosa
O noso monstro rosa
 
MOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑOMOITO SENTIDIÑO
MOITO SENTIDIÑO
 
Unha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacionUnha pequena equivocacion
Unha pequena equivocacion
 
Monstro rosa
Monstro rosaMonstro rosa
Monstro rosa
 
Sabias que
Sabias queSabias que
Sabias que
 

ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf

  • 1. Revista escolar ORBALLO CURSO 2021-2022 CEE A BARCIA O SON DO noso CAMIÑO
  • 2. LIMIAR O SON DO NOSO CAMIÑO REPRESENTA O RITMO DAS NOSAS VIDAS, NESTA VIAXE CHEA DE APRENDIZAXES QUE DURANTE TODO UN CURSO FOMOS METENDO NA NOSA EQUIPAXE DE COÑECEMENTOS E EXPERIENCIAS. UN SON QUE QUIXEMOS FACER NOSO ESTE ANO E QUE NOS ACOMPAÑOU A TRAVÉS DE ANDAINAS DIARIAS. UN SON QUE NOS ACOMPAÑA TODA A VIDA ESCOLAR NESTE O NOSO SEGUNDO FOGAR, O CEE A BARCIA. UN SON QUE AMOSAMOS AO MUNDO E MESMO RESOOU NA PRAZA DO OBRADOIRO. ESTE CAMIÑO, CON MOITAS LUCES E ALGUNHAS SOMBRAS, TRATAMOS DE ILUMINALO COA ILUSIÓN QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PON NO SEU TRABALLO E NO SEU CAMIÑAR DÍA A DÍA. NO CAMIÑO ATOPARÉMONOS E ALÍ COÑECERÉMONOS. NESTA VIAXE, QUEREMOS DAR A COÑECER UN GALEGO QUE SUMA. SUMA NO COÑECEMENTO DA NOSA LINGUA, DA NOSA CULTURA, DAS NOSAS PAISAXES, DOS NOSOS COSTUMES, DA NOSA GASTRONOMÍA, DAS NOSAS FESTAS, DA NOSA XENTE… UN GALEGO ABERTO Ó MUNDO, QUE COMPARTA A SÚA RIQUEZA E MEDRE EN IGUALDADE, EN SOLIDARIEDADE E COLABORACIÓN. UN GALEGO QUE ENTRE POLOS OLLOS E CHEGE AO CORAZÓN. UN GALEGO MÁIS VISUAL QUE NUNCA. O GALEGO SUMA. O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA EDLG 2021-2022
  • 3. contido citas culturais 4 SENSIBELMENTE 14 MANS Á OBRA 10 música mestre! 18 ROSALÍA DE CASTRO 5 LAXEIRO 7 FLORENCIO DELGADO 8 AULA MULTISENSORIAL 15 TERAPIA CANINA 16 TEMPO DE XOGO 20 Infórmate 21 UNHA MILLA DIARIA 22 ALIMÉNTATE BEN 25 DE TROULA! 28
  • 4. citas culturais ROSALÍA Día de Rosalía de Castro (23 de Febreiro) “Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento”. FLORENCIO DELGADO G. Día das Letras Galegas 2022 (17 de Maio) “No outo, tamén a lúa sai a ruar coas estrelas; anda de troula a trasnoita mais o sol virá por ela…”. LAXEIRO Día das Artes Galegas 2022 (1 de Abril) “Estarei sempre pintando e tervos contentos”. 2022 4
  • 5. ROSALÍA DE CASTRO Novas investigacións documentaron que o día do nacemento real da nosa poeta máis célebre foi o día 23 de febreiro (e non o 24 coma se tiña pensado ata o de agora). Este ano preparámoslle unha FESTA DE ANIVERSARIO a modo de exposición con luz negra na nosa BIBLIOTECA. Unha festa cun montón de sorpresas nos diferentes recunchos... Ilusións ópticas Poemas con pictogramas Tarta de cumpre Mensaxes para Rosalía Cancións 23 Febr 5
  • 6. ROSALÍA DE CASTRO Nesta cita tan visual, ata participaron convidados de renome na literatura galega... QUERES VER A NOSA EXPOSICIÓN? 23 Febr 6
  • 7. LAXEIRO Este ano 2022, o DÍA DAS ARTES GALEGAS (1 de abril) foi adicado a LAXEIRO, un artista que nos sorprendeu moito pola súa vangarda e polo uso dunhas cores moi visuais. Desfrutamos coñecendo a súa obra, así que decidimos transformarnos en pequenos Laxeiros por un día para facer as nosas versións dalgunhas das súas creacións. Para saber máis sobre Laxeiro… MERGÚLLATE NA REDE! Con todas as nosas obras de arte fixemos unha súper exposición no cole. Veña, anímate a visitar a nosa GALERÍA de xeito virtual… 1 Abril 7
  • 8. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN 17 Maio Este ano, o Día das Letras Galegas (17 de maio) foi adicado ao valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Como cada ano, participamos no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2022 organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da creación de carteis e unha guía didáctica nos que se recollen os fitos máis importantes da súa vida e obra. A exposición gañadora do concurso na categoría destinada aos centros de educación infantil e primaria, foi a creada polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño (Rubiá, Ourense). PARABÉNS PARA ELES! Se queres ollar polo miúdo os nosos carteis e actividades relacionadas… MERGÚLLATE NA REDE! Se queres saber máis… MERGÚLLATE NA REDE! 8
  • 9. OS ENCAIXES DE FLORENCIO Queres saber máis sobre mín? Bule, escoita a entrevista que me fixeron na Barcia… 17 Maio 9
  • 10. MANS Á OBRA No centro traballamos respectando os diferentes ritmos de aprendizaxe, explorando a través de experiencias vivenciais e multisensoriais, xogando e coñecendo en primeira man a nosa contorna… Aquí deixamos un resumo gráfico dalgunhas das actividades realizadas ao longo do curso nas diferentes aulas e espazos do centro… 10 APRENDIZAXE SENSORIAL…
  • 14. SENSÍBELMENTE… Nesta sección recóllense algunhas das actividades que desenvolvemos no noso centro con sensibilidade, para e por o noso alumnado. Isto tradúcese nun BENESTAR colectivo e nunha aprendizaxe a través das emocións. Sabes con que termos define a RAG a SENSIBILIDADE? sensación AFECTO harmonía EMOCIÓN reacción 14
  • 15. aula multisensorial a estimulación basal e multisensorial mellora as nosas capacidades sensorio - perceptivas e o noso benestar. na barcia temos unha aula adicada a ofrecer experiencias de exploración a través dos sentidos e das sensacións corporais. queres ver como traballamos nela? 15
  • 16. Este ano retomáronse as visitas dos nosos amigos máis peludiños… Volveu a terapia canina ao cole, grazas ao equipo de Candamín! Cada venres preparáronnos un montón de sorpresas coas que traballamos a nosa comunicación, autorregulación e relaxación. Non só desfrutamos con eles a través do tacto, senón que aprendemos a peitealos, darlles de comer e a xogar xuntos dende o agarimo e respecto polos animais. Esperamos poder telos de novo connosco! terapia canina PINCHA NOS VÍDEOS PARA VERNOS EN ACCIÓN! 16 Minuto 02:30
  • 17. A NOSA ENTREVISTA 17 Non te perdas a entrevisa que lle fixeron ao noso equipo no cole. Achegaraste un pouquiño máis á nosa labor…
  • 18. música mestre! Non é ningún segredo que nos encanta a música e este curso seguimos aprendendo sobre ela. Mira, mira… COÑECEMOS E TOCAMOS INSTRUMENTOS… CREAMOS OS NOSOS PROPIOS CON MATERIAL DE REFUGALLO… 18
  • 19. E SE FAI BO TEMPO, FACEMOS CONCERTOS NO PATIO! 19
  • 20. TEMPO DE XOGO Sabemos da importancia do xogo e dos momentos de ocio. Procuramos que os nosos recreos e tempo de lecer sexan un chisquiño máis dinámicos, compartidos, divertidos… E tamén os aproveitamos para facer algo de exercicio. 20
  • 21. InFÓRMATE Este ano estivemos formándonos a través do Contrato Programa (CPInnova) de EDUSAÚDE, co cal dinamizamos e fomentamos hábitos saudables no noso día a día, baseándonos tanto nunha alimentación equilibrada, un pouco de exercicio físico diario e unha boa ocupación do noso tempo libre e de ocio. QUERES SABER QUE FIXEMOS? Non te perdas nesta sección toda a información sobre dous Programas Proxecta nos que participamos… UNHA MILLA DIARIA ALIMÉNTATE BEN 21
  • 22. Durante todo o curso promovimos a actividade física, como parte dun estilo de vida saudable, camiñando nada máis e nada menos que… UNHA MILLA DIARIA! Para facelo dun xeito ordeado, deseñamos dous percorridos para camiñar polo centro: un para os días de bo tempo e outro para os días de chuvia, aos que tiñamos que dar 10 voltas… UNHA MILLA DIARIA 22 Xa que estamos en Ano Santo, decidimos percorrer O Camiño de Santiago a través da milla diaria. Sabes como? Día a día sumamos todas as millas realizadas no centro para ir avanzando no Camiño. Pero ollo, que co motivados que estabamos completamos ata 3 camiños: o Camiño francés, o Primitivo e o Inglés. Creamos a sinalización do noso camiño do centro e ata puxemos cunchas “Conta voltas”.
  • 23. UNHA MILLA DIARIA 23 Fixemos exposicións, paneis informativos sobre cada un dos nosos camiños, mapas para guiarnos xeográficamente nas diferentes etapas e ata un xogo da oca temático… Coñecemos diferentes mascotas do Camiño e creamos a nosa propia… Ola! Son Paco Cansado, a mascota do camiño barciano.
  • 24. UNHA MILLA DIARIA 24 Se queres ver máis información sobre o noso proxecto e coñecer moitas curiosidades sobre o Camiño… Pero o mellor de todo foi facer a última etapa do Camiño fóra do centro. O 15 de xuño, un grupo do cole percorreu o camiño dende o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago… E sabes que? Despois de tanto esforzo e constancia no noso camiño… concedéronnos a COMPOSTELA! SAÍMOS NA PRENSA! Preme nos enlaces se queres ler as novas… TVG (minuto 01:02:04) La Voz de Galicia MERGÚLLATE NA REDE! El Correo Gallego
  • 25. ALIMÉNTATE BEN 25 Para ter unha boa saúde é imprescindible levar unha alimentaión equilibrada. Co programa Aliméntate ben promovimos bos hábitos no noso centro, a través dunha morea de accións diarias e actividades específicas. TOMA NOTA! MERENDAS SAUDABLES (froita e leite) TRABALLo COAS FROITAS
  • 26. 26 plantación no invernadoiro e no carriño de cultivo tarefas de mantemento recolleita dos froitos
  • 27. 27 RECEITAS SAUDABLES Brochetas de froita e chocolate atole de mandarina torta de mazá COMPOTA DE MAZÁ BATIDO DE AMORODOS E PLÁTANO ATOLE DE MANDARINA (versión 2) BISCOITO DE CASTAÑAS BATIDO DE CASTAÑAS compota de mazá (versión 2) Anímate a probar algunha das nosas receitas! Preme sobre o nome da que máis che apeteza. Están saborosas…
  • 28. Queres ver o ben que o pasamos na festa do Samaín? Pincha neste vídeo e accederás a un resumo das actividades tan divertidas que fixemos… Anímate a ver o contaconto con teatro de sombras “Un vampiro peligrozo” E non todo ía ser traballar… No noso centro esforzámonos arreo día a día por aprender e mellorar, pero tamén temos tempo para desfrutar do ocio e organizar unhas boas troulas. Aquí vos ensinamos algunhas das máis destacadas deste curso… SAMAÍN 29 outubro Vaia festa organizamos na Barcia para celebrar o Samaín! Tivemos unha xornada moi completa na que contamos con… Exposición de libros. Equipo de Biblioteca Disfraces de medo apócemas de bruxa contaconto “un vampiro peligrozo” photocall de contos de medo DE TROULA! 28
  • 29. Anímate a ver todo o que fixemos no Magosto, pinchando neste vídeo… ENTROIDO 25 febreiro 29 outubro MAGOSTO MAGOSTO NA BARCIA! Este ano o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou unha festa do Magosto con moitas actividades… ● Asamos e degustamos castañas ● Fixemos xogos no ximnasio ● Elaboramos colares con landras ● Plantamos landras en macetas E sabes que? As landras que plantamos ese día foron medrando ata converterse en pequenos carballos, que a final de curso levamos para as nosas casas así de decorados… QUERES LER O CONTO ILUSTRADO QUE FIXO O ALUMNADO POLO MAGOSTO? Aquí tes… “A castaña que rebentou de risa” O lema da BIBLIOTECA do cole neste curso foi “Imos contar un conto”, así que decidimos que a temática para disfrazarnos na nosa festa de Entroido tiña que estar especialmente ambientada para a ocasión. RECOÑECES AS PERSONAXES DO CONTO DO QUE NOS DISFRAZAMOS? O certo é que tanto os porquiños como os lobos (que resultaron ser menos feroces que no conto) o pasaron xenial facendo un desfile e bailando na festa que argallamos… Durante a semana do Entroido tamén houbo espazo para outros disfraces do máis orixinais… 29
  • 30. FESTA FIN DE CURSO 16 XUÑO 2 XUÑO CONCERTO GRUPO DE T@PAS Este ano, Afundación Obra Social Abanca, organizou un programa de microconcertos nos Centros de Educación Especial denominado… “MÚSICA A FLOR DE PIEL” Grazas a esta iniciativa, o Grupo de música tradicional De T@apas (da Fundación IgualArte) fíxonos unha visita cargadiña de ritmo e son. Divertímonos un montón descubrindo os seus instrumentos, escoitando as súas pezas, cantando con eles… GRAZAS POLA VOSA VISITA! E para rematar o curso, que mellor que unha gran festa de despedida con… HINCHABLES 30
  • 31. 31
  • 33. FESTA DA ESCUMA 33 Mira o ben que o pasamos…
  • 34. A nosa revista pretende ser un resumo dos acontecementos máis relevantes de todo o curso. Porén, se queres profundizar máis nalgunha das nosas seccións, convidámoste a pinchar cada vez que vexas o noso apartardo… …e así accederás a contido complementario e enlaces de interese sobre as diferentes temáticas, ou tamén en… …para ver os nosos vídeos resumo. E non esquezas visitar o noso blog do cole no que contamos todas estas historias e moitas máis! http://ceeabarcia.blogspot.com/ SE QUEDACHE CON GAÑAS DE MÁIS… MERGÚLLATE NA REDE!
  • 35. AGRADECEMENTOS Non queremos despedir o curso sen enviar un especial agradecemento a toda a comunidade educativa, por facer posible que pasiño a pasiño o noso centro medre, e nós con el. A cada un de vós, grazas por acompañarnos no noso CAMIÑO! Os símbolos pictográficos usados son propiedade do Goberno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC (https://arasaac.org/), que os distribúe baixo Licencia Creative Commons BY-NC-SA.
  • 36. REVISA ESCOLAR ORBALLO CEE A BARCIA CURSO 2021-2022