Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

No interior dalgúns soños

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
NO INTERIOR
DALGÚNS SOÑOS

    -MA ÁRABRAB-
NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS




       MA ÁRABRAB


         PÁXINA 2
NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS




   O amor ten a virtude de espir,
 Non a dous amantes o un fronte ao
              outro,
Se...
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Recital Poesía
Recital Poesía
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 122 Anzeige
Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Anzeige

Aktuellste (20)

No interior dalgúns soños

  1. 1. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS -MA ÁRABRAB-
  2. 2. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS MA ÁRABRAB PÁXINA 2
  3. 3. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS O amor ten a virtude de espir, Non a dous amantes o un fronte ao outro, Senón a cada un deles ante sí mesmo (Cesare Pavese) MA ÁRABRAB PÁXINA 3
  4. 4. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS MA ÁRABRAB PÁXINA 4
  5. 5. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Usuario Fn38: Esta noite, cando o língua do sol comece a lamer a pel de cinza que hai baixo a saia da lúa, o dedo da sospeita esquecerase temporalmente da nosa existencia e durante unhas horas os nosos actos non precisarán de explicacións nin mentiras. Usuario Dd27: Usuario Fn38: Sabes o meu nome, como son, onde vivo.. coñeces todo canto podes saber de min a través de internet, xa non sei que máis podo facer. Coñézámonos por fin en persoa e fagamos todo o que as nosas fantasías pídennos dende a primeira conversa. ¿Qué tes que perder? As veces penso que estas conversas non son para ti máis que un pasatempo, e que nunca serán máis que iso, palabras que algún día perderánse no baleiro do tempo. Usuario Dd27: Pese a que todos os días que chateaban aquel home trataba de convencer a David para que ambos saciasen a fame que invadira os seus corpos, éste sempre atopaba algún problema, algunha escusa que impedíalle facelo. Cando comezaban as preguntas cunha única resposta posible fuxía avergoñado, sen despedirse, incapaz de MA ÁRABRAB PÁXINA 5
  6. 6. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS enfrontarse aos medos que non lle deixaban levar a cabo algo que desexaba dende facía moito tempo. Pero naquela conversa quedárase sen mentiras ata para enganarse a sí mesmo; el sabíao, e o que estaba ao outro lado da rede tamén. Nunca antes daquela tarde houbera tantas preguntas esixindo unha contestación, nunca as palabras foran lanzadas con tanta precisión ao centro mesmo de todas as dúbidas, nun punto onde cada golpe é un desafío e a suma de todos eles a victoria. O medo perdera ese día boa parte da súa fortaleza e o desexo, sabedor da debilidade do adversario, comezou a gañarlle a batalla ao temor. Tres semanas cumplíranse xa dende que coincidiran nun dos milleiros de chats nocturnos e supostamente anónimos que abundan en internet, un inxente universo imaxinario no que verdade e mentira invírtense os papeis para que millóns de persoas poidan vivir todo menos a súa propia vida. Dende unha primeira conversa baleira e superficial, na que o que deixaron sen contar foi máis importante que o que dixeron, a distancia que amordazaba as confidencias foise facendo máis pequena. Máis e máis. Ata que un día o afastamento desapareceu por completo e as frases, escritas dende o máis profundo de dúas saudades compartidas, convertíronse en cadenas de sentimentos que descubriron a forma de fuxir xuntas das gavetas nas que permaneceran durante moito tempo agochadas baixo chave. E así MA ÁRABRAB PÁXINA 6
  7. 7. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS foi como comezaron a declararse cadanseus inconfesables segredos e a convertírense cada un no centro das fantasías do outro, porque a imaxinación é tan marabillosa coma mentireira. Noite tras noite voltaban de novo a experimentar unha ineludible necesidade de situarse diante dunha pantalla de computadora que coñecía o sinxelo código para descifrar as debilidades e miserias masculinas, coma se as almas fóranlles infectadas por un virus ao que entrar nun ordenador non lle fora suficiente desafío. Usuario Fn38: Estou completamente nu agardando que a sal e auga da túa boca anegue a miña língua, dándolle de novo voz a todo canto aínda non puiden contarte en persoa. As máns axítanseme ansiosas contra o meu peito, golpeándome unha e outra vez para preguntarme cando poderán coñecer cada unha das liñas que conforman a tenra tea de araña do teu tacto. Ven esta noite á miña casa e prométoche que non deixarei nin un só rincón do teu corpo sen explorar. Sei que estás a desexalo tanto coma min. Usuario Dd27: Aquel home tiña razón. Nada devecía David máis que transformar todas as confesións, valentes só na distancia, en ducias de homes de carne e oso facendo realidade os caprichos recén MA ÁRABRAB PÁXINA 7
  8. 8. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS descubertos do seu sangue. Incluso cando era un corpo de muller o que tiña espido xunto ao seu. Unha liña vertical parpadeaba teimosa sobre o reflexo do seu rostro cando o cabalo salvaxe do corazón comezou a coucearlle belicoso, convertindo o suor en gotas de fume transparente primeiro e nubes de vapor condensado despois, pesado coma chumbo ardente adherido á súa pel. Todo axitouse desapraciblemente e ata o seu sexo contaxiouse polos embates de cada un dos músculos, erguéndose e agochábandose coma tormenta de verán, impredecible, cobarde e letal. Esclavo na escuridade dunha pantalla fría e escura, alguén seguía a agardar por unha resposta. Usuario Fn38: ¿a que lle tes medo? Se non es quen de enfrontarte as túas debilidades nunca poderás alcanzar os mellores dos soños. Ambos sabemos canto desexas coñecer o sabor que ten o sexo sen mulleres e só ti sabes canto ansío eu por amosarcho. Usuario Dd27: Usuario Fn38: Nacíches na mesma nostalxia na que morrerás algún día polo que nunca deixes de facer nada por culpa doutras persoas, por moito que as queiras, porque cando a vida non te deixe continuar volverás a estar completamente só. E na condena desa señardade, culparás MA ÁRABRAB PÁXINA 8
  9. 9. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS a todos polos que deixaches de vivir cousas que non poderás facer xamáis. Non permitas que a covardía róubeche nin un só segundo máis do teu tempo, porque a vida é demasiado curta como para non facer hoxe todo o que soñas facer mañá. De reproches están as tumbas cheas. Usuario Dd27: David apurou a última calada do cigarro que agonizaba preso nos dedos e cando a mirada chegou ao final das frases o fume do tabaco saíu dos seus pulmóns coma se éstes fosen chemineas sen apenas tiro, expulsando un fume denso de algodón enmofecido incapaz de desfacerse no aire. “..de reproches están as tumbas cheas” David pensou na morte, nese capítulo coñecido da historia de cadaquén que todos intentan ignorar e néganse en aceptar. Imaxinou o precipicio no que un día o destino lanzaría o seu corpo inerte, afundíndoo para sempre nun enorme océano cheo de reproches e soños sen cumplir. E esa dramática imaxe trocouno todo. Esmagou o pito sen lume no fondo do cinceiro e decidíu por fin enfrontarse aos canguelos que ata ese día impedíranlle facer algo que realmente quería dende había moito. Non quería reproches na súa tumba e quizáis aquela fora a derradeira oportunidade para liberarse de boa parte deles. As pálpebras pecháronse durante uns segundos interminables e na opacidade que envolveuno todo os músculos MA ÁRABRAB PÁXINA 9
  10. 10. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS aliáronse co corazón e ambos decidiron arrebatarlle á mente un poder que non merecía. A sangue é unha escrava que non sempre acepta ordes e naquela ocasión non as aceptou. O combate xa tiña vencedor. Usuario Fn38: Non fiques calado, por favor di algo. Non podo aturar esta incómoda sensación de non saber o que pasa pola túa cabeza ou o que é peor, de nin tan sequera saber se estás lendo o que estou a escribir. Uns habilidosos dedos que antes amosáranse indecisos e temerosos descenderon veloces cara o teclado e unha tormenta de chingas de plástico fixo de cada gota unha letra e de cada charco unha palabra. A densa atmósfera de almidón foise clarexando despois de cada liña ata que un correúdo estrondo, seco e definitivo, marcou o momento no que as palabras xa non tiñan máis que dicir. A poza que formárase na parte inferior da pantalla sitouse xusto no centro, e as letras antes miúdas fixéranse xigantes, nunha forma na que era era imposible non observalas. Usuario Dd27: Non podemos desaproveitar esta noite na que as estrelas aliáronse con nós para que poidamos facer realidade as nosas fantasías. Non quero que este día remate sen antes sentir os teus brazos ancorándose en mín e o teu sexo nacendo e finando no máis profundo da alma. MA ÁRABRAB PÁXINA 10
  11. 11. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS A imaxinación ten o perigoso poder de transformar certas mentiras en necesidade e de roubarlle á realidade todo o seu valor, actuando ás veces coma unha enfermidade de almas perdidas, que fai que cando alguén non ten claro cara onde quere ir, sempre vaia ó peor dos destinos posibles. No xusto momento no que a tarde fíxose noite decidíuse lanzar ao baleiro e participar, por primeira vez, nun descoñecido xogo xunto a alguén do que só sabía con certeza que tiña algo que el estaba a buscar dende facía moito tempo. Ignorando calquer perigo. Usuario Fn38: Non agardes máis do necesario e por favor ven canto antes xunto a min. Fai demasiado tempo que anhelaba este momento así que non alargues máis estre sufrimento. Usuario Dd27: Nunca che faría tal cousa. Nuns minutos poderemos encher os ocos que as nosas ausencias erixiron durante unhas noites nas que os soños amenazaron con afogarnos. Usuario Fn38: Como biques igual que escribes non sei se poderei durmir polas noites sabendo que é o corpo da túa muller o que durme ó teu carón e non o meu. Ven tan axiña como poidas, que os segundos de espera convírtense a cotío en horas de castigo. MA ÁRABRAB PÁXINA 11
  12. 12. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Usuario Dd27: Esta noite a lúa non será o faro que guía os nosos soños porque teremos demasiadas cousas que descubrirnos un ao outro coma para desperdiciar as horas nas que o sol repousa. Tan só poderemos descansar cando todo remate. Usuario Fn38: Por favor non sigas, que con cada palabra que escribes o meu corpo estremécese ó pensar no doce que serán teus dedos se son capaces de escribir como o fan. Se queres coñecer todo o que espero nunca olvides de min, terás que vir eiquí para facelo, xa sabes onde estou agardándote. Tan só pídote unha cousa, se non vas a vir, calqueira que sexa o motivo da túa ausencia, non me digas nunca máis nada, non volvas a buscarme en ningún chat, que as palabras teñen a facultade de aumentarlle o sufrimento aos corazóns que non dan atopado o que tanto precisan. E ti sabes como erizar por completo o meu corpo con tan só unha frase. Morro por coñecerte, por afundir o meu corpo no teu, por sentir como todo o teu ser derrítese na miña boca. Se de verdade queres coñecerme ven, pero por favor faino canto antes por que os meus beizos están a tolear ó pensar no lonxe que están dos teus. MA ÁRABRAB PÁXINA 12
  13. 13. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Usuario Dd27: En vinte minutos estarei aí. Quero por fin descubrir coas miñas mans o que a inventiva construíu co aire en tantas ocasións. Usuario Fn38: Agárdote impacente para amosarche todo o que queiras decubrir en min. Fin da conexión. O usuario Dd27acábase de desconectar. MA ÁRABRAB PÁXINA 13
  14. 14. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Bos días señorita Lorena –sorprendeulle a voz fría e arrogante do dono da empresa na que traballaba, situado a apenas medio metro da súa mesa- tan só roubareille uns minutos do seu tempo, que xa sei que está vostede sempre moi atarefada para falar comigo. Vaia...perdoe señor Pereiro –farfullou ante aquela sorpresa, tan inesperada coma pouco agradable- non lle escoitara chegar. As veces estou tan concentrada en todo o que teño que facer que non vexo nin que entra pola... Si, xa sei –interrumpiulle como de costume, sen agardar a que os demáis rematasen de falar- ese precisamente é o motivo polo que estamos nós eiquí -mirou cara atrás e indicoulle a unha persoa que estaba situada nun tímido segundo plano que avanzara os metros necesarios para situarse xunto a el- Preséntolle á súa nova compañeira, chámase Ana e a partires de hoxe traballarán xuntas neste despacho. As referencias que temos dela son inmellorables, polo que estou completamente seguro que ambas formarán un gran equipo. MA ÁRABRAB PÁXINA 14
  15. 15. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS O xesto de Lorena trocou completamente despois de escoitar o que aquel home acababa de dicirlle. As cellas fóranselle arqueando inconscentemente co paso de cada palabra, afiando a súa mirada e trocando o seu xesto incial de desagradable sorpresa mal disimulada, polo dunha sospeita incapaz de se ocultar. Non tiña nin idea de que estaban a buscar a alguén para traballar xunto a ela e a nova, por inesperada, non foi ben dixerida. Pasaran xa máis de oito anos dende que, dentro daquela fábrica, comezara a renunciar a cinco de cada sete días da súa vida. Millleiros de xornadas cun ceo sen sol que entregara á idea de que todo esforzo é sempre recoñecido e que todo o sacrificio sería algún día recompensado. Pero aquela nova derrubou as súas falsas esperanzas e devolveulle a un mundo no que ao final todo convírtese en decepción. Sabíase en perigo porque no interior daquelas paredes descubrira que unha nómina anula as conciencias e convirte ás persoas en criaturas infames cohabitando un lugar no que todo acto de boa fé agocha tras de sí un acedo segredo. Afundida nos cascallos do seu orgullo, atopou neles un recordo de cando aínda era moi cativa. Hai consellos que unha escoita cando a vida ten sabor de caramelo que só comprende cando o azucre desaparece e o doce tórnase en amargo. Un deles dérallo a súa avoa antes de marchar un día “a bañarse á praia dos anciáns” e non voltar xamáis. “..a esperanza éche a peor amiga na que podes confiar porque MA ÁRABRAB PÁXINA 15
  16. 16. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS cando máis precises dela traizoarache sen compaixón, abrindo unha chaga que tardará moito tempo en cicatrizar”. Canta razón tiñas – pensaba mentres na súa mente voltaba a imaxe en branco e negro dunha velliña a quen as enrugas outorgáranlle unha sabedoría admirable, e da que tanto lamentaba non poder ter máis que lonxanos recordos. Para os idiotas que ansían o falso poder non hai maior pracer que o de demostrar que son eles quenes deciden os silencios dos demáis, e aquel home que estaba a declamar o mesmo sermón de sempre, disfrutaba sabendo que alí dentro, cando el falaba os demáis tiñan obrigatoriamente que escoitar. Por iso gustáballe tanto o que había no interior da fábrica e tan pouco o que ocurría fora dela. Pero o poder e a intelixencia son case sempre conceptos antagónicos. Inmerso na cegueira da súa estupidez, o señor Pereiro nunca aprendera que enmudecer as palabras só sirve para encher de cólera os desexos alleos. A indignación de Lorena foi aumentando con cada nova mentira que escoitaba daque perfecto exemplo de fachenda e egoísmo ata que, completamente irada, lanzoulle unha mirada cargada de carraxe coa que conseguíu curtar o aire ao seu paso e acusoulle en silenzo dos embustes que éste estaba a contar. Nos seus ollos podíase ler claramente un “cala dunha vez maldito farsante que nin ti mesmo cres MA ÁRABRAB PÁXINA 16
  17. 17. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS nada do que dis”, recado que o destinatario recibíu pero que decidíu ignorar. Aínda que nin moito menos esquecer. Unha vez que Lorena soubo que a mensaxe chegara á dirección correcta cambiou de obxectivo e dirixíuse cara a muller que dende aquel día convertiríase na súa nova inimiga vestida de compañeira. Cando alguén síntese en perigo, loita contra todo o que se lle poña por diante, sen reparar na xustiza dos seus golpes e ela, convertida en maxistrada corrupta co brazo de pedra, emitira xa o veredicto sen necesidade de xuízo. Culpable. A xustiza non precisa de probas para castigar aos que considera responsables porque baséase nun principio de imparcialidade no que nin ela mesma coida. Tan só quedaba poñerlle rostro á condeada, quen a partires daquel intre faría todo o posible por apropiarse dun posto que tanto esforzo custáralle conseguir. Buscouna e sitouna no centro do punto de mira, de forma que fora imposible errar. Pero cando o fixo, todo o seu mundo detívose bruscamente. A livianiade deu paso á dramaturxia e a ofensa ao misterio. Cando observou por primeira vez a face da muller que tiña fronte súa todo o universo reaccionou do mesmo xeito que a súa curiosidade, tan desconcertado coma ansioso, tan desorientado coma sorprendido, vítimas dunha sensación que non sentira antes na vida. As pestanas que enchían de rabia a súa mirada voaron cara o ceo tan alto coma o MA ÁRABRAB PÁXINA 17
  18. 18. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS peso das cellas permitíronlles elevarse e o seu corazón, contaxiado por aquela estrana sensación, semellou espertar dun largo letargo e comezou a latexar como levaba moitísimo tempo sen facelo. Aumentando a confusión de alguén que non tiña claro nada do que estáballe a suceder. Aproveitando que naquel intre toda a atención tiña que recaer imperiosamente no que narraba un trileiro ataviado de contacontos, puido deterse a contemplar a desconcertante presencia que tiña fronte súa e confirmar que realmente fora certa a primeira impresión. Estaba fronte á muller máis fermosa que vira nunca antes. E sabíao con certeza porque a beleza só pódese medir en función do que fai sentir a quen a observa. E ela nunca antes sentira algo tan intenso bambeándolle o corazón. Un inmenso mar de cabelos, negros e rebeldes como a noite de San Xoan, estalaban en alegres fogos de artificio, deixando únicamente ao descuberto a súa faciana de pel de canela, redonda e lisa coma area que resiste tras o paso das ondas. Nos seus beizos, curvados e tenros coma pétalos de margaridas, dous incisivos de neve asomábanse tímidos e expectantes por unha pequena xanela que a súa carne arqueada semellaba incapaz de pechar. Por detrás das meixelas, infantís e rosadas coma nubes de algodón, dúas pequenas orellas de caracola ocupábanse de que nada puidese agochar o que MA ÁRABRAB PÁXINA 18
  19. 19. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS sen dúbida máis destacaba dentro de aquel fermosísimo rostro e o que conseguira feitizala dende a súa primeira mirada, uns sublimes ollos salgados, enormes e radiantes coma estrelas na máis completa escuridade. Uns ollos que cando volveu reparar neles, descubríu que estábanlle a responder coa mesma curiosidade coa que ela estáballes a observar. Ambas mulleres fuxiron unha da outra sen saber como ocultar unha sorpresa que semellaban incapaces de controlar, pero rápidamente volveron a atoparse de novo porque non hai maior imposible que o que unha non desexa facer. “Nunca te afastes de quen che faga sorrir con só unha mirada -volveu a xurdir a imaxe da súa avoa no medio da escuridade- porque iso é un dos maiores tesouros cos que a vida pódete obsequiar”. Mentres iso ocurría, e alleo por completo á magnitude dos sentimentos que se estaban a manifestar preto del, o señor Pereiro continuaba a disfrazar de proezas as súas miserias, vítima conscente e voluntaria das súas infames mentiras. Algo así só conséguese con moito esforzo, traballando mentres os demáis durmen -afirmaba vaidoso ocultando que os seus éxitos só comezaron cando, grazas á política, decubrira o doado que era convertir os cartos públicos en privados- e por iso nesta empresa sabemos cando hai que entrar pero nunca cando se poderá saír. MA ÁRABRAB PÁXINA 19
  20. 20. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS De socato unha coitelada de silencio fixo que os ollos volveran pestanexar rompendo co halo invisible da complicidade e o xesto desafiuzante do xerente dispuxo que chegara o momento de retornar a normalidade ou, polo menos, de aparentalo, Encantada de coñecerte Ana. Intentarei axudarche en todo canto poida -presentouse Lorena lanzando a súa man dereita polo aire co fin de atoparse coa da súa nova compañeira nun punto intermedio do espacio que as separaba. Pero ante a súa sopresa o xesto non foi respondido Perdoa, é que non quixera comezar esta amizade co mesmo xesto co que os traidores selan os seus pactos – replicou Ana bordeando o escritorio. Iso é máis propio dos homes, ¿non cres?. Se non che importa, preferiría dous bicos, creo que é algo moito máis sinceiro. A man dereita do xerente afundíuse instintivamente no peto ao escoitar aquelas palabras, sen que ninguén máis ca el advertira aquela traizón do seu subconscente. Inconscientemente sentírase acusado pola sentenza que acababa de escoitar porque sabía que verdade e mentira estaban na obriga de actuar da mesma forma na súa vida para non seren delatados. E o que unha das mulleres non aceptara era para el un xesto tan habitual como o de respirar. MA ÁRABRAB PÁXINA 20
  21. 21. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Si claro, perdoa –contestou Lorena- ás veces no traballo unha olvídase que por moito que intenten convencernos do contrario, as persoas non podemos actuar como máquinas. Despois do segundo dos bicos os ollos rozáronse coa mirada durante un intre que para ambas convertérase nunha enfeitizada eternidade. Que para a súa desgracia non lograron prolongar. Ben, unha vez feita esta obrigada presentación déixame acompañala para que firme o contrato e en dez minutos xa a tes de volta, para que vaias explicándolle cal será o seu traballo – concluíu o señor Pereiro mentres desaparecía na escuridade do marco da porta. A curiosidade non é algo que desapareza cando a infancia queda atrás e ambas mulleres demostráronno ao espreitárense de novo, ignorando as palabras do xerente. Precisaban asegurarse de que todo canto sentiran segundos antes era real e, sobre todo, compartido. As miradas atopáronse de novo pero xa sen a intención de ocultar algo que era imposible de facer, coma se xa soubesen que realmente cada unha delas tiña a verdade que a outra nunca atopara ata aquel día. Cando Lorena ollou como a súa nova compañeira comezaba a afastarse, un calafrío percorreu todo o seu corpo, de arriba a abaixo, e de dentro cara fora. Pregoulle en silencio que non continuara alonxándose, que se detivera, que dera media volta e achegárase de MA ÁRABRAB PÁXINA 21
  22. 22. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS novo xunto a ela. Pero hai cousas que non precisan de son para ser expresadas. Ana detivo os seus pasos e xirouse de novo, e cando estaban a piques de compartir certas confesións, o xerente voltou a impoñer o seu inxusto poder. Ana! – inquiríulle a voz grave da soberbia xa sen figura, incapaz de concebir o que estaba suceder fora do seu mundo de números, regras e clases sociais - o contrato hai que firmalo axiña e hai moito que facer así que non temos tempo que perder. Xa teredes tempo de coñecervos logo. Hai corazóns que nacen condeados, cegos dende o seu primeiro latexo e o daquel home era un deles, incapaz de entender a vida de outra forma que non fora unha eterna transacción. Ata agora – dixolle Ana, sinalando cara o marco baleiro da porta- seica será mellor que vaia con el se non quero quedarme xa o primeiro día sen traballo. Creo que si -sorríu Lorena – e se non queres comprobar a rapidez coa que algunhas persoas eiquí dentro cambian as falsas boas formas polos insultos. Por certo non creas nada do que acábache de dicir –negou coa cabeza- cada mentira que dixo foi aínda máis grande que a anterior. MA ÁRABRAB PÁXINA 22
  23. 23. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Non te preocupes que xa sei como son ese tipo de persoas. Haberá moita xente que o vote, pero a única xente que confía nos politicos é porque ou ben nos os coñece, ou coñécenos demasiado -concluíu chiscándolle un ollo antes de que a súa imaxe tamén desaparecera no mesmo sitio no que o xerente o fixera anteriormente. MA ÁRABRAB PÁXINA 23
  24. 24. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Por fin David fora quen de dar a primeira alancada para levar a cabo algo que devecía dende facía demasiadas soidades. A súa vida trocara dende que topara por casualidade na internet as imaxes doutros homes compartindo os seus corpos masculinos e disfrutando do sexo sen necesidade de mulleres, descubríndolle unha parte de sí mesmo que o espeso manto do prexuízo lograra ocultar durante moito tempo. E que era imposible volver a tapar. Dúas frases que lera no chat minutos antes estaban a combater contra os poucos medos que aínda conservaban algunha esperanza de poder evitar o xiro que tíñalle reservado o destino para aquela noite. A primeira delas era “..de reproches á vida están a tumbas cheas”, a imaxe do seu corpo esmagado contras as rochas, tan baldeiro de vida coma cheo de recriminacións e sen máis oportunidades de poder facer realidade máis soños forzáballe a aproveitar cada segundo que aínda restáralle por vivir coma se fose o derradeiro que lle quedara. A segunda era unha pregunta coa que o home que ía coñecer en pouco tempo conseguira golpear a súa conciencia e botarlle en cara o disparate dos seus arrepíos ¿qué tes que perder? - insistía a súa voz sen voz, saíndo dende un recuncho oculto da súa alma. MA ÁRABRAB PÁXINA 24
  25. 25. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Nada -respostóulle ó seu reflexo, situado fronte del no espello do cuarto de baño- mañá podo estar morto, sen máis futuro que o pasado. Ten razón ese tal Fran cando din que a vida mentres existe, ten sempre que mirar cara adiante, olvidándose do que deixou atrás -detívose un segundo cando pensou na segunda parte da frase- e de quen ten ao seu carón. Un só arrepíntese do que non fai ¿non é iso o que din? Pois o que vou a facer é algo que desexo dende fai moito tempo e non tiven o valor necesario ata esta noite. Non teño nada que perder e si moito que gañar. Hai moito que na miña vida non existe nada máis que horas perdidas sen apenas nada que lembrar, de días que desaparecen no esquecemento un segundo despois de que rematen, dun matrimonio que non é outra cousa que a convivencia de dúas persoas que son incapaces de admitir o seu fracaso. Non quero convertirme no vello do poema de Kavafis, que mentres durme enriba da mesa dun bar lembra os tempos nos que foi mozo e confiou nun mañá que nunca chegou. O espello mirouno con lástima e calou. Pero advertíndolle que quen cala non sempre outorga. Acababa de enfrontárase a sí mesmo e saíra vencedor. Por primeira vez fora conscente de que a vida rara vez outorgaba segundas MA ÁRABRAB PÁXINA 25
  26. 26. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS oportunidades e non fuxira agochándose tras ningunha mentira. E todo grazas aos consellos dun descoñecido que sabía da vida máis que el, e ensinoulle que a covardía é a linguaxe dos que confórmanse con nada. Conseguira plantarlle cara a todo canto negáballe a posibilidade de realizar unha fantasía que sentía necesidade porque advertira que as únicas cousas que témense son aquelas polas que non se está disposto a loitar. E non quería unha sepultura chea de lamentos. Logo das primeiras e cálidas pingueiras as mans camufláronse por entre o medio da auga da ducha e descenderon por unha pelica á que conseguiron humedecer tamén por dentro. Os dedos, mudados uns en acodadeiras e outros en martillóns, situáronse na parte superior do peito co obxectivo de esculpir unhas afiadas azagaias de pedra que fincaran no centro de dúas enormes dianas que cubriran as costelas. Unha vez remataron de perfeccionar cada unha das aristas que fóranlles encomendadas os tanxeles uníronse de novo en torno a dúas bonecas de oso que, despois dunha precipitada caída, arredáronse unha da outra no ombligo para dirixirse a dous puntos totalmente opostos; un vulto e o outro escuridade, un palpable e o outro oculto, un diante e outro detrás. Aumentando a presión e temperatura dun líquido que pasou a mollar máis nos cornechos onde máis complicado era o acceso. MA ÁRABRAB PÁXINA 26
  27. 27. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Os movementos das súas mans lonxe de calmar a gula aumentaron a intensidade das labaradas, volvéndoo aínda máis preso da incandescencia do seu sangue. E o lume, que non entende de valentías, apoderouse inexorablemente del. MA ÁRABRAB PÁXINA 27
  28. 28. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Instantes despois de que toda presenza desaparecera engulida polas fauces demasiado famentas da porta unha estrana sensación de orfandade invadíu o interior da oficina. E Lorena, vencida e confusa, desplomouse enriba da cadeira que tiña xunto aos pés. Ignorando que coa carouba deliñara unha postura case imposible enriba do coiro pechou os ollos, e tras o manto negro que cubríuno todo apareceu Ana achegándose de novo ata ela. Pero o guión da nova escena non era o mesmo que o de antes. No novo escenario estaban únicamente elas dúas, sen máis miradas cas dos seus ollos e sen máis palabras ca dos seus silencios. Xa non tiñan por que respeitar ningunha distancia imposta. E onde os pasos detivéronse a primeira vez non o fixeron na segunda. Habitando nun mundo sen segundos, creado so para as dúas, a eternidade tornouse cómplice e todo parouse excepto elas, que non podían manterse separadas por máis tempo. Ana achegouse ata que a distancia deixou de ser tal e comezou a apresar por detrás das orellas a timidez en forma de lisos cabelos que ocultaban boa parte da faciana dunha Lorena que, unha vez foi liberada de cada un deles, apoiouse sobre o leito de pel feito palma e bicou con tenrura a xema do seu dedo polgar. Ambas souberon nese intre cal era a intención daquel xesto. Os MA ÁRABRAB PÁXINA 28
  29. 29. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS beizos convertíronse en doce migalla de pan e achegáronse uns aos outros ata que aire deixou de separalas. E coma se levaran toda unha vida facéndoo fundíronse nun delicioso bico, lento, suave e perfecto. De súpeto un ruído lonxano obligou Lorena a a erguer o telón e regresar a un mundo que ela sentía tan falso coma calqueira outro. Abríu os ollos e deuse conta que a escea que acababa de vivir non ocurrira noutro sitio máis ca no interior da súa imaxinación. Pero lonxe de entristecerse sentíuse infinitamente afortunada por poder disfrutar do bico máis fabuloso de toda a súa vida. O corazón pode ver e sentir cousas que os ollos son incapaces nin tan sequera de sospeitar – xurdíu de novo a voz da súa avoa- el é o que convirte á vida nun soño no que as cousas visibles son as menos importantes. Ergueuse e foise ata o pasillo para albeitar o motivo que obligáralle a fuxir do seu mundo imaxinario e perfecto, pero a ausencia foi a única presenza que atopou nel. Maldixo á fortuna e pechou a porta lentamente procurando facer o menor ruido posible para que aquel acto pasara desapercibido. Sabía que aquel era o peor curruncho para seguir con aquel atrevemento, pero precisaba volver ao mesmo escenario do que tivera que marchar segundos antes porque evadirse naquel intre non era para ela un capricho, senón unha necesidade. Tras conseguir baixar de novo o enorme telón negro, comezou a correr por enriba do esceario na procura do lugar no que tivera que MA ÁRABRAB PÁXINA 29
  30. 30. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS deixar a Ana para evitar que os sentimentos non puideran ser delatados por ningúen máis que elas dúas. Pero non puido ser. Por máis que o intentou non foi quen de atopala por ningures. Só aceptou saír de escena cando estivo completamente segura de que non había ninguén máis que ela enriba dunhas táboas que so convertíanse en algo máxico cando o espectáculo era compartido. Entre bágoas comezou a subir a tela laiándose do intre no que abandonara os beizos de Ana so por medo a que alguén non comprendera o que ambas sentían. O silencio e a soidade, as únicas dúas confidentes ás que a alma nunca é quen de enganar, acudiron veloces en auxilio das lágrimas coa promesa do próximo retorno da súa nova compañeira. Pero ese detalle, en lugar de tranquilizala fíxolle trepidar. Temeu que iso convertérase máis nun castigo que nunha bendición porque sabía que cando o amor non é correspondido convirte todo nunha condea. Non hai maior desgraza ca de intentar querer a quen é o centro dos teus soños e só recibir a súa indiferencia a cambio. Non quería ningunha representación máis nun esceario deserto. Suspirou tan forte como puido para evitar que os nervos seguiran a retorcerlle por completo o corpo. Debía liberarse deles se non quería que os seus músculos seguiran conxestionándose ata romperse. Mirou ao seu arredor para comprobar se estaba MA ÁRABRAB PÁXINA 30
  31. 31. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS completamente a salvo de calqueira mirada inesperada, e cando sóubose oculta, estirou os brazos cara o tellado de chapa e berrou en silencio moito máis forte do que fixera nunca coa voz. E pouco a pouco comezou a sentir como ía recuperando parte da elasticidade que perdera temporalmente. Mentres iso sucedía, inconscientemente comezou a cantar moi baixiño unha melodía que facía anos pensaba perdida. Sorprendida coa facilidade coa que cada verso era rescatado do esquecemento, sorríu ao pensar na alma humana coma unha cadeliña que lembra perfectamente onde enterra cada tesouro para así evitar que o tempo róubelle parte da súa esencia. Outro sobresalto esixíulle retornar de novo a un mundo que se tivera elección, dudaría se voltar ou non. Dous golpes secos petaron no exterior da porta do despacho reclamando unha resposta. O corazón entalóuselle súbitamente ao pensar na posibilidade de que podía ser Ana quen estaba situada do outro lado da madeira. Aínda non sentíase en absoluto preparada para enfrontarse a aquela situación pero non tiña máis opcións que deixar que fose novamente o destino quen decidise a forma na que sucedesen os acontecementos. Empapou a gorxa para evitar que a voz delatara a presencia dos nervos, corrixíu a postura enriba da cadeira e deu permiso para que entrara a persoa que estaba tras a porta. Quenquera que fose. MA ÁRABRAB PÁXINA 31
  32. 32. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Disculpa Lorena, ¿vai todo ben? -preguntou Silvia, unha compañeira de administración, asomándose polo pequeno oco que abria co xiro. Si, vai todo ben moitas grazas. Non tiñas de que preocuparte muller. E que en todo o tempo que levo eiquí é a primeira vez que vexo a túa porta pechada e quería asegurarme que non pasaba nada. Non. É que tiven unha chamada persoal e pechei a porta un segundo -as mentiras máis necesarias sempre aparecen cando máis precísanse delas. Se non che importa déixaa aberta, que como a vexa Pereiro pechada xa temos lío. Claro -abatíu a folla de madeira ata facer visible únicamente o seu canto- vou a máquina do café ¿queres algo? Pois si, preciso dun pouco de cafeína para aguantar o que nos queda de día. Agora mesmo vou a buscalo. Cando Silvia marchou rumbo ao final do pasillo Lorena apoiou a cabeza no respaldo da cadeira e intentou desfacerse das máximas pulsacións posibles para así poder ocultar o combate que o medo e a esperazanza estaban a librar na súa alma. O medo pregándolle fuxir o máis axiña posible para evitar que ocurrise algo do que arrepentirse durante o resto da vida. E a esperanza pedíndolle que por unha vez MA ÁRABRAB PÁXINA 32
  33. 33. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS deixara que fose o corazón quen decidira a forma de facer as cousas. Esa sería sen dúbida a opción que aconsellaríame a avoa – pensou xusto antes de erguerse unha vez máis. A ilusión sempre pode máis que o medo e a esperanza máis que o temor. Lorena colleu o vaso do interior da máquina cando ésta indicoulle que a bebida estaba lista e mirouse no espello que había nun dos seus laterais para comprobar que o seu peiteado estaba como a ela gustáballe. Cando volveu para o despacho pasou por debaixo do reloxo sen comprobar canto tempo quedaba para poder marchar á súa casa. Por primeira vez en moito tempo non tiña máis presa que os minutos, porque cando na vida hai unha causa o tempo deixa de ser un constante castigo. Aquela mañá, grazas a súa nova compañeira, aprendera que as cousas máis extraordinarias poden ocurrir nos lugares máis inimaxinables, porque o espacio xamáis debe condicionar o momento. Son as persoas e a paixón as únicas que teñen o poder de transformar algo triste e sombrío, nun curro cálido e marabilloso. E as veces ata un maldito escombreiro de tempo chamado traballo, no que moitas síntense condeadas en vida, pode ser un bo lugar no que vivir cousas fermosas. Tan só dependendo do disposta que estés a permitir que sucedan. MA ÁRABRAB PÁXINA 33
  34. 34. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS O inferno non fai ós demos -pensou Lorena, mentres volvía de novo a a cadeira- senón que son os demos, os que fan o inferno. MA ÁRABRAB PÁXINA 34
  35. 35. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Xusto despois de que o seu dedo premera o botón do quinto piso as follas de ferro abríronse sen que ningún interrogante esixira os motivos da chamada. Non fora preciso porque soamente podía haber unha persoa en todo o mundo que desexara entrar por aquela porta e ninguén fai preguntas cando xa coñece as respostas, excepto os cretinos. Subiu catro escalóns e abriu a porta dun dos dous ascensores que semellaban agardarlle con certa intranquilidade para, unha vez dentro, volver afundir o mesmo botón que antes abríralle sen preguntar a primeira das portas. E despois dun torpe movemento o elevador comezou a trepar por cada un dos ocos que deixaran libres polo interior dunha colosal osamenta de formigón. No interior do cubo de ferros e aceiro no que adentrárase os segundos foron ralentizándose de maneira exponencial a como o facían os metros de altura, facendo que todos os detalles que antes pasaban desapercibidos, ocultos na anestésica velocidade do tempo, tornáronse de súpeto imaxes moito máis lixeiras cas agullas dos reloxos. Aínda que David o ignorara esa era a advertencia que a súa alma elixira para comunicarlle que decidira non continuar adiante na viaxe. Ao contrario do que decidira o conxunto da materia ela optara por coller o segundo dos elevadores e marcar tamén o botón co MA ÁRABRAB PÁXINA 35
  36. 36. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS número cinco, pero cun signo negativo diante. A traxectoria que ela elixira estaba situada baixo terra, o máis profundo posible, un lugar onde non poder ser testigo do que estaba a piques de suceder, porque cando non se pode evitar que algo ocurra o máis doado é mirar para outro lado e pensar que non está ocurrir. Todo canto en calqueira outra circunstancia non significaría máis que un fugaz traxecto nun ascensor descoñecido, nese intre transformouse nun cachazudo ascenso no que os pensamentos tiñan varias oportunidades de repasar as consecuencias das súas decisións. Agardando a que o tempo recuperase o seu ritmo habitual tratou de lembrar todo canto sabía do home que estaba a esperarlle tras a porta do 5ºB ao que non tardaría moito en chegar. Confiando en que todo canto lle dixera no chat, cando ambos escribiran coa tranquilidade que da a ausencia de ollos que confirmen a sinceridade das palabras, fose realmente certo sabía que era seis anos máis vello que el, que gustáballe o deporte e practicábao a diario, que o tabaco era o maior dos seus vicios e o cine a súa maior afición. Tamén coñecía que disfrutaba sendo el quen levaba a iniciativa, facer o amor ao aire libre e a ser posible con máis dunha pesoa á vez. Sabía que…. Un golpe aínda máis violento que o de inicio marcou o final da subida e detivo o ascensor no quinto andar. As portas abríronse bruscamente e unha sacudida de metal retumbou por todo o estrano MA ÁRABRAB PÁXINA 36
  37. 37. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS edificio, que semellaba estar totalmente baleiro por dentro. Xa non había volta atrás. A man dereita empurrou a porta do ascensor e ante el apareceu unha única porta, soitaria e escura, no que unha cifra e unha letra indicaban que aquel era o punto de inicio e final das súas fantasías. Un só arrepíntese das cousas que non fai -repetíuse mentres petaba por dúas veces na madeira da porta. Tragou todo o aire que puido coa intención de refrescar a súa gorxa de terra de Mercurio.A folla comezou a xirar e un rostro moi delgado, de grandes ollos e aspecto moribundo escudriñoulle tras ela. Ola, son David - foi o único que acertou a dicir mentres o descoñecido seguía a mirarlle con estrema frialdade, coma o enfermo que desconfía se é a morte quen lle está a chamar. MA ÁRABRAB PÁXINA 37
  38. 38. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Que cedo chegaches -miráronse durante un intre sen saber se saudarse con algo máis ca un tímido xesto- veña pasa, non te quedes na porta que o mellor está dentro – agradeceron en silencio que a derradeira das frases axudáralles a esquivar certas dúbidas incómodas. A cea está case lista así que dame un minutiño que a saco do formo e xa falamos con calma. Mentres ponte cómoda, estás na túa casa ¿vale? –díxolle a voz de Ana dende o interior da cociña. Lorena pechou a porta da entrada e dirixíuse cara o comedor mentres comezou a percorrer, con infantil curiosidade, cada detalle do lugar no que acababa de entrar. A harmonía era a enorme lámpada que enchía de luz o interior dunhas paredes nas obxectos de diferentes pobos e civilizacións lucían orgullosos en cada un dos rincóns, creando un lugar perfecto no que a diversidade de culturas manifestábase como unha enorme riqueza. Tras liberarse da cálida aperta do abrigo un guerreiro do exército de Xian reclamou a súa atención para advertirlle, co xesto desafiuzante de terracota, que a morte non e nunca motivo suficiente para rematar co combate. Ao carón da figura atopábase unha enorme estantería repleta de libros, cada un deles máis antigo co outro. MA ÁRABRAB PÁXINA 38
  39. 39. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Virginia Woolf, Margaritte Duras, Rosalía de Castro, Jane Austen... conformaban unha selección dos mellores libros xamáis escritos polas almas que tentaron e conseguiron plantarlle cara á fugacidade da vida a través das letras. No estante superior, como non podía ser menos, a fermosísima figura dun gato de alabastro cun xeroglífico exipcio gravado no seu lombo vixiaba sublime e maxestuoso dende a súa atalaia. Fora da estantería, no anaco de parede que separaba a ésta da xanela, colgaban media ducia de fotografías en branco e negro, nas que a través delas podíase intuír a particular visión que Ana tiña da historia. Na primeira das instantáneas, situada á esquerda da fila superior, a Torre Eiffel fachendeaba a súa fermosa desnudez de ferros e inxenio, coa cidade máis fermosa sobre a face da terra ás súas costas. A carón súa aparecía a Sagrada Familia de Barcelona, a sublime creación coa que Antoni Gaudí conseguira demostrarlle á vida que aos grandes xenios nada pódelles separar da súa obra ata que ésta faise realidade, nin tan sequera unha conspiración sobre as vías dun tranvía. Máis a dereita un ancián Dalí peinaba presuntuoso os seus escasos e expirantes bigotes reivindicando con aquel xesto que os anos nunca poden empregarse coma razón para deixar de ser un mesmo. Na fila inferior o rostro de Einstein aparecía como a imaxe situada máis a esquerda, onde se non, ensinando a súa língua de neno traveso que nunca deixara de ser, mofándose de todos os ignorantes MA ÁRABRAB PÁXINA 39
  40. 40. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS que quixeran deterlle sen conseguilo. No centro Charles Chaplin aparecía vestido de dictador, reivindincando o humor coma unha arma que aínda que non poida matar, si pode chegar a ferir tanto coma a pólvora dunha bala. Para finalizar, Virgina Woolf posaba coa mesma agonía nos ollos ca que deixou para sempre nas novelas mirando cara un baleiro que so foi quen de encher cos cantos rodados dun río, Completamente feitizada baixo o influxo da sorpresa continuou percorrendo cada un dos tesouros que tinguíano todo de maxia e que lle estaban a ensinar o diferente que é a vida cando os pes transitan por un chan que non queima, no que esváese a persistente necesidade de fuxir que convirte a vida nunha extenuante carreira. Cando alguén decide facer realidade o máis grande dos seus soños a existencia convírtese nunha fermosa viaxe cara un destino ao que é imposible non chegar. E comezaba a pensar que o fin do seu traxecto tíñao diante dos ollos. Pero aínda que todo alí dentro semellaba perfecto, algo creado especialmente para ela, había algo descoñecido que lle estaba a inquedar profundamente. Unha insólita sensación de que moi preto había alguén que levaba moito tempo agardando pola súa chegada. Indagou por todo o salón na procura do lugar onde puidera agocharse o culpable daquela estraña intuición e cando observou o enigmático lenzo situado enriba dun diván estivo completamente MA ÁRABRAB PÁXINA 40
  41. 41. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS segura que era aquel o punto exacto onde emanaba tal forza. Avanzou coa idea de dar os pasos necesarios para poder contemplalo en toda a súa magnitude pero foi completamente incapaz de deterse ata estar tan preto del coma para poder mesmo tocalo coa punta dos dedos. Desconcertada ante a súa extraordinaria beleza e fascinada pola enorme tenrura que transmitía nada puido facer para evitar que as máns comunicáronse co lenzo e convertíranse en brochas debuxando por segunda vez cada un dos trazos. E conforme o facían ían descubrindo unha pequena parte do misterio que agochábanse baixo a pintura. Ata que todo foi desvelado. Os trazos tornáronse figuras. E as figuras corpos con rostro. Os ollos de Lorena esbouraron nunha choiva de cristais esnafrándose contra o chan cando observouse a sí mesma, completamente espida, xunto aos beizos doutra muller, representando a danza dos cisnes nas augas do paixón. Recoñecía a esperanza daquela mirada, o tremor daquelas máns, as curvas de cada peito, o motivo de cada ferida... recoñecía como seus cada un dos detalles alí representados, dos que ningúen máis que ela sabía, porque sempre fixero o que fora necesario para ocultarllos aos demáis. Ou polo menos iso pensaba ata aquela noite. Todo dentro daquel cadro era perfecto, pura poesía, a imaxe máis sublime de amor que vira nunca. E laiouse porque a súa vida non MA ÁRABRAB PÁXINA 41
  42. 42. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS puidera convertirse naquel lenzo espléndido e perfecto, en lugar do esbozo no que convertírase dende facía tanto tempo. Lorena – sobresaltouse ó escoitar a voz de Ana chamándolle dende o interior da cociña -¿pódesme axudar un segundo eiquí? - Claro que si, vou axiña. MA ÁRABRAB PÁXINA 42
  43. 43. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Por fin chegou o momento de coñecernos en persoa – festexou a silueta dun esqueleto con fíos xurdindo no contraste da escuridade que había por detrás da porta. Houbo días nos que mesmo temín que isto non sucedese nunca. Si -respostou David xélido ao comprobar que aquel home que tiña no centro dos seus ollos nada tiña que ver coas fotos que recibira no seu correo electrónico- supoño que isto é a demostración de que non sempre as cousas suceden como e cando a un gustaríalle. Pois alégrome que o nosos destinos coincidan por fin nesta noite. Veña entra –colleuno forte do brazo e empurrouno cara adentro- vai sentando onde queiras mentres poño algo para beber. Espero che guste a cervexa porque é a única bebida que hai nesta casa. Un biosbardo situado ao fondo do pasillo estreito e escuro indicoulle o punto final dun traxecto que tras cada paso convertíase en precipicio, convertindo calquer arrepentimento en sentenza. Presos do terror os pes avanzaron sen convencemento ata que unha intensa luz MA ÁRABRAB PÁXINA 43
  44. 44. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS convertíu o negro en cegueira e unha densa auréola de fume tinguíu a vista de irrealidade. Un intenso e noxento cheiro a tabaco comprimíu de súbito o aire dentro dos seus pulmóns, que non tiveron outra opción que tragar un veleno que os transportou ata unha estancia na que o mesmo demo semellaba ter a súa morada. Deambulou no medio dunha atmósfera fedorenta camiñando por un chan sementado dun caótico desorde ata que un balancín de ferro dirixíulle ata o exterior dunha enorme xanela na que un vello tranvía avanzaba veloz a través dunhas vías de arena mollada ateigadas de corpos sen vida. David tremeu de medo ao ver aquela imaxe e buscou desesperado unha porta pola cal fuxir daquel pesadelo no que convertírase todo. Pero a porta desaparecera e no seu lugar un sofá, completamente destrozado, convidoulle a que sentara e agardase. Porque para fuxir era xa demasiado tarde. Nun estado de semi-shock os reproches e os incómodos interrogantes comezaron a estouparlle contra o estómago coma se fosen artefactos pirotécnicos nunha noite de inverno, mollados pero moito máis perigosos. So e sen posibilidade de desfacer nada, recoñeceu a inmensa estupidez que cometera ao dirixirse xunto a un descoñecido, ignorando que ademáis de home tamén podía ser diaño. Uns lonxanos xemidos interromperon as reprimendas autoinfrinxidas e obrigáronlle a enfocar toda a atención cara un MA ÁRABRAB PÁXINA 44
  45. 45. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS televisor onde comezábase a proxectar unha das escenas que o levaran a aquela situación. E como pez dez segundos despois de imaxinarse na peor das situacións, a temperatura rápidamente disipou calqueira indicio de temor. O xeo comezou a escacharse. As poderosas mans dun home terriblemente musculado suxeitaban con forza as pernas de arame dun fráxil adolescente convertido en inocente enredo, no que un diaño perverso soterraba unha e outra vez unha enorme daga de chocolate. O mozo de trapo, coa mirada absorta no máis profundo do abismo, semellaba incapaz de resistir o escarmento que estaba a recibir e descompoñíase cada vez que as súas cachas esnafrábanse contra quen estaba a baldeirarlle a alma: Velaiquí tes a túa cervexa –ofrecéulle por sorpresa unha man da que non advertira a súa chegada. Polo que vexo temos uns gustos do máis parecidos –rematou cun sorriso ben pouco inocente. Grazas – respostou David sen desviar a mirada da escena que conseguira roubarlle todo o protagonismo ao que sucedese fora dela. Enriba da cama compartida ata ese intre por dous apareceu un tercer convidado cun agasallo ante o que ninguén reaccionou con sorpresa. Rápidamente situouse xunto á cabeza de alguén a quen a MA ÁRABRAB PÁXINA 45
  46. 46. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ausencia de forzas conseguira arrebatarlle a mirada pero non os beizos. E iso foi o único que precisou para facer desaparecer a nova ameaza en cuestión de segundos. O poder da imaxinación de David nese intre era tal que mesmo lograra evadirse da súa propia existencia, ignorando a quen tiña en realidade ó seu carón. Mentres ollaba cara aquelas arrepiantes bestas embutindo a un mozo cos seus enormes sexos, os espellos das neuronas devolvíanlle a imaxe a sí mesmo situado no medio de dous deños con corpo de home, cun cento de negras sombras entrando e saíndo do seu corpo, queimándolle as entrañas. Podía experimentar a calor das faíscas que voaban na pel vermella despois de cada unha das lapadas e o poder dunha forza esmagándolle as nádegas, unhas contra outras. Vaia, semella que che está a gustar o que ves -asustoulle a voz de Fran susurrándolle no oído xusto antes de comezar a separarlle cada un dos botón da camisa. Aceptando o papel de trebello na escena que comezara a rodarse sen cámaras nen metraxes, David pechou os ollos e mesturou realidade e fantasía no laboratorio da inventiva para poder supoñer que as máns de home que estaban a espirlle por primeira vez eran as dunha das bestas que vira e sentira no televisor. E pasou a convertirse MA ÁRABRAB PÁXINA 46
  47. 47. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS nun mozo de apenas vinte anos, loiro e delgado, disposto a deixarse castigar por tantas bestas coma quixeran compartir o seu segredo. MA ÁRABRAB PÁXINA 47
  48. 48. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Non sabía que cociñar era outra das túas aficións. Déixasme abraiada con cada nova cousa que descubro de ti. Grazas Lorena pero creo que iso é máis mérito teu que meu. Ti sempre me ves coa mellor das túas olladas e así é difícil facer algo mal. Non digas parvadas falo en serio. Dende que te coñecín non deixas de sorprenderme. Aínda que eu intentara facer a metade das cousas que ti fas non faría ben nin tan so unha delas. Así que non agardes a que te convide a cear se teño que cociñar eu, que despois disto non quero decepcionarte- comezaron as dúas mulleres de novo a rirse. Nada diso, non me veñas agora buscando motivos para non volver a cear comigo que iso vaiche resultar imposible - ambas mulleres miráronse sen dicir nada. Veña propoño un brindis –dixo Ana mentres collía a botella de viño para encher de novo as copas. Hoxe es ti a convidada así que esta noite tócache decidir o motivo deste noso primeiro brindis. A ver.. - dubidou mentres certos sentimentos pedían a palabra contaxiados pola doce calor do viño- xa sei, MA ÁRABRAB PÁXINA 48
  49. 49. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS gustaríame brindar pola cociñeira, para que me convide todas as noites a cear xunto a ela – as miradas buscáronse cando foron conscientes do que unha dixera e a outra escoitara pero sen a convicción precisa para atoparse- sempre e cando cociñe ela claro. Ambas esmendrelláronse agochando baixo o manto das risas que eran outras as palabras que estaban a latexarlles forte no peito. Cando Ana entrou na cociña e sóubose novamente oculta apoiou as costas contra a porta coa intención de que ninguén máis puidera pasar. Non podía deixar de pensar no que dixera Lorena cando o son dun bico de vidro procedente da Chequia convencéralles do dodado que sería dacer realidade o desexo de cear xuntas todas as noites. As burbullas rosadas que bulían polo interior das súas veas aumentaron a intensidade dos estoupidos e as consecuentes ondas estábanno a expandir todo ao seu paso, aumentando aínda máis a temperatura do seu corpo. O viño ten o poder de outorgar o valor preciso para dicir todo canto alguén oculta por medo pero que non quere seguir calando por máis tempo. E Ana sentíase incapaz de silenzar por máis tempo tanta paixón, porque o corazón xa non deixaba asoballarse. Quizáis organizar aquela cea non fora tan boa idea como pensara nun principio. MA ÁRABRAB PÁXINA 49
  50. 50. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Sempre hai unha canción para cada intre especial e Lorena dirixíuse cara a estantería na procura da que alguén compuxera para o marabilloso momento que estaba a vivir. Explorando a extensa colección de vinilos un deles erixíuse como a elección perfecta, unha xoia que ela mesma tivera anos atrás e condenara ao esquecemento que o esmaga todo ata facelo desaparecer. Coma tantas outras cousas –pensou. Cando a realidade é quen de seguir o ritmo das partituras a música é unha caixa máxica que ao abrila enche a vida de maxia. Situou a agulla do tocadiscos enriba do surco sen son que precedía a canción número catro e agardou a que o son do piano dera entrada ao fermoso poema que unha cálida voz de muller convertira en canción. Ana ¿imaxínaste cómo sería a vida sen música? – preguntou Lorena dende o salón. Nada. O mesmo que sen amor –calou sen atreverse a contestar, aínda presa na porta dos seus medos. ¿estás ben? – estrañouse ao non recibir ningunha resposta. Si perdoa – separouse rápidamente da porta. Disculpa non che escoitara, que estaba a preparar o café. Agora mesmo saio. MA ÁRABRAB PÁXINA 50
  51. 51. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Coa cantiga grafiando fermosísimos versos de voz no aire Lorena volveu a achegarse ata o cadro para comprobar se o que ollara nel antes da cea seguía tal e como ela o deixara. E así foi. Cada segredo permanecía tan á vista como cando as máns aprenderon a forma de descubrilos. Alonxou a man ata rozar o punto no que os seus beizos uníanse cos da outra figura que aparecía e preguntouse como fora posible que alguén conseguira plasmar con tanta perfección ese instante no que un bico faise eterno e imposible de esquecer. E mentres disfrutaba da fascinante creación situada diante súa pensou na inmensa sorte que ten o ser humán de poder plasmar, a través do arte, un só dos segundos dunha vida que sábese efímera. A min tamén encántame ese cadro – sobresaltouse ó escoitar a voz de Ana ó seu carón. Vaia susto acábasme de dar ¿quéresme matar ou qué? - sorríu antes de golpear sen forza no hombreiro a Lorena. Perdoa, non quería asustarte, pero pregunteiche dende a cociña se querías azucre co café e coma non contestaches....algo tiña que facer para que volveras ó mundo real -díxolle chiscándolle un ollo mentres situábase xunto a ela, enfronte daquel lienzo- ¿é fermoso verdade? É incrible. Nunca vira nada tan estraño e fermoso á vez, ¿quen o fixo? MA ÁRABRAB PÁXINA 51
  52. 52. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Pois nunca puiden saber con certeza se o nome real era o de Imshri Oldhra que aparece na sinatura da parte interior. Tróuxeno fai un par de anos dende Tiruchendur, unha fermosísima vila costeira situada ó sur de India. ¿Estiveches algunha vez na India? Non. Sempre soñei con facer unha viaxe ao redor do mundo, e coñecer outros lugares, outras culturas, outra vida que non fora esta, pero é un de tantos soños que nunca farei realidade. Por moita tristeza que me supoña recoñecelo levo demasiado tempo sen coñecer máis mundo ca o do maldito traballo. Pois tes que ir, en serio é un lugar incrible, un país que todas deberiamos visitalo polo menos unha vez na vida. Sobre a persoa que pintou o cadro onde o merquei díxome que non me podía falar sobre ela porque de facelo buscaríase innecesarios enemigos e a comida de toda a súa familia dependía da prudencia coa que fixera as cousas. O único detalle que atreveuse a desvelar foi que nacera nun lugar no que os ánxeles eran salvaxemente axustizados polos demos e que ese fora o motivo da súa prematura morte. Durante os días seguintes pregunteille á xente que estaba comigo no campamento pero aínda que intuín que MA ÁRABRAB PÁXINA 52
  53. 53. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS incluso algún deles coñecéranna incluso persoalmente, ninguén estivo disposto a contarme nada sobre a súa historia. Ata que un día, mentres camiñaba a uns quilómetros da vila achegáronse ata min dous homes que advertíronme que se non deixaba de facer preguntas estúpidas regresaría ao meu país dentro dunha caixa de madeira. Son das que pensan que a verdadeira finalidade das amenazas son algo máis ca advertir dun perigo así que dende aquel día non volvín mencionarlle o cadro a ninguén –detívo o seu relato para poder beber un pouco da copa que tiña nas mans. Pero xusto antes de marchar, cando estaba a recoller todas as miñas cousas achegouse ata mín unha moza moi cativa, de apenas uns doce ou trece anos e, baixo xuramento de non comentalo con ninguén ata que saíra do país, descubríume o motivo de tanto medo. Quen puxera data e hora á súa morte era unha das persoas máis poderosas do país. Coma se a nena tivera a historia gravada na mente dende facía anos díxome que quen pintara o cadro soamente puidera facer outros tres e que dende o primeiro deles, no que aparecía a imaxe dunha muller morta ós pes dun home coas mans ensanguentadas rodeados por media ducia de bestas con xesto de satisfacción, a súa obra tivo tal MA ÁRABRAB PÁXINA 53
  54. 54. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS repercusión que mesmo chegaran xentes de outros países preguntando por quen creara unha obra titulada “non hai animal máis perigoso ca un home que síntese inferior a unha muller”. Para poder pintar o maior número de cadros posible decidira vendelos só a mulleres que viaxaran soas á vila, pero a fama do seu primeiro cadro e os estranxeiros preguntando por ela convertiran a súa obra nunha efémera conta atrás. Seguíu pintando mentres tivo mans para facelo, aínda que o tivera que facer ás costas dun marido co que casáranlle en contra da súa vontade cando tiña catorce anos, ensinándolle moi cedo que o amor, na súa terra, non era cousa de príncipes e doncelas. Cando este descubríu que a súa cativa muller era a autora duns cadros que el nunca ollara pero polos que moita xente estaba disposta a pagar moitos máis cartos dos que el gañaría traballando toda a vida, escenificou a primera das catro obras que a vida permitíralle facer. Fixo en dezasete anos de vida máis do que faríamos a maioría de nós en mil. Esa é o que diferenza aos que non deixan fuxir nin un só segundo da súa existencia do resto, en que saben que cada intre, por escaso que sexa, ten unha finalidade, unha razón. Todos temos un camiño que percorrer, máis curto ou máis longo, pero a MA ÁRABRAB PÁXINA 54
  55. 55. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS maioría de nós co paso do tempo ralentizamos o camiñar, ata deternos completamente, renunciando ademáis da pasaxe tamén a continuar buscando os nosos soños. Eles non, eles nunca desisten do seu destino, eles nunca detéñense por nada, porque saben que na vida os segundos van cara atrás, non cara adiante. Os ollos de Lorena contemplaban o cadro con aínda máis fascinación que antes, imaxinando todo o sufrimento que Imshri tivera que pasar mentres pintaba ás costas dun home que sabía algún día sería o seu verdugo. Este foi o cadro co que rematou o que se propuxera. Como poder ver tan só aparece o azul, o vermello e o negro. A cor azul representa a esperanza dos soños que inicialmente cúbreo todo pero que tras o paso dos segundos semella diluirse tornándose blanco. A cor vermella representa á esperanza da vida e do amor, que tan só unhas poucas pinceladas é quen de atraer toda a atención e avivar a forza do azul que o rodea volvéndoo máis intenso. E xa por último os finos trazos negros, fráxiles en apariencia pero poderosos e inquebrantables, representan os medos, esa parte da vida que todos sentimos, en maior o menor medida, cando procuramos facer todo canto anhelamos. Esta imaxe MA ÁRABRAB PÁXINA 55
  56. 56. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS representa iso, o segredo que todas gardamos moi adentro e rara vez confesamos, o soño polo que estaríamos dispostas a dalo absolutamente todo pero que ás veces non nos atrevemos, polos motivos que sexan. Ambas mulleres permaneceron en silenzo fronte ó cadro sen poder dicir nada. As veces paso horas observándoo. E estaría toda a vida facéndoo se iso fora suficiente para facer realidade a imaxe que vexo nel - As palabras detivéronse mentres a música seguía poñéndolle a melodía a aquel intre no que dous camiños semellaban a piques de unirse. ¿pódoche preguntar qué é o que ves ti? -preguntou Lorena sen pensar se aquel era o mellor momento para facer semellante pregunta. Ana bebeu dun sorbo todo o café que tiña nas mans e xirou ata ponerse de costas ao cadro, sen saber se realmente debía ser sinceira ao contestar ou non. Perdoa, non debín facer esa pregunta -reaccionou Lorena temendo as consecuencias da súa ousadía. Iso é algo moi persoal como para confesarllos a alguén que coñeces dende fai só un par de semanas....Perdoa, fun unha MA ÁRABRAB PÁXINA 56
  57. 57. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS estúpida, non sei en qué estaría a pensar, olvídao por favor, non era a miña intención incomodarte, de verdade. O corazón de Ana sentiu descarrilar xunto co resto do seu corpo. Desexaba contarlle a Lorena o que vira naquel cadro dende o primeiro día pero non atopaba o valor necesario para facelo. Non é doado falar de sentimentos cando non estás segura de se éstes van a ser correspondidos porque o amor é como o aire que respiramos, cando non enche, baleira. Desviou por primeira vez a mirada do cadro e buscou os ollos de Lorena, que en principio non deu atopado. Non pasa nada ¿de verdade quérelo saber? –asegurouse situándose fronte a Lorena. Os soños son algo que só pódense compartir coas persoas que consideras realmente especiais. E nada gustaríame máis que ser alguén moi especial para ti. Dende que te vin na oficina souben que eras ti a persona que dende o primeiro día ollei xunto a min neste cadro - detívose un instante no que as súas palabras semelláronse pintar de negro- e cando non estou contigo, cando veño do traballo e sei que non poderei escoitar a túa voz ata que o sol volva a saír ao día seguinte, intento encher o baleiro que deixa a túa ausencia contemplándoo, imaxinando poder facer algún día contigo algo tan fermoso. O que vexo nese MA ÁRABRAB PÁXINA 57
  58. 58. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS cadro é o que máis desexo na vida. E o que máis desexo na vida é amarte. MA ÁRABRAB PÁXINA 58
  59. 59. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Os pezóns traspasaron o tecido da camisola, erizados e aceirados, cando por primeira vez o desexo doutro home conseguira ceivar todos os abrochos do seus ollais, facendo do pantalón un acordeón de cartón entonando unha áspera melodía nos nocellos. Sabedora da súa victoria, unha man dirixíuse cara o epicentro onde as faíscas convertían a carne en ferro e buscou algún oco a través do cal acceder ao tesouro que inxustamente fóralle confiado. Cando deu por fin coa creba introducíuse veloz e sacou á superficie á primeira das súas vítimas. Por fin chegou o intre de poder embriagarme co sabor da túa pel. A partires de agora o teu corpo será meu, e para sempre -David asentíu sen apenas facer caso do significado real das palabras que apenas escoitara. Un laio apenas imperceptible debido á intensidade dos xemidos procedentes do televisor fuxíu pola xanela cando a man de lume comezou a estirar e encoller lentamente a casca de pedra dun dos sexos, que fixo que mesmo o aire contaxiárase pola cadencia do mecánico movemento axitándoo todo. Todo canto aínda tes enriba do corpo sobra. Só preciso da túa desnudez para descubrirche o que viñeches a buscar MA ÁRABRAB PÁXINA 59
  60. 60. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS en min. David non o dubidou e obedeceu rápidamente. Tirou cara arriba da chambra e cando aínda non conseguira liberarase totalmente dela unha língua comezou a escalar as agrestes montañas que formáranselle no peito. Os acontecementos semellaban aumentar de ritmo a unha velocidade á que os pulmóns xa non eran quen de seguir. O sabor da túa pel é moito mellor do que imaxinaba, doce como a mel e profunda coma a menta. Un repelente cheiro a nicotina comezou a emanar a través duns afamados poros convertidos en pozas que abríanselle famentos no medio dun enorme océano de sensacións no que todo o que non fora alimento carecían por completo de relevancia. Ser vítima non sempre significa facerlle un xuramento á morte polo que aínda que continuaba a mercé dos bambeos do pracer David foi quen de deixar de ser un simple espectador e modificar lixeiramente o guión. Ansioso por descubrir cada un dos detalles daquel home do que non lle interesaba coñecer máis cousas ca o seu esmirrado corpo, estirou a man e repetíu o mesmo movemento que olláralle facer ao mozo do salón cando apareceu o segundo dos convidados. Vaia, pensei que non te decidirías nunca –arqueou o corpo para que David puidera alcanzar todo canto quisexe. MA ÁRABRAB PÁXINA 60
  61. 61. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Eu tamén devezo por coñecer a que sabe a túa pel - dixo ocultando que aínda que non o comprobara si intuíra o rancio do seu gusto. Pois non sei a que agardas - Fran sacou o seu lado máis perverso e coa malicia movéndolle as cadeiras axudou a realizar unha tarefa sinxela que os nervos dun principiante volvera imposible. Podes probar todo o que queiras de mín. MA ÁRABRAB PÁXINA 61
  62. 62. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Dende o primeiro encontro todo cambiara nas súas vidas, incluso a fortuna. Ambas sabían que todo o afecto que había entre elas non podía permanecer calado por máis tempo e por esa razón decidiran cear aquela noite xuntas. Fora a mellor escusa que se lles ocurrira para poder estar completamente soas compartindo un lugar onde poder ser francas unha coa outra. E por fin sucedera algo que remataría coa cruel agonía de non saber se o motivo da escasa distancia que había entre elas eran os medos ou as dúbidas, cousas totalmente contrapostas cando fálase de amor. Lorena non soubo como reaccionar despois de escoitar unha declaración de amor moito máis fermosa da que xamáis puidera soñar. Fantasiara moitas veces con aquel instante pero nunca pensara no que faría se algún día chegaba. E chegou. E mentres buscaba a forma de poñerlle letra á música dos sentimentos Ana agardaba impaciente por unha resposta, un xesto, unha mirada, un sorriso, unha palabra... algo que rompese co peor dos castigos cando alguén confésalle a quen ama todo canto sinte. A imaxe que eu vexo é o soño que teño dende que convertiches o que durante anos foi folla en branco no máis perfecto dos lenzos que pensara imposible de pintar – o corazón MA ÁRABRAB PÁXINA 62
  63. 63. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS arredárase por fin de todo o medo logrando dar voz a todas os latexos. Sempre pregunteime por qué dende nenas deixamos de sexa o da vista, o máis egoísta e mentireiro dos nosos sentidos, o único que poida disfrutar das mellores cousas que ten a vida – achegouse de novo ata o cadro. Pero contigo todo é diferente - os dedos comezaron a agarimar a imaxe da outra figura que aparecía xunto a ela. O teu pelo, o máis extraordinario dos poemas escritos por ninguén, que logrou rescatar do esquecemento unha alma tristemente condeada nun mundo que sen ti nunca tivo sentido. Os teus fermosos ollos azuis, donos dunha mirada limpa e clara na que é imposible ocultar nada. As túas mans fráxiles e tenras semrpe mostrándome o mellor dos vieiros posible….e os teus peitos, tímidos e sinceiros como os teus beizos, coma a túa voz, coma a túa alma. Non te imaxinas cantas veces soñei con esta imaxe, co teu corpo completamente espido xunto ó meu, facéndome o amor e facéndome sentir a muller máis afortunada do universo. Os ollos de ambas mulleres uníronse de novo, pero as miradas xa non eran as mesmas. O amor despoxárase das absurdas carautas nas que agócharase por medo a non ser correspondido, ou o que é peor, a ser menosprezado. MA ÁRABRAB PÁXINA 63
  64. 64. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Dende o día no que coñecinte non deixo de pensar en como sería poder bicar algo máis que as túas meixelas e poder acariciar outra pel que a da túa ausencia. Os segundos sen voz deixaron de ser, dende ese intre, taciturnidades sen resposta. As mentiras perderan todo sentido porque ambas confesáranse a maior das verdades. As veces dubidei do que transmite este cadro porque houbo momentos nos que perdín a esperanza de que existiras noutro sitio que non fora dentro da imaxe máis fermosa do mundo. Pero agora xa sei que existes, e non te imaxinas o afortunada que síntome de que estés agora eiquí. A vida tíñalles reservado para aquela noite o mellor dos regalos e non puideron deixar pasar máis tempo para comezar a disfrutar del. As mans fondearon nas cinturas achegándoas ata unha distancia na que era imposible separarse, formando unha soa mirada en forma de lúa, grande e cálida. A lonxanía entre ambas foise facendo cada vez máis pequena, máis e máis, durante uns intres de baleira agonía nos que a fame apoderouse das línguas ata deixalas completamente secas. Ata que distancia convertíuse finalmente en contacto, o temor en ilusión, e o frío en lume. O corazón de Lorena estoupou en mil pedazos ao sentir por primeira vez o sabor duns labios de mel cinguíndose nos seus e unha MA ÁRABRAB PÁXINA 64
  65. 65. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS língua de caramelo enchoupándoa da máis doce das realidades. A suave fragancia de cereixa que sempre fora lonxano consolo volveuse delicioso osíxeno, emborrachándolle a boca dun placer sublime imposible de saciar. As epidermes quebráronse, os corpos fundíronse e os sexos comezaron a buscarse. MA ÁRABRAB PÁXINA 65
  66. 66. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Os dous homes chegaran ao punto a partires do cal sobraba todo o que non fora pel enriba dos seus osos e por iso decidiron despoxarse de todo canto puidera ocultar algo nos seus corpos. E conforme iso sucedía, as diferenzas entre ambos tornábanse cada vez máis evidentes. David era o máis alto e forte. Nos seus ombreiros, anchos e perfectamente simétricos e nos seus brazos, poderosos pero pusilánimes, podíanse intuír uns músculos sen miolo, presentes pero olvidados baixo unha pel branquiña e lisa de recén nacido. Fran era totalmente diferente. A enfermiza delgadez da súa figura dáballe un aspecto triste e lastimoso no que só dúas pértegas de bambú sobreviviran ás densas zarzas de oscuros cabelos que invadiran case toda a cute. Cando os nus mostraran a magnitude das mentiras David comprobou con resignación como o estraño que tiña fronte súa non tiña nada que ver co que el imaxinara, nin coas fotos que recibira no correo electrónico durante algunas das conversas que mantiveran no chat. Pero naquel intre ese detalle non tivo importancia algunha. El non fora alí en busca de perfección nin de sinceridade. El dirixírase a aquel lugar na procura de algo moito máis concreto e sinxelo de atopar. MA ÁRABRAB PÁXINA 66
  67. 67. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Un forte cheiro a suor e home achegouse súbitamente a David cando un mástil aínda quebrado moi diferente ao seu aterrou no leito do seu brazo, desvelándolle cada unha das rugosidades e plegues que tinguían a súa superficie. David observouno durante uns segundos con fascinación, coma se nunca antes na vida ollara algo igual. E en certa medida así era. Endexamais ollara un sexo tan enorme como o que tiña preso na mán. E o que noutras circunstancias tomaría como unha afrenta ao seu ego masculino convertíuse nun aliciente máis para continuar coa fantasía. Os dedos arremolináronse con decisión en torno ao novo convidado e comezaron a abanear moi lentamente as ondas da tona, de adiante cara atrás e de atrás cara adiante, imitando unha corrente coa que aprendera a transformar o lodo en rocha. Por favor, non te deteñas –escoitou unha voz dende o fondo do océano. Esquecendo os receos iniciais foise sentindo cada vez máis atrevido, máis seguro de sí mesmo. Era el quen estaba a decidir a cadencia de cada verba, quen motivaba cada salouco, quen resolvía a frecuencia coa que cada gota axitaba de sangue cada un dos corpos. Estaba a gozar do que facía, polo que non atopou ningunha causa para non seguir adiante con aquel divertimento. MA ÁRABRAB PÁXINA 67
  68. 68. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Co denodo que lle deu comprobar que todas as miradas permanecían completamente entregadas ao pracer, renunciando a todo o que non fora escuridade, decidíu mudar a apetito nun cheiro extrano e desagradable lambéndolle os beizos. E unha ráfaga de lume volveu árido todo o que sempre fora salgado na superficie da súa lingua. Ata aquel intre o xogo no que tantas veces pensara David estaba a ser incluso mellor do que imaxinara en centos de baleiras soidades, pero cando o sexo carece de paixón, cada persoa convírtese nun ser egoísta preocupado únicamente en recibir o máximo pracer posible, sen importarlle o que poidan sentir os demáis. E ata as mentiras teñen un final. Sen preguntas nen avisos unha forza amarroulle a cabeza coa firmeza dun inquisidor e, anulando calqueira posibilidade de fuxida, deu paso a unha serie de terribles arremetidas nas que ignorou todo o que non foran os seus propios ouveos, facéndolle vítima dun castigo que só detívose cando uns calafríos advertiron da proximidade dun apresurado final. Para Fran aínda era demasiado cedo para desaproveitar un antollo que unha rede tecida de mentiras convertira en cálida sorpresa, e antes de que fose demasiado tarde, fuxíu do interior dun obsequio feito á súa medida, ignorando que éste levaba uns minutos sen apenas ser quen de respirar, suplicando por unha clemencia que tardou demasiado en chegar. MA ÁRABRAB PÁXINA 68
  69. 69. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS - Imos para a cama -ordenoulle- alí estaremos moito máis cómodos. David intentouno pero non puido responder. A súa boca sen son abríase desesperada coma a do pez que leva unha eternidade fora da auga. Co seu rostro enroxecido, as súas veas enfurecidas e os seus ollos afundidos en bágoas asentíu sen convicción, presentindo que o que restaba por suceder podía non ser exactamente coma el a imaxinara. MA ÁRABRAB PÁXINA 69
  70. 70. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Miráronse unha á outra coa luz das estrelas escintilándolles nos ollos e souberon que a noite acabábase de deitar, con toda a súa complicidade, no interior das almas. A man dereita de Ana sumerxíuse nas ondas que enchían de curvas de Lorena abrindo por fin a xaula de medos, de onde centos de bolboretas comezaron a saír debuxando un xigantesco arco da vella no aire durante a fuxida. Por fin atoparan á persoa coa que sempre soñaran en segredo e a que mesmo ás veces perderan a esperanza de atopar. Pero a vida é xusta con quen garda os soños nun lugar onde nada nin ninguén poida destruílos e elas, aínda que as veces non lles resultara nada doado, así o fixeran. Coa delicadeza coa que só as mulleres saben amosar a desnudez, as xemas dos dedos de Lorena comezaron a enredarse uns en torno aos outros en varias ocasións, sete concretamente, ata facer que a seda abrírase elegante e descendera fachendose por unha pel que xa non lle pertencía. As máns de Ana abandoaron as profundidades dos cabelos de Lorena cando comprobaron que boa parte dos medos conseguiran ser ceivados dos labirintos das súas enredadeiras. Descenderon con suavidade polo pescozo e continuaron até deterse nas curvas na que os osos multiplícanse porque ata os corpos precisan de dúas metades. MA ÁRABRAB PÁXINA 70
  71. 71. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS As palmas abríronse e os brazos pregáronse nun ángulo cada vez máis pequeno para facer da distancia un espacio imperceptible. A respiración de ambas mulleres, incapaces de se alonxar xa tras os beizos, situáronse máis preto do que estiveran nunca, ao igual que os seus corazóns. E as miradas tamén a bicáronse. A pel de Lorena quebrouse cando sentíu os seus peitos tanguer cos de Ana, que coma por arte de maxia conseguiran nun segundo desfacerse das roupas, renunciando a seguir tapando nada con elas porque o único importante estaba por debaixo das peles. Hai veces en que non todo ten unha explicación e aquela era unha delas. Pegaron os seus corpos completamente, os seus seos, os seus brazos, os seus beizos, os seus sexos.... todo nelas estaba unido á súa amante e a temperatura de ambos corpos non alcanzou o equilibrio que dicta a física, senón que multiplicouna ata un límites que só podese soportar co amor. Coa pel máis suave que Ana lograra reservar durante toda a súa vida para aquela ocasión, as súas máns comezaron a rexistrar cada milímetro das curvas que impregnaban de feminidade o fermosísimo corpo do seu soño feito realidade. Unha muller que por vez primeira estaba a aprender que no sexo o que menos importa son as realidades tanxibles. MA ÁRABRAB PÁXINA 71
  72. 72. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Apagaron a luz das estrelas para que fose a paixón a que creara cada unha das imaxes, porque descubrirán que cando os ollos están pechados non significa que estén cegos. Tras unha fugaz escuridade apareceu, a escasos centímetros de distancia, o fermoso rostro de Ana achegándose ata ela, cercada por centos de bolboretas coas ás adornadas de todas as cores inimaxinables, enzoufando o aire de erotismo. Os beizos achegáronse un ao outro cun único destino posible. Cando ambas estiveron tan preto unha da outra coma para poder rozarse coa mirada, as dúas respiracións, entrecortadas e crutas, mesturáronse no ar formando un mesmo elemento, coma se xa procedesen dunha mesma boca. E toda a maxia do cosmos invadíu o interior daqueles dous corazóns que endexamais volverían enfermar de morriña. Lorena abríu os seus beizos cando sentíu aos de Ana chegar e pousarse lentamente no seus. Os labios acopláronse perfectamente, ansiosos e cálidos, convertindo o primeiro bico en algo sublime. Cada movemento obtiña a súa resposta, cada acción a súa reacción, e cada língua o seu alimento, como se levaran toda unha vida facéndoo. E así continuaron ata que os seus pulmóns obligáronnas a separarse durante un intre, para volver a respirar un osíxeno que xa deixara de ser para ambas o principal elemento que precisaban para continuar vivindo. MA ÁRABRAB PÁXINA 72
  73. 73. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS O amor ten a virtude de devolverlle toda a súa forza aos corazóns que algún día deixaron de sentir a vida coma unha eterna sorpresa, e tras probar o sabor daqueles bicos Lorena recuperou a idea de que cada segundo que resta por vivir pode converterse en algo realmente máxico. E de que non intentar que iso ocurra é a máis terrible traizóns que unha pode facerse a sí mesma. As súas máns dirixíronse cara uns seos convertidos en cornetes de caramelo. Unha irresistible tentación para quen tanto devecía por embebedarse do sabor que destilaba a persoa que conseguira cambiar por completo a súa vida. MA ÁRABRAB PÁXINA 73
  74. 74. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Os dous homes deitáronse nun leito ansioso por uns corpos que chegaran ata el coa intención de compartir algo máis que os seus silencios, e situáronse un enriba do outro formando unha figura perfecta, sólida, sen fisuras, obsequiándose co lado máis egoísta de sí mesmos. E tamén o de menos valor. A cada saínte correspondíalle un entrante, a cada oco un contido e a cada apetencia o seu manxar. Pero incluso naquela postura, na que ambos semellaban unirse nunha única esencia, a distancia entre eles seguía a ser enorme. E así seguiría aínda que estiveran unha eternidade intentando acurtala porque o que estaban a facer era unha mentira que ambos negarían cando alguén lles acusase do sucedido. Uns brazos de ferro volteáronlle con violencia contra unha cama que sabíase de memoria unha escena que protagonizaran centos de mozos que nunca botara de menos cando marcharan. Sen posibilidade de seguir observando todo que pasara enriba súa David non puido advertir a chegada das máns que comezaron a sinalar o lugar no que unha inmersión tiña data e hora prevista. Uns dedos poderosos comezaron remover o terreo que estaba a piques de ser destruido. - Morro de gañas por entrar e quedarme para sempre dentro de ti –a voz de Fran lambeulle a orella. MA ÁRABRAB PÁXINA 74
  75. 75. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Chegara o intre de cumplir o desexo que tantas veces sentira en outros corpos pero nunca ninguén desexara, ata aquela noite, no seu. David fixou firmemente as pernas no chan do colchón e afundíu a súa mirada tanto como puido. Equilibrou o peso do seu corpo en tres únicos puntos de apoio e cando estivo perfectamente asentado, as puntas dos dedos agarraron as súas nádegas e mostraron o único segredo que aínda non fora profanado. - Pois non agardes máis e faino canto antes. MA ÁRABRAB PÁXINA 75
  76. 76. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS ***** Ollando como Ana e máis Lorena continuaban a amarse, Imshri Oldra choraba oculta tras do cadro, ao comprobar que a intuición que pintara trinta e catro anos antes fora quen de crebar cos prexuízos e facerse por fin realidade. Aquel fermoso acto de fe que estaba a vivir non era só o triunfo da paixón desvelando o significado verdadeiro da palabra liberdade senón tamén a victoria definitiva dun xeado corazón a quen un merdento egoísta intentara arrebatarlle o mellor da vida, sen conseguilo. Porque os bos sempre acaban vencéndolle aos malos, aínda que éstes sempre sexan moitos máis numerosos e poderosos. Esquecéranse do mundo. Esquecéranse mesmo da vida para amarse sen complexos enriba dun diván onde as peles encrechábanse tras cada contacto e no que uns afamados bicos suplicábanlle ao ceo que fuxira do sol porque non querían máis que noites nas súas vidas. Conseguiran unir as almas dentro dun mesmo corazón.E cando iso sucede a cadencia dos latexos indica á distancia que separa os corpos. Por iso un centímetro convertírase para elas nunha distancia enorme. O xasmín dos beizos de Ana estaban a tinxir de branqura cada unha das profundas fendas que abríanse ao seu paso, erizando completamente unha pel na que a máis fermosa das flores, radiante MA ÁRABRAB PÁXINA 76
  77. 77. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS coma a primaveira, erixíuse fachendosa e imposible de admirar. E iso foi o que ocurríu. Cando a língua aguilloou os estames do sexo de Lorena os astros estremecéronse e o aire desfíxose en cen mil pedazos irreconstruíbéis. Os pétalos abríronse facendo da flor un manxar e uns raios de saraiba fixéronse propietarios de cada unha das mareas do bambeado océano que pasou a controlalo todo. A anhelada convidada entraba e saía por unha fendedura que con cada golpe tornábase máis profunda, batendo con forza coma onda contra as rochas, chea de forza unhas veces, pero morniña e doce outras. E así seguíu unha e outra vez ata albiscar un lugar máxico que ninguén nunca conseguira antes alcanzar, unha guarida íntima que so un amor libre de medos é quen de abrir. E que estáballe a descubrir a sensación máis sublime que experimentara en toda a súa vida. Se nese intre Lorena tivese voz o mundo enteiro quedaría xordo de escoitar os seus berros. Os saloucos que comezaran tímidos tornáronse enérxicos cando os gonzos das articulacións foronlle arrancados de raíz e as pernas comezaron a abrirse sen control nen límite. A fochanca máis profunda rápidamente anegouse dunha escuma que comezou a petar con forza na derradeira das entradas dun descoñecido e antes inexpugnable paraíso, demostrando que as ondas do amor son moito máis poderosas que calqueira das que poida crear nunca o ser humán. MA ÁRABRAB PÁXINA 77
  78. 78. NO INTERIOR DALGÚNS SOÑOS Zozobrando unha enriba da outra os dedos mudaron os cariños en rabuños e os bicos en trabadas cando a sinfonía que expresamente compuxera para elas Afrodita unha sinfonía foilles sentindo cada vez máis preto do ceo. Cos seus corpos debuxando posturas imposibles estaban a piques de liberar as súas almas da carne que as mantivera ata aquel intre condeadas á friaxe da terra. MA ÁRABRAB PÁXINA 78

×