Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
O xogo da guerra
O xogo da guerra
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 8 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Ähnlich wie Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato" (20)

Anzeige

Weitere von BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"

  1. 1. Montse Fajardo Invisibles Relatos do maltrato Pontevedra, 2017
  2. 2. Invisibles Relatos do maltrato © Montse Fajardo, 2017 © Desta edición: Edicións Matriarcas, 2017 Deseño e maquetación: Ovo Publicidade Asesoramento lingüístico: Luís Bará Torres Asesoramento técnico: Rosa Campos e Carme Fouces Imprime: Sgraf Artes Gráficas S.L. Foto da portada: Arndt_Vladimir (iStockphoto.com) Logo da editorial: María Touriño Edita: Edicións Matriarcas Montse Fajardo Pérez Ramón y Cajal, 5 - 1ºA 36600, Vilagarcía de Arousa info@edicionsmatriarcas.com Distribución: Edicións Matriarcas Ramón y Cajal, 5 - 1ºA 36600, Vilagarcía de Arousa info@edicionsmatriarcas.com Depósito Legal: PO 601-2017 ISBN: 978-84-697-7284-3 Todas as historias son reais mais nalgúns casos modificáronse datos, fundamentalmente nomes, para protexer a identidade e preservar a seguridade das fontes. Non citaremos ningunha, nin das vítimas nin das persoas achegadas ás asasinadas para manter a súa privacidade, mais queremos amosarlles a todas o noso máis profundo agradecemento. Este libro tampouco sería posible sen a inestimable e absoluta implicación do Concello de Pontevedra a través da Concellería de Igualdade.
  3. 3. — 21 — Eva
  4. 4. — 23 — | Eva Perfís Un brazo roto, dúas vértebras desprazadas e o tímpano perforado de cando che bateu a cabeza contra o fondo do armario. Hostia Eva, pero como puideches acabar así? Se ti non dás o perfil…
  5. 5. — 24— Invisibles Vaite O máis perigoso de Alberto é que ten a mesma capacidade para a dozura que para a violencia. Ten pedido perdón tantas veces… Ten dito quérote cunha tenrura tan desmesurada e, de súpeto, agarrarte polos pelos e mancarte… coa mesma verdade. Como se Mr. Hyde vivise dentro do príncipe azul pero só ti puideses velo. No medio daquela malleira na que me partiu o brazo, desprazoume dúas vértebras e perforoume o tímpano de baterme contra a parede do armario, chamou ao timbre a súa cuñada Olga, que vive no piso do lado. Escoitara ruídos e viña ver se pasaba algo. Alberto abriulle a porta e faloulle con toda a amabilidade do mundo: —Olga, cariño, dime… Con total tranquilidade. Estaba batendo a miña cabeza unha e outra vez contra o fondo do armario mentres berraba: “Es unha puta! Voute matar, joder, que non serves para nada!!!” e nun segundo a violencia tornárase dozura: —Olga cariño, dime… Nun segundo. Do inferno á terra. E eu apenas puiden dicir: —Olga, por favor… Fórame desdebuxando. Xa non era eu. Onde coño estás, Eva?
  6. 6. — 25 — | Eva Parvadas Sempre fun unha tía botada para adiante pero a seguinte vez que o atopei na rúa fixen pis por min. Anuloume. Sei que é un tópico pero é certo, quedas anulada como persoa. Desdebúxaste para el e es o que el quere que sexas. Eu perdino todo. O pouco que tiña perdino. E non foi doado recuperalo. Como retomas a vida, as amizades? Como recuperas a persoa que eras? Como volves ser esa muller que pagaba a pena? Cando Olga preguntou por min, Alberto fíxoa agardar na sala, entrou na habitación e púxose a recoller. Tirara a lámpada da mesiña de noite e varios libros que eu tiña nun andel. Vinme a min mesma levantando un manual sobre redistribución de espazos interiores, a última novela de Almudena Grandes e unha foto da miña sobriña Natalia que tamén tirara. Como unha autómata. Cando saíu pola porta, Alberto xirouse. —Dille a Olga que estás ben e durmimos xuntos. —Vaite. Pero vaite da miña vida, desaparece, lárgate. —Todo isto é culpa túa, que non vales para nada. Soltou a sentenza e bateu a porta. Olga avisou a Marcos, o irmán de Alberto. —Eva, pídocho por favor, non contes nada. —Pero é que me pegou, Marcos. —Foi unha parvada, muller. É domingo, igual bebeu de máis e xa sabes que ten problemas no traballo. Está pasando unha mala racha. Mandeinos marchar da miña casa, ducheime, metinme na cama. A dor no brazo non me deixou durmir, e ao amencer, cando os analxésicos
  7. 7. — 26— Invisibles xa non a disimulaban, en lugar de ir a Urxencias aquí en Lugo, collín un taxi e marchei ao hospital de Monforte, onde traballa un amigo meu. Soa. Como segundo Marcos era unha parvada, nin sequera me preguntaron se me levaban a un médico. Pasaran nove horas desde a malleira e sentada na sala de Urxencias seguía aturando o seu acoso telefónico. Alberto estivo chamando toda a noite. Eu cortaba sen coller e falábame polo whatsapp. Bloqueábao e recibía sms. Apagaba e ao acender tiña 39 mensaxes. Perdóame Eva, por favor, prégocho. Non sei que me pasou. Non volverá suceder. Quérote. Nunca quixen así a ninguén. Dime que me vas perdoar. Dime que non me vas deixar. Se me deixas, mátome. Fálame Eva, prégocho, non sexas así. Non me podes facer isto. É horrible, non sei como puido pasar. Tesme que odiar. Non podes odiarme Eva, eu ámote. Pasei a noite aterrorizada por se aparecía pola porta, pero non apareceu. Vino logo de quince días. E mexei por min.
  8. 8. — 27 — | Eva Terror Eu non o vía. Son deseñadora de interiores e saía dunha vivenda na rúa Montero Ríos, en pleno centro da cidade, co brazo esquerdo escaiolado. El sabía que días visitaba esa reforma e apareceume cando ía cara o párking coller o coche. Viña de facer a compra, ou de facer que a facía, eu que sei, porque non estaba precisamente preto da súa casa. Fíxome un aceno de que quería falar comigo. Apurei o paso e metinme no aparcadoiro co terror de que puidese entrar detrás. Non o fixo. Apoieime nunha columna e mexei por min. Xuro que prefiro o maltrato físico a esta devastación do psicolóxico. Esa sensación de medo, o mexo baixando polas pernas e o pánico que produce iso. Agarrei o teléfono e chamei a Marcos furiosa: —Dille ao teu irmán que se se lle volve ocorrer achegarse a min, chamo a policía e que se despida desa puta mentira de vida. Porque el construíu unha vida falsa. A verdade está moi afastada dese respectable psicólogo que finxe ser. Do galán con que moitas mulleres parecen querer estar.

×