2. “Nacín o 3 de San Xoán do 1876, ás tres
da tarde, chovendo a Dios dar aguas,
nunha casiña vella, cun vello patín de
pedra, da viliña feudal de Fefiñáns.”
Casa onde naceu o escritor.
Así foi, Ramón
Cabanillas Enríquez
naceu en Fefiñáns
unha aldea de
Cambados, no verán
do 1876, nunha
familia humilde.
Cambados no 1880
3. Comezou cursando
a carreira eclesiástica
en Santiago de
Compostela, que
posteriormente
abandonaría, e volta
ó seu Cambados
natal para traballar
no concello.
San Martiño Pinario, seminario de estudios eclesiásticos en Compostela
“ Antre o 89 e o 93 paseéi os craustros de San Martiño
Pinario, de onde salín cun revoltixo na cachola, de
Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e
Filosofía, nada, nin polo forro; catro vaguedades
penduradas dun fío ”.
4. Casa en 1899 con Eudosia
Álvarez e cos anos ten oito
fillos, o último diminuído
psíquico, ó que Ramón lle
procesa especial afecto.
Tal como é, é ditoso.
Nada o mágoa e nin sabe
de envexas nin de dores.
Todas as erbas, para él,
son frores, pelras de luz
todas as pingas de ágoa,
e todos os paxaros,
reiseñores.
Din que é parvo
Xoquín... ¡Parvos son os
que o din!
Xoquín
A familia de Cabanillas.
5. No ano 1910, embarca no vapor Dania, no
exilio cara Cuba, por medo das represións
políticas, e pasa alí cinco anos, nos que
coñecerá a Basilio Álvarez e a Xosé Fontela
Leal. Na illa colabora co último e compón o
himno de Acción Gallega. Incitado polo seu
amigo Fontela Leal, e coas ideas xa claras,
decide comezar a escribir e publicar os seus
poemas en galego. Da recolección dos seus
versos vén No desterrro (1913).
Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrillar!
Que vexa a vila podre,
coveira da canalla,
a aldea que traballa
disposta pra loitar.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
desde a montaña ó mar.
¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!
Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional!
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
desde a montaña ó val.
Catedral da Habana, Cuba.
Basilio Alvarez, o cura de Beiro.
6. No 1915 publica, tamén no exilio, a súa obra
Vento mareiro. Volta a Galicia, e traballa para
distintos concellos, desde o momento da súa
chegada, está fortemente vinculado coa
intelectualidade galeguista, e á defensa do galego.
O seu compromiso coas Irmandades da Fala
lévao a participar activamente no xornal que
espallas as ideas do proxecto, A Nosa Terra.
“O ventiño maino e
leve do noroeste que
na primavera e no
verán sopra desde o
mediodía á tardiña
baixa en Cambados e
outras partes da Ría
de Arousa” Vento
Mareiro
7. Da súa colaboración do proxecto das Irmandades
xorde o seu novo libro, no 1926, Da terra asoballada.
Debido á súa ideoloxía e contido convértese grazas a
el no poeta da raza, e polo tanto a voz lírica máis
importante das Irmandades. Na obra, pretende
dunha maneira case didáctica, o contacto co pobo,
achegándolle a idea do nacionalismo.
No ano 1920, entra a formar parte da
Real Academia Galega, xunto con outros
moitos intelectuais galegos. Tan so un ano
despois publica un libro de relatos mítico-saudosistas,
Na noite estrelecida . Sete
anos máis tarde marcha a Madrid e alí
ingresa na Real Academia Española en
1929, onde pronuncia o discurso, “Un
somero recuerdo de la vida y
la obra de Eduardo Pondal” .
Ademais Cabanillas recupera o seu lirismo
coa publicación no 1927 da súa obra A
rosa de cen follas.
Algúns dos membros da RAG entre os que se atopaba Castelao.
8. O 14 de abril de 1931, proclámase a 2ª
República, que colle a Cabanillas en
Madrid. Participa nas eleccións a Cortes
Constituíntes de 1931, xunto a Castelao e
Valentín Paz Andrade. Non sae elixido,
Castelao si. Este mesmo ano fúndase o
Partido Galeguista, pero o poeta non asiste
xa que se comeza a producir un certo
distanciamento co movemento nacionalista.
Ese mesmo ano iníciase a campaña cara á
aprobación do Estatuto de autonomía, e o
poeta de Cambados mantense alleo á obra.
Proclamación da primeira República. (1931)
Cartel de apoio ó Estatuto de Autonomía. Reunión do PG.
(Castelao)
9. Cámbiase o goberno, e entra a gobernar
Alejandro Lerroux, isto axuda moito ó
poeta xa que favorece a súa economía
que se atopa nunha moi precaria
situación. En febreiro do 1936, avanza
o fronte popular, e gaña no plebiscito
do Estatuto o SI. Pero foi imposible a
súa posta en vigor debido o golpe
Franquista de xullo do 36.
O poeta volve a Cambados no 1937.
Rematada a guerra vese nunha difícil
situación, de silencio e sen posibilidade
de expresión.
Cartel de rexeitamento ó Franquismo en Madrid.
Á boa memoria do mártir Darío Álvarez
Limeses :
sangue seco, durecido, mouro,
tingue os valos dos probes camposantos ;
un estricado, barboante estouro
urro na escuridade dos recantos
de carballeiras, matos e pinales ;
a fratricida furia
enche de espantos, de tremos, de anguria,
o acocho dos piedosos milleirales.
Cartel satírico sobre a censura da postguerra.
10. Pasa varias tempadas no
mosteiro de Samos, e logo no
ano 1952 regresa a Madrid,
onde conserva a súa praza na
RAE.
No ano 1950 morre Afonso
Daniel Rodríguez Castelao e
sae ó prelo clandestinamente
un poema escrito por
Cabanillas adicado ó seu
amigo galego.
¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas
serras,
(...)
De qué morte morréu a nosa
prenda? ¡Morreu do mal dos bós e
xenerosos! ¡Morreu de amor á
Terra!
Antífona da Cantiga , Da
miña zanfona , eVersos de
alleas terras e de tempos
idos, son algunhas das
obras que publica durante a
posguerra.
Castelao
11. O seu delicado estado de saúde
faille pasar xunto coa súa filla
longas tempadas no País Vasco.
Finalmente fina o 9 de novembro
de 1979. Ataviado coa
indumentaria franciscana, que
pedira el mesmo, o seu enterro foi
multitudinario.
Finalmente os seus restos foron
trasladados ó panteón dos galegos
ilustres
A súa obra completa acabarase
de realizar o 12 de novembro
dese mesmo ano, xusto tres
días despois da súa morte.
Publicada en Bos Aires, estivo
en mans de Eduardo Blanco-
Amor e o pintor galego Luís
Seoane.
Necróloxica do autor.
Obra completa de Cabanillas recompilada en Bos Aires (1959)
12. No 1976, centenario do seu nacemento,
dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Na tristura das horas do desterro...
Na tristura das horas do desterro,
ante os meus ollos, rebulindo, brillan
roxas e ardentes, pra morrer nun sopro,
voadoras muxicas.
Son as miradas túas; as que soltas
no aburrimento triste desa vida
con que o ceo a friaxe do teu peito
xustamente castiga.
Como saben que as quixen e inda as quero
co sufrido penar daqueles días,
veñen a consolarme, agarimosas...
mais ca ti compasivas!
(No desterro, 1913)
Cartel do día da Letras Galegasde 1976.
Estatua conmemorativa de Cambados
13. Recompilación de poemas escollidos logo de ler a
antoloxía poética do autor editada pola editorial Galaxia.
14. A neve nos curutos
a brétema no val,
bicando as veigas,
o vento no pinal,
este berro de loita
extenden polo chan:
!Esperta e érguete axiña,
Terra de Breogán!
¡Fillos do chan galego,
rexos celtas irmáns!
Os corazóns dispostos,
nun feixe as voluntás,
respondamos ó berro
que nos chama a loitar:
¡Liberdade á nobre e sagra
Terra de Breogán!
Neste poema o autor de Cambados, desenvolve a liña cívica
da súa poesía. Pertencente á súa obra Vento mareiro, chama
ós galegos á loita pola liberdade da nosa terra.
Con trazos representativos de Pondal, o poeta evoca ó
pasado mítico galego, ós celtas, civilización que a gran
maioría dos intelectuais galegos consideran como o comezo
da cultura e raza galega.
Preséntanos a paisaxe galega personificada e idealizada.
15. Roubáronlle á nación as túas
axencias
cando a guerra o fusil, na paz o
arado:
os bos galegos téñente aforcado
na santidá secretas das concencias.
¡Pousadeiro de Bispos e Vocencias,
non te libra de inferno o
marquesado!
¡Por traidor e negreiro condanado,
e de balde que merques
indulxencias!
¡Aproveita dos roubos a fartura!
¡Énchete a presa, lobo sanguiñento,
que xa con rabia se erguen as
cabezas!
¡Rite, ladrón! ¡Á túa sepultura
levarémo-los fillos, pra escarmento,
a escupir sobre a terra en que
O poema en Vento Mareiro, pertence á liña satírica e
epigramático.
É un soneto, nel Cabanillas critica de forma voraz ó
caciquismo que oprime ó sector labrego galego. É un
poema tremendamente crítico e que comeza relatando
as inxustizas e abusos que realizan estes. Á fin do
poema, mostra unha esperanza xa que o pobo
comézase a cansar e levántase contra o caciquismo.
16. Os mozos mariñeiros da fiada
lémbranse rindo alleos de coidados;
cheira a aceite e pemento requeimados
rustido de xurés en caldeirada.
Conta o patrón nun corro a trebonada
do ano setenta -historia de afogados;-
e empuxándose, inando, entran
mollados
os homes dunha “lancha de enviada”.
pasa de man en man a xerra roiba
de alvariño, e namentres cae a choiva
e o vento fai tembrar a casa enteira,
detrás do mostrador clarexa o ceo
nas trenzas de ouro, no mirar sereo,
na surrisa de luz da taberneira.
Incluído en No Desterro, é un poema costumista que
versa sobre sobre as típicas tabernas galegas, e as
escenas que ocorren a diario, onde se mesturan todos
os tipos de persoas e idades. Mostra as pequenas
cousas da vida, que alleas ó resto das situacións
provocan un recanto de felicidade.
17. Estou soio. Deserto o camiño.
Escoito unha copla... ¡A vida que
chega!
vén cuberta de rosas, tecendo
con fíos de ensoño floridas
cadeas.
Ó pasar xunta a min abre os
brazos...
!Teño medo, Señor! ¡Medo dela!
¡Eu nom podo coas bágoas que
doen
nin os bicos que queiman...!
Esto quero: pan pobre, auga
clara
e paz na vereda.
Este poema de tinte intimista está recollido na obra A Rosa
de cen follas.
Nel o poeta fala da vida como inmensidade, como un
camiño que está repleto de obstáculos ó que é moi difícil
enfrontarse, e ó que nunca lle darás gañado a batalla.
Interpreta estas adversidades co amor e a dor.
O poeta conclúe dicindo que fronte ás adversidades da vida
prefire, unha máis sinxela el so quere: pan pobre, auga clara e
paz na vereda.
18. Cando o paxaro agáchase no
niño,
o vento dorme, o río vai calado
e o esprito voa ó ceo,
translevado,
en cobiza de luz e de aloumiño,
ergue o silencio o cántico diviño:
¡A terra, o mar, o ámbito
estrelado,
todo, Señor, se move ó teu
mandado,
que Ti es comezo e fin, rumbo e
camiño!
Voz sen sonido, milagreira fala
que soio escoita o corazón que
cala
abrasado en amor de eternidade,
é a expresión da aladas
xerarquías
tecida en silandeiras melodías
Incluído no poemario Samos, relata a súa fé relixiosa
aludindo a Deus como único camiño para enfrontar a
vida dunha forma que levará consigo a felicidade,
guíada pola divindade católica.