SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo
Curos 2013 - 2014
Samaí
A palabra Samaín
A palabra Samaín vén do irlandés antigo, Samuin ou Samfuin, onde Sam significa
"verán " e Fuin, "fin ", o fin do verán.
Fuin
Samaín, Samhuin, Sammonios, Sammas... son pois palabras gaélicas que significan
o “fin do verán” ou “asamblea”, “reunión” ou tamén, “xuntanza da fin do verán”.
O calendario celta divide o ano en dúas metades, a metade escura comeza no mes
de Samonios (outubro-novembro) e metade clara, no mes de Giamonios (abril-maio).
Considérase que o ano comeza coa metade escura, así Samonios convértese no Ano Novo
celta. Cada mes comeza coa lúa chea ea celebración do ano novo ten lugar durante as
"tres noites Samonios", a lúa chea máis próxima do equinoccio de outono e o solsticio de
inverno.
O pobo celta tiña catro grandes festividades no
ano: Imbolc, Beltaine, Lughnasas e Samhain. Cada unha
destas celebracións marcaba o comezo dunha estación. A
primeiros de febreiro, Imbolc; a primeiros de maios, o
Beltaine; a principios de agosto, o Lughnasad e

en

novembro o Samauhin ou Samhain.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A festa celta
A festa representaba a época do ano na que os antigos celtas

gardaban as

provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o tempo das colleitas e os
días facíanse máis curtos e as noites máis largas, tempada de inverno, onde todo é frío,
escuro e non se pode plantar.
A asemblea do Samaín, a grande reunión anual das xentes célticas celebrábase ao
.redor do día 1 do mes de Santos, no lugar onde estaban as tumbas dos antepasados. A
noite do 31 de outubro era a máis perigosa do
ano:

as

ánimas

dos

defuntos

andaban

vagabundas. Os celtas crían que nesta noite de
Samhain os espíritos dos mortos volvían para
visitar o mundo dos mortais, producíase a
comunicación entre os vivos e os mortos e as
portas do máis alá quedaban abertas.

Os celtas acendían fogueiras e camiñaban ao
redor delas acompañados dos seus animais ou
vestindo peles de animais como símbolo de
purificación e para afastar os malos espíritos.
Deixaban comida e doces fora das súas casas e
acendían candeas que colocaban no interior das
caveiras dos inimigos para axudar ás almas dos
mortos a atopar o camiño á luz e o descanso xunto a
deus Sol, nas Terras do Verán. Era unha celebración
da vida e do renacemento a través da morte. A festa
nocturna de benvida ao Ano Novo.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
A festa en Galicia.
Coa romanización e a posterior cristianización
importantes ritos celtas perdéronse. No S. IX, A igrexa
converteu a celebración do culto aos mortos na
celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos e
acenden velas para axudar ás almas do Purgatorio.
Aínda que os restos de cultos pagáns foron borrados pola Igrexa cristiá, en
Galicia a celebración desta data mantívose na memoria e

melóns, cabazas ou

calabazotes ocuparon o lugar das caveiras nas encrucilladas dos camiños.
O profesor Rafael López Loureiro, foi responsable da redescoberta desta
tradición e garantir que existiu en toda Galicia ata hai 30 anos. Ademais, tamén atopou a
súa supervivencia no norte de Cáceres norte, e zonas de Zamora e León onde a lingua
galega e tradicións están profundamente enraizados.
En Galicia, atopamos a celebración do Samaín por toda a xeografía cun folclore
similar aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas, calabazotes en
Ortigueira, caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense...

Facturación da caveira
A facturación da caveira faise de maneira similar en toda a xeografía:
- baleiramos o colondro da polpa e das pebidas do seu interior,
- facemos ollos, fociños e boca, buscando unha expresividade tétrica e
aterradora.
- colocamos a candea no interior e
- poñemos a caveira nun curruncho escuro, nas
ventás da casa, nas encrucilladas dos camiños,
ao redor do cemiterio, no camiño ao cemiterio,
no mesmo cemiterio...
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
En Cedeira póñenlles paoíños a xeito de dentes e en Quiroga úsana coma máscara
polo Antroido.
En Galicia encetábanse a tallar as caveiras polo San Miguel, 29 de setembro, e
aínda había rapaces que as facían en canto vían un melón madurecido nos térreos e
seguíase facendo ata ben entrado o outono. Non había unha data , especial, un día
sinalado, todo o outono era tempo de caveiras.

Celebracións do Samaín
Cedeira: A noite de Santos saen á rúa con cabazas talladas en forma de caveira
cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita comezar ao redor das cinco do
serán e faise un percorrido polos calellos máis escuros da vila ao compás da música dun
tambor.
Arousa:
Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e
tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos

defuntiños que van alá". Reciben cartos, laranxas, boliños de pan e lambetadas.
Meaño:
Xil, Meaño: na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben
en procesión ao cemiterio portando velas. Dende abaixo, obsérvase unha "santa compaña"
de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio non son poucas as viúvas que ficaron toda a
noite alí, velando aos seus mortos.
.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Samaín e Magosto
Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.
Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos.
Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que
despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría
deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.
Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a
castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas
adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun
escampado.

O magosto, tan vinculado ao funerario,
comparte a súa xeografía en coincidencia
exacta coas caveiras, as ánimas, e as cabezas
de pedra.

Samaín e Halloween.
A palabra Halloween ven de All hallow’s even que significa vixilia de Todos os
Santos e que ten o seu orixe na cristianización da festa celta.
A festa de Halloween nace en
inmigrantes

América de recordos e tradicións que os

irlandeses levan con eles desde mediados do S.XVIII, ou sexa, é unha

tradición de "onte". O Halloween non ten as raíces no pasado, no culto aos mortos do
pobo celta, toma distintas costumes e tradicións, copia e imita, imita a antiga tradición
celta da celebración do Samaín. Samaín e Halloween teñen a mesma orixe máis podemos
dicir que non son a mesma festa.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1.

Comprensión lectora.
1.

Que festa celebramos a noite do 31 de outubro?

o Magosto
o Samaín.
o Beltaine
2. Que significa a palabra Samaín?

o
o
o

Fin do verán
Fin do inverno
Comezo do inverno.

3. Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín?

o

Os vivos debían pechar as portas para non ser levados ao mundo dos
mortos.

o
o

Os espíritos dos mortos xuntábanse para acabar coas colleitas.
Os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais.

4. Que facían esa noite os celtas?

o

Apagaban todas as candeas para que os mortos non atoparan o camiño de
volta.

o

Acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus
animais ou vestindo peles de animais.

o

Acendían fogueiras e poñían as súas mellores vestiduras para celebrar as
colleitas.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos?

o
o
o

Na celebración de Todos os Santos e Día das Caveiras.
Na celebración de Día de Magosto e Santos Defuntos.
Na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos.

6. Había algunha data especial para tallar caveiras?

o
o
o

Si, o 31 de outubro.
Non, todo o outono era tempo de caveiras.
Non, todo o inverno era tempo de caveiras.

7. De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados?

o
o
o

Da alma dos vivos.
Da reencarnación dunha ánima.
Da ánima dos defuntos.

8. Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto?

o
o
o

Un banquete de nacemento.
Un banquete funerario.
Unha festa de druídas.

9. Comparten xeografía o Samaín e o Magosto?

o
o
o

Non.
Só no sur de Galicia.
Si.

10. O Halloween e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa?

o
o
o

Si. Hallowen e Samaín comparten as mesmas costumes e tradicións.
Non. O Halloween comparte orixe pero non son a mesma festa.
Non. O Halloween e unha festa máis antiga e con máis tradición en Europa.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2. Paseando por Galicia.
Sitúa no mapa de Galicia os concellos de Cedeira, Illa de Arosa e

Meaño.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
3. Investigamos
Investiga sobre a orixe da cabaza e os distintos nomes que recibe en Galicia,
segundo as zonas.
O pobo celta tiña catro grandes festividades anuais: Imbolc, Beltaine,

Lughanasas e Samaín. Xa sabes que se celebraba no Samaín, pero e nas
outras?
O pobo celta ten fermosas lendas, algunhas relacionadas co Samaín. Coñeces
algunha?
Aquí tedes unha canción para o Samaín. Apréndea e pregunta aos teus avós,
pais, mestres... se coñecen outra.
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
Lúa chea no balcón,
mil estrelas arredor,
bailan aquelarre,
ósos e melóns. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
As caveiras atopar
nos cruceiros do lugar,
faremos meigallos
para nos salvar. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja

http://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
4. Xogamos coas palabras.
Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co
Samaín:
SAMAÍN – LUME – CABAZA – CAVEIRA – CEDEIRA – MEDO – CEMITERIO –
NOITE – DEFUNTOS - OUTONO

Fai este encrucillado relacionado co Samaín.
1.

Pobo no que ten a súa orixe a festa do Samaín.

2. Obxecto que colocamos no interior da caveira.
3. Festa considerada por Murguía un banquete
funerario.
4. Palabra que significa o fin do verán.
5. Froito que tallamos no Samaín.
6. Estación do ano na que se celebra a festa do
Samaín.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Xogamos con cabazas.
colorea
Busca e colorea as caveiras iguais.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Relaciona cada debuxo coa súa sombra.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
6. Construímos.
Como facer a nosa caveira?

1.

ESCOLLEMOS A NOSA CABAZA.

2. RECORTAMOS A PARTE SUPERIOR DA
CABAZA E GARDÁMOLA.

3.

COLLEMOS UNHA CULLER

E BALEIRAMOS A

CABAZA DA POLPA E DAS PEBIDAS.

4. FACEMOS OS OLLOS, CARA E BOCA
BUSCANDO UNHA EXPRESIÓN ATERRADORA.

5.

COLOCAMOS A CANDEA NO INTERIOR.

6.

AGORA, SÓ TÉS QUE BUSCAR UN LUGAR ESCURO PARA COLOCAR A
TÚA CAVEIRA.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Facemos a nosa candea para o Samaín.

1.

Nunha cartolina negra debuxamos
dúas caras terroríficas.

2. Polo reverso da cartolina pegamos papel de cor laranxa.

3. Pecha a cartolina pegando os extremos e formando un cilindro.
Colga o teu farol.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
7.

Lecturas

http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para
_edu/3?e=3771172/2831486 ( Adaptación do conto Indo para o Samaín feita polo C.R.A. de
Bergondo)

8.

Curtas de medo.
-

Fiz, o coleccionista de medo.
http://www.youtube.com/watch?v=M8PohQv_iBk

-

A bruxa regañadentes.
http://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
9.

Para saber máis.
http://www.galiciae.com/nova/66884.html%20
http://polaranza.blogspot.com.es/2010/10/halloween-o-samhain.html
http://www.galiciaespallada.com.ar/halloween_en_galicia.htm
http://www.youtube.com/watch?v=V40E4wiQlPY

10.

Recursos.

Jacobo Fernández: O Samaín
Ilustraciones de Jacobo Fernández
Col. Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. Vigo, 2008

Na rede
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf (U.D.)
http://www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/436
http://www.slideshare.net/SilviaLpez4/marcelina-e-a-noite-do-saman (Conto)
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227
http://dalleuncolinho.blogspot.com.es/2009/10/recursos-para-samain-halloween.html
http://www.thekidzpage.com/freeonlinetoys/jackolantern-dressup/dressup.swf (Xogo para
decorar a cabaza. Idioma Inglés)

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

More Related Content

What's hot

Samain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpointSamain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpointbibliofloriani
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaPaulaReySilva
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
O samaín. Zerua.
O samaín. Zerua.O samaín. Zerua.
O samaín. Zerua.iagohv
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroidojspazos7
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNSanti P
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroidobcode
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntosEva Garea
 
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galegoCarla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galegoMarlou
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Bibliotecadicoruna
 
O entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. AinhoaO entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. Ainhoaiagohv
 

What's hot (19)

Samain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpointSamain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpoint
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
O samaín. Zerua.
O samaín. Zerua.O samaín. Zerua.
O samaín. Zerua.
 
O Entroido Tradicional En Galicia
O Entroido Tradicional En GaliciaO Entroido Tradicional En Galicia
O Entroido Tradicional En Galicia
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Samahin
SamahinSamahin
Samahin
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galegoCarla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 
Samaín power point
Samaín power pointSamaín power point
Samaín power point
 
Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014
 
O entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. AinhoaO entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. Ainhoa
 

Similar to Tempo de Samaín (20)

Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
Power point samaín
Power point samaínPower point samaín
Power point samaín
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
O samaín
O samaínO samaín
O samaín
 
O samaín
O samaínO samaín
O samaín
 
O samaín
O samaínO samaín
O samaín
 
O samaín.
O samaín. O samaín.
O samaín.
 
O samaín
O samaínO samaín
O samaín
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Viva o samaín!!
Viva o samaín!! Viva o samaín!!
Viva o samaín!!
 
Entroido tradicional do morrazo
Entroido tradicional do morrazoEntroido tradicional do morrazo
Entroido tradicional do morrazo
 
VIVA O SAMÁIN
VIVA O SAMÁINVIVA O SAMÁIN
VIVA O SAMÁIN
 
samain
samainsamain
samain
 
VIVA O SAMAÍN
VIVA O SAMAÍNVIVA O SAMAÍN
VIVA O SAMAÍN
 
Power point samaín
Power point samaínPower point samaín
Power point samaín
 
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galegoO samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
O samaín - Sara criado 2ºb traballo galego
 

More from bibliobrozos

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Museo PdB - Escultura
Museo PdB - EsculturaMuseo PdB - Escultura
Museo PdB - Esculturabibliobrozos
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017bibliobrozos
 
Museo PdB- Arquitectura
Museo PdB-  ArquitecturaMuseo PdB-  Arquitectura
Museo PdB- Arquitecturabibliobrozos
 
Museo PdB- Pintura
Museo PdB- PinturaMuseo PdB- Pintura
Museo PdB- Pinturabibliobrozos
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016bibliobrozos
 
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial WeebleDescubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeblebibliobrozos
 
Atrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - WallameAtrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - Wallamebibliobrozos
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016bibliobrozos
 
Libro de descubridores
Libro de descubridores Libro de descubridores
Libro de descubridores bibliobrozos
 
Explorando mundos
Explorando mundos Explorando mundos
Explorando mundos bibliobrozos
 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 bibliobrozos
 
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...bibliobrozos
 
Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" bibliobrozos
 
Tríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos InfantilTríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos Infantilbibliobrozos
 
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y ElcanoLa primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcanobibliobrozos
 
Amundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarAmundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarbibliobrozos
 

More from bibliobrozos (20)

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Museo PdB - Escultura
Museo PdB - EsculturaMuseo PdB - Escultura
Museo PdB - Escultura
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017
 
Atrapa Escultura
Atrapa EsculturaAtrapa Escultura
Atrapa Escultura
 
Museo PdB- Arquitectura
Museo PdB-  ArquitecturaMuseo PdB-  Arquitectura
Museo PdB- Arquitectura
 
Atrapa Monumentos
Atrapa MonumentosAtrapa Monumentos
Atrapa Monumentos
 
Museo PdB- Pintura
Museo PdB- PinturaMuseo PdB- Pintura
Museo PdB- Pintura
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial WeebleDescubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
 
Atrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - WallameAtrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - Wallame
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016
 
Libro de descubridores
Libro de descubridores Libro de descubridores
Libro de descubridores
 
Explorando mundos
Explorando mundos Explorando mundos
Explorando mundos
 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
 
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
 
Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote"
 
Leer la ciencia
Leer la cienciaLeer la ciencia
Leer la ciencia
 
Tríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos InfantilTríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos Infantil
 
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y ElcanoLa primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
 
Amundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarAmundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polar
 

Tempo de Samaín

  • 1. CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo Curos 2013 - 2014
  • 2. Samaí A palabra Samaín A palabra Samaín vén do irlandés antigo, Samuin ou Samfuin, onde Sam significa "verán " e Fuin, "fin ", o fin do verán. Fuin Samaín, Samhuin, Sammonios, Sammas... son pois palabras gaélicas que significan o “fin do verán” ou “asamblea”, “reunión” ou tamén, “xuntanza da fin do verán”. O calendario celta divide o ano en dúas metades, a metade escura comeza no mes de Samonios (outubro-novembro) e metade clara, no mes de Giamonios (abril-maio). Considérase que o ano comeza coa metade escura, así Samonios convértese no Ano Novo celta. Cada mes comeza coa lúa chea ea celebración do ano novo ten lugar durante as "tres noites Samonios", a lúa chea máis próxima do equinoccio de outono e o solsticio de inverno. O pobo celta tiña catro grandes festividades no ano: Imbolc, Beltaine, Lughnasas e Samhain. Cada unha destas celebracións marcaba o comezo dunha estación. A primeiros de febreiro, Imbolc; a primeiros de maios, o Beltaine; a principios de agosto, o Lughnasad e en novembro o Samauhin ou Samhain. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 3. A festa celta A festa representaba a época do ano na que os antigos celtas gardaban as provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o tempo das colleitas e os días facíanse máis curtos e as noites máis largas, tempada de inverno, onde todo é frío, escuro e non se pode plantar. A asemblea do Samaín, a grande reunión anual das xentes célticas celebrábase ao .redor do día 1 do mes de Santos, no lugar onde estaban as tumbas dos antepasados. A noite do 31 de outubro era a máis perigosa do ano: as ánimas dos defuntos andaban vagabundas. Os celtas crían que nesta noite de Samhain os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais, producíase a comunicación entre os vivos e os mortos e as portas do máis alá quedaban abertas. Os celtas acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus animais ou vestindo peles de animais como símbolo de purificación e para afastar os malos espíritos. Deixaban comida e doces fora das súas casas e acendían candeas que colocaban no interior das caveiras dos inimigos para axudar ás almas dos mortos a atopar o camiño á luz e o descanso xunto a deus Sol, nas Terras do Verán. Era unha celebración da vida e do renacemento a través da morte. A festa nocturna de benvida ao Ano Novo. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 4. A festa en Galicia. Coa romanización e a posterior cristianización importantes ritos celtas perdéronse. No S. IX, A igrexa converteu a celebración do culto aos mortos na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos e acenden velas para axudar ás almas do Purgatorio. Aínda que os restos de cultos pagáns foron borrados pola Igrexa cristiá, en Galicia a celebración desta data mantívose na memoria e melóns, cabazas ou calabazotes ocuparon o lugar das caveiras nas encrucilladas dos camiños. O profesor Rafael López Loureiro, foi responsable da redescoberta desta tradición e garantir que existiu en toda Galicia ata hai 30 anos. Ademais, tamén atopou a súa supervivencia no norte de Cáceres norte, e zonas de Zamora e León onde a lingua galega e tradicións están profundamente enraizados. En Galicia, atopamos a celebración do Samaín por toda a xeografía cun folclore similar aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas, calabazotes en Ortigueira, caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense... Facturación da caveira A facturación da caveira faise de maneira similar en toda a xeografía: - baleiramos o colondro da polpa e das pebidas do seu interior, - facemos ollos, fociños e boca, buscando unha expresividade tétrica e aterradora. - colocamos a candea no interior e - poñemos a caveira nun curruncho escuro, nas ventás da casa, nas encrucilladas dos camiños, ao redor do cemiterio, no camiño ao cemiterio, no mesmo cemiterio... Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 5. En Cedeira póñenlles paoíños a xeito de dentes e en Quiroga úsana coma máscara polo Antroido. En Galicia encetábanse a tallar as caveiras polo San Miguel, 29 de setembro, e aínda había rapaces que as facían en canto vían un melón madurecido nos térreos e seguíase facendo ata ben entrado o outono. Non había unha data , especial, un día sinalado, todo o outono era tempo de caveiras. Celebracións do Samaín Cedeira: A noite de Santos saen á rúa con cabazas talladas en forma de caveira cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita comezar ao redor das cinco do serán e faise un percorrido polos calellos máis escuros da vila ao compás da música dun tambor. Arousa: Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá". Reciben cartos, laranxas, boliños de pan e lambetadas. Meaño: Xil, Meaño: na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben en procesión ao cemiterio portando velas. Dende abaixo, obsérvase unha "santa compaña" de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio non son poucas as viúvas que ficaron toda a noite alí, velando aos seus mortos. . Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 6. Samaín e Magosto Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado. O magosto, tan vinculado ao funerario, comparte a súa xeografía en coincidencia exacta coas caveiras, as ánimas, e as cabezas de pedra. Samaín e Halloween. A palabra Halloween ven de All hallow’s even que significa vixilia de Todos os Santos e que ten o seu orixe na cristianización da festa celta. A festa de Halloween nace en inmigrantes América de recordos e tradicións que os irlandeses levan con eles desde mediados do S.XVIII, ou sexa, é unha tradición de "onte". O Halloween non ten as raíces no pasado, no culto aos mortos do pobo celta, toma distintas costumes e tradicións, copia e imita, imita a antiga tradición celta da celebración do Samaín. Samaín e Halloween teñen a mesma orixe máis podemos dicir que non son a mesma festa. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 7. 1. Comprensión lectora. 1. Que festa celebramos a noite do 31 de outubro? o Magosto o Samaín. o Beltaine 2. Que significa a palabra Samaín? o o o Fin do verán Fin do inverno Comezo do inverno. 3. Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín? o Os vivos debían pechar as portas para non ser levados ao mundo dos mortos. o o Os espíritos dos mortos xuntábanse para acabar coas colleitas. Os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais. 4. Que facían esa noite os celtas? o Apagaban todas as candeas para que os mortos non atoparan o camiño de volta. o Acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus animais ou vestindo peles de animais. o Acendían fogueiras e poñían as súas mellores vestiduras para celebrar as colleitas. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 8. 5. En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos? o o o Na celebración de Todos os Santos e Día das Caveiras. Na celebración de Día de Magosto e Santos Defuntos. Na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos. 6. Había algunha data especial para tallar caveiras? o o o Si, o 31 de outubro. Non, todo o outono era tempo de caveiras. Non, todo o inverno era tempo de caveiras. 7. De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados? o o o Da alma dos vivos. Da reencarnación dunha ánima. Da ánima dos defuntos. 8. Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto? o o o Un banquete de nacemento. Un banquete funerario. Unha festa de druídas. 9. Comparten xeografía o Samaín e o Magosto? o o o Non. Só no sur de Galicia. Si. 10. O Halloween e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa? o o o Si. Hallowen e Samaín comparten as mesmas costumes e tradicións. Non. O Halloween comparte orixe pero non son a mesma festa. Non. O Halloween e unha festa máis antiga e con máis tradición en Europa. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 9. 2. Paseando por Galicia. Sitúa no mapa de Galicia os concellos de Cedeira, Illa de Arosa e Meaño. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 10. 3. Investigamos Investiga sobre a orixe da cabaza e os distintos nomes que recibe en Galicia, segundo as zonas. O pobo celta tiña catro grandes festividades anuais: Imbolc, Beltaine, Lughanasas e Samaín. Xa sabes que se celebraba no Samaín, pero e nas outras? O pobo celta ten fermosas lendas, algunhas relacionadas co Samaín. Coñeces algunha? Aquí tedes unha canción para o Samaín. Apréndea e pregunta aos teus avós, pais, mestres... se coñecen outra. Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) Lúa chea no balcón, mil estrelas arredor, bailan aquelarre, ósos e melóns. (bis) Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) As caveiras atopar nos cruceiros do lugar, faremos meigallos para nos salvar. (bis) Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja http://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 11. 4. Xogamos coas palabras. Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co Samaín: SAMAÍN – LUME – CABAZA – CAVEIRA – CEDEIRA – MEDO – CEMITERIO – NOITE – DEFUNTOS - OUTONO Fai este encrucillado relacionado co Samaín. 1. Pobo no que ten a súa orixe a festa do Samaín. 2. Obxecto que colocamos no interior da caveira. 3. Festa considerada por Murguía un banquete funerario. 4. Palabra que significa o fin do verán. 5. Froito que tallamos no Samaín. 6. Estación do ano na que se celebra a festa do Samaín. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 12. 5. Xogamos con cabazas. colorea Busca e colorea as caveiras iguais. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 13. Relaciona cada debuxo coa súa sombra. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 14. 6. Construímos. Como facer a nosa caveira? 1. ESCOLLEMOS A NOSA CABAZA. 2. RECORTAMOS A PARTE SUPERIOR DA CABAZA E GARDÁMOLA. 3. COLLEMOS UNHA CULLER E BALEIRAMOS A CABAZA DA POLPA E DAS PEBIDAS. 4. FACEMOS OS OLLOS, CARA E BOCA BUSCANDO UNHA EXPRESIÓN ATERRADORA. 5. COLOCAMOS A CANDEA NO INTERIOR. 6. AGORA, SÓ TÉS QUE BUSCAR UN LUGAR ESCURO PARA COLOCAR A TÚA CAVEIRA. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 15. Facemos a nosa candea para o Samaín. 1. Nunha cartolina negra debuxamos dúas caras terroríficas. 2. Polo reverso da cartolina pegamos papel de cor laranxa. 3. Pecha a cartolina pegando os extremos e formando un cilindro. Colga o teu farol. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 16. 7. Lecturas http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para _edu/3?e=3771172/2831486 ( Adaptación do conto Indo para o Samaín feita polo C.R.A. de Bergondo) 8. Curtas de medo. - Fiz, o coleccionista de medo. http://www.youtube.com/watch?v=M8PohQv_iBk - A bruxa regañadentes. http://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  • 17. 9. Para saber máis. http://www.galiciae.com/nova/66884.html%20 http://polaranza.blogspot.com.es/2010/10/halloween-o-samhain.html http://www.galiciaespallada.com.ar/halloween_en_galicia.htm http://www.youtube.com/watch?v=V40E4wiQlPY 10. Recursos. Jacobo Fernández: O Samaín Ilustraciones de Jacobo Fernández Col. Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. Vigo, 2008 Na rede http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf (U.D.) http://www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/436 http://www.slideshare.net/SilviaLpez4/marcelina-e-a-noite-do-saman (Conto) https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/ http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227 http://dalleuncolinho.blogspot.com.es/2009/10/recursos-para-samain-halloween.html http://www.thekidzpage.com/freeonlinetoys/jackolantern-dressup/dressup.swf (Xogo para decorar a cabaza. Idioma Inglés) Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo