SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 14
Downloaden Sie, um offline zu lesen
LAS CRÓNICAS DE NARNIA
Libro: C. S. Lewis (1950)
Película: Andrew Adamson (2005…)
Saga composta por sete libros que narra
as aventuras dos irmáns Pevensie en
Narnia, terra de fantasía e maxia
poboada por animais parlantes e outras
criaturas mitolóxicas que se ven
envolvidas na eterna loita entre o ben e o
mal. Ata agora foron levados ao cine tres
dos sete volumes da saga: O león, a bruxa e o armario , O príncipe
Caspian e A travesía do viaxeiro do alba.
Unha historia de fantasía chea de fidelidade, traizón e heroísmo.
ALICIA EN EL PAÍS DE LAS
MARAVILLAS
Libro: Lewis Carrol (1865)
O relato que Lewis Carrol, escribira para
a nena Alicia Liddell, é un entramado de
situacións inverosímiles e absurdas,
xogos de linguaxe e asociacións oníricas.
As versións que da obra orixinal se
levaron a cabo tanto en papel como en
cine son numerosas. Unha das últimas, a
película de Tim Burton, unha delicia para os fans do director
Un clásico da literatura xuvenil, e unha adaptación locamente marabillosa
DIARIO DE GREG
Libro: Jeff Kinney (2006)
Película: Thor Freudenthal (2010)
Greg é o mediano dunha familia de tres
irmáns, vai ao instituto e a súa maior
aspiración é pasar desapercibido fronte a
profesores e pais e ser o gracioso da
clase. Un retrato cómico da vida e
costumes dos adolescentes, a través
dunha serie da que ata agora nos
chegaron oito volumes, tres deles levados ao cine con gran éxito entre o
público xuvenil.
Unha serie xuvenil áxil, brillante e divertida : http://diariodegreg.com/
BILLY ELLIOT
Película: Stephen Daldry (2000)
Libro: Melvin Burgess (2002)
A cinta narra a cruzada que ten que
librar un adolescente, Billy Elliot, para
dar renda solta á súa paixón polo baile.
Estupendas escenas de baile e grandiosa
interpretación de Jaime Belle. Melvin
Burgess, escritor inglés de ficción para
mozos, logra na súa adaptación da
película captar a calidez e a paixón que Stephen Daldry conseguira
transmitir.
Obra emotiva, divertida e sensible sobre o triunfo da perseveranza
EL MARAVILLOSO MAGO DE OZ
Libro: Frank Baum (1900)
Película: Victor Fleming (1939)
O conto infantil escrito por Baum
converteuse nun clásico da literatura.
Unha historia fantástica onde se narra
como Doroty é arrastrada por un
tornado cara a unha fantástica terra
habitada por seres extraordinarios.
Levada á gran pantalla en numerosas
ocasións, a versión de Victor Fleming protagonizada por Judy Garland,
colocouse entre as mellores películas de xénero musical da historia do
cine.
Porque é bonito soñar...
PIPPI CALZASLARGAS
Libro: Astrid Lindgren (1945)
Serie TV: Olle Hellbom (1969
Pippi é a encarnación da independencia e a
rebeldía da infancia; os seus actos están
motivados polo absurdo, a espontaneidade
ou o desexo de provocación. Vive soa nunha
enorme casa cun cabalo e un mono. Un
clásico da literatura infantil escandinava
que se fixo universal grazas á televisión, nunha serie interpretada por
Inger Nilsson no papel de Pippi, e na que a autora do libro adaptou os
guións
Pippi, a heroína infantil de Vila Kunterbunt.
EL PEQUEÑO NICOLÁS
Libro: René Goscinny (1960)
Película: Laurent Tirard (2009)
Serie de libros infantís escritos polo
historietista francés René Goscinny,
creador de Astérix. Os libros, narrados
en primeira persoa por Nicolás, un mozo
de 7 anos, reflicten, con humor, o
contraste dos mundos dos nenos e dos
adultos, e van acompañados dos debuxos
a plumilla de Sempé. A película de Laurent Tirard, adaptación desta serie,
tenra e divertida, é perfecta para ver en familia.
Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir.
Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir
http://www.petitnicolas.com/
LA INVENCIÓN DE HUGO CABRET
Libro : Brian Selznick (2007)
Película : (La invención de Hugo) Martin
Scorsese (2011)
O libro combina de forma orixinal e
marabillosa texto e debuxo, con
referencias literarias a obras de séculos
pasados. París, anos 30. Hugo é un orfo
que vive entre os muros dunha estación
de trens parisina. Ninguén sabe da súa
existencia ata que lle descobre unha excéntrica pícara xunto á que vivirá
unha incrible aventura. Scorsese creou na súa adaptación ó cine unha
película eterna, simultáneamente clásica e moderna.
Tributo ao cine e aos libros
CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
Libro: Roald Dahl (1964)
Película: Tim Burton (2005)
Willy Wonka celebra un concurso para
visitar a súa fábrica de chocolate. Cinco
pícaros, entre eles Charlie, serán
elixidos. Alí vivirán unha fantástica
aventura nun lugar máxico e marabilloso.
Combinando humor, ironía e imaxinación
Roald Dahl fai unha crítica dos defectos dos nenos da nosa sociedade. A
adaptación de Tim Burton, é divertida, chea de enxeño e alucinantes
escenas
Deliciosamente malvado
HARRY POTTER Y LA PIEDRA
FILOSOFAL
Libro: J. K. Rowling
Película: Chris Columbus
Serie da autora británica J.K.
Rowling na que se describen as
aventuras do novo aprendiz de mago
Harry Potter e os seus amigos, na súa
constante loita contra o malvado Lord
Voldemort. Éxito de vendas a nivel
internacional. As aventuras de Harry
Potter foron levadas ao cine por diferentes directores, interpretadas
por Daniel Radcliffe. En case todas elas os guións de Steve Klove deron
como resultado unhas historias armónicas e fluídas
…Comeza a maxia!
CORAZON DE TINTA
Libro: Cornelia Funke (2003)
Película: (2008)
Corazón de tinta é a primeira novela da
saga Mundo de tinta, unha obra de
fantasía moi actual. Meggie, acompañada
dun grupo de amigos reais e de ficción,
intenta salvar ao seu pai -posuidor do don
de facer reais os personaxes dos contos-
das gadoupas dos malvados. A película,
áxil e ben interpretada, trasládanos dun xeito correcto ao universo
creado pola escritora
Mundo de tinta: O fantástico poder dos libros
LAS AVENTURAS DE TINTÍN
Cómic: Hergé (1930-1976)
Película: (El secreto del unicornio)
Steven Spielberg (2011)
O reporteiro Tintín é o protagonista
desta serie de aventuras que nos fará
viaxar polos cinco continentes en
compañía duns famosísimos personaxes
secundarios (Capitán Hadock, profesor
Tornasol, Hernández e Fernández). Foi
levada ao cine en numerosas ocasións, sendo a película de Spielberg a que
mellor soubo trasladar o cómic á grande pantalla, nunha das máis
espectaculares películas deste gran director
Adaptación visualmente deslumbrante do gran cómic de aventuras
MUJERCITAS
Libro: Louisa May Alcott (1868)
Película: Mervy LeRoy (1949)
A autora fai un relato en certo xeito
autobiográfico da súa propia vida
familiar. Co trasfondo da Guerra de
Secesión a novela narra a historia da
señora March e as súas fillas, A película
de Mervy LeRoy, pese a ser unha versión
bastante edulcorada, goza de moito
encanto polos seus toques de humor e o seu gran reparto, no que se
inclúen varias das mellores actrices da Metro da época
Entrañable
Las aventuras de Sherlock Holmes
Autor: Arthur Conan Doyle (1887)
Película (Sherlock Holmes) Guy Ritchie
(2011)
O detective creado polo escritor Arthur
Conan Doyle é un dos personaxes de
ficción máis famosos da historia da
literatura e o protagonista de gran
número de películas, obras de teatro e
cómics. A película de Guy Ritchie, á súa
vez adaptación do cómic de Lionel Wigram, converte a Sherlock Holmes
(Robert Downey Jr.) e ao Doutor John Watson (Jude Law) en detectives
con habilidades para o boxeo e esgríma respectivamente
Da literatura ao cómic, do cómic á gran pantalla
EL SEÑOR DE LOS ANILLOS
Libro: J. R.R.Tolkien (1954)
Película: Peter Jackson (2001-2003)
Obra cume de Tolkien, ambientada nun
mundo fantástico chamado a Terra Media.
Narra as aventuras dun grupo de seres:
(elfos, hobbits, ananos, humanos) que
forman a Comunidade do Anel no seu
intento por destruír o Anel Único,
forxado por Sauron. A adaptación ao cine
de Peter Jackson é un gran espectáculo visual que cosechó un gran éxito
internacional e obtivo o récord de Premios Oscar
Sobresaliente triloxía, referente na literatura e cine fantásticos
EL EXTRAÑO CASO DEL DOCTOR
JEKYLL Y EL SEÑOR HYDE
Libro: Robert Louis Stevenson (1886)
Película: John S. Robertson (1920 )
Stevenson, un dos grandes escritores do
XIX, propón unha alegoría moral en
forma de misterio: os dous extremos, o
ben e o mal, están convivindo nunha soa
persoa, o médico Henry Jekyll, que
inventa unha poción química capaz de
transformalo nun temible monstro: Míster Hyde. A película de cine mudo
dirixida por John S. Robertson en 1920 e interpretada por John
Barrymnore, é unha das primeiras e máis brillanes adaptacións da novela.
Jeckyll e Hyde : A eterna loita do ben e do mal
LAS MINAS DEL REY SALOMÓN
Libro: Henry Rider Haggard (1885)
Película: Andrew Marton, Compton
Bennett (1950)
Henry Rider Haggard foi un escritor de
aventuras ambientadas en lugares
exóticos. Allan Quatermain, cazador de
elefantes, emprende unha viaxe plagado
de dificultades en busca das portentosas
minas do rei Salomón. A adaptación ao
cine máis coñecida é a protagonizada por Stewart Granger, Deborah
Kerr
¡Aventuras en África…!
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
Libro: John Boyne (2007)
Película: Mark Herman (2008)
A obra de Boyne dirixida tanto aos
mozos como aos adultos, con máis de 5
millóns de exemplares vendidos en todo o
mundo, conta a historia de Bruno, un
neno de nove anos, se muda coa súa
familia a unha casa xunto a unha cerca.
Cercas como esa existen en moitos sitios
do mundo, só desexamos que non che atopes nunca cunha. A película de
Mark Herman é unha notable adaptación, unha película enternecedora e
brutal ao mesmo tempo
O holocausto a través dos ollos dun neno
OLIVER TWIST
Libro: Charles Dickens, (1838)
Película: Oliver (1968)
Historia publicada por entregas nun
xornal londinense. Un orfo miserable
descobre grazas ao achado dun amuleto
as súas orixes nunha familia rica. Unha
serie de tramas secundarias dan unha
panorámica dalgúns problemas sociais da
época, como o traballo infantil ou a
utilización de nenos para cometer delitos. A versión de Carol Reed,
ganadora de 5 Oscars, é un dos mellores musicais de sempre.
Espectaculares bailes exteriores e perfectas escenas interiores.
Marabillosa adaptación musical do clásico de Dickens
O RETRATO DE DORIAN GRAY
Libro: Oscar Wilde (1891)
Película: Albert Lewin (1945)
O retrato de Dorian Gray narra a
obsesión dun home atractivo e exitoso
por manterse sempre novo, despois de
que un amigo, o pintor Basil Hallward,
retratáselle soberbiamente nun lenzo. A
novela é unha das pedras angulares nos
debates entre a ética e a estética, o ben
e o mal, a arte e a vida. Un clásico da literatura que segue asombrando a
todo tipo de lectores. A versión cinematográfica máis aplaudida é a de
Albert Lewin.
Entre a ética e a estética, o ben e o mal, a arte e a vida
ENGURRAS
Cómic: Paco Roca (2007)
Película: Ignacio Ferreras (2011)
Engurras, novela gráfica, fálanos do
alzheimer, un tema escasamente tratado
en cómic. E faino de modo intimista e
sensible, con algúns apuntes de humor, que
serven de contrapunto a eses outros
momentos máis duros. Por ela o autor
obtivo o Premio Nacional do Cómic en
2008. A película de Ignacio Ferreras, contou coa colaboración de Paco
Roca na redacción do guión e deseño dos personaxes
Un cómic excepcional; unha película sobresaliente
AKIRA
Cómic: Katsuhiro Ôtomo /1982-1993)
Película: Katsuhiro Ôtomo (1988)
O cómic que introduciu o manga en
occidente. Todo un clásico do cómic
ciencia-ficción
Ano 2019, Neo-Tokyo, construída sobre
as ruínas da antiga capital xaponesa.
Xapón é un país ao bordo do colapso. Un
equipo de científicos renovou un
experimento para atopar a individuos que poidan controlar o arma
definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta".
Título de culto e referencia para calquera afeccionado ó cómic.
CAMINO A LA PERDICIÓN
Cómic: guión, Max Allan Collins;
dibujo, Richard Piers Rayner (1998)
Película: Sam Mendes (2002)
Michael O'Sullivan é un bo pai... pero
tamén un asasino a soldo que pronto
deberá tomar un camiño cheo de traizón
e vinganza. A novela gráfica colleitou
desde o primeiro momento boas críticas
entre autores destacados da novela
policíaca. A película reinventa o cine negro sen traizoar os códigos deste
glorioso xénero. Newman e Hanks bordan os seus papeis
Unha obra de arte pintada con sangue
PERSEPOLIS
Cómic: Marjane Satrapi (2000)
Película: Marjane Satrapi, Vincent
Paronnaud (2007)
Persépolis é a historia autobiográfica da
iraní Marjane Satrapi. Testemuña con 10
anos do cambio político que supuxo a
revolución islamista, pasa a súa
adolescencia en Europa, onde coñece
outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. Aínda que se adapta á
súa nova vida, regresa Irán, onde choca novamente cunha sociedade
tiránica e opresiva. Levada ao cine pola autora do cómic en colaboración
con Vincent Paronnaud.
Tráxica e emocionante, realista e máxica, cómica … e atroz
LA GATA SOBRE EL TEJADO DE
ZINC CALIENTE
Libro : Tennessee William (1954)
Película: Richard Brooks (1984)
Unha das obras mestras de Tennessee
Williams coa que obtivo o segundo
Premio Pulitzer de teatro. Crónica dunha
crise matrimonial, e mordaz retrato de
familia presidido polo patriarca, que
contempla a destrución da súa familia e
do seu fillo predilecto. A película de Richard Brooks, conta coa fabulosa
interpretación de Paul Newman e Elizabeth Taylor
A familia segundo Tenessee Williams
CYRANO DE BERGERAC
Libro: Edmond Rostand (1897)
Películ: Jean-Paul Rappeneau (1990)
Drama de capa e espada, pleno de
romanticismo, de Edmond Rostand, que
obtivo durante a súa estrea en 1897 un
éxito clamoroso. Inspirado na vida de
Cyrano de Bergerac, estrafalario
escritor e filósofo gascón do século
XVII, famoso polo seu desproporcionado
nariz. A obra deu lugar a catro óperas e a diversas películas, das que
destaca a dirixida por Rappeneau e protagonizada por Depardieu .
Para gozar unha e outra vez.. pardiez!
HAMLET
Libro: William Shakespeare (1602)
Película: (Hamlet, el honor de la
venganza) Franco Zeffirelli (1990)
A traxedia de Hamlet traza o retrato
dun lendario príncipe de Jutlandia que,
obrigado a esclarecer os motivos que
levaron á morte do seu pai, sucumbe
ante a fatalidade das circunstancias. A
súa tolemia, ou ambigüidade,
aproxímano á sensibilidade da nosa época. Desde 1907, en que Melié o
levoun por primeira vez á gran pantalla, as adaptacións sucedéronse.
Destacamos a de Zeffirrelli, coa sorprendente interpretación de Mel
Gibson
Obra cumbre da literatura e do teatro
LAS BICICLETAS SON PARA EL
VERANO
Libro: Fernando Fernán Gómez (1978)
Película: Jaime Chávarri (1984)
Fernando Fernán Gómez, actor, escritor,
guionista e director de cine e teatro, é o
autor desta obra teatral sobre a vida
cotiá dunha familia española durante a
Guerra Civil. A partir do guión de Fernán
Gómez, e apoiándose nun magnífico reparto, no que destaca a
interpretación de Agustín González, Chávarri consegue, sen mostrarnos a
guerra, transmitir como esta golpea o universo interior dunha familia.
Os anos en que España se quedou sen veráns e sen bicicletas
O CORAZÓN DO NEGROR
Libro: Joseph Conrad (1889)
Película: (APOCALYPSES NOW) Francis
Ford Coppola (1979)
A novela máis recoñecida de Joseph
Conrad conta a viaxe que o protagonista,
Marlow, fai polo Congo en busca de Kurtz,
un axente comercial que se volveu tolo, e
entrégase con pracer ás máis terribles
atrocidades. Levada ao cine por Coppola en Apocalypse Now, que traslada
a acción a Vietnam para crear unha sensacional película antibelicista.
Fabuloso reparto, destacando a brillante interpretación de Marlon
Brando
¡Que delicia ulir napalm pola mañá!
ASESINATO EN EL ORIENT
EXPRESS
Libro: Agatha Christie (1934)
Película: Sidney Laumet (1974)
Un asasinato prodúcese a bordo do
Orient Express en marcha e Hércules
Poirot, o detective belga creado por
Agatha Christie, deberá resolvelo.
Sidney Lumet lévou a novela ao cine
nunha adaptación extremadamente fiel.
Orixinal ambientación decadente e espléndido reparto (Albert Finney
Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Anthony Perkins, Richard Widmark, Sean
Connnery)
Pode un adicto ás novelas de misterio pedir máis que iso?"
BLADE RUNNER: SUEÑAN LOS
ANDROIDES CON OVEJAS
ELÉCTRICAS?
Libro: Philip K. Dick (1968)
Película: Ridley Scott (1982)
Historia futurista protagonizada por
Rick Deckard, un cazador mercenario
cuxa tarefa consiste en exterminar aos
Replicantes, robots creados polo home
para traballar comos escravos para el.
Philip K. Dick é considerado un dos grandes autores de ciencia ficción de
tódolos. Blade Runner foi levada ao cine en 1982 por Ridley Scott,
converténdose nunha película de culto
Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na choiva
COMETAS EN EL CIELO
Libro: Khaled Hosseini (2003)
Película: Marc Forster (2007)
Amir regresa a Afganistán, baixo o
dominio talibán, coa intención de rescatar
ao fillo do seu mellor amigo das garras do
réxime. Khaled Hosseini, escritor de
orixe afgano afincado en Estados Unidos,
é o autor desta conmovedora novela que
fala de de dous pais e dous fillos, da súa
amizade e de como a casualidade pode converterse en fito inesperado do
noso destino. Levada ao cine en 2007 por Marc Foster, que creou unha
película igualmente emotiva.
Visión occidental dun drama de Oriente Próximo
CRIADAS Y SEÑORAS
Libro: Kathryn Stockett (2009)
Película: Tate Taylor (2011)
Mississippi, anos 60. Skeeter, decide
entrevistar ás mulleres negras que se
pasaron a vida ao servizo das grandes
familias sufrindo todas as formas de
discriminación racial Kathryn Stockett
logrou situarse coa súa novela entre os
autores norteamericanos máis cotizados
do momento. A novela é levada ao cine por Tate Taylor, que consegue
unha película igualmente emotiva. Sublimes interpretacións de Viola
Davis e Octavia Spencer.
Conmovedora homenaxe ás mulleres subyugadas.
DOCTOR ZHIVAGO
Libro: Boris Pasternak, (1957)
Película: David Lean (1965)
Doutor Zhivago narra a vida dun
intelectual romántico, testemuña dunha
das épocas máis tráxicas da historia
rusa: o tumultuoso período de 1912-
1923. Con esta personaxe
achegarémonos a Revolución Rusa, a
Guerra Civil e ao nacemento da Unión
Soviética. Ademais, Doutor Zhivago é a historia dun grande e
desesperado amor. A adaptación de David Lean, rodada en España, e
protagonizada Omar Shariff, foi unha das películas máis taquilleras da
historia do cine
Doutor Zhivago, un gran soñador nun mundo violento
DRÁCULA
Libro: Bram Stoker (1897)
Película: Francis Ford Coppola (1992)
A novela, publicada en 1897 polo irlandés
Bram Stoker, instaurou a figura do
aristócrata transilvano como arquetipo do
mal e modelo de sedución perversa. Escrita
en forma de diarios e cartas, abriu un novo
camiño na novela de terror e foi fonte
inagotable de adaptacións
cinematográficas. A de Coppola, protagonizada por Gary Oldman e Keanu
Reeves, é unha das mais fieis á novela
Amor e terror, dúas sensacións que adoitan ir unidas nos espíritos
torturados
EL BESO DE LA MUJER ARAÑA
Libro: Manuel Puig (1976)
Película: Hécto Babenco (1985)
Un homosexual e un activista político
comparten cela nunha prisión. Para facer
menos longos os días de encerro, Molina
conta a Valentín as tramas das películas
que viu: todas elas plenas de mulleres
misteriosas que entregan o seu corazón
ao home equivocado. Un dos textos
imprescindibles da literatura latinoamericana contemporánea. Levada ao
cine polo cineasta chileno Héctor Babenco en 1985
Excelente interpretación de Hurt nunha correcta adaptación da novela
EL PIANISTA DEL GUETO DE
VARSOVIA
Libro: Wladyslaw Szpilman (2000)
Pelícua: (O pianistta) Roman Polanski
(2002)
Wladyslaw Szpilman, músico e
compositor polaco que sobreviviu ao
Holocausto xudeu durante a Segunda
Guerra Mundial, fálanos no seu libro das
deportaciones, dos campos de
exterminio, da destrución do Gueto de Varsovia e do Alzamiento de
capital durante a Segunda Guerra Mundial. A versión de Polanski obtivo
tres oscars e foi Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes.
Obra conmovedora que reconstrúe con hermosura o espanto
Libro: Patrick Süskind (1985)
Película: (O perfume : historia dun
asasino) Tom Tykwer (2006)
A primeira obra do autor alemán Patrick
Suskind, convertida rapidamente en
best-seller. Novela contemporánea, que
esconde tras de si a historia dun mozo
que vive mergullado na miseria do seu
propio ser pola súa incapacidade de amar
e o profundo rexeitamento social e
familiar que o acompañou ao longo da súa vida. Levada ao cine por Tom
Tykwer nunha adaptación fiel que obtivo dous premios do Cine europeo en
2007
A esencia dun criminal
EL GATOPARDO
Libro: Giuseppe Tomasi dei Lampedusa
(1959)
Películo: Luccino Visconti (1963)
En maio de 1860, após o desembarco de
Garibaldi en Sicilia, Don Fabrizio asiste
con distancia e melancolía ao final dunha
época e da clase social á que pertence: a
aristocracia. A película rodada por Visconti
en 1963 e protagonizada por Burt
Lancaster, Claudia Cardinale e Alain Delon,
foi galardoada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes.
.
Un clásico da literatura italiana e unha das películas máis v de Visconti
EL HALCÓN MALTÉS
Libro: Dashiell Hammett (1930)
Película: Jonh Huston (1941)
Puicada en 1930, é a novela máis famosa
de Dashiell Hammett, autor fundamental
do xénero negro. Tras fracasar por dúas
veces consecutivas no seu intento de
levar a novela ao cine, a productora
Warner, acepta a proposta dun mozo
guionista que pretende dirixir a súa
primeira película: Jonh Huston, que con esta película comeza a súa gran
carreira de director. Contará coa participación de Humphrey Bogart no
papel de Sam Spade.
Un relato criminal de violencia, ambición e engano
EL VIEJO Y EL MAR
Libro: Ernest Hemingway (1952)
Película: John Sturges (1958)
O Nobel de literatura, figura clave
dentro da novela contemporánea, é o
autor deste conto co que gañaría o
Premio Pulitzer. Un vello mariñeiro, no
crepúsculo da súa vida, emprende unha
última e arriscada travesía. Cando á fin
logra dar cunha gran peza, terá que
loitar contra ela denodadamente. A película, protagonizada por Spencer
Tracy, é unha adaptación respectuosa e loable do libro.
Unha historia emotiva sobre a soidade, a vellez, a superación persoal, a
dignidade…
JANE EYRE
Libro: Charlotte Brontë (1874)
Película: Cary Fukunaga (2011)
Jane Eyre é un grande clásico da
literatura inglesa; unha novela romántica
sobre unha orfa que enfronta o seu
destino grazas á súa intelixencia e
integridade inquebrantables. E ademais
unha crítica punzante da sociedade
victoriana e un himno á valentía e ao
romance. Levada ao cine en múltiples ocasións, a adaptación máis
recente, de Cary Fukunaga, é unha obra respetuosa co texto, e á vez
unha obra creativa e orixinal.
Unha das novelas máis populares e exitosas de todos os tempos
EL TAMBOR DE HOJALATA
Libro: Günter Grass (1959)
Película: Volker Schlöndorff (1979)
Un dos títulos máis destacados da
historia da literatura. Unha obra mestra
pola crítica mordaz, a ironía despiadada e
o espectacular sentido do humor con que
Günter Grass constrúe a narración.
Óscar, o pequeno que non quería crecer,
é un dos símbolos literarios máis
entrañables do noso tempo. A película recibiu o Óscar á Mellor película de
fala non inglesa e foi Palma de Ouro en Cannes
Boa adaptación dunha das mellares novela alemás do século XX
EL TERCER HOME
Libro: Graham Greene (1950)
Película: Carol Reed (1949)
Poucos autores foron levados tantas
veces ao cine como Greene. A novela
naceu como guión cinematográfico para o
filme de Carol Reed. Tralo éxito da
película, esplendidamente interpretada
por Orson Welles e Joseph Cotten,
Greene adaptou o guión para darlle un
carácter máis literario. O resultado é o libro que coñecemos actualmente.
Unha historia de espionaxe ambientada en Viena en plena Guerra Fría.
Fantásticos libro e película para os amantes do suspense e a intriga
MADAME BOVARY
Libro: Gustave Flaubert (1956)
Película: Vincente Minnelli (1949)
A obra máis coñecida de Gustave
Flaubert, narra a escura traxedia de
Emma Bovary, muller infelizmente
casada, e cuxos soños chocan cruelmente
coa realidade. E é tamén unha crítica á
sociedade burguesa do século XIX. . O
filme de Vincente Minnelli, fiel á novela,
introduce un prólogo e un epílogo no que o propio escritor, interpretado
por James Mason, se converte no narrador da historia.
Drama, romance… e crítica social
MOBY DICK
Libro: Herman Melville (1851)
Película: John Huston (1956)
Óbra principal de Herman Melville, un
dos autores máis influentes do século
XIX. Ahab, o capitán do Pequod, un
barco baleeiro, vive obsesionado por dar
caza a Moby Dick, a grande balea
branca que lle arrincou unha perna e o
encheu de odio e sede de vinganza. A
novela foi varias veces levada ao cine, sendo a versión de John Huston a
que conta coa mellor personificación do Capitán Ahab na interpretación
de Gregory Peck.
Se o demo elixise converterse en peixe, faríao nunha balea
LA NARANJA MECÁNICA
Libro: Anthony Burgess, (1962 )
Película: Stanley Kubrick (1971)
Novela distópica británica, sucesora de
traballos como 1984 de George Orwell ou
Un mundo feliz de Aldous Huxley. Conta a
historia do nadsat-adolescente Alex e os
seus tres drugos-amigos nun mundo de
crueldade e destrución. A película de
Kubrick causou un grande impacto desde a súa estrea pola súa violencia,
ata o punto de que o director forzou á Warner a que retirase a súa
distribución de Gran Bretaña.
Encarnizada sátira dunha sociedade futura consumida pola violencia e o
salvajismo
LORD JIM
Libro:Joseph Conrad (1900)
Película: Richard Brooks (1965)
Jim é un mozo idealista que descobre o
mar a bordo do Patna, un vello vapor que
transporta a oitocentos peregrinos cara
á Meca. Unha noite, o barco afúndese e a
tripulación abandónao sen auxiliar aos
peregrinos. Jim asume a vergoña de non
facer nada por estes e inicia unha verdadeira odisea na selva. Cun reparto
grandioso, Richard Brooks consegue unha gran película de aventuras
situadas nunha ambiente colonial do Sudeste asíastico
A fina liña que separa a cobardía da heroicidade
MATAR A UN RUISEÑOR
Libro: Harper Lee (1960)
Película: Robert Mulligan (1962)
Harper Lee obtivo en 1961 o Pulitzer
pola súa única novela, Matar a un
ruiseñor. Un alegato contra o racismo no
profundo sur estadounidense
protagonizado por Atticus Finch e os
seus fillos Jem e Scoutt, a narradora. A
marabillosa película de Robert Mulligan
está protagonizada por Gregory Peck cunha interpretación (pola que
levou o Óscar) que queda pegada á retina e ao corazón.
Atticus Finch, o heroe silencioso
ORGULLO Y PREJUICIO
Libro: Jane Austen (1813)
Película: Joe Wright (2005)
Unha das novelas mais coñecidas de Jane
Austen e da literatura inglesa en xeral.
Publicada por primeira vez en 1813.. Coa
chegada do señor Darcy á súa rexión, as
vidas da familia Bennet altérase
profundamente. Retrato dunha
sociedade contraditoria e absurda na
Inglaterra Victoriana. Na película de Joe Wright, destacan as
interpretacións de Keira Knightley e Matthew Macfadyen
Digna adaptación da novela romántica máis coñecida de Jane Austen
LAS UVAS DE LA IRA
Libro: John Steinbeck (1939)
Película: John Ford (1940)
Steinbeck recibe o Premio Pulitzer en
1940 por esta novela, na que describe o
proceso polo cal os pequenos productores
agrícolas son expulsados das súas terras
e obrigados a emigrar como xornaleiros a
California. Obra polémica e transgresora
que fala da xustiza e a dignidade humana nunha Norteamérica azoutada
pola crise. A película, protagonizada por Henry Fonda, é unha das
incontables obras mestras de John Ford,
Estados Unidos, anos trinta: retrato da gran crise
MILLENIUM
Serie: Stiege Larsson (2005-2007)
Película: Daniel Alfredson, Niels Arden
Oplev, (2009)
A serie de novelas escritas por Stieg
Larsson, superventas a nivel mundial, é un
fascinante fresco do crime e do castigo, de
perversións sexuais e trampas financeiras;
un entramado violento e ameazante no que,
no entanto, crecerá unha historia de amor.
Ata agora tres dos volumes da serie foron levados ao cine, con gran
aceptación por parte do público.
Lisbeth Salander, a heroína de ollos fríos
LOS SANTOS INOCENTES
Autor: Miguel Delibes (1982)
Película: Mario Camus (1984)
Retrato da Castela rural. Un dos libros
máis lidos de Miguel Delibes, con
excelente acollida entre todo tipo de
públicos. Conta unha historia de
inxustizas, desigualdades sociais e
opresión no escenario da España rural de
época franquista. Levada ao cine por Mario Camus, nunha das mellores
películas españolas de todos os tempos. Rabal e Landa bordan os seus
papeis
Unha das mellores novelas e películas españolas de todos os tempos
O LÁPIS DO CARPINTEIRO
Libro : Manuel Rivas (1998)
Película : Antón Reixa
A obra do autor galego, Premio Nacional
de Narrativa en 1996, narra a relación
entre dous homes que se sitúan a ambos
lados do muro dunha prisión galega en
1936: un médico republicano, apreciado
por todos os presos, e o carcereiro
Herval, corroído pola envexa e o rancor.
Na película dirixida por Antón Reixa e Xosé Morais destaca a
interpretación de Luís Tosar.
Historia de amor, de odio e represión
LA COLMENA
Libro: Camilo José Cela (1951)
Película: Mario Camus (1982)
No Madrid da posguerra, un bulicioso
enxame humano afánase en conseguir
comer quente, espantar o frío, saciar o
desexo sexual, librarse da tuberculose,
matar o tempo..., ir tirando. Unha
testemuña fiel da vida cotiá nas rúas,
cafés e alcobas do Madrid de 1943, pero
tamén unha amarga crónica existencial. Levada ao cine por Mario Camus
nunha película na que o propio Cela participou como guionista e actor.
Espléndida adaptación da novela máis coñecida do premio Nobel
LOS GIRASOLES CIEGOS
Libro: Alberto Méndez (2004)
Película: Jose Luís Corda (2008)
Los girasoles ciegos é unha colección de
tres contos cos que o autor, Premio
Nacional de Literatura, conseguiu o
Premio da Crítica en 2004. Catro
historias da postguerra, dos tempos do
silencio e da derrota, sutilmente
engarzadas entre si. Unha parte do
devandito libro foi adaptado ao cine por José Luís Cuerda nun filme
correcto, aínda que sensiblemente menos sutil que o seu orixinal literario
Un canto á dignidade

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Personajes de medo
Personajes de medoPersonajes de medo
Personajes de medoceip Seara
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14Mariquiña Terremoto
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASaesperela
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdadeceeabarcia
 

Was ist angesagt? (6)

Personajes de medo
Personajes de medoPersonajes de medo
Personajes de medo
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
Reckless
RecklessReckless
Reckless
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdade
 

Andere mochten auch

Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance orale
Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance oraleProjet Megas - Livrable 3 - Soutenance orale
Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance oralechauchse
 

Andere mochten auch (20)

Guía de lectura do CCI 2013
Guía de lectura do CCI 2013Guía de lectura do CCI 2013
Guía de lectura do CCI 2013
 
Plantilla receitas
Plantilla receitasPlantilla receitas
Plantilla receitas
 
Suma Ágora: english version
Suma Ágora: english versionSuma Ágora: english version
Suma Ágora: english version
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
Anime Experimental
Anime ExperimentalAnime Experimental
Anime Experimental
 
Libros prohibidos ao longo da historia
Libros prohibidos ao longo da historiaLibros prohibidos ao longo da historia
Libros prohibidos ao longo da historia
 
Xogo CCI III
Xogo CCI IIIXogo CCI III
Xogo CCI III
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Guía de autores galegos
Guía de autores galegosGuía de autores galegos
Guía de autores galegos
 
Biblioteca Verde: propostas sustentables para un mundo mellor
Biblioteca Verde: propostas sustentables para un mundo mellorBiblioteca Verde: propostas sustentables para un mundo mellor
Biblioteca Verde: propostas sustentables para un mundo mellor
 
"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
"84 Charing Cross Road", de Helene Hanff
 
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A LecturaProgramación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden #LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
#LeConOrgullo 2014: as municipais entenden
 
Catalogo propostas Nadal LowCost
Catalogo propostas Nadal LowCostCatalogo propostas Nadal LowCost
Catalogo propostas Nadal LowCost
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
 
Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance orale
Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance oraleProjet Megas - Livrable 3 - Soutenance orale
Projet Megas - Livrable 3 - Soutenance orale
 
Xogo CCI I
Xogo CCI IXogo CCI I
Xogo CCI I
 

Ähnlich wie Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinemafilmotecaforum
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16maria
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16maria
 
Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945filmotecaforum
 
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruña
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruñaMostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruña
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruñaBibliotecadicoruna
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupinofilmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50filmotecaforum
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13ana alvarez
 
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en EuropaPrimeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europafilmotecaforum
 
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Marlou
 

Ähnlich wie Guía de lectura "Os mellores... libros de cine" (20)

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinema
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
A VIDA DE PI
A VIDA DE PIA VIDA DE PI
A VIDA DE PI
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16
 
Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945Alfred Hitchcock, 1930-1945
Alfred Hitchcock, 1930-1945
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruña
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruñaMostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruña
Mostra banda deseñada viñetas 2017_ BibliotecaDiputacionCoruña
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Nadal
NadalNadal
Nadal
 
Once contos medievais
Once contos medievaisOnce contos medievais
Once contos medievais
 
Ánxel Fole
Ánxel FoleÁnxel Fole
Ánxel Fole
 
O cine_touro
O cine_touroO cine_touro
O cine_touro
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13
 
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en EuropaPrimeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
 
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
 

Mehr von Bibliotecas Municipais de A Coruña

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 

Mehr von Bibliotecas Municipais de A Coruña (20)

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Negra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave femininaNegra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave feminina
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o RenacementoPolimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Presentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxíaPresentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxía
 

Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

  • 1. LAS CRÓNICAS DE NARNIA Libro: C. S. Lewis (1950) Película: Andrew Adamson (2005…) Saga composta por sete libros que narra as aventuras dos irmáns Pevensie en Narnia, terra de fantasía e maxia poboada por animais parlantes e outras criaturas mitolóxicas que se ven envolvidas na eterna loita entre o ben e o mal. Ata agora foron levados ao cine tres dos sete volumes da saga: O león, a bruxa e o armario , O príncipe Caspian e A travesía do viaxeiro do alba. Unha historia de fantasía chea de fidelidade, traizón e heroísmo. ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS Libro: Lewis Carrol (1865) O relato que Lewis Carrol, escribira para a nena Alicia Liddell, é un entramado de situacións inverosímiles e absurdas, xogos de linguaxe e asociacións oníricas. As versións que da obra orixinal se levaron a cabo tanto en papel como en cine son numerosas. Unha das últimas, a película de Tim Burton, unha delicia para os fans do director Un clásico da literatura xuvenil, e unha adaptación locamente marabillosa DIARIO DE GREG Libro: Jeff Kinney (2006) Película: Thor Freudenthal (2010) Greg é o mediano dunha familia de tres irmáns, vai ao instituto e a súa maior aspiración é pasar desapercibido fronte a profesores e pais e ser o gracioso da clase. Un retrato cómico da vida e costumes dos adolescentes, a través dunha serie da que ata agora nos chegaron oito volumes, tres deles levados ao cine con gran éxito entre o público xuvenil. Unha serie xuvenil áxil, brillante e divertida : http://diariodegreg.com/ BILLY ELLIOT Película: Stephen Daldry (2000) Libro: Melvin Burgess (2002) A cinta narra a cruzada que ten que librar un adolescente, Billy Elliot, para dar renda solta á súa paixón polo baile. Estupendas escenas de baile e grandiosa interpretación de Jaime Belle. Melvin Burgess, escritor inglés de ficción para mozos, logra na súa adaptación da película captar a calidez e a paixón que Stephen Daldry conseguira transmitir. Obra emotiva, divertida e sensible sobre o triunfo da perseveranza
  • 2. EL MARAVILLOSO MAGO DE OZ Libro: Frank Baum (1900) Película: Victor Fleming (1939) O conto infantil escrito por Baum converteuse nun clásico da literatura. Unha historia fantástica onde se narra como Doroty é arrastrada por un tornado cara a unha fantástica terra habitada por seres extraordinarios. Levada á gran pantalla en numerosas ocasións, a versión de Victor Fleming protagonizada por Judy Garland, colocouse entre as mellores películas de xénero musical da historia do cine. Porque é bonito soñar... PIPPI CALZASLARGAS Libro: Astrid Lindgren (1945) Serie TV: Olle Hellbom (1969 Pippi é a encarnación da independencia e a rebeldía da infancia; os seus actos están motivados polo absurdo, a espontaneidade ou o desexo de provocación. Vive soa nunha enorme casa cun cabalo e un mono. Un clásico da literatura infantil escandinava que se fixo universal grazas á televisión, nunha serie interpretada por Inger Nilsson no papel de Pippi, e na que a autora do libro adaptou os guións Pippi, a heroína infantil de Vila Kunterbunt. EL PEQUEÑO NICOLÁS Libro: René Goscinny (1960) Película: Laurent Tirard (2009) Serie de libros infantís escritos polo historietista francés René Goscinny, creador de Astérix. Os libros, narrados en primeira persoa por Nicolás, un mozo de 7 anos, reflicten, con humor, o contraste dos mundos dos nenos e dos adultos, e van acompañados dos debuxos a plumilla de Sempé. A película de Laurent Tirard, adaptación desta serie, tenra e divertida, é perfecta para ver en familia. Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir. Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir http://www.petitnicolas.com/ LA INVENCIÓN DE HUGO CABRET Libro : Brian Selznick (2007) Película : (La invención de Hugo) Martin Scorsese (2011) O libro combina de forma orixinal e marabillosa texto e debuxo, con referencias literarias a obras de séculos pasados. París, anos 30. Hugo é un orfo que vive entre os muros dunha estación de trens parisina. Ninguén sabe da súa existencia ata que lle descobre unha excéntrica pícara xunto á que vivirá unha incrible aventura. Scorsese creou na súa adaptación ó cine unha película eterna, simultáneamente clásica e moderna. Tributo ao cine e aos libros
  • 3. CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE Libro: Roald Dahl (1964) Película: Tim Burton (2005) Willy Wonka celebra un concurso para visitar a súa fábrica de chocolate. Cinco pícaros, entre eles Charlie, serán elixidos. Alí vivirán unha fantástica aventura nun lugar máxico e marabilloso. Combinando humor, ironía e imaxinación Roald Dahl fai unha crítica dos defectos dos nenos da nosa sociedade. A adaptación de Tim Burton, é divertida, chea de enxeño e alucinantes escenas Deliciosamente malvado HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL Libro: J. K. Rowling Película: Chris Columbus Serie da autora británica J.K. Rowling na que se describen as aventuras do novo aprendiz de mago Harry Potter e os seus amigos, na súa constante loita contra o malvado Lord Voldemort. Éxito de vendas a nivel internacional. As aventuras de Harry Potter foron levadas ao cine por diferentes directores, interpretadas por Daniel Radcliffe. En case todas elas os guións de Steve Klove deron como resultado unhas historias armónicas e fluídas …Comeza a maxia! CORAZON DE TINTA Libro: Cornelia Funke (2003) Película: (2008) Corazón de tinta é a primeira novela da saga Mundo de tinta, unha obra de fantasía moi actual. Meggie, acompañada dun grupo de amigos reais e de ficción, intenta salvar ao seu pai -posuidor do don de facer reais os personaxes dos contos- das gadoupas dos malvados. A película, áxil e ben interpretada, trasládanos dun xeito correcto ao universo creado pola escritora Mundo de tinta: O fantástico poder dos libros LAS AVENTURAS DE TINTÍN Cómic: Hergé (1930-1976) Película: (El secreto del unicornio) Steven Spielberg (2011) O reporteiro Tintín é o protagonista desta serie de aventuras que nos fará viaxar polos cinco continentes en compañía duns famosísimos personaxes secundarios (Capitán Hadock, profesor Tornasol, Hernández e Fernández). Foi levada ao cine en numerosas ocasións, sendo a película de Spielberg a que mellor soubo trasladar o cómic á grande pantalla, nunha das máis espectaculares películas deste gran director Adaptación visualmente deslumbrante do gran cómic de aventuras
  • 4. MUJERCITAS Libro: Louisa May Alcott (1868) Película: Mervy LeRoy (1949) A autora fai un relato en certo xeito autobiográfico da súa propia vida familiar. Co trasfondo da Guerra de Secesión a novela narra a historia da señora March e as súas fillas, A película de Mervy LeRoy, pese a ser unha versión bastante edulcorada, goza de moito encanto polos seus toques de humor e o seu gran reparto, no que se inclúen varias das mellores actrices da Metro da época Entrañable Las aventuras de Sherlock Holmes Autor: Arthur Conan Doyle (1887) Película (Sherlock Holmes) Guy Ritchie (2011) O detective creado polo escritor Arthur Conan Doyle é un dos personaxes de ficción máis famosos da historia da literatura e o protagonista de gran número de películas, obras de teatro e cómics. A película de Guy Ritchie, á súa vez adaptación do cómic de Lionel Wigram, converte a Sherlock Holmes (Robert Downey Jr.) e ao Doutor John Watson (Jude Law) en detectives con habilidades para o boxeo e esgríma respectivamente Da literatura ao cómic, do cómic á gran pantalla EL SEÑOR DE LOS ANILLOS Libro: J. R.R.Tolkien (1954) Película: Peter Jackson (2001-2003) Obra cume de Tolkien, ambientada nun mundo fantástico chamado a Terra Media. Narra as aventuras dun grupo de seres: (elfos, hobbits, ananos, humanos) que forman a Comunidade do Anel no seu intento por destruír o Anel Único, forxado por Sauron. A adaptación ao cine de Peter Jackson é un gran espectáculo visual que cosechó un gran éxito internacional e obtivo o récord de Premios Oscar Sobresaliente triloxía, referente na literatura e cine fantásticos EL EXTRAÑO CASO DEL DOCTOR JEKYLL Y EL SEÑOR HYDE Libro: Robert Louis Stevenson (1886) Película: John S. Robertson (1920 ) Stevenson, un dos grandes escritores do XIX, propón unha alegoría moral en forma de misterio: os dous extremos, o ben e o mal, están convivindo nunha soa persoa, o médico Henry Jekyll, que inventa unha poción química capaz de transformalo nun temible monstro: Míster Hyde. A película de cine mudo dirixida por John S. Robertson en 1920 e interpretada por John Barrymnore, é unha das primeiras e máis brillanes adaptacións da novela. Jeckyll e Hyde : A eterna loita do ben e do mal
  • 5. LAS MINAS DEL REY SALOMÓN Libro: Henry Rider Haggard (1885) Película: Andrew Marton, Compton Bennett (1950) Henry Rider Haggard foi un escritor de aventuras ambientadas en lugares exóticos. Allan Quatermain, cazador de elefantes, emprende unha viaxe plagado de dificultades en busca das portentosas minas do rei Salomón. A adaptación ao cine máis coñecida é a protagonizada por Stewart Granger, Deborah Kerr ¡Aventuras en África…! EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS Libro: John Boyne (2007) Película: Mark Herman (2008) A obra de Boyne dirixida tanto aos mozos como aos adultos, con máis de 5 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, conta a historia de Bruno, un neno de nove anos, se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non che atopes nunca cunha. A película de Mark Herman é unha notable adaptación, unha película enternecedora e brutal ao mesmo tempo O holocausto a través dos ollos dun neno OLIVER TWIST Libro: Charles Dickens, (1838) Película: Oliver (1968) Historia publicada por entregas nun xornal londinense. Un orfo miserable descobre grazas ao achado dun amuleto as súas orixes nunha familia rica. Unha serie de tramas secundarias dan unha panorámica dalgúns problemas sociais da época, como o traballo infantil ou a utilización de nenos para cometer delitos. A versión de Carol Reed, ganadora de 5 Oscars, é un dos mellores musicais de sempre. Espectaculares bailes exteriores e perfectas escenas interiores. Marabillosa adaptación musical do clásico de Dickens O RETRATO DE DORIAN GRAY Libro: Oscar Wilde (1891) Película: Albert Lewin (1945) O retrato de Dorian Gray narra a obsesión dun home atractivo e exitoso por manterse sempre novo, despois de que un amigo, o pintor Basil Hallward, retratáselle soberbiamente nun lenzo. A novela é unha das pedras angulares nos debates entre a ética e a estética, o ben e o mal, a arte e a vida. Un clásico da literatura que segue asombrando a todo tipo de lectores. A versión cinematográfica máis aplaudida é a de Albert Lewin. Entre a ética e a estética, o ben e o mal, a arte e a vida
  • 6. ENGURRAS Cómic: Paco Roca (2007) Película: Ignacio Ferreras (2011) Engurras, novela gráfica, fálanos do alzheimer, un tema escasamente tratado en cómic. E faino de modo intimista e sensible, con algúns apuntes de humor, que serven de contrapunto a eses outros momentos máis duros. Por ela o autor obtivo o Premio Nacional do Cómic en 2008. A película de Ignacio Ferreras, contou coa colaboración de Paco Roca na redacción do guión e deseño dos personaxes Un cómic excepcional; unha película sobresaliente AKIRA Cómic: Katsuhiro Ôtomo /1982-1993) Película: Katsuhiro Ôtomo (1988) O cómic que introduciu o manga en occidente. Todo un clásico do cómic ciencia-ficción Ano 2019, Neo-Tokyo, construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa. Xapón é un país ao bordo do colapso. Un equipo de científicos renovou un experimento para atopar a individuos que poidan controlar o arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Título de culto e referencia para calquera afeccionado ó cómic. CAMINO A LA PERDICIÓN Cómic: guión, Max Allan Collins; dibujo, Richard Piers Rayner (1998) Película: Sam Mendes (2002) Michael O'Sullivan é un bo pai... pero tamén un asasino a soldo que pronto deberá tomar un camiño cheo de traizón e vinganza. A novela gráfica colleitou desde o primeiro momento boas críticas entre autores destacados da novela policíaca. A película reinventa o cine negro sen traizoar os códigos deste glorioso xénero. Newman e Hanks bordan os seus papeis Unha obra de arte pintada con sangue PERSEPOLIS Cómic: Marjane Satrapi (2000) Película: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud (2007) Persépolis é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi. Testemuña con 10 anos do cambio político que supuxo a revolución islamista, pasa a súa adolescencia en Europa, onde coñece outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. Aínda que se adapta á súa nova vida, regresa Irán, onde choca novamente cunha sociedade tiránica e opresiva. Levada ao cine pola autora do cómic en colaboración con Vincent Paronnaud. Tráxica e emocionante, realista e máxica, cómica … e atroz
  • 7. LA GATA SOBRE EL TEJADO DE ZINC CALIENTE Libro : Tennessee William (1954) Película: Richard Brooks (1984) Unha das obras mestras de Tennessee Williams coa que obtivo o segundo Premio Pulitzer de teatro. Crónica dunha crise matrimonial, e mordaz retrato de familia presidido polo patriarca, que contempla a destrución da súa familia e do seu fillo predilecto. A película de Richard Brooks, conta coa fabulosa interpretación de Paul Newman e Elizabeth Taylor A familia segundo Tenessee Williams CYRANO DE BERGERAC Libro: Edmond Rostand (1897) Películ: Jean-Paul Rappeneau (1990) Drama de capa e espada, pleno de romanticismo, de Edmond Rostand, que obtivo durante a súa estrea en 1897 un éxito clamoroso. Inspirado na vida de Cyrano de Bergerac, estrafalario escritor e filósofo gascón do século XVII, famoso polo seu desproporcionado nariz. A obra deu lugar a catro óperas e a diversas películas, das que destaca a dirixida por Rappeneau e protagonizada por Depardieu . Para gozar unha e outra vez.. pardiez! HAMLET Libro: William Shakespeare (1602) Película: (Hamlet, el honor de la venganza) Franco Zeffirelli (1990) A traxedia de Hamlet traza o retrato dun lendario príncipe de Jutlandia que, obrigado a esclarecer os motivos que levaron á morte do seu pai, sucumbe ante a fatalidade das circunstancias. A súa tolemia, ou ambigüidade, aproxímano á sensibilidade da nosa época. Desde 1907, en que Melié o levoun por primeira vez á gran pantalla, as adaptacións sucedéronse. Destacamos a de Zeffirrelli, coa sorprendente interpretación de Mel Gibson Obra cumbre da literatura e do teatro LAS BICICLETAS SON PARA EL VERANO Libro: Fernando Fernán Gómez (1978) Película: Jaime Chávarri (1984) Fernando Fernán Gómez, actor, escritor, guionista e director de cine e teatro, é o autor desta obra teatral sobre a vida cotiá dunha familia española durante a Guerra Civil. A partir do guión de Fernán Gómez, e apoiándose nun magnífico reparto, no que destaca a interpretación de Agustín González, Chávarri consegue, sen mostrarnos a guerra, transmitir como esta golpea o universo interior dunha familia. Os anos en que España se quedou sen veráns e sen bicicletas
  • 8. O CORAZÓN DO NEGROR Libro: Joseph Conrad (1889) Película: (APOCALYPSES NOW) Francis Ford Coppola (1979) A novela máis recoñecida de Joseph Conrad conta a viaxe que o protagonista, Marlow, fai polo Congo en busca de Kurtz, un axente comercial que se volveu tolo, e entrégase con pracer ás máis terribles atrocidades. Levada ao cine por Coppola en Apocalypse Now, que traslada a acción a Vietnam para crear unha sensacional película antibelicista. Fabuloso reparto, destacando a brillante interpretación de Marlon Brando ¡Que delicia ulir napalm pola mañá! ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS Libro: Agatha Christie (1934) Película: Sidney Laumet (1974) Un asasinato prodúcese a bordo do Orient Express en marcha e Hércules Poirot, o detective belga creado por Agatha Christie, deberá resolvelo. Sidney Lumet lévou a novela ao cine nunha adaptación extremadamente fiel. Orixinal ambientación decadente e espléndido reparto (Albert Finney Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Anthony Perkins, Richard Widmark, Sean Connnery) Pode un adicto ás novelas de misterio pedir máis que iso?" BLADE RUNNER: SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS? Libro: Philip K. Dick (1968) Película: Ridley Scott (1982) Historia futurista protagonizada por Rick Deckard, un cazador mercenario cuxa tarefa consiste en exterminar aos Replicantes, robots creados polo home para traballar comos escravos para el. Philip K. Dick é considerado un dos grandes autores de ciencia ficción de tódolos. Blade Runner foi levada ao cine en 1982 por Ridley Scott, converténdose nunha película de culto Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na choiva COMETAS EN EL CIELO Libro: Khaled Hosseini (2003) Película: Marc Forster (2007) Amir regresa a Afganistán, baixo o dominio talibán, coa intención de rescatar ao fillo do seu mellor amigo das garras do réxime. Khaled Hosseini, escritor de orixe afgano afincado en Estados Unidos, é o autor desta conmovedora novela que fala de de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de como a casualidade pode converterse en fito inesperado do noso destino. Levada ao cine en 2007 por Marc Foster, que creou unha película igualmente emotiva. Visión occidental dun drama de Oriente Próximo
  • 9. CRIADAS Y SEÑORAS Libro: Kathryn Stockett (2009) Película: Tate Taylor (2011) Mississippi, anos 60. Skeeter, decide entrevistar ás mulleres negras que se pasaron a vida ao servizo das grandes familias sufrindo todas as formas de discriminación racial Kathryn Stockett logrou situarse coa súa novela entre os autores norteamericanos máis cotizados do momento. A novela é levada ao cine por Tate Taylor, que consegue unha película igualmente emotiva. Sublimes interpretacións de Viola Davis e Octavia Spencer. Conmovedora homenaxe ás mulleres subyugadas. DOCTOR ZHIVAGO Libro: Boris Pasternak, (1957) Película: David Lean (1965) Doutor Zhivago narra a vida dun intelectual romántico, testemuña dunha das épocas máis tráxicas da historia rusa: o tumultuoso período de 1912- 1923. Con esta personaxe achegarémonos a Revolución Rusa, a Guerra Civil e ao nacemento da Unión Soviética. Ademais, Doutor Zhivago é a historia dun grande e desesperado amor. A adaptación de David Lean, rodada en España, e protagonizada Omar Shariff, foi unha das películas máis taquilleras da historia do cine Doutor Zhivago, un gran soñador nun mundo violento DRÁCULA Libro: Bram Stoker (1897) Película: Francis Ford Coppola (1992) A novela, publicada en 1897 polo irlandés Bram Stoker, instaurou a figura do aristócrata transilvano como arquetipo do mal e modelo de sedución perversa. Escrita en forma de diarios e cartas, abriu un novo camiño na novela de terror e foi fonte inagotable de adaptacións cinematográficas. A de Coppola, protagonizada por Gary Oldman e Keanu Reeves, é unha das mais fieis á novela Amor e terror, dúas sensacións que adoitan ir unidas nos espíritos torturados EL BESO DE LA MUJER ARAÑA Libro: Manuel Puig (1976) Película: Hécto Babenco (1985) Un homosexual e un activista político comparten cela nunha prisión. Para facer menos longos os días de encerro, Molina conta a Valentín as tramas das películas que viu: todas elas plenas de mulleres misteriosas que entregan o seu corazón ao home equivocado. Un dos textos imprescindibles da literatura latinoamericana contemporánea. Levada ao cine polo cineasta chileno Héctor Babenco en 1985 Excelente interpretación de Hurt nunha correcta adaptación da novela
  • 10. EL PIANISTA DEL GUETO DE VARSOVIA Libro: Wladyslaw Szpilman (2000) Pelícua: (O pianistta) Roman Polanski (2002) Wladyslaw Szpilman, músico e compositor polaco que sobreviviu ao Holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial, fálanos no seu libro das deportaciones, dos campos de exterminio, da destrución do Gueto de Varsovia e do Alzamiento de capital durante a Segunda Guerra Mundial. A versión de Polanski obtivo tres oscars e foi Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes. Obra conmovedora que reconstrúe con hermosura o espanto Libro: Patrick Süskind (1985) Película: (O perfume : historia dun asasino) Tom Tykwer (2006) A primeira obra do autor alemán Patrick Suskind, convertida rapidamente en best-seller. Novela contemporánea, que esconde tras de si a historia dun mozo que vive mergullado na miseria do seu propio ser pola súa incapacidade de amar e o profundo rexeitamento social e familiar que o acompañou ao longo da súa vida. Levada ao cine por Tom Tykwer nunha adaptación fiel que obtivo dous premios do Cine europeo en 2007 A esencia dun criminal EL GATOPARDO Libro: Giuseppe Tomasi dei Lampedusa (1959) Películo: Luccino Visconti (1963) En maio de 1860, após o desembarco de Garibaldi en Sicilia, Don Fabrizio asiste con distancia e melancolía ao final dunha época e da clase social á que pertence: a aristocracia. A película rodada por Visconti en 1963 e protagonizada por Burt Lancaster, Claudia Cardinale e Alain Delon, foi galardoada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes. . Un clásico da literatura italiana e unha das películas máis v de Visconti EL HALCÓN MALTÉS Libro: Dashiell Hammett (1930) Película: Jonh Huston (1941) Puicada en 1930, é a novela máis famosa de Dashiell Hammett, autor fundamental do xénero negro. Tras fracasar por dúas veces consecutivas no seu intento de levar a novela ao cine, a productora Warner, acepta a proposta dun mozo guionista que pretende dirixir a súa primeira película: Jonh Huston, que con esta película comeza a súa gran carreira de director. Contará coa participación de Humphrey Bogart no papel de Sam Spade. Un relato criminal de violencia, ambición e engano
  • 11. EL VIEJO Y EL MAR Libro: Ernest Hemingway (1952) Película: John Sturges (1958) O Nobel de literatura, figura clave dentro da novela contemporánea, é o autor deste conto co que gañaría o Premio Pulitzer. Un vello mariñeiro, no crepúsculo da súa vida, emprende unha última e arriscada travesía. Cando á fin logra dar cunha gran peza, terá que loitar contra ela denodadamente. A película, protagonizada por Spencer Tracy, é unha adaptación respectuosa e loable do libro. Unha historia emotiva sobre a soidade, a vellez, a superación persoal, a dignidade… JANE EYRE Libro: Charlotte Brontë (1874) Película: Cary Fukunaga (2011) Jane Eyre é un grande clásico da literatura inglesa; unha novela romántica sobre unha orfa que enfronta o seu destino grazas á súa intelixencia e integridade inquebrantables. E ademais unha crítica punzante da sociedade victoriana e un himno á valentía e ao romance. Levada ao cine en múltiples ocasións, a adaptación máis recente, de Cary Fukunaga, é unha obra respetuosa co texto, e á vez unha obra creativa e orixinal. Unha das novelas máis populares e exitosas de todos os tempos EL TAMBOR DE HOJALATA Libro: Günter Grass (1959) Película: Volker Schlöndorff (1979) Un dos títulos máis destacados da historia da literatura. Unha obra mestra pola crítica mordaz, a ironía despiadada e o espectacular sentido do humor con que Günter Grass constrúe a narración. Óscar, o pequeno que non quería crecer, é un dos símbolos literarios máis entrañables do noso tempo. A película recibiu o Óscar á Mellor película de fala non inglesa e foi Palma de Ouro en Cannes Boa adaptación dunha das mellares novela alemás do século XX EL TERCER HOME Libro: Graham Greene (1950) Película: Carol Reed (1949) Poucos autores foron levados tantas veces ao cine como Greene. A novela naceu como guión cinematográfico para o filme de Carol Reed. Tralo éxito da película, esplendidamente interpretada por Orson Welles e Joseph Cotten, Greene adaptou o guión para darlle un carácter máis literario. O resultado é o libro que coñecemos actualmente. Unha historia de espionaxe ambientada en Viena en plena Guerra Fría. Fantásticos libro e película para os amantes do suspense e a intriga
  • 12. MADAME BOVARY Libro: Gustave Flaubert (1956) Película: Vincente Minnelli (1949) A obra máis coñecida de Gustave Flaubert, narra a escura traxedia de Emma Bovary, muller infelizmente casada, e cuxos soños chocan cruelmente coa realidade. E é tamén unha crítica á sociedade burguesa do século XIX. . O filme de Vincente Minnelli, fiel á novela, introduce un prólogo e un epílogo no que o propio escritor, interpretado por James Mason, se converte no narrador da historia. Drama, romance… e crítica social MOBY DICK Libro: Herman Melville (1851) Película: John Huston (1956) Óbra principal de Herman Melville, un dos autores máis influentes do século XIX. Ahab, o capitán do Pequod, un barco baleeiro, vive obsesionado por dar caza a Moby Dick, a grande balea branca que lle arrincou unha perna e o encheu de odio e sede de vinganza. A novela foi varias veces levada ao cine, sendo a versión de John Huston a que conta coa mellor personificación do Capitán Ahab na interpretación de Gregory Peck. Se o demo elixise converterse en peixe, faríao nunha balea LA NARANJA MECÁNICA Libro: Anthony Burgess, (1962 ) Película: Stanley Kubrick (1971) Novela distópica británica, sucesora de traballos como 1984 de George Orwell ou Un mundo feliz de Aldous Huxley. Conta a historia do nadsat-adolescente Alex e os seus tres drugos-amigos nun mundo de crueldade e destrución. A película de Kubrick causou un grande impacto desde a súa estrea pola súa violencia, ata o punto de que o director forzou á Warner a que retirase a súa distribución de Gran Bretaña. Encarnizada sátira dunha sociedade futura consumida pola violencia e o salvajismo LORD JIM Libro:Joseph Conrad (1900) Película: Richard Brooks (1965) Jim é un mozo idealista que descobre o mar a bordo do Patna, un vello vapor que transporta a oitocentos peregrinos cara á Meca. Unha noite, o barco afúndese e a tripulación abandónao sen auxiliar aos peregrinos. Jim asume a vergoña de non facer nada por estes e inicia unha verdadeira odisea na selva. Cun reparto grandioso, Richard Brooks consegue unha gran película de aventuras situadas nunha ambiente colonial do Sudeste asíastico A fina liña que separa a cobardía da heroicidade
  • 13. MATAR A UN RUISEÑOR Libro: Harper Lee (1960) Película: Robert Mulligan (1962) Harper Lee obtivo en 1961 o Pulitzer pola súa única novela, Matar a un ruiseñor. Un alegato contra o racismo no profundo sur estadounidense protagonizado por Atticus Finch e os seus fillos Jem e Scoutt, a narradora. A marabillosa película de Robert Mulligan está protagonizada por Gregory Peck cunha interpretación (pola que levou o Óscar) que queda pegada á retina e ao corazón. Atticus Finch, o heroe silencioso ORGULLO Y PREJUICIO Libro: Jane Austen (1813) Película: Joe Wright (2005) Unha das novelas mais coñecidas de Jane Austen e da literatura inglesa en xeral. Publicada por primeira vez en 1813.. Coa chegada do señor Darcy á súa rexión, as vidas da familia Bennet altérase profundamente. Retrato dunha sociedade contraditoria e absurda na Inglaterra Victoriana. Na película de Joe Wright, destacan as interpretacións de Keira Knightley e Matthew Macfadyen Digna adaptación da novela romántica máis coñecida de Jane Austen LAS UVAS DE LA IRA Libro: John Steinbeck (1939) Película: John Ford (1940) Steinbeck recibe o Premio Pulitzer en 1940 por esta novela, na que describe o proceso polo cal os pequenos productores agrícolas son expulsados das súas terras e obrigados a emigrar como xornaleiros a California. Obra polémica e transgresora que fala da xustiza e a dignidade humana nunha Norteamérica azoutada pola crise. A película, protagonizada por Henry Fonda, é unha das incontables obras mestras de John Ford, Estados Unidos, anos trinta: retrato da gran crise MILLENIUM Serie: Stiege Larsson (2005-2007) Película: Daniel Alfredson, Niels Arden Oplev, (2009) A serie de novelas escritas por Stieg Larsson, superventas a nivel mundial, é un fascinante fresco do crime e do castigo, de perversións sexuais e trampas financeiras; un entramado violento e ameazante no que, no entanto, crecerá unha historia de amor. Ata agora tres dos volumes da serie foron levados ao cine, con gran aceptación por parte do público. Lisbeth Salander, a heroína de ollos fríos
  • 14. LOS SANTOS INOCENTES Autor: Miguel Delibes (1982) Película: Mario Camus (1984) Retrato da Castela rural. Un dos libros máis lidos de Miguel Delibes, con excelente acollida entre todo tipo de públicos. Conta unha historia de inxustizas, desigualdades sociais e opresión no escenario da España rural de época franquista. Levada ao cine por Mario Camus, nunha das mellores películas españolas de todos os tempos. Rabal e Landa bordan os seus papeis Unha das mellores novelas e películas españolas de todos os tempos O LÁPIS DO CARPINTEIRO Libro : Manuel Rivas (1998) Película : Antón Reixa A obra do autor galego, Premio Nacional de Narrativa en 1996, narra a relación entre dous homes que se sitúan a ambos lados do muro dunha prisión galega en 1936: un médico republicano, apreciado por todos os presos, e o carcereiro Herval, corroído pola envexa e o rancor. Na película dirixida por Antón Reixa e Xosé Morais destaca a interpretación de Luís Tosar. Historia de amor, de odio e represión LA COLMENA Libro: Camilo José Cela (1951) Película: Mario Camus (1982) No Madrid da posguerra, un bulicioso enxame humano afánase en conseguir comer quente, espantar o frío, saciar o desexo sexual, librarse da tuberculose, matar o tempo..., ir tirando. Unha testemuña fiel da vida cotiá nas rúas, cafés e alcobas do Madrid de 1943, pero tamén unha amarga crónica existencial. Levada ao cine por Mario Camus nunha película na que o propio Cela participou como guionista e actor. Espléndida adaptación da novela máis coñecida do premio Nobel LOS GIRASOLES CIEGOS Libro: Alberto Méndez (2004) Película: Jose Luís Corda (2008) Los girasoles ciegos é unha colección de tres contos cos que o autor, Premio Nacional de Literatura, conseguiu o Premio da Crítica en 2004. Catro historias da postguerra, dos tempos do silencio e da derrota, sutilmente engarzadas entre si. Unha parte do devandito libro foi adaptado ao cine por José Luís Cuerda nun filme correcto, aínda que sensiblemente menos sutil que o seu orixinal literario Un canto á dignidade