Casa Museo Rosalía de Castro

A
Ana Iglesias
     1º GIAT
Recursos Turísticos
Situación
    

España
Galicia
Comarca do Sar
Casa-Museo Rosalía de Castro - A Matanza 15917 Padrón (A Coruña)
Rosalía de Castro de
      Murguía
         
    Un paseo por toda unha vida…
Rosalía de Castro
Nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de
 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais
 responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas
        celébrase por motivo de ser a data de edición da súa obra “Cantares gallegos”.
Vida
                      
 Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia
  leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das
  pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de
  Cantares Gallegos, Rosalía bota unha ollada
  nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia.
 Unha infancia lembrada por cancións, risas e as
  badaladas das campás que contrasta co silencio
  desolado que agora predomina sobre o lugar.

 Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a
  Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa
  cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedad
  Económica de Amigos del País. En Santiago recibe
  formación musical, artística e literaria; participou nas
  actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro
  dos intelectuais comprometidos co movemento
  provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que
  impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o
  republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal,
  Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
Manuel Murguía.
En 1856 trasladouse a Madrid, onde
viviu cunha curmá. Comezou a
publicar e, en 1858 casou con
Manuel Murguía, investigador,
cronista e xornalista. A vida do
matrimonio fíxose itinerante
debido aos cargos funcionariais de
Murguía.

 En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa
  primeira filla; en 1861, de novo en Madrid. Logo duns
  anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron
  a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home
  leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña
  Compostela, Lestrobe, Estremadura, Alacant... e
  mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en
  decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e
  Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu
  en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873
  (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en
  marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a
  unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.
De esquerda a dereita: Alejandra, Gala, Ovidio, Murguía,
             Rosalía, Aura e Amara. (1884)

 Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón,
  onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se
  convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis
  novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa
  enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu
  de cancro de útero en 1885, aos 48 anos na súa casa de
  Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Andina
  (Iria Flavia). Anos máis tarde, en 1891, os seus restos
  foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na
  igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de
  Compostela.
Obra
 

           En Galego                             En Castelán
                                    Poesía
 Poesía                        

                                     La Flor (1857)
                                     A mi madre (1863)
                                     En las orillas del Sar (1884)
-Cantares gallegos (1863)          Prosa
-Follas novas (1880)                 La hija del mar (1859)
                                     Flavio (1861)
                                     El cadiceño (1863)
                                      Ruinas (1866)
 Prosa                         
                                     Las literatas (1866)
                                     El caballero de las botas azules (1867)
                                     El primer loco (1881)
                                     El domingo de Ramos (1881)
-Contos da miña terra I(1864)        Padrón y las inundaciones (1881)
Cantares Gallegos.
Coa publicación de Cantares
Galegos no ano 1863 acadouse o
fito culmen do Rexurdimento das
letras galegas, asemade marcouse
un punto de inflexión na historia
da literatura galega. Cun elevado
exercicio lingüístico e literario, a
escritora prestixiou ao galego como
lingua e reivindicou o seu uso.
Follas Novas
Con Follas Novas (1880) Rosalía
creou un universo novo e
extremadamente persoal, no que o
puro lirismo intimista acada a máis
alta realización artística, alén das
vivencias estéticas, nunha continua
e angustiada pregunta sobre o
sentido da existencia humana.
Lingua
                       
 Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun
  dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de
  normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das
  comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia
  ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que
  se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía
  adoitaba empregar vulgarismos, hipergaleguismos e
  castelanismos. Tamén son habituais nas súas obras as
  vacilacións e morfolóxicas, adoptando diferentes
  solucións para a formación do plural das palabras
  agudas.

 Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá
  pureza da lingua galega que emprega para
  expresarse, o que deixa patente no prólogo de
  Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de
  carecer de gramáticas e de regras que propiciarán a
  aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu
  maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito
  do pobo galego.
Casa Museo Rosalía de Castro
Día das letras galegas.
             
 O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real
  Academia Galega, (concretamente Francisco Fernández
  del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo),
  enviaron unha carta ao que por aquel entón ostentaba o
  cargo de presidente da institución, Sebastián Martínez
  Risco, na que se sometía a consideración da Xunta Xeral a
  proposta de celebrar o centenario da publicación da obra
  Cantares Galegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril, a
  consecuencia da proposta elevada ao presidente, ten lugar
  unha Xunta ordinaria nos salóns municipais que ten como
  resultado a declaración de Día das Letras Galegas o 17 de
  maio de cada ano, quedando reflectido tal decisión na
  acta da sesión.
Casa Museo Rosalía de Castro
Recoñecementos
                 
 Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens
  de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto
  de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora.
  Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia
  como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai
  chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos
  parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a
  persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá,
  bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un
  viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta
  curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave
  pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá
  escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas
  conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa
  figura en diversos países do mundo.

 Coa emisión do 23 de outubro de 1979
  apareceu o último dos billetes de 500
  pesetas, posto que este sería
  substituído en 1987 por moedas de
  igual valor. O billete distinguíase por
  presentar no anverso o retrato de
  Rosalía de Castro, gravado por Pablo
  Sampedro Moledo, así como por
  mostrar no reverso casa-Museo de
  Rosalía sita en Padrón e uns versos
  coa caligrafía da súa autora,
  pertencentes á obra Follas Novas.
  Desta forma, Rosalía de Castro
  converteuse xunto con Isabel a
  Católica, no único personaxe feminino
  non alegórico retratado no anverso
  dun billete propiamente español
Casa Museo Rosalía de
      Castro.
         
       A casa da poesía
Casa Museo Rosalía de Castro
Fundación
                         
 O Patronato Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de
  Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de
  Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de
  decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de
  Galicia en decembro de 1997.

 É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e
  difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus
  fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e
  incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que
  poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San
  Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas
  rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago
  de Compostela.

 Ten a súa sé na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).
Historia
                   
 No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de
  Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en
  Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os
  derradeiros anos da súa vida.
 Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo
  en 1972. A Fundación, que continúa a labor do
  Padronato, é a actual propietaria.
 Neste espazo, proponse un percorrido polos
  acontecementos que marcaron a vida e a obra de
  Rosalía.
Casa Museo Rosalía de Castro
Distribución
                  
 Na planta baixa, denominada “O perfil dunha
  sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira
  dimensión desta emblemática figura da cultura
  galega e universal: a súa vida, o entorno que a
  rodeou e a relación do pobo galego coa figura da
  escritora.
 Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse
  unha recreación da casa rural da época, entre labrega
  e fidalga.
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Xardín
  
Vista da Casa-Museo desde un recanto da Horta da Paz.
             A árbore do fondo é un ombú.
Información
     
Ligazóns.
   
  De interese
Páxina WEB
     

 www.rosaliadecastro.org
Correo
              

 casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es
Tlfn e Fax
    
  T. 981 81 12 04



  F. 981 811294
Reportaxe.
              
 Imos visitar esta casa museo da poetisa máis
  coñecida da nosa cultura, situada en Padrón.
“Adios rios, adios fontes,
  Adios regatos pequenos,
 Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.”
1 von 42

Recomendados

REXURDIMENTO: Rosalía de Castro von
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
1.2K views21 Folien
Rosalía de castro von
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
15.8K views35 Folien
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro von
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
13.3K views24 Folien
Rosalia De Castro von
Rosalia De CastroRosalia De Castro
Rosalia De Castrotamara88
1.5K views9 Folien
Rosalía de Castro von
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de CastroCEG de Leipzig
1.3K views18 Folien
Curros Enríquez von
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros EnríquezVinseiro
14.2K views23 Folien

Más contenido relacionado

Was ist angesagt?

Rosalía esquemas von
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemasmati2011
1.8K views11 Folien
Rosalía de Castro von
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de CastroTeresa Meixide Portos
2.3K views16 Folien
Eduardo Pondal von
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo PondalVinseiro
14.9K views22 Folien
Rosalía de castro von
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroailamalo
243 views10 Folien
Manuel Curros Enríquez von
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezRosa María Ligero Valladares
2K views14 Folien
Rosalía de castro von
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroCeip Saco E Arce
792 views46 Folien

Was ist angesagt?(20)

Rosalía esquemas von mati2011
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemas
mati20111.8K views
Eduardo Pondal von Vinseiro
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
Vinseiro14.9K views
Rosalía de castro von ailamalo
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
ailamalo243 views
Rosalía1 von Carmen165
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
Carmen16518.2K views
Curros EnríQuez von xanela
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
xanela1.5K views
Eduardo Pondal von 8397
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
83971.8K views
pondal von xenevra
pondalpondal
pondal
xenevra3.6K views
Casares en 25 diapositivas von tudense
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
tudense1.6K views
Nuevo presentación de microsoft power point von Deni-sa
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
Deni-sa235 views
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato von trafegandoronseis
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
trafegandoronseis3.4K views
Rosalía de Castro en imaxes von mati2011
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxes
mati2011707 views
Rexurdimento von xenevra
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
xenevra6K views
Castelao von Pepacerua
CastelaoCastelao
Castelao
Pepacerua5.1K views

Similar a Casa Museo Rosalía de Castro

Rosalia 1 von
Rosalia 1Rosalia 1
Rosalia 1lolaiglesias
635 views2 Folien
Tania González von
Tania GonzálezTania González
Tania Gonzálezrevoltalingua
558 views5 Folien
Investigación sobre rosalía de castro von
Investigación sobre rosalía de castroInvestigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castroivancebreirooliveira
127 views1 Folie
Biografía de Rosalía de Castro von
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castroceipvilaxoan
193 views2 Folien
Resumen von
ResumenResumen
ResumenPotatoe_Woman
478 views15 Folien
Roteiro rosaliano en Compostela von
Roteiro rosaliano en CompostelaRoteiro rosaliano en Compostela
Roteiro rosaliano en CompostelaBibliotecas Municipais de A Coruña
268 views9 Folien

Similar a Casa Museo Rosalía de Castro(20)

Biografía de Rosalía de Castro von ceipvilaxoan
Biografía de Rosalía de CastroBiografía de Rosalía de Castro
Biografía de Rosalía de Castro
ceipvilaxoan193 views
Negra Sombra-Teresa e Ahinoa von gallego15
Negra Sombra-Teresa e AhinoaNegra Sombra-Teresa e Ahinoa
Negra Sombra-Teresa e Ahinoa
gallego15323 views
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega von Adrián
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
Adrián 957 views
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega von Carlos Piña López
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
Carlos Piña López1.9K views
Negra sombra von pad250194
Negra sombraNegra sombra
Negra sombra
pad250194248 views
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha von Bibliotecadicoruna
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da CorunhaActividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Bibliotecadicoruna523 views
Rosalía de castro von Erick-10
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
Erick-10167 views
Rosalía de castro Erick von Erick-10
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro Erick
Erick-10327 views
Rosalia de Castro von Fiz
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
Fiz404 views
Rosalia von Erick-10
RosaliaRosalia
Rosalia
Erick-10134 views

Casa Museo Rosalía de Castro

  • 1. Ana Iglesias 1º GIAT Recursos Turísticos
  • 6. Casa-Museo Rosalía de Castro - A Matanza 15917 Padrón (A Coruña)
  • 7. Rosalía de Castro de Murguía  Un paseo por toda unha vida…
  • 8. Rosalía de Castro Nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase por motivo de ser a data de edición da súa obra “Cantares gallegos”.
  • 9. Vida   Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de Cantares Gallegos, Rosalía bota unha ollada nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia.  Unha infancia lembrada por cancións, risas e as badaladas das campás que contrasta co silencio desolado que agora predomina sobre o lugar.
  • 10.   Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedad Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
  • 11. Manuel Murguía. En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido aos cargos funcionariais de Murguía.
  • 12.   En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña Compostela, Lestrobe, Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.
  • 13. De esquerda a dereita: Alejandra, Gala, Ovidio, Murguía, Rosalía, Aura e Amara. (1884)
  • 14.   Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro de útero en 1885, aos 48 anos na súa casa de Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Andina (Iria Flavia). Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
  • 16. En Galego En Castelán Poesía  Poesía   La Flor (1857)  A mi madre (1863)  En las orillas del Sar (1884) -Cantares gallegos (1863)  Prosa -Follas novas (1880)  La hija del mar (1859)  Flavio (1861)  El cadiceño (1863) Ruinas (1866)  Prosa   Las literatas (1866)  El caballero de las botas azules (1867)  El primer loco (1881)  El domingo de Ramos (1881) -Contos da miña terra I(1864)  Padrón y las inundaciones (1881)
  • 17. Cantares Gallegos. Coa publicación de Cantares Galegos no ano 1863 acadouse o fito culmen do Rexurdimento das letras galegas, asemade marcouse un punto de inflexión na historia da literatura galega. Cun elevado exercicio lingüístico e literario, a escritora prestixiou ao galego como lingua e reivindicou o seu uso.
  • 18. Follas Novas Con Follas Novas (1880) Rosalía creou un universo novo e extremadamente persoal, no que o puro lirismo intimista acada a máis alta realización artística, alén das vivencias estéticas, nunha continua e angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana.
  • 19. Lingua   Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía adoitaba empregar vulgarismos, hipergaleguismos e castelanismos. Tamén son habituais nas súas obras as vacilacións e morfolóxicas, adoptando diferentes solucións para a formación do plural das palabras agudas.
  • 20.   Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá pureza da lingua galega que emprega para expresarse, o que deixa patente no prólogo de Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de carecer de gramáticas e de regras que propiciarán a aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do pobo galego.
  • 22. Día das letras galegas.   O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real Academia Galega, (concretamente Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo), enviaron unha carta ao que por aquel entón ostentaba o cargo de presidente da institución, Sebastián Martínez Risco, na que se sometía a consideración da Xunta Xeral a proposta de celebrar o centenario da publicación da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril, a consecuencia da proposta elevada ao presidente, ten lugar unha Xunta ordinaria nos salóns municipais que ten como resultado a declaración de Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, quedando reflectido tal decisión na acta da sesión.
  • 24. Recoñecementos   Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora. Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá, bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa figura en diversos países do mundo.
  • 25.   Coa emisión do 23 de outubro de 1979 apareceu o último dos billetes de 500 pesetas, posto que este sería substituído en 1987 por moedas de igual valor. O billete distinguíase por presentar no anverso o retrato de Rosalía de Castro, gravado por Pablo Sampedro Moledo, así como por mostrar no reverso casa-Museo de Rosalía sita en Padrón e uns versos coa caligrafía da súa autora, pertencentes á obra Follas Novas. Desta forma, Rosalía de Castro converteuse xunto con Isabel a Católica, no único personaxe feminino non alegórico retratado no anverso dun billete propiamente español
  • 26. Casa Museo Rosalía de Castro.  A casa da poesía
  • 28. Fundación   O Patronato Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997.  É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela.  Ten a súa sé na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).
  • 29. Historia   No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida.  Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo en 1972. A Fundación, que continúa a labor do Padronato, é a actual propietaria.  Neste espazo, proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.
  • 31. Distribución   Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.  Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.
  • 35. Vista da Casa-Museo desde un recanto da Horta da Paz. A árbore do fondo é un ombú.
  • 37. Ligazóns.  De interese
  • 38. Páxina WEB   www.rosaliadecastro.org
  • 39. Correo   casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es
  • 40. Tlfn e Fax   T. 981 81 12 04  F. 981 811294
  • 41. Reportaxe.   Imos visitar esta casa museo da poetisa máis coñecida da nosa cultura, situada en Padrón.
  • 42. “Adios rios, adios fontes, Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos.”