2. ÍNDICE.
1. Biografía.
2. Obra:
• Publicacións periódicas.
• Narrativa.
• Ensaio.
• Literatura infantil.
• Traducións e obras colectivas.
3. Premios e recoñecementos.
4. Fundación.
5. Bibliografía.
3. BIOGRAFÍA.
Nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado na Ramallosa,
Nigrán, o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico
literario e político. Carlos viviu no rural galego a súa primeira infancia,
fortemente ligado á lingua do país.
• No Seminario de Ourense cursou Humanidades. Durante estes anos
viviu unha forte represión lingüística que espertou no autor un espírito
inconformista, chegando a aparecer a súa primeira experiencia literaria,
o xornal El averno, que difundía de forma clandestina.
• Comezou a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en
Filoloxía. Na Universidade de Santiago coñeceu a Ramón Piñeiro, que
exerceu unha grande influencia sobre el, ligándose así no núcleo da
cultura galega antifranquista.
4. BIOGRAFÍA.
• Entra na Real Academia Galega o 27 de maio de 1978 co discurso de ingreso "O
desastre de 1898 e os escritores galegos".
• Participou da política galega nos anos de transición e comezos da democracia.
Foi un dos 21 asinantes do manifesto Realidade Galega, nado co obxectivo de
conseguir un Estatuto Galego. Este feito púxoo, canda o seu compañeiro e amigo
Ramón Piñeiro, en primeira liña da política galega de aquel entón, o que levou a
ambos os dous á súa participación nas Eleccións do 20 de outubro como
independentes nas listas do PSOE e a seren membros do primeiro parlamento de
Galiza no ano 1981. A actividade política non remataba de convencer a Casares
que non se volvería presentar ás eleccións e chegaría a presidir o Consello da
Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a editorial Galaxia (1986-2002) e a revista
Grial.
• A noite entre o 8 e o 9 de marzo do 2002 sufriu unha crise cardíaca. Foi soterrado
no camposanto de San Fiz de Nigrán.
5. PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS.
Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre
eles Grial, revista da que foi director dende 1989 a
2002, ano do seu falecemento. Casares publicou
tamén en xornais coma La Región (dende 1968),
El País e La Voz de Galicia. A este último estivo
ligado toda a súa vida, chegando a publicar en
diferentes seccións. Así, entre o ano 1975 e 1992
escribiu "Ledicia de ler", sección onde abordaba
as novidades editoriais galegas, case con
periodicidade semanal.
Outra das súas publicacións foi "Á Marxe", especie
de anecdotario que foi diaria dende xuño de 1992
até o mesmo día do seu finamento.
7. VENTO FERIDO E CAMBIO A TRES.
• Vento ferido (1967,Galaxia).
Conxunto de doce relatos breves, sobre a violencia e o fatalismo.
-Cando cheguen as chuvias -Vou quedar cego -Aparecerá pola esquina
-Agarda longa ao sol -O outro verán -O Xuda
-O xogo da guerra -A rapaza do circo -A capoeira
-A tronada –Monólogo -Coma lobos
"Mandárono subir á camioneta branca e marcharon con el cara ó monte do Sarnadoiro. O
demais xa o sabes ti. Apareceu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasou. E é mellor calar.
Tamén calou o médico cando lle levaron ao fillo.“
• Cambio en tres.
O mundo da emigración é abordado nesta novela cun xorne innovador e mesmo experimental a
través do personaxe de Lisardo, que retorna a Galicia para asistir ao enterro dun amigo da
infancia.
8. XOGUETES PRA UN TEMPO PROHIBIDO E OS
OSCUROS SOÑOS DE CLÍO.
• Xoguetes pra un tempo prohibido (1975, Galaxia).
Novela onde fai un retrato da súa xeración. Elías Paz é un rapaz do rural da provincia de
Ourense que pasa a súa primeira adolescencia nun centro escolar cristián. Alí sofre a represión
da moral católica, e decide marchar a Ourense a facer o Bacharelato. Na cidade recupera vellas
amizades, bota moza e descubre a sexualidade. Despois marcha a Santiago de Compostela
para iniciar os estudos na Universidade. Ao tempo que segue os estudos e traduce obras
literarias doutras linguas, coñece o marxismo, ten relacións amorosas e vive a troula compostelá
coas súas amizades.
• Os escuros soños de Clío (1979, Edicións do Cerne).
Composto por doce relatos, Adicado a Ramón Piñeiro e considerado pola crítica unha das
mellores obras de Casares, toma o nome de Clío, a musa da Historia na mitoloxía grega.En
doce contos, presuntamente baseados en referencias bibliográficas, o autor describe un mundo
do pasado, mesturando superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha
clara intención paródica.
9. ILUSTRÍSIMA,OS MORTOS DAQUEL VERÁN,DEUS
SENTADO NUN SILLÓN AZUL E O SOL DO VERÁN.
• Ilustrísima (1980, Galaxia).
Fernando Fanego é o bispo dunha cidade do interior de Galiza, a comezos do
século XX . Partindo da chegada do cinematógrafo á vila, fálase do
enfrontamento entre a Curia episcopal (fanática, intolerante e dogmática) e o
propio bispo (bondadoso, comprensivo, tolerante e pacífico).
• Os mortos daquel verán (1987, Galaxia) .
• Deus sentado nun sillón azul (1996, Galaxia).
• O sol do verán (2002, Galaxia).
Conformada por nove capítulos.No relato, ambientado en 1968, Carlos, o
protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da
motocicleta co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira.
Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron
xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia.
10. ENSAIO.
Como biógrafo e ensaísta legou varios traballos sobre a vida e
obra de Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Otero
Pedrayo, Ánxel Fole, Fermín Bouza-Brey
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que
afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis
características do seu estilo narrativo e ensaístico.
• Curros Enríquez (1980, Galaxia).
• Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
• Vicente Risco (1981, Galaxia).
• Conversas con Ánxel Fole (1984, Galaxia).
• Ramón Otero Pedrayo (1988, Real Academia Galega).
• Fermín Bouza Brey (1992, Real Academia Galega).
• A vida de Ánxel Fole (1996, Galaxia).
• Ánxel Fole: escolma de textos (1997, Real Academia Galega).
12. A GALIÑAAZUL,AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE
TÓDALAS LARANXAS,O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN E O
GALO ANTIOQUÍA.
• A galiña azul (1968, colección «Tartaruga» de Galaxia).
Consta de cinco pequenas historias entrelazadas.Inclúen ilustracións de catro
rapaces irmáns: Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso.
As historias son fantásticas, e nelas teñen protagonismo animais e homes con
características peculiares e carácter entrañable. Os contos foron escritos para
unha rapaza de 7 anos, Ana, que marchou cos seus pais a Cantabria, para que
non esqueza as súas orixes galegas.
• As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, obra teatral, ilustrada por Luís
Seoane (1973, Galaxia).
• O can Rin e o lobo Crispín (1983).
• O galo de Antioquía (1994, incluído na colección «Contos do Castromil»).
13. TRADUCIÓNS E OBRAS COLECTIVAS.
• Traducións
Ademais de levar obra propia ao castelán, Casares traduciu ao galego
outras de varios autores, entre elas:
-O principiño (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry.
-Os escaravellos voan á tardiña (1989) da sueca Maria Gripe.
-O vello e o mar (1998) do norteamericano Ernest Hemingway.
• Obras colectivas
-Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
-Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade.
-Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura
Galega).
-Galicia: nai e señora, canda Basilio Losada e Xavier R. Baixeras
(2002, ed. trilingüe, Nigra).
-Narradio. 56 historias no ar (2003, inclúe 4 cd,s., Xerais).
14. PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.
• Premios
-1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A galiña
azul.
-Gañador do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho en 1973, por As
laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
-Premio Galaxia no 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.
-Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos
Literarios 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.
-Gañador do I Premio Ramón Otero Pedrayo no 1980, por Otero Pedrayo.
-Premio Antón Losada Diéguez 1987 de creación literaria por Os mortos de aquel
verán.
-V Premio Ánxel Fole, no ano 1991, por Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia.
• Recoñecementos
Cinco centros educativos públicos levan o seu nome, repartidos polas provincias
de Pontevedra e Ourense.Así mesmo, un autocar do Castromil e varias xardíns,
parques, rúas e prazas de Galiza levan o nome do escritor.En xullo de 2016 foi
escollido pola Real Academia Galega para ser a figura homenaxeada no Día das
Letras Galegas do ano 2017.
15. FUNDACIÓN
A Fundación Carlos Casares foi promovida por familiares a
amigos do escritor despois da morte deste. Constituíuse o 9 de
setembro de 2002 na cidade de Vigo.
No ano 2004 a Fundación abriu en Ourense, cidade natal do
escritor, o Centro de Estudos Carlos Casares, sen actividade
pública de seu.
• Obxectivos
-Velar polo estudo e difusión da obra de Carlos Casares e preservar a
súa biblioteca, o seu arquivo e as súas coleccións.
-Promover e difundir o legado casariano no que atinxe ao
desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia, sustentado na
comunicación, o diálogo e a tolerancia
-Constituírse como entidade mediadora entre a cultura galega e a
cultura universal dende criterios de apertura, pluralismo e respecto á
diversidade cultural.
-Apoiar iniciativas culturais de promoción da lingua e da cultura galega
tanto dentro de Galicia como fóra dela.