1. A UNIÓN EUROPEA
Historia
A Unión Europea (UE) é a unión política e económica de 28 Estados
europeos.
Trala Segunda Guerra Mundial, Europa quedou devastada. Os produtos de
Francia e Alemaña no podían competir en prezo cos dos EE.UU e Xapón.
O primeiro intento de unir mercados tivo lugar en 1948, cando Bélxica, Holanda
e Luxemburgo decidiron eliminar as súas fronteiras e aranceis para crear o
BENELUX.
Dous anos despois (maio de 1950), o ministro de Asuntos Exteriores francés,
Robert Schuman, respaldado por Jean Monnet (Alto Comisionado para
Europa do Plan Marshall), fixeron unha declaración na que animaban aos
países europeos a poñer en común a produción das súas industrias pesadas.
Ámbolos dous son considerados os pais fundadores da actual UE.
O Tratado de París (1952) supuxo o nacemento da Comunidade Europea do
Carbón e o Aceiro (CECA). Os Estados membros fundadores foron: Bélxica,
Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo e Alemaña (entón, a República
Federal Alemaña).
En 1957, estes seis Estados asinaron os Tratados de Roma, que ampliaban a
cooperación inicial a outros ámbitos. Xorden así, a Comunidade Económica
Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA ou
EURATOM).
Ampliacións
Dende a súa creación, a UE viu incrementado o seu número en varias
ocasións. En 1973, ingresaron Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido. Noruega
rexeitou ser membro a través dun referendo.
Grecia uniuse ao grupo en 1981, e Portugal e España o fixeron en 1986.
En 1990, trala caída do muro de Berlín, a República Democrática Alemaña
quedou integrada dentro da nova Alemaña.
A cuarta ampliación tivo lugar en 1995. Foi a quenda de Austria, Finlandia e
Suecia.
No 2004, a UE sufriu a ampliación máis grande coa chegada de 10 novos
Estados: Chipre, Malta, Lituania, Letonia, Estonia, Rep. Checa,
Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia.
En 2007, Bulgaria e Romanía elevaron o número de membros a 27.
Finalmente, Croacia converteríase no Estado 28 en xullo do 2013.
Países candidatos son Serbia, Albania, Macedonia, Montenegro e Turquía.
Para converterse en Estado membro da UE, os Estados deben cumprir cos
chamados “Criterios de Copenhagen” (1993). Para iso, requírese ter unha
democracia estable que respecte os dereitos humanos, as minorías e o imperio
da lei; unha economía de mercado e a aceptación das obrigas propias de cada
membro. O Consello Europeo é o responsable de avaliar estes criterios.
2. Tratados
Os tratados fundadores: o Tratado de París (1952) que estableceu a CECA, e
os Tratados de Roma (1957), responsables da CEE e a EURATOM
A Acta Única Europea (Luxemburgo 1985). Estableceu o mercado interior, que
posibilitou a partires de 1993 a liberdade de movementos de persoas, capitais,
bens e servizos.
O Tratado de Maastricht (1992). Creou a Unión Europea e estableceu os
pasos a seguir para a unión monetaria.
O Tratado de Niza (2001). Reformou as institucións da UE para adaptarse a
futuras ampliacións.
O Tratado de Lisboa (2009). Cambiou a estrutura legal da UE, creou a figura
do Presidente do Consello Europeo, concedeu personalidade xurídica a UE e
reformou moitos outros aspectos da UE.
Todos estes tratados, así como outros acordos e reformas, seguen
actualmente en vigor.
Os símbolos da UE
A bandeira: 12 estrelas amarelas formando un círculo sobre un fondo azul.
Simboliza os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre os europeos.
Foi adoptada en 1986.
O himno: A melodía utilizada é unha parte da 9ª sinfonía de Beethoven, en
concreto, “A Oda a Alegría”.
A data de Europa: o 9 de maio, día da presentación en 1950 do Plan
Schuman.
O lema: “Unidos na diversidade”. Significa o traballo conxunto en paz e
prosperidade dos europeos, a pesares de ter tradicións, linguas e culturas
diferentes.
As linguas
A UE ten 24 linguas oficiais de traballo, aínda que as máis empregadas son o
inglés, o francés e o alemán.
Os documentos importantes son traducidos a todas as linguas. O catalán, o
galego, o vasco e o galés teñen un status de semi-oficial, polo que os seus
cidadáns poden dirixirse á UE utilizándoas.
As linguas oficiais son as seguintes: inglés (falado polo 51% da poboación
comunitaria), alemán (tamén para Austria), francés (tamén para Luxemburgo e
parte de Bélxica), italiano, español, polaco, holandés (tamén en Bélxica), grego
(tamén en Chipre), checo, sueco, húngaro, portugués, búlgaro, romano,
eslovaco, danés, finés, lituano, esloveno, estonio, croata, irlandés, letón e
maltés.
3. Institucións
O Consello Europeo. É a autoridade política suprema da UE. Os seus
encontros chámanse “cumios”, nos que se marcan as prioridades e as
estratexias políticas e se abordan asuntos complexos que no poden
solucionarse en niveis inferiores: reforma de tratados, novas ampliacións,
crises políticas, disputas entre Estados membros. En todo caso, non teñen
poder para aprobar as leis comunitarias.
O Consello Europeo está composto por un Presidente permanente (o polaco
Donald Tusk), elixido cada dous anos e medio; os Xefes de Estado ou de
Goberno de cada Estado membro; o Presidente da Comisión, e a Alta
Representante para Asuntos Exteriores (actualmente, a italiana Federica
Mogherini). O Consello reúnese dous veces por semestre en Bruxelas
A Comisión Europea. Representa os intereses da UE no seu conxunto.
Trátase dun órgano executivo que ten como funcións principais, propoñer as
leis e procurar que se cumpran unha vez aprobadas, xestionar o orzamento
comunitario e representar a UE a nivel internacional.
Está formado por 28 comisarios (un por cada Estado membro), elixidos para
un mandato de 5 anos. Cada un ten asignada unha tarefa específica
(transporte, medio ambiente, enerxía, agricultura, etc).
O actual Presidente é o luxemburgués Jean Claude Juncker. O comisario
español é Miguel Arias Cañete, que se encarga dos asuntos Acción polo Clima
e Enerxía.
A sede da Comisión está en Bruxelas.
O Parlamento Europeo. Representa os intereses dos cidadáns europeos. É
xunto co Consello da UE, o órgano lexislativo. Está formado por 751
deputados elixidos cada 5 anos directamente polos cidadáns europeos (a
España correspóndenlle 54). No Parlamento, os euro deputados séntanse por
afiliación política, non por nacionalidade.
O seu actual Presidente é o italiano Antonio Tajani (xaneiro 2017).
As principais funcións do Parlamento son: debater e aprobar as leis
comunitarias (regulamentos, directivas e decisións), aprobar o orzamento da
UE e supervisar á Comisión, sobre a cal pode impoñer unha moción de
censura.
O Parlamento ten tres lugares de traballo: Estrasburgo (o Pleno), Bruxelas
(os comités) e Luxemburgo (a Secretaría).
O Consello da UE. Representa os intereses dos Estados membros. Xunto
co Parlamento, é o órgano lexislativo, polo que tamén lle toca aprobar as leis
e o orzamento comunitarios. Asemade, coordina as políticas económicas dos
Estados da UE, asina os acordos con outros países e desenvolve as políticas
exterior e de defensa da UE. As decisións adóptanse, como norma xeral, por
maioría cualificada, en función da poboación de cada Estado.
O Consello da UE tamén é coñecido como “Consello de ministros”, xa que as
reunións se fan a nivel ministerial en función do tema que se deba tratar
(economía, pesca, finanzas, etc). A Presidencia do Consello é rotatoria cada
6 meses, sendo o ministro do país que ostenta a presidencia o encargado de
4. establecer a orde do día nas reunións. De xaneiro a xullo de 2018, a quenda é
para Bulgaria. No segundo semestre, tocaralle a Austria.
O Consello da UE reúnese normalmente en Bruxelas.
O Tribunal de Xustiza. É o órgano xudicial da UE e se encarga de interpretar
a lexislación comunitaria e a súa correcta aplicación nos Estados membros.
Non é un tribunal civil nin penal.
Está composto por 28 xuíces (un por Estado membro). O seu Presidente é o
belga Koen Lenaerts. A sede do Tribunal atópase en Luxemburgo.
O Tribunal de Contas. Supervisa as finanzas da UE e comproba que o diñeiro
comunitario se gaste correctamente. Está formado por 28 persoas, que se
reúnen en Luxemburgo. O seu Presidente é o alemán Klaus Heiner e Lehne.
O Banco Central Europeo. É a institución que supervisa a política monetaria
dos 17 países que teñen o Euro. A sede está en Frankfurt e o seu Presidente
é o italiano Mario Draghi.
A súa principal función é manter a estabilidade dos prezos dentro da Euro
zona. É o único autorizado para emitir os billetes de Euro. As moedas tamén
poden emitilas os Estados.
Aparte das institucións xa vistas, hai outras moitas que teñen un papel
secundario: o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o Banco de
Investimento Europeo, O Valedor Europeo, a Axencia Europea de Pesca (en
Vigo), o Centro de Satélites da UE (en Madrid), etc.
Economía
Os dous principais obxectivos da UE son o mercado interior e a unión
aduaneira. O primeiro implica a libre circulación de bens, servizos, capitais
e xente dentro do territorio da UE. Pola súa banda, a unión aduaneira implica o
establecemento dun arancel común para os produtos que veñan de fóra, de tal
forma que paguen o mesmo na aduana, independentemente do Estado polo
que entren.
Por outra parte, dende 1999 funciona a unión monetaria, na que actualmente
están 19 Estados, que teñen como moeda común o Euro: Francia, Italia,
Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos, Irlanda, Grecia, Portugal,
España, Austria, Finlandia, Malta, Chipre, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia,
Lituania e Letonia
Para entrar no Euro, os Estados membros deben cumplir os seguintes
requisitos:
Taxas baixas de inflación e de xuros
Déficit público por debaixo do 3% do PIB
Débeda pública por debaixo do 60% do PIB.
O Euro é a segunda moeda de reserva do mundo tralo dólar. Físicamente foi
introducido no ano 2002.
Todos os países da UE achegan fondos ao orzamento común, a través de
aportacións directas, en función da poboación de cada Estado, e a través
5. dunha porcentaxe do IVE. Cada 6 anos, o Consello Europeo establece unhas
perspectivas de gastos e ingresos, que despois aproba anualmente o
Parlamento e o Consello da UE. Actualmente estamos no período 2014-2020.
A política agraria e as políticas de solidariedade son as que máis diñeiro
reciben.
Política rexional
O Tratado de Maastricht puxo en marcha unha política para reducir as
diferencias entre os países e as rexións comunitarias que tiña como obxectivo
primordial unha integración europea efectiva. Para conseguir isto, máis dun
terzo do orzamento comunitario adícase a eliminar as diferencias económicas e
sociais e a recuperar zonas industriais deprimidas. No actual marco financeiro,
os tres obxectivos básicos son: Converxencia rexional, competitividade e
emprego e cooperación territorial. Estes obxectivos financianse a través dos
chamados “ fondos estruturais”
Os fondos estruturais están destinados ás rexións máis pobres, cunha renda
per capita por debaixo do 75% da media europea. Trátase do Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Fondo Social Europeo
(FSE), Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER) e
Fondo Europeo de Pesca (FEP).
Ademais, existen os fondos de cohesión empréganse naqueles países cun
PIB por debaixo do 90% da media europea. Úsanse para financiar proxectos
medioambientais, mellorar as infraestruturas do transporte, etc. España xa
superou esa porcentaxe, polo que xa deixou de percibir estes fondos.
Política interior
Dende o Tratado de Maastricht, os Estados membros da UE estableceron
como prioridade a construción da chamada Europa dos cidadáns. Para
conseguilo impulsaron as seguintes iniciativas:
A cidadanía europea, que permite unha serie de dereitos como: votar nas
eleccións locais e nas do Parlamento europeo; circular libremente e residir en
calquera parte da UE; recibir protección diplomática e consular das autoridades
de calquera Estado membro en calquera parte do mundo.
A seguridade común, que implica un achegamento e máis coordinación entre
os servizos policiais e xudiciais de todos os Estados da UE. Neste sentido xa
traballan na cidade holandesa de A Haya, as oficinas de Europol e Eurojust.
O Acordo de Schengen, é dicir, unha Europa sen fronteiras interiores, pero
con fortes controis exteriores iguais en todos os Estados membros. Tan só
Irlanda e o Reino Unido están fóra dese acordo.
Finalmente, o Plan Bologna, que trata de adaptar os diferentes sistemas
educativos da UE para permitir un intercambio académico entre os Estados
membros. O plan está apoiado mediante axudas que se financian a través do
programa Erasmus +
6. dunha porcentaxe do IVE. Cada 6 anos, o Consello Europeo establece unhas